Upload
manuel-lago
View
255
Download
11
Embed Size (px)
DESCRIPTION
UNHA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS
Citation preview
The Muros Times
REVISTA DIXITAL
DE ARTE E CULTURA
ANO 0 – Nº 2– MAIO-2013
UNHA FIESTRA EN LIBERDADE
FEITA POR MURADANS
E ADICADA A TODOLOS MURADANS
The Muros
Times
The Muros Times
The Muros Times
ANO 0 – Nº 2 – MAIO—2013
Carta da Redacción: Un número mais de “The Muros Times”, e xa van tres...,
e neste especial do Mes das Letras Galegas contamos
coa colaboración de mais muradanos comprometidos e
queredores: Marcelino García Lariño (Marcelo da Rabe-
la), Manuel María Pena Silva (Rioderradeiro), Xoaquín
Figueiras (Xokas), César Acuña Rios, Director da Escola
Municipal de Música de Muros, e José Manuel Formoso
Luces (Porrúa).
Como poderedes ver a revista segue crecendo, e crece
en páxinas e seguidores porque Muros botaba en falta
unha revista cultural, porque lembra as desaparecidas "A
Eiroa" e "A Motora", revistas editadas en Louro e Esteiro,
que tanto aportaron en todos os eidos. Agora, TMT quer
ser de todos os muradáns, dende unha punta ata outra, e
queremos que participe mais xente coas súas colabora-
cions. Afortunadamente temos unha xuventude moi ben
formada e da que Muros ten que sentirse orgulloso. Esta
xuventude ten moito que achegar e dicirnos. A xuventu-
de muradán lle decimos: enviade os vosos artigos o co-
rreo de TMT. A vosa colaboración e moi importante.
NB.: Moitas persoas nos pediron exemplares en papel da
revista. De momento, só se fixeron oito exemplares, que
foron distribuídos nas bibliotecas, institutos e colexios do
Concello.
The Muros Times
Difusión da Cultura.
Exemplar gratuíto, prohibida a súa venda.
The Muros Times
COLABORADORES:
Jorge Lago de Pexejo
Henrique Monteagudo
María Castiñeira
Joaquín Vilar
Antón Lago
Alfonso Pouso—Quín Caamaño
Escola de Música Esmu—
Manuel M. Caamaño
Manuela Tajes—Marisé Luces
Manolo de Lajo— Manuel Lago
The Muros Times
The Muros
Times ¡¡¡
UNHA FIESTRA EN LIBERDADE
FEITA POR MURADANS
E ADICADA A TODOLOS MURADANS
The Muros Times
A VISITA DO SEÑOR CAPELÁN p/Marcelino García Laríño
señor Arximiro das Anselmas, con
moitos anos ó lombo, e moi eivadi-
ño o pobre por mor das moitas
doenzas que padecía, maiormente nos últi-
mos anos, atopábase internado nun santo
hospital.
O coitadiño que sempre fora moi xangal,
moi falador e, por certo, moi agradable no
trato, era un home de moi ben ser en tódo-
los aspectos: nunca rifaba con ninguén, de-
cote con moi boas palabras e, en canto pui-
do e as enfermidades o deixaron, foi un ho-
me moi traballador e moi responsable das
súas obrigas.
O capelán do hospital visitábao tódolos días
e algunha vez recuncaba, pois tiña un espe-
cial interese polo velliño tan ocorrente, tan
falangueiro e tan mansiño nas súas sempre
agradables conversas.
Un día, como facía a cotío, o Capelán, que
estaba ó tanto de todos seus males o mes-
mo que da súa moita idade, ó pasarlle a visi-
ta, preguntoulle:
–¡Que! ¿Cómo nos atopamos hoxe, don Ar-
ximiro?– Contestándolle o ancián, educado
coma sempre:
–Pois aquí me ten, doente coma sempre e
con moitiños anos riba das costas.
–E logo ¿cántos anos ten?– Inquiriu o creo.
O que lle respondeu o enfermo con outra
pregunta:
–¿E vostede cantos me bota?– O capelán
sabía de sobra os anos que o señor Arximi-
ro tiña, pero piadosamente e co gallo de
darlle azos, díxolle: –¡Home! Vostede terá
a todo máis ter, eu que sei; botándolle xa
polo moito... andará cerca dos oitenta anos.
O velliño ceibou unha gargallada, e faloulle:
–¡Oitenta anos! ¿E vostede de que vai?
Téñolle noventa e seis cumpridos xa no mes
de santos.
–¡Quen o dixera! Para ter eses anos está
vostede feito un rapaz. ¡No sei de que se
queixa!
–Eu non me queixo dos anos, señor. Eu
quéixome das moitas enfermidades que te-
ño. Mire vostede, de aquí para arriba –
sinalándolle coa man a cintura– teño mal o
estómago, o pulmón, o corazón, a gorxa, a
vista, o oído... eu que sei: todo. Pero de
aquí para baixo –da cintura– estoulle coma
un meniño.
–Daquela amigo, si se atopa tan ben da cin-
tura para abaixo, vostede quéixase de so-
berbia. ¿Pero atópase tan ben como voste-
de di da cintura para abaixo?
–Eu non lle dixen que estaba ben. Só lle di-
xen que estou coma un meniño da teta: por-
que mexo e fago por min a toda hora.
E era certo.
The Muros Times
O papel que me toca hoxe aquí é representar co-
mo directora á Escola de Música Municipal de
Carnota, e vou falar uns minutiños de o porqué o
interés de estar e formar parte desta revista. E
non é máis que o de intentar darlle pulo á música,
de espallar os nosos coñecementos e de dar a
coñecer a importancia das escolas municipais na
Sociedade.
A triloxía música-educación-sociedade expresa
unha relación moi estreira, e non é un feito casual,
xa que a música forma parte do home dende que
nace. O ser humano comunícase a través da mú-
sica e ademáis faino dun xeito natural, xa que é
ensencialmente unha linguaxe abstracta, pero
chea de significados. É por tanto algo importantísi-
mo que estes coñecemntos innatos e naturais se
canalicen e se inculquen dende que nos escolari-
zamos, posto que a música axúdanos en todos os
campos da nosa vida: na sociabilidade, á hora de
expresar sentimentos, surte un efecto positivo no
rendemento académico dos nenos, axuda a erra-
dicar o fracaso escolar, e así podería estar horas,
sin olvidarme do ben coñecido refrán de “A músi-
ca amansa ás feras”.
Pero tantos plans educativos, tantos políticos eru-
ditos que fixeron LOGSEs LOEs e demáis marabi-
llas , non lle souberon dar á música o lugar e o
tempo que lle corresponde, que para eso xa están
os Conservatorios, antigamente especie de uni-
versidades privadas e moi caras.
Pero dende hai uns anos surxen as Escolas de
Música, que non son máis que un punto de encon-
tro adicado ao universo do son e aos mares de
ritmos. Posto que a música é por excelencia a lin-
guaxe de afectividade, deberiamos apreciala e
percibila non só como unha arte expresiva, senon,
tamén, comunicativa. Unha arte que facilita a po-
tencia as relacións entre individuos dunha mesma
sociedade, aínda que moito se utiliza a música en
beneficios duns poucos bribóns, ingnorando e
despreciando a nosa porpia idiosincrasia e a nosa
riqueza cultural, todo aquilo que nos legaron os
nosos maiores. A nosa intención é que a música
forme parte da educación integral e cultural, a ba-
se de experiencias, produccións e audicións tanto
individuais como colectivas.
A pretensión fundamental das Esmus é formar
unha sociedade alfabetizada musicalmente e que
isto derive nunha utilizacións práctia dos coñece-
mentos musicais adiquiridos, ben coma aficciona-
dos activos ou como consumidores con xuízo críti-
co, ademáis de descobrir e enauzar posibles vo-
cacións. Intentamos aportar os medios que favo-
rezan a interrelación, a expresión, a comunica-
ción, a cooperación e a participación. Piares
dunha boa e sana convivencia democrática.
¿Que facemos na Escola de Música?
¿Para que serve unha Esmu?
The Muros Times
Son da Virxe (II) Joaquín Vilar Gómez
Adicado a toda esa xente que leva (levamos) eses
alcumes tan fermosos herdanza e recordo dos
nosos ancestros.
Tono da Catuxa, tamén Juan José da Colacheira, Marcial da Parroucha e Malita da Papeira. Nome, mote, apodo Mantela,Pompona e Kikolo. Rolamos os tombos nas Neves, bailamos na festa da Función, trouleamos arreo na Plantío encharcamos os pés no Furón. Español, Pandereta, Brinqueiro Laxiña, Queimado e Pateiro. Para praias as de Louro, faro o de Rebordiño, mais para berberechos, a da Virxe do Camiño. Navallas, ameixas, orolas, bois, nécoras e sentolas. A retranca de Minocho, non deixaba indiferente, os seus pareados facían rir á xente: - "Milucho mataba un pucho e Humberto tiña o cu aberto"- Nacha, Cubano , Cachucho Cachola, Vilela e Milucho Na Lomba xogamos felices, nas Caustras sentimos medo, subimos ó lugar de Perdices pasando polo Espiñeredo. Palomar, Alivía, Cuncheiro Manijua, Rambla e Barreiro.
Estes modestos versos son unha disculpa para volver a escoitar eses nomes e motes tan fermo-sos, tan sonoros e tan nosos . Hai palabras que por si mesmas, de seu, xa son poesía. E hoxe en día saíron da Virxe e están espallados por unha
morea de lugares e países.
The Muros Times
A NOSA XENTE
N este número de TMT, traemos ás
nosas páxinas, a un muradán sin-
gular; un home feito a se mesmo,
que foi mestre de varias xeracios ás que
soubo, con notable paciencia, inculcarlles
a súa paixón pola literatura. Grande orador
e excelente prosista, agora, xa con algúns
anos, pasional poeta. O noso muradán,
Manuel María Pena Silva, naceu na parro-
quia de Louro non ano 1942, estudou hu-
manidades non Seminario Franciscano de
Herbón-Padrón de 1955 a 1960; continúa
en Santiago, do 60 ao 61, facendo ou novi-
ciado. De volta a Louro, simultanea traba-
llo nunha pequena empresa familiar rela-
cionada coa pesca cos estudos de Maxis-
terio (por libre) e remata a carreira durante
o servizo militar; xa casado, matricúlase na
universidade e acada a licenciatura de Fi-
loloxía na especialidade de Hispánicas.
Correspondente dá Axencia EFE dá bisba-
rra de Muros-Noia durante máis de quince
anos, formou tamén parte do equipo de
redacción do xornal comarcal
"BARBANZA", que contaba, entre outras,
coas destacadas colaboracións do poeta
Antón Avilés de Taramancos e do drama-
turgo e novelista Pepe Agrelo.
