12
Curso de vela en Sanxenxo F. Vodafone e COGAMI únense para mellorar a inserción laboral O Boletín Nº 20 / marzo 2013 Edición trimestral COGAMI inicia un novo proxecto para realizar actividades de orientación laboral e asesoramento empresarial na contratación de persoas con discapacidade en Galicia, a través dun convenio asinado en Madrid coa Fundación Vodafone España. O proxecto consta dunha aplicación web accesible que ofrece un servizo de intermediación laboral en tempo real e no momento que xurda a necesidade, tanto a través dun ordenador como dunha Tablet ou Smartphone. Actualmente en fase de deseño, a aplicación ofreceralle ás persoas con discapacidade servizos como ofertas de emprego, cursos, contacto co orientador/a laboral a través dun chat ou videoconferencia, ademais da posibilidade de realizar consultas sobre temática laboral e a dispoñibilidade para elaborar curriculums, entrevistas de traballo ou cartas de presentación. Outra particularidade da ferramenta é que serve para que o tecido empresarial poida enviar ofertas de emprego, consultar información actualizada sobre contratos subvencionados, a posibilidade de solicitar información á carta e o poder contactar cun orientador/a laboral vía chat ou videoconferencia. Ademais deste proxecto, COGAMI e a Fundación Vodafone España colaboran dende hai sete anos no programa integrado destinado a persoas con difícil inserción. www.cogami.es Convenio coa Consellería de Educación Inician os cursos de FP Entrevistamos ao Conselleiro de Economía e Industria Neste número: Persoas usuarias do centro de recursos de Mos e da entidade Avanzar de Cuntis participaron nunha escola de vela que lles impartiu o Real Club Náutico de Sanxenxo en colaboración coa Fundación Mapfre. Con este tipo de cursos náuticos preténdese achegar a actividade de vela ás persoas con discapacidade, tanto para que tomen contacto coa actividade mariña como tamén, para poder refrescar coñecementos adquiridos aquelas persoas que participaron en anteriores bautismos. Anxo Queiruga saúda ao Director Xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno

O Boletín 20

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista trimestral que facemos en COGAMI e na que damos conta das novas tanto propias como das entidades como do grupo de empresas

Citation preview

Page 1: O Boletín 20

Curso de vela en Sanxenxo

F. Vodafone e COGAMI únense para mellorar a inserción laboral

O BoletínNº 20 / marzo 2013Edición trimestral

COGAMI inicia un novo proxecto para realizar actividades de orientación laboral e asesoramento empresarial na contratación de persoas con discapacidade en Galicia, a través dun convenio asinado en Madrid coa Fundación Vodafone España. O proxecto consta dunha aplicación web accesible que ofrece un servizo de intermediación laboral en tempo real e no momento que xurda a necesidade, tanto a través dun ordenador como dunha Tablet ou Smartphone. Actualmente en fase de deseño, a aplicación ofreceralle ás persoas con discapacidade servizos como ofertas de emprego, cursos, contacto co orientador/a laboral a través dun

chat ou videoconferencia, ademais da posibilidade de realizar consultas sobre temática laboral e a dispoñibilidade para elaborar curriculums, entrevistas de traballo ou cartas de presentación.Outra particularidade da ferramenta é que serve para que o tecido empresarial poida enviar ofertas de emprego, consultar información actualizada sobre contratos subvencionados, a posibilidade de solicitar información á carta e o poder contactar cun orientador/a laboral vía chat ou videoconferencia.Ademais deste proxecto, COGAMI e a Fundación Vodafone España colaboran dende hai sete anos no programa integrado destinado a persoas con difícil inserción.

www.cogami.es

Convenio coa Consellería de Educación

Inician os cursos de FP

Entrevistamos ao Conselleiro de Economía e Industria

Neste número:

Persoas usuarias do centro de recursos de Mos e da entidade Avanzar de Cuntis participaron nunha escola de vela que lles impartiu o Real Club Náutico de Sanxenxo en colaboración coa Fundación Mapfre.Con este tipo de cursos náuticos preténdese achegar a actividade de vela ás persoas con discapacidade, tanto para que tomen contacto coa actividade mariña como tamén, para poder refrescar coñecementos adquiridos aquelas persoas que participaron en anteriores bautismos.

