12
O Centro Ecuestre de Sandiás é xa un referente do deporte hípico de Galicia. Milleiros de perso- as asistiron ás distintas competicións celebradas durante a tempada oficial, nas que participaron destacados xinetes e amazonas españois. A alcaldesa, Mª Concepción Méndez, reuníuse en Santiago co vicepresidente da Xunta para axi- liza-lo centro de día e mellora-lo Punto de Aten- ción Infantil. Posteriormente, Anxo Quintana visi- tou Sandiás para coñece-la situación de cerca. As de San Bieito da Uceira seguen a ser dúas das romerías máis concorridas de A Limia. A fama de “milagreiro” que ten o noso santo fixo que que se achegaran ó santuario devotos da comarca e do resto da provincia. Éxito do Centro Ecuestre Inauguración do PAI San Bieito: tradición viva S SANDIÁS Número 16 Boletín de información municipal Verán 2006 correo electrónico: [email protected]

Sandiás (Nº 16)

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Boletín de Información Municipal con novas do Concello de Sandiás (Ourense) (Verán 2006)

Citation preview

Page 1: Sandiás (Nº 16)

O Plan de Regadío de A Limia, unha realidade:Beneficia a máis de cen agricultores do noso municipio

O Centro Ecuestre de Sandiás é xa un referente

do deporte hípico de Galicia. Milleiros de perso-

as asistiron ás distintas competicións celebradas

durante a tempada oficial, nas que participaron

destacados xinetes e amazonas españois.

A alcaldesa, Mª Concepción Méndez, reuníuse

en Santiago co vicepresidente da Xunta para axi-

liza-lo centro de día e mellora-lo Punto de Aten-

ción Infantil. Posteriormente, Anxo Quintana visi-

tou Sandiás para coñece-la situación de cerca.

As de San Bieito da Uceira seguen a ser dúas

das romerías máis concorridas de A Limia. A

fama de “milagreiro” que ten o noso santo fixo

que que se achegaran ó santuario devotos da

comarca e do resto da provincia.

Éxito do Centro Ecuestre Inauguración do PAI San Bieito: tradición viva

SSANDIÁSNúmero 16 Boletín de información municipal Verán 2006

www.sand ias . es

correo electrónico: [email protected]

Page 2: Sandiás (Nº 16)

Edi tor ia l

Boas novas para o Concello de Sandiás as que nostrouxo este 2006: o Punto de Atención Infantil, asobras do Centro de Día, o Plan de Regadío, a Casada Lagoa, a mellora das infraestructuras locais, aampliación da Casa Consistorial, etc., son algunhasdas iniciativas auspiciadas pola CorporaciónMunicipal que xa están executadas,en trámite ou comprometidaspara posteriores exerciciosorzamentarios. E non setrata de obras sinxe-las, destinadas adar brillo a unhadeterminada xes-tión política enano preelectoralpara renova-lonoso consistorio,senón que vanconfigura-lo modelode concello que que-remos en Sandiás paraos anos vindeiros (ou habe-ría que dicir, para as próximasxeracións).

Vivimos, pois, unha etapa ilusionante,con froitos xa perceptibles como o Centro de Dia,destinado a servir de lugar de convivencia para moi-tas persoas maiores do noso municipio. Na mesmazona, A Casa da Lagoa ou Centro de Interpretaciónda Lagoa de Antela, que servirá de referencia á edu-

cación e maior coñecemento medioambiental dun dosecosistemas máis importantes da Galicia interior.

Outra obra significativa, froito do esforzo e cola-boración dos Gobernos central e autonómico, é oPlan de Regadío, que cubre novas etapas a bo ritmo,

agardándose que estea plenamente operativo ovindeiro ano. Tampouco podemos

esquece-lo Punto de AtenciónInfantil, un exemplo de

como se debe aproveitarunha instalación es-

colar ante o descen-so de alumnos e aconseguinte deso-cupación das au-las. E non menos im-portantes para a

nosa xente son aspequenas obras de

infraestructuras, queinciden directamente

no benestar e na calidadede vida dos nosos veciños e

veciñas.Sandiás está de plena actualidade tamén a

través do Centro Ecuestre. As carreiras do hipódro-mo tiveron unha ampla repercusión en tódolosmedios informativos e serviron para promociona-lonoso municipio e ofrecer unha imaxe positiva dunconcello e dunha comarca que evolucionan a bo ritmo.