Realizou traballos de tradución, exerceu a
docencia en Muros e xubilouse (na ESO)
no Colexio MONTESOL de Vigo. Na ac-
tualidade, vive en Muros.
Son de Carnota as leiteiras
Conto por toucas. Son cinco,
ben concentradas na estrada,
como encofrando mirada
para encarrilar o brinco.
Son de Carnota as leiteiras;
á vila, abrindo a mañán,
con caldeiretas na man
chegan, de cote, as primeiras.
En Muros venden patacas,
ovos, allos e cebolas
no mercado e polas rúas;
se con desprezo as atacas,
non por iso as descontrolas
nin o valor desvirtúas,
pola contra, inda acentúas
bautizo ao leite das vacas.
http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/
The Muros Times
A NOSA XENTE
Marcelino García Lariño
(Marcelo da Rabela)
O noso Marcelo, nado en Muros, un 17 de marzo
de 1930, adicou toda a súa vida a louvar a Muros
e a súas xentes. Como escritor e poeta, supo
acercarnos o mais entrañable das xentes de Mu-
ros. Sempre aberto a participar en todalas inicia-
tivas lúdicas e culturais, na sua xuventude foi
secretario de Acción Católica Muradana; secre-
tario da refundada Adoración Nocturna de Muros;
membro fundador da Comisión da Cabalgada de
Reises; Festa da Flor; Festival Mister Feo; Teatro
Muradán. Articulista en Xornais galegos, foi ta-
mén un gran colaborador da Folla Parroquial de
Muros, na que foi autor de moitos artigos e de
sentidos versos, nos que refrexou con sinxela
pluma os seus mais íntimos sentimientos de
amor á Igrexa.
O 28 de maio de 2011, o Salón de plenos
do Concello de Muros visteuse de gala para ac-
oller o acto de entrega da Medalla da Vila de Mu-
ros o noso benquerido veciño Marcelino García
Lariño. Neste acto, acompañado dos seus famili-
ares, Alcalde, Corporación municipal, e un gran
número de amigos, Marcelo, visiblemente emo-
cionado, recibeu a distinción, entre una salva de
aplausos, que como campanas ó vento, anuncia-
ban os muradanas, que se lle estaba a facer a un
dos seus fillos mais queridos unha mais que
merecida homenaxe por toda unha vida adicada
a Vila que o veu nacer.
Dende estas páxinas de “The Muros
Times”, non podemos menos que sumarnos a
esta merecida homenaxe a este muradán egrex-
io, bo e xeneroso, e desexarlle que o seu amor a
Vila e a suas xentes siga perdurado e que a sua
presencia entre nos, siga alentando esos valores
dos que él fixo bandeira sempre, que non outros
que os de ser, por encima de todo, un “Queredor
de Muros”.
O MEU MUROS
Quérote, Muros, de día,
Quérote, Muros, de noite,
Na tristura, na alegría,
Na mala e no boa sorte.
Quérote con tolería,
E hoxe un pouco mais que onte;
Quérerte a ti é teimosía
Porque te quixen decote.
Querereite mentras viva,
E aínda… despois da morte.
Marcelino García Lariño
The Muros Times
COLON MURADANO ???
A RAMPONIA Non sei os máis novos, pero os que ronda-mos os cincuenta recordamos de escoitar a nosas nais o anoitecer "Vinde para casa que ahí vén a Ramponia". Depois dun longo estudo do acontecido na zona e falar coa xente máis vella do lugar, descubrín que a Ramponia era unha mistura de lobo e raposa, cuxa moradía era en Cam-palvo, na coñecida vulgarmente como Cacho-la do Raposo. A Ramponia ten forma de raposa, pero non se lle pode berrar, pois é xorda e non escapa. Agora sí, ten unha vista aguda e ve a través das paredes. Cando baixa a aldea causa pánico e hai que deixarlle comer o que queira, como si son tó-dalas galiñas do galiñeiro. Si te acercas a ela enfróntase ensinandoche os colmillos afiados. Fascina coa mirada e cando non topa presa o seu xeito, entra nos cemiterios para desente-rrar os cadáveres e devoralos, de ahí que se inventara o nicho.
By: Manolo de Lajo
P/ Manuel Lago Álvarez
Dende sempre, sabe Galicia enteira que os mariños muradáns foron recoñecidos por ser os mellores capitáns e pilotos, acumu-lando a fama de ser os mellores para mandar buques de vela en navegacións de alto risco, e que o porto de Muros foi recoñecido polos reis como un dous mais importantes da península. Moi coñecida e a frase: "todos somos galegos menos o capitán que é de Muros"; sentenza que confirma un recoñecemento ex-preso a profesionalidade dos mariños muradáns, moi por enriba dos méritos doutros. Contan os mais vellos que nunha singradura atopáronse dous galeóns. Achegáronse un o outro e saudáronse os capitáns, e un díxolle o outro: "Seica pensas que non te coñecemos Cristo-bo? Ti és tan de Muros coma nós ¡¡¡. Que Colón fora de Muros, non sería ningún disparate. Quen se-nón os capitáns de Muros serían capaces de embarcarse rumbo o descoñecido, o que tamén hai que engadir que a carabela capi-tá, a Santa María, saíra dos astaleiros de Muros, co nome de "La Gallega", e fora rebautizada con este nome na honra dá nai de Deus. Colón escondía a súa procedencia galega, por mor de que os reis católicos, Isabel e Fernando, tíñanlle certo desapego ós galegos, xa que Galicia non os apoiara nas liortas que se deran na sucesión ó trono, nas que Galicia apoiaba a Juana la Beltraneja. Xa contarei mais, que o tema promete.
The Muros Times
Es a veces en la quietud de la oscura noche cas-tellana, cuando creo adivinar en la brisa el murmu-llo de tus olas arremetiendo furiosas contra los agrestes acantilados , en ese mismo instante me doy cuenta del largo camino que una lágrima pue-de dibujar en una mejilla…. Hoy ha sido uno de ellos.
CABO VILÁN En lo alto de tu cima majestuoso te alzas, escudriñando la noche, tú , ojo que todo alcanzas formas miles de reflejos en el espejo del agua , jugando con la espuma , de olas haciendo guirnal-das... esa luz que tu emites , que al navegar me acom-paña , ha visto volar el tiempo desde tu hermosa atalaya ha visto como han pasado tres siglos de vigilancia , sin pedirles nada a cambio a las gentes que te aman
en largas noches de invierno ofreces tu salvaguarda emitiendo esos destellos y tu sonora pitada en la obscura y negra noche... silueta férrea se alza amenazando con herir a la galerna mas brava, o cuando el manto de niebla a tus costas arribara... tú , impasible Polifemo, presto nos mandas auxilio , y hacia tu abrigo nos llamas... hoy te mando estas letras desde la tierra mas llana, grandes páramos polvorientos ... yermos, resquebrajados , sin agua ... hoy te escribo amigo, ¡ desde el centro de España ! y aunque varado me encuentro , aquí, muy lejos del agua... no dejo de pensar en ti, ay, mi Villano del alma... cuanto hoy yo no daría, por abrir mi gran ventana, y en vez de fría ciudad, mi ría yo divisara , que al ir anocheciendo, hasta ti yo me acercara... y contemplarte embelesado pescando desde mi barca.
© a. pouso
CABO VILÁN
The Muros Times
Entrevista
concedida a
The Muros Times
por María
Teresa Mayo Freire.
p/Jorge Lago de Pexejo
JL._: Encantado de facer esta entrevista contigo
María Teresa. Cóntanos algo de tí.
Maria Teresa Mayo Freire: Son a menor de
catro irmáns. A miña vinculación co mar ven
dende a cuna xa que a miña nai foi, elas facían-
se chamar daquela, atadoras. Polo tanto pasei
un parte da miña infancia no muelLE de Cabanas
con miña nai e as suas compañeiras. Pero, curio-
samente, esa vinculación non foi a que realmen-
te me trouxo a plantexarme o que hoxe fago.
Estudiei Bacherelato e (daquela chamase así)
F.P.II no instituto de Muros e iniciei a carreira de
Relación Laborais na Universidad de Santiago,
estudos que non rematei. Caseime con 23 anos,
e foi, precisamente o meu marido que me fixo
retornar a esa vinculación mariñeira esquencida.
Fixemos un barco no ano 97, i eu estaba, por
aquel entonces o coidado dos meus avós, cando
eles faleceron, foi cando me propuxen que tiña
que facer algo, traballar en algo. Quizas por ser
a irmán máis nova, non o sei, teño unha gran
dependencia familiar, primeiro cos meus avós e
logo cos meus paìs, nese tempo tamén naceu o
meu fillo, logo pensei que necesitaba un traballo
que me permitise compatibilizar a vida laboral
coa familiar. No me preguntes como caín na
conta de que esa compatibilidad a tiña na pro-
pia casa, porque non o recordo, sei que llo pro-
puxen o meu home e tiven sempre o seu apoio,
o mesmo tempo que sempre tiven o apoio dos
meus pais, que foron que realmente fixeron po-
sible que eu me realizara dentro deste mundo,
facéndose cargo da educación e coidados do
meu fillo.
JL.: A pesar da tua vinculación coa vida do
mar, supoño que non crecestes soñando que un
día ibas a ser unha mariñeira.
Maria Teresa Mayo Freire: Jajajajaja! Non,
para nada!! Fun pescar unha vez en toda miña
vida ca liña por fora da Nai e Filla e collín un
mareo que pensei morrer!!! Ese día dixen que
nunca xamáis volvería a embarcar nun barco,
claramente, equivoqueime.
JL._¿Cantos sodes de tripulación normalmente?
Maria Teresa Mayo Freire: O meu home e
máis eu
JL.: Duas persoas. ¿A que clase de pesca vos
dedicades? ou ó mellor tiña que decir arte pes-
queira, pero que lle queres; eu sonche da al-
dea.
Maria Teresa Mayo Freire: Non te disculpes
que non cola, da aldea serás, pero o mar está
b e n c e r c a ! J a j a j a j a j a
Digamos que alternamos, coas betas nos meses
de Xaneiro a Septembro, e desdes ahí a Xaneiro
imos o marisqueo o Freixo.
JL.: ¿Cómo se dá eso de traballar tantas ho-
ras coa mesma persoa, especialmente cando
con esa persoa se comparten máis que as horas
de traballo?
