9
Premios Príncipe de Asturias 2009 Premios Príncipe de Asturias 2009 Hoxe ten lugar en Oviedo a solemne cerimonia de entrega dos Premios Príncipe de Asturias 2009. A finalidade destes premios, creados en 1981, é a promoción dos valores científicos, culturais e humanísticos que son patrimonio universal. Concédense en oito categorías Artes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica, Letras, Deportes e Concordia.

premios principe de Asturias 2009

Embed Size (px)

DESCRIPTION

premios principe de Asturias 2009

Citation preview

Page 1: premios principe de Asturias 2009

Premios Príncipe de Asturias 2009

Premios Príncipe de Asturias 2009 Hoxe ten lugar en Oviedo a solemne cerimonia de entrega dos Premios Príncipe de Asturias 2009. A finalidade destes premios, creados en 1981, é a promoción dos valores científicos, culturais e humanísticos que son patrimonio universal. Concédense en oito categorías Artes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica, Letras, Deportes e Concordia.

Page 2: premios principe de Asturias 2009

Premios Príncipe de Asturias 2009

Artes: Norman Foster Nas fotos de abaixo vense algúns exemplos da súa extensa obra. Non hai que ser un gran experto para comprender por que lle foi concedido este premio Nacido en 1935 en Manchester (Gran Bretaña) no seo dunha familia humilde, Norman Foster iniciou con 21 anos a carreira de Arquitectura, que se custeou desempeñando distintos empregos O xurado cualificou a Foster como “arquitecto da era global" cuxa obra ten un "alcance universal" cun "orixinal dominio do espazo, a luz e a materia". "A súa obra destaca polo compromiso constante cos valores máis nobres da arquitectura, a actitude aberta á innovación, a orientación á calidade en todas as fases do desenvolvemento dun proxecto, o interese por aplicar os avances da tecnoloxía, a dimensión global da súa actividade profesional e a sensibilidade cara aos principios do desenvolvemento sostible"

Page 3: premios principe de Asturias 2009

Premios Príncipe de Asturias 2009

Cooperación internacional: Organización Mundial da Saúde (OMS)

A OMS é sempre un referente en materia de sanidade. Ao longo da súa historia contribuíu á erradicación da viruela; a redución, en máis dun 99 %, dos casos de poliomielitis; a prevención e control de enfermidades infecciosas; a redución da mortalidade infantil; e a identificación e control de brotes epidemiolóxicos a nivel mundial. Con sede en Xenebra (Suíza), a OMS é o organismo de Nacións Unidas responsable de desempeñar unha función de liderado nos asuntos sanitarios mundiais. A OMS entrou en funcionamento o 7 de abril de 1948, data na que se conmemora o Día Mundial da Saúde, e na súa primeira Asemblea Mundial elaborouse a Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE), que se

converteu no patrón internacional para fins clínicos e epidemiolóxicos.

Page 4: premios principe de Asturias 2009

Premios Príncipe de Asturias 2009

Ciencias sociais:

David Attenborough Seguro que algunha vez viches algún documental deste apaixoado naturalista británico, como a serie “la vida a prueba”, emitida por la 2 de TVE, ou tantos outros. David Attenborough naceu en Londres en 1926. Graduouse en Ciencias Naturais na Universidade de Cambridge en 1947 e, tras servir na Armada, en 1952 comezou a traballar na BBC, á que situou na vangarda da produción de documentais e onde desenvolveu gran parte da súa carreira Considerado un dos máis grandes divulgadores científicos do mundo e pioneiro na realización de documentais sobre a natureza e o comportamento animal, o labor do naturalista David Attenborough contribuíu de xeito moi importante ao coñecemento e conservación do noso planeta.

