34
Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás (lug. e parroq. de Verín ║ Novás, Xinzo de Limia).-- Derivados, colectivos e plurais, de "queiruga", arbusto da familia das ericáceas, sinónimo de queiroa, carpaza, carrasco, etc. Queizás (lug. e parroq. de Verín).-- É o mesmo lugar e parroquia que reseña o Dic. Madoz (Tomo XIII, ano 1849) baixo o nome de " Quizanes o Caizás". Figura tamén na España Sagrada, de E. Flores (Tomo 17, ano 1799), a propósito dun documento de 1231 polo que o rei Fernando III doa ó bispo D. Lourenzo a igrexa de Caizanes ou Quizanes. E nalgún documento de 1451 figura como Queyçaás. Cítao Menéndez Pidal nun artigo no que alude a varios topónimos (como Caicena -Cordoba- ou Quizana -Huesca-) que puideran vir dun antropónimo, concretamente de Cacius. Quenlle (Feá, Toén).-- Do lat. canícula > canale, canal. (Espazo entre 2 alturas cercanas ou canle que conduce a auga para muíños ou regas.) Quereño (lug. e parroq. de Rubiá).-- Topónimo formado sobre a raíz kar-, "pedra", que deu, entre outras, a forma "quer", á que hai que engadir o sufixo - eño (de orixe prerromana -ennu). Ven ser algo así coma "Pedreño". Quins (lug. e parroq. de Melón).-- Antes Quines. Non está nada claro, pero a falta doutras explicacións poderíase pensar nunha Villa Quenis ou nunha pervivencia ancestral da base *K-N, "rocha, altura". Quinta (Grixó, Ramirás ║ Quintas (Orga, Celanova) ║ A Quinta (Navea, A Pobra de Trives ║ Coedo, Allariz ║ Abades, Baltar ║ Queixa, Chandrexa de Queixa ║ Sta. Olalla de Esgos, Esgos ║ Monte Redondo, Padrenda ) ║ As Quintas (San Martiño de Berredo, A Bola ║ lug. da parroq. e Conc. de Lobeira ║ Piñor, Barbadás ║ Grou, Lobios ║ Chandrexa, Parada de Sil ║ Sabucedo, Porqueira ║ Salamonde, San Amaro ║ Soutomaior, Taboadela) Quinta do Monte (Rocas, Esgos) ║ As Quintas de San Trocado (San Trocado, Allariz).-- A familia léxica de quinta é moi ampla (Quintas, Quintela, Quintana, Quintairo, Quinteiro, ...), pero con acepcións de diferentes matices ademais de variables no tempo. Quinta, concretamente, designaba inicialmente a quinta parte da produción que un alugueiro (chamado quinteiro) pagaba ao dono dun eido; máis tarde aplicouse ese nome de quinta ao propio eido e acabou significando "eido de recreo" ou, simplemente, ‘casa de campo con terras’. Quintá (Nigueiroá, Bande ║ Barxés, Muíños) ║ A Quintá (lug. da parroq. e Conc. de Cenlle ║ Navío, San Amaro) ║ Quintás (A Barra, Coles ║ lug. da parroq. e Conc. de Lobios) ║ As Quintás (Rouzós, Amoeiro ║ Xuvencos, Boborás ║ Piñeiro, Maside ║ Rañestres, Maside

Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

QQueiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno

(lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás (lug. e parroq. de Verín ║ Novás, Xinzo de Limia).-- Derivados, colectivos e plurais, de "queiruga", arbusto da familia das ericáceas, sinónimo de queiroa, carpaza, carrasco, etc.

Queizás (lug. e parroq. de Verín).-- É o mesmo lugar e parroquia que reseña o Dic. Madoz (Tomo XIII, ano 1849) baixo o nome de "Quizanes o Caizás". Figura tamén na España Sagrada, de E. Flores (Tomo 17, ano 1799), a propósito dun documento de 1231 polo que o rei Fernando III doa ó bispo D. Lourenzo a igrexa de Caizanes ou Quizanes. E nalgún documento de 1451 figura como Queyçaás. Cítao Menéndez Pidal nun artigo no que alude a varios topónimos (como Caicena -Cordoba- ou Quizana -Huesca-) que puideran vir dun antropónimo, concretamente de Cacius.

Quenlle (Feá, Toén).-- Do lat. canícula > canale, canal. (Espazo entre 2 alturas cercanas ou canle que conduce a auga para muíños ou regas.)

Quereño (lug. e parroq. de Rubiá).-- Topónimo formado sobre a raíz kar-, "pedra", que deu, entre outras, a forma "quer", á que hai que engadir o sufixo -eño (de orixe prerromana -ennu). Ven ser algo así coma "Pedreño".

Quins (lug. e parroq. de Melón).-- Antes Quines. Non está nada claro, pero a falta doutras explicacións poderíase pensar nunha Villa Quenis ou nunha pervivencia ancestral da base *K-N, "rocha, altura".

Quinta (Grixó, Ramirás ║ Quintas (Orga, Celanova) ║ A Quinta (Navea, A Pobra de Trives ║ Coedo, Allariz ║ Abades, Baltar ║ Queixa, Chandrexa de Queixa ║ Sta. Olalla de Esgos, Esgos ║ Monte Redondo, Padrenda ) ║ As Quintas (San Martiño de Berredo, A Bola ║ lug. da parroq. e Conc. de Lobeira ║ Piñor, Barbadás ║ Grou, Lobios ║ Chandrexa, Parada de Sil ║ Sabucedo, Porqueira ║ Salamonde, San Amaro ║ Soutomaior, Taboadela) ║ Quinta do Monte (Rocas, Esgos) ║ As Quintas de San Trocado (San Trocado, Allariz).-- A familia léxica de quinta é moi ampla (Quintas, Quintela, Quintana, Quintairo, Quinteiro, ...), pero con acepcións de diferentes matices ademais de variables no tempo. Quinta, concretamente, designaba inicialmente a quinta parte da produción que un alugueiro (chamado quinteiro) pagaba ao dono dun eido; máis tarde aplicouse ese nome de quinta ao propio eido e acabou significando "eido de recreo" ou, simplemente, ‘casa de campo con terras’.

Quintá (Nigueiroá, Bande ║ Barxés, Muíños) ║ A Quintá (lug. da parroq. e Conc. de Cenlle ║ Navío, San Amaro) ║ Quintás (A Barra, Coles ║ lug. da parroq. e Conc. de Lobios) ║ As Quintás (Rouzós, Amoeiro ║ Xuvencos, Boborás ║ Piñeiro, Maside ║ Rañestres, Maside

Page 2: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

║ lug. da parroq. e Conc. de Punxín ║ Reádegos, Vilamarín) ║ As Quintáns (Galez, Entrimo).-- Quintá correspóndese cos "Quintán" doutras partes de Galicia, o "Quintã" portugués ou o "Quintana" doutros lugares. Deriva do lat. quintana, á súa vez derivado de quinta e, inicialmente, cos mesmos significados ca esta, pero sendo logo, ao ir medrando o casarío, coma un sinónimo do actual aldea. (Algún das dúas últimas formas -con eses artigos en plural- puideran referirse a unhas mulleres deses apelidos.)

As Quintairas (Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo) ║ Quintairos (Cristosende, A Teixeira ║ Amoroce, Celanova ║ Bobadela, Celanova).-- Proceden de quintanariu, palabra que foi evolucionando semanticamente. Podería ser o contorno pechado duna casa co seu terreo, un grupo de casas dentro da aldea ou unha praza pública. Tamén podería referirse ó alugueiro dunha quinta. Similares (anque con evolución distinta) ós Quinteiro/s.

Quinteiro (Anllo, San Amaro) ║ O Quinteiro (Loureiro, O Irixo) ║ Quinteiros (lug. da parroq, e Conc. da Arnoia).-- Palabra común (Lat. quinta + -ariu > -eiro) de varios significados: aldea, praza dunha aldea, curral, casa de campo,.. ou traballador dunha quinta. [O étimo podería ser quintanariu ou quintariu, ambos da mesma familia léxica.]

Quintela (O Ribeiro, Bande ║ Santa Comba, Bande ║ Mazaira, Castro Caldelas ║ A Illa, Lobios ║ Cabanelas, O Carballiño ║ Calvelle, O Pereiro de Aguiar ║ lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Ambía) ║ Quintela de Leirado (lug. parroq. e Conc. da Terra de Celanova) ║ Quintela de Abaixo e Quintela de Arriba (lugares da parroq. de Pedrafita, A Teixeira) ║ Quintela de Canedo (Canedo, Ourense) ║ Quintela de Velle (Velle, Ourense) ║ Quintela de Hedroso (lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ Quintela de Umoso (lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ Quintela do Pando (lug. e parroq. de Viana do Bolo).-- Topónimo, con Quinta, Quintáns, Quintana, etc., moi estendido por Galicia. Pode aplicarse o dito a propósito de Quinta (e derivalo de quintanella, "quinta pequena") ou vir directamente do lat. quinque-cinque, “quinta parte do botín”, tradición xermánica, co sufixo diminutivo –ela.

Quintián (As Caldas, Ourense).-- Antiga aldea, hoxe integrada na cidade, barrio da Ponte. Parece vir de (*villa) (de) Kintilanem, acusativo do nome xermánico Kintila, -anis (despois escrito Quintiliano).

A Quinza (Ventosela, Ribadavia).-- Dubidoso. Podería ser un hidrónimo prerromano, un antrotopónimo Quintia, (villa) de Quintius ou unha alteración de *Caínza, derivado de canna, "cana, vara", e con distintos significados.

RA Ra (Boimorto, Vilamarín).-- Probablemente non teña nada que ver coas ras. A forma Arr- é

un hidrónimo indoeuropeo e pode que aí estea a orixe do topónimo seguida dun posterior fenómeno de deglutinación [Arrá > A Ra]

Rabacido (Vilarrubín, A Peroxa).-- Colectivo e derivado de "rabaza". (V. A Rabaza)

Page 3: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Rabal (lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa ║ lug. e parroq. de Oimbra ║ Escornabois, Trasmiras) ║ Rabal da Eirexa e Rabal de Arriba (lugs. de parroq. de Rabal, Celanova).-- Ven do lat. raphanale, abundancial de ravo, raphanu, ("rábano" en castelán). En documentos antigos o topónimo está escrito Ravanale ou Ravanal, formas primeiras que despois perderon o "n" intervocálico. En ámbito castelán sería Rabanal.

A Rabaza de Arriba e A Rabaza de Abaixo (Tras Hospital, Ourense).-- A rabaza é unha planta umbelífera que se da en sitios encharcados. En castelán, "berraza" ou "berrera. É probable que as houbese nestes lugares, non necesariamente nos dous pois ó ser o predicado un mero distintivo indica que un dos topónimos é copia do outro. Non está moi clara cal podía ser a especie aludida. Quizais a Apium nodiflorum. Sarmiento di que é o mofo verde das augas. En portugués chámanlle rabaça a dúas especies distintas do xénero Sium: "umas plantas herbáceas … espontâneas e frequentes em Portugal, nos poços, charcos, ribeiros, etc." ║ Tamén hai a posibilidade de que sexa un termo de introdución mozárabe, al-rabad ‘o arrabaldo’.

A Rabea (Guntín, Os Blancos) ║ Rabiño (lug. e parroq. de Cortegada).-- Do lat. rapum, "rabo", no sentido figurado de último, o que vai detrás. Aludiría a unha zona de eidos que, no seu momento, quedaban ó final dun recorrido, de últimos.

A Rabeda (Antigo territorio que mantén o nome no 2º elemento da denominación das parroquias de Santa Cruz da Rabeda e Santiago da Rabeda. ║ Santa Cruz da Rabeda (lug. e parroq. de San Cibrao das Viñas) ║ Santiago da Rabeda (parroq. de Taboadela).-- Rabeda, ou raveda, é un colectivo do ravo común, “Raphanus sativus”. En latín raphanu. (V. Rabal).

Rabiño (Ver A Rabea)

Rabo de Galo (O Couto, Ourense).-- En principio fai pensar que a alienación do primeiro

casarío tería esta forma, pero o máis seguro é que sexa un fitónimo. Hai unhas malas herbas, a Avena fatua ou a Avena sterilis, coñecidas vulgarmente, segundo os lugares, como balloca, avea tola, herba das donas, nocella, etc. que é unha herba alta e fina con espiguiñas brandas na cima e que aparece nos campos de cereais. Pois ben, esta herba chámase en portugués "rabo-de-galo", nome que dan os dicionarios como provincianismo do Norte e sinónimo do seu común "balanquinho". Tal nome ben puido existir tamén aquí ou vir importado por viciños portugueses.

A Raíña (Zaparín, Cortegada).-- En Galicia hai 6 lugares chamados así. Non teñen nada que ver

coa realeza. É un transparente aparente que esconde o sentido e significado do seu étimo que, máis que probable, está na voz regina. O que ocorre é que esta palabra é un caso claro de homonimia histórica. Tanto pode ser un hidrónimo celta (Regh-i-na, co significado de "a terra do regueiro". A raíz regh- é hidronímica) coma o lat. 'regina' que deu o común 'raíña'. Para complicalo aínda máis, Regina é tamén un nome de muller, aínda usado hoxe, procedente do latín mencionado ou (indo atrás no tempo) do nome da deusa celta Regana, ás veces transcrito como Regina. Tamén houbo o masculino Reginus (hoxe Regino) o que permitiría unha Villa Regina. En calquera caso o nome propio Regina non evolucionou, pero o topónimo si que puido facelo en paralelo co nome común (Regina > Reína > Raíña). Resumindo, A Raíña podería proceder dun antropónimo. Pero tamén podería ser (e quizais isto sexa o máis probable) un derivado do celta reku / reka, "rego, rega, regueiro". (Neste caso este topónimo estaría emparentado co d'O Reino. Ver.)

Rairigo (Veiga, A Bola).-- Antrotopónimo. Dun posesor chamado Rairicus. (Ver seguinte)

Rairiz de Veiga (lug. parroq. e Conc. da Comarca da Limia).-- Antrotopónimo do mesmo nome

Page 4: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

do anterior (Rairicus), coa diferenza de que este está formado sobre o xenitivo, Rairici, e aquel sobre o nominativo. O xentilicio deste é rairizao, -zá.

Rairo (lug. único da parroq. dese nome, Conc. de Ourense) ║ Rairos (Orga, Celanova).-- O nome coincide cunha palabra común do galego que se usa para designar unha levada, un canle de auga desde o río ata un muíño ou ata lugares de rega, pero non sei se corresponde. Segundo E. Bande “indica la raya divisoria, por ello la documentación habla de tres rairos, el de Orense, el de Santa Mariña y el de Seixalbo. ” Analizando a palabra vese que podería vir do lat. rana, ae, "ra", co sufixo -ariu > eiro, é dicir 'ranariu', que sería 'sitio de ras'. Segundo o P. Sarmiento viría de regario. ║ Outra posibilidade é que se corresponda co nome persoal gótico Ranarius.