Anxo Queiruga saúda ao Director Xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno

Page 2: O Boletín 20

2

NOVAS

COGAMI vén de poñer en marcha a nova programación de cursos de formación profesional que fi nancia a Consellería de Traballo e Benestar – Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de For-mación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).Este ano en total van ser deza-sete as formacións que se van impartir, se ben máis da metade xa iniciaron no mes de febreiro e esta primeira semana de marzo. Dúas destas formacións son a

distancia, unha delas, Xestión administrativa contable, é a que máis tempo ten de duración cun total de 625 horas, ou o que é o mesmo, prolongarase durante seis meses.Ourense, Mos, Santiago, Xove, Cuntis, Boiro, Tomiño, Ferrol e Ponteareas son os concellos nos que xa iniciaron os cursos progra-mados e que teñen unha temática variada como ofi mática básica, xestión de stocks, técnicas admi-nistrativas, caixeiro repoñedor e controlador de accesos.

Un convenio asinado pola Con-sellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e COGAMI vai permitir que o alum-nado de formación profesional poida ter máis oportunidades para empregarse. Isto sería posible a través da realización dun módulo formativo en centros de traballo de COGAMI.Outra das especifi cacións deste convenio está relacionada coa creación dunha liña de bolsas de formación para o alumnado máis sobresaínte e titulado en forma-ción profesional, e que realizara o módulo de FCT nas súas instalacións, cunha duración que oscilará entre 2 meses e 1 ano.Ademais, o acordo entre COGA-

MI e a Consellería de Educación vai permitir que persoal laboral da Confederación poida acollerse ao Plan de recoñecemento da experiencia profesional impulsado pola Xunta. Desta forma, as e os traballadores poderían obter certifi cados de profesionalidade ou a acreditación de unidades de competencia de módulos de FP, a través da avaliación das com-petencias adquiridas durante os seus anos de labor profesional.

Un convenio asinado entre o Presidente de COGAMI e mailo Reitor da Universidade de A Coru-ña vai permitir que o estudantado da Escola de arquitectura técnica poida realizar prácticas académi-cas na área de accesibilidade que ten a Confederación.Con este tipo de actividades de apoio na formación, COGAMI o que pretende é concienciar a futuros deseñadores de espazos habitables que teñan en conta as necesidades das persoas con discapacidade. Formar e apoiar a futuros profesionais para que desenvolvan o seu traballo pen-sando na diversidade.Tras aproximadamente un mes de realización das prácticas, que

van ser titorizadas tanto por un responsable académico como por un profesional da área de calidade, o alumno terá que facer un informe fi nal a través do que vai ser avaliado.Tras unha charla-conferencia que impartiu o coordinador da área de Accesibilidade na facultade, xa hai tres alumnos que se interesa-ron por facer o seu proxecto de fi n de carreira sobre arquitectura sen barreiras.

Edifi cio da Escola de Arquitectura Técnica

COGAMI inicia os cursos de formación profesional para o ano 2013

COGAMI e Educación impulsan o emprego na Formación Profesional

Estudantes de arquitectura técnica poderán facer prácticas en COGAMI

O Pres. de COGAMI asina convenio co Conselleiro de Educación

Alumnado do curso que iniciou en Mos

Page 3: O Boletín 20

COGAMI vén de inaugurar unha ferramenta innovadora e útil que intenta informar ao mundo empresarial das bonifi cacións que existen se deciden optar pola contratación dunha persoa con discapacidade. No enlace http://www.cogami.es/servizos/emprego/empresa/, é posible calcular en menos de 10 segundos, que tipo de bonifi ca-cións á seguridade social existen actualmente pola contratación dunha persoa con discapacidade.O cálculo determínase despois de especifi car o tipo de contrato, o salario base ao que se acolle o convenio en cuestión, o número de pagas, a persoa que se vai contratar e o tipo de empresa.

COGAMI está a apostar este ano pola innovación, co fi n de concienciar e facilitar o acceso ao traballo no colectivo que repre-senta e que este ano sofre unha baixada na contratación laboral dun 16% , producíndose no SIL durante o ano 2012 un total de 2.214 contratos. Pola contra, supérase a marca de orienta-cións laborais incrementando nun 80% as entrevistas realizadas a persoas usuarias do servizo de formación e emprego, sendo este ano 3.758.

Un grupo de 14 persoas usuarias da bolsa de emprego do servi-zo de intermediación laboral de COGAMI en Santiago, todas do programa integrado que fi nancia a Consellería de Traballo, tiveron a oportunidade de realizar un vídeo-curriculum, un formato novidoso para presentar a forma-ción e experiencia laboral nunha empresa.O vídeo-curriculum, que foi gravado pola empresa Vemo tv e subvencionado pola Conselle-ría de Traballo, constou dunha acción de grupo onde se lles ofre-ceu unhas pautas para elaborar un guión no que debían contar a experiencia laboral, a formación, idiomas, algunha faceta persoal

e contacto. Logo procedeuse á gravación e, fi nalmente, houbo unha sesión formativa para poder distribuír o produto fi nal rematado entre as empresas.Estes novos formatos de presen-tacións profesionais permiten a aportación de maior información das persoas candidatas, xa que se pode apreciar como se ex-presan, como son, como actúan, se son aptos para encaixar no proceso de selección aberto nese momento,...Os vídeo-curriculums reali-zados por COGAMI pódense ver na páxina principal da web www.cogami.es.

