15
Que o primeiro asasino foi… Caín. Que o primeiro detective (e asasino) foi… Edipo. Que, seguindo a ironía de Marx, os criminais producen… crimes. E con eles… profesionais: policías, confidentes, xuíces, xurados, torturadores (e as máquinas de torturar), lexisladores, arte, literatura (novela policial ou traxedia), cerralleiros, banqueiros, falsificadores, químicos… Que os criminais eran detidos por unha rede de confidentes. Que Napoleón creou un Ministerio Policial, que tivo como xefe a Joseph Fouché (1759-1820), xa con funcións semellantes ás actuais. Que despois da Revolución Francesa se numeran as casas e se fan estudos antropométricos para identificar os reincidentes. Que se identifican as firmas, se arquivan os datos e se engade unha descrición escrita. Que se usan as pegadas dixitais (que propuxera Galton en 1888) e a fotografía (que propuxera Alphonse Bertillon -1853-1914-, xefe do servizo de identificación xudicial da policía de París e creador da ficha policial) Faciana de fronte e perfís dereito e esquerdo obrigados Dispuña na época xa de máis de 100.000 fotografías A novela policial é un xogo da intelixencia. Ainda máis: é, dalgún modo, unha competencia deportiva na que o autor debe medirse lealmente co lector S.S. Van Dine O ben é o mal destruído e o mal é o ben que desaparece; que non hai mal sen ben, nin ben sen mal. A virtude nace da morte do vicio e este, da morte da virtude. O mal é relativamente ben e o ben é relativamente mal, e ambas cousas coinciden no fondo da harmonía universal Heráclito O que está ben é remexer as cousas se es duro de abondo para sobrevivir e conservas ben abertos os ollos para poder ver o que che interesa cando aboia da podremia Colleita vermella, Dashiel Hammett Francis Galton Estudo antropométrico de Alphonse Bertillon. Fouché co traxe de gala de xefe da policía.

Expo Policial

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Exposición

Citation preview

Page 1: Expo Policial

Que o primeiro asasino foi… Caín. Que o primeiro detective (e asasino) foi… Edipo. Que, seguindo a ironía de Marx, os criminais producen… crimes.

E con eles… profesionais: policías, confidentes, xuíces, xurados, torturadores (e as máquinas de torturar), lexisladores, arte, literatura (novela policial ou traxedia),

cerralleiros, banqueiros, falsificadores, químicos…

Que os criminais eran detidos por unha rede de confidentes. Que Napoleón creou un Ministerio Policial, que tivo como xefe a Joseph Fouché (1759-1820), xa con funcións semellantes ás actuais.

Que despois da Revolución Francesa se numeran as casas e se fan estudos antropométricos para identificar os reincidentes.

Que se identifican as firmas, se arquivan os datos e se engade unha descrición escrita.

Que se usan as pegadas dixitais (que propuxera Galton en 1888) e a fotografía (que propuxera Alphonse Bertillon -1853-1914-, xefe do servizo de identificación xudicial da policía de París e creador da ficha policial)

Faciana de fronte e perfís dereito e esquerdo obrigados

Dispuña na época xa de máis de 100.000 fotografías

A novela policial é un xogo da intelixencia. Ainda máis: é, dalgún modo, unha competencia deportiva na que o autor debe medirse lealmente co lector

S.S. Van Dine

O ben é o mal destruído e o mal é o ben que desaparece;

que non hai mal sen ben, nin ben sen mal. A virtude nace da morte do vicio

e este, da morte da virtude. O mal é relativamente ben

e o ben é relativamente mal, e ambas cousas coinciden no fondo da harmonía universal

Heráclito

O que está ben é remexer as cousas se es duro de abondo para sobrevivir e conservas ben abertos os ollos para poder ver o que che interesa cando aboia da podremia

Colleita vermella, Dashiel Hammett

Francis Galton Estudo antropométrico de Alphonse Bertillon.