Os novos proxectos definen o modelo de concello que necesitamos

Os investimentos representan o maior capítulo de gastos

Orzamento

715.675,34

euros

Investimentos

35,07*Bens correntes

e servizos

26,02*

Trans. correntes

10,35*Persoal

26,41*

*En porcentaxe. Datos de 2006.

Gastos

financeiros

0,67*

Pasivos

financeiros

1,48*

arcas municipais do Concello deSandiás proveñen das transferen-cias correntes e de capital (amboscapítulos superan o 60% do total).Tamén contribúen, aínda que enmenor medida, os impostos direc-tos e indirectos, as taxas munici-pais, os ingresos patrimoniais e ospasivos financeiros.

Outro dato significativo é taméno baixo nivel de endebedamentoque rexistra a nosa economía mu-nicipal, algo moi importante de ca-ra ó futuro.

Páxina 2

Un ano máis, o capítulo de in-vestimentos reais volve ser o máisimportante no orzamento municipaldo Concello de Sandiás, superandoo 35 por cento do total (algo máisde 320 mil euros euros). Destexeito, o noso Concello figura entreos que presentan unha das taxasmáis elevadas de investimento porhabitante e ano en toda a provinciade Ourense. Outros capítulosimportantes son os de bens corren-tes e servizos e de persoal.

Os principais ingresos das

Page 3: Sandiás (Nº 16)

Páxina 3

Investimento de 142.000 euros para mellorar pistas rurais

O centro ecuestre de Sandiás, plenamenteconsolidado como o máis importante de Galicia

A Corporación Municipal rubricóu un con-

venio coa Consellería de Medio Rural que

permitirá levar a cabo o acondicionamento

de varias pistas da concentración parcelaria,

cun custe estimado en 142.000 euros. Unha

parte dos viais que aínda están en terra na

zona de Piñeira de Arcos, Couso, Pegas,

Cardeita, Corga, Zadagós, Vilariño, Chouse-

la e Lavandeira serán asfaltados. Outras pis-

tas, tamén en Piñeira, Couso, Sandiás e a

ponte das Pegas, recibirán un bacheo de

zahorra e unha capa de asfaltado para facili-

ta-lo tránsito de maquinaria agrícola.

A segunda tempada de carreiras nohipódromo de Sandiás concitou o in-terese dos afeccioados deste deportede toda Galicia, e mesmo doutrasComunidades Autónomas. Máis de10 mil persoas acodiron ás catro xor-nadas do programa, nas que se cele-braron case que vinte carreiras (al-gunhas foron emitidas en directo polaTelevisión de Galicia).

Na lembranza dos afeccioadosqueda a disputa do Gran Premio doConcello de Sandiás, no que intervi-ron doce cabalos de gran nivel e conexperiencia en outros hipódromos doEstado español. Mesmo, un doscabalos criados no Centro Ecuestrede Sandiás gañou este ano unha dasprobas disputadas no hipódromomadrileño de La Zarzuela.

A Casa da Cultura e novas beirarrúas, nos planos de obras de 2006O Concello acometeu nos últimos meses, a travésdos Planos de Obras da Deputación, a reposición emellora de varios tramos de beirarrúas en Vilariñodas Poldras, Couso e Sandiás. Quedou pendente oproxecto de Corga, pero vaise acometer en poucotempo.

Tamén en convenio co organismo provincial, paraeste ano está contemplada a primeira fase das obrasda futura Casa da Cultura, coa rehabilitación dunhavivenda adquirida polo Concello no entorno do Cen-tro de Día e da Casa da Lagoa. Estes proxectosestán destinados a revitaliza-lo casco vello de San-diás.

Outra obra importante, en fase de execución, é aampliación da Casa do Concello, destinada a mello-ra-los servizos e a atención a tódolos veciños/as.

Concepción Méndez presidíu

a entrega de premios ós gaña-

dores da proba patrocinada

polo Concello de Sandiás.

Page 4: Sandiás (Nº 16)

Páxina 4

O vicepresidente, Anxo Quintana, compromete o apoio da Xunta

O Centro de Día, obxectivo prioritario do ConcelloO Centro de Día, obxectivo prioritario do Concello

O vicepresidente da Xunta de Galicia,Anxo Quintana, visitou Sandiás paracoñecer “in situ” o proxecto do Centrode Día e o Punto de Atención Infantil.Despois de visita-la Casa do Conce-llo, onde foi recibido pola alcaldesa evarios membros da Corporación muni-cipal, achegouse ata o edificio que aco-llerá o Centro de Día, unha iniciativado Concello que conta co apoio econó-mico da Xunta (o convenio fora asina-do coa anterior Consellería de Asun-tos Sociais do Goberno presidido porManuel Fraga).

