8
O Entroido vén cargado de festas, desfiles e cocido O Concello de Neda promove a celebración dun programa de Entroido que vai ocupar máis da primeira mitade do vindeiro mes de febreiro. E haberá actividades para todas as idades, incluída a celebración do festival, que será o día 9, e as festas dedicadas tanto aos nenos (día 13) como aos maiores (día 16). O calendario festivo tamén recolle, nese caso para o día 18, o encontro no que prima a gastronomía e a posibilidade de compartir mesa e mantel na compaña da familia e de xente de diferentes idades. O Cocido Interxeracional será no pavillón municipal e a participación no mesmo supón un custo de 12 euros para os veciños e 15 para os forasteiros, ademais de apuntarse nos Servizos Sociais. (Páx. 3) A Xunta introduce importantes cambios na Lei de Montes O Concello de Neda figura no cuarto posto na lista dos 82 municipios da provincia con menos de 20.000 habitantes que participan no programa provincial de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2018, un cambio que representa pasar de xestionar 17.00o euros en 2016 a recibir este case 120.000 da Deputación. (Páx. 5) A s reformas introducidas pola Xunta na Lei de Montes teñen que ver principalmente coa xestión da matogueira ou biomasa nas parcelas forestais, coas distancias dos árbores ás vivendas e tamén coas plantacións de piñeiros e eucaliptos nas terras agrarias. (Páx. 5) » O Círculo Cultural, Recreativo y Deportivo del Puntal quere ter xente nova para garantir o futuro da entidade (Páx. 2) » O Concello pon en marcha unha campaña informativa para manter libres de excrementos, cabichas e papeis as rúas e prazas (Páx. 4) » A nova edición da Xuntanza de Palilleiras será o 17 de febreiro no pavillón municipal. A organización corre a cargo de Filigrana (Páx. 6) » A firma dun acordo coa Fundacion da Axencia Enerxética Provincial da Coruña rebaixa nun 10% a factura eléctrica do Concello (Páx. 7) SUMARIO Neda incrementa en 103.000 euros a axuda para Servizos Sociais A n o M M X V I I I N o 6 Xaneiro Boletín informativo do Concello de Neda NEDA NO CAMINO

NEDA NO CAMINO N · máximo de dúas cancións e cunha duración que non poderá superar os oito minutos. O festival será presentado por Dani Ríos. A festa infantil e a queima do

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: NEDA NO CAMINO N · máximo de dúas cancións e cunha duración que non poderá superar os oito minutos. O festival será presentado por Dani Ríos. A festa infantil e a queima do

O Entroido vén cargado de festas, desfi les e cocidoO Concello de Neda promove a

celebración dun programa de Entroido que vai ocupar máis

da primeira mitade do vindeiro mes de febreiro. E haberá actividades para todas as idades, incluída a celebración do festival, que será o día 9, e as festas dedicadas tanto aos nenos (día 13) como aos maiores (día 16). O calendario festivo tamén recolle,

nese caso para o día 18, o encontro no que prima a gastronomía e a posibilidade de compartir mesa e mantel na compaña da familia e de xente de diferentes idades. O Cocido Interxeracional será no pavillón municipal e a participación no mesmo supón un custo de 12 euros para os veciños e 15 para os forasteiros, ademais de apuntarse nos Servizos Sociais. (Páx. 3)

A Xunta introduce importantes cambios

na Lei de Montes

O Concello de Neda fi gura no cuarto posto na lista dos 82 municipios da

provincia con menos de 20.000 habitantes que participan no programa provincial de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2018, un cambio que representa pasar de xestionar 17.00o euros en 2016 a recibir este case 120.000 da Deputación. (Páx. 5)

As reformas introducidas pola Xunta na Lei de Montes teñen que ver

principalmente coa xestión da matogueira ou biomasa nas parcelas forestais, coas distancias dos árbores ás vivendas e tamén coas plantacións de piñeiros e eucaliptos nas terras agrarias. (Páx. 5)

» O Círculo Cultural, Recreativo y Deportivo del Puntal quere ter xente nova para garantir o futuro da entidade (Páx. 2)

