34
PAISAXE E SUSTENTABILIDAE 1º ESO CENTRO EDUCATIVO GALÉN MAPA EMOCIONAL DAS PAISAXES DE LUGO

mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDAE 1º ESO

CENTRO EDUCATIVO GALÉN

MAPA EMOCIONAL DAS

PAISAXES DE LUGO

Page 2: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

2

INDICE

As paisaxes na literatura galega ………………………… 3

As nosas paisaxes sentidas ……………………………… 16

Mapa emocional das paisaxes de Lugo ………………… 31

Page 3: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

3

AS PAISAXES NA LITERATURA GALEGA

Recompilación realizada polo alumnado

de 1º ESO do

Centro Educativo Galén

Page 4: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

4

INTRODUCIÓN

Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe galega na súa obra.

A continuación, unhas palabras de Uxío Novoneyra sobre o tema:

“Sempre se di que a natureza ten un valor transcendente na vida das persoas, porque igual que a auga pinga, a pinga vai dando forma á pedra. O medio

xeográfico onde nacemos inflúe e moldea a nosa personalidade.”

AUTOR: Antonio Noriega Varela

OBRA: “D’o Ermo”

¿e de vrau?,

¡quixera o rey d’ españa,

pr’ o seu regalo,

auga d’ as fontes que calo,

sombra d’ as pravias, qu’ eu sei!

………………………………………………………………………………………….

AUTOR: Antonio Noriega Varela

OBRA: “Tenuis pluvia”

Fastuoso carballo,

â sombra tua Bailaron as brañegas tod’ o día,

Mais o día expiróu…,

asoma a lua…

Queira o lunar facernos compañía.

……………………………………………………………………………………………….

Page 5: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

5

AUTOR: Xosé Luís Väzquez-Iglesias.

POEMA: Sen nome

LIBRO: Costa da morte, paisaxe viva.

PÁXINA: 129

Sinto

a calor

dos fríos penedos

mentres escoito

a pandeirada

das ondas

e os rochedos.

Camiño

paseniño

por a beiramar,

lambiscando

a dozura

dos salgados

bicos da brisa.

………………………………………………………………………

Page 6: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

6

AUTOR/A: Rosalía de Castro

POEMA: “Pasa, río, pasa, río”.

LIBRO:Cantares gallegos.

PÁXINA: 123

Pasa, río, pasa, río

co teu maino rebulir;

pasa, pasa antre as froliñas

color de ouro e de marfil,

a quen cos teus doces labios

tan doces cousas lle dis…

Pasa, pasa caladiño

co teu manso rebulir,

camiño do mar salado,

camiño do mar sin fin;

e leva estas lagrimiñas,

si has de chegar por alí,

pretiño dos meus amores,

pretiño do meu vivir.

…………………………………………………………………………………

Page 7: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

7

OBRA: “Cen poemas do río Eume”

AUTOR: César Antonio Molina.

Zunido húmido do vento

Rozamento da chuvia sobre as follas dos carballos

Murmurio dun regato

Arrolo dunha lontra en cío.

Berro dun lagarteiro

Mansedume dunha vaca marela pacendo.

Feixes de luz perforando a follaxe

Goteo do callo nos sacos de xute

Xabarís forzando tesouros.

Silencio nos calvarios.

A poesía faise nas fragas.

…………………………………………………………………………

AUTOR: Eduardo Pondal

POEMA: “OS PINOS” (Himno Galego)

Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente

do prácido luar? Que din as altas copas

de escuro arume arpado co seu ben compasado

monótono fungar?

Do teu verdor cinguido e de benignos astros,

confín dos verdes castros e valeroso chan.

……………………………………………………………………….

Page 8: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

8

AUTORA: Rosalía de Castro

OBRA: ” Cantares gallegos”

LIBRO: Escolma poética de Rosalía de Castro. Edicións do Cumio.

Lugar máis hermoso non houbo na terra

que aquel que eu miraba, que aquel que me dera.

Lugar máis hermoso no mundo n’hachara que aquel de Galicia, ¡Galicia encantada!

Galicia frorida, cal ela ningunha, de froles cuberta,

cuberta de espumas,

de espumas que o mare con perlas gomita,

de froles que nacen ó pé das fontiñas.

De valles tan fondos, tan verdes, tan frescos, que as penas se calman nomáis que con velos;

que os ánxeles neles dormidos se quedan,

xa en forma de pombas, xa en forma de niebras.

……………………………………………………………………….

Page 9: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

9

AUTOR: Xosé María Díaz Castro

POEMA: “Poesía á herba pequerrechiña”

LIBRO: Nimbos

Herba perquerrechiña

que con medo sorrís

ó sol que vai nacendo

e morrendo sen ti,

¿ por que de ser pequena

te me avergonzas ti?

¡O universo sería

máis pequeno sen ti!

………………………………………………………

AUTOR: Manuel María

POEMA: “O meu barco”

OBRA: Os soños na gaiola.

Teño un barco de xoguete

e nel me quero embarcar.

Polos mares dos meus soños,

quen me verá navegar!