Anxo Quintana interesouse poloproxecto e compro-meteu o

apoio doseu departamentopara axiliza-los trámites para a súaposta en servizo, a través dun novoconvenio co Concello de Sandiás.

As obras sofriron un pequeno retra-so por problemas de consolidación dosmuros da antiga vivenda, pero xa que-daron resoltos. Xa se construíu acuberta, fixéronse as divisións interio-res e se impermeabilizaron as paredesexteriores. As obras continuaráncunha nova fase que permitirá a dota-ción dos servizos básicos (enerxía eléc-trica, auga, calefacción, teléfono, etc.).A dotación do mobiliario será o pasoprevio á súa posta en funcionamento.

O Centro de día está a carón da Casa da Lagoa

Page 5: Sandiás (Nº 16)

Páxina 5

A Xunta e o Concello colaboraron na construcción

do Punto de Atención Infantil de Sandiás

que o Concello de Sandiás supervisará oseu funcionamento. Para o acondiciona-mento dos locais e a posta en marcha doservizo dispúxose dunha partida próximaós 18.000 euros.

O Punto de Atención Infantil per-

manece operativo en horario de

mañá e tarde, de lúns a venres (días

laborables).

Na imaxe, a visita do vicepresiden-

te da Xunta e da alcaldesa de San-

diás ás instalacións do PAI, onde

foron recibidos pola dirección.

1

Sandiás conta desde o primeiro trimes-tre do ano cun Punto de Atención Infan-til (PAI), que cumple funcións de garde-ría, en virtude do convenio de colabora-ción asinado polo Concello maila ante-rior Consellería de Familia, Xuventude,Deporte e Voluntariado da Xunta.

O PAI de Sandiás habilitouse nasinstalacións do grupo escolar, unha vezacondicionado o edificio e habilitadaunha entrada independente. O seucometido é dar servizo ós nenos enenas que aínda non chegaron á idadede escolarización obrigatoria (é dicir,menores de tres anos) e que, porrazóns familiares, precisan dunhaatención especializada.

O protocolo de colaboración entrea Xunta e o Concello de Sandiás esta-blece que as obras de reforma e omantemento anual correrán a cargo daAdministración autonómica, mentres

A alcaldesa

Concepción

Méndez, e a

conselleira de

Familia, Pilar

Rojo, asinaron o

convenio de

colaboración do

PAI en Santiago.

Pretende que os

pais poida com-

paxina-la súa

actividade labo-

ral e familiar.

Doce nenos e nenas

foron os primeiros

usuarios do PAI de

Sandiás. Eiquí compar-

ten xogos adaptados á

súa idade e aprenden a

relacionarse, o que lles

servirá de grande axu-

da á hora da súa esco-

larización. Cando o

tempo o permite tamén

xogan no areeiro acon-

dicionado na entrada ó

local do PAI.

Un apoio importantee necesario para

educar ós máis novos

O Punto de Atención Infantil é un

novo servizo do Concello de San-

diás que ven a cubrir un baleiro

importante, sobre todo no referido

á atención infantil, ante a falla de

garderías nesta zona, e á posibili-

dade de que moitos matrimo-

nios/parellas poidan compaxina-la

vida familiar e laboral.

O resultado xa é apreciable. O

número de nenos/nenas que asis-

ten ó Punto de Atención Infantil

medrou de xeito paulatino desde a

súa posta en funcionamento, aló

polo mes de febreiro. A súa avan-

taxe é clara: adáptase ós horarios

habituais de traballo, para que os

pais/nais poidan deixar ós seus

fillos ben atendidos, e conta con

todo tipo de xogos e un persoal

especializado na atención á infan-

cia. Este novo servizo servíu

tamén para darlle un valor engadi-

do ó grupo escolar de Sandiás,

agora acondicionado para este fin.

Page 6: Sandiás (Nº 16)

Páxina 6

Beneficia a 235 agricultores dos concellos de Xinzo, Xunqueira e Sandiás

O Plan de Regadío está operativo en2.000 hectáreas de secano da Lagoa

A distribución da auga realízase desde dúas balsas de 60millóns de litrose a través dun complexo sistema de

canalizacións, nas que se investiron 13 millóns de euros

Unha nave acollerá un salón de actos para os regantes de A Lagoa e un modernosistema de control do rego que empregaas últimas tecnoloxías informatizadas.