» O Concello pon en marcha unha campaña informativa para manter libres de excrementos, cabichas e papeis as rúas e prazas (Páx. 4)

» A nova edición da Xuntanza de Palilleiras será o 17 de febreiro no pavillón municipal. A organización corre a cargo de Filigrana (Páx. 6)

» A fi rma dun acordo coa Fundacion da Axencia Enerxética Provincial da Coruña rebaixa nun 10% a factura eléctrica do Concello (Páx. 7)

SUMARIO

Neda incrementa en 103.000 euros a axuda para Servizos Sociais

Ano MMXVIII

No6Xaneiro

Boletín informativo do Concello de NedaNEDA NO CAMINO

Page 2: NEDA NO CAMINO N · máximo de dúas cancións e cunha duración que non poderá superar os oito minutos. O festival será presentado por Dani Ríos. A festa infantil e a queima do

Boletín informativo doConcello de Neda NEDA NO CAMINO

2

O feito de se converter nunha zona residencial, acolledora de poboación de fóra, está a interferir no

crecemento da entidade social que desde mediados dos anos 50 reúne aos veciños da zona do Puntal, no municipio de Neda.

Estase a falar do Círculo Cultural, Recreativo y Deportivo del Puntal, unha sociedade sen ánimo de lucro con máis de cen socios e coas portas abertas de par en par cara á incorporación de xente nova.

Eladio Romero Leira é o presidente e José Neira, o tesoreiro. Forman así mesmo parte da xunta directiva Luis Servia Rodríguez, José Rodríguez Pantín, Carlos Hermida Ladra, Juan Manuel Galdo Naveiras e Óscar Ferro Rodríguez. Son persoas, todas elas, que levan moitos anos vinculadas a unha entidade que naceu do interese dos veciños por ter unhas instalacións deportivas e sociais que poder ofrecer ás persoas que vivían nesta zona de Neda, limítrofe co concello de Fene. A compra duns terreos, a posterior construción dun campo de fútbol e o intento errado da execución dun centro

social -iniciativa malograda, na que deixou a vida un dos socios que traballaba na obra- foron os seguintes pasos que axudaron a consolidar o crecemento do Círculo.

A realización da sede social quedaría fi nalmente esquecida no tempo. Aínda así a sociedade logrou medrar e tamén soubo manterse ata chegar ao outono do ano 2013, momento no que o Concello de Neda inauguraba a antiga “casilla de lagoeiros” reconvertida, despois de meses de obras, nun local amplo e adaptado ás necesidades

do Círculo. Un convenio fi rmado coa Xunta garante á entidade a utilización das instalacións para fi ns sociais, e abofé que o son. Ao longo do ano, o centro abre as súas portas a distintas actividades. Durante o curso escolar desenvólvense talleres

de pintura, memoria, ximnasia, corte e confeccións, e bailes de salón, xunto a outras propostas puntuais como charlas, cursos de arte fl oral ou manualidades. O local, que aínda conserva os vertedoiros feitos en pedra da antiga vivenda utilizada pola familia do lagoeiro, abre tamén para acoller as celebracións e festas máis populares, entre as que están as reunións que teñen lugar con motivo do Nadal, o Entroido, a chegada do bo tempo e tamén do outono.

O orzamento da entidade non chega aos 3.000 euros, unha cantidade que se obtén mediante as aportacións dos socios -20 euros ao ano-, as actividades e a subvención municipal.

A colaboración desinteresada de algunhas persoas que levan anos pertencendo ao Círculo do Puntal tamén é fundamental para o normal funcionamento tanto da sociedade como das actividades que teñen lugar na “casilla”, unha axuda as veces “pouco valorada”, segundo algún socio.

O Puntal busca mocidade para darlle continuidade ao Círculo

O membros da xunta directiva posan no interior da renovada “casilla” do Puntal

A inauguración da “casilla” foi clave para garantir o futuro desta entidad social

Darlle continuidade ao Círculo Cultural, Recreativo y Deportivo del Puntal é, xunto á incorporación de xente nova, unha das peticións que os responsables da entidade fan ao aninovo. Un tempo no que a actual xunta directiva ten pensado tamén introducir algún cambio

máis no terreo do entretemento. Estase a considerar a posibilidade de organizar unha excursión que levará aos socios e persoas alleas á entidade a visitar lugares de interese ou outros que teñan atractivo polas compras, como pode ser o caso de Portugal. A idea aínda ten que madurar.

