42
ESPACIOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE ARZÚA PRAZA DO MERCADO E FERVENZA DAS HORTAS Nesta web presentamos o noso proxecto sobre os espacios públicos de Arzúa. O traballo ten por obxetivo mostrar a situación actual de dous deles: A Praza do Mercado e A Fervenza de Hortas, e suxerir as posibles melloras técnicas dos mesmos. Así o traballo queda dividido craramente en dous partes: A Praza do Mercado que supón un reto de organización e deseño dun espazo urbán, con planificación do rego, iluminación, mobiliario urbán, acceso a discapacitados, sanidade vexetal, etc. E a Fervenza das Hortas , un espazo natural onde resulta prioritaria a conservación. Mª del Pilar Vázquez Besteiro Silvia Fernández Padilla

PROXECTO INTEGRADO 2009/2010

Embed Size (px)

DESCRIPTION

PROXECTO INTEGRADO DO C.S. DE XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS E PAISAXÍSTICOS. AUTORAS: SILVIA FERNÁNDEZ PADILLA E MªDEL PILAR VÁZQUEZ BESTEIRO

Citation preview

ESPACIOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE ARZÚA PRAZA DO MERCADO E FERVENZA DAS HORTAS Nesta web presentamos o noso proxecto sobre os espacios públicos de Arzúa. O traballo ten por obxetivo mostrar a situación actual de dous deles: A Praza do Mercado e A Fervenza de Hortas, e suxerir as posibles melloras técnicas dos mesmos. Así o traballo queda dividido craramente en dous partes: A Praza do Mercado que supón un reto de organización e deseño dun espazo urbán, con planificación do rego, iluminación, mobiliario urbán, acceso a discapacitados, sanidade vexetal, etc. E a Fervenza das Hortas, un espazo natural onde resulta prioritaria a conservación.

Mª del Pilar Vázquez Besteiro Silvia Fernández Padilla

O Concello de Arzúa e o seu entorno. O Concello de Arzúa atópase ao sur da e 6633 habitantes, segundo o provincia da Coruña. Ten unha superficie de 158 km censo de 2001, e a meirande parte desta poboación vive no rural. A capital municipal é a vila de Arzúa. Está situada a 39 km de Santiago de Compostela seguindo a estrada N-547, que atravesa a vila, e a 63 km de Lugo. Esta estrada segue o trazado do Camiño de Santiago que cruza o concello de leste a oeste: Arzúa é a derradeira parada do Camiño Francés antes de chegar a Santiago. Este feito foi decisivo para o desenvolvemento do concello e tradúcese nunha proveitosa e larga relación ca Ruta Xacobea. Quizás o mais visible desta relación é a gran cantidade de patrimonio relixioso, con multitude de capelas e igrexas, e a riqueza en construccións típicas da zona, casas señoriais e edificios destinados a pousada de peregrinos.

Fervenza das Hortas

A fervenza de Hortas, é un enclave natural do concello de Arzúa situado a 10km desta poboación na aldea de As Hortas, parroquia de Dombodán. É un salto de auga, con unha caida de aproximadamente 30 metros, dun pequeno afluente do río Ulla: o regato do Saímes. Trátase de un dos límites naturais entre o concello de Arzúa e concello de Touro. Destaca pola súa riqueza natural e ecolóxica, xa que mantén un bosque de ribeira ben conservado, e por riba de todo pola súa gran beleza. Subpáginas (2): Situación actual Situación futura

Situación actual CÓMO CHEGAR

Partimos de Arzúa pola estrada AC-905 dirección Vila de Cruces, 9 km despois á altura de Dombodán hai un desvío á dereita, tomámolo e seguimos (AC-601) sen desviarnos aproximadamente 2 km ata chegar a un aserradoiro, aquí xiramos á esquerda tomando a estrada CP-0605 (dirección San Xusto).

Pouco despois, medio kilómetro aproximadamente, encontramos o lugar de As Hortas, xiramos nunha pequena desviación entre as casas á dereita e alí, escondida a uns metros do cruce, atopamos a primeira indicación á fervenza. Seguimos polo carreiro ata atopar un pequeno prado á esquerda da última casa. Unha vez neste punto podemos tomar o camiño de baixada á fervenza o ven continuar polo carreiro uns 200m maís e atoparemos o Muiño do Regueiro, e un pouco mais a diante, xusto por riba do salto de auga, o Muiño do Agra.

Se decidimos baixar é momento de deixar o coche para dar un paseo tranquilo. O camiño lévanos zigzagueando pola ladeira do Monte do Muíño (debe seu nome ó Muíño da Agra) e nos ofrece unha magnífica paisaxe do val, ó lonxe podemos intuír o curso do río Ulla. Pouco a pouco entre tódolos sons comeza a destacar o murmullo da auga ata que podemos oír claramente o seu continuo e escandaloso caer.