Operarios da empresa To ensamblaxe de tuberías de ferro acarón do Canal da Lagoa, no termomunicipal de Sandiás.

A segunda fase do Plan de Rque beneficia ós agricultores do Canal,avanza a bo ritmo, despois de construi-la presa e as canalizacións.

DDesde o pasado 12 de xullo está operativo o

novo sistema de regadío para os agriculto-

res que integran a Asociación de Regantes

“Antioquía”, mentres que as obras de mellora do

bombeo e da canalización do canal entraron na

última fase. Deste xeito é realidade a primeira

fase do Plan de Regadío de A Limia, que con-

virte en terra de regadío unhas 2.000 hectáreas

de secano da antiga Lagoa e que beneficia de

xeito especial ós agricultores do concello de

Sandiás.

A base do novo sistema está constituída por

dúas balsas de 60 millóns de litros, ubicadas en

Xunqueira e Trandeiras, e 76 quilómetros de

tuberías. A partir de agora, e durante os próxi-

mos cinco anos, un sistema de control vai veri-

fica-la eficacia do novo regadío, do que se agar-

da unha racionalización do uso da auga, unha

maior cantidade e a mellora na calidade da pro-

ducción de pataca e cereais (e outros productos

alternativos que se poderán introducir).

En total xa se investiron 13 millóns de euros,

aportados polo Goberno central e a Xunta de

Galicia, nunhas obras que benefician de xeito

directo a máis de 700 regantes de Xinzo, San-

diás e Xunqueira, integrados na Asociación

“Antioquía”. O bombeo realízase a través de

pozos subterráneos e se distribúe a través da

nova canalización, que dispón de contadores de

consumo en cada parcela.

A segunda fase céntrase no mellor aproveitamento do canalO Plan de Regadío de A Limia continúa agora cunha segunda fase, que ten como principais beneficiarios

ós membros da Asociación de Regantes da Lagoa de Antela. O seu radio de acción abrangue unhas 600 hec-

táreas próximas ó Canal principal da Lagoa, cun investimento próximo de case 4 millóns de euros.

A disponibilidade da auga será clave para impulsar novos cultivos nesta zona da comarca de A Limia,

como os hortícolas ou mesmo o millo forraxeiro, contribuíndo a diminui-la tradicional dependencia do

binomio agrícola cereal-pataca que, desde hai varias décadas, ven predominando de xeito case que absolu-

ta en toda a comarca limiana.

Ao mesmo tempo que continúan os traballos da segunda fase, a Dirección Xeral de Estructuras Agra-

rias anuncia un investimento de 190.000 euros para realizar tres novas sondaxes que verifiquen a cantida-

de de auga dispoñible para regar en outras 5.000 hectáreas.

A maior parte dos regantes coincide en que o proxecto alongouse moito no tempo, pero que mereceu a

pena. Agora agárdase un uso racional da auga por parte de todos, xa que é un ben común. Os primeiros

datos do rendimento do novo sistema poderán coñecerse a mediados do mes de agosto, unha vez rematado

o período de rega intensiva da pataca.

As balsas, ubicadas en Trandeiras e Xunqueira, teñen capacidade para almacenar 60 millóns de litros de auga.

Page 7: Sandiás (Nº 16)

Páxina 7

á un salón de actos pa-A Lagoa e un modernol do rego que empregaxías informatizadas.

presa Tragsa realizane tuberías de ferro a da Lagoa, no termodiás.

do Plan de Regadío,gricultores do Canal,

o, despois de construi-alizacións.

Os distintos sectores implicados no proxecto do Plan de Regadío amósanse satisfeitos polo

resultado final: gran cantidade de auga para satisface-la demanda dos regantes, sempre que

se faga racionalmente. Deste xeito pónse fin ós problemas que se viñan rexistrando, un ano

sí e outro tamén, pola escaseza de auga en determinadas zonas do noso municipio.

Javier M. Cabrera Gómez: “O regadío é unha gran obra de presente, pero sobre todo de futuro”

Juan Avelino Santana Ferreiro: “O sistema está ben feito e funciona moito mellor do que agardábamos”

Urbano Díaz Vázquez: “O sistema de contadores é moi útil para racionaliza-lo uso da auga”

Juan Avelino Santana évicepresidente da Comu-

nidade de Antioquía

Urbano Díaz Vázquez ésecretario da Asociación

de Regantes da Lagoa

Javier Cabrera Gómez,tenente de alcalde do

Concello de Sandiás

Para o tenente de alcalde de Sandiás foi

importante a colaboración no seu día do

Goberno central e da Xunta para atender a

demanda dos alcaldes da zona, dos sindi-

catos e dos propios agricultores. “Había

que actuar -afirma Javier Cabrera- para

modernizar o campo e aproveitar o enor-

me potencial agrícola que ten a nosa

comarca. A dependencia da auga é grande,

pero se a temos, hai que usa-la o máis

racionalmente posible”.