Navegarei por mil ríos,

sete mares hei cruzar.

No meu barco de xoguete

cansarei de viaxar…!

…………………………………………………………………………………

Page 10: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

10

AUTOR: Celso Emilio Ferreiro

POEMA: “O meu val”.

LIBRO: 50 Anos de poesía” – 1º Tomo , páxina: 116.

Meu lagasio val de Celanova

que o meu tempo de neno alomiñache

con sombras de outros paxaros, con ventos

cantando polos bosques de amieiros.

As mazairas en frol,

os acebos i os pinos que te arrolan,

apreixanche a cintura tan galana,

tan cinguida de ríos namorados,

meu rumoroso val dos pitorreises,

das calandrias, das rolas, das papuxas

polo serán arriba.

Nun solpor de lonxanos hourizontes.

…………………………………………………………………………

Page 11: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

11

AUTOR: Álvaro Cunqueiro.

POEMA: “Xa foi a terra”.

Xa foi a terra, xa non é.

Ou mellor dito, foise a terra,

quizaves polo áer, quizaves pola mar.

—Nuben e illa deberían ter

a mesma definición nas xeografías.

Xa foi a terra. Dende onde vivo prisoeiro

non podo dar testimoño de que haxa

arbres, pasteiros, ríos, montes,

o deserto de Arabia, i aquela chaira

lamagosa, onde nun outeiro estaba o pobo en que nascín,

e de onde ollaba coma o Adigio iba pro mar.

Cemento e cemento, ferro e ferro. Soio.

Pro, e cando voa unha anduriña i eu sei que é abril,

ou cando chove, ou cando neva,

podería eu decir que non hai terra, que xa foi,

que é cousa de historia, dende a fiteira

da celda de cemento na que vivo?

…………………………………………………………………………..

Page 12: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

12

AUTOR: Bernardino Graña.

POEMA: “Poema do home que quixo vivir”.

O vento díxome cousas

Que non atopo nos libros.

Resoaba a súa voz no mundo

igual que un soño perdido.

E o mar buscaba unha aperta,

Buscaba un peito ou un niño,

E non atopaba nada

Senón penedos espidos.

Recordo que era Nadal

E eu bebía moito viño.

Estabamos todos xuntos,

Os anxos meus, os amigos …

O vento e o mar berraban

Coma cans adoecidos.

E nós calados, fumando,

Bebendo, mirando fixos,

Por se chegaba algún día

Un forasteiro ou escrito

Que nos dixese que existe

Máis alá de todo un brillo,

Un sol que non ten solpores,

Nin vacas tristes,

nin grilos.

Estabamos todos xuntos,

Page 13: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

13

No meu silencio metidos,

Querendo que nos chegara

Algo estraño, de outro signo

Que nos sacara cal gando

E nos mostrar o camiño

Para pacer herba nova

E choutar noutros eixidos.

…………………………………………………………………

AUTOR: MANUEL MARÍA

OBRA: O MIÑO, CANLE DE LUZ E NÉBOA

POEMA: BIOGRAFÍA DO MIÑO

O deus Minius, nas orixes do tempo,

percurou, con teimuda paixón,

o lugar máis fermoso do universo:

non atopou nada que puidera

compararse, nin de lonxe, con Galiza.

Despois de contemplala longamente

namorouse dela para sempre …

… Existe un Miño poderoso e terrestre.

Mais a intuición e o sentimento

estannos a dicir moi claramente que

o Camiño de Santiago ou Vía Láctea

é o Miño celeste:

un río de luz

polo que, un día, habemos de navegar,…

Page 14: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

14

………………………………………………………………….

AUTOR: Manuel María.

POEMA: “Égloga para que floreza unha mimosa”.

Agardamos, con impaciencia e tremor,

a túa chegada para embebedarnos

co teu recendo escandaloso

e para encher os nosos ollos

coas túas puras chamas poderosas

que incendian a un mundo de alegría.

Ti desfás as atoutiñantes brétemas

e chamas polo azul, mimosa amiga.

……………………………………………………………………

Page 15: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

15

“Se a paisaxe galega non fora como é, a fala galega non sería asina. Tampouco o sería a música do noso pobo. A paisaxe é unha “efusión” que se mete na ialma, sin saber cómo nin por

qué. Iste sentimento é unha gracia da nosa sensibilidade. Cuase sempre menancónico. A contemplación do solpor non ten precio.

Sin iste sentimento da paisaxe nós non seríamos nós”.

(“ A nosa terra.O feitizo da paisaxe”, Anxel Fole, 1997. Vol.II:255)

Page 16: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

16

AS NOSAS PAISAXES

SENTIDAS

Page 17: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

17

Desde o alto da muralla

vexo xente pasar

espazo transformado

persoas cun pasado

sempre imos recordar.

Álvaro Rodríguez

Page 18: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

18

Un sol brillante, enriba da muralla

a mosqueira, unha sombra abraiante

Miguel Real

Un sol brilante, enriba da muralla

a mosqueira, unha sombra abraiante

Miguel Real

Paisaxe verde,

Susurros do río,

Tranquilidade e vida,

Río Rato, río amigo.