Maria Teresa Mayo Freire: O que non sei é
como sería traballar con outra persoa. O traba-
llo é moi rutinario e cada un sabemos o que te-
mos que facer sen case comunicarnos, o resto
das horas que compartimos apartámolas do tra-
ballo, cando chegamos somos unha familia máis
que fai cousas de familia. Tamén penso que nos
axuda que somos de pensamentos independen-
tes, e aínda que temos amigos en común, como
é lóxico, tamén nos relacionamos con grupos de
xente diferentes. Levamos máis de 20 anos
xuntos, e non se me ocurre un compañeiro me-
llor para nada. Jorge, estasme facer pensar eh!!
The Muros Times
nunca me plantei eso. Supoño que a verdadeira resposta
e a máis lóxica é que somos un matrimonio que temos
en comùn traballar para un benestar da familia, que me-
llor que poder facelo xuntos! ¿Non crees!?
JL.: Polo que entendo da tua resposta, o dito de que
donde hai patrón non manda mariñeiro, non aplica.
Maria Teresa Mayo Freire: No meu si se aplica, quen
manda é o patròn no barco, despois desquitome na ca-
sa!! Jajajajajaa. Ahora en serio, Luis é o que leva o con-
trol, por experiencia, as xerarquías son importantes a
hora de ser serio e traballar con responsabilidá.
JL.: ¿Qué é o que máis che gusta do teu traballo?
Maria Teresa Mayo Freire: Hai moitas cousas que me
gustan, pero o que máis valoro é a independencia que
me proporciona.
JL.: ¿E que é o que menos che gusta?
Maria Teresa Mayo Freire : Non sempre se fai agrada-
ble estar no mar, o mal tempo, o frio. Tampouco me gus-
tan moitas das cousas que me perdo da infancia do meu
fillo, pero eso non é diferente a calquera outra nai que
traballa.
JL.: Un sempre tende a pensar en mariñeiros e non en
mariñeiras. ¿Con que tipo de reaccións te atopas cando
dis ó que te dedicas?
Maria Teresa Mayo Freire: A maioría das veces con
extrañeza, pero máis extrañeza tiven a descubrir que eu
a Muros non vin a inventar nada novo, a muller perdeu
representación no mar pois xa antiguamente varias mu-
lleres muradás foron mariñeiras, así que, case podería-
mos decir que en Muros, a muller ten sido unha gran
protagonista deste mundo do mar.
JL.: María Teresa, ¿Pensas seguir facendo ese traballo
hasta que te retires?
Maria Teresa Mayo Freire: Sería
unha posibilidá, ¿Verdad? Pero non o
podo afirmar. O meu home xubilarase
moito antes ca min, e non sei, para
aquel entonces o que farei, sincera-
mente, non o sei.
JL.: ¿Gustaríache que o teu fillo se-
guira coa tradición mariñeira?
Maria Teresa Mayo Freire: Esa de-
cisión tena que tomar él. O que non
me gustaría é que tomase o mar coma
a alternativa máis fácil, non sei se me
explico. Él primeiro ten que estudiar e
formarse, se despois resulta que o que
lle gusta é o mar, pois o seu pai e eu
apoiaremos esa decisión.
JL.: Como muller, ¿Quéreslle dar
alghún consello as mulleres que vexan
no mar unha posiblidá de traballo?
Maria Teresa Mayo Freire: Que non
o pensen duas veces, no mar teñen
unha posibilidá de traballo. E animo os
armadores a que den esa oportunidá,
case que lles podo garantizar que se
levarían unha grata sorpresa. As mu-
lleres viñemos demostrando unha gran
responsabilidá e constancia no que
nos propoñemos. Non temos que ir
moi lonxe para aprecialo, as propias
mulleres muradás deron boa conta
delo.
JL.: María Teresa, moi o pesar meu,
temos que dar por concluida esta gra-
ta e esclarecedora conversación. Moi-
tas gracias por haber compartido con
nós eses momentos que estou seghu-
ro han de influenciar positivamente a
moitas das nosas leutoras e leutores.
Apertas.
The Muros Times
PRESENTACION DE
THE MUROS TIMES ¡¡¡
Muros, 20-04-2013. Acto de presen-tación da Revista dixital The Muros Times, na Aula de Informática da Ca-sa de Cultura de Muros. O acto co-menzou as 20:30 horas coa presenza dos colaboradores da revista i en co-nexión por Vídeo conferencia cos co-laboradores na Diáspora nos EE.UU e Madrid. Salvo pequenos impondera-bles coa conexións cos compañeiros de Alén do mar, o acto resultou moi entrañable e enriquecedor. Púxose en valor esta iniciativa cultural que trata de xunguir no mesmo proxecto aos muradáns que viven na Vila ou perto dela, cos que se atopan na diáspora. Hoxe en día cos medios técncos que manexamos fixeron po-sible que fillos de Muros, separados por todo un océano, estiveran xun-tos na presentación de The Muros Ti-mes. Un proxecto cultural que ten como leimotiv a posta en valor de to-dos aqueles contidos en relación a Muros ou feito por muradáns. The Muros Times quere ser un "caixon dixital" da vida cultural de Muros. Desde estás páxinas queremos darlle as grazas a Caridad Gónzalez, Alcal-desa de Muros, que coa súa presenza lle dou un respaldo institucional o acto. Non podemos deixar pasar a ocasión para agradecer A Agrupa-ción Fatriqueira, que amenizou o ac-to tanto o comenzo como o remate. Grazas tamén a todos que alí estive-ron presentes. Fotos: José Manuel Formoso Luces (Porrúa), e Mari-Nieves Formoso Vidal.
The Muros Times
The Muros Times
Está formada por unha planta dunha
soa nave dividida en dous treitos por un
arco de medio punto apoiado sobre pilas-
tras; cada un dos treitos cóbrese con bó-
veda de crucería. Na cabeceira a capela
maior á que se accede por un arco de
medio punto e cóbrese con bóveda de
aresta. No exterior destaca a riqueza da
fachada principal composta de xeito simé-
trico, sobre a porta un brasón en forma de
medallón de grandes dimensións e de-
baixo unha inscrición que reza que foi
D.Jeronimo Duran, residente en Chile
quen puxo o caudal para a construción da
capela no ano 1766. A capela conta cun
gran patio de cantería onde reza a inscri-
ción 1767.
Ramón de Artaza di do brasón e da inscri-
ción de debaixo:
“O brasón conta de oito cuarteis máis un
central, o primeiro (superior dereito) e o
dos Maldonado ou Rúa, o segundo cinco
follas de figueira, apelido Figueroa, o ter-
ceiro descoñecido, o cuarto son as armas
dos Feijóo, o quinto o dos Romero. o sex-
to poderían ser os Bermudez, o do centro
descoñecido”.
A inscrición di:
SE HIZO CON CAUDAL DE D. JERONI-
MO DURAN RESIDENTE EN LA CIUDAD
DE CHILE,SIENDO EL SR. D. MARCOS
ARCAIZ IBARNA BARRO FISCAL DE LA
REAL AUDENCIA DE ESTE REINO, DE-
DICADA A NTRA. SRA. DEL CARMEN,
AÑO DE M.D.C.C.LXVII.
O seu dono, «in solidum» no ano de 1775
era D. Felipe Romero Duran Alvarez de
Figueroa y Ardeleiros.
A Capela do Carmen
Artigo do noso conveciño Xokas Figueiras, recollido
en:
www.patrimoniogalego.net
The Muros Times
Ya sabemos que tener un niño con TDAH lleva consigo, la mayoría de las veces, problemas fami-liares ( incluso de pareja ), sociales y escolares. Sus propios amigos ( a veces influidos por los pa-dres ) van dejando de querer estar con él porque “ pega “” siempre tenemos jaleos “ …, lo mismo pa-sa con sus compañeros de colegio. Este aisla-miento afecta negativamente tanto al niño como a la familia, generando gran angustia. Cuando el niño es preadolescente pueden darse continuas discusiones, enfrentamientos, que pueden llegar a ser “ desesperantes “ para los padres. Es en este punto cuando es necesario acudir a los
profesionales: psicólogo psicopedagogo, etc… El primer paso es ir a su pediatra, el cual nos deri-vará al profesional correspondiente. Cuando acudamos sería aconsejable llevar un informe de su tutor/a que refleje las conductas que nos han llevado a dar ese paso. Es importantísimo que las normas a seguir que nos marque el psicólogo/a se sigan por parte de todas las personas del entorno del niño, tanto fa-miliar como escolar. Desde aquí vamos a dar unos pequeños consejos que ayudarán a mejorar y a aprender a convivir con ese trastorno: - Aceptar las dificultades que supone tener un hijo con TDAH. - Valorarlo como persona y no solamente sus éxi-tos. - Reconocerle y alabar los esfuerzos que hace para realizar bien las tareas, eso aumenta su au-toestima que en estos niños suele ser bastante baja - Ambiente estructurado, con rutinas, organizado, que ayuden al niño a mejorar su autocontrol. - El niño tiene que saber qué esperamos de él.
SIEMPRE: - Evitar el NO ( no corras, no molestes …). Lo sustituimos por “ vamos a ir más despacio, pide permiso”…. - Procurar no dar mensajes negativos dirigidos a la persona, ej. “ eres un desordenado “ por “ tu mochila, tu habitación está desordenada “. - Proponerle responsabilidades, siempre según su edad, “ ayúdame a… “ - Cuando estemos muy enfadados con él/ella no acusar ni ridiculizarlo. Podemos usar frases como: yo me siento triste cuando… - Las órdenes serán concisas, claras, cortas y con un lenguaje positivo. Mejor acercándonos a é, ya que así nos aseguramos que nos atiende. En lu-gar de decirle “ pórtate bien “ – algo muy genérico- iremos a la actitud que más molesta en ese mo-mento. Ej. En la mesa: ¡” cómo me gusta verte bien sentado” ¡. - SIEMPRE reforzaremos positivamente aquello que haga bien. - Destacaremos sus habilidades y aspectos positi-vos ( en el deporte, creatividad, humor… ). - El espacio dónde haga los deberes, estudie, de-be de estar con el menor número de estímulos distractores posibles y, si podemos, estar senta-dos cerca de él/ella. - Cuando cumpla lo que se le pide, elogiárselo inmediatamente. - Si la conducta inapropiada se realizaba delante de un grupo (parque, Vecinos), y ésta mejora, el refuerzo se le dará de-lante del mismo grupo. - A veces es necesario obviar conductas negati-vas menores (ruiditos en la mesa …) , hechos para reclamar nuestra atención, ya que si lo corre-gimos lo estamos reforzando. ¡ Ha conseguido nuestra atención aunque sea para reñirle ¡ *** Refuerzo positivo : Elogiar o reforzar los com-portamientos que queremos que se den con ma-yor frecuencia. ¿ Cómo pueden ser esos refuerzos? - Sociales: alabanzas, un abrazo, una frase… - Privilegios sencillos: dejar que nos acompañe, un ratito más jugando… - PEQUEÑOS premios: cromos, una chuchería… Si alguno de los consejos/ normas de este artículo le ha servido a alguien , la intención con el que ha sido escrito estará conseguida.