Peticións de Aninovo

Page 3: NEDA NO CAMINO N · máximo de dúas cancións e cunha duración que non poderá superar os oito minutos. O festival será presentado por Dani Ríos. A festa infantil e a queima do

Boletín informativo doConcello de NedaNEDA NO CAMINO

3

O Entroido é un tempo para facer risas do que molesta e buscar un segundo significado ás cousas que ocorren

case a diario. Así o entende o Concello de Neda, que anda estes días ultimando un programa que permitirá aos veciños do municipio gozar de actos pensados para todas as idades, cargados de significado pero tamén divertidos, xenerosos e abertos a toda a poboación. A concellería de Cultura está ao fronte da organización.

Catro serán as principais citas, aínda que despois haberá outras que se sumarán ao longo deste calendario festivo.

O festival de comparsas está previsto para o día 9 de febreiro. O pavillón acollerá unha actividade que terá como adianto actuacións en rúas e prazas a cargo das mesmas agrupacións que, a partir das 20.30 horas, subirán ao escenario para interpretar os seus repertorios satíricos. Haberá un total de oito comparsas e tres grupos. O prazo de inscrición finaliza o día 31 do presente mes. As formacións interesadas deben apuntarse no rexistro xeral do Concello.

Haberá galardóns e axudas para as formacións participantes e este ano, como importante novedade, un incentivo económico, por importe de 100 euros, para as que tomen parte no programa de animación en rúas e prazas. Estas actuacións serán de seis a oito da tarde.

As comparsas e grupos inscritos realizarán a concentración ás 20,30 horas do día 9 de febreiro, na avenida de Castelao (antiga estrada da Estación), para a continuación emprender o desfile cara ao pavillón, onde finalmente se levarán a cabo as actuacións polas que se outorgarán os premios. A participación consistirá nun pase único, cun máximo de dúas cancións e cunha duración que non poderá superar os oito minutos. O festival será presentado por Dani Ríos.

A festa infantil e a queima do Entroido son os actos previstos para a xornada do martes 13 de febreiro. O festival en si dará comezo ás 17.00 horas e terá lugar no pavillón

municipal. Haberá obradoiros de maquillaxe, inchables e animación musical. A partir das 19.30 horas, a celebración trasladarase ás rúas, máis concretamente á ribeira de San Nicolás, onde terá lugar a lectura do testamento, a cargo de Xoán de Barrall, e a queima do Entroido. O moneco é obra de Carlos García. O acompañamento musical correrá a cargo do grupo Retumbatuke e este ano, por primeira vez, os alumnos da escola municipal de teatro tomarán parte no desfile figurando ser as viúvas do Entroido.

A terceira cita do Entroido será o día 16. Esta data está reservada para os veciños máis veteranos de Neda, xa que se trata do Baile de Maiores. Neste caso, a organización corre a cargo da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Facenda e Terceira Idade e terá lugar nas instalacións do centro cívico Ramón Millarengo.

O programa dará comezo ás 18.00 horas e inclúe, ademais dun baile con música en directo, unha merenda a base de empanada, lacón, doces desta época do ano, pan e bebidas varias. A entrada é gratuíta para os veciños de Neda, mentres que o resto terá que pagar cinco euros. As persoas interesadas teñen que se inscribir, antes

do día 12 de febreiro, nas dependencias dos Servizos Sociais.

As celebracións do Entroido rematarán cunha exaltación da gastronomía máis popular e cunha cita pensada para xente de todas as idades. Trátase do Cocido Interxeneracional, unha convocatoria que terá lugar o domingo 18 de febrero no pavillón municipal, a partir das dúas da tarde. O encontro basicamente consistirá nunha comida, que que haberá sopa, cocido, doces típicos de Entroido, bebidas e café, e nun sorteo dunha cesta con produtos gastronómicos valorada en máis de 100 euros.