Nunha volta do camiño atopamos un banco de pedra que marca a desviación cara ó profundo dunha vagoada. Baixamos unhas escaleiras de pedra que nos deixan nun camiño húmido e verde entre as árbores e continuamos avanzando ca ladeira á dereita e o río abaixo á esquerda. Xa podemos ver parte da fervenza e pódese sentir como cambia o aire, un novo olor ou sabor... frío, fresco, vello.

Chegamos ó muíño e o rodeamos subindo unhas escaleiras de pedra, a partir de aquí o camiño é pura improvisación ca fervenza enfronte absorbendo toda á atención. Unha vez pasados os canais do muíño pisando lousas convertidas en pequenas pontes chegamos ó noso destino, so queda xirar e xirar sobre nós mesmos e deleitarnos con tanta beleza.

DESCRICIÓN A auga cae dividida en dous saltos por unha parede negra practicamente vertical chea pequenas plantas acuáticas, fentos e raíces das árbores próximas. Xusto en baixo hai unha pequena poza que recolle o auga que despois seguirá o curso do río ou tomará a desviación que a leva ás canalizacións dun vello muíño abandonado. Trátase dunha atmosfera moi húmida e fría, as escarpadas ladeiras do val actúan como murallas protectoras do lugar e levan ás árbores o mais preto posible da auga. O curso do regato continúa entre rochas que o levan e traen entre remuíños, saltos e voltas, mentras que na marxe esquerda os canais de pedra seguen levando a auga, mais tranquila, ata o pequeno muíño. Un pouco mais abaixo entre árbores e pedras pódese distinguir os restos dunha vella ponte. A maxia do lugar

aínda é maior gracias ó silencio que reina neste pequeno paraíso, tanto que o son da auga pode resultar enxordecedor.

Situación futura As actuacións neste espacio natural deben ir encamiñadas a súa protección, conservación e promoción. A sua importancia ecolóxica é inmensa e ofrece ó visitante un exemplo de bosque de ribeira ben conservado, cheo de flora e fauna autóctona. Por outra banda nas cercanías podemos atopar algunhas mostras da arquitectura da zona, como os muiños, lavadeiros, igrexas, pontes e hórreos. 1.- A IMPORTANCIA DO BOSQUE DE RIBEIRA:

Ós bosques de ribeira cumpren unha gran función ecolóxica; sustentan unha gran biodiversidade, actúan como corredores ecolóxicos, é dicir, vías utilizadas pola natureza para desprazarse, ofrecen refuxio a moitas especies animais, actúan como contralume natural, evitan a perda de solo se o monte arde mais arriba e son unha fonte de sementes para a recuperación natural das ladeiras tras o lume. Estas son só algunhas das razóns polas que resulta de vital importancia a súa conservación e protección. As especies vexetais autóctonas que poblan estes bosques son as que lle aportan estas magnificas características, as mais comúns e importantes son:

- Salix atrocinerea: Salgueiro

- Alnus glutinosa: Amieiro

- Corylius avellana: Avellano

- Betula celtiberica: Bidueiro

- Quercus robur: Carballo

Debemos evitar que estes bosques autóctonos sexan dominados por especies invasoras como as acacias, os eucaliptos ou os piñeiros, xa que reducen o valor ecolóxico dos regatos e fan os montes mais vulnerables ante o lume. O bosque de ribeira e o lume:

As masa de vexetación de ribeira e as carballeiras resisten mellor o lume. Cando arden o fan con lume baixo, de menor temperatura, o que permite unha actuación mais facil e menor perigo. Tralo lume teñen unha recuperación mais rápida e sofren menos erosión aparente.

2.- VALORES CULTURALES: PATRIMONIO HISTÓRICO

MUÍÑO DO REGUEIRO

Ten un único inferno, e era traballado por pezas (os veciños/as tiñan horas nel). Pertencía a dúas aldeas: Hortas e Trasbar. Ten tellado a unha auga de lousas, estrutura de laxas de pedra caliza e dous pousadoiros, para apoiar os sacos de fariña, na fachada. Está abandonado, con estrutura e tellado en bo estado de conservación. Conserva o pé, a moa e a doela do mecanismo interior. Sen embargo, non conserva o rodicio nin o resto do mecanismo exterior.