Tres aulas de alumnado de sexto curso de primaria do colexio com-postelán La Salle asistiron a unha charla de sensibilización que lles impartiu a Traballadora Social de COGAMI, Ángela Labandeira.As charlas desenvólvense a través dunha presentación en power point onde se lles explica aos menores en que consiste a discapacidade, os tipos que hai, que son as lesións medulares e como se convive con elas. Ade-mais, inténtase facelas amenas nas que se permite a participa-ción do alumnado e tamén se lles proxecta un vídeo para que asimilen mellor toda a temática tratada durante a charla.

A fi nalidade destas charlas sobre a discapacidade é a de informar e sensibilizar aos rapaces e rapazas sobre o que é a discapa-cidade. Inténtase que os menores se sensibilicen á hora de ver unha persoa con mobilidade reducida e tamén serven para que corrixan condutas dos maiores, como informar aos pais de que non se pode aparcar en zonas reserva-das para persoas con discapaci-dade.

Unha aplicación web calcula as bonificacións ás contratacións

O SIL facilita a rodaxe dun vídeo curriculum a persoas usuarias do plan integrado

COGAMI sensibiliza sobre a discapacidade no colexio La Salle de Compostela

3

3

O BoletínNº 20/ marzo 2013

Lugar onde se pode ver o simulador na web

Momento durante a charla de sensibilización

Momento de gravación dun vídeo-curriculum

Page 4: O Boletín 20

4

ENTREVISTA

PREGUNTA: Coa que nos está caendo dende o pun-to de vista económico no país e coa repercusión que isto ten na industria, espéranlle catro anos de traballo duro, non cre?RESPOSTA: Atravesamos por unha difícil situación que require o mellor de todos nós. Contamos cunha mellor posición da nosa Comunidade grazas ao traballo desempeñado pola Xunta de Galicia nos últimos anos. Esta Consellería ten feito un labor moi importante para a reactivación dos distintos sectores da economía galega. Grazas a suma de todos os esforzos acadáronse importante avances e fi tos en ámbitos estratéxicos aos que agora lles queremos dar continuidade, como o naval ou a automoción.

P: Que cambios ten pensado facer dende a súa Consellería para que saian, e sobre todo se vexan, os brotes verdes?R: Temos unha meta marcada para esta lexislatura, recuperar o crecemento. Para iso, traballaremos desde o rigor e a planifi cación, tanto económica como industrial, cun punto de partida esencial: contar con todos os axentes implicados. Neste contexto, centrarémonos no fortalecemento das liñas de inter-nacionalización, innovación e emprendemento, e por

suposto, no apoio aos principais sectores da nosa economía: automoción, naval, enerxías renovables ou comercio.

P: A entidade xestora de fondos de capital risco (XESGALICIA), pertencente á súa Consellería, ten participacións no grupo empresarial de COGAMI, Galega de Economía Social S.L. Tras máis de catro anos participando no Consello de Administración do noso grupo empresarial, que opinión lle merece?R: COGAMI realiza un labor extraordinario de dina-mización económica na sociedade galega. A asocia-ción no só achega o acceso ao mercado laboral as persoas con discapacidade, senón que permite a súa formación integral. Así, miles de galegos coa mellor formación posible, encontran emprego cada ano grazas á Confederación. O seu traballo contribúe á xeración de riqueza a través da potenciación de valores humanos, conxu-gando a economía de mercado co papel relevante das persoas.

P: Estamos nunha época de serias difi cultades para a supervivencia do tecido empresarial pero, que opinión lle merece o papel da responsabilidade

Francisco Conde López, Conselleiro de Economía e Industria

Francisco Conde López prometeu o cargo como Conselleiro de Economía e Industria o pasado mes de decembro, coincidindo co día da discapacidade. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid, este monfortino deixa o seu anterior cargo de asesor do Presidente da Xunta que desenvolveu durante case catro anos para pasar a traballar dende o primeiro fronte.

Page 5: O Boletín 20

social empresarial? Debe ser algo a ter en conta polo empresariado ou, pola contra, opina que é algo que nestes momentos non pode ter cabida dentro da estratexia das empresas?R: As iniciativas de responsabilidade social empre-sarial contribúen dun modo fundamental a mellorar a imaxe da empresa e outorgan unha diferenciación positiva. E o que é máis importante, incrementan o compromiso da empresa coa sociedade. É certo que a crise pode supor un freo para o seu desenvolve-mento, pero tamén é unha oportunidade. Son moitas as empresas que están a apoiar aos emprendedores, que impulsan causas sociais. A crise está a sacar o mellor delas, facendo que revertan na sociedade os benefi cios xerados. Desde a Xunta apostamos por impulsar este tipo de proxectos co obxectivo de promover un modelo empresarial máis ético, máis transparente e máis sensibilizado coa contorna.