Page 5: premios principe de Asturias 2009

Premios Príncipe de Asturias 2009

Comunicación y humanidades: Universidad Nacional Autónoma De México ¡¡300.000 estudantes e máis de 34.000 profesores e investigadores!! A UNAM foi fundada en 1910 e actualmente é a maior universidade de toda Iberoamérica. Ao longo dos seus case cen anos de historia, converteuse nun centro de referencia, axuntando a calidade e variedade da súa oferta académica e de investigación co seu firme compromiso coa difusión cultural, o humanismo e as novas tecnoloxías. A UNAM conta cun total de 18 facultades e 4 escolas universitarias, ademais de 46 institutos e centros de investigación. Está presente en todos os Estados mexicanos e ten sedes en Gatineau (Canadá) e nas cidades estadounidenses de Chicago, Los Ángeles e San Antonio.

Page 6: premios principe de Asturias 2009

Premios Príncipe de Asturias 2009

Investigación científica e técnica: Raymond Samuel Tomlinson e Martin Cooper

Raymond Samuel Tomlinson é o responsable da @ que vai en todas as direccións de correo electrónico. Naceu en Amsterdam (Nova York) en 1941. Estudou no Instituto Politécnico Rensselaer da súa cidade natal, onde participou nun programa da compañía IBM. Graduouse en Enxeñería Eléctrica en 1963 e continuou a súa formación no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT). En 1971 desenvolveu a primeira aplicación de correo electrónico para enviar mensaxes entre computadores. Elixiu o símbolo da arroba para distinguir os correos locais dos globais na dirección da mensaxe.

¿Tes teléfono móbil? Pois é grazas a este galardoado: Martin Cooper Naceu en Chicago en 1928 e licenciouse en Enxeñería Eléctrica en 1950. Pioneiro na industria da comunicación sen cables, Cooper inventou en 1973 o primeiro teléfono móbil portátil e supervisou ademais os dez anos de traballo que foron necesarios para levar o produto ao mercado.

Page 7: premios principe de Asturias 2009

Premios Príncipe de Asturias 2009

Letras: Ismaíl Kadaré É considerado un dos grandes autores da literatura universal. Naceu en Albania en 1936. Sendo un neno, viviu a Segunda Guerra Mundial, ata a instauración da ditadura comunista en 1944. Aos dezasete anos gañou un premio de poesía en Tirana Vivíu en Moscova, onde escribiu O xeneral do exército morto, que alcanzou un enorme éxito en Francia. Grazas a esta novela, obtivo unha especie de inmunidade no seu país, como representante do orgullo nacional. En 1990, uns meses antes da caida da ditadura, exiliouse en París, cidade na que reside desde entón, aínda que visita frecuentemente Albania.

Page 8: premios principe de Asturias 2009

Premios Príncipe de Asturias 2009

Deportes: Yelena Isinbayeva

Conta con ¡27 récords mundiais!, o último, o pasado mes de agosto en Zúric, onde deixou o listón da súa especialidade, o salto con pértega en 5,06m (prácticamente a altura du 2º andar) converténdose na única muller que superou os cinco metros de altura

Page 9: premios principe de Asturias 2009

Premios Príncipe de Asturias 2009

Concordia: A cidade de Berlín, no XX aniversario da caída do Muro

O Muro de Berlín foi durante décadas a representación mundial da Guerra Fría. A revolución pacífica que conduciu o 9 de novembro de 1989 á caída do Muro e posteriormente á reunificación de Alemaña, cativou desde entón a millóns de persoas en todo o mundo, contribuíndo en gran medida ao restablecemento do equilibrio entre Oriente e Occidente. A cidade de Berlín, dividida tras as Segunda Guerra Mundial en catro sectores baixo o control dos aliados e da Unión Soviética, converteuse en sede permanente do enfrontamento ideolóxico entre o Leste e o Oeste En 1989 comezaron as primeiras manifestacións que reclamaban reformas políticas. No outono eran xa miles os cidadáns que de forma

pacífica manifestábanse os luns, reivindicando democracia e liberdade. O 9 de novembro, ante a presión insistente da poboación, especialmente tras as manifestacións de Leipzig e Berlín, o Goberno da RDA promulgou un plan que autorizaba pases libres para viaxes de visita. Miles de cidadáns apiñáronse ao longo do día nos pasos fronteirizos esixindo a súa apertura. O Muro caeu esa noite e supuxo o comezo do fin dos réximes comunistas en Europa Oriental.