6
PTU-PO-09/016 MONDARIZ (PONTEVEDRA) P.X.O.M. A.I.-Informe Páxina 1 de 6 INFORME PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MONDARIZ (PONTEVEDRA). O Concello de Mondariz remitiu o Plan Xeral de Ordenación Municipal solicitando informe previo á aprobación inicial, conforme ó artigo 85.1 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUG). I. ANTECEDENTES I.1. Planeamento municipal vixente. O Concello de Mondariz conta cun Proxecto de Ordenación do Medio Rural (POMR) aprobado definitivamente o 26/02/1999 e modificado puntualmente en data 30/08/2001. I.2. Figuras de ordenación do territorio con incidencia supramunicipal. Parte da parroquia de Mouriscados, está afectada polo Proxecto Sectorial do Parque Eólico Montouto 2000, aprobado definitivamente o 15/01/2004. Asemade, o Concello de Mondariz ten iniciada a tramitación para a instalación dun parque eólico singular. Consta afección do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na área funcional de Vigo, iniciado en data do 02/01/09 polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. I.3. Avaliación ambiental estratéxica. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible emitiu o 15/10/2008 o documento de referencia para a Avaliación ambiental estratéxica (AAE) do PXOM. II. INFORME Logo de analizar a documentación que integra o PXOM e á vista do informe subscrito pola Subdirección Xeral de Urbanismo, cómpre emitir o seguinte Informe: II.1. Consideracións sobre o modelo territorial e a estrutura xeral e orgánica. Conforme aos fins e consideracións xerais establecidos nos artigos 4 e 52 da LOUG, analizouse o modelo territorial proposto polo PXOM, observándose: a) Capacidade residencial do Plan: Obsérvase unha discordancia entre o prazo de desenvolvemento do PXOM expresado na memoria de ordenación para o cálculo da capacidade máxima residencial (24 anos) e o indicado na estratexia de actuación e estudio económico (8 anos) e en relación aos prazos de programación establecidos no art. 19 do Regulamento de Planeamento. Segundo as datos aportados, a poboación do concello decreceu nun 19.4 % nos últimos 26 anos. Na última década o número de vivendas medrou a un ritmo dunhas 50 viv/ano. Se proxectan 1.824 vivendas novas posibles totais para un prazo de 24 anos (76 viv/ano) sen considerar as dos solos urbanos consolidados e minorando un 63 % as dos núcleos rurais. b) Modelo territorial:

Mondariz-sx Ipai Pxom

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Mondariz-sx Ipai Pxom

PTU-PO-09/016 MONDARIZ (PONTEVEDRA) P.X.O.M. A.I.-Informe Páxina 1 de 6

INFORME PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MONDARIZ (PONTEVEDRA).

O Concello de Mondariz remitiu o Plan Xeral de Ordenación Municipal solicitando informe previo á aprobación inicial, conforme ó artigo 85.1 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUG).

I. ANTECEDENTES

I.1. Planeamento municipal vixente.

O Concello de Mondariz conta cun Proxecto de Ordenación do Medio Rural (POMR) aprobado definitivamente o 26/02/1999 e modificado puntualmente en data 30/08/2001.

I.2. Figuras de ordenación do territorio con incidencia supramunicipal.

Parte da parroquia de Mouriscados, está afectada polo Proxecto Sectorial do Parque Eólico Montouto 2000, aprobado definitivamente o 15/01/2004. Asemade, o Concello de Mondariz ten iniciada a tramitación para a instalación dun parque eólico singular.

Consta afección do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na área funcional de Vigo, iniciado en data do 02/01/09 polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

I.3. Avaliación ambiental estratéxica.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible emitiu o 15/10/2008 o documento de referencia para a Avaliación ambiental estratéxica (AAE) do PXOM.

II. INFORME

Logo de analizar a documentación que integra o PXOM e á vista do informe subscrito pola Subdirección Xeral de Urbanismo, cómpre emitir o seguinte Informe:

II.1. Consideracións sobre o modelo territorial e a estrutura xeral e orgánica.