Javier Cabrera tamén valora como posi-

tivo o traballo desenvolvido pola empresa

encargada da execución dos traballos, xa

que sempre foi sensible ás peticións dos

propios regantes en cuestións puntuais e

que, en definitiva, serviron para mellora-lo

servizo que se presta no noso municipio.

“Agora agardemos -engade o tenente

de alcalde de Sandiás- que o grao de satis-

facción que teñen os regantes da Comuni-

dade de Antioquía sexa compartido polos

da Asociación da Lagoa. Penso que era

unha obra necesaria, para o presente do

noso agro, pero, sobre todo, pensando nos

próximos anos e nas novas xeracións, que

disporán dun ben tan preciado como é a

auga de rega para mellora-la producción e

facer máis rendibles as súas explota-

cións”.

Os regantes integrados na Asociación de A

Lagoa de Antela tamén agardan con

expectación a que rematen os traballos de

modernización, con novas tuberías e

motores e unha nave que acolle as novas

instalacións, nas que se ubicará a sede

social dos regantes. En total, agrupan a 72

parcelas, das que 17 corresponden a fincas

da Deputación Provincial de Ourense.

A pesar de que a maior cuantía do pro-

xecto apórtanna tanto a Xunta de Galicia

como o Ministerio de Agricultura, os pro-

pios regantes deben facer tamén un esfor-

zo económico, que Urbano Díaz, secreta-

rio da Asociación, ben merece a pena:

“Estamos moi ilusionados, pensando en

que non imos ter problemas de auga para

regar. Aínda que o regadío que temos nós

estaba ben posto desde hai máis de dez

anos, agora xa empezaba a quedar un

pouco anticuado, polo que a renovación

das canalizacións e os novos motores eran

moi necesarios”. Outro aspecto que consi-

dera favorable é a instalación de contado-

res: “Polo de agora seguimos igual, pero

para o ano que ven xa teremos o novo sis-

tema, con contadores, xa que estamos

todos de acordo e non hai nengún proble-

ma”. Outra conclusión positiva é o alto

grao de unión dos nosos agricultores.

“A verdade é que estamos moi contentos,

incluso mellor do que agardábamos, porque

temos máis presión e a rega faise en condi-

cións case perfectas”. A satisfacción do

vicepresidente da Comunidade de Regantes

de Antioquía, Juan Avelino Santana é total,

“a pesar das pequenas averías detectadas,

pero é algo normal”, na súa opinión.

Do mesmo parecer son os 700 regantes

que se benefician do novo Plan de Regadío,

dos que arredor de 200 corresponden ó

municipio de Sandiás. E todo iso a pesar

dalgunhas reticencias que xurdiron sobre as

obras realizadas e do retraso nos prazos de

execución.

Para Eligio Santana Gómez, vocal da

Comunidade de Regantes de Antioquía, hai

que agardar aínda para coñece-lo resultado,

“pero polo que vemos ata o de agora, o

regadío é unha marabilla”. Houbo que apor-

tar 120 euros por hectárea, como anticipo

do custe do regadío, e ó final haberá que

facer contas, no caso de que non chegue esa

cantidade. Moitos dos regantes optan pola

rega nocturna, xa que o convenio con

Unión Fenosa permítelles obter unha boni-

ficación do 70%, o que supón un aforro

considerable. Eligio está convencido de que

agora se vai producir máis e que será moi

cómodo para os agricultores da zona.

Page 8: Sandiás (Nº 16)

Páxina 8

www.sandias.esAAadaptación ás novas

tecnoloxías é unha

obriga das pequenas

entidades locais que se

enfrontan ó reto de adaptar-

se ás novas tecnoloxías da

información. Este é o

obxectivo que intenta cum-

pri-lo Concello de Sandiás

coa posta en marcha desta

páxina web, que permitirá

ter unha visión global do

noso concello e acceder de

forma doada ós trámites e

xestións municipais. O por-

tal municipal de Sandiás

conta con apartados dedi-

cados a dar información

sobre os datos de interese

do concello (situación, aná-

lise socioeconómica, datos

estatísticos), información

sobre os servizos do Conce-

llo (servizos sociais, activi-

dades culturais, Punto de

Atención Infantil (PAI), etc.),

directorio (Concello, empre-

sas, etc.), información turís-

tica (Casa da Lagoa de

Antela, Centro Ecuestre de

Antela, lugares de interese

do concello, etc.), novas de

interese do concello, tele-

administración (descarga

de documentos).