“COGAMI contribúe á xeración de riqueza a través da potenciación de valores humanos, conxugando a economía de mercado co papel relevante das persoas”

P: Nalgunha ocasión temos escoitado nos discursos do Presidente Feijóo alusións á “economía social de mercado”. Pode ser esta unha vía para que o tecido económico recupere valores esenciais para que a creación de riqueza vaia ligada ao progreso social?R: Non é que poida ser unha vía, é que se trata da única vía posible. A economía social de mercado, ben entendida, baséase na competencia, no coñece-mento, na innovación e no fomento da participación responsable dos cidadáns nas difíciles decisións que teñan que adoptar os Gobernos para saír da crise.Debemos apostar por un novo modelo económico sustentado nun crecemento intelixente, sostible e integrador. Neste sentido, a economía social de mer-cado acerta na súa denominación porque nela danse a man o ámbito social e o de mercado, evitando os excesos deste último. Deste xeito, o emprendemento, a creación de riqueza ou a xeración de emprego che-gan a través de empresas que compiten no mercado, pero que se apoian en valores sociais.

P: As empresas de economía social supoñen unha oportunidade de traballo para o colectivo de persoas con discapacidade. En Galicia hai censados uns 120 centros especiais de emprego, 13 no grupo de COGAMI e que empregan a máis de 500 persoas. Consideramos este un dato positivo ou debemos de facer políticas que repercutan nunha maior igualdade de oportunidades no eido laboral?R: O dato é importante, aínda que sempre se pode facer máis. O Goberno galego colabora cada ano na creación e mantemento de postos de traballo para persoas con discapacidade en centros especiais de emprego. Así mesmo, desde a Consellería de Traballo e Benestar desenvólvense liñas de acción específi cas para acadar a integración laboral das

persoas con discapacidade, sobre o convencemento de que o acceso ao emprego é tamén un elemento decisivo para a súa integración social. Os centros especiais de emprego, deberían ser, en moitos casos un trampolín para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresas ordinarias.

P: As empresas de máis de 250 traballadores/as deben cumprir coa cota que marca a LISMI, ter o 2% do persoal con discapacidade ou acollerse ás medidas alternativas, cumprimento lonxe de ser unha práctica habitual. Podería adoptarse algunha medida para mellorar a situación que contribuiría a un maior acceso das persoas con discapacidade ao emprego?R: Preocúpanos non só que os centros especiais de emprego integren no mercado laboral ás persoas con algún tipo de discapacidade, senón que isto poida ser práctica habitual no tecido empresarial galego. Así, as axudas ás empresas galegas pola contratación indefi nida de traballadores increméntanse en caso de que o contrato se fi rme con traballadores con dis-capacidade. Evidentemente, a Xunta apoia calquera actuación para trasladar a importancia da integración laboral das persoas con discapacidade e o cumpri-mento da cota de reserva nas empresas.

P: Hai uns días, mantivo unha xuntanza co Presidente e Vicepresidente de COGAMI. Como foi coa nosa organización?R: Foi un encontro moi interesante e construtivo que nos permitiu abordar o importante labor desempeñado por COGAMI para mellorar a situación de emprego do colectivo de persoas con discapacidade. Ademais, puiden trasladarlles os parabéns da Consellería pola súa traxectoria e fi losofía de traballo, que ten feito posible establecer unha organización dinámica, pioneira e efi caz.

O BoletínNº 20 / marzo 2013

5

Reunión de COGAMI co Conselleiro de Industria

Page 6: O Boletín 20

Catro concellos da comarca de Ber-gantiños decidiron asinar un convenio de colaboración coa empresa de recollida e reciclaxe de residuos Core-gal que, a partir do 20 de xaneiro, é a encargada de xestionar o punto limpo de Ponteceso.Este punto limpo está mancomunado sendo operativo para os concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Malpica e Laxe. Conta cunha persoa contratada por Coregal encargada de atender este punto que se ocupará da recollida de papel e cartón, ademais dos envases lixeiros do colector amarelo.Durante a sinatura do convenio, estiveron presentes os alcaldes dos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica, acompañados polo Conselleiro Delegado do Galega de Economía Social (grupo empre-sarial COGAMI) e mailos xerentes do grupo e de Coregal.Os residuos recollidos no punto limpo de Ponteceso van ser trasladados ás instalacións que Coregal ten habilita-das en Carballo, lugar onde se fará unha selección e clasifi cación.Outra novidade máis con respecto ao punto limpo está relacionado cun cambio de horario, funcionará de luns a sábado de 10:00 a 13:00 horas, es-tando operativo as tardes dos venres a sábado de 15:00 a 18:00 horas.