FONTE E LAVADOIRO DAS HORTAS

Fonte, con lavadoiro asociado, á que se baixa por un camiño de terra. É unha fonte de dous canos, dos que a auga cae sobre unha pía cadrada de pedra. O lavadoiro é máis actual, cun pío cadrado e lousas de lavado polos catro lados de pedra recuberta de cemento. O conxunto ten cuberta a unha auga de fibrocemento ondulado, sobre estrutura de bloques; está aberta polos seus catro lados. Foi reformada en 1998, ano en que se engadiron o muro e a pía da fonte. Ten unha placa de mármore -que está partida ao lado da fonte- onde se pode ler: "1998 CONCELLO DE ARZÚA"

CASA DE EDUARDO FERNÁNDEZ Situada na aldea de Hortas, a casa data nos anos 60 do século XX, era unha pequena edificación de dúas plantas construída en cachotaría e con cuberta a dúas augas. A súa singularidade venlle dada pola restauración realizada desde os anos 90 polo seu propietario, Eduardo Fernández Cardama. Afeccionado á cantería, está incorporándolle á vivenda elementos típicos de igrexas ou pazos, con materiais como granito (de Agolada), pedra calcaria ou o ferro, para o enreixado.

HÓRREO DE CASAL DE ARRIBA

Hórreo que responde ao tipo denominado mahía, mixto, no uso de materiais, e rectangular e estreito na súa forma. A súa estrutura é de pedra así como a mesa corrida; ten tella plana, claros e portas de madeira, cepas de pedra revestida de cemento, e remates de pedra. Hai escaleiras de acceso nas dúas portas, tamén de pedra.

LENDA

Hai unha lenda relacionada coa fervenza que dí así:

"A veciñanza ía moer ao muíño, e conta a historia que unha

rapaza quedou embarazada do seu mozo, e este dixo que non a quería. Unha noite de muiñada, o mozo empuxouna pola fervenza, e mentres caía, ela dixo "Santa Marta me vaia!", e parou a caída un carballo que na fervenza estaba, salvándoa milagrosamente." Subpáginas (2): Actuacións Flora e Fauna do bosque de ribeira

Actuacións As actuacións que propoñemos levar acabo para a conservación e promoción do espacio son as seguintes. MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS: -Limpeza e desbroce do camiño de baixada á fervenza. -Reparación das escaleiras e o pasamans.

-Por pasarelas de madeira onde sexas necesario, para evitar esbarones. -Limpeza do regato:

-Señalización: Colocación de carteles indicativos á Fervenza:

1º Na saida de Arzúa dirección Vila de Cruces 2º No desvío á AC-605 3º Xunto ó cartel indicativo á Ponte de San Xusto (AC-0601) 4º Nas Hortas, xusto no desvío á fervenza 5º Ó principio do camiño de baixada: Debe indicar a dirección á

Fervenza e ó Muiño do Regueiro e do Agra. CREACIÓN DE DUAS RUTAS DE SENDERISMO: A creación destas rutas responde á necesidade de aumentar a oferta cultural e natural da Fervenza e así encadrar ó espacio natural no seu entorno. O principal problema do enclave é a falta de información e señalización, o cal se traduce nun gran descoñecemento da riqueza e beleza do lugar, mesmo para moitos habitantes do concello. Manter un espacio así nas sombras pode protexelo en certo grao durante un tempo, evitando por exemplo a afluencia de visitantes e os danos que estes poden causar no medio, pero á larga resulta perxudicial xa que se non coñecemos o que temos, dificilmente poderemos conservalo e defendelo como merece. Estas rutas están ideadas para ofrecer ó visitante unha visión mais ampla do entorno da fervenza e por outra banda permitirlle descubrir unha parte do concello mais aló do seu paso pola N-547. Durante aproximadamente 9 km de paseo poderá disfrutar de paisaxes tipicamente rurais (Casal de arriba e Hortas) e a súa arquitectura típica (Igrexas, Muíños, Hórreos e Fontes), camiñará entre carballeiras e bosques autóctonos, votará unha ollada polo val do río Ulla coas súas marxes cheas de vida e historia, poderá visitar o Museo da Mel e degustar os seu productos e, por suposto, descubrirá A Fervenza das Hortas e o seu fermoso bosque de ribeira.

RUTA 1: A Fervenza das Hortas - Muíño do Regueiro - Muíño do Agra.