Fouché co traxe de gala de xefe da policía.

Page 2: Expo Policial

Que na Inglaterra do século XVIII os delincuentes se detiñan por un sistema de recompensas (“como sucederá despois no salvaxe Oeste”, din algúns).

Que estes “detectives” avivecían os delitos para que hou-bese máis recompensas.

Que tamén en Francia, por aquel entón, pasamos do sistema de delación dos tempos de Eugène-François Vidocq (1775-1857) ao de investigación.

Que é entón cando nace a novela de enigma, que vai contar: Cun detective Cun crime-problema inexplicable Cunha solución racional

Que esta novela precisa tamén dun público lector con habelencias detectivescas pois: No ano 1750 os usos da cor, símbolos, chapeus, pantalóns, calzóns… eran

signos inmediatos de ubicación social…; pero no 1840… en público as xentes non desexaban destacar de ningún xeito (Richard Senett)

Que foi en 1829 cando naceu a policía (tamén con funcións se-mellantes ás actuais) en Inglaterra.

Robert Peel, fundador de Scotland Yard.

Que os delatores pasaron, logo, a profesionais. E que, de entre eles, o de máis sona no século XVIII foi Jonathan Wild. Que a mediados dese século se crea en Londres un grupo que será o xerme do corpo de policía: os Bow Street Runners.

Vidocq

Page 3: Expo Policial

Que na China do XVII, do XVIII e do XIX houbo “novelas de detectives”. Pero mesturaban poemas, comentarios filosóficos e outros materiais alleos.

Que foi Edgar Allan Poe o fundador da novela policial, cunha triloxía situada no París de mediados do XIX.

Que estas novelas van xurdir nunha civilización urbana posterior á Revolución Industrial.

Que estas cidades están ateigadas de milleiros de persoas explotadas e apiñotadas en barrios miserentos onde o anonimato está garantido e os criminais son invisibles.

Que Borges, tamén autor con Bioy Casares de relato policial, opinaba que este relato levaba orde a un mundo real e literario onde este semella estar esvaecendo. E que: “O xénero policial, coma todos os xéneros, vive da continua

e delicada infracción das súas leis”

Que, coma no Oeste, gobernaba a “lei” do máis forte: Cada un defende o seu. Cada un toma a xustiza pola súa propia man.

(E algún, coma Charles A. Siringo, foi primeiro vaqueiro, novelista despois e,

finalmente, detective da poderosa Axencia Pinkerton).

Charles A. Siringo

Charles A. Siringo "facendo xustiza"

Borges e Bioy Casares

Borges

Page 4: Expo Policial

Literatura como divertimento: elucidación dun misterio e identificación do culpable. O delito altera a orde natural e inmutable, a orde do Dereito, que cómpre restaurar polo descubrimento do culpable e a súa eliminación do campo social.

Características Personaxes: testemuñas e sospeitosos, vítimas e culpables á vez. Un local: chalé de clase alta. Un cadáver. Unha miga de suspense e misterio. Unha estraña maneira de matar. Un detective privado ou amateur (nunca oficial), que chega sorprendentemente a unha solución inesperada.

Autores (e detectives) 1. Razoadores puros que, sentados nos seus elegantes despachos, resolven sabios enigmas. Nin se achegan á escena do crime. Analizan as noticias dos periódicos ou os informes que lles propor-cionan. Son lóxicos. Edgar Allan Poe (1809-1849)

DETECTIVE: Auguste Dupin (superdotado, practicante dun racionalismo científico e positivista) OBRAS LEVADAS AO CINE POR Os crimes da rúa Morgue (1841) ) Robert Florey (1932) Gordon Hessleren (1971) O misterio de Marie Roget (1843) Phil Rosen (1942)

A carta roubada (1845) Fletcher Markle (1951)

J. L. Borges (1899-1986)-A. Bioy Casares (1914-1999) DETECTIVE: OBRA Isidro Parodi Seis problemas para don Isidro Parodi (1942)

Page 5: Expo Policial

Autores (e detectives) 2. Razoador-investigador: mestura razón con investigación. Método dedutivo-analítico. Estes de-tectives actúan coma os médicos da época: fan diagnósticos alicerzados en sinais inapreixables pa-ra quen non tivese o ollo clínico que definía os grandes médicos. E son dedutivos: debullan o enigma (o crime), sen que agrome a sociedade máis alá do que cóm-pre para o relato.

