16
XENÉTICA FONTAO Nº3 Xaneiro 2009 OS AMERICANOS, UNHA GANDERÍA UNIDA A FONTAO E BOS MEGATE, A FAMILIA MÁIS LAUREADA DE ESPAÑA CID, TRANSMISOR DE EXCELENTE MORFOLOXÍA Badiola Megamagic

XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO

Nº3 Xaneiro 2009

OS AMERICANOS,UNHA GANDERÍA UNIDA A FONTAO E BOS

MEGATE,A FAMILIA MÁIS LAUREADA DE ESPAÑA

CID,TRANSMISOR DE EXCELENTE MORFOLOXÍA

Badiola Megamagic

Page 2: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

TIBUR MARIPOSA XACOBEO BB-83Casa Tiburcio-Riotorto-Lugo

DÍAZ XACOBEO LANA BB-83Gandería Díaz S.C.-A Pontenova-Lugo

MAREY XACOBEO COPO DE NIEVE BB-84Marey Castro S.C.-Pol-Lugo

SECO XACOBEO 1652 BB-83Hnos Seco Rubiños S.C.-A Pastoriza-Lugo

NUVEIRA CARMELA XACOBEONuveira-Mazaricos-A Coruña

NUVEIRA CARMIÑA XACOBEONuveira-Mazaricos-A Coruña

GRUPO DE PROXENIE DE XACOBEO EN SILLEDA

Page 3: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 3EDITORIAL

Xenética Fontao estivo presente na XXXI edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, en Silleda (Pontevedra) entre o 20 e o 23 de novembro do 2008, cun stand no que se podía admirar un fabuloso grupo de 6 fillas do semental Holstein estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET.

A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008, tivo lugar despois dun inmenso tra-ballo de doma e preparación (lavados, pelados, aclimatación ás condicións de estabulación, alimentación e muxido da Feira, tan distintas das que as reses teñen habitualmente nos seus esta-blos de orixe). Ademais, as vacas tiveron que superar con éxito as diversas probas sanitarias necesarias para ser exhibidas en Silleda, coa finalidade de que todas as persoas interesadas pui-deran apreciar as magníficas características que transmite o semental, o que denominamos o seu patrón de transmisión.

Cremos modestamente que o obxectivo foi superado de sobra, debido á grande homoxeneidade do grupo, 6 animais de moi similares características malia a diferenza de idade, pois tres eran de primeiro parto e as tres restantes de segundo. Todas elas vacas de moi boa estrutura e capacidade, tremenda calida-de leiteira, pel fina e brillante, con gran calidade ósea en xeral e das patas en particular e, por suposto, excelentes ubres.

A presentación deste grupo de proxenie non tería sido posi-ble sen a incondicional cooperación e o inmenso apoio prestado polos gandeiros propietarios destas vacas, que dun xeito total-mente altruísta cederon os seus animais para que fosen expos-tos. E isto, malia as elevadas producións de leite que a maior parte deles tiñan nese momento. Xenética Fontao quere deixar constancia desde estas páxinas do seu agradecemento máis sincero cara ás ganderías colaboradoras no evento:

_Gandería Díaz, de Santo Estevo (A Pontenova, Lugo)_Gandería Hermanos Seco Rubiños, de Bretoña (A Pastoriza, Lugo)_Gandería Marey Castro S.C., de Suegos (Pol, Lugo)_Gandería Nuveira, de Mazaricos (A Coruña)_Gandería Tiburcio, de Aldurfe (Riotorto, Lugo)

A todas elas, grazas polo seu excelente traballo e pola confian-za depositada en Xenética Fontao.

XENÉTICA FONTAO

EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo

Tfno: +34 982.284.391Fax: +34 982.284.626E-mail: [email protected]: www.xeneticafontao.com

PRODUCE:Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo

Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893E-mail: [email protected]: www.transmedia.es

Tirada :7.000 exemplares

DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008

ÍNDICE

TOUROS PROBADOS.......................

FAMILIAS...........................……....….

MELLORA XENÉTICA…..................

NOVAS…………….…..........................

4

8

10

14

OS GANDEIROS, OS NOSOS MELLORES COLABORADORES

Page 4: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 20094 TOUROS PROBADOS

CID, OUTRO FROITO DO PROGRAMA GALEGO DE MELLORA GANDEIRADespois da publicación das novas probas de CONAFE (decembro do 2008), Cid confirma os seus bos datos para produción de leite e proteína, á vez que mellora os seus rasgos de tipo.