Conforme aos fins e consideracións xerais establecidos nos artigos 4 e 52 da LOUG, analizouse o modelo territorial proposto polo PXOM, observándose:

a) Capacidade residencial do Plan:

Obsérvase unha discordancia entre o prazo de desenvolvemento do PXOM expresado na memoria de ordenación para o cálculo da capacidade máxima residencial (24 anos) e o indicado na estratexia de actuación e estudio económico (8 anos) e en relación aos prazos de programación establecidos no art. 19 do Regulamento de Planeamento.

Segundo as datos aportados, a poboación do concello decreceu nun 19.4 % nos últimos 26 anos. Na última década o número de vivendas medrou a un ritmo dunhas 50 viv/ano. Se proxectan 1.824 vivendas novas posibles totais para un prazo de 24 anos (76 viv/ano) sen considerar as dos solos urbanos consolidados e minorando un 63 % as dos núcleos rurais.

b) Modelo territorial:

Page 2: Mondariz-sx Ipai Pxom

PTU-PO-09/016 MONDARIZ (PONTEVEDRA) P.X.O.M. A.I.-Informe Páxina 2 de 6

Cómpre xuntar unha análise detallada das expectativas de desenvolvemento dos núcleos rurais (art. 13 da LOUG) que xustifique as áreas de expansión, concretamente a delimitación de continuos indiferenciados.

A previsión de tres novos desenvolvementos empresariais (dous desvencellados do solo urbano e das redes de servizos) non semella congruente co principio de utilización racional do solo enunciado polo PXOM. Xustificarase a compatibilidade entre o emprazamento dos desenvolvementos empresariais (UNDI-1 e UNDI-3) e o respecto aos valores ambientais.

Nos planos de clasificación do solo delimítanse dous ámbitos denominados actuación supramunicipal en tramitación ou estudo, os cales se superpoñen ás clasificacións de solo rústico de especial protección forestal e de especial protección de augas e cauces, aínda que non se establece determinación algunha ao respecto.

c) Dotacións públicas urbanísticas:

No cómputo da superficie mínima de reservas de solo para a implantación de sistemas xerais establecidas no artigo 47.1 da LOUG, non poden incluírse os terreos de titularidade non pública; as correspondentes aos leitos, beiras dos cursos de auga e zonas potencialmente inundables (espazos libres vinculados ó río Tea); as que non teñan asegurada unha adecuada accesibilidade (L-056); as se superficie inferior á mínima establecida no Anexo ao RP (L-016, L-018, L-039, L-42 e L-067) .

Debe xustificarse a suficiencia da vivenda suxeita a algún réxime de protección coas porcentaxes do solo urbano non consolidado (art. 47.13 da LOUG).

Débese indicar o modo de obtención dos sistemas xerais propostos (art. 25.3 do RP).

II.2. Clasificación do solo.

a) Clasificación do solo urbano:

Cómpre xuntar documentación acreditativa da concorrencia dos requisitos que establece o artigo 11 da LOUG para a clasificación do solo urbano, sobre integración na malla urbana; a dispoñibilidade de acceso e redes públicas con características adecuadas para servir á edificación existente e á permitida polo planeamento; ou consolidación pola edificación, nomeadamente os terreos na beira da rúa Lugar de Estramil, terreos na beira da rúa Muíño de Luís, ámbito da AR-5 e a zona leste das AR-2, AR-3, AR-4 e AR-6.

b) Clasificación do solo de núcleo rural:

De acordo coa análise do modelo de asentamento poboacional, os ámbitos delimitados para os núcleos de Boente, O Barral e A Rúa (Gargamala), A Portela (Vilar), A Chaleira (Riofrío), Fontebalán (Mouriscados), A Bermella e Meirol (Meirol), A Cela, O Foxaco, Lubián e O Souto(Mondariz), A Coroa (Lougares), O Couto, A Igrexa (Sabaxáns) e Queimadelos non presentan un grao de consolidación pola edificación superior ao 50 %.

En todo caso, debe xustificarse dito grao consolidación edificatoria para tódolos asentamentos, relacionándoo coa parcela mínima e outros factores que se consideren.