Arthur Conan Doyle (1859-1930) DETECTIVE: : Sherlock Holmes (“A máquina de observar, de razoar, máis perfecta do planeta”, segundo o doutor Watson). OBRAS LEVADAS AO CINE POR

Estudio en escarlata (1887) Edwin L. Marin (1933) O signo dos catro (1890) As aventuras de Sherlock Holmes (1891–92) As memorias de Sherlock Holmes (1892–93) O can dos Baskerville (1901–02) Terence Fisher (1958) O regreso de Sherlock Holmes (1903–04) O val do terror (1914–15) O arquivo de Sherlock Holmes (1924-26) Ciclo da 20th Century Fox, con Basil Rathbone como Holmes e Nigel Bruce como Watson. A vida privada de Sherlock Holmes Billy Wilder (1970)

Page 6: Expo Policial

G. K. Chesterton (1874-1936) DETECTIVE Padre Brown (crego católico que descobre crimes usando a razón –a razón que nos deu Deus para distinguir o verdadeiro do falso-). OBRAS O candor do padre Brown A sagacidade do padre Brown A incredulidade do padre Brown O segredo do padre Brown O escándalo do padre Brown LEVADAS AO CINE POR Edward Sedgwick (1934), adaptación co título Father Brown, detective. Robert Hamer (1954), adaptación dun relato baixo o título O detective. Serie televisiva inglesa de 1974.

Agatha Christie DETECTIVE Hercules Poirot (33 casos) OBRAS LEVADAS AO CINE POR

Traxedia en tres actos (1935) Morte nas nubes (1935) Asasinato no Orient Express (1934) Sidney Lumet (1974) Morte no Nilo (1937) John Guillermin (1976)

Dez negriños (1939) DETECTIVE Miss Marple OBRAS Morte na vicaría (1930) Miss Marple e trece problemas (1933) Un cadáver na biblioteca (1942) O tren das 4,50 (1957) George Pollock (1961)

A partir de 1982 rodáronse tres series para televisión: dúas sobre Miss Marple e unha

outra sobre Hercules Poirot.

Page 7: Expo Policial

Que nos países totalitarios nin hai nin houbo novela policial: non a houbo na España franquista nin no Portugal salazarista nin na Alemaña nazi.

1. Podíanse ler e publicar clásicos (Conan Doyle, Agatha Christie…), pero nada de novela negra do país.

2. Non se podían percorrer os sotos da sociedade nin denunciar as súas corruptelas.

E menos consentir que un detective privado metese os fociños onde non debía porque:

“A novela negra empeza contando un crime e remata contando como é esa sociedade” (P. I. Taibo)

3. E porque tampouco a policía do tempo, coa súa longa historia política, podía asumir ese papel. Así pois, as primeiras novelas negras saen do prelo en España cando a ditadura se tambalea.

E os investigadores serán só detectives.

Os policías “negros” tardarán en aparecer: Tratarase da comisaria Petra Delicado de Alicia Giménez, nos anos 90,

e dos protagonistas de El alquimista impaciente, premio Nadal do ano 2000.

Que as novelas negras reciben o nome da serie que Jacques Prevert utilizou en 1946 para a colección que iniciara a editorial francesa Gallimard Série Noire, e das Black Series norteamericanas. E tamén, por suposto, polos ambientes sombrizos e violentos en que se desenvolveron os personaxes.