Bos Allen Cid Maciñeiro ET é un

dos novos valores emerxentes

de Xenética Fontao. Este touro,

nacido na Gandería Cid de Barreiros

(Lugo), é fillo de Bos Celsius Maciñeira

ET, vaca que foi propiedade da UDE de

Bos e que, debido á gran calidade amo-

sada pola súa proxenie en canto a confor-

mación, produción e lonxevidade, é con-

siderada como unha das máis importan-

tes vacas de cría do panorama nacional.

Así o confirma o galardón dunha estrela

ao mérito pola súa descendencia, outor-

gado o pasado ano 2008 por CONAFE.

Cid é un semental nacido o 8 de no-

vembro do 2003 e calificado MB-85 con

menos dun ano e medio de idade. Amo-

sa unha sólida estrutura pola súa gran-

de estatura, tremendo terzo anterior,

anchura de peito, fortaleza de lombo e

profundidade corporal. Todo isto confí-

relle unha morfoloxía de gran potencia

e fortaleza.

Cid é fillo de Canyon-Breeze Allen ET

MB-85, touro canadense de orixe ame-

ricana fillo de MJR Blackstar Emory ET

EX-97, célebre polas tremendas estru-

turas que transmitía ás súas fillas, polo

xeral vacas de producións intermedias

con boas porcentaxes de graxa e proteí-

na.

A FAMILIA MATERNA: “BLACKSTAR

PRECIOUS”

A nai de Cid é Bos Celsius Maciñeira

ET MB-89, filla do semental holandés

de orixe americana Etazon Celsius ET

Cid amosa unha sólida estrutura pola súa grande estatura,

tremendo terzo anterior, anchura de peito, fortaleza de lombo e

profundidade corporal

Rigueiro Cid Noche

Page 5: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 5TOUROS PROBADOS

A nai de Cid, Bos Celsius Maciñeira ET MB-89, completa oito xeracións consecutivas de vacas calificadas MB ou EX na familia americana “Blackstar

Precious”

e da vaca Jardon-C Mascot Precious ET

MB..89 GMD DOM. Esta vaca comple-

ta oito xeracións consecutivas de vacas

calificadas MB ou EX na familia america-

na “Blackstar Precious”.

O pedigrí de Maciñeira é, cando me-

nos, particular, pois o seu pai, Celsius,

era neto do célebre Carlin-M Ivanhoe

Bell por dobre vía, paterna e materna.

Por se isto fora pouco, outro dos gran-

des, RORA Elevation, aparece tamén por

Cando Cid Judith

Bos Celsius Maciñeira ET

ambas vías no pedigrí de Celsius. Estas

dúas liñas xenéticas, pero sobre todo a

liña Bell, foron coñecidas por dar lugar

a vacas de tamaño medio, moi finas, de

altas producións e con excelentes mem-

bros e aplomos. Por iso se usou como

“cruce dourado” sobre liñas xenéticas

transmisoras de grandes estruturas

pero faltas de calidade e con deficientes

aplomos, como as liñas Chief Mark ou

Ned Boy. Este último é, precisamente, o

pai de Mascot, avó materno de Maciñei-

ra, que reúne, polo tanto, os xenes das

máis importantes e complementarias li-

ñas xenéticas da época.

Jardon-C Mascot Precious ET, nai de

Maciñeira e avoa de Cid, tivo entre outros

descendentes catro touros probados en

distintos centros de inseminación ame-

ricanos, e malia ser unha vaca nacida

no ano 1992 xa completou unha primeira

lactación con case 14.000 Qg. de leite ao

4% de graxa e 3,5% de proteína en 395

días. E non é unha excepción, senón a

regra nesta familia, cuxos ancestros fe-

mias se remontan no libro xenealóxico

americano (EE.UU) ata 1964, con impor-

tantes producións de leite e proteína, así

como altas calificacións morfolóxicas,

sobre todo para patas e ubres, á vez

que prestixiosas distincións honoríficas

como Nais de Mérito (DOM) e Medalla de

Ouro (GMD).