A Ramallosa (Fechas, Celanova).-- Derivado de "rama", pasando por "ramalla". Refírese a un sitio abundante en ramallada.

Ramil (lug. e parroq. de Xunqueira de Espadanedo ║ Loureiro, O Irixo).-- Nome de posesor. Dun chamado Ranamirus, a través do xenitivo Ranamiri.

Ramilo (lug. e parroq. de Viana do Bolo).-- O mesmo nome pero desta feita en acusativo, Ranemiro.

Ramiras (Macendo, Castrelo de Miño) ║ Ramirás (Conc. da Terra de Celanova coa capitalidade no Picouto, da parroq.de Freás de Eiras) ║ lug. da parroq. de Freás de Eiras que lle da nome ó Concello, Ramirás) ║ Pazo de Ramirás (Urbanización privada de Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense).-- Provén do latín *(villa) Ramiranis, e dicir ‘vila de Ramira ou Ranemirus’. ║ O xentilicio aplicado á xente do concello de Ramirás é ramirao, -rá.

Ramuín (lug. da parroq. de Viñoás no Conc. de Nogueira e sobrenome deste Concello).-- Para uns Ramuín é unha palabra co mesmo étimo que ‘remuiño’ só que con una evolución distinta. Neste caso sería Remolino > Remoín > Ramuín. ║ Para J.M. Piel é un nome latino de posesor. Un Romulinus, diminutivo de Rómulus.

Randín (lug. e parroq. de Calvos de Randín).-- O antropónimo Randus tiña un diminutivo, Randinus, e un propietario así chamado, xerou o topónimo a través do xenitivo do seu nome, Randini.

Rante (parroquia de S. Cibrao das Viñas) ║ Rante e A Cruz de Rante (lugs. da dita parroq. de Rante).-- Antrotopónimos. De Rantius, nome persoal romano.

A Raña (Orbán, Vilamarín).-- Monte pobre, sen vexetación ou con ela moi baixa. Sitio pelado ou erosionado. (Tamén se chama así un aparello de pesca, pero isto -cando menos acó- non ten transcendencia toponímica.)

O Rañadoiro (Pardavedra, A Bola ║ Muíños, Muíños).-- Este topónimo -e outros similares, coma o anterior- soen referirse a lugares altos e pobres, raídos pola erosión.

Rañestres (parrroq. de Maside).-- O mesmo caso dos dous anteriores.

A Rañoá (Ordes, Rairiz de Veiga).-- Diminutivo de "Raña" que soe ser, como dixemos, un lugar raído e pedregoso.

As Raposas (Loña do Monte, Nogueira) ║ As Raposeiras (Ordes, Rairiz de Veiga).-- Plural de raposa e derivado plural. Habería alí un cubil de raposas.

Page 5: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

A Rasa (lug. da parroq. e Conc. de Castro Caldelas ║ Vilar de Cerdeda, Nogueira de Ramuín).-- Rasa é derivado de radere, "raer, rozar". Unha terra rasa será unha terra sen cultivar e de vexetación baixa.

A Rasela (lug.e parroq. de Verín ║ Grou, Lobios).-- Diminutivo de "rasa". Alude a unha pequena chaira sen vexetación ou con ela baixa.

As Ratoeiras (As Chas, Montederrramo).-- Poderíase pensar que este nome está a referirse a

un lugar no que no seu momento houbese unha abundancia extrema de ratos (de campo), tanta como para ser conceptuado coma un plural de colectivos deses roedores, pero hai que ter en conta que -se sempre foi coma agora- "rotoeira" é, en realidade, a trampa ou aparello para cazalos. ¿Non sería que por haber moitos ratos dispuxeron unha colección deses aparellos? Por outro lado o topónimo non pode ser antigo (anterior ao século XV) pois a etimoloxía de rata/rato non é latina xa que daquela o que se usaba era mur (lat. mus, -uris, "rato"), voz da que aínda nos quedan en galego palabras derivadas como "murar" ou "murador".

Raxoá (Alixo, O Barco de Valdeorras).-- Pola súa forma (Raxoá < Raxola) pode ser un derivado diminutivo de "raxa" podendo ter esta palabra dous significados: "estría, fendedura, abertura" ou "racha, acha, parte dun leño ou outra cousa". -ola é un sufixo de diminutivo. O topónimo Raxó (de Poio, Pontevedra) seguramente ten a mesma orixe dado que nesa zona Raxola daría Raxó. Alí -ola > -ó mentres que aquí -ola > -oá.

Razamonde (lug. e parroq. de Cenlle).-- Ven de *(Villa) *Reccimundi, e dicir, Vila de Reckimundo,

Reádegos (parroq. de Vilamarín).-- A idea que suxire Reádegos, antes Riadigos, Riaticos e Rivaticos, é a de algo próximo ó río. Véxase o topónimo seguinte (case igual foneticamente e seguro que o mesmo semanticamente) coa explicación dun experto. (Tamén queremos constatar que o Dicionario Estraviz trae o vocábulo "reádego" como rebelde e difícil de domar o que, probablemente, non signifique nada neste caso.)

Reádigos (parroq. do Irixo).-- Hai unha palabra parecida, "riádigo", que é un nome alternativo do paxaro ouriolo (Ouriolus ouriolus), tamén chamado papafigo, vichelocrego, etc. Pero Nicandro Ares parece inclinarse por un baixo latín riuaticus, adxectivo referido a rius, "río". [Riuaticus > Riaticus > Riádigos > Reádigos].

O Real (O Porto, Rubiá) ║ O Real da Pousa (lug. da parroq. e Conc. de Castro Caldelas).-- Procede do lat. rigale e este, á súa vez, de riguu, "rego, regueiro". A un suco deste tipo se está a referir.

Rebola (Corvillón, A Merca) ║ Rebolar (lug. da parroq. e Conc. de Esgos) ║ O Reboledo (lug. da parroq. e Conc. de San Xoán de Río).-- Fitotopónimos relacionados con "rebolo" que para uns é unha variedade de carballo, o "carballo cerqueiro" (Quercus pyrenaica) e para outros é un carballo novo, unha carballiza. O étimo é o lat. repullus, "renovo"

Rebolar (lug. da parroq. e Conc. de Esgos).-- Abundancial de rebolos. Ver o anterior.

Rebordechá (San Pedro de Laroá, Xinzo de Limia) ║ Rebordechau (lug. e parroq. de Vilar de Barrio).-- Palabras compostas derivadas, respectivamente, de roboreta plana e roboretu planu, 'Reboreda chan'. Reboreda é un sinónimo de 'carballeira'. Ver Reboreda.

Rebordiños (Vilar de Ordelles, Esgos).-- Derivado diminutivo de ‘reboredo’, sitio de rebolos

Page 6: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

(reboretu), unha especie do xénero Quercus, o dos carballos.

Rebordondo (lug. e parroq. de Cualedro ║ parroq. de Monterrei).-- Outro composto de 'reboreda'. É concretamente roboretu rotundo (é dicir, 'carballeira redonda').

Reboreda (San Lourenzo de Abeleda, Porqueira) ║ A Reboreda (lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Espadanedo) ║ Reboredo (Palmés, Ourense ║ Calvelle, O Pereiro de Aguiar ║ Noalla, San Cibrao das Viñas).-- Fitotopónimos transparentes: lugares poboados de carballos (Quercus robur), pero dándolle a estos o nome latino robore (en vez do prerromano, orixe do "carballo" galego). V. Robledo.

Recarei (lug. da parroq. e Conc. de Bande).-- De *vila Recaredi, ou "de Recaredus", nome xermánico.

A Rectoral (Santiago da Rabeda, Taboadela).-- Transparente: casa do señor abade. (Hoxe a forma normativa do apelativo é "reitoral".)

Redemuíños (parroq. de Quintela de Leirado).-- Equivale a "Río de muíños". Nun texto de 1101 xa aparece como Rivulo de Molinos. Figura no castelán Madoz, 1849, como Riomolinos.

Redondallo (San Lourenzo de Fustáns, Gomesende) ║ Redondelo (Crespos, A Peroxa).-- Un derivado de rotundus, a, um, "cousa redonda", sería rotundellum, precedente destes topónimos alusivos a algunha redondez do lugar. Tamén poderían ser uns antropónimos prerromanos armados sobre o nome Retonellus.

Redondelle (San Xes da Peroxa, Peroxa).-- Podería vir de *(villa) Rotundelli, dun hipotético *Rotundellus.

Redondelo. V. Redondallo.

O Redondo (lug. da parroq. e Conc. de Celanova).-- Do lat. rotundus, "cousa redonda", alude a algunha redondez primitiva do lugar.

Refoxo (Partovia, O Carballiño) ║ Refoxos (lug. e parroq. de Cortegada).-- Son derivados de *foveum, unha forma vulgar de fovea, "foxo, foio, focha". Estaría motivado por un terreo accidentado, pero tampouco se pode desbotar que garde relación co fogium lupale visto en "Foxo". No primeiro caso o prefixo re- denotaría repetición ou intensidade.

A Rega (Cudeiro, Ourense) ║ As Regas (San Lourenzo de Fustáns, Gomesende ║ Penosiños, Ramirás) ║ A Regada (A Veiga, Celanova ║ Araúxo, Lobios) ║ As Regadas (lug. e pa­rroq. de Beade ║ A Guía, Gomesende).-- Topónimos relacionados coa rega das plantas e que pode estar motivado polo acto de regar, por un pequeno regato ou, o máis probable, por ser terreos que teñen auga de rega.

A Regateira (San Lourenzo de Trives, A Pobra de Trives).-- Unha regateira é o mesmo ca unha regata, é dicir, un espazo de terra entre dous montes próximos entre si. O que en castelán se chama "cañada". A etimoloxía é a mesma de rego, un prerromano *rek-.

O Regato (Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas).-- Regueiro pequeno.

O Rego (lug. da parroq. e Conc. de Punxín ║ Soutopenedo, San Cibrao das Viñas ║ Sobreira, Vilamarín) ║ Rego de Abaixo e Rego de Cima (Osmo, Cenlle).-- Un rego é un pequeno suco natural polo que corre a auga.

Page 7: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Regoalde (Beiro, Ourense).-- De *(villam) Recoaldi, ou sexa, ‘vila de Recoaldus’.

Regolevado (Armental, A Peroxa).-- Fai alusión a un canle construído para derivar auga dun río e levala a outro lado. Como "Agua Levada".

Regoufe (Velle, Ourense).-- De (Villam) *Rekaulfi. Xenitivo latino de Rekaulfus, nome xermánico coa raíz wulg, ‘lobo’.

Reguega (Campo, O Irixo) ║ O Reguego (Couso de Salas, Muíños).-- Parecen unhas

síncopes, respectivamente, de Reguenga e Reguengo ("de patrimonio rexio"). En Galicia hai 49 Reguenga/Reguengo e soamente estes dous Reguega/Reguego. Ver A Reguenga.

A Regueira (Pereda, San Cristovo de Cea) ║ A Regueira Grande (lug. da parroq. e Conc. de Vilamarín).-- Transparentes. Evocan o leito ou suco por onde corre un rego de auga ou o rego en si.

As Regueiriñas (Tamallancos, Vilamarín).-- Diminutivo plural de "regueira", lugar por onde co­rre a auga.

Regueiro (Desteriz, Padrenda) ║O Regueiro (parroq. de Boborás ║ Laias, Cenlle ║ Refoxos, Cortegada ║ Marrubio, Montederramo ║ Meda, A Veiga ║ Albarellos, Boborás ║ Sta. Ola­lla de Esgos, Esgos ║ Vilariño, O Pereiro de Aguiar ║ Pontedeva, Pontedeva ║ Castrelo, San Xoán de Río ║ Chamosiños, Trasmiras) ║ O Regueiro de Abaixo e O Regueiro de Arriba (lugares da parroq. do Regueiro, Boborás) ║ Regueiros (O Río, Vilamarín).-- Transparentes. Curso de auga pouco abundante, pero maior ca o regato.

Reguenga (A Guía, Gomesende) ║ A Reguenga (Ribela, Coles ║ O Lago, Maside ║ Sas do Monte, Montederramo ║ Sagra, O Carballiño ║ Barbantes, Punxín ║ Eiras, San Amaro ║ Navío, San Amaro ║ A Touza, Taboadela) ║ Reguengo (Grou, Lobios ║Alongos, Toén ║ Redemuíños, Quintela de Leirado) ║ O Reguengo (lug. e parroq. de Vilamarín ║ San Paio de Arauxo, Lobios ║ Rouzós, Amoeiro ║ Penosiños, Ramirás).-- Herdade pertencente á Coroa. Do lat. hispano regalengum. Os femininos poden referirse a unha villa e os masculinos a un locus, fundus, vicus, etc. Na Idade Media os territorios de reguengo tiñan como señor xurisdicional ao propio rei. Era o caso oposto aos señoríos. (A palabra castelá equivalente a “reguengo” é “realengo”. En portugués é tamén "reguengo".)

Reigada (lug. e parroq. de Manzaneda).-- Segundo o Dicionario Estraviz "raigada" é un "Conjunto formado polas raízes de uma árvore que descobre a água". Sexa ou non válida esta explicación a palabra do topónimo parece vir do verbo latino radicari, "ter raíces nalgún lugar".

Reigoso (lug. da parroq. e Conc. de Cartelle ║ lug. da parroq. e Conc. de Castrelo de Miño).-- Abundante en raíces. Do lat. radicosu. (O primeiro dos citados figura no Madoz como Reigoso-da-Carqueixa.)

O Reino (Carballeda, Piñor).-- Hai hidrónimos derivados da base paleoeuropea rego, "regato", emparentada co galaico reve, "río" ou co celta reku, "rego, regueiro" (que latinizado tería

Outrosí vos damos hua leira de chousa que jaz en Regoufe a par dos leiros que foron de Aldonça Pérez, os quaes ela demitio ao moesteiro, que jazen en Regoufe, que pertiiçen ao moesteiro.

Foro. 1363. San Pedro de Rocas.

Page 8: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

un xenitivo regi). Calquera deles, especialmente o último, son formas doadas de confundir cos procedentes do lat. regem (de rex, regis, "rei"). Este 'Reino-rego' parece ser unha desas confusións. A uns 150 m. pasa o río Arenteiro.

A Reitoral (Toén, Toén).-- Transparente, aínda que sexa un vulgarismo por rectoral = "Casa do señor abade".

Reixa (Marrubio, Montederramo).-- Responde a unha palabra común, reixa, "conxunto de

barrotes de ferro". Pero como esa palabra ven do baixo lat. regia, "porta grande de igrexa ou verxa" o topónimo tanto puido ser motivado por unha porta grande como por algún enreixado.

Remuíño (lug. e parroq. da Arnoia).-- Aínda que sexa homófono do común "remuíño" o máis probable é que se trate dun "Río (do) muíño". (Río > Re.)