Que a novela negra tivo o seu berce nos tempos da Lei Seca e o crack do 1929 (crise económica e moral sen precedentes).

Que algúns consideran que naceu no western. Porque... hai moita diferenza entre a Poisonville de Hammett e as Dodge City ou Wichita do “salvaxe” Oeste norteamericano (cidades ferroviarias que acollían milleiros de vacas; que desencadearon roubos, asasinatos e corrupción; e que trouxeron centos de pistoleiros…?).

Page 8: Expo Policial

Características Literatura de denuncia, de compromiso. Non busca identificar o culpable (xa se sabe case sempre), senón capturalo e pólo fóra de circulación.

Pintura social: O crime prevalece sobre a investigación;

é un pretexto para denunciar a degradación, a corrupción e os vicios que apodrecen as cidades.

Crítica social: O mal domina historicamente.

É social e político: O poder é exercido por capitalistas sen escrúpulos; e ten a soldo policías, políticos, periodistas ou ideólogos.

Os explotados só aparecen como extras (choferes, vagabundos, parados, minorías raciais, criados, camareiros: seres vencidos... obrigados a sufrir o imperio do mal).

Detectives Patean barrios baixos. Enfróntanse á hampa. Son violentos e groseiros. Actúan no límite da legalidade. Son incorruptibles, pero sen escrúpulos. Son sarcásticos, implacables, solitarios e indolentes.

Camiñan no gume da lei. Non analizan: van na procura do crime e para iso remexen coas súas preguntas, subornan, dan malleiras, percorren clubs, coñecen putas…

O detective negro actúa máis que pensa, malla máis que deduce, dispara máis que pregunta.

Page 9: Expo Policial

NOVELA NEGRA NORTEAMERICANA I Dashiel Hammett (1894-1961)

Cando en 1922 comeza a publicar na revista Black Mask, nos EE.UU. domina a co-rrupción e o crime organizado; e a interconexión entre política, corrupción, adminis-tración, sindicalismo, policía… Os enfrontamentos entre bandas son a realidade de-

ses anos… A novela negra […] nace nas revistas populares e os seus autores teñen so-bre o tema do crime unha posición estilística e moral realista, é dicir, desilusionada.

E Hammett levará esta posición á perfección” (A novela policial, X. González Gómez))

DETECTIVES OBRAS LEVADAS AO CINE POR Sam Spade O falcón maltés (1930) (John Huston, 1941)

Axente da Continental Colleita vermella (1929) (Adaptada como Yojimbo, en 1961, por

Akira Kurosawa) (Adaptada, xunto con A chave de cristal,

en 1990, por Ethan e Joel Cohen, como De paseo á morte)

A chave de cristal (1931) (Stuart Heisler, 1942) Nick e Nora Charles O home delgado (1934) (W. S. Van Dyke, 1934)

Page 10: Expo Policial

William Riley Burnett (1899-1982)

OBRAS LEVADAS AO CINE POR O pequeno César (1922) (Mervyn LeRoy, 1931) A xungla de asfalto (1949) (John Huston, 1950)

Horace McCoy (1897-1955) OBRAS As mortallas non teñen peto (1930)

Di adeus ao mañá (1948)

Don Tracy (1905-1976)

OBRA A besta durmida (Unha denuncia do brutal racismo sureño, polo que foi publicada primeiro en Gran Bretaña)

James M. Cain (1892-1977)

OBRA O carteiro sempre chama dúas veces (1934) (Tay Garnett, 1946)

(Bob Rafelson, 1981)

NOVELA NEGRA NORTEAMERICANA II

Page 11: Expo Policial

Raymond Chandler (1888-1959)

DETECTIVE OBRAS LEVADAS AO CINE POR

Philip Marlowe O soño eterno (1939) ( ( (Howard Hawks, 1946) (con guión adaptado, entre outros,

por William Faulkner)