Maciñeira, nacida no año 1997, foi unha

vaca de tamaño medio, con moito carác-

ter leiteiro, un ubre excelente e unhas

Page 6: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 20096 TOUROS PROBADOS

Cando Cid Judith e Cando Cid Rosana

tipo no ano 2007 (ST’07). E, por suposto,

as súas 9 fillas (con catro touros diferen-

tes), catro das cales alcanzaron a califi-

cación de MB. Outras catro son BB e só

Pero, sen dúbida, o gran mérito de Ma-

ciñeira está na súa descendencia, da que

cómpre destacar outro semental proba-

do (ademais de Cid), Bos Igniter Golden

ET, que alcanzou o título de Superior en

Os ancestros femias da familia remóntanse no libro xenealóxico

americano ata 1964, con importantes producións de leite e proteína e altas calificacións morfolóxicas, sobre todo para

patas e ubres

Cid ten na súa proba de produción 90 fillas en 78 rabaños, o que lle proporciona unha máis que suficiente fiabilidade do 87%

As fillas de Cid combinan con grande harmonía as potentes

estruturas leiteiras da liña paterna coa gran calidade de

ubres e patas propias da familia materna

unha B. É dicir, practicamente o 90% da

descendencia de Maciñeira vía femia foi

calificada BB ou MB.

Os mellores resultados obtivéronse

cando Maciñeira se cruzou con touros

de gran capacidade corporal e forte es-

trutura (Allen, Morty, Lheros, etc.). Así,

destacan as súas cinco fillas con Allen

(irmás completas de Cid): Bos Cid Allen

Maciñeira ET MB-86 (Gandería Cid S.C.,

Barreiros, Lugo), con 18.622 Qg. de leite

en 395 días na súa segunda lactación, ao

3,35% de graxa e 3,34% de proteína; Bos

Baixo Allen Maruxa ET MB-85 (criada en

Casa de Baixo, Sarria, Lugo, e actual-

mente propiedade de Pozo, A Pobra do

Brollón, Lugo); Bos Ríos Allen Ainoa ET

BB-82 (Ríos, Silleda, Pontevedra); Bos

Sanda Allen Maciñeira ET BB-83 (SAT

Sandamil, Castro de Rei, Lugo) e Bos

Xercas Porta Maceira A. ET B-77 (Porta-

lousa, Xermade, Lugo).

A súa filla con Lheros foi Bos Lheros

Macira ET BB-84 (UTE de Bos, Guísamo,

A Coruña). Con Aeroline tivo a Bos Xerca

Porta Maza Aerol. ET BB-83 (Portalousa,

Xermade, Lugo), con máis de 41.000 Qg.

de leite producidos en tres lactacións

naturais e cunha filla, Xercas Porta Si-

dra Emerson MB-85 SM-86, que á súa

Rigueiro Cid Noche

patas cunha gran calidade ósea. Pro-

duciu nas súas tres lactacións naturais

máis de 44.000 Qg. de leite, que prome-

diaron un 3,55% de proteína.

Maciñeira era irmá completa doutro

semental probado en Xenética Fontao,

Bos Celsius Miñotelo ET EX-90, un touro

ben coñecido polos gandeiros galegos

e amplamente utilizado sobre a caba-

na gandeira de Galicia (con case 2.000

fillas rexistradas), que aínda hoxe, once

anos despois do seu nacemento, mantén

cifras positivas para produción de leite,

porcentaxe de proteína e tipo en xeral.

Page 7: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 7TOUROS PROBADOS

XENEALOXÍA

♀ BLOK-BROS STAR PRECIOUS-ET TL MB-89 USA DOM(TO-MAR BLACKSTAR-ET)

♀ JARDON-C MASCOT PRECIOUS-ET TL MB-89 USA GMD DOM (SINGING-BROOK N-B MASCOT-ET)

♀ BOS CELSIUS MACIÑEIRA ET MB-89 1* (ETAZON CELSIUS ET TL TV )

♂ BOS CID ALLEN MACIÑEIRO MB-85 ET TL TV(CANYON-BREEZE ALLEN ET TL TV )

vez é nai de Xercas Porta Mane Nelson

MB-85 SM-86.

Por último, mención especial para as

dúas irmás completas, e fillas de Morty,

Bos Blanco Morty Valeria ET MB-85 SM-

88 e Bos Blanco Morty Milagros ET MB-

85 SM-88 (Gandería Blanco, Lalín, Pon-

tevedra), ambas con sistemas mamarios

de altísima calidade.