1. As Hortas: A ruta comeza na aldea das Hortas, tomamos o desvío á fervenza, 150 m despois chegamos ó cartel informativo: recto-> Muíños , esquerda-> Fervenza. 2. Tomamos o camiño do muíño e a os poucos pasos termina a pista asfaltada, camiñamos por un sendeiro que nos leva ó regato do Saimés. Pasamos sobre unha pequena ponte e nos encontramos co Muiño do Regueiro e a Fonte, un pouco mais adiante vemos o Muíño do Agra. Mentres nos acercamos a este último podemos observar á dereita o regato e os canais de desviación ó muíño, ó chegar ó edificio xa podemos oír o estrondo de fervenza que queda ós seus pes. No lugar tamén podemos ver unha pequena alvariza, con dúas colmeas fixistas (corchos) e catro móbiles. Se nos asomamos sobre o muro do muíño podemos ver a caída da auga e o bosque de ribeira. 3. Volvendo sobre nosos pasos chegamos de novo o cartel informativo e tomamos a baixada á fervenza. Unha vez abaixo podemos disfrutar do fermoso bosque de ribeira, o muiño e o espectáculo da fervenza. De volta podemos tomar un camiño diferente que nos leva pola ladeira do monte e desde o que podemos ver unhas magnificas vistas do bosque e o regato. Este tramo é de maior dificultade pola súa grande pendente e porque pode resultar esbaradizo. RUTA 2: Museo da mel – Casal de Arriba – Hortas – Ponte de San Xusto – Encoro de Portodemouros. 1. Comezamos no Museo da Mel (dispón dunha zona de

aparcadoiro), deixamos o Encoro de Portodemouros as nosa costas e seguimos a estrada que leva as instalacións da presa, ós poucos metros a estrada describe unha curva pechada e abandonámola tomando a pista forestal que sae a man dereita. 2. A nosa dereita veremos unha pequena fervenza no nacemento dun regato. O lugar está poboado por castiñeiros, faias e carballos. Seguimos a pista e atravesamos un monte repoboado con Piñeiro do pais e Eucaliptos. Cando levamos 1 km de recorrido dende o museo sen desviarnos do camiño aparecen as primeiras casas da Casal de Arriba. 3. Xiramos a esquerda nas casas e seguimos por unha pista asfaltada, uns metros mais adiante poderemos ver a man esquerda o Hórreo de Casal de Arriba . 4. Ó saír de Casal xiramos na primeira desviación á esquerda (dirección Hortas). O camiño nos leva agora entre prados, hortas e aldeas. 5. Despois de 1,3 km chegamos Ás Hortas e no cruce xiramos á dereita. É momento de tomar a Ruta 1 que nos leva á Fervenza ou continuar cara A Ponte de San Xusto. 6. Se tomámolo camiño á Pte. San Xusto seguiremos a estrada CP-0605 baixando cara o río Ulla durante 1,5 km. Atravesamos carballeiras, pinares, bosquetes... 7. A Ponte de San Xusto cruzaba o río Ulla e tiña na súa marxe esquerda un gran muíño de seis infernos, que nun principio serviu de lugar de moenda e aserradoiro, e dende os anos 50 funcionaba coma unha minicentral eléctrica. Pero coa construcción dunha minicentral eléctrica río abaixo, no concello de Touro, quedamos sen ponte e sen muíño. Os pilares do ponte son visibles baixo as augas do río e o muíño, somerxido nel a medias, está a expensas das subidas e baixadas das cotas do cauce. 8. Cruzamos o río seguindo a estrada e comezamos a avanzar cara o Encoro. Durante o percorrido levaremos o río Ulla a nosa esquerda. 9. Despois de 1,8 km dun paseo no que podemos observar moitas das especies vexetais do pais, chegamos ó Encoro de Portodemouros. 10. Volvemos a cruzar o río e voltamos o Museo da Mel.

Será necesario dotar ás rutas da señalización empregada habitualmente nas rutas de sendeirismo. SOLICITUD DE DECLARACIÓN DE "ESPACIO NATURAL DE INTERESE LOCAL": Según o Decreto 124/2005: ..."Por petición dos concellos e logo de informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Consellería de Medio Ambiente poderá declarar como espazos naturais de interese local aqueles espazos integrados no termo municipal, que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais." Deixamos como archivo adxunto o Decreto coa información necesaria para solicitar a declaración de Espacio natural de interese local. Archivos adjuntos (1)

Flora e Fauna do bosque de ribeira

Listaxe de algunhas das especies que podénse observar no espacio natural da Fervenza das Hortas e ribeira do rio Ulla. FLORA

NOMBRE CIENTÍFICO

NOMBRE COMÚN

FOTO

Alnus glutinosa

Amieiro

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c1/Illustration_Alnus_glutinosa0.jpg/270px-Illustration_Alnus_glutinosa0.jpg

Betula alba ssp.celtiberica

Bidueiro

http://lh4.ggpht.com/Gatopardoblog/SKrXp0xyX5I/AAAAAAAADYg/z2zYO_mEBSo/s800/abedul_blanco-Betula-alba.jpg

Buxus sempervirens

Buxo http://www.canal-medicina.es/Medicina_Natural/Images/Buxus_sempervirens_01.jpg

Castanea sativa

Castiñeiro

http://caliban.mpiz-koeln.mpg.de/thome/band2/tafel_001_small.jpg

Cayuna vulgaris

Brecina

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/e0/Illustration_Calluna_vulgaris0.jpg

Corylius avellana

Avellano

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/23/Corylus_avellana_NF.jpg

Cytisus sp.