Os interesados teñen que reservar praza, antes do 12 de febreiro, na oficina dos Servizos Sociais, así como abonar 12 euros no caso dos veciños de Neda e 15 no das persoas de fóra. Os menores de doce anos poderán asistir gratuitamente.

Desde o equipo de goberno invítase á veciñanza a implicarse, dun modo activo e divertido, nunhas celebracións que teñen un especial arraigo no municipio de Neda e que son moi interesantes tanto desde o punto de vista cultural como polo que representan de tradición.

O Entroido en Neda celébrase con bailes, música e cocido

O pavillón municipal, como en ocasións anteriores, acollerá as actuacións das comparsas

Page 4: NEDA NO CAMINO N · máximo de dúas cancións e cunha duración que non poderá superar os oito minutos. O festival será presentado por Dani Ríos. A festa infantil e a queima do

Boletín informativo doConcello de Neda NEDA NO CAMINO

4

Rexeitamento a papeis e excrementos nas rúas

A vila de Neda quere medrar e destacar por ofrecer unha imaxe limpa e coidada, un obxectivo que levou ao

goberno municipal a incrementar tanto o número contedores como o de papeleiras. Aínda que é certo que medidas como estas axudan, tampouco o é menos que de nada valen os recursos de non existir a colaboración por parte da veciñanza. Este razoamento foi o que levou aos responsables municipais a realizar unha campaña informativa, de carácter amable, para recordarlles aos veciños e visitantes leccións tan básicas de cidadanía como poden ser recoller os excrementos de animais e as cabichas dos cigarros en espazos públicos e non tirar papeis e demais obxectos en beirarrúas ou xardíns, entre outros lugares.

A iniciativa consiste na distribución dun total de 1.000 pegatinas de tamaño mediano nas que un can advirte que deixar os excrementos na rúa é un xesto que avergoña aos donos dos animais. “Axúdame

a manter limpa a rúa” é a mensaxe recollida na segunda das pegatinas, nas que unha papeleira, das máis de cen colocadas nos últimos meses polo Concello, anima aos veciños a facer uso dela. A resposta da veciñanza está a ser moi positiva, o que leva aos responsables municipais a estudar a compra dunha segunda remesa deste tipo de mobiliario urbano.

O Concello gusta de poñer todos os medios que ten ao seu alcance para facer aínda máis bonita a vila de Neda pero tamén demanda, a base de imaxes e mensaxes directos, a colabración dos veciños para que, entre todos, facer que sexa así.

O aparcamento da Fervenza xa está operativo

Máis contedores para o cartón, plástico e latas

O Concello de Neda foi quen de poñer orden para evitar os atrancos de tráfico

que se estaban a producir no camiño de acceso á Fervenza. A solución pasou pola construción dun aparcadoiro disuasorio nas inmediacións do pazo de Isabel II. A obra, cuxo investimento non superou os 6.000 euros, rematou hai uns días e puido levarse a cabo grazas á cesión gratuíta de chan por parte de Cecilia Rico e Hildegart Galego, un xesto que no seu día o equipo de goberno quixo agradecer expresamente e de maneira pública. O acordo estará vixente durante 25 anos. Agora o executivo local tamén está a valorar a posibilidade de limitar, durante as fins de semana, festivos e pontes vocacionais, a circulación polo camiño unicamente a residentes e persoas con problemas de mobilidade, de tal maneira que a maioría da xente tería que deixar o coche na área de estacionamento e cubrir a pé unha distancia que pode ser de quilómetro e medio. A zona habilitada é de 1.500 metros cadrados.

O Concello de Neda inviste unha axuda de Medio Ambiente na compra de

contedores de cor azul -para papel e cartón- e amarelo -envases de plástico, latas e tetra brik-, para incrementar os recursos existentes. O importe da subvención ascende a 6.500 euros. As previsións do equipo de goberno pasan por destinar uns 3.800 euros á compra de novos colectores de papel e cos 2.700 restantes adquirir aos de cor amarelo. A día de hoxe, no conxunto do termo municipal existen un total de 480 colectores de lixo, dos que 380 unidades son as destinadas á recollida de refugallos orgánicos, os verdes. Dos amarelos existen uns 70 e dos azuis, 30.

