Upload
dudas-historia
View
646
Download
10
Embed Size (px)
Citation preview
Tema 8 A agricultura, a gandaría e pesca
Lección 1. O sector primario. A agricultura Factores Físicos que determinan o tipo de agricultura:
O clima: cada cultivo rpecisa unhas condicións climáticas, de temperatura e de humidade para o seu crecemento. As temperaturas excesivamente altas ou baixas ou a escaseza de precipitacións limitan e incluso poden impedir o seu desenvolvemento.
O relevo:
¿Onde adoita localizarse a agricultura? Nas chairas e nos fondos dos vales máis amplos. En ocasións ubícase nas ladeiras en terrazas oi socalcos.
¿Onde non adoita localizarse? Nas pendentes (canto maior sexa a altitude, menor a temperatura) ou nas costas, posto que isto dificulta o traballo e a mecanización.
• O solo: non todos son adecuados para agricultura; vai depender da textura (que condiciona a retención da auga) e da acidez (limita a súa fertilidade).
Lección 2. Tipos de paisaxes agrarias • PARCELA OU LEIRA:
• ¿Qué é? É unha división do solo agrario (un anaco de solo dedicado ao cultivo).
• Tipos:
• Segundo o tamaño: grandes ou pequenas.
• Segundo a súa forma: regulares ou irregulares.
• Segundo os seus límites:
• Campos cerrados (bocage): son parcelas relativamente grandes, irregulares e cerradas por muros o sebes.
• Campos abiertos (openfield): son parcelas de pouca extensión, regulares e abertas, é dicir, sen muros que as delimiten.
BOCAGE
OPENFIELD
• SISTEMA DE CULTIVO:
• Policultivo e Monocultivo:
• Policultivo: espazo agrario dividido en moitas parcelas de pequeno tamaño para cultivar especies vexetais distintas.
• Monocultivo: espazo agrario especializado nun só cultivo.
• Regadío e Secaño:
• Regadío: espazo agrario que utiliza para nutrirse a auga de encoros ou do subsolo a través de canles, aspersores, etc.
• Secaño: espazos agrarios que só reciben a auga procedente da chuvia.
POLICULTIVO VS MONOCULTIVO
Agricultura Intensiva e Extensiva (segundo o aproveitamento do solo):
Agricultura Intensiva:
Practícase en lugares moi poboados, con terreo escaso e propiedades pequenas.
Prodúcese a maior cantidade de produtos no mínimo espazo posible.
Utilízanse fertilizantes e sementes seleccionadas.
Moita man de obra.
Agricultura Extensiva:
Practícase en lugares pouco poboados, con moito terreo.
Prodúcese para ter a un prezo baixo grandes cantidades de productos cultivados.
As máquinas realizan a maior parte do traballo.
Man de obra escasa.
AGRICULTURA INTENSIVA. Ex. Paises Baixos
AGRICULTURA EXTENSIVA
Lección 3. A agricultura de subsistencia ¿Qué é? É a que está orientada a producir todo o necesario para a
supervivencia, e dedícalles máis de dúas terceiras partes do solo e do traballo para productos para o autoconsumo.
¿Qué técnicas utiliza? Moi rudimentarias, semellantes ás que se viñan traballando no Neolítico. O campesiño traballa coas súas propias mans e poucas ferramentas (aixada-azada- ou arado con animais de tiro).
¿Por qué non é unha agricultura tan productiva?
Pola explotación constante das terras.
A pouca eficacia das técnicas de cultivo.
A mala calidade das sementes.
O problema da seca ou as pragas.
¿Qué consecuencias ten este baixo rendemento? A pobreza da poboación que traballa nesta agricultura e a falta de excedentes para a súa venda.
AGRICULTURA ITINERANTE OU DE ROZAS:
¿Ónde se desenvolve? Nas rexións de bosque húmido de África, Amazonia ou o sur de Asia.
¿Quén a practica? Grupos humanos reducidos, con recursos limitados.
¿En qué consiste?
a) Cada ano cortan e queiman un sector do bosque e logo sementan sobre as cinzas unha gran variedade de plantas.
b) Despois dalgúns anos, o solo perde fertilidade e déixase en barbeito un longo período de tempo (mentras pode utilizarse para a gandería).
c) Cando xa descansou a terra pode utilizarse otra vez.
d) No momento en que o terreo xa non sexa fructífero ou a poboación dese lugar creza, se teñe que emigrar na procura de novas terras cultivables.