Reparade (Prado de Limia, Muíños).-- Antrotopónimo. De *(villa) Reparati, ou "de Reparatus".

Reporicelo (Forcaleda e Nogaledo, O Barco de Valdeorras).-- Ten o mesmo nome que o río que o rega, o Regueiro de Reporicelo, afluente do Cigüeño que, á vez, o é do Sil. Curiosamente hai unha repetición pois Reporicelo xa é un composto: Río Poricelo. Sobre este último nome trata G. Navaza falando duns lugares de Catoira. Explica que semella unha forma publicellus, diminutivo latino medieval de publicus. Estaría facendo referencia a algo cualificable de público. Asemade tamén admite que podería proceder dun nome persoal, Puricellus, rexistrado en documentos da Idade Media.

Requeixiño (lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Ambía).-- É de supoñer que se trata dun (topónimo) "requeixo" pequeno. (Ver Requeixo)

Requeixo (lug. e parroq. da Veiga ║ lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa ║ lug. e parroq. de Manzaneda ║Santa Baia de Berredo, A Bola ║ Piñor, Barbadás ║ Pazos de Arenteiro, Boborás ║ Arauxo, Lobios ║ Grou, Lobios ║ Garabás, Maside ║ lugares das parroquias. de Armariz, Faramontaos e Loña do Monte, as 3 de Nogueira de Ramuín ║ S. Miguel de Canedo, Ourense ║ Crespos, Padrenda ║ lug. da parroq. e Conc. de Pontedeva) ║ Requeixo de Queiroás (Queiroás, Allariz) ║ Requeixo de Valverde (lug. e parroq. de Allariz).-- ‘Queixo’ e ‘queixa’ son étimos que designan terreos costentos que rematan en chairas, unha especie de depresións en forma de caixa (do lat. capsa). Son “caixas orográficas”. Da mesma familia léxica que "queixada" (mandíbula) da que se asemella na forma. ║ P. Celdrán di que son sempre lugares pouco accesibles polo abrupto do terreo.

Requián (lug. da parroq. e Conc. de Parada de Sil) ║ Requiás (lug. e parroq. de Muíños).-- Son os dous nomes de posesor referidos a un tal Requila. A diferenza entre eles é que o primeiro está formado a partir do acusativo latino (Requilanem) e o segundo, do xenitivo (Requilanis).

O Retiro (lug. da parroq. e Conc. de Melón).-- Parece transparente: lugar retirado e solitario. O que non sabemos é se simplemente se refire a un lugar afastado ou se, ademais, implica unha vontade de descanso, recollemento ou reflexión relixiosa.

Retorta (lug. e parroq. de Laza ║ As Chás, Montederramo) ║ A Retorta (Nogueira, Montederramo ║ Paradela de Abeleda, Porqueira).-- Baséase nalgunha gran curva ou revolta dun determinado camiño. (Polo primeiro lugar mencionado -o de Laza- pasaba unha vía romana.)

Retortoiro (Xacebáns, Quintela de Leirado).-- Puidera ter orixe no adxectivo latino retortus, a,

Page 9: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

um, "retorcido", pero non sabemos a que se estaría referindo. Quizabes ó río Grande (afluente do Deva e este do Miño) que fai unha gran curva para achegarse ó lugar.

A Revolta (Freás, Punxín).-- Posiblemente sexa o mesmo ca Retorta: revolta dun camiño. Pero hai que ter en conta outra posibilidade: a de que se trate dun terreo cultivable dos que na Idade Media se chamaban terreos de revolta (que se labraban seguido) fronte as terras de barbeito (nas que a labranza alternaba co descanso).

Rexosende (Soutochao, Vilardevós).-- Nome de posesor. Probablemente do xermánico Regasindus.

Reza (lug. e parroq. de Ourense ║ Carracedo, A Peroxa) ║ Reza Vella (Caldas, Ourense) ║ A Reza (lug. e parroq. da Arnoia).-- Para algúns é un termo alusivo a unhas pesqueiras do río. Relacionado co lat. retia, "redes". ║ En cambio E. Bascuas considera como probable que se trate dun hidrónimo prerromano e que proceda dunha forma *Recia, formada sobre o tema Re- da raíz indoeuropea Er-, "moverse".

A Ría (Reádegos, Vilamarín).-- "Ría" nos dicionarios só ven na acepción mariña coñecida, pero coloquialmente chámanlle ría a certas variantes nas ribeiras dos ríos. Distintas segundo os sitios. Pode ser unha encanada para regadío, unha entrada de barcas, etc.

Rial (Amoroce, Celanova ║ Lobios, Lobios) ║ O Rial (lug. da parroq, e Conc, da Arnoia ║ Meire, Allariz ║ lug. da parroq. e Conc. de Castrelo de Miño ║ Asadur, Maceda ║ San Lourenzo de Siabal, Paderne de Allariz ║ Sabucedo, Porqueira ║ Ordes, Rairiz de Veiga ║ Casardeita, Ramirás).-- Probablemente aluda a un rego ou pequena corrente de auga. Do lat. medieval rivalis, "ó pé do río, ribeirán".

Riande (Brués, Boborás).-- N. Ares, a propósito doutro topónimo homófono que hai en Lugo, propón dúas alternativas: xenitivo dun antropónimo, quizais gótico, como Rande ou "Río de Nande", sendo Nande, á súa vez, orixinado por outro nome visigodo, Nandus.

Ribadal (Louredo, Maside).-- Conxunto de ribadas. (V. seguinte). Dun suposto *ripatale, derivado de ripa con dous sufixos, -ata e -ale.

As Ribadas (Seoane de Argas, San Xoán de Río).-- Palabra do vocabulario común. Terreo pendente á beira dun río. Derivado de ripa, "ribeira".

Ribadavia (Vila e Conc. da Com. do Ribeiro).-- "Que está a beira do Avia". Ripam ("ribeira") > Riba. Por outra parte Avia, o nome do río, vén dun prerromano *awer, " auga, río". (Raíz indoeuropea *akwa-) Moita xente da contorna -especialmente os máis vellos- cando se refiren a Ribadavia din "A Vila". Xentilicio: ribadaviense.

Iten, mando pera o lume de las lanpaas da dita iglesia d ' Ourense e de Santa María Madanela e de Santa María a Madre e do Posyo e Reç a e da Trenydad medio açunbre d ' aceyte á cada iglesia.

Testamento. 1484. Vida e fala dos devanceiros.

Page 10: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

A Vila de Ribadavia está na ribeira (riba) do Avia.

Ribadela (Toén, Toén).-- Diminutivo de ‘ribada’, ribada pequena.

Ribas (Carracedo, A Peroxa ║ Calvos, Bande ║ Pepín, Castrelo do Val ║ Loureiro, O Irixo) ║ Ribas de Araúxo (lug. da parroq. e Conc. de Lobios) ║ Santo Estevo de Ribas de Sil (lug. e parroq. de Nogueira de Ramuín).-- Do lat. ripa, "ribeira, beira dun río".

Ribeira (parroq. de Baños de Molgas ║ Lebosende, Leiro).-- Transparente, ribeira dun río. Do lat. riparia.

O Ribeiriño (As Caldas, Ourense).-- Este pequeno lugar, á beira do río Miño, responde de seu ó

topónimo, pero da a impresión de que é un nome de importación. O Ribeiriño, como se tratase de emular á bisbarra do Ribeiro, sonada pola produción de viños, leva a mesma denominación, anque sexa en diminutivo, non sabemos se posto ironicamente polos foráneos ou, con orgullo, polos propios veciños. Ata hai uns cen anos toda a beira do Miño, na contorna do Ribeiriño, estaba tapizada de viñas que chegaban ata o río.

O Ribeiro (Comarca -Ver seguinte- ║ parroq. de Bande ║ lug. de Orga, Celanova).-- De ripariu, derivado de ripa, é o mesmo que "ribeira", pero debe considerarse que, ademais, "ribeiro" é palabra común do portugués (e pode que o fose do galego xa que aparece en varios dicionarios) co significado de regueiro, río pequeno.

O RIBEIRO.-- Comarca do N.O. da provincia, cunha superficie de 407,1 km² nos que viven 16.817 habitantes (2015). Comprende os concellos de Ribadavia (onde está a capital) e mais os de A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro e Melón. Entre todos eles acollen 63 parroquias. As altitudes xeográficas son variadas e van desde os 1.000 m. do Faro de Avión ou a Serra do Suído ata os 97 de Ribadavia. Está regada polo río Miño e múltiples afluentes dos que destacan o Arnoia e o Avia. Hai, como é ben sabido, unha Denominación de Orixe do viño que leva o seu nome, pero que non se corresponde exactamente coa realidade administrativa da comarca. Para a etimoloxía ver a entrada anterior.

Page 11: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Ribela (lug. e parroq. de Coles ║ Reádigos, O Irixo ║ San Xoán de Moreiras, O Pereiro de Aguiar).-- Do lat. ripa, ‘ribeira’ con diminutivo –ela < -ullus, -ulla. (Lat. vulgar ripella)

Ribiñas (O Lago, Maside).-- Pode ser un diminutivo de 'ribas', como se hoxe dixéramos 'beiriñas'. Pero tamén pode que se trate de "Reviñas". Neste caso sería "Río (das) viñas", pola redución de Río en Re, fenómeno moi corrente.

Ribó (Torán, Taboadela).-- É o mesmo que Riobó (río bo). Este ven de rivus bonus e aquel tamén pero con redución do rivus en ri.

Ricosende (Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras).-- Nome de posesor. Probablemente dun Recesindus.

Ricovanca (Xirazga, Beariz).-- Supón J. Caridad (que o escribe con "b") que está relacionado co antropónimo celta Rico-banica que podería estar formado polo nome persoal Bannio precedido do teónimo Rigo. (Recorda que Bannio está presente, por exemplo, nos topónimos Bañolas, Bañobre ou Venta de Baños.)

A Rigueira (Tuxe, O Bolo).- O mesmo que "regueira". É unha disimilación vocálica.

O Río (lug. e parroq. de Vilamarín ║ Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas ║ Santa Mariña de Albán, Coles ║ San Cosmede de Cusanca, O Irixo ║ Oseira, San Cristovo de Cea).-- Transparentes. Ou case. Será así se o nome foi posto en romance, pero se foi posto en latín (rivu), en realidade, estase referindo a un regato ("un arroyo" en castelán). Río en latín era flumen, -inis. ║ Pódese pensar que as primeiras casas que se obran ó pé dun río son sempre coñecidas por este nome, salvo que o sitio xa tivese outro anterior.

Río de Abaixo e Río de Arriba (Senllos lugares da parroq. de Redemuíños, Quintela de Leirado).-- Distinción entre dous lugares próximos a unhas corgas de pouco caudal que verten no río Pequeno, este no río Grande e, finalmente, no Deva.

Río Caldo (parroq. de Lobios).-- Esta parroquia toma o nome do río que a recorre sendo antes (955) "Rivo Calido", de Rivus calidus, "río quente", polas augas termais que verten no lugar chamado, precisamente, Os Baños.

Ríobó (Osmo, Cenlle ║ Prado, Vilar de Barrio).-- Parece transparente (Río Bo, de rivus bonus) aínda que hai que ter en conta a existencia da voz céltica *bod, "auga, charca, fonte" ou do antropónimo, tamén celta, Bonnus/Bonno. Calquera destas circunstancias puidera estar na orixe do nome.

Riocabe (Moura, Nogueira de Ramuín).-- Nome composto no que a primeira parte, "rio" (do lat. rivus, "regato"), está clara sendo a segunda, "-cabe", a reminiscencia dun hidrónimo paleoeuropeo, o mesmo do río Cabe, afluente do Sil na provincia de Lugo. Probablemente signifique o mesmo ca rivus, pero nunha lingua anterior co que estaríamos ante unha tautoloxía (Río Río), fenómeno moi habitual en hidronímia.

Riodebodas (San Xes, Paderne de Allariz).-- É "Rio de bodas", sendo este "bodas" un resultado do lat. buda, nome da planta herbácea "espadana".

Riodolas (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras).-- Hai un rio Riodolas (chamado Casoio máis adiante) que rega esta parroquia e desemboca no Sil. Este é un nome tautolóxico non tanto pola repetición da palabra "río" senón porque "dolas" ou "olas" ten tamén un valor hidronímico. Ese "-olas" debe de ser a mesma raíz do río Ulla.

Page 12: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Ríomao (lug. e parroq. da Veiga).-- Toma o nome dun dos varios Río Mao que existen na provincia. O problema é que o nome destes ríos tanto poden derivar dun rivulo Malo, "río malo", como de rivulo Humano, vindo este Humano ou *Umanum dunha raíz prerromana *ombh significadora de auga e río. Incluso cabe a posibilidade de que ese "mao" esté ocultando un antigo antropónimo. Por exemplo, o celta Malo ou Mallus.

Riós (lug., parroq. e Conc. da Com. de Verín).-- A denominación actual de Riós identifícase con outras varias usadas ó longo da Historia tales como Urriola, Urriolos, Urriós e Orriós. Esta última -presente, desde o menos, o século XVIII- debería ser hoxe a correcta. Malas prácticas oficiais trocaron Orriós por O Riós para deixalo logo en Riós. En canto á etimoloxía hai diverxencias. Uns autores, como Moralejo Laso, propoñen un lat. *riviolos (dim. de rivu, "regatos"), "regatos pequenos". Outros retrotráeno á base prerromana orr-, "altura, cume" e Vicente Feijoo concrétao na voz orriolus, "val entre montañas" ou "val con moitas concas fluviais". O xentilicio, en consonancia coa tradición histórica, é orriolense.

Rioseco (lug. e parroq. de Calvos de Randín ║ Figueiroá, Paderne de Allariz, capitalidade do Concello).-- Composto expresivo derivado de rivus (regato) e siccus (seco, árido). Pódese tratar dun arroio, unha corrente de auga non permanente.

Robledo (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras) ║ O Robledo (Cernego, Vilamartín de Valdeorras) ║ O Robledo de Lastra (lug. e parroq. de Rubiá) ║ Roblido (lug. e parroq. da Rúa).-- Fitotopónimos transparentes: lugares poboados de carballos (Quercus robur), pero dándolle a estos o nome latino robore (en vez do prerromano orixe do "carballo" galego). Robore deu 'roble' en castelán. Algún deses topónimos podería ser sitio de rebolos (reboretu). (V. Rebordechá e seguintes.)

A Roda de Arriba (Castromao, Celanova) ║ A Roda de Abaixo (Vilanova dos Infantes, Celanova) ║ Rodas (Xuvencos, Boborás).-- Sendo palabra sobradamente coñecida para designar a sabida peza xiratoria ou, metaforicamente, un espazo ou un obxecto circular parece, sen embargo, que como referente toponímico é moi probable que se estea a referir a un artificio determinado, un obradoiro ou unha industria de uso popular, como podería ser unha roda de oleiro ou unha roda de facer cordas.