A delimitación dos núcleos de Casco (Toutón), Asnela (Riofrío), A Bermella (Meirol), O Escobeiro e O Souto (Mondariz) excede dos 50 m máximos das edificacións tradicionais.

A áreas de expansión dos núcleos de O Barro (Gargamala), O Souto e O Ceo (Mondariz) e Vilasobroso exceden dos 200 m da circunscrición do núcleo existente.

Page 3: Mondariz-sx Ipai Pxom

PTU-PO-09/016 MONDARIZ (PONTEVEDRA) P.X.O.M. A.I.-Informe Páxina 3 de 6

Parte dos terreos delimitados como áreas de expansión dos núcleos do Campo do Mouro e Poñe (Mouriscados) e O Couto (Lougares), atópanse desligadas dos asentamentos tradicionais por estradas de titularidade supramunicipal.

As áreas de expansión dos núcleos da Bermella (Meirol) e a Cela (Mondariz) delimítanse en áreas contiguas aos desenvolvementos industriais propostos (UNDI-1 e UNDI-3).

A delimitación dalgunhas áreas de expansión afectan a terreos que, conforme ao establecido polo artigo 32.2 da citada lei, deben ser clasificados como solo rústico de especial protección agás xustificación que fundamente a exclusión:

- Protección agropecuaria, xa que de conformidade coa información achegada polo propio plan, reúnen alta produtividade agrícola ou gandeira e atópanse en labor: Lordelo e Casco (Toutón), Cambra (Frades), A Costeira e A Igrexa (Vilar), O Ervellal, Muiños, Bouzabán, As Regadas, Pe do Muíño, Perrazo e Cernadela (Riofrío), Meirol e A Goleta (Meirol)), O Escobeiro, As Paredes, A Cela, O Ceo e Castromao (Mondariz), O Couto, Lougares e Porrón (Lougares) e A Igrexa, Augalevada, O Coto, Paxareira (Sabaxáns), Fontán e Poñe (Mouriscados) e Queimadelos.

- Protección forestal, os terreos que sustentan masas arbóreas, pertencen a monte veciñal de man común ou consta que sufriron os efectos dun incendio nos últimos anos: O Breque, A Toxeira e Casco (Toutón), Aboal (Frades), Vedrelos (Gargamala), O Escobeiro (Mondariz), O Coto e A Chan (Sabaxáns), Vilasobroso, Queimadelos, Barro (Gargamala), A Cavada Nova e Pe do Muiño (Riofrío), A Bermella (Meirol), As Vendas (Mouriscados), Paxareira, Campo do Mouro, Fruxilde e As Rozas (Mouriscados).

- Protección das augas: Quintáns e Cambra (Frades), Crespos, San Xoán e As Vendas (Mouriscados).

- Co fin de garantir a axeitada protección das beiras das estradas supramunicipais, as áreas de expansión de Quintáns (Frades), O Souto, O Ceo e as Paredes (Mondariz) e Vilasobroso non poderán abranguer terreos que teñan á propia estrada como único acceso. Nas áreas de expansión dos núcleos das parroquias de Toutón, Gargamala, Vilar, Riofrío e Queimadelos procurarase a protección das mencionadas vías de circulación.

Deberase aclarar a discordancia existente entre o listado de asentamentos de poboación singularizados nos censos e padróns oficiais, os contidos no plan e os xa delimitados no vixente POMR (A Cavada Nova, O Ceo, Borraxeiros, As Regadas...).

c) Clasificación do solo urbanizable:

Á máis do sinalado no epígrafe II.1.b) deste Informe, os solos urbanizables proxectados invaden zonas que semellan merecentes de se clasificar como solo rústico protexido(art. 32.2 da LOUG): UNDI-1 e parte do UNDI-3 que sustentan masas arbóreas; e o UNDI-2 (que como o UNDI-1) declarado monte veciñal en man común (que deben ser de protección forestal).