Este obxectivo foi posible

conseguilo mediante a adhe-

sión do Concello de Sandiás

ó “Proxecto Pista

A d m i n i s t r a c i ó n

Local”, iniciativa do Minis-

terio de Industria, Turismo e

Comercio e da Federación

Española de Municipios e

Provincias, posto en marcha

mediante a colaboración do

Concello de Sandiás coa

Deputación Provincial de

Ourense, no que o Concello

de Sandiás vai se-lo concello

piloto da provincia.PISTA Administración

Local é unha ferramentadesenvolvida a iniciativa doMinisterio de Industria,Turismo e Comercio e oMinisterio de Administra-cións Públicas co obxectivode achega-la administra-ción electrónica ós peque-nos concellos en colabora-ción cas entidades supra-municipais (neste caso aDeputación de Ourense).

Unha ampla representación de

A Limia, encabezada polos

alcaldes da nosa comarca,

asistíu en Roma ós actos do

programa de cooperación

transnacional “Camiños de

Europa”. Na capital italiana de-

senvolveron durante os días

12 e 13 de maio un denso pro-

grama de actos oficiais e pro-

tocolarios.

O máis importante a nivel

institucional foi a sinatura do

novo acordo “Camiños de

Europa”, celebrado na Embai-

xada de España diante da

Santa Sede, ó que asistiron

destacados membros da curia

vaticana e o propio embaixa-

dor español, Francisco Váz-

quez, ata hai poucas semanas

alcalde de A Coruña.

Outro dos actos foi a parti-

cipación no Día do Peregrino

para a súa institucionalización

como Día dos Camiños de

Europa, incluíndo un oficio

litúrxico coa participación do

papa Bieito XVI.

No plan “Camiños de Euro-

pa” participan tamén por parte

ourensá as comarcas da Ribei-

ra Sacra, País do Bibei, Baixa

Limia e Terra de Celanova.

Concepción Méndez e os outros alcaldes (na imaxe, os de Quintela de Leira-

do, A Bola, Sarreaus, Porqueira, Cartelle, Ramirás, Gomesende e Calvos de

Randín) asistiron á recepción que lles brindou o embaixador de España na

Santa Sede, Francisco Vázquez (no centro de imaxe).

A comarca de A Limia participou en Roma no Plan “Camiños de Europa”

Os alcaldes asistiron a un acto institucional na Embaixada de España no Vaticano

w.w.w

Así PISTA Administración Local permite xerar portais web para queas entidades locais poden ofrecer servizos ós seus cidadáns.PISTAAdministración Local é unha ferramenta de libre acceso para entida-des locais propiedade do Ministerio de Industria, Turismo e Comer-cio e da Federación Española de Municipios e Provincias. A súa fina-lidade é facilitar cas pequenas e medianas entidades locais poidanacceder á administración electrónica sen custo económico, dotándoseasí de recursos que, doutra maneira, non terían posibilidade de ofertarós seus veciños.

Un Concello pioneiro na adaptaciónás novas tecnoloxías da información

Cada vez máis cerca dos cidadáns

Page 9: Sandiás (Nº 16)

Páxina 9

Establece un programa de actuacións ata o ano 2008

O Concello elaborou o Plan de Igualdadedestinado a mellora-la calidade de vida

das mulleres de Sandiás

O Concello de Sandiás, en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade edo Benestar da Xunta de Galicia, elaborou o “I Plan de Igualdade” que pre-tende facilitar unha maior integración das mulleres do noso municipio na vidasocioeconómica a través de programas formativos e de autoestima, e deapoio a iniciativas empresariais ou de autoemprego. Esta Plan de Igualdadede Sandiás comezou co estudio da realidade familiar, social, económica elaboral das mulleres do noso municipio, a partir dos indicadores estatísticose dun complexo análese de campo, no que tiveron unha participación clavetanto as asociacións de mulleres, o departamento de Servizos Sociais e opropio Concello de Sandiás.