Rodeiro (Abelenda.Avión).-- Camiño de carros. Do lat. rotariu.

Roimelo (lug. da parroq. e Conc. de Allariz).-- Suponse que do antropónimo xermánico Rodemirus.

Roiriz (Folgoso, Allariz ║ Bidueiros, Dozón).-- Antrotopónimo. De Roderici, xenitivo do nome xermánico Rodericus.

Roma (Piñor, Barbadás).-- E. Bascuas identifícao con "burato" e diversos dicionarios aplican a palabra "roma" ao circulo que se fai na terra para xogar ó ché ou espeta. Pero E. Rivas falando da onomástica persoal recoñece o nome Romanus como étnico de Roma, que sería o actual Román, e que primeiro foi un cognomen formado desde romanus, a, um, "propio de Roma". (Tamén deu o apelido Romai.)

Romariz (lug. da parroq. e Conc. de Riós).-- O nome Romaricus debeu de ser habitual na Galicia do medievo pois hai, polo menos, 18 entidades de poboación chamadas Romariz ou Romarís (o mesmo con seseo). Do xenitivo latino deste nome, Romarici, veñen estes topónimos.

Rosairo (Alongos, Toén).-- Variante de roseira, o arbusto das rosas.║ E. Rivas inclúeo nunha

Page 13: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

lista de topónimos que son derivados do verbo "rozar", pero que por mor do seseo pasan a "rosar". ║ Para outros autores é un nome relacionado con ‘rosario’ (a práctica relixiosa dedicada á Virxe), o cal, á súa vez, pertence ó ámbito de rosa e roseira.

O Rosal (lug. da parroq. e Conc. de Oimbra).-- Transparente. De rosale, derivado de rosa.

Rosén (Guillamil, Rairiz de Veiga).-- Menéndez Pidal inclúeo nunha lista de topónimos (de sufixo -en) derivados de antropónimos e di que acaso veña de Rosius.

Rosendo (Sobreganade, Porqueira).-- Derivación dun nome de posesor, quizais un Ranosindus.

Roucos (A Pena, Cenlle).-- O étimo parece o adx. lat. raucus, a, um, "rouco, fatigado, cansado". Podería ser o alcume dun posesor, Raucus, "O Rouco".

O Roupeiro (San Martiño de Moreiras, Pereiro).-- De vila de Raupario (Rauparius). Raupario > Raupairo, e logo Roupeiro quizais por derivación popular (buscando un nome coñecido e poñéndolle –en consecuencia- un artigo que non tiña).

Roxomilo (Velle, Ourense).-- Outro topónimo derivado dun nome xermánico latinizado, neste caso Ragemirus (que significaba ‘Sonado Conselleiro’.) O sintagma orixinario (nun latín tardío) sería *(villa) de Ragemiro.

Rozadas (Viña, Vilamarín) ║ Rozas (San Martiño de Berredo, A Bola ║ Rubiás, Ramirás).-- Terras ruptiatas, roturadas ou rozadas, preparadas para cultivar.

Rozavales (San Martiño de Manzaneda, Manzaneda).-- Relacionado con labores agrícolas, quizais en concreto coa "roza" que se fai nun monte. Do lat. ruptiare, "roturar, romper, rozar, cortar" e valles ou vallis, "val, valgada". Antes escrito Roçavales.

Rozas.-- Ver Rozadas.

A Rúa (Grou, Lobios ║ Loureiro, O Irixo) ║ A Rúa de Valdeorras (lug. parroq. e Conc. da Com. de Valdeorras) ║ A Rúa Vella (barrio da mesma parroq. e Conc. do anterior).-- Transparente. É palabra común, pero ven do lat. ruga, "arruga da cara ou da roupa", que co tempo adquiríu o sentido actual. Polo tanto a motivación do topónimo tanto pode ser unha metafórica "arruga" do terreo como a do actual valor viario, sendo esta a máis probable. (E. Rivas opina que a palabra non a tomou o galego directamente do latín senón a través do francés rue.) Na Rúa de Valdeorras, no lugar coñecido como A Cigarrosa, había en tempos romanos unha "mansión" da Via XVIII (a de Braga a Astorga), chamada "Forum gigurrorum". Xentilicio: rués, ruesa.

Page 14: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Unha rúa da Rúa de Valdeorras.

Rubiá (lug., parroq. e Conc. de Valdeorras).-- Segundo Piel pode ter unha orixe antroponímica, "(villa) Rubiana", referida a un tal Rubius. Xentilicio: rubiao, rubiá.

Rubiais (lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ Rubial (lug. da parroq. e Conc. de Leiro) ║ Rubiás (lug. e parroq. de Ramirás ║ Pardavedra, A Bola ║ Os Espìñeiros, Allariz ║ Cadós, Bande ║ Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín ║ Ourantes, Punxín) ║ Rubiás dos Mixtos (parroq. de Calvos de Randín).-- Topónimos todos eles relacionados dalgún xeito ca cor rubia ben por ser terras que tiran a esa tonalidade ben por ter unha vexetación que así colorea. Dito iso tampouco se pode descartar algunha derivación -cando menos nalgún caso- do lat. rupes, is, "rocha, penedo".

A Rubiña (parroq. e Conc. de Padrenda).-- Diminutivo de "rubia", referido a cor da terra. Ver anterior.

Page 15: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

SSa (Albarellos, Boborás ║ Valongo, Cortegada ║ Serantes, Leiro ║ Araúxo, Lobios ║

Armariz, Nogueira de Ramuín ║ Condado, Padrenda ║Domés, Verea)║ Saa (San Cibrao de Armental, A Peroxa ║ lug. da parroq. e Conc. de Carballeda ║Sadurnín, Cenlle ║ Seoane de Arcos, O Carballiño ║San Salvador de Mourisco, Paderne de Allariz).-- Sa e Saa son derivacións do xermánico sala que para uns ten o significado de "edificio dunha soa habitación de recepción" (que sería o precedente da palabra actual do vocabulario común) e para outros significa "casal, vila, quinta". ║ Piel indica que os topónimos Sala / Saa / Sá responden a "residencias particulares de godos livres". Neste senso serían equivalentes a vila ou pazo.

Saavedra (Dadín, O Irixo).-- Composto de "saa" e "vedra" que hoxe serían "sala" e "vetusta". Ver Sa.

Sabadelle (lug. e parroq. de Pereiro de Aguiar).-- De (villa) Sabbatelli, (finca de) Sabbatellus.

[Escrito Sabatelli en 1153.]

Sabariz (lug. e parroq. de Rairiz de Veiga ║ Cornoces, Amoeiro ║ San Xes de Vilariño, Lobeira ║ Eiras, San Amaro).-- De *(Villa) Sabarici, ‘Vila de Sabaricus’, nome xermánico.

Sabín (Paredes, Montederramo).-- De *(villa) Sabinii, "Vila de Sabinus".

Saborida (Cabanelas, O Carballiño) ║ Sobredo (Albarellos, Boborás ║ Quereño, Rubiá).-- Derivados colectivos de sobreira. Como sobral, sobreiral, etc.

Sabucedo (parroq. de Porqueira ║ Sabucedo de Montes, Cartelle ║ Ourille, Verea) ║ Sabucedo de Montes (parroq. de Cartelle) ║ Sabucedo dos Peros (Abades, Baltar).-- Derivado colectivo da árbore chamada sabugo ou sabugueiro. (V. o seguinte)

Sabugueiro de Abaixo e Sabugueiro de Arriba (Castrelo, San Xoán de Río ║ O Sabugueiro (Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas).-- O sabugueiro, tamén chamado sabugo e bieiteiro, é o arbusto Sambucus nigra, coñecido como saúco en castelán.

Sabuguido (lug. e parroq. de Vilariño de Conso).-- Lugar cheo de sabugueiros (V. Sabugueiro).

Sabuz (Anfeoz, Cartelle).-- Antrotopónimo formado sobre o nome latino Sabucius.

Sacardebois (parroq. de Parada de Sil).-- Coinciden varios autores en que este nome é un antrotopónimo; o que pasa é que está tan modificado e disfigurado que é pouco menos que imposible poñerse de acordo para reconstruir o nome orixinal. Para Joaquín Caridad Arias é un composto de dous nomes personais no que o primeiro pode ser o celta Saccarius ou o posible iberico Sagar ou Sacar. O segundo sería un derivado do celta Bodo. Por certo, en latín e segundo o dicionario, "saccarius" é tamén un oficio: cargador ou fabricante de sacos. ║ O Padre Sarmiento entendía que era unha deriva de Riboira Sacrata. (Riboira Sacrata > Sacra Riboira > Sacar Deboira > Sacar de Boira > Sacar de Boi > Sacar de Bois)

Page 16: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Saceda (San Miguel do Campo, Nogueira de Ramuín ║ Palmés, Ourense) ║ A Saceda (Lucenza, Cualedro).-- Moralejo supón que é unha derivación do latín herba salax, a planta saramago. (‘Saramago’ -en castelán ‘jaramago’- deriva, probablemente, do árabe sarmaq). En cambio Piel asimílao a Salceda (lat. salix, salicis, ‘salgueiro’ + -eta), é dicir, colectivo de salgueiros.

Sadurnín (lug. e parroq. de Cenlle).-- Dun *(villa) Saturnini, e dicir, *vila de Saturninus, nome latino relacionado co deus Saturnus.

Sagra (lug. e parroq. do Carballiño).-- Este topónimo cítao E. Rivas como exemplo de certos fenómenos de cambio morfolóxico. O nome orixinal sería As Agras, transparente, para designar campos ou leiras grandes. A partir de aí pasaría polos seguintes estados: As Agras > As Sagras > A Sagra > Sagra. (A súa relación con sagro/sagra é inexistente, salvo a influencia fonética que puidera ter tido nos cambios mencionados.)

O Saído (lug. da parroq. e Conc. de Pontedeva).-- Enigmático. Un saído é o mesmo que un saínte, algo que sobresae. Pero nesta acepción non encaixa con nada. Tamén lle chaman "saídos" ou "salidos" ás hortas á saída da casa ou da aldea. Pero como topónimo dun lugar habitado non tería sentido. Máis ben podería referirse a un corredor dunha casa antiga dado que nalgúns lugares chámanlles así.

Saínza: A Saínza de Abaixo e A Saínza de Arriba (lugares da parroq. e Conc. de Rairiz de Veiga).-- Topónimo un tanto escuro que ten defensores de dúas opinións distintas. Destas opinións, a que máis encaixa coa realidade do terreo e a dunha procedencia do lat. planitia, -ae, "planicie, chaira". A evolución, seguindo a E. Rivas, podería ser: planitia > Chaíza > *Saíza > Saínza. A outra opinión, iniciada por Piel, estaría relacionada con salicea, "lugar de salgueiros".

Salamonde (parroq. de San Amaro. Ata 1857 chamábase así todo o concello).-- Antroponímico. De *villam Sallamundi, e dicir, (Vila de) Salamundus.

Salas.-- Río ourensán, afluente do Limia, cuxo nome se emprega como determinante de dous lugares e parroquias do Concello de Muíños: Couso de Salas e Maus de Salas. Tal río figura en escritos medievais con distintos nomes: Sallarem, Salar, Psallare, etc., procedentes da primitiva raíz indoeuropea *sal-, "oleaxe, auga que flue, corrente", ou da forma *sal-na, derivada da anterior. (Igual que Salón -Ver máis abaixo-.)

Salceda (Mirallos, A Peroxa ║ Cameixa, Boborás).-- É o mesmo ca "salgueira" ou salgueiral, ou sexa, un grupo de salgueiros. De saliceta, derivado de salix, salicis, ("salgueiro") + -eta.

Salgados (lug. da parroq. e Conc. de Rairiz de Veiga).-- 'Salgado' (aparte de participio do verbo 'salgar') é tamén unha forma dialectal de 'salgueiral', "sitio de salgueiros". Sen embargo o feito de estar en plural e tendo en conta que 'Salgado' é un apelido galego moi antigo fai pensar se o topónimo non estará motivado pola presenza dunha familia así chamada. Ese uso do plural dos apelidos é corrente en Galicia. En Lugo, no Concello de Riotorto, hai un lugar chamado "Os Salgados", o cal non ten dúbida nese sentido e permite pensar que pode ser o mesmo caso neste que estamos a tratar.

A Salgueira (Vilaza, Monterrei).-- Salgueiro (de salicario), masculino, é a coñecida árbore e salgueira (de salicaria), feminino, é o seu colectivo. Como salgueiral.

Salgueiro (Desteriz, Padrenda) ║ Salgueiros (Armariz, Xunqueira de Ambía) ║ O Salgueiro (Prado de Limia, Muíños ║ Vilamaior do Val, Verín).-- Fitotopónimos transparentes.

Page 17: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Correspóndense coa coñecida árbore salgueiro (Salix alba), nome que en galego vén de salicario. En castelán, o equivalente sauce, vén dunha forma máis primitiva, salicem (acusativo de salix, -icis).

Salgueirós (Vilarrubín, Peroxa).-- Fálanos de salgueiros pequenos. Vén de salicariolo, dim. de salgueiro. ‘Salgueirolos’ con perda do último "l".

Salón (Albarellos, Boborás).-- Esta aldea está situada na confluencia do río Viñao co Avia e o seu nome é un hidrónimo equivalente ó do río Jalón, afluente do Ebro, ou ó do río Xalón (castelanizado tamén como Jalón) do País Valenciano. É unha forma paleoeuropea derivada da raíz *sal-, "oleaxe, corrente, auga que flúe".

Salpurido (Zarracós, A Merca).-- O salpuro, ó dicir do P. Sobreira, é un nome alternativo da planta herbácea máis coñecida por poexo (Mentha pulegium), poejo tamén en portugués e poleo en castelán. Salpurido é un derivado seu co sufixo -etu.

Salto do Can (Aforas do Couto, Ourense).-- Sospéitase que o nome orixinario sería Santo do Can, supoñendo alí unha capela de San Roque, o "santo do can".

Samances (A Veiga, Celanova).-- Topónimo de antigüidade prerromana de escuro sentido. É un dos citados por Moralejo Laso no seu estudo das formas Samanos, Samoanos, Samos, etc. e puidera estar motivado por un grupo étnico de nome Samanicus ou similar. E. Rivas propón un San Mancius.

Sambades (Ansemil, Celanova).-- De *(villa) Sambati, ou "(vila) de Sambatus". Este antropónimo quizais fose celta e estivese formado sobre Batto, nome dunha divindade galaica.

Sampil (Amoroce, Celanova).-- De *(villa) Sampiri, ou "(vila) de Sampirus". Hai quen ve unha posible relación deste nome persoal co de San Pedro como resultado dun composto Sanctus Petrus.