Coregal xestiona punto limpo mancomunado na comarca de Bergantiños

6

CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

A Rede Galega de Kioscos amplía o seu ámbito de actuación e abre un punto de venda no hospital do Salnés que se encargará de atender as necesidades tanto dos pacientes, como dos visitantes, familiares e persoal laboral do centro.Como Rede Galega ten operativo Lonxa de Letras (www.lonxadeletras.es), isto permítelle levar a cabo un programa de fomento da lectura pensado para as per-soas que están ingresadas e tamén nos familiares que as acompañan.

Aparte dos libros, ten artigos de prensa diaria e revistas, cargas de telefonía, xo-guetes e agasallos, produtos comestibles como bombóns, lambonadas e snacks O quiosco do hospital do Salnés está operativo para o público de luns a sába-do dende as 8:00h. e tamén pola tarde. Durante os domingos tamén está aberto ao público só de xornada de mañá.Con este, son 38 o número de quioscos operativos e neles traballan 113 persoas, salvo unha, todas con discapacidade.

A empresa de xardinería Dixardín vén de gañar o concurso de mantemento do par-que de Salgueiriños situado en Santiago de Compostela. Durante un ano, con po-sibilidade de ser prorrogable, este centro especial de emprego que forma parte do grupo empresarial de COGAMI (Galega de Economía Social) vai seguir cos traba-llos de conservación e mantemento deste parque que xa leva arranxando dende o ano 2010.Entre os traballos que se van acometer

nesta zona de lecer, están os labores de mantemento do sistema de rego, de sega, poda e arranxo do céspede, ade-mais de labores de reposición de plantas e arbustos, labores de poda e tratamen-tos fi siosanitarios.Actualmente, en Dixardín traballan 26 persoas, 21 delas con discapacidade.

Rede Galega de Kioscos abre punto de venda no hospital do Salnés

Dixardín renova o mantemento do parque de Salgueiriños

Quiosco situado no hospital de O Salnés

Parque de Salgueiriños acondicionado por Dixardín

Momento durante a fi rma do convenio

Page 7: O Boletín 20

7

O centro especial de emprego Artegalia, comercializadora de bolsas de plástico e de papel, está pasando por unha etapa de cambios de diversifi cación da oferta de produtos que distribúe. Dende o ano pasado empezou a comercializar materiais de ofi cina e tamén de equipos de protección individual (EPIS), referidos estes últimos a roupas de traballo.Esta empresa, que está integrada en Galega de Economía Social, ata o ano pasado dedicábase á comercialización de bolsas de plástico e de papel, sendo os seus principais clientes tanto grandes superfi cies comerciais como pequenas empresas galegas. Foi a propia clientela a que lle demandou a Artegalia a necesidade de adquirir outro tipo de produtos, sendo os buzos_ de traballo os máis demandados en equipamentos laborais.

En canto á oferta de ofi cina vai máis alá de materiais básicos de escritura, como son os bolígrafos, lapis ou folios. Teñen dende proxectores de diapositivas ata mobles de ofi cinas con deseños propios das empresas coas que traballan. Ademais, comercializan todo tipo de embalaxes, dende caixas ata cinta adhesiva, precintos, cintas de embalar e un longo etc.

O concurso de xestión de recollida selectiva, transporte e trata-mento de residuos asimilables a urbanos que xera o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela acaba de gañalo a empresa Coregal.Durante os 24 meses que vai ter de duración este contrato, Coregal vai ter que darlle servizo tanto no CHUS como nos Hospitais Gil Casares, o Médico-Cirúrxico e o Psiquiátrico de Conxo.A empresa de xestión integral de residuos vaise encargar de aportar un colector ou compactador ademais da súa retirada e transporte e tamén se ocupará de tratar os residuos recollidos,

que ben poden ser xerados pola actividade sanitaria, como son materiais de curas, xesos, fi ltros, sondas, luvas, etc., ou tamén os residuos que non presentan risco para a saúde, como a recollida de colchóns, material de xardinería, madeira, escom-bros, envases de vidro, entre outros.Coregal actualmente conta con 137 persoas traballadoras, das que o 92% teñen algún tipo de discapacidade.