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN
E HIPERACTIVIDAD (II) p/ Marisé Luces Tajes
The Muros Times
ARCOS DA VILA Reportaxe fotográfico realizado por
José Manuel Formoso Luces (Porrúa)
The Muros Times
The Muros Times
Un idioma é un mercado
HENRIQUE MONTEAGUDO Hai pouco tempo ocorreu un suceso merecente
de vergoñosa lembranza: un
establecemento hoteleiro re-
cén estreado redactou un
manual de conduta que pro-
hibía aos seus traballadores
usar o galego diante do públi-
co. Naturalmente, o caso foi
silenciado por ese amplo
sector dos medios tan dado a
magnificar agravios contra o
castelán, ou se non existen,
a inventalos. A tal nova que non chegou a ser no-
ticia súmase a outras menos recentes pero aínda
frescas, coma aqueloutra que nos falaba de que
unha coñecida cadea de comida-lixo (perdón, rá-
pida) sancionou co despido a unha empregada
por dirixirse en galego á clientela. O paradóxico
do asunto é que neses e noutros establecemen-
tos os e as clientes que falamos galego -que por
suposto pagamos igual que todo o mundo- atura-
mos a cotío faltas de cortesía que non son tanto
responsabilidade das persoas mal instruídas que
nos atenden, como dunhas empresas que apa-
rentan ignorar a realidade lingüística do país onde
desenvolven os seus negocios.
Os prexuízos idiomáticos veñen no balume de
contravalores resesos que nos deixou en herdan-
za unha Galicia caducante, entalada por un vario-
pinto abano de complexos que atrancaron o noso
progreso. En calquera parte do mundo moderno
se sabe que quen presta un servizo en réxime de
explotación comercial ten que adaptarse aos gus-
tos e necesidades de quen llo retribúe. Pois en
moitas ocasións, para os galegofalantes ocorre
xustamente ao revés.
A LINGUA, BEN INTANXIBLE
Desde hai décadas, os expertos levan chamando
a atención sobre a importancia dos factores intan-
xibles no bo funcionamento da economía. Intanxi-
bles: con esa denominación nebulosa e un chisco
enigmática faise referencia a elementos inmate-
riais e dificilmente cuantíficables, pero non por iso
de efectos menos reais, tales como a fiabilidade
nas transaccións, o nivel de satisfacción dos ci-
dadáns ou as pautas e valores culturais que afec-
tan a aspectos tan variados coma, por caso, o
rendemento no traballo ou tamén os hábitos de
consumo. Doutra banda, tanto os axentes cultu-
rais coma os políticos e os estudosos estanse de-
catando da relevancia crecente da cultura como
sector económico -de aí a expresión industrias da
cultura-, nun contexto de desmaterialización pro-
gresiva da economía.
Dunha ou outra maneira, o que parece claro é
que a asociación economía-cultura, que a primei-
ra vista pode parecer rechamante, resulta cada
vez máis estreita. Nese binomio, a lingua xoga un
papel de primeira orde, pola sinxela razón de que
os mercados se constitúen e funcionan a través
de redes de comunicación, e as redes de comuni-
cación créanse e mantéñense mediante linguas.
Vencellándose a un concreto espazo de comuni-
cación que contribúe a establecer e sobre o cal se
funda o funcionamento efectivo da sociedade e a
consciencia das comunidades humanas, a lingua
emerxe como un referente central da identidade
colectiva.
LINGUA GALEGA,TRABALLO E MERCADO
Xa que logo, a parella lingua-economía ten moitas
viravoltas, sobre as que teremos ocasión de tor-
nar. Pero, desde o punto de vista da lingua galega
o asunto revélase máis simple: o seu porvir de-
pende en boa medida do valor que chegue a ad-
quirir no mercado laboral. Se a competencia no
galego devén nun elemento relevante para situar-
The Muros Times
galego devén nun elemento relevante para situar-
se nel, o alumnado aproveitará a oferta de lingua
dispoñible no sistema educativo; en caso contrario,
a presenza do idioma nas escolas e institutos re-
sultará de eficacia mínima, porque os estudantes
carecerán de motivación suficiente para aprendelo
e usalo. Igualmente, só se o galego resulta útil no
mercado de traballo, os pais e nais galego-falantes
terán interese en transmitirlles o idioma nativo aos
seus descendentes e non se sentirán presionados
para educalos en castelán -como aconteceu ata
hoxe-, por mor de aumentar o valor do seu capital
lingüístico.
Para que a competencia en idioma galego se car-
gue de valor engadido no mercado de traballo, son
precisas como mínimo dúas cousas: unha, que as
administracións incrementen (no canto de rebaixa-
ren) as esixencias lingüísticas para o acceso e pro-
moción na carreira funcionarial; dúas, que as em-
presas comerciais se sintan motivadas para utilizar
o galego tanto na publicidade coma na atención ao
cliente. Nisto último, os gobernos poden incidir
ofrecendo incentivos e impoñendo requisitos. Sem-
pre é preferible a primeira vía, pero en ocasións (e
depende para que cousas) a segunda é a única
eficaz.
Así, tanto a Xunta de Galicia coma algúns conce-
llos veñen practicando políticas de fomento, que
van desde convocatorias de subvencións ata a do-
tación de premios-lémbrese aquí, por caso, o Ma-
nuel Beiras do Concello de Santiago-, pasando por
campañas de concienciación. Canto ás convocato-
rias de subvencións da Xunta de Galicia, a verda-
de é que están amplamente cuestionadas, e con
argumentos moi poderosos. En primeiro lugar, os
procedementos e criterios da súa asignación son
opacos, de maneira que a ninguén pode estrañar a
sospeita de que nagúns casos esas axudas veñen
sendo empregadas para moi diversas finalidades e
no canto de serviren para promocionar o idioma,
acaban alimentando perversas redes clientelares.
En segundo lugar, non existen mecanismos de
control da súa utilización nin de avaliación da súa
efectividade. Non se trata de descualificar global-
mente toda unha liña de actuación, que sen dúbida
propiciou avances puntuais beneficiando iniciativas
axeitadas, pero, en nome da decencia e da efica-
cia semella obrigado que se revise en profundida-
de.
Falta por explorar a vía da regulamentación, isto é,
a da imposición legal de requisitos de emprego do
idioma galego ás empresas nos ámbitos e na me-
dida que se xulguen razoables. Naturalmente, para
isto fai falla moita vontade política, moitísimo tino,
pois os excesos adoitan saldarse en fracasos total-
mente contraproducentes.
DEREITOS DO CONSUMIDOR
Pero se aos gobernos non lles faltan ferramentas
para actuar neste campo, aos consumidores
tamén nos toca a nosa cota de responsabilidade.
Non temos por que resignarnos a ser mal antendi-
dos, e menos aínda sentirnos obrigados a adaptar-
nos ao idioma de quen nos está a servir. Cos me-
llores modais e en nome precisamente da boa
educación, temos dereito a reclamar -sobre todo
das grandes empresas- que nos atendan como é
debido, e isto quere dicir no noso idioma. Por fortu-
na, moitas desas empresas xa o entenden así, e
elas saben por propia experiencia que abrirse ao
galego resulta beneficioso para todos (incluíndoas
a elas mesmas), sen prexudicar a ninguén. (Para
dicir toda a verdade, sempre hai individuos que se
incomodan porque consideran o seu privilexio irre-
nunciable que outras persoas sexan tratadas peor
ca eles: curiosa maneira de darse a valer!). É de
esperar que, pola vía do exemplo, máis e máis em-
presas irán sumándose, pero para iso cómpre que
manteñamos un nivel razoable pero firme de esi-
xencia.
Unha lingua é un mercado: a imaxe provoca un
certo proído, pero non fai mal lema publicitario, e
axuda a ver a cuestión do idioma baixo unha nova
luz. O galego, tamén un mercado.
The Muros Times
¿Qué factores fan ao músico…?
¿o xenio ou o estudo? “O músico nace, non se fai”. Dise que o ta-lento musical hérdase e que, se se carece del, non é posible triunfar cun instrumento. Non existe evidencia de semellante tese. A capaci-dade técnica inclúe unha coordinación motora e unha soltura que facilitan a execución de pasaxes rápidas sen titubeos. Con todo, os bos músicos son algo máis que uns técnicos e engaden uns efectos expresivos tales como cambios de medida, de velocidade, matiza-
cións no fraseo, etc. Estes efectos axudan a comprender a música.Nalgúns medios musi-cais considérase a expresividade como o “xenio” do intérprete, pero as diferenzas de capacidade expresiva poden ser froito dun “talento innato” ou da práctica. O mito do ta-lento. - Os factores culturais, non os biolóxi-cos, son causas do virtuosismo musical nas nosas sociedades.- O triunfo na música non sempre é de orixe familiar. Pódense lograr re-sultados extraordinarios en nenos/as sen an-tecedentes musicais- A maioría dos grandes artistas non foron nenos prodixio, non mostra-ron indicios de ser unha promesa e tiveron que practicar nos seus instrumentos durante moitos anos.- Non existen exemplos de logros no ámbito musical que non foran precedidos por moitos anos de intensa preparación. Tamén no caso do nenos prodixio.- O “bo oí-do” considerouse un talento innato cando, de feito, é unha característica dos 2/3 da poboa-ción. Como se desenvolve a capacidade musi-cal? - Hábitos infantís: As experiencias infantís
teñen unha importante influencia no desenvol-vemento da capacidade musical. Os estímulos familiares (cancións de berce, bailes), crean certas disposicións para o exercicio musical.- Altos niveis de estudo: Os mellores violinistas practicaron durante 10.000 horas ao chegar aos 21 anos, é dicir, o dobre de tempo dos seus compañeiros menos capaces.- Influencia do estímulo familiar: a actitude dos pais é fun-damental. Moitos nenos teñen o curioso senti-mento de considerarse “músicos” grazas ao apoio familiar. Naturalmente a actitude oposta ten efectos negativos.- Influencia dos profeso-res: os nenos adoitan cualificar aos seus mes-tres segundo a simpatía, graza, camaradería e agarimo que lles demostran, en contraste con quen lles fixeron sentirse humillados e des-alentados durante as clases. Non negamos a importancia da herdanza nin a súa influencia no comportamento humano. Pero os humanos compartimos o 99% do material xenético e a capacidade musical é característica da nosa
especie. Os dotes musicais dependen dunha serie de xens específicos que constitúen “o talento musical”. Descoñecemos cal é o mate-rial xenético que inflúe en tales dotes e nas diferenzas que se manifestan entre individuos a través do pensamento musical. Por outra banda, existen numerosos testemuños científi-cos que nos falan da influencia da práctica na capacidade musical.
p/ CÉSAR ACUÑA RIOS
(Director da Escola Municipal de Música de Muros)
The Muros Times
OBESIDAD INFANTIL EL ENTORNO DEL NIÑO ES CLAVE EN LA PREVENCIÓN DE LA OBESIDAD INFANTIL
Por Dra. Castiñeira Los grandes cambios de las últimas décadas
han repercutido, drásticamente, en la manera de ali-mentarse de los niños. En este sentido, la obesidad infantil o el sobrepeso han experimentado un incremen-to considerable hasta llegar a convertirse en un proble-ma de salud pública. En España, según datos de la Encuesta Nacional de salud 2011 – 2012, la obesidad ha pasado de afectar al 7,4% de la población en 1987 al 17 % actual. El ascenso ha sido más marcado en hombres que en mujeres, aunque las mujeres llevan una vida más sedentaria. En el caso de los niños, uno de cada diez presenta obesidad y dos de cada diez sobrepeso, con porcentajes similares en ambos sexos. Son datos muy alarmantes y muy similares a los de EE.UU., donde existe el mayor nivel de obesidad del mundo. Además, se está detectando que la obesidad aparece en edades cada vez más tempranas y la ma-yoría de los casos son de origen multifactorial.