San … / Santa … / Santo … : Haxiotopónimos. Son topónimos "civís" (xeográficos e históricos) que moitas parroquias e lugares teñen de seu á marxe da xurisdición eclesiástica.

(Todos os nomes que se relacionan a continuación son auténticos topónimos de lugares, parroquias e 4 concellos. Non se inclúen -por pertencer a outro eido temático- as advocacións dos santos titulares das parroquias, que poden coincidir co topónimo ou non.)

San Amaro (Concello da Com. do Carballiño ║ lug. da parroq. e Conc. da Arnoia ║ lug. da parroq. e Conc. de Barbadás ║ Crespos, Padrenda).-- Poden proceden de Sanctus Maurus. Sen embargo non está claro a que personaxes históricos se poden referir os haxiotopónimos xa que houbo, polo menos, un San Mauro e dous San Amaro. (Xentilicio do concello da comarca do Carballiño: amarés, -esa.)

San Andrés (Armariz, Xunqueira de Ambía).-- É o nome greco-latino do apóstolo Andreas (que significaba 'virilidade'). (V. Santo André)

San Baínto (Piñeiro, Maside).-- Alteración de "San Benito" (San Bieito). (Iso é comprensible, pero hai quen se pregunta se non será unha influenza primitiva do nome de Batus (ou Badus), unha divindade precristiá.)

Page 18: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

San Bartolomeu (Cameixa, Boborás).-- Nome xudeo-grego, Bartolomé, dun dos apóstolos.

San Benito da Veiga (Sabadelle, O Pereiro de Aguiar).-- "Benito" é o nome castelá, moi estendido, do galego Bieito, Benedictus en lat., iniciador da vida monástica en occidente.

San Cibrao (Acevedo do Río, Celanova ║ Oimbra, Oimbra ║ lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ ...

San Cibrao das Viñas (lug., parroq. e Conc.) ║ ...

San Cibrao de Armental (lug. e parroq. da Peroxa).-- Sanctus Cyprianus, bispo de Cartago martirizado no 253. O nome estaba formado sobre o grego-latino Cyprius, "chipiotra". O xentilicio do concello de San Cibrao das Viñas é sancibrao, á.

San Clodio (lug. e parroq. de Leiro).-- Santo con nome latino, Claudus (que significaba "coxo"), coñecido en castelán coma Claudio.

San Cosme de Montederramo (parroq. de Montederramo) ║ ...

San Cosmede (A Encomenda, A Pobra de Trives) ║ ...

San Cosmede de Cusanca (parroq. do Irixo) .-- San Cosme ou Cosmede foi médico e mártir, igual ca o seu irmán Damián. Derredor do ano 300.

San Cristovo (Cameixa, Boborás ║ lug. e parroq. de Chandrexa de Queixa ║ lug. e parroq. de Monterrei ║ San Salvador de Mourisco, Paderne de Allariz ║ Paizás, Ramirás ║ San Cristovo de Regodeigón, Ribadavia ║ A Trepa, Riós ║ lug. e parroq. de Vilariño de Conso) ║ ...

San Cristovo de Cea (Conc. da Com. do Carballiño) (Xentilicio: ceés, ceesa) ║ ...

San Cristovo de Regodeigón (parroq. do Conc. de Ribadavia).-- O nome grego Khristóphoros ("portador de Cristo") deu Cristovo en galego, Cristóvão en portugués e Cristóbal en castelán. Aluden a un mártir turco.

San Fagundo (lug. e parroq. de San Cristovo de Cea).-- San Facundo, mártir do século IV sacrificado nesta zona, á beira do río Cea, xunto co seu irmán San Primitivo. (V. Sanfagundo)

Sanfitoiro.- Ver máis abaixo, no listado xeral.

San Fiz (lug. e parroq. da Veiga ║ lug. do Ribeiro, Bande ║ lug. de Cadeliña, Chandrexa de Queixa ║ lug.de Armeses, Maside ║ lug. de Soutomaior, Taboadela ║ lug. de Puga, Toén ) ║ ...

San Fiz Vello (San Fiz, A Veiga).-- Proceden de Sanctus Felix, -icis. Aluden a un mártir xerundense. (Obsérvese que San Fiz Vello é un lugar concreto da parroquia de San Fiz.)

San Lourenzo (lug. e parroq. da Veiga ║ San Miguel de Melias, Coles ║ A Pena, Cenlle) ║ ...

San Lourenzo de Abeleda (lug. e parroq. de Porqueira) ║ ...

Page 19: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

San Lourenzo de Barxacova (lug. e parroq. de Parada de Sil) ║ ...

San Lourenzo de Fustáns (parroq. de Gomesende) ║ ...

San Lourenzo de Pentes (lug. e parroq. da Gudiña) ║ ...

San Lourenzo de Siabal (lug. e parroq. de Paderne de Allariz) ║ ...

San Lourenzo de Trives (lug. e parroq. da Pobra de Trives) .-- De Sanctus Laurentius, diácono romano mártir.

San Mamede (lug. e parroq.de Viana do Bolo ║San Martiño de Berredo, A Bola ║ Velle, Ourense ) ║ ...

San Mamede da Canda (A Canda, Piñor) ║ ...

San Mamede de Hedrada (lug. e parroq. de Vilariño de Conso) ║ ...

San Mamede de Sobreganade (Sobreganade, Porqueira) ║ ...

San Mamede de Trives (lug. e parroq. da Pobra de Trives).-- Ver Trives.║ ...

San Mamede de Urrós (lug. e parroq. de Allariz).-- Mártir da Capadocia (Asia Menor) do século III. I seu culto estendeuse por Europa a raíz da traída sas súas reliquias a Potiers no século VI. Hai quen pensa (sen aportar ningún fundamento) que foi galego e posterior, co nome relacionado co árabe Mohamed. Para outros o seu culto é a pervivenza dun rito precristián ante unha divindade das alturas das montañas.

San Martiño (lug. e parroq. do Bolo ║ lug. e parroq. de Viana do Bolo ║ Carracedo, A Peroxa ║ Betán, Baños de Molgas ║ lug. da parroq. e Conc. de Cartelle ║ Camba, Castro Caldelas ║ Milmanda, Celanova ║ Montes, Cualedro ║ Alixo, O Barco de Valdeorras ║ Oseira, San Cristovo de Cea ║ Domés, Verea ║ O Río, Vilamarín) ║ ...

San Martiño de Berredo (lug. e parroq. da Bola) ║ ...

San Martiño de Grou (parroq. de Lobeira e de Lobios) ║ ...

San Martiño de Lamas (Lamas, San Cristovo de Cea) ║ ...

San Martiño de Manzaneda ( lug. e parroq. de Manzaneda) ║ ...

San Martiño de Moreiras (lug. e parroq. do Pereiro de Aguiar) ║ ...

San Martiño de Pazó (lug. e parroq. de Allariz) ║ ...

San Martiño de Porqueira (parroq. de Porqueira) ║ ...

San Martiño dos Peros (Abades, Baltar) ║ ...

O San Martiño (lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Ambía.-- Teoricamente poden referirse ó de Tours (sec. IV) ou ó de Braga (sec. VI), pero o máis probable é que refiran ó primeiro cuxa devoción foi introducida nestas terras polo segundo. É o patrón da Diocese de Ourense e a súa festa celébrase o once de novembro. O nome procede do romano Martinus, derivado do do deus Marte. Hoxe en Galicia hai 85 lugares habitados que se chaman San Martiño máis outros sete en Lugo co nome de San Martín.

Page 20: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

San Miguel (Torneiros, Allariz ║ San Paio de Abeleda, Castro Caldelas ║ Armeses, Maside ║ Cados, Muíños ║ Calvelle, O Pereiro de Aguiar ║ Congostro, Rairiz de Veiga ║ lug. e parroq. de San Xoán de Río ║ Padreda, Vilar de Barrio ║ Ramil, Xunqueira de Espadanedo) ║ ...

San Miguel do Campo (parroq. de Nogueira de Ramuín) ║ ...

San Miguel de Bidueira (lug. e parroq. de Manzaneda) ║ ...

San Miguel de Outeiro (lug. e parroq. de Vilamartín de Valdeorrras).-- De Sanctus Michael, nome hebreo que significa "¡Quén coma El!". É un arcanxo da Biblia.

San Millao (lug. e parroq. de Cualedro).-- A parroquia só ten un lugar habitado, co que comparte nome, igual que un castro (tamén chamado Cidá do Castro). O nome probablemente se corresponda co santo castelán coñecido como San Millán, eremita do século V-VI. É un nome latino equivalente ó de Emiliano. Pero tamén pode tratarse dun falso haxiónimo e que ese nome estea encubrindo algunha palabra da lingua dos antigos poboadores do castro, logo modificada por etimoloxía popular. A parroquia ten unha duplicidade no santoral xa que se titula "Santa María de San Millao". Isto pode deberse a que houbese un cambio na advocación e que quedase conservando as dúas nominando ó 'San Millao' coma un topónimo asentado, non como un nome de santo. Outra explicación é a que dixemos dun posible falso haxiónimo.

San Nicolao (Mirallos, A Peroxa).-- Foi un bispo de Anatolia do século IV cuxa devoción tivo unha certa extensión en Galicia. A súa figura inspirou, nalgúns países, ó lendario personaxe de Santa Klaus do Nadal. O nome, Nicolao ou Nicolás, é de orixe grega.

San Paio (Carracedo, A Peroxa ║ Bóveda de Amoeiro, Amoeiro ║ Abades, Baltar ║ Servoi, Castrelo de Val ║ Rabal, Celanova ║ A Guía, Gomesende ║ Cesuris, Manzaneda ║ Piñeiro, Maside ║ Mones, Petín ║ Ventosela, Ribadavia ║ Castrelo de Cima, Riós) ║ ...

San Paio da Veiga (A Veiga, Celanova) ║ ...

San Paio de Abeleda (parroq. de Castro Caldelas) ║ ...

San Paio de Arauxo (lug. e parroq. de Lobios) ║ ...

San Paio do Carballal (Marrubio, Montederramo) .-- Do nome greco-latino Pelagius. Paio en galego e Pelayo en Castelán. Estes topónimos aluden a un neno de Tui martirizado en Cordoba no ano 925.

San Pedro (Berredo, A Bola ║ lug. da parroq. e Conc. de Cartelle ║ Macendo, Castrelo de Miño ║ O Burgo, Castro Caldelas ║ Barxa, Celanova ║ Cesuris, Manzaneda ║ Sabariz, Rairiz de Veiga ║ Reádegos, Vilamarín ║ As Maus, Vilar de Barrio ║ lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Espadanedo ║ barrio rural do extrarradio de Ourense, antes Canedo) ║ ...

San Pedro da Mezquita (parroq. da Merca) ║ ...

San Pedro de Laroá (lug. e parroq. de Xinzo de Limia) ║ ...

San Pedro de Rocas (Rocas, Esgos) ║ ...

Page 21: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

San Pedro da Torre (parroq. de Padrenda) ║ ...

San Pedro de Trasverea (Trasestrada, Riós) ║ ...

San Pedro dos Nabos (Teixido, O Bolo).-- Apóstolo de Cristo de nome Shimón Bar Ioná. Tamén coñecido como Cefas, que en arameo significaba "roca". Acabou predominando ese significado, pero en grego coa palabra Petro/Petra. De aí o latino Petrus e o galego Pedro. Aparte destes haxiotopónimos a advocación de San Pedro como patrón parroquial é a segunda máis estendida, despois de Santa María.

San Román (Sobradelo, Xunqueira de Ambía).-- En memoria de San Román de Antioquía, un diácono e mártir cristián de Siria que sufriu martirio no ano 303.

San Roque (lug. da parroq. e Conc. de Punxín ║ Salamonde, San Amaro) ║ ...

San Roque de Crespos (capitalidade do Conc. de Padrenda - Crespos, Padrenda).-- Peregrino francés do século XIII que recorreu Italia dedicándose a curar a todos os infectados da peste. A partir do século XV a súa devoción estendeuse rapidamente por toda Europa chegando tamén a Galicia onde hoxe, aparte de máis de 30 haxiotopónimos, hai moitas ermidas co seu culto.

San Salvador (Prexigueiró e Vilariño, parroq. ambas do Pereiro de Aguiar) ║ ...

O San Salvador (lug. da parroq. e Conc. de Allariz) ║ ...

San Salvador de Mourisco (lug. e parroq. de Paderne de Allariz) .-- Advocación cristiá por antonomasia nos tempos antigos. Lat. Salvator.

San Sebastián (Anllo, San Amaro).-- Soldado do exército romano martirizado no ano 288.

San Silvestre de Argas (lug. e parroq. de San Xoán de Río).-- San Silvestre foi papa da Igrexa Católica entre o 314 e o 335.

San Simón (Sorga, A Bola).-- Un dos doce apóstolos, coñecido como "Simón o Cananeo" ou "O Zelote".

Santoalla.-- Ver máis abaixo, no listado xeral.

San Tomé (lug. e parroq. de Cartelle ║ (Piñeiro, A Pobra de Trives ║ Tras do Hospital, Ourense ║ Ourantes, Punxín ║ Freás de Eiras, Ramirás) ║ ...

San Tomé de Serantes (Serantes, Leiro).-- Apóstolo de Cristo. A palabra aramea "Tau'ma", significa "xemelo".

San Trocado (parroq. de Allariz).-- De Sanctus Torquatus. (Este nome quería dicir torque ornatus, "adornado con torques".) [No Madoz -1846- esta parroq. figura como Alfoz de Allariz]

San Vicente (A Carballeira, Nogueira de Ramuín ║ Ourille, Verea ) ║ ...

San Vicente de Leira (lug. e parroq. de Vilamartín de Valdeorras) ║ ...

San Vicenzo (lug. da parroq. e Concello de Avión ║ San Miguel de Bidueira, Manzaneda).-- De Sanctus Vincentius ("o vitorioso"). Vicente e Vicenzo son dúas formas distintas para referirse ó mesmo santo.

Page 22: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

San Vitoiro (Ganade, Xinzo de Limia) ║ ...

San Vitorio da Mezquita (parroq. con 7 lugares en Allariz e 1 na Merca).-- Sanctus Victurius. Con este nome houbo un bispo de Le Mans do século V e un mártir militar leonés do século IV.

San Xes (lug. e parroq. de Paderne de Allariz) ║ ...

San Xes de Peroxa (lug. e parroq. da Peroxa) ║ ...

San Xes de Vilariño (parroq. de Lobeira).-- Do nome do notario e mártir (Sanctus) Genesius derivan en galego Xes e Xenxo e en castelán Ginés e Ginesio.

San Xiao (Fontefría, Amoeiro ║ Castromao, Celanova) ║ ...

San Xillao (lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Ambía).-- San Xiao/Xián ou Xillao son traducións de Sanctus Iulianus, Julián en castelán. É nome derivado do xentilicio Iulius. Foi un mártir do século IV.