Un total de 1.000 pegatinas estanse a distribuír por todo o termo municipal

O Concello incrementa o número de papeleiras e pide a colaboración da veciñanza cunha campaña informativa

Page 5: NEDA NO CAMINO N · máximo de dúas cancións e cunha duración que non poderá superar os oito minutos. O festival será presentado por Dani Ríos. A festa infantil e a queima do

Boletín informativo doConcello de NedaNEDA NO CAMINO

5

A Xunta de Galicia vén de publicar importantes reformas da Lei de Montes que infl úen nos propietarios,

ao tratarse fundamentalmente de novas obrigas acompañadas de fortes sancións. Estas reformas foron publicadas o día 28 de decembro, aproveitando a Lei de Orzamentos para o ano 2018. Trátase dun procedemento habitual no caso de existir a necesidade de publicar unha lei para incluír reformas de menor calado; mais ese non foi o caso, segundo os sectores afectados, que consideran que non foron pequenas reformas, senón importantes disposicións que a Xunta acometeu sen consultar ás organizacións sectoriais.

Entre os preceptos máis importantes, destacan os que teñen que ver coa xestión da matogueira ou biomasa nas parcelas forestais, as que afectan ás separacións que deben respectar as plantacións e tamén aos piñeiros e eucaliptos en terras agrarias. No que atinxe ás distancias, amplíanse con respecto ás casas e naves, e volven a ser 50 metros e non os trinta obrigados ata agora. De non axustarse á reforma aprobada, o procedemento establece primeiro unha comunicación aos propietarios infractores e despois un prazo de tres meses para retranquear o arboredo. No caso de non se facer, a administración autonómica actuará de ofi cio, o que para o dono implicará asumir os custos da intervención, recibir a correspondente sanción e ata ver poxada a madeira da súa propiedade.

A lei tamén recolle que a Consellería vai ser moi rigorosa con respecto ao retranqueo do arborado nas inmediacións de estradas e vías de comunicación. Está moi recente

na memoria o acontecido o pasado verán en Portugal, con máis de cen persoas mortas atrapadas nas vías de circulación. O procedemento será o mesmo que na situación anterior, aviso ao propietario, execución subsidiaria, multa e poxa da madeira. Estas disposicións tamén se seguirán nas terras agrarias.

Por último a Xunta de Galicia resérvase o dereito de cobrarlle as tarefas de extinción no caso de lume forestal, aos donos daquelas parcelas que estean incluídas nas “redes de xestión de biomasa” e cuxos propietarios non as tiveran debidamente limpas. Isto pódese aplicar en terreos de concentración parcelaria, abandonados e sen limpar se lles entra o lume. Unha hora de avión custa

uns 6.000 euros. Estas medias están a ser moi criticadas por parte de propietarios e organizacións sectoriais, por considerar que, antes de sancionar, a Xunta de Galicia debería de poñer en marcha outro tipo de medidas en positivo que axuden a ter o monte en produción e os terreos limpos para evitar posibles incendios forestais.

Segundo algúns expertos consultados, o problema dos lumes non se vai amañar criminalizando aos propietarios e metendo sancións a xente maior que nin ten xa saúde para manter o monte limpo, nin vai dedicar a iso a pensión. Estes mesmos especialistas consideran que o problema quedaría resolto buscando formas para facer que o monte sexa produtivo.

A Xunta muda moitos aspectos da Lei de Montes

As distancias e o tipo de plantación son algúns dos aspectos recollidos nesta nova normativa

O Concello de Neda está a ocupar o cuarto posto na lista dos 82 municipios da provincia con menos de 20.000 habitantes que participan no Programa de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2018, unha iniciativa da Deputación que proporciona asistencia económica ás entidades locais para a execución das súas competencias en materia de prestacións sociais. As contías a percibir polos concellos establécense en función das horas realizadas en anos anteriores.

Así, cara ao presente exercicio e tendo como referencias as 9.969 horas de libre concorrencia prestadas polos Servizos Sociais durante 2016, Neda recibirá unha achega económica de case 120.000 euros, unha cantidade moi superior aos 17.000 euros que xestionou durante 2017. O goberno valora moi signifi cativamente esta colaboración por canto tamén representa compartir o gasto derivado das especiais características demográfi cas dun municipio no que 1.500 dos seus veciños teñen máis de 65 anos.