Artegalia amplía a oferta de produtos que distribúe

O complexo hospitalario de Compostela adxudica a Coregal os residuos que xera

O BoletínNº 20 / marzo 2013

Un dos vehículos que ten Coregal

Page 8: O Boletín 20

8

Trameve tomou a decisión de adaptarse ás novas pautas de marketing que seguen as empresas para ser competitivas ante un mercado cada vez máis resentido pola crise. O primeiro paso dado para a ac-tualización foi o feito de cambiar e modernizar o seu logotipo, a súa marca. Para isto utiliza unha cor coa que sempre se identifi cou, o verde como símbolo da natureza, do medio ambiente, unha identidade que lle é propia a Trameve porque o seu nome é Tratamento Medioambiental de Vehículos e porque así o corrobo-ra tamén unha certifi cación ISO:14001 medioambien-tal conseguida hai tempo.

Actualmente, calquera empresa que queira ser com-petitiva ten que ter unha imaxe e unha mensaxe clara de cara ao consumidor. Por iso, Trameve apostou por renovar a súa imaxe por unha máis fresca e innova-dora, como tamén o é a páxina web que estrearon (www.trameve.es), unha ventá que abre ao exterior expoñendo todos os produtos de recambios que ten en stock, máis de 100 mil pezas almacenadas e listas para a venda e a posterior colocación no vehículo.

A nova web non permite a venda directa on line, pero si se pode acceder á selección que teñen de pezas de todas as marcas existentes no mercado automo-bilístico, comparalas e contactar, ben por correo elec-trónico ou ben por teléfono, co persoal de Trameve quen lles aclarará calquera dúbida que teñan.

Trameve renova imaxe e aposta pola visibilidade nunha nova páxina web

Trece anos despois de abrir, tras formar parte dun proxecto europeo que instruía a persoas con discapacidade física en técnicas de desmonte e descontaminación de vehículos, Trameve decide seguir apostando por estar ao día e continuar operativo moitos anos máis. Polo momento, este centro especial de emprego estrea cambio de imaxe corporativa.

REPORTAXE

Page 9: O Boletín 20

9

Non se pode dicir que esta crise económica lle afecta negativamente ao sector dos despeces de coches. Hoxe en día os propietarios dos vehículos apostan por substituír as pezas que teñan deterioradas por outras que, aínda que non son a estrear, si están en garantía cumprindo a mesma función que as no-vas. En Trameve aprecian un aumento de clientes, rexistran máis vendas, iso si, de importes menores co que implica que, para poder facturar o que ingre-saban en tempos pasados, agora precisan ter máis número de vendas.

Se lle pedimos unha descrición de Trameve ao seu xerente, Luis Penido, este comenta que esta empre-sa é distinta ás alternativas que existen da venda de recambios de coches. Por un lado, un cliente ten a posibilidade de poder acudir a un centro que está operativo dende hai moitos anos, o típico desguace que todos coñecemos e que traballa a prezos moi asequibles pero que non aporta nin factura, nin ga-rantía nin ningún tipo de comprobación. Outra forma de adquirir pezas de reposto de vehículos é acudindo a un taller ofi cial e pagar un prezo non tan asequible pola reparación. Para Penido, Trameve está a medio camiño. Vende recambios con garantía, con posibili-dade de devolución, con factura e sen complicacións.

Outra das características de Trameve, que a toda persoa allea lle chama a atención, é a orde e a limpeza que existe dentro das instalacións nas que almacenan a mercadoría. Ao longo dunha extensión de 13.000 metros cadrados, esténdense estantes que clasifi can todas as pezas á venda por tipoloxía. Todo está no seu sitio, o que lle facilita o traballo ao persoal traballador e, fi nalmente ao cliente, porque as persoas que os atenden son máis resolutivos na súa atención.

O ano pasado estrearon un andar novo na parte superior de 1.500 metros cadrados, unha ampliación imprescindible para poder seguir almacenando os recambios dos 650 vehículos que ten listos para ser despezados, e que lle permiten á clientela de Trameve tanto adquirir unha peza pequena como un parafuso así como unha máis aparatosa e complexa como un motor.

Trameve dedícase dende hai trece anos ao despece ecolóxico de automóbiles fóra de uso por sinistro ou por fi n de vida útil. Iniciou a actividade con 5 traballa-dores, un cadro de persoal que se duplicou conver-téndose actualmente en doce, todas eles con disca-pacidade e que se dedican tanto a traballo de ofi cina, de expedición de facturas, de actualización de stocks, como á atención a clientes e da parte mecánica de despece dos vehículos.

Trameve é unha das nove empresas sociais que forma parte do grupo empresarial que ten COGAMI e que empregan a máis de 500 persoas. Todas estas empresas son centros especiais de emprego que contan con que a maior parte do cadro de persoal, un 90%, son persoas con discapacidade ou incapacida-de laboral recoñecida.