(Michael Winner, 1978)

Adeus, moneca (1940) (Dick Richard, 1975)

A dama do lago (1943) (Robert Montgomery, 1947)

O longo adeus (1953) ((Robert Altman, 1973)

Patricia Higsmith (1921-1997) DETECTIVE: OBRAS LEVADAS AO CINE POR

Estraños nun tren (1950) Alfred Hitchcock (1951)

Tom Ripley O talento de Mr. Ripley ( 1955) Adaptada como A pleno sol por (René Clément, 1960)

Anthony Minghella (1999)

NOVELA NEGRA NORTEAMERICANA III

Escribe novelas que reflicten a calma xeral da sociedade norteamericana de 1939 a 1958. Período de posguerra: non hai Lei Seca nin gángsters, pero si obreiros integrados en sindicatos

e onde o capitalismo está en plena expansión. Os inimigos nacionais son agora os nazis e os comunistas. Pero a súa obra trata de mostrar a complexa psicoloxía dos seus personaxes, que

será o motor das súas intrigas, e onde a paixón e os intereses individuais o moven todo. (Adaptado de A novela policial, de X. González Gómez)

Page 12: Expo Policial

NOVELA NEGRA EUROPEA

Georges Simenon (1903-1989) (Bélxica)

Traxedias sociais. Nelas desvela o crime, a miseria, a soidade, os rancores…

pero sen profundizar nas condicións en que o individuo vive… ou morre. Paisaxes lúgubres de rúas desertas, chuvia, néboas… que anuncian crimes.

(Op. cit., X. González Gómez)

DETECTIVE OBRAS DESTACADAS LEVADA AO CINE POR

Comisario Maigret A noite da encrucillada (1931) (Jean Renoir, 1932)

Can canelo (1932) Hector Loursat Descoñecidos na casa (1939) (Henri Decouin, 1942) (avogado)

Petros Márkaris (1937) (Grecia) DETECTIVE

Kostas Jaritos Un caso do comisario Jaritos e outros relatos clandestinos (2005) O accionista maioritario (2006) Morte en Estambul (2008) Andrea Camilleri (1925) (Italia) DETECTIVE

Comisario Montalbano A forma da auga (1994) Serie de TV: e trinta libros máis con Comisario Montalbano este protagonista. Henning Mankell (1948) (Suecia) DETECTIVE

Kurt Wallander Asasinos sen rostro (1991) A pirámide (1999) O home inquieto (2009) Serie de TV da BBC protagonizada por Kenneth Branagh.

Serie de 9 películas sobre o inspector Wallander, protagonizadas por Rolf Lassgård.

Page 13: Expo Policial

NOVELA NEGRA GALEGA

As cidades galegas non eran grandes urbes coma París ou Londres, espazos axeitados para acoller crimes e detectives. Entón foron as cidades medias e pequenas as que acolleron esas funcións.

Contrabando de tabaco, de armas ou de drogas, negocios inmobiliarios corruptos, especulación coa queima dos montes... ou crimes que se asentan na análise das paixóns humanas, a chantaxe ou a homosexualidade... configuran moitos dos temas da negra galega.

En moitos casos mesturados coa paisaxe neboenta e gastronómica do país.

Carlos G. Reigosa (1948)

DETECTIVE

Nivardo Castro Crime en Compostela (1984) Xavier P. Docampo (1946)

DETECTIVE

Mauro A chave das noces (1987)

Manuel Forcadela (1958) DETECTIVE

Toni Barreiro Sangue sobre a neve (1990) Barato, barato (1991) Fóra de xogo (1993)

Bieito Iglesias (1957)

DETECTIVE

Gumersindo Nespereira Miss Ourense (1997) Pan e coitelo (2008)

Miguel Anxo Fernández (1945)

DETECTIVE

Frank Soutelo Un nicho para Marylin (2002) Luar no inferno (2006) Tres disparos e dous friames (2008) Lume de cobiza (2011)