Neda multiplica por sete a axuda para Servizos Sociais

Page 6: NEDA NO CAMINO N · máximo de dúas cancións e cunha duración que non poderá superar os oito minutos. O festival será presentado por Dani Ríos. A festa infantil e a queima do

Boletín informativo doConcello de Neda NEDA NO CAMINO

6

Neda recorda a Revolta Popular do ano 1918

O Concello de Neda, a través da concellería de Cultura, colabora coa Asociación Revolta Popular

na organización de actos de lembranza e homenaxe ás mulleres que en marzo de 1918 foron quen de loitar polos seus dereitos como clase traballadora.

Este municipio e moi especialmente a fábrica de tecidos de Xuvia, estivo no epicentro dunha protesta que xurde pola falta de subministracións e a subida de prezos. Un total de nove persoas mortas -dous en Ferrol e outras sete en Sedes, ademais de ducias de feridas e procesadas- foi o balance dunha mobilización que, como un rastro de pólvora, espallouse pola comarca e levou as mulleres a controlar estradas e asaltar comercios.Estes feitos, dos que axiña se cumprirán cen

anos, retornarán á actualidade o día 24 de xaneiro cunha charla a cargo de Laura Tato -profesora da Universidade da Coruña- e de Ánxel Ria -membro da Comisión Revolta Popular de Marzo de 1918. A Casa das Palmeiras acollerá un encontro que dará comezo a partir das oito da tarde.

Esta primeira actividade terá continuidade o domingo 28 coa celebración dunha ruta guiada. O programa inclúe a colocación dunha placa no monumento das panadeiras (11.00 horas), a chegada das participantes á Casa das Palmeiras (12.00 horas) e un concerto a cargo de Sofía Espiñeiro, que dará comezo ás 12.30 horas e que terá lugar nese mesmo emprazamento. Tamén está prevista a construción dun mural, do que será autor Leandro Lama, no peche exterior do IES.

N eda acollerá o día 17 de febreiro unha nova edición da Xuntan-za de Palilleiras, unha iniciativa que desde hai 14 anos organi-

za a Asociación de Palilleiras Filigrana. A convocatoria, que o ano pasado reuniu a 480 persoas, dará lugar á exposición dos traballos feitos polas participantes pero tamén á venda de artesanía por par-te de empresarios chegados de Tarragona, Torrelavega, Ponferrada e Ourense, entre outros lugares. É a oportunidade de descubrir outros posibles uso do encaixe e outros materiais e tecidos menos

habituais. O programa, que se desenvolverá no pavillón, arranca-rá ás 10.30 horas coa apertura das instalacións aos visitantes. As participantes no encontro traballarán cara ao público ata as 13.30 horas e farán un descanso. O encontro continuará ás catro da tarde e sobre ás seis terá lugar a entrega de diplomas e o sorteo de agasa-llos entre os asistentes. Filigrana ten máis de 250 socios e Ángeles Rodríguez é a presidenta.dunha entidade que loita por conservar a tradición do encaixe entre as novas e cara ás futuras xeneracións.

A 14ª Xuntanza de Palilleiras será o día 17 no pavillón municipal

A afección ao teatro está a medrar no municipio de Neda como o poñen de

manifesto os datos relativos á tempada que pechou hai uns días.

Case 850 persoas asistiron ás once funcións programadas polo Concello dentro dos ciclos “Teatro en Familia” -celébrase de setembro ao outubro e está orientado ao público infantil- e “Tempo para o Teatro”- para adultos, de no-vembro a decembro-. A asistencia media, por conseguinte, aproximouse aos 78 espectadores por sesión, un resultado que, segundo os res-ponsables Cultura, pode ser mellorable pero é bo para un municipio que ten algo máis de 5.000 habitantes e no que vive moita xente maior. O compromiso do equipo de goberno pasa por seguir apostando por unha progra-mación variada e de calidade coa fin de incre-mentar o interese dos veciños pola cultura en calquera das súas vertentes.