As nosas mulleres atopan numerosas dificultades para compatiliza-locontexto familiar e laboral, que Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesado Concello, resume en factores educativos, culturais, económicos e so-ciais. Cita o exemplo de que a media de idade das mulleres de Sandiás ésuperior ós 50 anos, cinco máis que a media da provincia de Ourense, queas mulleres dedican o 30% do seu tempo ás tarefas domésticas, que debencompaxinar co traballo en pequenas explotacións agrícolas ou gandeiras,que moitas teñen ó seu cargo a persoas dependentes e que descoñecen enqué consisten os programas de igualdade.

A FORMACIÓN, UN ASPECTO CLAVEPara subsanar estas dificultades, o avance do Plan de Igualdade de San-diás propón unha serie de actuacións que se desenvolverán nun prazo decatro anos anos (2005-2008).

Este Plan pretende sensibilizar á poboación local sobre as situacionsde discriminación que sofre actualmente a muller, favorecendo un cambiode actitudes, mediante a realización de campañas, conferencias, xorna-das, etc. sobre a situación de discriminación e falla de igualdad real naque seguen vivindo as nosas mulleres. Outro aspecto trata de favorece-laformación laboral das mulleres e mellora-lo acceso das mulleres ó empre-go, programando accións formativas específicas para mulleres desempre-gadas (atención domiciliaria a maiores, artesanía, medio ambiente,...) e aformación nas novas tecnoloxías (informática, internet). Elo implicaría taménun estudio das necesidades formativas e da situación laboral das mulleresen Sandiás.

Unha terceira vía do Plan de Igualdade vai ser la posta en marcha demecanismos que faciliten a conciliación da vída familiar e laboral entrehomes e mulleres. Propón o apoio á Escola de Nais/Pais no colexio públicoe promover servizos que permitan á muller compaxina-la vida familiar e labo-ral, como a apertura dunha gardería infantil, o desenvolvemento de servizospara o coidado de persoas dependentes e o desenvolvemento de activida-des extraescolares, en colaboración coa Asociación de Pais de Alumnos e opropio Centro Escolar.

A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E A SAÚDEOutras iniciativas do Plan de Igualdade inciden na promoción da igualdadede oportunidades no acceso á educación, cultura, lecer e deporte. Tamén éimportante a promoción da saúde e a prevención das enfermedades especí-ficas da muller, sen esquecer unha atención preferente ás necesidadessociais das mulleres e maila erradicación da violencia de xénero. Noutroeido, promoverase o asociacionismo feminino e o fomento da participacióndas mulleres na esfera social e política, a través de apoio técnico, asesora-mento e financiamento para a realización de actividades coa propia Asocia-ción de Mulleres do noso municipio.

Mª Concepción Méndez

A elaboración do Plano de

Igualdade no Concello de San-

diás foi valorado pola alcalde-

sa, Concepción Méndez Gán-

dara, como “un avance impor-

tante para que as mulleres

acaden unha integración plena

e que o seu papel non se limite

só ó de traballadoras na casa

e no campo”. “Hai que come-

zar -asegura- por promover

unha participación activa das

mulleres nas actividades que

se van levar a cabo nos próxi-

mos anos e que contribuirán a

amplia-los seus horizontes nos

eidos laboral, asociativo, cul-

tural, etc., para acadar unha

plena igualdade de oportuni-

dades a tódolos niveis”.

Page 10: Sandiás (Nº 16)

Páxina 10

Luis Quinteiro congratulouse da presencia de moita xente nova nos oficios litúrxicos

Visita pastoral do bispo de Ourense ás parroquias de Sandiás

Os fregueses arrouparon ó bispo Quinteiro na visita ás tres parroquias do municipio

Durante o mes de xullo, obispo da Diócese de Ouren-se, D. Luis Quinteiro Fiuza,realizou dúas visitas pastoraisás parroquias de Sandiás. Naprimeira (2 de xullo), estivo enSanta María de Couso deLimia e San Xoán de Piñeirade Arcos. Nambalas dúaspresidíu a Celebración daEucaristía, concelebrada poloVicario de Pastoral, D. JoséPérez, e polo párroco, D.José Luis.

Ao remate das respectivasmisas rezáronse tres respon-sos polos difuntos de Couso ePiñeira. O bispo Quinteirodespedíuse dos freguesesanimándolles “a continuarsendo constantes na fe”.Houbo tamén entrega de aga-

sallos e fotos desta primeiravisita do “pastor da Diócese”a Sandiás.