La revisión científica británica “The influence of the food environment and obesity in young children”, que recoge 35 estudios realizados en niños menores de 8 años en tratamientos por sobrepeso, destaca que muchos tratamientos sobre la obesidad se han centra-do en cambiar el comportamiento individual con el obje-tivo de prevenir el exceso de peso. Sin embargo esta estrategia solo ha llevado a mejorar a corto plazo la enfermedad y los factores de riesgo relacionados.
INFLUENCIAS NEGATIVAS
Según el estudio, es muy difícil cambiar un comportamiento individual en un ambiente donde cada vez más se promueve un estilo de vida sedentario y un consumo elevado de calorías.
Los individuos interactúan con el ambiente en múltiples “microambientes” como la escuela, sus hoga-res y su barrio.
A su vez, están influidos por los llamados “macroambientes” como la educación, la salud, las ins-tituciones, la industria alimenticia y las ideologías y las actitudes de la sociedad.
Esta suma de influencias en las condiciones de vida actuales es lo que promueve la obesidad en los individuos. En este sentido, modificar el ambiente obe-sogénico podría producir un efecto más duradero que en los cambios del comportamiento individual. Se re-quiere sensibilizar a la sociedad de los riesgos para la salud que conlleva el sobrepeso u obesidad y de la importancia que tiene transformar los ambientes obeso-génicos en que actualmente viven los niños, donde la práctica de actividad física es muy limitada.
LOS CAMBIOS
Estos cambios conductuales que conllevan el aumento de los casos de los niños con obesidad infantil o sobrepeso se deben, en parte, a los cambios demo-gráficos y culturales de nuestra sociedad: los horarios
laborales de los padres, el incremento de las fami-lias monoparentales, comedores escolares, etc. han afectado el comportamiento de las familias y, por lo tanto, de los niños, en múltiples aspectos, incluidos el comportamiento alimentario y la activi-dad física.
Esta situación es producto de los profundos cambios sociales y de conducta que afectan negati-vamente a la actividad de los niños. Actualmente, su tiempo libre lo ocupan en actividades sedenta-rias como ver la televisión, jugar con videojuegos, usar el teléfono móvil, ordenador e Internet, etc. Contribuyen a este problema por una parte la tecni-ficación del hogar y de los edificios (ascensor, elec-trodomésticos) y el uso de los medios de transporte motorizados, y por otra parte, la inseguridad en las
calles en cuanto a viabilidad y delincuencia ha pro-ducido una disminución importante en el porcentaje de niños que van a pie o en bicicleta hasta el cole-gio, y que juegan en las calles.
INFLUENCIAS DIARIAS
El estudio evidencia que las influencias diarias son determinantes para sufrir obesidad y que la edad apropiada para comenzar a prevenir la obesidad se encuentra en los primeros años de vida de los ni-ños.
Además, y sin que exista una única causa que lo provoque, la obesidad infantil o el sobrepeso exige una profunda revisión de los hábitos de los niños así como en la educación de padres y profesores. Destaca que el entorno familiar y escolar tiene una gran importancia a la hora de determinar la actitud del niño hacia determinados alimentos y el consu-mo de los mismos.
Los especialistas recuerdan que los hábitos alimen-tarios – que influyen en las preferencias de alimen-tos, el consumo de energía y la ingesta de nutrien-tes- se desarrollan normalmente durante la infancia y en particular durante la adolescencia.
The Muros Times
Muros, xuño de 1844 No mes de xuño do ano 1844 aparece editado en varios
xornais de ámbito nacional unha extrana nova que fala
do achádego fronte as costas de Muros dun barco ao ga-
rete, cos seus 14 tripulantes degolados.
p/ Manuel M. Caamaño)
El Espectador (Madrid. 1841). 6/6/1844, página 4. : “Leemos en el Heraldo la si-guiente carta de Santiago de fecha 31;
“Por cartas de la villa do Muros recibidas ayer por el correo de la provincia, se su-po que apareciera en aquellas aguas un barco español mercante con los palos cortados, impelido por las olas cual si fuera una boya, sin dirección ni ruta co-nocida. Picada , como era natural , la cu-riosidad del ayudante do marina del dis-trito , al momento dispusieron su recono-cimiento , y no bien subieron á bordo los que tal comisión desempeñaron , cuando se presentó á su vista el espectáculo ho-rrendo que formaban catorce hombres bárbaramente degollados y con señales marcadas de haber opuesto una resis-tencia heroica á la ferocidad de sus ver-dugos.
Parece que no se encontraron en el bar-co papel que indiquen la procedencia, ni efectos de ningún género.... A vista de un suceso horroroso como este , capaz de irritar al hombre mas impasible por cuyas venas circule sangre española , todos convienen en la necesidad urgentí-sima devengar la de nuestros hermanos derramada por la crueldad de esos afri-canos, á quienes se atribuye este nuevo asesinato; todos, sin distinción de mati-ces , convienen en la necesidad de llevar nuestras armas al imperio marroquí, y desenvolviendo en él el pabellón espa-ñol , pisado y escupido por sus bárbaros habitantes, lavarle con sangre africana basta que quede rojo y esplendente co-mo estuvo en otros tiempos, cuando no podía dirigírsele la vista sino con un res-peto profundo de admiración. ¿Dónde
está el orgullo español? ¿Dónde la intrepidez castellana?”
Esta nova a pesares de ser publicada nos xornais, resultou ser un bulo. Non sabemos de onde partiu esta falsa nova, nin que intereses agochaba a propagación de tan bárbaro, como falso, suceso.
No xornal “El Eco del comercio. 21/6/1844, n.º 552, página 3.” publícase está nota do Axudante de Mariña de Muros inquirido pola comandancia da Coruña; desmentindo de xeito taxante que tivese ocorrido tal aparición, nin tal barbarie nas nosas augas.
The Muros Times
Nós non chegamos a comprender os motivos ou o trasfondo que levou a alguén a publicar semellante bulo, pero aí quedan as novas da hemeroteca como testemuña muda daquel suceso, xa de por si, difícil de crer. No 1844, o reino de España estaba inmerso en varios conflitos nas súas posesións de Ultramar: A loita pola independencia da República Dominicana; o recoñecemento da
Acta de Independencia de Chile, etc... E no ámbito domestico estaba moi recente (o 23 de marzo) o regreso da raiña María Cristina tralo seu desterro. Pero non había conflito ningún cos nosos veciños, que puidese xustificar tal acto de barbarie. Queda para alguén máis informado que min, a procura e a interpretación dos
motivos. Eu só constato os feitos.
The Muros Times
25 ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN
FOLCLÓRICA XIMIELA P/ Quín Caamaño
-A Agrupación Folclórica Ximiela de Louro
celebra no mes de Maio o seu 25 aniver-
sario, por tal motivo desde The Muros Ti-
mes quixemos achegarnos a Louro para
que nos conten un pouco a historia e os
momentos mais relevantes da Agrupa-
ción.
-Ximiela non se creaba para ser un grupo fol-
clórico internacional nin fastoso, senón para
unha meta máis común pero non menos im-
portante: recuperar as nosas tradicións, as
nosas raíces o noso folclore. Foi todo pasiño a
pasiño, sen pretensión ningunha e deste xeito
comezaron a xurdir pequenas oportunidades:
as primeiras actuacións, os viaxes fóra de Ga-
licia, os novos traxes, as aparicións televisi-
vas, a gravación do disco, a publicación do li-
bro A indumentaria tradicional galega: O traxe
de Muros, as exposicións dos nosos traxes, e
agora o noso 25 aniversario que terá lugar na
Antiga Fábrica de Sel o vindeiro 25 de Maio.
¿Cómo empezou o grupo de baile?
En 1988 no seo da A.N.P.A: do Colexio Público
de Louro, nace un grupo de baile tradicional coa intención de que os xoves de Louro mos-
traran interese polo noso folclore xa casi es-quencido entre a poboación nova e non tan
nova do pobo. Con moita ilusión e sin expe-riencia o grupo vai collendo forma es os rapa-
ces e rapazas vanse involucrando cada vez mais. Empezan con actuacións no colexio, na
vila e ata fora do Concello.
-Fundación do Grupo Ximiela.
No ano 2002, necesitábamos que o grupo
tuvera entidade propia, con estatutos e una directiva. Ese foi o motivo de independizar-
nos da ANPA do Colexio e creamos A Agrupa-ción Folclórica Ximiela.
¿Por qué o nome de Ximiela?
O 24 de xuño de 1908, día de San Xoán, o
afundimento dun vapor-correo chamado La-rache alarmaba a parroquia de Louro emba-
rrancando no baixío de Ximiela. A xente de Louro e veciños da vila de Muros socorreron
a tripulantes e pasaxeiros da embarcación sen sorprenderse da traxedia que por des-
graza non era a primeira vez. O mar quixo levar con el 91 vidas que viaxaban nese co-
rreo-mixto que tiña como ruta Vigo – A Co-ruña. Os 60 náufragos foron enviados ó seu
destino; recibindo así máis tarde un telegra-ma da compañía transatlántica o agradece-
mento polos auxilios prestados ós fillos no-bres de Muros.
Por este lugar situado no océano Atlántico fronte a Montelouro, en lembranza do labor
humanitario, os compoñentes da agrupación acordamos que levase o nome: “XIMIELA”.
-Xa dende os inicios comenzáchedes a actuar fora de Louro. ¿Cómo xurdiron as
viaxes?