AS FILLAS DE CID

Cid ten na súa proba de produción 90

fillas en 78 rabaños, o que lle proporcio-

na unha máis que suficiente fiabilidade

do 87% neste campo, con + 848 Qg. de

leite, + 0,05% P. e + 32 Qg. P.

A proba de tipo reflicte 34 fillas califi-

cadas en 29 establos, cunha fiabilidade

do 78%, que se confirmará sen dúbida

despois do paso da nova ronda de cali-

ficación por Galicia. Os rasgos de tipo

son moi altos agora mesmo para ubres

(ICU + 2,47), patas (IPP +1,97), capacida-

de (ICAP +2,39), angulosidade ( +2,40) e

tipo xeral ( IGT +3,15).

Actualmente, cun ICO de 2.317, Cid es-

taría no grupo de elite dos dez mellores

touros españois. Só é preciso para iso

que a fiabilidade da proba de tipo pase

do 78% actual a un 80%, o que sen dú-

bida ocorrerá nas próximas valoracións

oficiais de xullo do presente ano.

As fillas de Cid reflicten á perfección o

patrón de transmisión familiar, pois com-

binan con grande harmonía as potentes

estruturas leiteiras da liña paterna coa

gran calidade de ubres e patas propias

da familia materna.

Xilo Cid Cinema

Bos Cid Allen Maciñeiro ET

Page 8: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 20098 FAMILIAS DE VACAS

MEGATE: OITO XERACIÓNS CONSECUTIVAS DE MB OU EXA familia “Megate” é a máis laureada de España actualmente e goza tamén de gran prestixio a nivel europeo e internacional. Consta de 8 xeracións consecutivas de vacas calificadas MB ou EX en España e Canadá, país de onde é orixinaria.

A saga “Megate” foi desenvolvi-

da en España na granxa Badio-

la (Asturias), dirixida por José

Ramón Badiola e o seu fillo Paulino.

Esta gandería é participante habitual en

concursos morfolóxicos da raza frisona

e recibiu en multitude de ocasións dous

dos galardóns que máis orgullo e satis-

facción lle proporcionan a todo gandeiro

que se precie: Mellor Criador e Mellor

Rabaño. Ademais, os premios consegui-

dos por moitas vacas da gandería Badio-

la, desta e doutras familias, en diversos

concursos nacionais e autonómicos son

innumerables.

“Megate” é a familia de vacas máis

laureada de España, e non só debido á

alta calidade morfolóxica, senón tamén

polos elevados índices xenéticos para

produción de leite con altas calidades,

baixos recontos celulares e alta lonxevi-

dade. Non é de estrañar, por tanto, que

catro dos seis primeiros postos do catá-

logo das 1.000 mellores vacas por ICO de

España estean ocupados por membros

desta destacada familia da gandería Ba-

diola.

Todo comezou coa adquisición dunha

vaca : Alba Proget Megan Blackstar ET.

Megan, nacida no ano 1992, era unha

vaca de espectacular estrutura leiteira.

Foi Vaca Nova Campiona no Concurso

Nacional de Primavera de CONAFE en

1995 e produciu máis de 55.000 quilos

de leite ao 4% de graxa e 3,37% de pro-

teína nas súas catro lactacións naturais.

Esta filla de Blackstar, calificada EX-90,

procede dunha vaca importada de Cana-

dá, Calbrett Starbuck Megan ET MB-88,

Morfoloxía destacada, moito leite e altos niveis de proteína son os sinais de identidade da familia

“Megate”

Badiola Megamagic está en espera de proba en Fontao e xa se exportaron doses súas a Canadá

Page 9: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 9FAMILIAS DE VACAS

que tivo en España 6 fillas entre as que

destacan a citada Megan Blackstar e

unha irmá completa, Alba Proget Megan

Blackstar I ET MB-85, que foi Xovenca

Campiona no Nacional de 1993 e tivo

catro fillas con catro touros diferentes:

Thor (BB-84), Mandel (MB-89), Storm

(MB-85) e Jolt (BB-84).