San Xoán de Moreiras (lug. e parroq. do Pereiro de Aguiar) ║ ...

San Xoán de Río (parroq. e Conc. da Comarca de Trives).-- En Galicia hai arredor de 30 lugares co nome deste santo como topónimo. Procede de Sanctus Iohannes, nome hebreo do coñecido como Xoán o Bautista (con festividade o 24 de xuño) aínda que nalgún caso podería tratarse de Xoán Evanxelista (festividade 27 de decembro). Xentilicio deste concello: riés, riesa.

San Xorxe (Alais, Castro Caldelas).-- Variante de San Xurxo (V.)

San Xulián (lug. e parroq. da Rúa ║ Camba, Castro Caldelas ║ Cerdeira, San Xoán de Río).-- Probable castelanismo. Nome latino Iulianus. (V. San Xiao)

San Xurxo (parroq. de San Xoán de Río) ║ ...

San Xurxo da Touza (lug. e parroq. de Taboadela).-- Do nome greco-latino Sanctus Georgius, soldado romano, mártir, do século III ao que cunha posteridade de séculos se lle atribuíu unha lenda de loita cun dragón.

San Xusto (lug. e parroq. de Avión, capitalidade do Concello ║ lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras).-- Os santos Xusto e Pastor foron dous irmáns, de 9 e 7 anos, martirizados no ano 304. Nas dúas parroquias citadas réndese culto ós dous conxuntamente, pero o topónimo civil refírese só a un deles.

Santa Ana (A Encomenda, A Pobra de Trives ║ lug. da parroq. e Conc. de Sandiás ║ barrio rural do extrarradio de Ourense).-- Hebraico Hannah, despois latín Anna. Quería dicir "graciosa, chea de graza". Hai varios personaxes bíblicos con este nome, pero a conceptuada como "Santa" é a nai de María.

Santa Baia (Celaguantes, A Peroxa ║ Cornoces, Amoeiro ║ lug. da parroq. e Conc. de Lobeira ║ San Martiño de Moreiras, O Pereiro de Aguiar ║ lug. da parroq. e Conc. de Padrenda ║ lug. da parroq. e Conc. de Rairiz de Veiga ║ Progo, Riós) ║ ...

Santa Baia da Bola (Santa Baia de Berredo, A Bola) ║ ...

Santa Baia de Anfeoz (Anfeoz, Cartelle) ║ ...

Page 23: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Santa Baia de Berredo (parroq. da Bola) ║ ...

Santa Baia de Chamosiños (Chamosiños, Trasmiras) ║ ...

Santa Baia de Montes (Montes, Cualedro) ║ ...

Santa Baia de Urrós (lug. e parroq. de Allariz).-- Baia é unha forma popular do nome grego feminino Eulalia. (V. Santa Olaia)

Santa Cateliña (O Mundil, Cartelle).-- Probablemente se refira a Santa Cateliña de Alexandría, mártir cristiá do século IV cuxa festa se celebra o 25 de novembro. Catelinha en portugués e Catalina en castelán.

Santa Comba (lug. e parroq. de Bande) ║ ...

Santa Comba de Baroncelle (Moialde, Vilardevós).-- Para o predicado ver Baroncelle ║ ...

Santa Comba de Gargantós (lug. e parroq. de San Cibrao das Viñas) ║ ...

Santa Comba do Trevoedo (lug. e parroq. de Maside).-- De Sancta Columba, virxe galo-romana. Este nome ten variantes, como Santa Coloma (en áreas castelá e catalá) ou Santa Colomba (en áreas astur-leonesas).

Santa Cristina (lug. e parroq. da Veiga ║ Ventosela, Ribadavia).-- De Sancta Christina, mártir que levaba nome feminino e hipocorístico de Christus ("o unxido", en grego).

Santa Cruz (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras ║ lug. e parroq. do Bolo ║ Queixa, Chandrexa de Queixa ║ Arrabaldo, Ourense) ║ ...

Santa Cruz da Rabeda (lug. e parroq. de San Cibrao das Viñas) (V. Rabeda) ║ ...

Santa Cruz de Rubiacós (lug. e parroq. de Nogueira de Ramuín) ║ ...

A Santa Cruz de Grou (lug. e parroq. de Lobeira).-- Estes topónimos, se fosen sómente "Cruz", estaríanse a referir a cruces, cruzamentos ou interseccións, pero ó levar o atributo de Santa son claros haxiotopónimos alusivos á cruz de Cristo.

Santa Eufemia (Ambía, Baños de Molgas ║ Milmanda, Celanova ║ Salamonde, San Amaro).-- Santa ourensá, mártir, nacida por terras de Lobios. Na diocese de Ourense o seu culto tivo unha certa preponderancia chegando a ser copatroa da diocese. Hai autores que argumentan que esta personalidade é unha "apropiación" da figura de Santa Eufemia de Calcedonia.

Santa Isabel (Brués, Boborás).-- De Sancta Elisabeth, nome hebreo.

Santa Locaia (O Mesón de Calvos, Taboadela).-- Mártir toledana do século III coñecida como Leocadia.

Santa María (lug. da parroq. de Sta. María de Mones, Petín ║ lug. da parroq. de Sta.María de Traseirexa, Vilardevós ║ lug. da parroq. e Conc. de Castrelo de Miño ║ Vilanova dos Infantes, Celanova) ║ ...

Santa María de Cexo (parroq. de Verea) ║ ...

Santa María de Mones (parroq. de Petín) ║ ...

Page 24: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Santa María de Traseirexa (parroq. de Vilardevós) ║ ...

Santa María Madre (Rubiás, Ramirás).-- Nome hebreo feminino (Miriam) co que se coñece á Nai de Cristo. O uso de Santa María como advocación duna parroquia e incluso como haxiotopónimo é dos máis antigos, en moitos casos de antes do século VIII.

Santa Mariña (Esposende, Cenlle) ║ ...

Santa Mariña da Ponte (lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ ...

Santa Mariña de Albán (lug. e parroq. de Coles) ║ ...

Santa Mariña de Augas Santas (Augas Santas, Allariz) ║ ...

Santa Mariña de Froxais (San Martiño, Viana do Bolo) ║ ...

Santa Mariña do Monte (lug. e parroq. do Barco de Valdeorras ║ lug. e parroq. de Ourense).-- En toda Galicia hai 40 lugares con este haxiotopónimo (Santa Mariña), pero está por ver en que devoción se fundaron, se na de Santa Marina de Antioquía ou na lendaria da santa nacida en Xinzo de Limia e morta en Augas Santas. Chama a atención a pouca presenza deste culto no resto da península polo que hai quen pensa que Mariña puido ser, exclusivamente, un hipocorístico galego de María.

Santa Marta (Tioira, Maceda ║ Mosteiro, Ramirás║ Noalla, San Cibrao das Viñas ║ Córgomo, Vilamartín de Valdeorras) ║ ...

Santa Marta de Moreiras (lug. e parroq. do Pereiro de Aguiar).-- Marta é nome bíblico co significado de "dona". O santoral refírese a Marta, a irmá de Lázaro.

Santa Olaia de Esgos (parroq. de Esgos).-- Olaia é a versión galega do grego Eulalia («de hermoso hablar»), nome dunha mártir de Mérida (entón Lusitania).

Santa Ouxea (Graíces, A Peroxa ║ Piñor, Barbadás).-- Variante galega do nome Uxía, Eugenia en castelán, que procede do grego eu-genos, "a ben nacida".

Santa Següíña (Faramontaos, Nogueira de Ramuín).-- Curioso topónimo que resulta da

alteración do nome da santa en cuestión, quizais por ser pouco coñecida. Dito nome era o de Santa Seculina, que foi abadesa dun mosteiro beneditino francés, que morreu cara o ano 770 y cuxa festividade se celebra o 24 de xullo. Foi santa venerada en Portugal de onde puido vir a devoción. Nun documento de doazón de San Pedro de Rocas do ano 1007 pódese ler:

“... Item et alia villa in rippa de Laonia que vocitant Sancta Seculina et ecclesia Sancte Marie virginis prope ipsa ecclesia de Sancta Seculina ex altera parte rippe fluminis Laonie, ...”

Santa Tegra de Abeleda (parroq. de Castro Caldelas).-- Sabemos que Santa Tegra de Iconio (Thekla en grego e Tecla en castelán) foi un personaxe de existencia dubidosa, dos primeiros anos do cristianismo e dun lugar da actual Turquía. O difícil (como na inmensa maioría dos haxiotopónimos) é saber cómo este nome (e devoción) chegaron ata aquí.

Santa Xusta (A Carballeira, Nogueira de Ramuín).-- De Sancta Iusta, irmá de Santa Rufina, mártires en Sevilla.

Page 25: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Santiago (Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín ║ Valencia do Sil, Vilamartín de Valdeorras) ║ ...

Santiago da Medorra (A Medorra, Montederramo) ║ ...

Santiago da Rabeda (parroq. de Taboadela) (V. Rabeda) ║ ...

Santiago das Caldas (parroq. de Ourense).-- Santiago ven de Sanctus Iacobus > Sant Iaco > Sant Iago. O nome hebreo Iaakov pasou ó latin como Iacobus e de este ós romances con distintas formas. En galego: Santiago, Iago, Xaime, Xacobe e Xácome. En outros: Jacobo, Jakob, Diego, Jaime, Jaume, James, Yago, etc. ║ O determinante Caldas alude ás varias fontes termais que hai na parroquia.

Santiso.- Ver máis abaixo, no listado xeral.

Santiurxo e Santurxo.- Ver máis abaixo, no listado xeral.

Santo.- Ver máis abaixo, no listado xeral.

Santo Agostiño (Rubiais, Viana do Bolo).-- Referido a Santo Agostiño de Hipona, máximo pensador do cristianismo do primeiro milenio (354 - 430). O nome deriva do lat. Augustinus, que á súa vez ven de Augustus, "augusto, maxestuoso".

Santoalla.- Ver máis abaixo, no listado xeral.

Santo André (Albarellos, Boborás ║ Campo Redondo, Ribadavia ║ Vila de Rei, Trasmiras) ║ ...

Santo André de Penosiños (parroq. de Ramirás).-- Apóstolo e cabeza da Igrexa ortodoxa igual que o seu irmán Pedro o é da Católica.

Santo Antoíño (Vilamaior da Boullosa, Baltar).-- Nome galeguizado dun santo sobre o que hai informacións contraditorias. Probablemente se corresponda con San Antolín de Pamiers, nobre galo-visigodo, mártir, dos séculos V-VI. (A festividade de San Antolín celébrase o 2 de Setembro)..

Santo Antonio (A Encomenda, A Pobra de Trives ║ Monte Redondo, Padrenda).-- Probablemente estea referido a San Antonio de Padua, predicador e teólogo portugués dos séculos XII-XIII.

Santo Estevo (lug. da parroq. e Conc. da Peroxa ║ Os Espiñeiros, Allariz ║ Ponte Castrelo, Castrelo de Miño ║ Vilamoure, Punxín) ║ ...

Santo Estevo de Nóvoa (lug. e parroq. de Carballeda de Avia).- O determinante recorda unha antiga xurisdicción chamada "Terra de Nóvoa". Este topónimo (formado desde o diminutivo latino nóvula) é a orixe do estendido apelido galego Nóvoa. ║ ...

Santo Estevo de Ribas de Sil (lug. e parroq. de Nogueira de Ramuín).-- Protomártir cristián. O nome grego-latino Stéphanos significaba "coroa, honra, gloria".

Santo Eusebio da Peroxa (parroq.de Coles).-- Documentado no século XIII como Sanctu Eusebio e no XV como Santosebio. Único haxiotopónimo de Galicia relacionado con este santo.

Page 26: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Seoane.- Ver máis abaixo, no listado xeral.

fin da relación de haxiotopónimos

A aldea de San Lourenzo (de Melias, Coles) foi en tempos un priorato de Oseira. Dese feito

só se conserva unha capela e o nome polo que se coñecía e se segue a coñecer.

Sandamiro (Carracedo, Peroxa).-- Antrotopónimo. Sandamiro, nome romanizado de Sandamirus, xermánico.

Sande (lug. e parroq. de Cartelle ║ Xuvencos, Boborás).-- Antrotopónimo. De *(villa) Sandi, ou "(vila) de Sandus".

Sandiás (lug., parroq. e Conc. da Com. da Limia).-- Antrotopónimo. De (*villa) Sindilanis, xenitivo de Sindila. No 934 era Sindilanes. Úsase o xentilicio sandiao, -diá. ║ En tempos romanos alí había unha "mansión" da vía de Braga a Astorga (Via XVIII) chamada Geminis.

Sandín (A Veiga, Celanova ║ Flariz, Monterrei).-- Antrotopónimo. De *(villa) Sandini, ou "(vila) de Sandinus".

Sandulces (Navío, San Amaro).-- Antrotopónimo. De *(villa) Sendulfi, ou "(vila) de Sendulfus".

Sanfagundo (Desteriz, Padrenda).-- Haxiotopónimo: Trátase de San Facundo, pero cun fenómeno bastante habitual na evolución fonética: a sonorización do /c/ intervocálico que pasa a /g/, como en amicus > amigo; securum > seguro; aquam > auga.

"… Iohannes Didaci de Ripela, Petrus faber de Palaciis, Petrus Pelagii de Sancto Eusebio, Arias Iohannis de Baroo, Arias Martini, capellanus de Garavaes;"Aforamento de 1266. Sta. María de Oseira.

Page 27: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Sanfitoiro (lug. da parroq. e Conc. de Montederramo ║ Seoane de Argas, San Xoán de Río).-- Haxiotopónimo. Contracción de San Vitorio con cambio de "v" en "f" e metátese final quizais por influencia dun lugar de Chandrexa de Queixa chamado Fitoiro. Na provincia de Lugo tamén se da esa dualidade; un Fitoiro e un Sanfitoiro.

Sanguñedo (lug. e parroq. de Verea ║ Betán, Baños de Molgas ║ Vilar de Vacas, Cartelle ║ Campobecerros, Castrelo do Val).-- Designa a un colectivo de sanguiños. O difícil é precisar a que especie botánica se refire ese nome de sanguiño. Os dicionarios actuais fíxana na Rhamnus frangula, (castelán arraclán ou sangredo) pero puidera ser outra parecida.

Sanín (lug. e parroq. de Ribadavia) ║ Soutosanín (Tras do Hospital, Ourense).-- Antrotopónimo. De Sannini, xenitivo de Sanninus.

Santás (A Touza, Taboadela).-- Antrotopónimo. Antes foi Sentanes e suponse que procede do nome propio xermánico masculino Senta. Para algún podería ser una evolución do nome celta Santanus.

Sante (Louredo, Maside).-- Antrotopónimo. De *(villa) Santii, "(vila) de Santius", nome latino.

Santiago (Ver máis arriba, na relación de haxiotopónimos)

Santián (Amarante, Maside).-- Antrotopónimo. De *(villa) Sindilani, "(vila) de Sindila".