Xesta http://www.botanical.com/botanical/mgmh/b/broom-70-l.jpg

Erica sp. Uces

Eucalyptus globulus

Eucalipto

http://www.canal-medicina.es/Medicina_Natural/Images/Eucalyptus_globulus_01.jpg

Fagus sylvatica

Faya http://www.botanical.com/botanical/mgmh/b/beech-27-l.jpg

Mostrando 10 elementos de la página Lista flora ordenados por NOMBRE CIENTÍFICO. Ver más »

FAUNA NOMBRE CIENTÍFICO

NOMBRE COMÚN

FOTO

Sus scrofa

Xabarín http://galeon.hispavista.com/faunavidri/img/sus_scrofa.jpg

Oryctolagus cunniculus

Coello http://www.naturfoto-cz.de/photos/others/wild-rabbit-41946.jpg

Capreolus capreolus

Corzo http://www.valdecea.com/images/imagenes%20guia/Estaciones/corzo.jpg

Galemys pyrenaicus

Aguaneira (Desmán)

http://www.alchata.es/wp-content/uploads/2009/05/galemys_pirenaicus.jpg

Neomys sp.

Murgaños (Musaraña)

http://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/cabaneros/fauna/img/67.jpg

Lutra lutra

Lontra http://www.sierradebaza.org/Fichas_fauna/07_06_nutria/img_1.jpg

MAMÍFEROS

Vulpes vulpes

Raposo http://www.fotonatura.org/galerias/fotos/usr454/002_vulpes-vulpes.jpg

Martes martes

Marta

Myotys daubentonii

Morcego das ribeiras

http://scienceblogs.com/strangerfruit/daub.jpg

Scirius vulgaris

Ardilla http://4.bp.blogspot.com/_6PEwMPNEvB0/SBYNcp-97hI/AAAAAAAAAFk/cXxAlqOQFvg/s400/20080320_san-juan-pe%C3%B1a_21.jpg

Mostrando 10 elementos de la página Lista fauna ordenados por hora de edición. Ver más »

Para más información podedes visitar a paxina web da Xunta:

http://mediorural.xunta.es/espazosNaturais/conservacion.jsp

Tamén vos deixamos como archivo adxunto "A guía das árbores de Galicia", unha herramienta moi util para á identificación das especies mais comúns do pais. Subpáginas (2): Lista fauna Lista flora

Praza do Mercado

INTRODUCCION Situada en pleno centro urbán, trátase dunha parcela pública de uso lúdico para todo tipo de persoas, xa que ademais dos xogos infantís ten zoas de descanso e de lecer como o xardín e a carballeira. Está localizada entre as rúas; Fraga do Rei, rúa Alcalde Juan Vidal, rúa Travesía da . Ver Fería (Recinto Ferial) e rúa Padre Pardo. Ten unha superficie de 6053m mapa. Está dividido en tres zoas claramente diferenciadas, a saber: -Parque infantil -Xardín -Carballeira (explanada empregada para distintas actividades)

Subpáginas (2): Situación actual Situación futura Archivos adjuntos (1)

• plano emplazamiento.jpg el 02/02/2010 16:12 por Silvia Fdez (versión 1) Eliminar 218 kb Ver Descargar

Adjuntar un archivo:

Situación actual 1.-PARQUE INFANTIL: (ver mapa) O parque infantil ocupa aproximadamente unha cuarta parte da superficie da praza (na esquina NE). Está comunicado co xardín e a carballeira, e tamén se accede a el por unhas escaleiras dende a rúa Fraga do Rei e por outras dende a rúa Alcalde Juan Vidal. Está separado da carballeira por unha valla de madeira (1 m de alto), non permite o paso, e non ten separación clara co xardín. Está delimitado por unha cerca metálica de 50 cm. de altura (límite Norte e Oeste) que á súa vez está rodeada dunha franxa de céspede. Dentro do parque e rodeada por unha beirarrúa de lousa atopamos a área de xogos. A maior parte do chan é de grava/area excepto un rectángulo de 13x13.15m de cemento vermello pulido (para xogos de pelota, comba, trompo...)

Os xogos infantís (mobiliario) son: - 2 Columbios - 2 Balancíns - 1 Castelo (Paserela, Tobogán, Casiñas...)