Megan Blackstar tivo, nos seus dez

anos de vida, tres descendentes, dous

machos (un deles, Badiola Megano EX-

90 ST’99, chegou a ser un destacado

touro probado, e un dos sementais máis

relevantes a nivel nacional para mellora

de patas e pés) e unha filla, continuadora

da saga familiar, Badiola Astre Megane

EX-91, vaca que aínda hoxe, case trece

anos despois do seu nacemento, posúe

uns índices xenéticos moi relevantes. Na

súa segunda lactación natural (en 438

días) produciu case 17.000 quilos de leite

ao 3,27% de proteína. Morfoloxía desta-

cada, moito leite e altos niveis de pro-

teína son os sinais de identidade desta

familia.

Xenética Fontao ten tres xovencos da familia e contratou unha

“Megate” para cubrila con XacobeoAstre Megane tivo un fillo, Badiola In-

tegrity Megatrix MB-86 ST’05, que foi

semental probado e unha filla, Badiola

Formation Megate I MB-87 , que é ac-

tualmente número 6 por ICO de España

e quizais a vaca que máis pegada deixou

na gandería Badiola. Entre os 26 descen-

dentes directos de Formation Megate I

(2 fillas calificadas EX e 8 MB) atópanse

destacadísimos animais, coma as súas

famosas fillas con Leduc: Badiola Leduc

Megate I (EX-92), II (MB-87), III (MB-86)

e IV (EX-91). Especial mención para Le-

duc Megate I EX-92, vaca de espectacu-

lar morfoloxía e Campiona Nacional no

2004, e o seu fillo Badiola Megaroy MB.87

ST’07, touro probado con altos índices

para tipo. Outras fillas salientables son

Badiola Roy Megate MB-88, vaca número

13 por ICO, Badiola Goldwyn Megandrea

ET MB-87, Badiola Goldwyn Megamara

ET MB-85, vaca número 1 por ICO, e Ba-

diola ST. Megamática MB-89, número 2

por ICO, que liderou a lista das mellores

vacas de España en anteriores valora-

cións de CONAFE e da que Xenética Fon-

tao ten dous fillos, Badiola Megamagic,

en espera de proba (xovenco do que se

exportaron doses a Québec, Canadá) e

un xovenco en proba para este ano, fillo

de Bos James Chamoso ET EX-90, cha-

mado Bos Chamoso M-Chalar ET.

Badiola St. Megamática só ten unha fi-

lla de momento, Badiola Champion Me-

gatea ET MB-89, unha vaca de impresio-

nante morfoloxía , altísimas producións

de leite (15.283 quilos en 368 días na súa

primeira lactación, ao 4,19% de graxa e

Badiola St. Megamática ET

Badiola Formation Megate I

Alba Proget Megan Blackstar ET

Badiola Astre Megane

3,64% de proteína) e número 4 por ICO,

que ten dúas fillas duns 15 meses de ida-

de, irmás completas, na gandería Blanco

(Lalín, Pontevedra), Blanco Dúplex Me-

gatina ET e Blanco Dúplex Megatany ET.

Unha delas foi contratada como futura

nai dun semental para Xenética Fontao,

con Mario Xacobeo, e xa están en mar-

cha varias xestacións.

En Xenética Fontao tamén está, en es-

pera de proba, outro xovenco membro

desta ilustre familia, o último fillo de

Badiola Formation Megate I, Lodos Toys-

tory Megalonso ET, nacido na gandería

SAT Lodos y Perez ( A Pastoriza, Lugo).

Por último, resaltar que Badiola For-

mation Megate I é, xunto con Bos Merrill

Curuxa ET, a vaca con máis estrelas ao

mérito pola súa descendencia do pano-

rama nacional. Nada menos que 8 estre-

las figuran no seu pedigrí, así coma o ga-

lardón de Vaca Medalla de Ouro (VMO).

Page 10: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 200910 MELLORA XENÉTICA

GANDERÍA OS AMERICANOS, UNHA EXPLOTACIÓN UNIDA A FONTAO E BOSEsta granxa de Vila de Cruces conta con tres das principais familias de Holstein do mundoA Gandería Os Americanos, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, desenvolve liñas xenéticas de alta calidade en estreita colaboración con Xenética Fontao e a UDE de Bos. Algunhas das principais familias de Holstein de Canadá e Estados Unidos teñen representantes nesta granxa.

Javier González, coa súa filla Lidia, o seu socio Leonel Penas e a vaca Bos Freelance Lausa ET

A orixe da Gandería Os Ameri-

canos remóntase aos anos 50.