Unha demostración desa vontade foi a posta en funcionamento, ao comezo do curso ecolar, da primeira escola municipal de teatro, á que a día de hoxe están asistir con regularidade un total de 24 persoas, das que máis da metade son nenos. Esta é, segundo os responsables municipais, unha boa maneira de fomentar a cultura e de crear afección polo mundo da escena en aqueles que, dentro duns anos, poderían gustar de asistir con asiduidade a este tipo de espectáculos ou mesmo elixir ser actores ou actrices. As funcións de teatro representadas durante o ano 2017 polas compañías Elefante Elegante, Teatro dos Ghazafelhos e Teatro da Semente foron as que encheron de público o auditorio da Casa da Cultura, cuxa capacidade é dunhas 120 persoas.

O teatro atraeu a case 850

espectadores

Page 7: NEDA NO CAMINO N · máximo de dúas cancións e cunha duración que non poderá superar os oito minutos. O festival será presentado por Dani Ríos. A festa infantil e a queima do

Boletín informativo doConcello de NedaNEDA NO CAMINO

7

O goberno de Neda rebaixará este ano un 10% a factura eléctrica, que agora ascende a uns 180.000

euros/ano. Así o garante o convenio que o Concello ten asinado desde o pasado mes de novembro coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación, para contar co asesoramento dos mellores expertos en materia de aforro e eficiencia enerxética.

O pazo de Mariñán acolleu a celebración dun acto que contou coa presenza do presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e do alcalde da localidade, Ángel Alvariño Saavedra.

Esta colaboración, que suporá un gasto de 2.700 euros anuais (IVE incluído), dará lugar a un primeiro recoñecemento, por parte dos técnicos da FAEPAC, da situación de Neda en cuanto aos consumos e instalacións municipais para, a continuación, deseñar e levar á práctica un plan personalizado de mellora da eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables.

O compromiso da axencia provincial tamén pasa por prestar asesoramento técnico en todas as actuacións que leve a cabo o Concello de Neda en materia enerxética. Neste sentido, realizarase un seguimento e control do consumo de electricidade, auga quente e calefaccións dos servizos públicos e manterase ao día ao Concello dos cambios e modificacións lexislativas e tarifarias, convocatorias de axudas públicas ou novos materiais, produtos, sistemas e servizos susceptibles de ser implantados nas instalacións municipais.

O gasto de electricidade é o segundo de maior contía ao que teñen que facer fronte os Concellos, despois do de persoal.

O presidente provincial, Valentín Gónzález, e o alcalde, Ángel Alvariño, asinaron o acordo

O Concello contará co asesoramento técnico da Fundación Axencia Enerxética provincial para mellorar a eficiencia e os consumos

Neda participa no Artabria Emprega IV

A veciñanza recordou a Don Paco da Merced

O Concello de Neda fomenta o emprego entre os colectivos de personas con dis-

capacidade, en risco de exclusión social, mu-lleres vítimas de violencia de xénero e me-nores de trinta anos con baixa cualificación profesional tomando parte no programa Artabria Emprega IV, xunto cos de Cabanas, Fene, Mugardos, Pontedeume e Ares.

Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia na que tomarán parte un total de 85 per-soas, a maioria delas menores. A selección dos participantes corre a cargo do Servizo Público de Emprego de Galicia. O programa, cuxa duración total é de 330 horas, desen-volverase a través dunha primeira fase for-mativa e outra segunda que consistirá nun curso de actividades auxiliares en viveiros e xardíns. O investimento total supera os 230.000 euros.

Haí poucos días que aínda se podían ver as flores que o Concello, no nome de to-

dos os veciños, puxo ao pe da estatua dedi-cada a Don Paco da Merced, tamén coñecido como “o médico dos pobres”. A homenaxe tivo lugar o 30 de novembro e reuniu ao un importante número de persoas que, 40 anos despois do seu pasamento, conservan na súa

memoria e corazón o labor social e profesio-nal dun home xeneroso e comprometido cos seus veciños e tamén coa causa republica-na. Falaron no acto o alcalde de Neda e máis a concelleira de Cultura, Ángel Alvariño e Cristina Bouza, respectivamente; o poeta Xoán García e o historiador e escritor Ber-nardo Maiz.