Mobiliario urbano: - 4 bancos de madeira (2x0,30m) - 5 farois de ferro forxado. - 3 papeleiras - 1 fonte

2.- O XARDIN: (ver mapa) O xardín ocupa aproximadamente unha cuarta parte da superficie da praza (na esquina NO) Accedese a ela mediante unhas escaleiras situadas na rúa Padre Pardo e dende carballeira. Está delimitada, igual que o parque de nenos, por unha valla metálica. O xardín ten unha beirarrúa de lousa e no interior do parque atópanse diferentes camiños de pedra que dividen o xardín e van a dar

a unha xardineira redonda cunha estatua no seu centro.Neste espazo atopamonos con: Mobiliario urbano: -8 Bancos de madeira (2x0,30m) -1 Fonte -Farois de ferro forxado -3 Papeleiras Elementos vexetais: -Quercus robur

-Chamaeciparis -Acer negundo -Laurus nobilis -Rodhodendrum -Platanus & hibrida -Populus sp. -Camelia sp.

3.- A CARBALLEIRA: na actualidade en obras

Ocupa dous cuartos do parque, está situada detrás do multiusos de Arzúa, accedese a ela pola rúa Travesía da Feira e por unhas escaleiras laterais nas rúas Padre Pardo e Fraga do Rei. E tamén está comunicado co xardin e o parque infantil.

É unha superficie chan asfaltada cun cemento vermello,esta zona ten unha pequena superficie cuberta situada nun lateral da carballeira que é empregada como aparcadoiro.

A carballeira é empregada habitualmente como campo da feira e como zona de conciertos.

Esta zona recibe o seu nome polos antigos carballos que se atopan nela.

Situación futura Despois de evaluar a situación actual da praza chegamos as seguintes conclusións:

1. Pódese mellorar a estética da praza e facilitar o seu uso e disfrute:

-Unificando os espacios -Homoxeneizando o chan, usando o mesmo material en tódalas

zonas. -Renovando o mobiliario urbano e adaptándoo as necesidades de nenos, minusválidos e vellos.

2. E necesario un maior e mellor mantemento do xardín. -Instalar un sistema de rega que satisfaga as necesidades das distintas especies vexetais. -Retirar plantas danadas e elixir especies adaptadas o clima da Arzúa. -Mellorar o aspecto dos parterres cubríndoos de céspede e macizos florais. Tendo en conta o anterior propoñemos levar a cabo as seguintes actuacións:

CAMBIOS ESTRUCTURAIS:

Unificación dos espacios

Homoxeneidade do chan

Renovación do mobiliario urbano

ZONA DE XOGOS INFANTÍS

XARDÍN

A CARBALLEIRA

Cambios estructurais

UNIFICACIÓN DOS ESPACIOS

A Carballeira está separada do xardín e a zona de xogos infantís

por unha valla de madeira de 1 metro de altura cuxa función no queda moi clara. Por outra banda tanto o xardín como os xogos están delimitados por unha franxa de céspede, unha valla metálica de 50cm de altura e unha beirarrúa. Isto fai que a carballeira quede illada e que o único uso que se lle poda dar sexa de campo da feira e aparcadoiro. Non hai bancos, non hai céspede, non hai fontes...

A nosa proposta pasa por eliminar as divisións e englobar a carballeira no xardín. Para isto débese quitar a valla de madeira e aumentar as zonas verdes facendo que a carballeira tamén este rodeada por céspede, valla e beirarrúa. Tamén instalar parterres arredor dos árbores (unha iniciativa que durante a realización deste proxecto xa comezou o concello, aínda que non nos convenza os materias empregados) con céspede e incluír algún macizo floral.

HOMOXENEIDADE DO CHAN

O chan da beirarrúa e de lousa, o da carballeira de cemento, o do

xardín de pedra e a zona de xogos de grava... o cal non crea un bo efecto estético e agudiza a separación entre as zonas. Creemos que unha solución é que a maior parte do chan sexa do mesmo material. Así se o chan de beirarrúa, xardín e carballeira é de pedra conseguimos unificar os espacios e aumentala súa estética. Por outra banda está a zona de xogos da que falaremos mais a fondo en outro apartado.

RENOVACIÓN DO MOBILIARIO URBANO

A praza ten 15 bancos de madeira de 2 x 0´30m que xa non están nos seus mellores tempos, a maioría ten pintadas, están deteriorados pola choiva, mal vernizados o directamente teñen lascas ou rotos que poden mancar ou estragar a roupa de quen sente neles. Ademais atópanse moi separados.