A familia de Pilar Fernández

Sánchez, unha das actuais titulares, sa-

cou adiante esta explotación no lugar de

Brandariz, en Vila de Cruces. Hai sete

anos, o marido de Pilar, Javier González

Budiño, deixou o seu traballo de técnico

de son en Santiago para dedicarse ple-

namente á gandería. Xunto coa súa dona

e os tíos desta, deu de alta a gandería

como sociedade cooperativa (SCG).

Desde aquela, a cabana da granxa au-

mentou considerablemente (case un 50%

as vacas en produción) e houbo melloras

tanto cualitativas como cuantitativas. A

explotación introduciuse no control lei-

teiro oficial e Javier deixouse asesorar

en materia de mellora xenética, ata o

punto de convertirse nun apaixonado do

tema.

A granxa ten un sistema de manexo moi

racional, con lotes de idade que se repar-

ten entre dous establos. No establo máis

antigo hai tres lotes: entre o destete e os

4 meses, de 4 a 10 meses e de 10 meses

á preñez. Unha vez que as vacas quedan

preñadas vanse trasladando a un esta-

blo máis grande, de recente construción

e con capacidade para 104 reses.

A explotación ten unha fluída relación

con Xenética Fontao e coa UDE de Bos,

as dúas patas do Programa de Mello-

ra Gandeira de Galicia. Os Americanos

Page 11: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 11MELLORA XENÉTICA

Bos Igniter Valiosa ET

empregou ultimamente seme de touros

de Fontao como Dancer, Xacobeo e Ele-

gant. Na gandería hai xovencas e vacas

en produción nacidas de inseminacións

de Fontans, Six, Landoi e Botafogo, así

como de touros en proba. Por outra

banda, diversos sementais nacidos na

granxa foron incorporados a Xenética

Fontao como touros en proba.

A gandería usa sistematicamente a

transferencia embrionaria, “con moi bos

resultados de produción e fertilidade”,

segundo recalca Javier González. Esta

parte da mellora lévase a cabo en co-

ordinación coa UDE de Bos. O habitual

na granxa é que a primeira preñez das

reses se faga recorrendo á transferen-

cia de embrións e non á inseminación.

O 80% das xovencas reciben un embrión

aos 14-15 meses de idade.

Por outra banda, Os Americanos está

asociada coa SAT Frade Ferreiros de

Vila de Cruces para adquirir animais de

alta xenética. Ambas explotacións te-

ñen en réxime de propiedade comparti-

da catro animais mercados na subasta

Top Bos que están dando moi bos re-

sultados como doadoras de embrións.

Reses como Bos Freelance Lausa ET,

que nun só flushing deu 11 embrións dos

que saíron 9 preñeces, ou Bos Champion

Tany ET, que no seu último flushing deu 9

embrións pero ten producido ata 13 nal-

gunha recolleita anterior.

A procura da mellor xenética por parte

dos responsables da Gandería Os Ameri-

canos reflíctese na presenza dalgunhas

das liñas de Holstein máis apreciadas en

todo o mundo.

FAMILIA “GYPSY GRAND”

Esta familia canadense, de gran pres-

tixio a nivel internacional, está repre-

sentada na Gandería Os Americanos por

Bos Americanos T. Baby Val. ET BB-82,

que cun ICO de 2.448 aparece entre as

mellores vacas de España por índices

xenéticos. Esta vaca ten un fillo en proba

en Xenética Fontao para este ano 2009:

Os Americanos Dolman Valent ET, ade-

mais de dúas fillas (unha con Roumare

e outra con Dolman), de arredor dun ano

de idade, que permanecen na gandería.

Baby Val é filla de Bos Igniter Valiosa ET

MB-89 e neta de Braedale Baler Twine

ET MB-86 23*, vaca do ano en Canadá

no 2007, célebre filla de Braedale Gypsy

Grand MB-88 37 *, a vaca máis laureada

de Canadá, vaca do ano no 2003 e fun-

dadora desta familia que tanto impacto

está a ter sobre a raza Holstein a nivel

mundial.