Carme Lodos

Page 19: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

19

Día escuro,

xente paseando en Lugo.

Praza mollada,

xente desgustada,

praza mollada,

tristeza non desexada.

Anaïs Zin

O magnolio deixa

florecer ás súas

magnolias, mentres o

tempo pasa.

Beatriz Torrón

Page 20: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

20

O río móvese debaixo da ponte.

Os coches pasan co ruído da corrente,

carreiros vellos que rexuvenecen a auga

aí está o río

Kevin Rodríguez

Unha imaxe de persoas

andando alegres pola rúa,

contando a súa vida

que é alegre coma a túa.

Leire Leboreiro

Page 21: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

21

A area tan abundante

lémbrame tantas veces que caín;

o ceo escuro lémbrame a morriña que teño

porque chova por fin.

É tan desesperante

que non haxa xente abundante …

Cores grises, vermellas e negras

no ceo, nas árbores, nas pedras.

Miras atrás, miras ao verán

acórdaste de todo

acórdaste da xente que non está

non sei como pasa

pero pasa dalgún modo.

A min transmíteme soidade

pero pasa co tempo

o tempo todo o cura

incluso a amargura.

Alejandro Rey

Page 22: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

22

Que é o que vexo?

un lugar tranquilo ou aburrido?

Este lugar é seguro,

protexido polo noso gran xigante

lugués

que desde tempos inmemoriais

garda a nosa praza.

A nosa praza, praza segura,

tranquila e xoguetona

coa xente transcorrendo por ela,

nenos, nenas e maiores

fan que a nosa praza

sexa feliz.

Hoxe témola e debemos de gozala

pero tal vez mañá xa non.

Pero, pase o que pase,

nunca deixará de estar gardada

polas vidas que por alí pasaron,

castrexos, romanos e medievais

puxeron a súa vida, facendo que a

nosa praza

fose tan segura como é hoxe.

Martina Babío

Page 23: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

23

Un fermoso río,

un reflexo,

unhas nubes,

un desexo.

Seres vivos,

sen humanos,

só o meu río,

admirado.

Iris González

Río Miño,

fas que a través

do teu percorrido

a xente mire para

os lados e vexa

natureza e auga.

Jorge Mosquera

Page 24: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

24

Situado no mirador

mirando ao redor

unha suave brisa

refresca a miña cara .

Bastantes árbores grandes

todas son impresionantes

os seus olores e as súas cores

Cian Díaz

Ponte vella,

andantes da ponte,

por riba do río Miño,

vixía do tempo.

Laura Tato

Page 25: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

25

Camiñando amodo ata o mar.

Juan Rodríguez

Grandes columnas, mofo crecente

natureza apuntando a oriente

as vellas vías do tren están oxidadas

vén o tren e déixaas cheas de bágoas

Julio Darriba

Page 26: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

26

Chan mollado, tristeza no meu corazón ao mirar ao redor ,

a histórica pedra gravada ilumina o meu ánimo.

Nicolás Lombardero

Chuvia que cae sobre a muralla.

Catedral, presenza infinita

casas decadentes

xente apagada

camiñando pola muralla

con chuvia deprimente.

Sandra Cillero

Page 27: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

27

A ponte colgante

voa sobre o río

voa a voo rasante

sen deixar pasar nin pío

De cables e metal

feito está,

e o seu nome

é moi orixinal

por debaixo a verás

se en piragua ou nadando vas

e nese mesmo instante

moita seguridade sentirás.

Seguridades esaxerada

ti terás,

seguridade tanta

que non poderás máis

Pode que o metal

pareza artificial

pero coa posición desde arriba

boas vistas terás.

Mario Rodríguez Estévez

Page 28: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

28

Porta que se abre,

muralla fortificada,

camiño da xente.

Miguel Vázquez

Comeza a chuvia de follas

no parque Rosalía de Castro.

Vanesa López

Page 29: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

29

Morriña

porque é a miña terra,

mire onde mire

sempre estará ese lugar

chamado Lugo.

Manuel Durán

Tristeza e soidade,

rúa solitaria,

sen ver a ninguén,

casas solitarias

rúas solitarias,

ninguén na rúa,

soidade tan grande

na vella rúa.

Marina Mateos

Page 30: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

30

É tranquilidade. Se pechas os ollos ves as árbores

movéndose lixeiramente co vento,

a auga movéndose polo río, o sol quentándome a

cara deitado mirando ás nubes.

Gabriel Chousa

O punto máis abstracto da Praza de Santo Domingo.

Aguia que vixías polo día e no medio da noite.

Luís Lombó

Page 31: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

31

111111111111111111

O MAPA EMOCIONAL

DAS PAISAXES DE

LUGO

Page 32: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

32

https://mapaemocional.wordpress.com/

LOCALIZACIÓNS

Page 33: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

33

Page 34: mapa emocional das paisaxes de lugo · PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO 4 INTRODUCIÓN Son moitos os autores que reflicten a emoción da paisaxe

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO

34