Por outra banda a fonte, se ben satisface as necesidades de xoves e adultos pode resultar incómoda para as persoas maiores xa que obrigarlles a agacharse moito para beber dela e para os mais pequenos tamén é difícil de usar xa que non sempre teñen a forza suficiente para apretar o mecanismo da billa. Bancos:

Propoñemos cambiar os bancos por uns novos de materiais mais

adaptados ás condicións atmosféricas da vila ou no caso de ser de madeira, cos tratamentos adecuados para evita-lo seu deterioro.

Recomendamos:

Banco público contemporáneo en PVC e fibras vexetais recicladas (con respaldo) SANTA COLE

NEOROMÁNTICO SOSTENIBLE 2009 by Miguel Milá Resistente á corrosión, ó avellentamento e os usos extremos.

http://www.archiexpo.es/prod/santa-cole/banco-publico-contemporaneo-en-pvc-y-fibras-vegetales-recicladas-br-con-respaldo-52200-148532.html

Tamén creemos necesario aumentalo seu número na zona de

xogos e por bancos na carballeira. Ver plano nova situación...

Fonte:

Respecto as fontes recomendamos un modelo que facilite o seu

uso a persoas de calquera idade ou condición física e propoñemos que se cambie o seu emprazamento para evitar que por exemplo unha persoa en cadeira de rodas deba saírse da beirarrúa, subir bordillos, etc. para pode-la usar.

Recomendamos: Fonte MINUS V-102: Fonte dobre adaptada a minusválidos

de aceiro e aceiro inoxidable, con 2 billas pulsador. http://blog.emdesign.biz/es/catalog/mobiliario-urbano/fuentes/fuente/minus

Papeleiras:

Consideramos necesarias más e colocadas preto dos bancos en

posicións cómodas para o seu uso. Tamén dúas no borde da zona de xogos, pegadas o vallado. Ver plano.

Recomendamos:

Papeleira listóns:Fabricada en pletina e chapa de aceiro.

Os listóns en madeira de pino tratada para exteriores, ESTILO2. http://www.estilo2.com/ficha_negro.php?categoria=papeleras&id=106&idioma=

Farois:

A maior parte están oxidadas e non proporcionan unha boa luminosidade ó entorno. Por outra banda é necesario aumentalo seu número urxentemente na carballeira cuxa luminosidade é nula e o seu ambiente nocturno un tanto tenebroso.

Recomendamos:

Farol oitocentista: ferro fundido, fuste de tubo de aceiro, dos farois a distintas alturas, ESTILO2.

http://www.estilo2.com/ficha_negro.php?categoria=alumbrado_clasico&id=30&idioma=

Zona de xogos infantís Tralas nosas observacións e valoracións consideramos que esta zona debe ser remodelada en gran parte para favorecer o seu disfrute e a seguridade dos mais pequenos. Podemos dividir a reforma en dous partes…

-Renovación de mobiliario: Xogos dos nenos, bancos, papeleiras e fontes

-Adaptación do espacio as normas de seguridade para xogos e chan, peche da zona... 1.- RENOVACIÓN DO MOBILIARIO URBANO:

Un parque infantil é un lugar ó que acoden os nenos a xogar pero tamén debemos ter en conta que estes nenos, ata certas idades, van acompañados de adultos, pais, nais, avós, etc. que velan pola súa seguridade. Polo tanto a zona debe adaptarse tamén as súas necesidades.

Como xa dixemos o noso parque consta de cinco bancos de madeira de 2x0.30m, creemos necesario aumentalo seu número de cinco a oito, deste modo, sen afectar en exceso á estética do lugar, conséguese unha maior comodidade para os acompañantes dos rapaces e tamén que podan situarse mais preto dos xogos.

Por outra banda a fonte, se ben satisface as necesidades de xoves e adultos pode resultar incómoda para as persoas maiores xa que obrigarlles a agacharse moito para beber dela e para os mais pequenos tamén é difícil de usar xa que non sempre teñen a forza suficiente para apretar o mecanismo da billa. Ademais é necesario sair da beirarrúa para usala, resulta de dificil acceso para as cadeiras de rodas. (Fonte MINUS V-102)

2.- XOGOS E COLUMBIOS

Están moi deteriorados e en parte oxidados. Débese adaptalo espacio as normas de seguridade europeas. Estas normas son: UNE-EN 1176 y UNE-EN 117 publicadas no BOE e establecen os requisitos para deseño de xogos, aplicación de métodos de ensaios, montaxe, mantemento...