A gandería usa sistematicamente a transferencia embrionaria, con moi bos resultados de produción

e fertilidade

Page 12: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 200912 MELLORA XENÉTICA

FAMILIA “LAURIE SHEIK”Familia sobradamente coñecida no

sector, tamén de orixe canadense. Na Gandería Os Americanos está represen-tada por Bos Freelance Lausa ET BB-84, actualmente no seu segundo parto. Lau-sa produciu na súa primeira lactación natural (en 363 días) 9.253 Qg. de leite ao 3,75% de graxa e 3,35% de proteína. Ten un fillo en espera de proba en Xenética Fontao: Frade Lou Leonel ET, e tres fi-llas (dúas con Lou e unha con Calypso) nas ganaderías SAT Frade Ferreiros e Os Americanos.

Lausa é unha das catro fillas que Co-mestar Lausina Storm ET EX-90 4* ten en España, tres das cales están en Ga-licia. Ten tamén un irmán completo en espera de proba en Xenética Fontao (Bos Freelance Lauden ET). Lausina é filla de Comestar Lausan Black ET MB-87 23*

FAMILIA “CHIEF TARA”

Falamos neste caso dunha das familias

americanas de máis prestixio en canto a

transmisión de alta morfoloxía, repre-

sentada pola vaca americana Ernest-

Anthony Chief Tara EX-93 USA, unha filla

de Skychief, neta de Astre e bisneta de

Broker, tres destacados sementais da

historia da raza Holstein.

Tara ten só dúas fillas en España, am-

bas froito do Programa de Mellora Gan-

deira de Galicia: Bos Champion Tara ET

MB-85, propiedade da UDE de Bos, e Bos

Champion Tany ET MB-86, propiedade

de SAT Frade Ferreiros e Os America-

nos. Tany é unha vaca de moita calidade,

cunha espectacular estrutura leiteira,

da cal Xenética Fontao acaba de incor-

porar un fillo para poñer en proba: Os

Americanos Calypso Nautilus.

Tany tamén ten fillas en Nodi SC ( Lugo),

Portalousa ( Lugo), UDE de Bos ( A Coru-

ña) e Finca Mouriscade (Pontevedra).

FAMILIAS “BETHANY” E “JUROR FAITH”

Estas dúas familias están presentes na

Gandería Os Americanos.

(avoa de Bos James Chamoso) e neta de Comentar Laurie Sheik ET MB-88 23*,

fundadora da saga familiar.

Bos Freelance Lausa ET

Bos Champion Tany ET

Page 13: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2009 13MELLORA XENÉTICA

Bos BW Marshall Rosina 0427 ET BB-

83, cunha primeira lactación de 11.331

quilos ao 3,15% de graxa e 2,93% de

proteína, é unha das dúas únicas fillas

do célebre pai de sementais Mara-thon

BW Marshall ET en España, adquirida

polos seus actuais propietarios na últi-

ma subasta Top Bos. Despois do seu re-

cente segundo parto, ten unha aparencia

realmente espectacular.

Cómpre destacar que Rosina (membro

da familia “Bethany”) é irmá completa de

Bos BW Marshall Ross ET, touro probado

de Xenética Fontao, actual número 17 por

ICO de todos os touros españois (probas

de CONAFE de decembro do 2008).

Xunto con Rosina, tamén foi adquirida

Bos Mr. Sam Frida ET (da familia “Juror

Faith”), que se atopa actualmente na súa

primeira lactación.

Dado que Os Americanos é un activo

membro do programa embrionario da

UDE de Bos, na gandería pontevedresa

naceron tanto femias (cuxo destino é a

UDE de Bos) como machos (actualmente

en proba ou en espera de proba en Xe-

nética Fontao) de altísimo valor xenético,

entre os que destacan: Bos Talent Tras-

no ET (Talent x Budjon-JK Encore Expo-

se ET), Bos Os Americanos S. Dandy ET

(September Storm x Bos Champion Ele-

gante ET), Bos BW Marhall Maside ET (BW

Marshall x Ver-Hages Bootpeg Dream

ET), Bos Shottle Betanzos ET (Shottle x

R-E-W Beyonce ET), Bos Buckeye Bubu

ET (Buckeye x Gillette-I-Durham Jerico) e

Bos Mr. Sam Sátiro ET (Mr. Sam x Rietben

R M Chloe).