O BoletínNº 20 / marzo 2013

As pezas que ten en stock Trameve están todas colocadas e clasifi cadas por marcas en estantes

Page 10: O Boletín 20

Un grupo formado por 24 persoas da Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (ASPANEMI), a mestade destes pais e a outra fi llos, acoden todos os venres do mes a sesións de aquotera-pia que se imparten en Termaria Casa da auga de A Coruña.

Este programa de natación terapéuti-ca é posible co apoio económico que lle brinda a Deputación de A Coruña á Federación COGAMI-Coruña a través do denominado Progama de promoción da saúde 2012 -2013, que ten como fi nalida-de unha atención especializada para que non se produzan retrocesos no estado da discapacidade dos menores debido á falta de atención.

A aquoterapia desenvólvese a través de actividades monitorizadas nun dos com-plexos de talasoterapia de auga de mar a temperatura do corpo máis destacados de Galicia. Os exercicios e xogos dentro da auga favorecen a relaxación a nivel psicolóxico e muscular, co que tamén se mellora a mobilidade e a autonomía.

Con este tipo de tratamentos coa auga, que van durar ata o mes de maio, pre-téndese que os nenos e nenas poidan relaxarse, mellorar a autoestima, fortale-cer o ton muscular previndo as lesións, mellorar a postura corporal, aumentar a capacidade pulmonar e fortalecer o sistema cardiovascular, entre outras cualidades positivas.

A Casa da Cultura do Concello de Outes resultou escasa para acoller a todas as persoas que tiveron interese en acudir ao festival benéfi co que presentou a Asociación de persoas con discapacida-de da bisbarra de Muros (ADISBISMUR) a favor da propia entidade.

O traballo realizado tanto polas persoas usuarias do centro de recursos Valadares como polos monitoras deron os seus froitos, polo que as preto de 200 persoas congregadas na Casa da Cultura puide-ron gozar das actuacións musicais, de baile, de teatro e de vídeo que tiveron en-saiadas e preparadas para esta ocasión.

A entrada a este festival, que xa é o terceiro ano consecutivo que se realiza e que no mes de decembro se presentou na Casa da Cultura de Outes, custou 5 euros, sendo gratuíta para os nenos e as nenas.

Este tipo de actividades intentan, aparte de entreter tanto a persoas usuarias como profesionais dos centros, xuntar aos familiares e veciñanza co fi n de que se acheguen a pasar un momento de lecer.

Cabe destacar que os fondos que se recadan cando se representan festivais son destinados a subvencionar outras actividades que realizan no centro de recursos de Valadares.

A Asociación A Misela de Noia é unha das 16 entidades que participa no pro-grama de natación terapéutica que se imparte na piscina municipal de Brión e que subvenciona a Confederación e fi nancia a Fundación Iberdrola.

Un total de 15 persoas participaron nas clases de natación terapéutica que se impartiron durante tres meses en dúas sesións ao mes, coa fi nalidade de facer partícipes ás persoas con disca-pacidade de distintos concellos do rural galegos, unhas zonas que sempre con-tan con menos recursos por ser núcleos de poboación dispersos, menos poboa-dos, con difi cultades de comunicación de transporte ou con escasos medios económicos.

O proxecto de natación terapéutica e o de fi sioterapia enmárcanse dentro do programa que COGAMI ten de apoio á mellora da saúde das persoas con discapacidade, tendo como fi nalidade unha atención especializada para que non se produzan retrocesos no estado da discapacidade debido á falta de atención especializada.

Outro dos programas que continúa ata fi nais do mes de febreiro é o de fi siotera-pia, que se imparte nas instalacións de A Misela de luns a venres en horario de 9 a 13 h. e os martes de 16 a 19 h. Nesta actividade participan 22 persoas usuarias da asociación.

Persoas usuarias de Aspanemi acoden a aquoterapia

Adisbismur celebra un festival benéfico en Outes

A Misela finaliza programa de natación terapéutica

10

ASOCIACIÓNS MEMBRO

Participantes da natación terapéuticaActuación do festival de AdisbismurUn neno gozando da aquoterapia

Page 11: O Boletín 20

A Asociación de Mulleres con Discapa-cidade de Galicia (ACADAR) rematou 2012 e iniciou novo ano impartindo un obradoiro de afectividade e autocoñece-mento a persoas con discapacidade dos concellos de Boiro e de Arzúa.

Dirixidos tanto a mulleres como a homes, este tipo de seminarios intentan ser participativos, abertos ao debate, onde se aporta coñecemento e educación en igualdade, intentando desterrar os falsos mitos e crenzas referentes á afectividade entre o colectivo da discapacidade.