Os primeiros viaxes foron intecambios cultu-rais con outros grupos de diferentes sitios.
Un co que estivemos máis en contacto e via-xamos a súa terra foi “Maura Xeva” de Avi-
lés, ademáis de ser un dos primeiros grupos en acollernos.
Máis tarde iríamos ata a Badalona, Santurce,
The Muros Times
Madrid, Viana do Castelo, Oviedo… sen olvidar-nos moitos lugares da nosa terra. Todos estes
viaxes foron experiencias marabillosas para Xi-miela, novas amistades, novos lugares, novas
ilusións e sobre todo foron un xeito de unir máis o grupo e sentir que hai recompensa despois de
tanto traballo.
-Os traxes que lucides nas galas son ver-
dadeiras xoias. ¿Qué traballo hai detrás?
Cos anos Ximiela foise establecendo e collendo
experiencia e comezou a inquedanza de realizar novos traxes pero para iso foi necesario investi-
gar o noso traxe. Sobre todo existía e existe unha especial predilección pola recuperación da
indumentaria muradana. Petamos moitas portas para que nos ensinasen esas reliquias que al-
ghúns afortunados posúen, vimos moitas fotos, escoitamos moitos recordos de xente maior e
limos a pouca información escrita que existe.
Todo este traballo é totalmente artesanal e rea-
lizado polos propios membros de Ximiela, moi-tas delas parte da directiva da asociación. Elas
intentan reproducir ata o máis mínimo detalle para ser o máis fieis posible ao traxes antigos,
desde os botóns ata o voo das saias.
-Outro dos ambiciosos proxectos do grupo
foi a publicación do libro “A indumentaria Tradicional Galega”. ¿Por qué un libro?
A Agrupación conta cun vestiario moi variado, con traxes de gala, entre o que destaca o traxe
de Muradana, traxes de cotío e traxes de época.
A historia do libro naceu a partir da idea dun
calendario e mira no que acabou. Ximiela tiña a intención de realizar un calendario con fotos do
noso traxe. O fotógrafo encantoulle os nosas vestimentas e comentounos porque non facía-
mos un libro todo ese material. E así xunto coa colaboración da Deputación de A Coruña publi-
camos A indumentaria tradicional galega: O traxe de Muros. Esta publicación levounos a fa-
cer unha serie de exposicións pola provincia de A Coruña e tamén en Madrid, Santurce e Viana
do Castelo; ademáis de isto naceu a nosa colec-ción de bonecas.
-Non só realizades os traxes, rebuscades no folclore senón que tamén tendes un dis-
co editado.
Outro momento marabilloso para o grupo foi a
gravación do noso disco que leva nome do gru-po. Baixo a dirección de Pablo Seoane e ca Fun-
dación Paideia fomos ata o estudo Mans para realizar o noso primer traballo discográfico,
baixo a dirección de Pablo Seoane.
-Este mes de Maio celebrades o 25 aniver-
sario, para elo grabástedes un spot para
anunciar A Gala. ¿Qué nos pode-des adiantar a The Muros Times?
Ca gala que estamos preparando para este 25 aniversario queremos demos-
trar que no noso pobo se poden facer cousas importantes e de calidade. Nes-
ta actuación buscamos unha forma no-va de “consumir” a cultura tradicional,
crear espectáculo e que xente descu-bra o noso folclore ten o sufiente po-
tencial para que se leve a grandes es-pazos.
É moi difícil preparar algo tan grande porque moitos dos rapaces estamos
fóra estudando ou traballando pero fa-cemos o sacrificio de vir todos os fins
de semana porque pensamos que isto que estamos facendo vale realmente a
pena. E xa non é só ensair, tamén é preocuparse desde cómo vai ser o car-
tel que vamos poñer ata se todas as pezas de roupa quedan adecuadamen-
te a todos os membros.
Este 25 aniversario comezou ca grava-
ción dun spot que ademáis de que foi realizado para promocionar a gala
tamén foi unha actividade especial pa-ra os que formamos parte de Ximiela,
sobre todo para os nenos que disfruta-ron un montón.
Puxemos en marcha un blog onde tra-tamos temas do grupo, entrevistas a
xente do folclore, o traxe galego, eventos importantes neste eido…
Gracias XIMIELA pola vosa colabo-ración, achegándonos toda a infor-
mación e por brindarvos a realizar esta entrevista. Gracias que que-
remos facer extensivas o Grupo por todo ese traballo de recupera-
ción do noso folclore.
Desde The Muros Times desexa-
mos que a Gala sexa todo un éxito.
The Muros Times
Permitídenos que acheguemos un relato que non
é noso, pero que si é dun muradán que, a pesar
de ter vivido a meirande parte da súa vida afasta-
do de Muros, nunca tivo á Vila lonxe do corazón.
-José María García Rodríguez, naceu en Muros e
residiu durante moitos anos en San Juan de
Puerto Rico. Foi escritor, xuíz e diplomático.
Estudou dereito en Deusto e Valladolid e exerceu
como xuíz en diversas cidades españolas. Foi
Canciller do Consulado de España en República
Dominicana e en Puerto Rico.-
Ahí vai o conto:
“O señor Facundo estaba casado coa señora
Merexilda. Tiñan unha tendiña que se achegaba
a taberna. En fronte deles vivían as Rulas; unha
vella, súa nora e un rapaciño, neto da primeira e
fillo da segunda. O señor Facundo e a señora
Merexilda tamén eran vellos. El regordecho. Ela
fraquiña; o pelexo da cara engurrado, guedellas
brancas e os ollos negros. Ben puidera aseme-
llarse a unha bruxa. As Rulas dicían que o era. E
non entraban nin saían da casa, sen ter moito
coidado en darlle o cu a porta da tenda dos seus
veciños. A máis de facerlle a figa. A figa sabedes
que non son os corniños. Os cornos danse, en-
dereitando na man o furabolos e o dedo meñique
e recollendo os outros dous.
-Toma, toma, cornos para ti, dicían as mulleres
ao berrar.
E batían as dúas mans cos cornos dados.
A figa faise cos dedos pechados nun puño e me-
tido o gordo entre o furabolos e o maior. Esa é a
figa que lle facían as Rulas a señora Merexilda,
que andaba por elo queimada, frixida e refrixida
coa rabia. Case que doente.
Un pouquiño mais alá tiña a súa casa don San-
tiago Loxo, cos seus soportais. Embaixo deles
protexíanse os rapaces e poñianse a cantar:
Collín, collín, collín, toxos e flores
en pensamé e pensamé, e pensamentos,
palá, palá, palabras amorosas
que leva o ve, que leva o ve, que leva o vento.
Ai quéreme, Maruxa, quéreme,
que che vai ben, chas, pun!
O señor cura de Esteiro
ten a camisa rachada,
que a rachou na silveira
ao correr tras a criada...
Ai quéreme, Maruxa, quéreme,
que che vai ben, chas, pun!
E unha volta e outra, E máis os días de chuvia.
O señor facundo, que se enrabechaba que o le-
vaba o demo co alcume que lle tiñan, dende que
comezaba a oír iso de "collín, collín, collín toxos
e flores..." poñía unha cadeira na porta da tenda,
enriba dela unha bulsa chea de croios e pe-
louros, e nas mans ou na faldriqueira as pesas
da libra, media libra e tres cuartos. E esperaba.
porque aqueles condenados dos rapaces canto-
res, máis cedo ou máis tarde, finaban cambiando
a letra do cantariño. E ouvíase un "collón, collón,
collón toxos e flores..." tan fortemente berrado
que até no inferno, o mesmo Arrenégote o escoi-
taría. O señor Facundo a súa vez, berráballes
nun castelán severo e hiperbólico:
O SEÑOR FACUNDO ALCUMADO
“COLLÓN”, E OS RAPACIÑOS CANTORES
The Muros Times
"¡Mal rayo los parta! ¡Así el mismísimo demonio
los confunda!"
E os rapaces fuxían. O señor facundo corría de-
trás deles e arreboláballes as pesas e os pedre-
gullos con canta forza podía. Un seixo bateu a un
mociño de Louro e fíxolle unha grecha na cacho-
la. Houbo que chamar a don Antonio Beiro, que
era o médico, para que lle cosese os puntos na
botica de don Carlos Iglesias.
Viñan, de brazo dado o señor Manuel do Monte
e Ferreirós, que eran os dous gardiñas da vila e
chegaban sempre tarde a todos os barullos:
Que pasa? Que Pasa? preguntaban. Dicíanllo.
Sabíano de sobra. E no máis rexo do rebumbio,
pregábanlle ao inxuriado con tratamento de moita
cerimonia: -Non se incomode don Facundo;
haxa paz e paciencia...
Ao carón dos gardas había varios rapaces, dos
cantores ou non. Un avisáballe
-Señor facundo, as Rulas están mirando pola
fiestra e ándanlle facendo a figa. E ríndose...
E o señor facundo
-Un raio que as fenda. Calquera día póñolles un
xuízo de faltas que as fodo.
E outro rapaz con moita vontade:
-Quer que lle axude a buscar as pesas?
Axudábanlle. Xuntáronse mais rapaces embaixo
dos soportais de don Santiago Loxo, cantaruxan-
do: -Ferreirós, rouboulle a capa a Dios, e os
zapatos a Pilatos...
E Ferreirós: -Señor facundo, emprésteme as
pesas, que os escarallo...
E mentres os corría, viña outra manchea de mo-
ciños, poñendo a boca no mundo ao cantar:
Collín, collín, collín, toxos e flores...
O señor Facundo ao señor Manuel do Monte:
-Vostede é a autoridade, interveña.
-Coma vou intervir, se aínda non se fixo viola-
ción de lei ningunha?
-Pero vaise a producir e xa se produciu. Vostede
querería que lle chamasen o que eses desvergo-
ñados me chaman?
Retrucaba irado o señor Manuel do Monte:
Peche o peteiro, a min non me ensine a cumprir
coa miña obriga.
Volveu Ferreirós cos liviáns na boca, case que
afogado.
O señor Facundo preguntaba, comesto polo ca-
rraxe:
-Para que serve a autoridade nesta vila? Doume
aos demos!
Os rapaces non lle deron tempo de seguir, pois
xa estaban de novo coa cantaroliña, embaixo dos
soportais de don Santiago Loxo. E o señor Fa-
cundo coa orella esperta, os ollos abertos e as
pesas nas mans, dálle que te dálle a leria de que
na vila non había autoridade, que o alcalde era
un merdeiro e os gardas uns non sei que.
Comezou a orballar. E dixo Ferreirós, sen que o
señor Facundo puidese escoitalo:
-Son máis das dez da noite, ímonos, meu com-
pañeiro, que xa me ten até os collóns, este Co-
llón do carallo...