Estes ámbitos se delimitan en contigüidade co solo rústico de especial protección de augas e moi próximo ao de espazos naturais, ou a ambos lados dunha estrada supramunicipal, sen que o Plan valore as afeccións que este tipo de implantacións poden xerar.

d) Clasificación do solo rústico:

Nos planos de información e no documento de referencia para a AAE, delimítanse espazos naturais a protexer e arborado de interese (fraga do río Aboal, Monte Maior e humidal de

Page 4: Mondariz-sx Ipai Pxom

PTU-PO-09/016 MONDARIZ (PONTEVEDRA) P.X.O.M. A.I.-Informe Páxina 4 de 6

Vilaverde). Non obstante, parte deses terreos non teñen asignada polo Plan a categoría de solo rústico de especial protección de espazos naturais.

Cómpre xustificar os ámbitos de solo rústico de protección ordinaria delimitados que presentan características similares aos terreos contiguos cualificados como solos protexidos.

Segundo a información do Plan, os terreos de solo rústico de protección ordinaria (L-023) e os situados entre os núcleos de Foxaco e Outerelo, están declarados como monte veciñal en man común, polo que lles corresponde a categoría de especial protección forestal.

En diversas bases cartográficas constan cursos fluviais non identificados polo Plan.

Aínda que na información recóllese a existencia de áreas de interese paisaxístico, como os penedos de Picaraña, o monte Landín e arredores do castelo de Vilasobroso, non se delimitan as concas de interese paisaxístico para a súa adecuada protección.

En aplicación do artigo 32.3 da LOUG, nos terreos incluídos na delimitación do LIC ou na zona de policía de augas que estean situados dentro da liña límite de edificación dalgunha estrada de titularidade supramunicipal, as proteccións deben superpoñerse.

Se ben a Normativa determina que os elementos do catálogo de bens culturais situados en solo rústico están sometidos á ordenanza de solo rústico especialmente protexido para zonas con interese patrimonial, artístico ou histórico, deben delimitarse nos planos de ordenación.

II.3. Determinacións no solo urbano.

Deben incluírse na categoría de solo urbano non consolidado, de conformidade co artigo 12.b) da LOUG, os terreos nos que son necesarios procesos de urbanización (ámbito entre camiño do Campo Santo e o camiño de Souto de Abaixo) ou obtención de dotacións urbanísticas con distribución equitativa de beneficios e cargas (ámbito ao noroeste da escalinata que comunica a estrada PO-262 e o camiño de Souto de Abaixo; terreos situados á beira dos camiños rurais que conectan a estrada PO-252 e a rúa Cervantes).

No ámbito dos equipamentos deportivos e escolares, non semella adecuada a coexistencia de varias ordenanzas que dificultan a configuración dunha unidade dotacional homoxénea e o seu acceso e relación co espazo libre e equipamentos da praza do Concello.

O volume edificatorio en Ordenanzas intensivas, asignado aos cuarteiróns de solo urbano ao nordeste (lindeiros coa AR-2), sueste (lindeiros coas AR-3 e AR-4) e á beira do camiño do Penat – barrio do Ceo, non garda relación coas edificacións existentes (vivenda unifamiliar) nin co parcelario existente. O establecemento dunha ordenación substancialmente diferente da existente conlevará a categoría de solo urbano non consolidado.

Resolverase a transición entre distintas Ordenanzas, impedindo a aparición de medianeiras.

A ordenanza 5 (FS) Fincas Singulares remite a ordenación e os parámetros da edificación específicos á correspondente ficha do catálogo de bens. Non obstante, non constan esas fichas no catálogo de bens culturais.

Nun quinteiro ao sur da AR-3 non se establece a Ordenanza que lle é de aplicación.

A posibilidade de prolongar o plano de fachada 1,00 m por riba do último forxado semella incumprir o establecido nos artigos 46.1 e 104.c) da LOUG, cánto á conservación dos tipos e do patrimonio construído.

Page 5: Mondariz-sx Ipai Pxom

PTU-PO-09/016 MONDARIZ (PONTEVEDRA) P.X.O.M. A.I.-Informe Páxina 5 de 6

Conforme ao artigo 54 da LOUG, no solo urbano consolidado debe concretarse a previsión de aparcadoiros de titularidade pública; e sinalar as rasantes da rede viaria.