Santigoso (lug. e parroq. da Mezquita ║ lug. e parroq. do Barco de Valdeorras).-- Téñense proposto varios étimos para este topónimo: sentis, -is, "silva"; sentus, -a, -um, "espiñoso"; sentix, senticis, "sitio de escambróns ou abruñeiros", etc. En todo caso todos eles parecen ter en común unha referencia a un sitio de plantas espiñentas.

Santigueiro (Vilarrubín, Peroxa ║ Caxide, Parada de Sil).-- Derivado de senticariu, que á súa vez o é de sentis, "silva" (V. anterior). No Dicionario da R.A.E. ven ‘senticar’ como substantivo, sinónimo de ‘espinar’ (espiñedo). Posiblemente en galego sexa un mozarabismo que deixou esa pegada na toponimia.

Santiso (lug. e parroq. de Maceda ║ Reádigos, O Irixo).-- Nome de santo con aglutinación. Derivado de Sanctus Thyrsus, mártir. Thyrsus era un cognome romano.

Santiurxo (San Paio de Abeleda, Castro Caldelas) ║ Santurxo (Millarouso e Santurxo, O Barco de Valdeorras).-- Haxiotopónimos. De Sanctus Georgios, "San Xurxo". Hai perda do "G" con conservación do "t".

Santo (Paradela, Castro Caldelas) ║ O Santo (Carraxo, Laza ║ Alongos, Toén).-- Lugares que recordan a algún santo -coñecido na zona- sen especificar o seu nome.

Santoalla (Santoalla do Monte, Petín) ║ Santoalla do Monte (parroq. de Petín).-- Haxiotopónimo. De Sancta Eulalia.

Sarandín (O Barón, O Carballiño).-- Topónimo conflictivo ampliamente estudado e debatido. Frutos Fernández, basándose nunha tese do P. Sarmiento, relacionao co verbo latino sero, -is,- ere, "sementar, plantar", e máis concretamente co participio serens, -tis, "sementado" . Por outro lado Piel e Kremer pensan na posibilidade dun antrotopónimo formado polo xermánico sa(la), "granxa", co nome persoal Randinus. Outros autores defenden outras formacións antroponímicas. E ultimamente Hermo González recorre a un radical indoeuropeo *ser / *sor, "fluír, discorrer", xerador de múltiples hidrónimos en toda

Page 28: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Europa. En Galicia, por exemplo, Sar e Sarela, Sor, Sarria, Sorga, etc. Ademais a partícula -nt- (<-nd-) é considerada coma un sufixo prelatino característico de nomes de ríos paleoeuropeos.

Sardela (lug. da parroq. e Conc. de Parada de Sil).-- Segundo G. Navaza podería estar relacionado co nome do xardón, sinónimo de acevo e acivro (Ilex aquifolium), aínda que nalgúns lugares se emprega para outras especies.

Sariñás (Abelenda das Penas, Carballeda de Avia).-- Antrotopónimo. De *(villa) Serenianis, "(vila) de Serenianus", nome latino.

Sarreaus (lug., parroq. e Conc. da Com. da Limia ║ lug. da parroq. e Conc. de Bande ║ lug. da parroq. e Conc. de Maceda ║ Tioira, Maceda ║ Trasestrada, Riós).-- Todos estes lugares responden ó xentilicio (sarreaus = *sarrianos) de xente vida de Sarria (Lugo). (O xentilicio dos habitantes de Sarreaus, ó ser este nome xa de seu un xentilicio, é un deses poucos que coinciden co topónimo -coa oportuna flexión de xénero-: sarreau, sarreá.)

Sas (Santa Mariña de Albán, Coles ║ Beiro, Ourense ║ lug. da parroq. e Conc. de Sarreaus) ║ Sas de Penelas (lug.e parroq. de Castro Caldelas) ║ Sas de Xunqueira (Xunqueira, A Pobra de Trives) ║ Sas do Monte (lug. e parroq. de Montederramo).-- Escritos Saas antes da normativización, son o plural de ‘saa’ e este pode ter dúas orixes: do xermánico saa, ‘sala’ ou do tamén xermánico (gótico) sala, ‘casarío’ ou ‘fortín’. (Ver o seguinte)

Sas (Untes, Ourense).-- Este xa se escribía cun só ‘a’, pero pódenselle aplicar os mesmos posibles étimos do anterior. (Ver o anterior)

A Sé (Sta. Mariña de Albán, Coles).-- Vén do lat. sedes. -is, palabra con varios significados en lat. dos que podemos salientar os de "asento" e "morada, domicilio, casa". Na primeira acepción foi derivando ata significar "sé", referida ó asento, catedral ou xurisdición dun bispo. Na segunda deu "sede", residencia ou domicilio social dunha entidade. (En castelán non se deu esta especialización e conflúen ambos en "sede".) O topónimo parece claro que se refire a casa, domicilio.

Seadur (lug. e parroq. de Larouco).-- Antrotopónimo. Do nome persoal latino Senator. Esta palabra ten a particularidade de que, aparte de antropónimo, vale para un cargo, o de "senador". Entón o topónimo podería facer referencia tanto a unha vila ou residencia dun senador de oficio (ben en exercicio, ben en retiro) ou dun Senador de alcume ou sobrenome.

A Seara (Veiga, A Bola ║ Albarellos, Boborás ║ As Seixadas, Cartelle ║ Sagra, O Carballiño ║ Dadín, O Irixo ║ Torán, Taboadela ║ Padreda, Vilar de Barrio) ║ Seara Vella (Gustei, Coles) ║ A Seara do Río (A Carballeira, Nogueira) ║ A Seara de Arriba (lug. e parroq. de Nogueira).-- Voz prerromana, probablemente céltica, dun *senăra que quería dicir exactamente "campo que se labra á parte" (polo prefixo sen- que indica ‘separación’- e ăr, ‘arar’) e que posteriormente adquiriría o valor de “terra de labradío normalmente adicada a trigo e centeo".

A Seca (Loeda, Piñor).-- Do adxectivo latino sicca, "seca". Tanto se podería referir a un terreo

seco, de secaño, coma a un sequeiro ou secadoiro de algo (leña, castañas, etc). ║ Aínda que sexa pouco probable non se pode descartar unha derivación do árabe as-sik'ka, "camiño".

Segade (San Cosmede de Cusanca, O Irixo).-- Antrotopónimo. De Sagati, xenitivo do nome

Page 29: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

persoal Sagatus. (Hai 11 en todo Galicia.)

Segudais (Valdín, A Veiga).-- É o plural dun colectivo de "segudas" sendo "seguda" un dos varios nomes (ceguda, cegude, canafrecha, perexil das bruxas, pe de sapo, etc) que ten a planta cicuta (Conium maculatum). Do lat. cicuta.

Seiró (lug. e parroq. de Vilar de Barrio).-- Seira é un cesto ou cabaz de esparto. A palabra é de orixe descoñecida (quen sabe se do gótico sahrja "canastilla"), pero iso non quita para que, unha vez asumida a palabra, se formase un diminutivo masculino da forma *seirolo, a cal daría seiró. A aldea efectivamente ten unha forma que recorda a unha cesta cun casarío nun fondo plano e lixeiras pendentes ó redor.

As Seixadas (lug. e parroq. de Cartelle) ║ Seixadelas (As Seixadas, Cartelle) ║ Seixas (Vila de Rei, Trasmiras).-- Todos eles derivados, con distintas formas, do lat. saxum, "rocha, penedo".

Seixalbo (lug. e parroq. de Ourense).-- Lat. saxum, “rocha, pena” + album, “branco” = Unha pena branca. ║ Non se pode desbotar a idea de que sexa un composto híbrido do latino saxum, pero co prerromano *alb, ‘altura, monte’ o que sería unha certa tautoloxía.

Seixas. V. As Seixadas.

O Seixo (lug. e parroq. do Bolo ║ Barxa, A Gudiña ║ Navea, A Pobra de Trives ║ Sanín, Ribadavia ║ Abavides, Trasmiras).-- Derivado do lat. saxum, "rocha, penedo". (Seixo, aínda hoxe, é palabra común, sinónimo de coio, canto ou pedra. Nalgúns lugares designa especificamente ó cuarzo.)

Seixomil (Santa Baia de Berredo, A Bola ║ Rabiño, Cortegada).-- Probable derivación do nome propio Segimuros, pero cunha alteración da evolución normal influída polo apelativo do común "seixo".

Senderiz (San Xes de Vilariño, Lobeira ║ Barrán, Piñor).-- Antrotopónimo. De *(villa) Sinderici, ou sexa, vila de Sindericus, nome de orixe xermánica.

Sendín (lug. da parroq. e Conc. da Arnoia).-- Antrotopónimo. De *(Villa) Sendini, ou "Vila de Sendinus".

Senón (Mirallos, A Peroxa).-- Antrotopónimo. De *(Villa) Sennoni, ‘(Vila de) Sendón’. Xermánico.

Senra (Barrán, Piñor) ║ A Senra (Queixa, Chandrexa de Queixa ║ Velle, Ourense ║ Forcas, Parada de Sil ║ lug. da parroq. e Conc. de Pontedeva).-- Variante do galego equivalente ó máis común ‘seara’, terreo de sembradura, prerromano ‘senara’. (Ver Seara)

Senreiro (San Xurxo, San Xoán de Río).-- Da familia de senra / seara < senara (céltico). Pode ser exactamente o mesmo (xa que é un termo con moitas variantes na documentación histórica), ou un terreo que agrupa varias searas ou o título do "señor" que é dono dunha seara que lle teñen que traballar os vasalos. (Nalgúns sitios a senara era unha terra de sementeira propiedade do señor pero que tiña que ser cultivada polos vasalos.)

Señorín (lug. e parroq. do Carballiño ║ Macendo, Castrelo de Miño).-- Antrotopónimo. Da forma *(villa) Seniorini, "Vila de Seniorinus", nome latino de varón relacionado co comparativo senior, "máis vello".

Page 30: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Seoane (lug. e parroq. da Veiga ║ lug. e parroq. de Allariz ║ Bande, Bande ║ Alais, Castro Caldelas ║ Alcázar de Milmanda, Celanova ║ San Martiño de Manzaneda, Manzaneda ║ Melón, Melón ║ Seoane de Arcos, O Carballiño ║S. Miguel de Canedo, Ourense ║ Sabadelle, O Pereiro de Aguiar ║ San Xoán de Coles, Coles ║ Crespos, Padrenda ║ Seoane de Argas, San Xoán de Río) ║ Seoane Vello (parroq. de Montederramo) ║ Seoane de Taboadela (Barxés, Muíños) ║ Seoane de Arcos (parroq. do Carballiño) ║ Seoane de Argas (parroq. de San Xoán de Río) ║ Seoane de Oleiros (lug. e parroq. de Xinzo de Limia) ║ Seoane de Abaixo (Caldesiños, Viana do Bolo) ║ Seoane de Arriba (Solbeira, Viana do Bolo).-- Haxiotopónimo. É un derivado de Sanct Iohannis (San Xoán, nome hebreo, significa "graza de Deus").

Sequeiros (Paradela, Castro Caldelas ║ Gustei, Coles).-- Adxectivo latino siccarius, a, um. Pode ter dous significados: Secadoiros, lugares preparados para poñer a secar algo (castañas, leña, etc.) ou terras faltosas de auga, secas.

Serantes (parroq. de Leiro).-- Hidrónimo formado co radical indoeuropeo *ser / *sor, "fluír, discorrer". Moralejo Laso di que a terminación -antes ten un valor étnico co cal Serantes, como apunta Cabeza Quiles, viría a ter un sentido de "habitantes do río ou da ribeira". Outros non concretan tanto pero recoñecen que o sufixo -ante e moi frecuente en formacións prerromanas de raíces hidronímicas e que a partícula -nt- puidera ser unha especie de participio dun verbo.

Sergude (Navío, San Amaro).-- Antrotopónimo. De *(villa) Sereguti, "vila de Seregutus".

A Serra (Lamas, Leiro ║ Quins, Melón ║ Soutopenedo, San Cibrao).-- Transparente.

Serralleira, A (Vilar de Lebres, Trasmiras).-- É o nome dunha planta herbácea silvestre que non está moi definida, pero que puidera ser a leitaruga (Taraxacum officinale) ou a serradela (Ornithopus sativus).

Servoi (lug. e parroq. de Castrelo do Val).-- Chámase así tamén o río (Río Servoi) que pasa polo lugar e que vai desembocar no Támega. Calquera dos dous topónimos puido tomar o nome do outro, pero ambos teñen un precedente único, un mosteiro que houbo nesta zona e que se chamaba "Servo Dei", "Servo de Deus".

Sestelo (Vilarrubín, A Peroxa) ║ Sestelos (O Río, Vilamarín).-- Parecen unhas formas populares de Sextellus, que sería un diminutivo ou un hipocorístico do antropónimo latino Sextus. (Do primeiro hai 14 máis en Galicia. Do segundo -de formación máis irregular con ese "s" final- só hai outro na Coruña.)

Sestos (Coiras, Piñor).-- Podemos estar ante un numeral partitivo (lat. sextus) referido á sexta parte dun todo e, nese caso, habería dúas posibles explicacións, sempre referidas a un reparto de terreo (práctica da época sueva) ou a un arrendamento no que se estivese arrendando unha sexta parte dunha propiedade ou que a renda consistise nun sexto da colleita. Pero, alternativamente, tamén podería ser unha hipercorreción do nome persoal Sextus, frecuente no lat. hispano. (En Galicia hai outros dous máis iguais e cinco sen o s final. Podería haber casos das dúas posibilidades.)

Sever (lug. e parroq. de Viana do Bolo ║ Paradela, Porqueira).- Posiblemente derive dun patronímico, concretamente de Severi, xenitivo de Severus.

Siabal (San Lourenzo de Siabal, Paderne de Allariz).-- É un fitotopónimo que se supón derivado do lat. sinapis, "mostaza", se ben non se da precisado a que especie se pode

Page 31: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

estar a referir. Puidera ser a "mostaza branca" cuxo nome científico é o de Sinapis alba.

Sidre (Froufe, O Irixo).-- Sidre, igual que Cidre, é un nome antropónimo masculino galego. Ven do latino Isidro, e este, á súa vez, do grego Isidoro, que significaba "Regalo de Isis (deusa)"

Sil.-- Río cuxo nome figura (nesta provincia) como determinante distintivo nos topónimos de Parada de Sil, Santo Estevo de Ribas de Sil e Valencia do Sil. O hidrónimo podería proceder do lat. sil, silis, "ocre", ou ser un prerromano de formación descoñecida.