E fóronse. En canto se foron, saíu de novo a
maldicida cantaroliña, esta vez da banda da pra-
za do Cristo. E cando se escoitou a verba inxurio-
sa, o señor Facundo arrebólalle unha pesa a un
rapaz e rómpelle un vidro do escaparate de Luís
do Peludo, zapateiro da veciñanza. A señora Me-
rexilda e a muller do Peludo puxéronse a berrar
polos danos...E embaixo dos soportais de don
Santiago Loxo xa había outros cantando. E can-
do foi o señor Facundo a escorrentalos a pedra-
das e coas pesas, cantábanlle o collín, collín,
dende a praza do Cristo...Toleábano. Seguían a
señora Merexilda e a muller do Peludo berrando.
As Rulas facíanlle a figa dende a xanela. Mentres
pasaba por alí Chichapán:
-Aí Basilisa, mira como veño
Cunha borracheira que xa non me teño...!
De viño, claro. porque a auga, o noso follalateiro
nin a probaba. Basilisa era a súa dona, coma xa
sabedes ou imaxinades. Mentres dende a súa
fiestra, Pepa da Fortuna, que era pouco asisada,
berraba:
-Padre amado, viva Muros cu de riba para
abaixo!
Os cans ouveaban medio tolos polas rúas da
vila . E mentres, seguía a orballar.
A señora Merexilda pregoulle ao seu home:
-Facundo, ímonos deitar que xa é noite.
-Tes razón, que eses dous carabineiros de Ma-
nuel do Monte e Ferreirós, levan xa roncando
como meniños por máis de dúas horas, esqueci-
dos de manter o imperio da lei, nesta nosa puñe-
tera vila.
Fóronse durmir. Ao lonxe escotábase aínda:
Collín, collín, collín toxos e flores...”
José María García Rodríguez.
The Muros Times
By:Manolo de Lajo
O Cardenal Cisneros era un cruceiro da Armada
de 7.500 toneladas de desprazamento, 106
metros de eslora e 18,55 metros de manga. Foi
botado en Ferrol en 1897 e montaba 2 canóns
de 280mm., 8 de 140mm., 8 de 57mm. 10 de
37mm. ademais de 3 tubos lanzatorpedos.
Estaba propulsado por 2 máquinas verticales de
triple expansión con 4 caldeiras dobles e 40
fornos para darlle unha potencia máxima de
15.000 cv. a unha velocidad de 20 nós.
Na noite do día 28 de outubro de 1905 as
lanchas xeiteiras de Baño e Boavista sairon de
Anido para dar o lance de alborada. Esa
mañanciña decidiron facelo na zona da costa
comprendida entre os baixos de Meixide e
Ximiela, visto que no lance do axexo tiveran boa
marea nela.
Contaba meu bisavó Tieles que cando
estaban recollendo as pesas viron o Cardenal
Cisneros virar o Neixón e poñer rumbo a Virullos,
correxíndoo a babor o estar nas cercanías
destes e tomar unha nova derrota para pasar por
o suroeste de Meixide, ainda que para o
coñecemento del pareceulle moi pouco o desvío.
O barco navegaba a un andar de 10 ou 12
nos por o cal estaría o caron de Meixide en 10
minutos, eso si conseguia librar Ximiela pois
levaba casi na proa. Entón meu bisavó e os pa-
tróns das outras lanchas, entre eles os Coxos e
os Saturnos, comenzaron a levantar as mans e
berrar para avisarlles do perigo; o cal o barco
repondeu cunha salva de pitadas, coidarían que
os estaban a saudar.
Uns minutos máis tarde sentiuse a bordo unha
forte trepidación, que fixo deter a máquina. Toca-
ron cuns baixos por o sur de meixide que nas
cartas da época non estaban marcados, pero
que os mariñeiros muradans sí coñecían.
A consecuencía do choque inundáronse os
departamentos das caldeiras de popa e os das
máquinas de proa inutilizando as bombas coa
parada da máquina.
Dando o barco por perdido o comandante Ma-
nuel Díaz Iglesias, a voz de sálvese quen poida,
mandou arriar os botes salvavidas onde embar-
caron os tripulantes e disparáronse uns cañona-
zos co fin de chamala atención. O Cisneros mer-
gullou primeiro a proa e dispois, levantando a
popa, afundeuse por completo mostrando as hé-
lices.
Toda a tripulación, navegando nos seus
própios botes ou a bordo das lanchas murada-
nas que acudiron a demanda de auxilio, foi che-
gando de volta a Muros.
O rei Alfonso XIII fíxolle un recoñecemento
o povo de Muros por a súa actuación, tanto no
rescate como na acollida.
Nos dias seguintes non tardou en soar esta
cantiga na vila: "Adeus Cardenal Cisneros que
pronto te has perdido, despois de sair de Mu-
ros, nos baixos de Meixido".
A perda do CARDENAL CISNEROS
The Muros Times
O Naufraxio e o expolio do buque Sovereing
O día 3 de xaneiro de 1901, embarranca na Cova do Rego de Auga
o veleiro Inglés Sovereign
De Cardiff zarpou o bergantín inglés Sovereign o día 3 de xaneiro de 1901con rumbo a
Vilagarcía . Ao chegar a altura da ría de Muros o temporal do SW arrepiaba e o capitán do
Sovereing decidiu gorecerse no porto de Muros pero veu a embicar na mañá do día 7 na pequena
enseada da Cova entre as
puntas Rebordiño e A
Vouga a escasos dous
quilómetros da Vila.
O pouco de acontecer o
naufraxio presentouse no
lugar o axudante de mariña
de Muros para coordinar o
salvamento dos tripulantes
do navío e tratar de
salvagardar a súa carga.
Os mariñeiros ingleses
foron axiña postos a salvo
polas xentes de Muros
sendo aloxados en casas da
veciñanza ata seren
repatriados.
O buque despezouse no lugar do seu embarrancamento, non sen antes ser visitado polos raqueiros
que espoliaron parte do seu cargamento e das pertenzas dos tripulantes. Que despois de cumprido
o deber de salvar as vidas dos tripulantes, tamén
había que atender ás necesidades materiais!
Texto dun telegrama enviado polo axudante de
mariña de Muros á comandancia militar de
mariña da Coruña : 7 de xaneiro do 1901,
Muros 12 da mañá:
“Esta madrugada embarrancou no punto da nosa
costa denominado a Cova, o bergantín inglés
Sovereing, Toda a tripulación foi salvada en botes .
O buque no vai poder reflotarse. Comézase a sacar
do mesmo os obxectos persoais dos tripulantes e a
carga. Un bote pertencente ó canoneiro da Armada
Española Vasco Núñez de Balboa saíu para prestar
auxilios. As autoridades e veciños deste porto
prestan excelentes servizos co motivo do sinistro”.
The Muros Times
COUSAS
DE NENOS… Ás veces, algunhas poucas veceso sangue
xeóuseme nas veas ao entrar na cociña e
ver a José A. sentado ao lado da cheminea
e xunto a el, que era aínda máis grave se
cabe, ao seu pai, tomando un vaso de viño
e charlando amigablemente co meu, os
deuses decidiran me dí conta nada máis
entrar cando a miña cara sen querer trope-
zou coa palma da man do meu pai, men-
tres o cabrón de José Antonio cos seus re-
lucentes seis puntos de sutura sorría o moi
can, sorriso que máis adiante lle custa-
ría..., pero dunha forma cruel, sem, recu-
peramos a facultade perdida de volver á
nosa nenez a través do máxico mundo dos
sonos e esta foi unha delas, unha desas
noites nas que desexarías que non amen-
cese, que non rematase nunca. Recobrei a
sensación pracenteira do sol primaveral
acariciando o meu rostro ao durmir nas ro-
chas da praia de Portocelo xunto aos meus
amigos de delitos mentres nos escondia-
mos facendo xovencos na escola, un de
tantos días, pasando a tarde entre calada e
calada daqueles míticos Celtas curtos, eran
sen filtro e endiabladamente fortes, pero á
súa vez os máis alcanzables aos nosos
cheos de arañeiras petos e como colofón
entre cigarro e cigarro, un bo baño en pe-
lotas no mar, así nos evitabamos mollarnos
os calzóns de algodón, máis malos de se-
car ao sol que a nai que os pariu...
Así transcorrían as horas, facendo tempo
para que desen as seis e poder volver á
casa a pola merenda, coma se nada tivese
sucedido colliamos o chusco de pan
da tahona do señor " Pepe do Cancholo " e
as dúas onzas de chocolate groso e duro,
que aínda que era dos de facer á cunca os
cativos o roïamos con verdadeiro afán,
aqueles aínda non eran tempos
de petit suisses, non para nós polo menos,
e como frechas volviamos saír a xogar á
rúa, o verdadeiro cuarto de xogos daquel
entón.
Tras reunión de urxencia na árbore
"do rio de abaixo ", tomamos a decisión de
volver declarar a guerra aos de " Corea "
barrio fronteirizo do noso, o " roeiro novo "
e xuntos, media ducia de chacais, espera-
bamos a que algún pasase preto do dique,
os deuses bendicíannos e estaban connos-
co pois viñan tres incautos inimigos sen
decatarse da emboscada cruel que no seu
contra estábase a fraguar, e á orde
de Fuegoo!, saíu en tropel unha chuvia de
pedras que obscurecieron o seu ceo coma
se dun chuvasco do Norte se tratase. Os
proxectís eran pedras de cuarzo, por aquí
chamadas de ( Seixo )escogidas con esme-
ro na calita do Pindo, ao lado dePortocelo,
polo seu tamaño e peso perfectos para ta-
l e s m a s a c r e s .
A sorte esta vez, non estaba do meu lado,
xa que no fragor da loita puxen tanto em-
peño no meu lanzamento que esquecendo
a orde de non tirar a dar, lle asestei unha
fenomenal pedrada a José A. facéndolle
caer redondo como antano fi-
xese David con Goliat, nin que dicir ten,
que esa tarde a escorrentada foi xeneral e
cada moucho á súa oliveira antes das oito.
Transcorrida unha hora máis ou menos do
tráxico suceso, co meu ego polas nubes
dirixín os meus pasos á casa, pre nos volve
chamar xunto a el este mundo para foder-
nos o bo que temos ,y entón soou o esper-
tador anunciando a hora de levantarse
©. a. pouso
The Muros Times
p/ Dra. CASTIÑEIRA
Un estudio a largo plazo muestra los beneficios en la salud
cardiaca de dejar el hábito aunque
se gane algo de peso
Aunque muchos fumadores temen
el aumento de peso que a menudo
conlleva el dejar de fumar, un estu-
dio reciente sugiere que ese peso
adicional no contrarrestará los
beneficios en la salud de dejar de
fumar. El estudio, que contó con
más de 3,200 personas adultas de
EE. UU., halló que los fumadores
que lo habían dejado redujeron su
riesgo de enfermedad cardiaca y accidente cerebrovascular
a la mitad. No importaba si ganaban peso después de dejar
de fumar.