As Ordenanzas de referencia contidas nas fichas de xestión non se corresponden coas definidas nas normas particulares de solo urbano.

Nas áreas de reparto non se fixa o aproveitamento tipo (art. 53.h) e 113 LOUG e art. 31 RP).

II.4. Determinacións no solo de núcleo rural.

De acordo co expresado nas fichas do núcleos contidas na Memoria informativa, a superficie media das parcelas de solo de núcleo rural tradicional é moi superior á establecida como superficie de parcela mínima edificable nas Ordenanzas específicas para solo de núcleo rural, o que incide no grao de consolidación e a preservación tipolóxica.

O viario estruturante proxectado no ámbito da AR-2 se prolonga polo Núcleo Rural tradicional de Souto e a área de expansión deste núcleo e do Ceo(segundo os planos de ordenación pormenorizado dos solos de núcleo rural, pero non recollido nos planos de clasificación e calificación do solo do T.M.) sen que o Plan estableza as determinacións para a obtención dos terreos necesarios.

II.5. Determinacións no solo urbanizable.

Nin nas normas particulares de solo urbanizable nin nas fichas de solo urbanizable non delimitado se establece o uso previsto para cada ámbito delimitado.

II.6. Normativa.

A definición de soar contida no apartado 4.2, a redacción dos epígrafes 5º e 6º do apartado 4.3.1 nos que se regulan os sotos e semisotos, ao apartado 5.5.3.6 que regula os corpos voados e do epígrafe que regula a edificabilidade do apartado 7.1.4, non se axustan ao determinado nos art. 16 e 46.6 da LOUG respectivamente.

O epígrafe 4 do apartado 4.3.2.12 da normativa axustarase á Disposición Transitoria Décimo Segunda da LOUG, modificada pola lei 3/2008, de Ordenación da Minaría de Galicia.

A definición da liña de edificación para as vías de tipo I, contida no apartado 4.4.1.1, axustarase ao establecido na lexislación sectorial.

O prazo establecido no apartado 5.3.8 non se axusta ao determinado pola normativa sectorial (Lei 10/2006, de 28 de abril, que modifica á Lei 43/2003, de Montes).

Corrixirase o erro na referencia contida no apartado 5.4.5.3.

De acordo co art. 165 da LOUG, enténdese por terreos destinados a dotacións públicas, os de titularidade do municipio ou, se é o caso, da Comunidade Autónoma.

II.7. Estratexia de actuación e estudo económico.

Cómpre acreditar a conformidade das administracións ou entidades públicas distintas do municipio ás que se lles atribúe financiamento do Plan.

Conforme ao establecido no art. 60 da LOUG, o Plan conterá a avaliación do custo e a iniciativa de financiamento da implantación dos sistemas xerais e das actuacións previstas non executados, como por exemplo os espazos libres do entorno do cemiterio de Mondariz.

Page 6: Mondariz-sx Ipai Pxom

PTU-PO-09/016 MONDARIZ (PONTEVEDRA) P.X.O.M. A.I.-Informe Páxina 6 de 6

II.8. Documentación.

O trazado e características das redes básicas de servizos preséntanse incompletos (se recolle o trazado de redes existentes e non proxectadas) e a unha escala inadecuada (art. 47.9).

No catálogo de elementos a conservar ou recuperar non se inclúen os elementos con valores naturais sinalados na información (arborado de interese).

As fichas do catálogo de bens culturais deben conter a localización do elemento a escala adecuada, a delimitación do seu ámbito de protección e descrición gráfica das súas características construtivas (art. 75.4. da LOUG).

Parte das fichas dos núcleos rurais da memoria informativa non recollen a existencia de rede eléctrica entre os servizos existente.

Este Informe emítese de conformidade co previsto no artigo 85.1, en relación co 93.4, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2009. A SECRETARIA XERAL DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO Mª Encarnación Rivas Díaz