Domingo Villar (1971)

DETECTIVE Leo Caldas Ollos de auga (2006) A praia dos afogados (2009)

Laura Caveiro (1967) Polas inmensas e alleas fortunas (1995) DETECTIVE Tom Vas Diego Ameixeiras (1971) DETECTIVES Horacio Dopico Baixo mínimos (2004) O cidadán do mes (2006) Alberte Cudeiro Asasinato no Consello Nacional (2010)

Page 14: Expo Policial

NOVELA NEGRA CASTELÁ A novela policial é un xénero ligado ás sociedades industriais máis avanzadas e, probablemente tamén,

ás máis democráticas. En España e Portugal (e, por suposto, tampouco en Cataluña) non hai, pois, unha tradición de literatura policial

e os novelistas comportáronse como unha colonia cultural dos países anglosaxóns e, en menor medida, de Francia, mostrando unha ampla receptividade aos modos e modas

estranxeiras.Traducíanse os “clásicos”, pero a novelística tardou en aparecer.

Mario Lacruz (1929-2000)

El inocente (1950)

Manuel Vázquez Montalbán (1939-2003)

DETECTIVE:

Pepe Carvalho Asesinato en el Comité Central (1981)

Sabotaje olímpico (1993) Juan Madrid(1947) Brigada central (1989) (13 novelas) Lorenzo Silva (1966) El alquimista impaciente (2000) DETECTIVES

IBevilacqua e Chamorro La reina sin espejo (2005)

NOVELA NEGRA CATALÁ Manuel de Pedrolo (1918-1990)

Joc brut (1972)

Es vesa una sang facil (1952)

Jaime Fuster (1945-1998)

De mica en mica s`omple la pica (1980)

T arda, sessio continua, 3,45 (1982)

Page 15: Expo Policial

SERIES TV

Hoxe o xénero recolle unha manchea de asasinos en serie ou psicópatas, con detectives que se van converter en expertos en facer perfís psicolóxicos. Logo, xa non é a sociedade a responsable, senón que os crimes se deben a unha anomalía psicolóxica, a un maltrato na nenez, á tolemia...

A sociedade queda limpa e é ela quen sofre o mal que estas xentes asociais provocan. E encontrámonos con novos expertos que pensan, deducen... son detectives científicos.

Todo é: recollida de mostras, análises, informes de balística, listaxes de ordenador, análises de pegadas, restos de ADN, tecnoloxías físicas ou químicas, equipos de investigación, perfís psicolóxicos…

Sen embargo, da saga do sueco Stieg Larsson opina Vargas Llosa:

“Suecia aparece como unha sucursal do inferno, onde os xuíces prevarican, os psiquiatras torturan, os policías e os espías delinquen, os políticos menten, os empresarios estafan e as institucións en xeral parecen presa dunha pandemia de corrupción de proporcións fuximoristas".”

Así temos:::

DETECTIVES 1. Investigadores razoadores Detectives que combinan a súa agudeza persoal, o seu enxeño, con grandes doses de investigación científica. Intuición e análise aúnanse para descubrir o delito.

Colombo Os misterios de Laura Miss Marple E scribiuse un crime Sherlock 2. “Negros” Observadores, coñecedores, próximos á antropoloxía e á socioloxía. Pero con denuncia da sociedade na que se produce o crime. O chamado "quinto poder" aparece denunciado con toda a súa crueza. Millennium (investigadora, Lisbeth Salander) Wallander 3. Científicos: Puros razoadores: 3.1. Utilizan fórmulas matemáticas para sacar conclusións sen participar directamente na investigación. Numbers 3.2. Sérvense da psicoloxía, combinada coa investigación. Mentes criminais Os da ciencia aplicada: Mesturan métodos científicos e analíticos. CSI Bones Os parapsicólogos: Funcionan con poderes especiais. O mentalista Medium