A Silva (Santo Eusebio da Peroxa, Coles ║ Paizás, Ramirás ║ Castrelo de Abaixo, Riós) ║ Silvares (Grou, Lobios ║ Froufe, O Irixo) ║ O Silvar (San Lourenzo de Siabal, Paderne de Allariz) ║ Silvoso (Santiago da Rabeda, Taboadela) ║ Vilardesilva (Pardollán, Rubiá).-- Todos os galegos sabemos o que hoxe é unha silva (ou silveira), pero iso non nos vale para descifrar estes topónimos. A palabra silva existía en latín, pero o seu significado era "bosque". Dela derivarían palabras coma "selva", "selvático", "silvestre", etc. No caso da nosa silva ocorre que tamén deriva de aí pero cunha evolución semántica. O primitivo significado pasou a ser ese arbusto, Rubus fruticosus, do que estamos a falar. En Portugal, aínda que se impuxo sarça, tamén din silva e incluso se di pola parte de Salamanca, pero no resto de España é "zarza". Visto isto os topónimos que conteñen algunha forma ou derivado de silva sempre presentarán a dúbida sobre a que elemento se están a referir: bosque ou silveira.

Silvaboa (Oseira, San Cristovo de Cea) ║ Silvaescura (Penosiños, Ramirás ║ Vilar de Lebres, Trasmiras).-- Ver o dito en Silva. Estes dous compostos é de supoñer que se estean a referir o concepto "bosque", senón non encaixarían eses cualificativos que teñen.

Silvares, O Silvar.-- Ver A Silva.

Silvoso e Silvosiño (ambos da parroq. de Santiago da Rabeda, Taboadela) ║ O Silvoso (Lobás, Calvos de Randín).-- Abundanciais de ‘silvas’. É unha incógnita se estas ‘silvas’ teñen o significado inicial (bosque) ou se xa se refiren ó actual. Neste caso serían topónimos relativamente recentes.

Silvosiño (Santiago da Rabeda, Taboadela).- Ver o dito nos parágrafos anteriores. Trátese dun caso ou do outro o que parece claro é que o diminutivo non o é de ningunha "silva" senón do lugar chamado Silvoso na mesma parroquia.

Sistín (lug. e parroq. da Teixeira).-- Poder vir dun *villa Sextini ou Sixtini (de Sextinus ou Sixtinus).

Sixín (Mourillós, Celanova).-- Dun Villa Sigini, ou (vila) de Siginus.

Sobradelo (lug. e parroq., capitalidade do Conc. de Carballeda de Valdeorras ║ lug. e parroq. de Xunqueira de Ambía).-- Diminutivo de Sobrado. Refírese a un lugar que está a media altura.

Sobrado (lug. da parroq. de Poulo e capitalidade do Conc. de Gomesende ║ lug. e parroq. de A Pobra de Trives ║ Melias, Coles ║ Moura, Nogueira de Ramuín ║ A Piteira, O Carballiño ║ Triós, O Pereiro ║ A Corna, Piñor ║ Navío, San Amaro) ║ Sobrado do Bispo (lug. e parroq. de Barbadás).-- O nome procede do lat . superatum, "altura", "que está enriba ou que sobresae". Superato > Superado > *Suberado > Sobrado . Aínda que coincida cunha palabra do léxico común (sobrado = planta alta dunha vivenda) non ten que ver salvo a súa orixe común. Nalgún caso puido estar motivado

Page 32: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

por unha casa alta, anormalmente alta no seu momento.

Sobral (Gustei, Coles) ║ O Sobreiral (Untes, Ourense).-- Ambos lugar de sobreiras. Lat. suber ‘corcho ou sobreira’ + sufixo abundancial –al < -allis.

Sobredo.- V. Saborida

Sobreganade (parroq. de Porqueira con catro núcleos habitados, un deles San Mamede de Sobreganade onde está a igrexa).-- A verdade é que descoñecemos por que motivo,

¿político, administrativo, histórico?, esta parroquia de Porqueira ten un nome que marca unha posición relativa respecto a Ganade, lugar e parroquia de Xinzo, pero esa referencia é certa. As parroquias son contiguas, e San Mamede está, en liña recta, a uns 4,5 Km. de Ganade, pero a súa altitude é de case 900 m. mentres Ganade, en plena Limia, está ó redor dos 600.

Sobreira (lug. e parroq. de Vilamarín ║ Piñeiro, Maside) ║ A Sobreira (Osmo, Cenlle).-- Relacionados coa árbore chamada sobreira (Quercus suber). Lat. suber, ‘corcho ou sobreira’.

Solbeira (lug. e parroq. de Paderne de Allariz ║ lug. e parroq. de Viana do Bolo ║ A Manchica, A Merca) ║ Solbeira de Limia (parroq. de Xinzo de Limia) ║Solveira (Solbeira de Limia, Xinzo de Limia).-- Deben o nome ó común "sorbeira", árbore da familia das rosaceas (Sorbus aucuparia) tamén chamado "sorba" e "uva espiña", "serbal" en castelán. Hai unha especie afín, que se cultiva, a Sorbus domestica.

Solleira (Carracedo, A Peroxa).-- Sitio agarimoso e soleado.

Somoza (lug. e parroq. da Pobra de Trives ║ lug. da parroq. e Conc. da Rúa ║ Asadur, Maceda).-- O nome en latín deste sitios indican a súa circunstancia: sub montia, "debaixo de montes". Efectivamente están na parte baixa das ladeiras duns montes. Sen embargo hai lingüistas que rexeitan esa derivación.

Sona (Partovia, O Carballiño).-- Antrotopónimo. De Sonna ou de Sunnila.

Sonelle (O Regueiro, Boborás).-- Antrotopónimo. Dun *(villa) Sonnelli, "(vila) de Sunnellus".

Sordos (parroq. e Conc. de Bande).-- Hoxe, por mor das evolucións lingüisticas, dise xordo, pero a palabra vén do adjectivo latino sordus, a, um e vese que o topónimo foi anterior, e máis fiel, que a palabra común. Posiblemente neste caso se tratase dun alcume como tantos outros que se apoñen a causa das características físicas personais. E quen di alcume di apelativo familiar ou (posteriormente) apelido.

Sorga (p arroq. da Bola).-- Hidrónimo prerromano. É o nome dun río que nace nesta mesma parroquia e vai desembocar no Arnoia. No Medioevo era Sorica. Hoxe é máis coñecido por río das Mamoelas que é outra entidade de poboación da propia parroquia.

Sousas (Vila e Conc. de Verín).-- Lugar das coñecidas augas minerais cun nome probablemente procedente dun "aquas salsas" ("augas salgadas") atribuído a algún manancial. Nome "aquas" (acusativo plural de aqua, -ae) e adxectivo salsus, a,um, "salgado". O nome perderíase quedando só a evolución do predicado. Evolución distinta da da palabra común "salgado" formada desde o verbo salio, "salgar". O sabor das augas, bicarbonatadas sódicas, non é precisamente salgado, pero iso non quita para que popularmente se tachasen así.

Page 33: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Soutadoiro (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras).-- Non parece estar relacionado con "souto" (coma todos os que veñen a continuación), pero si que pode ter con eles un étimo en común, o lat. saltus, "salto / bosque / desfiladeiro". Ou proceder dalgún derivado deste, como saltatio, "danza, baile" ou como saltatorius, a, um, "referido ó baile". O sufixo -oiro, neste caso, fai pensar nun lugar propio para realizar algo. Podería ser un sitio para pasar (saltar) ou un sitio para danzar.

Souteliño (lug. da parroq. e Conc. de Laza ║ Corneda, O Irixo) .-- Dobre diminutivo de Souto. (Ver o seguinte)

Soutelo (lug. e parroq. de Esgos ║ Proentre, A Merca ║ Lumeares, A Teixeira ║ Sta. Baia de Anfeoz, Cartelle ║ San Paio de Abeleda, Castro Caldelas ║ Rabiño, Cortegada ║ San Martiño, Manzaneda ║ Farnadeiros, Muíños ║ Cudeiro, Ourense ║ Sobreganade, Porqueira ║ parroq. e Conc. de Trasmiras ║ Sabugueiro, Vilariño de Conso) ║ Soutelo Verde (O Castro, Laza ║ Soutelo da Pena (A Pena, Xinzo de Limia) ║ Soutelo de Ribeira (Cima de Ribeira, Xinzo de Limia).-- Diminutivos de "souto" (< saltellu). Hai a posibilidade de que nalgún caso non se refira a un "souto pequeno" senón que sexa unha comparación cun anterior "Souto" (xa topónimo) máis grande.

Soutipedre (lug. e parroq. de Manzaneda).-- Topónimo de posesor. Composto. De Saltus Petri, "Souto de Pedro". (Petri, xenitivo de Petrus.)

Souto (capitalidade do Conc. de Amoeiro -lug. e parroq. ║ lug. e parroq. de San Cristovo de Cea ║ lug. e parroq. de Muíños ║ lugares de O Barón e de Salamonde, San Amaro║ lugares de Banga, O Barón e A Piteira, O Carballiño ║Desteriz, Padrenda ║Loña do Monte, Nogueira de Ramuín ║ lugares de Macendo e de Ponte Castrelo, Castrelo de Miño ║ Monte Longo, Lobeira ║ Proente, A Merca ║ Redemuíños, Quintela de Leirado ║ lugares de Rubiás e de Penosiños, Ramirás) ║ O Souto (parroq. da Peroxa ║ lugares de Brués e de Laxas, Boborás ║ A Encomenda, Pobra de Trives ║ lugares de Freás e de Punxín, Punxín ║ Augas Santas, Allariz ║ Cadós, Bande ║ Banga, Carballiño ║ Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas ║ Bobadela, Celanova ║ San Miguel de Melias, Coles ║ A Guía, Gomesende ║ Grou, Lobios ║ Piúca, Maceda ║ Trasestrada, Riós ║ Vilarrubín, A Peroxa ║ Boimorto, Vilamarín). -- Do lat. saltus, "bosque" ou "desfiladeiro", foi evolucionando non só na forma (saltus > sauto > souto) senón tamén no significado sendo hoxe palabra común para designar un bosque de castiñeiros (sinónimo de castañal ou castiñeira), o que non quere dicir que tivese ese mesmo sentido cando puxeron o topónimo, que podía ser (ou non) calquera dos outros dous mencionados. (Ata tal punto houbo evolución semántica que a palabra "souto" non se corresponde coa castelán "soto" e, sen embargo, historicamente, puido haber semellanzas entre os "soutos" e os "sotos".)

Soutochao (lug. e parroq. de Vilardevós)║ Soutocovo (Torroso, Vilardevós) ║ Soutogrande (Sabuguido, Vilariño de Conso) ║ Soutomaior (lug. e parroq. de Taboadela) ║ Soutomanco (Trasalba, Amoeiro).-- Nomes compostos con Souto, de primeiro elemento, e outra palabra, máis ou menos transparente, de segundo. Aínda que sexan transparentes non podemos precisar a circunstancia concreta que as motivou. O de "manco", por exemplo, podería aludir a unha decota ou a unha talla. (Mancus é "manco" e "incompleto".)

Soutomel (lug. e parroq. da Bola).-- Topónimo composto de posesor. Antes Saltus Merii, "Souto de Meire".

Page 34: Queiroás e Queirugás · Q Queiroás (parroq. de Allariz) ║ Queiroás da Igrexa, Queiroás Grande e Queiroás Pequeno (lugares da dita parroq. de Queiroás, Allariz) ║ Queirugás

Soutopenedo (lug. e parroq. de San Cibrao das Viñas).-- Composto de Souto e Penedo. É de supoñer que perdeu unha partícula "de" ou "do" (Souto do Penedo) e aglutinou as dúas palabras.

Soutosanín (Tras Hospital, Ourense).-- Topónimo composto de posesor. Antes Saltus Sanninii, e dicir, "Souto de Sanninus".

Soutoverde (Seixalvo, Ourense).-- Nome composto no que a primeira parte é 'souto' (saltus) como os que estamos a ver, pero cunha segunda que parece referirse á cor verde, co que non deixaría de ser estrano que un souto se quixese distinguir pola cór, cando se supón que todos teñen a mesma. Puidera tratase da evolución dun nome persoal, por exemplo, Viridus. Partiríase dun Saltus Viridii e a imaxinación popular faría o resto.

Souto Bravo (Rante, San Cibrao das Viñas).-- O cualificativo bravo parece facilmente entendible: salvaxe, silvestre. Sen embargo podería estarse a referir a un souto de castiñeiros bravos, e dicir, non enxertados, reservados para madeira.

Souto de Limia (parroq. de Muíños) ║ Souto de Rei (Cudeiro, Ourense) ║ Souto do Bispo (lug. do Pao, Gomesende) ║ Souto do Chao (lug. da Carballeira, Nogueira de Ramuín) ║ Souto do Río (Arrabaldo, Ourense) ║ O Souto de Rozavales (San Martiño, Manzaneda).-- Topónimos formados por un sintagma no que "Souto" é o elemento principal. Os complementos son transparentes: Limia alude á comarca e Rei a un predio comunal, a un rego ou a un apelido.

Soutullo de Abaixo (Coles, Coles) e Soutullo de Arriba (Gustei, Coles).-- Outro diminutivo de "Souto", este derivado de saltuculu, quizais con algún matiz pexorativo ou con intención minoradora non necesariamente de tamaño. Deses dous -do mesmo Concello- un será o primitivo e o outro un calco.

Suasventanas (Cabanelas, O Carballiño).-- A pesar desa aparencia tan "vistosa" e caseira (¿debaixo das ventás?) posiblemente se trate dun antrotopónimo de orixe celta. Ventanus foi un nome persoal derivado do teónimo celta Vintio, Vindos ou Vindanus (segundo os lugares). Iría precedido do prefixo celta su-, "bo", e unha posterior adaptación popular acabaría, co tempo, formando o topónimo actual.

Suatorre (Ambía, Baños de Molgas).-- Procede de "sub illa turris" para indicar un terreo máis baixo ca o da torre. Esta torre, chamada dos Ambía e derrubada no século XIX, estaba na cima do outeiro que está ó lado de Suatorre.

Sueirexa (Garabás, Maside ║ San Cosmede de Cusanca, O Irixo).-- Trátase do topónimo Eirexa precedido da preposición sub (baixo, debaixo). "Debaixo da igrexa".

Suigrexa (Serantes, Leiro ║ Araúxo, Lobios).-- O mesmo composto anterior (preposición sub), pero esta vez con igrexa (en vez de Eirexa). Quere dicir que a aldea está nun terreo máis baixo ca o da igrexa.

Surribas (lugares distintos das parroqs. de Froufe e San Cosmede de Cusanca, ambas no Irixo).-- Responden ó sintagma latino sub ripas, "ó pé da ribeira".

Susaus (Tronceda, Castro Caldelas).-- Susaus son "susanos", é dicir, xente de "susum", que é o mesmo que "sursum", "de arriba". (O contrario de "susaos" sería "xusaos", procedente de iusanos, derivado de iusum, sendo este equivalente -no latín vulgar- ó clásico deorsum, "debaixo".)