O Concello aforrará 18.000 euros na luz

Page 8: NEDA NO CAMINO N · máximo de dúas cancións e cunha duración que non poderá superar os oito minutos. O festival será presentado por Dani Ríos. A festa infantil e a queima do

Que todo o mundo goce da música e das nosas cancións”. Estas son as motivacións que aínda hoxe e despois de máis de medio

século de existencia moven á coral Lucero del Alba, una formación de moi longa traxectoria e pioneira na comarca nalgúns aspectos. O primeiro e fundamental, o da incorporación das voces femininas, un logro non exento de compromiso e de loita por parte das propias mulleres e dos responsables dunha coral que debutou como tal no ano 1966. Pilar e Esther foron quen de reivindicar o seu papel dentro da música coral e continúan a formar parte, con outras voces femininas, dunha agrupación con máis de 25 actuacións ao longo do ano e que, desde hai pouco, tamén está gobernada por outra muller.

Ángeles Díaz Castro preside desde o pasado mes de outubro a xunta directiva, da que tamén forman parte Mariluz Paredes (vicepresidenta), Manuel Lema (tesoureiro), Antonio Ríos (secretario) e María del Carmen Ponce Casteleiro e Paca Seijo, estas últimas como vogais.

Pero ademais de Pilar e Esther e dos seis directivos, hai 35 membros máis -a coral está integrada por 43 persoas entre 19 voces femininas, 12 masculinas e os 12 instrumentistas- aos que tamén une o seu amor pola música, o seu compromiso de difundila e o seu interese por conservar manifestacións populares baixo os recoñecidos compases binarios das

habaneras, o ritmo lento dos boleros, os xiros dos valses, a dozura da canción galega e a solemnidade dos cantos relixiosos. Estas composicións son a parte fundamental dun repertorio onde o acompañamento musical o poñen as guitarras, mandolinas, baixos e pandeiretas, entre outros moitos instrumentos.

A harmonía das voces e a melodía da música deben formar unha combinacion perfecta, un apartado cuxa competencia corresponde a Juan Carlos Martínez Donbriz, director de Lucero del Alba.

A presidenta, Ángeles Díaz Castro, sitúa a orixe da agrupación nun grupo de rapaces aos que lles gustaba cantar e tocar polas rúas da vila de Neda. Mais non sería ata 1965 e da man de Julio Rey López cando naceu a coral máis antiga das da comarca. Só nove anos máis tarde, en 1974, a formación incorpora as primeiras voces femininas, unha innovación non exenta de polémica pero que posteriormente ía ser imitada polo resto de agrupacións daquela época. Agora as mulleres -das que 10 son sopranos, incluída a propia presidenta- son maioría

dentro dunha formación que recibe a axuda económica das administracións, incluída a local, para manter e seguir apostando pola música como parte dun patrimonio inmaterial pero tamén moi necesario para afondar no coñecemento da cultura máis próxima.

Este compromiso tradúcese, ademais, na organización, desde hai máis de 20 anos, do Festival de la Canción Marinera. Esta actividade, xunto á participación da coral nas celebracións das Pepitas (Ferrol, Ares e Mugardos), no concerto de Nadal, no festival de Habaneras da Coruña e tamén noutras moitas actuacións que teñen lugar en Galicia, Asturias e León, sitúan a Neda nunha posición privilexiada dentro do panorama da música coral da zona norte peninsular.

Este labor, ademais das razóns artísticas, é un dos motivos polos que a veciñanza recoñece ter unha especial debilidade por unha coral que levanta pasións alí por donde vai. Así o recoñece a propia presidenta da agrupación cando asegura que “eu, por Lucero del Alba, morro”.

A Real VilaLucero del Alba, a primeira coral que tivo voces femininas

Concellode Neda

Enderezo:

Av. Algeciras, 34. Neda (A Coruña)Telf.: 981 380 [email protected] www.neda.es

Maquetación e contidos:

Pingota Comunicaciónwww.pingota.com

Imprime:

Concello de Neda

“Eu pola coral Lucero del Alba morro” confesa a primeira presidenta dunha agrupación con más de medio século de historia