Posteriormente, o día 16tocoulle o turno á parroquiade Santo Estevo de Sandiás,onde foi recibido e saudadopola alcaldesa, ConcepciónMéndez, en nome de tódolosveciños e veciñas, e partici-pou nun acto litúrxico conce-lebrado polo párroco D. Ma-nuel.

También eiquí cabe desta-ca-la presencia de moitosnenos, algo que non pasoudesapercibido para don LuisQuinteiro, o mesmo que a can-tidade de fieis que enchían amagna igrexa de Santo Estevopara seren alentados polo nosobispo.

O bispo presidíu os oficios litúrxicos, nos que realizaron

varias confirmacións, ao tempo que compartíu impresións e

saudóu ós veciños e veciñas. Nas imaxes superiores, na

parroquia de Couso; na central, en Piñeira de Arcos, e abai-

xo, en Santo Estevo de Sandiás. Todos salientaron o carác-

ter próximo e afable do noso bispo.

n

Page 11: Sandiás (Nº 16)

Máis de 60 persoas participaron nasviaxes organizadas polo Concello deSandiás polo Norte peninsular, coobxectivo de coñecer outras Comu-nidades autónomas, neste caso As-turias e Cantabria, e as súas respec-tivas gastronomías, paisaxes e mo-numentos. Foron dúas fins de sema-na distendidas e do agrado de cantosparticiparon na experiencia. Por unmódico prezo de 70 euros, cada veci-ño/a disfrutou da viaxe, do aloxa-mento e das comidas, xa que unhaparte do custe asumíuno o propioConcello de Sandiás.

A primeira excursión (3 e 4 dexuño) foi ó Principado de Asturias,con paradas en Oviedo, no Museo

da Minería, Cangas de Onís e a súaponte romana sobre o Sella, a basíli-ca de Covadonga e a cova, pararegresar por Cabrales e Ribadesella(na imaxe superior dereita, parte daexpedición durante a visita ós Lagosde Covadonga).

A segunda viaxe (días 22 e 23 dexullo) tivo como destino Cantabria,onde visitaron Santander, Comillas,San Vicente de la Barquera, Santilla-na del Mar (na imaxe da esquerda),Unquera, Monasterio de Santo Tori-bio de Liébana, Fuentedé, os Picos deEuropa e Potes.

A pesar das moitas horas de auto-bús, houbo coincidencia xeral á horade considerar que ben mereceu a pena.

Tempo deverán

O Concello

organizou

excursións a

Cantabria e

Asturias

Unha boa educación integral, obxectivo do CEIP de Sandiásrepresentación da obra

“O achado do castro”; e a

actuación conxunta da

prestixiosa Rondalla e do

Coro de Sandiás.

O Día dos Humedais

foi unha celebración im-

portante, que contou coa

presencia do delegado da

Consellería de Medio

Ambiente. E non o foi

menos, a excursión de fin

de curso, coa visita e dis-

frute do Museo da Pala-

bra (Domus) de Vigo e da

fermosa vila de Baiona.

Celebracións tradicio-

nais, días con nome pro-

pio, actividades extraes-

colares e deportivas,... E

como colofón, o festival

das Letras Galegas e de

fin de curso, ó que asisti-

ron moitos familiares,

amigos e veciños dos

xoves cantantes e acto-

res. Porque houbo un

pouco de todo: cantigas,

a cargo dos alumnos/as

de 1º e 2º de Primaria e

do Coro; teatro, coa

Page 12: Sandiás (Nº 16)

San Bieito da Uceira 2006

...a tradición continúa

Na capela quedaron os exvotos de moitos creentes agradeci-dos ó noso santiño milagreiro de moitas enfermidades, perosobre todo das á que afectan á mobilidade. Os “días gran-des” celebráronse cos oficios litúrxicos (nos días previos

houbo novenas), e actuacións musicais, que amenizaron osmomentos previos da comida. Outro momento compartidopor moitos romeiros no cobertizo e nas mesas instaladasneste fermoso recinto relixioso do noso municipio.

Centos de persoas participaron na procesión e nas celebracións litúrxicas

San Bieito de abril

San Bieito de xullo

O santuario de SanBieito da Uceira vol-

veu renova-lo ritualda devoción que a

nosa xente sinte polosanto máis milagreiro

de A Limia, e que semantén vivo desde oséculo XVII. Millei-

ros de persoas detoda a comarca e pro-

vincia acudiron áscelebracións litúrxi-

cas o 17 de abril e o 9de xullo. Son taméndatas para a amiza-

de e o reencontro.

Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97