"Esto vuelve a confirmar a los fumadores que los benefi-
cios de dejar de fumar siguen siendo mucho mayores que
cualquier pequeño riesgo para la salud que pueda ocasio-
nar el ganar peso", indicó el Dr. Michael Fiore, fundador
del Centro de Investigación e Intervención en Tabaco de la
Universidad de Wisconsin, en Madison.
La investigación sugiere que la mitad de las mujeres y la
cuarta parte de los hombres que fuman están preocupados
por el peso que ganarían si dejaran de fumar.
"El aumento de peso es una razón habitual que los fuma-
dores señalan para no dejar de fumar", comentó Fiore, que
coescribió un editorial que acompañaba al estudio en la
edición del 13 de marzo de la revista Journal of the Ameri-
can Medical Association. Por supuesto, el miedo a ganar
peso podría deberse a razones de salud o no. Algunos fu-
madores quieren evitar esos kilos adicionales por una ra-
zón "cosmética", afirmó el Dr. James Meigs, autor principal
del estudio y médico en el H. General de Massachusetts.
Pero con respecto a la salud cardiovascular, agregó Meigs,
los nuevos hallazgos muestran que ganar peso no es una
excusa para no dejar de fumar.
Fiore se mostró de acuerdo. "Dejar de fumar es lo mejor
que puede hacer por su salud", aseguró.
Los hallazgos se basan en 3,251 personas adultas que par-
ticiparon en el Estudio de Descendientes de Framingham,
una ramificación a largo plazo del Estudio Cardiaco de Fra-
mingham. Dentro del periodo de tiempo considerado, de
1984 a 2011, los participantes se sometieron a exámenes
de salud aproximadamente cada cuatro años; al principio,
el 31 por ciento eran fumadores, pero en el último exa-
men, esa cifra se había reducido hasta el 13 por ciento.
Durante el periodo del estudio, 631 personas sufrieron un
ataque cardiaco, un accidente cerebrovascular, insuficien-
cia cardiaca o de arterias de las piernas obstruidas, o falle-
cieron por problemas cardiovasculares. Pero los antiguos
fumadores tenían solo la mitad del
riesgo de los actuales fumadores,
aunque hubieran ganado peso. Y
como ocurre habitualmente, habían
aumentado de peso: un promedio
de 5 a 10 libras (de 2.26 a 4.5 kilos)
en los años siguientes a dejar de
fumar.
"De manera que el mensaje es: sí,
puede esperar que ganará peso en
los primeros años después de dejar
de fumar", afirmó Meigs. "Pero,
aun así, reducirá su riesgo de enfermedad cardiovascular a
la mitad".
Los investigadores también se centraron en los participan-
tes del estudio con diabetes, un factor de riesgo importan-
te de enfermedad cardiaca y accidente cerebrovascular.
Descubrieron que las personas que dejaron el hábito de
fumar experimentaban una reducción del riesgo parecida a
la de los fumadores sin diabetes. Pero el hallazgo no fue
significativo desde el punto de vista estadístico, lo que sig-
nifica que pudo deberse a la casualidad. No obstante,
Meigs hizo hincapié en que el descubrimiento no significa
que las personas con diabetes no se beneficien de dejar de
fumar. Culpó a las estadísticas: simplemente no había las
suficientes personas en el estudio que fueran fumadoras,
tuvieran diabetes y sufrieran de un problema cardiaco co-
mo para obtener un dato estadísticamente fiable.
Y Meigs indicó que, para un fumador con una afección
cardiaca importante como la diabetes, dejar de fumar sería
incluso más importante.
Pero incluso aunque ganar peso no contrarrestará los be-
neficios para el corazón de dejar de fumar, muchos fuma-
dores quizás quieran evitar pasar por eso de todas mane-
ras. "Y hay algunas cosas que usted puede hacer para mini-
mizarlo", comentó Fiore.
Una de ellas sería empezar a hacer ejercicio. "Introduzca
algo más de actividad física en su rutina diaria", aconsejó
Fiore. Y como premio, añadió, la investigación sugiere que
el ejercicio puede ayudar a rebajar las ansias de nicotina.
Vigilar la dieta es clave, comentó Fiore, porque los fuma-
dores a menudo recurren a los alimentos dulces y grasos
cuando intentan dejar de fumar. También hay evidencias
de que los chicles y las pastillas de nicotina pueden ayudar
a evitar el aumento de peso. No se sabe con certeza la ra-
zón, pero puede ser por los efectos de la nicotina en el
metabolismo, comentó Fiore.
The Muros Times
Muros, 1846: o
axustizamento de Ginés Mato
ai partes da nosa historia que son descoñecidas. As veces porque a tradición oral perdeunas e outras porque as referencias escritas desapareceron. No caso
que hoxe vou a relatar, tal vez, polo escabroso do tema, a xente quixo esquecelo, pero aínda hai hoxe en Muros, aboas que lembran escoitar das súas aboas, relatos do acaecido na Vila durante e despois dos feitos que hoxe relatarei. Das aínda vivas, recollín datos que me serviron para darlle forma a unha historia certa que acabou movendo as conciencias de moitos.
O día 15 de xuño de 1846, produciuse en Muros o axustizamento dun home chamado Ginés Mato. Foi a última persoa á que un xuíz de primeira instancia de Muros, condenou a morte en garrote. A Ginés Mato, de 33 anos, fillo de Pedro Mato, natural de Noia, e de María dá Canle, da parroquia de San Cosme de Outeiro, acusóuselle de ter dado morte a un home na Parroquia natal da súa nai. Tras o xuízo, e despois de haber apelado a Real Audiencia, a sentencia a morte confirmouse.
O uso do garrote xeneralízase ao longo do século XVIII, favorecido pola simplicidade da súa fabricación, que estaba ao alcance de calquera ferreiro. Mediante decreto do 24 de abril de 1832, o rei Fernando VII aboliu a pena de morte en forca e dispuxo que, a partir de entón, se executase a todos os condenados a morte co garrote:
“Deseando conciliar el último e inevitable rigor de la justicia con la humanidad y la decencia en la ejecución de la pena capital, y que el suplicio en que los reos expían sus delitos no les irrogue infamia cuando por ellos no la mereciesen, he querido señalar con este beneficio la gran memoria del feliz cumpleaños de la Reina mi muy amada esposa, y vengo a abolir para siempre en todos mis dominios la pena de muerte por horca; mandando que adelante se ejecute en
garrote ordinario la que se imponga a personas de estado llano; en garrote vil la que castigue delitos infamantes sin distinción de clase; y que subsista, según las leyes vigentes, el garrote noble para los que correspondan a la de hijosdalgo”.
Cada tipo de execución levaba aparellada unha escenificación distinta, diferenciándose cada unha principalmente polo modo de conducir o condenado ata o garrote: os condenados a garrote nobre ían en cabalo enselado, os de garrote ordinario ían en macho ou cabalo e os de garrote vil en burro, sentados mirando cara á anca, ou arrastrados.
É a denominación garrote vil a que prevaleceu e hoxe en día adóitase usar este nome para designar tanto o
The Muros Times
socialmente. aínda así, transmitíase de pais a fillos. E é curioso que o verdugo Sansón, famoso na Revolución Francesa, que guillotinou a maioría dos condenados, era fillo e neto de verdugos. Pois xa nesa época, escribiu unhas memorias coas súas mellores execucións.
O verdugo que executou a Ginés veu dende Valladolid, e estivo en Muros moito antes da execución. O principio pasou desapercibido, pero cando a xente soubo quen era, o seu paso polas rúas da Vila, os veciños pechaban fiestras e portas. Non lle foi mal o executor, que quedou na Vila e acabou casándose cunha moza e tivo descendencia.
Penosa foi a execución e sorprendente o que aconteceu anos despois: un home atormentado polos remordementos confesouse autor do crime que lle atribuíron a Ginés. As xentes da Vila sentíronse culpables do sucedido, e consideraron o axustizado un “santo”, sendo moitas as persoas que durante longos anos, cando pasaban polo lugar onde fora axustizado, facían a sinal da Cruz, e outra moitas acudían a súa tumba a implorar os mais diversos favores.
Fontes: Arquivo Parroquial de Muros, L.S. 34. Fol 72. vto, depositado no Arquivo Histórico Diocesano, e relatos contrastados
con xente maior da Vila.
instrumento como a pena de morte que o utiliza. A execución anunciábase cuns tambores co parche frouxo, non tirante, que se chamaban "caixas destemperadas", de onde quedou a expresión. Ginés Mato foi axustizado a garrote, nun taboado que se puxo no campo de San Roque, en lugar perfectamente coñecido, e que non cito nin sitúo, como tampouco citarei outros extremos para non ferir a sensibilidade dos lectores. O corpo do malfadado rapaz estivo exposto ó público dende as 11 da mañá ata as catro da tarde. Antes da execución recibira os sacramentos de penitencia e comuñón. Os irmáns da caridade acompañaron o seu cadáver, que foi soterrado no cemiterio parroquial de Muros, dentro da capela do cemiterio, que fora anteriormente o presbiterio da anterga parroquial de San Pedro.
O VERDUGO VEU DE VALLADOLID
O verdugo é un personaxe tan antigo como a Lei. O que sucede é que, polo seu atavío, carapucha, machado etc.. . adóitaselle identificar moito coa Idade Media. En moitas ocasións o verdugo impúxose para evitar que tras a cacharela, a multitude estendese as muxicas con grave perigo público. E en situacións así encontrouse Luís XI, Carlos El Malo, Pedro I de Castela, Pedro IV de Aragón.... e, se damos un salto no tempo, tamén o tivo que utilizar Isabel de Inglaterra, Pedro el Grande e ata o propio Napoleón.
E se o verdugo fose unha muller ? Pois as houbo! , se, en Francia, en tempos de San Luís, para executar outras mulleres e se lle chamaba a "Bourelle".
En España xa se comezou a exonerar de cargas o verdugo en tempos de Juan II quen, en 1.435, ordenou que quen exercera de verdugo estivese exento de toda carga municipal ou real. Mais adiante regúlase con maior precisión o cargo de verdugo. Carlos I ditou unha Ordenanza, en Toledo, en 1.525 e, mais tarde, o seu fillo Felipe II outra en Valladolid, en 1.556, que permitían ao verdugo quedar coas roupas que levaran postas os condenados. O cargo de verdugo estaba mal considerado
The Muros Times
COLABORA:
CONCELLO DE MUROS