Estes obradoiros de afectividade e auto-coñecemento, que fi nancia a Deputación de A Coruña e que imparte a Psicólo-ga e Sexóloga de ACADAR, Hadriana Ordóñez Otero, iniciounos a Federación COGAMI-Coruña o ano pasado co fi n de promover o asociacionismo na provincia a través do desenvolvemento de progra-mas que favorecen a mellora na calidade de vida do colectivo das persoas con discapacidade e tamén das súas familias.

No taller que se impartiu en Boiro par-ticiparon 19 persoas e no de Arzúa 25, todas estas procedentes das asociacións Ámbar e Amarai, ademais do servizo de intermediación laboral (SIL) de COGAMI e de servizos sociais do concello.

A Federación COGAMI-Coruña vén de desenvolver nos primeiros días de marzo o programa de termalismo e rehabilita-ción no hotel balneario de Lobios, en Ourense.

Quince persoas con discapacidade, o nú-mero máximo permitido de participantes, estiveron en réxime de pensión completa durante tres días e dúas noites recibindo tratamentos termais que consisten en técnicas hidroterápicas, exame médico e masaxe parcial, ademais de asistencia a piscinas termais con chorros de hidroma-saxe.

As persoas que formaron parte deste programa, procedentes de concellos como Lugo, Teo, Santiago, Muros, Monterroso, Noia e Ames, só tiveron que abonar a metade da estadía, xa que o resto foi subvencionada pola Deputación de A Coruña.

Con este xa é o sétimo ano consecuti-vo que a Federación COGAMI-Coruña desenvolve este programa de termalis-mo. A fi nalidade principal do mesmo é a rehabilitación, pero tamén cumpre coa función de lecer e respiro familiar, tanto para os propias persoas usuarias como para as súas familias.

Un seminario organizado pola Rede de Técnicos de inserción laboral, entre os que se atopa COGAMI, logrou xuntar na facultade de Humanidades de Lugo a máis de 140 persoas, todas elas intere-sadas en mellorar as súas habilidades á hora de atopar un traballo.

Unha orientadora laboral de COGAMI, Tania Castro, acompañou ao educador, coach e colaborador da Confederación, Iago Santalla, durante o relatorio que este fi xo sobre O ilímite para a empre-gabilidade, unha aposta para mirar as capacidades das persoas.

Esta xornada foi un foro de encontro, discusión e traballo entre entidades do terceiro sector que, en colaboración coa Universidade de Santiago, afonda no coñecemento de estratexias, modelos e formas de actuación para acadar unha maior efi cacia.

Aparte de COGAMI, outras das organi-zacións que tamén interviñeron nestas xornadas é a Área de Orientación e Inserción laboral da USC, a Técnica de Emprego da asociación Down de Ferrol, a Técnica de Woman Emprende da USC, o Centro de Linguas Galegas da USC, a Conselleira de Eures Lugo e o Coordina-dor Provincial da Fundación Secretariado Xitano.

ACADAR imparte obradoiros de afectividade en Boiro e Arzúa

Programa de termalismo e rehabilitación en Lobios

COGAMI-Lugo participa en xornadas de emprego

11

Momento da charla de Iago SantallaUsuaria tomando baño en LobiosObradoiro que se impartiu en Arzúa

O BoletínNº 20 / marzo 2013

Page 12: O Boletín 20

O Concello de Allariz, pizzería Bocalino e José Rey Aneiros, Premios COGAMI 2012Na xornada de Nadal que celebra cada ano COGAMI entregáronse os Premios COGAMI 2012, uns galardóns que intentan agasallar a institucións, empresas e persoas que traballan a favor da inclusión do colectivo das persoas con discapacidade.Os premios constan de tres categorías: Premio á iniciativa institucional, que recoñece o apoio prestado polas entidades públicas e privadas ás persoas con discapacidade, recaendo este ano no Concello de Allariz; o Premio ao labor empresarial entregóuselle á Pizzería Bocalino por ser unha empresa que integra laboralmente a persoas con discapacidade e o Premio “Domingos Dosil” á traxectoria persoal que recoñece o labor individual das persoas que traballan por un mundo máis inclusivo foi para José Rey Aneiros, por participar con COGAMI como voluntario sobre todo no proxecto Gavea.

Nesta ocasión, o xurado dos premios estivo composto Anxo Queiruga como Presidente do xurado e en calidade do Presidente de COGAMI; Mª Dolores Piñeiro Dávila, como persoa usuaria dun dos centros e servizos que oferta a entidade; Manuel Novoa Pérez, como representante das entidades membro de COGAMI que non forman parte da xunta directiva; Carmen Díaz Bacariza, como persoa premiada na anterior edición Premios COGAMI 2010 e Mario Montes Baamonde, como traballador máis antigo do grupo empresarial de COGAMI.

PECHE

www.cogami.es