Propoñemos unha serie de productos adaptados a esta norma:

1. Figuras Balancíns: JE-91 FIG. BALANCEANTES NORMALES

2. Balancíns:

JE-212 BALANCINES CUATRO PLAZAS

3. Castelo:

JE-501-B BOGOTA-B

GE-2780 TRIPOLI para nenos pequenos

4. Columbios:

GE-3060 COLUMPIO

GE-3020-2 COLUMPIO SENCILLO-CUNA

Outra parte moi importante dos parques infantís é o chan: procurar que o chan sexa uniforme, sen obstáculos, sen variacións bruscas do nivel e sobre todo que amortigüe o impacto na zona de caída. Os materiais que no teñan unas propiedades de amortiguación do impacto significativas (ladrillos, formigón, pedras, materiais bituminosos, macádam e madeira) non deben emplearse na superficie de impacto. Unha opción sería; Pavimento amortiguador de baldosa reciclable - se.

Archivos adjuntos (7)

• GE-2780 TRIPOLI.pdf el 07/03/2010 19:48 por Silvia Fdez (versión 1) Eliminar 278 kb Ver Descargar

• GE-3020-2 COLUMPIO SENCILLO-CUNA.pdf el 07/03/2010 19:48 por Silvia Fdez (versión 1) Eliminar 207 kb Ver Descargar

• GE-3060 COLUMPIO.pdf el 07/03/2010 19:49 por Silvia Fdez (versión 1) Eliminar 189 kb Ver Descargar

• JE-298 BALANCINES.pdf el 07/03/2010 19:57 por Silvia Fdez (versión 1) Eliminar 180 kb Ver Descargar

• JE-501-B BOGOTA-B.pdf el 07/03/2010 20:00 por Silvia Fdez (versión 1) Eliminar 316 kb Ver Descargar

• JE-91 FIG. BALANCEANTES NORMALES.pdf el 07/03/2010 19:52 por Silvia Fdez (versión 1) Eliminar 199 kb Ver Descargar

• pavimentoamortiguadorSE.pdf el 07/03/2010 21:17 por Silvia Fdez (versión 1) Eliminar 642 kb Ver Descargar

O Xardín

No xardín, ademais da renovación do mobiliario urbano e o chan, haberá que facer un bo traballo de xardinería, e os puntos principais a tratar serán:

1. Sementar céspede nos parterres. 2. Facer unha selección de plantas de temporada para os macizos e parterres. 3. Instalación dun sistema de rega adaptado as necesidades do parque. 1. CÉSPEDE

Débense elixir variedades resistentes ó pisoteo, por exemplo unha mezcla de: Festuca rubra ssp. trichophylla, Poa pratensis, Lollium perenne, Agrostis stolonifera...

2. PLANTAS DE TEMPORADA: Proponemos para a formación de macizos florais: *Plantas que florecen en Primavera

Dianthus barbatus (Clavel chino)

Matthiola incana (Alheli)

Azalea

*Plantas que florecen en Primavera-Verano

Zinnia

Begonia semperflorens

Iberis sempervirens

Cosmos bipinnatus

*Plantas que florecen dende finaies de Inverno-Primavera:

Mimulus

Viola tricolor

Primula

3. SISTEMA DE REGA

Partimos de tres tomas de auga, a primeira está na zona de xogos e abastece 2 sectores, a segunda está no xardín, aquí pondremos 4 sectores e a terceira está na carballeira(Ver plano)

Ma terial necesario para o sistema de rega: Duas electroválvulas,

PLANIFICACIÓN DAS FASES DE EJECUCIÓN DO XARDÍN

1- Limpeza do terreo

2- Movementos de terras: Achegar terra vexetal, encher as zonas

mais deprimidas

3- Obras de albañileria: Abrir as zanjas necesarias para á instalación do sistema de rega, iluminación, drenaxe... 4- Iluminación: os cables deben ir dentro de tubos de plástico a unha profundidade mínima de 40cm. 5- Instalación do rego. 6- Preparación do terreo para a sementeira. 7- Plantacións: Trazar as formas dos macizos no chan e plantar as plantas de temporada. 8- Sementeira de céspede

A Carballeira

Coma xa dixemos antes, a nosa intención e unir a carballeira co resto da praza dándolle ó espacio unha aparencia de conxunto sen que esto afecte os distintos usos das zonas nas que se divide.

De modo que ademais de cercala carballeira coa beirarrúa, a valla metálica e a franxa de céspede, e retirar a valla de madeira que a separa do xardín e a zona de xogos, levaremos acabo as seguintes modificacións:

1.Levantar o chan de cemento e poñer pedra.

2.Facer un camiño que atravese a Carballeira dende a rúa Travesía da Feira ata o xardín.(plano)

3.Creación de parterres arredor das árbores e sementalos con céspede.

4.Macizos florais.

5.Retirar as árbores mais deterioradas e cambialas por novas (tentar non facerlle estragos coas podas..)