Titulares:

Francisco Javier González Budiño

Francisco Fernández Sueiro

Pilar Fernández Sánchez

María Luisa Fernández Sueiro

Vacas en ordeño: 80

Recría: 67

Cota láctea: 542.000 quilos

Media lactación: 9.300 quilos

Media calificación: 80 (95% dos animais calificados)

Media ICO: 1.300

A FICHA

Gandería Os Americanos

Brandariz-Vila de Cruces (Pontevedra)

Os Americanos Six 7966

Na Gandería Os Americanos naceron tanto femias como machos de altísimo valor

xenético. As femias van para a UDE de Bos e os machos, para

Xenética Fontao

Page 14: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,

XENÉTICA FONTAO XANEIRO 200914 NOVAS

Boas posicións, de novo, para os

sementais de Xenética Fontao nos

ránkings nacionais e internacionais.

Xacobeo afiánzase como indiscutible nú-

mero 1 de España, superando a mítica

barreira dos 3.000 puntos de ICO e mes-

mo as expectativas postas nel (que non

eran poucas), como corresponde a un

semental de altísima calidade xenética

como Mario Xacobeo.

Entre os cinco primeiros touros de pro-

piedade española por ICO acompañan

ao líder Darter (malia ser un touro sen

dispoñibilidade de seme), que sobe ata o

posto número 2, e Moes, no número 5.

Este último, xunto con Lupino, está na

elite nacional para produción de leite,

onde Xenética Fontao ten 6 touros entre

os dez primeiros.

En canto a morfoloxía, os datos falan

por si sós, pois sementais como Xacobeo

(2º), Divino (3º), Darter (4º), Moes (6º),

Dancer (7º) e Lucus (9º) ocupan 6 das

10 primeiras posicións para tipo, e tres

deles son os mellores touros españois

para ubres: Dancer (ICU: +3,66), Xacobeo

( ICU: +3,59) e Divino ( ICU +3,43).

A nivel internacional, as probas Inter-

bull outorgan postos de relevancia en

diversos países a touros como Xacobeo,

Dancer, Darter e Elegant. O fenómeno

Xacobeo xa é coñecido en países como

Reino Unido, onde fai dobrete e se si-

túa como número 1 para tipo e número

1 para ubres. Nese mesmo país, Dan-

cer ocupa os postos 3º e 4º para tipo e

ubres, respectivamente. En Italia, sería

o 5º mellor touro para tipo.

En EE.UU e Canadá, os altos valores

para TPI (1.933) e LPI (2.153), nunca al-

canzados por un touro español, situarían

a Mario Xacobeo entre a elite dos 10 me-

llores touros neses países.

AS ÚLTIMAS PROBAS DE CONAFE E INTERBULL REVALIDAN CON ÉXITO OS TOUROS DE XENÉTICA FONTAO

XENÉTICA FONTAO, PRESENTE NO XVII CONCURSO DE CHANTADA

Xenética Fontao acudiu ao XVII con-

curso de gando frisón de Chanta-

da, o pasado mes de outubro do 2008,

cun grupo de 8 animais (4 xatas, 2 xoven-

cas e 2 vacas primerizas) que conseguiu

excelentes resultados, malia a ausencia

dalgúns destacados animais debido ás

restricións sanitarias impostas pola lin-

gua azul.

Perrelos Amada Botafogo alzouse co

título de xovenca campiona e gran cam-

piona de xovencas. O Eixido Luca Lucus

foi segunda da súa sección (vaca nova en

lactación menor de 30 meses de idade),

e pasou por tanto a competir polo título

de vaca nova campiona.

Outros animais, fillos tamén de touros

de Xenética Fontao, foron presentados de

forma particular por diversos gandeiros

e conseguiron relevantes premios. Foi o

caso de Quintá Botafogo Fogata, da Gan-

dería Quintá de Taboada (Lugo), terceira

na súa sección (xatas de 11 a 13 meses)

ou Pozo Louro Mina, presentada por

Gandería Pozo, de Lugo, que foi primeira

da súa sección (xatas de 14 a 16 meses) e

xata subcampiona do concurso.

Quintá Botafogo Fogata 3ª de sección (xatas 11-13 meses)

Pozo Louro Mina Xata Subcampiona

O Eixido Luca Lucus Finalista Vaca Nova Campiona

Perrelos Amada BotafogoXovenca Campiona e Gran Campiona de Xovencas

Page 15: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,
Page 16: XENÉTICA FONTAO · estrela do momento e número un por ICO de España, Mario Xacobeo ET. A chegada destas 6 fantásticas fillas de Xacobeo a Silleda, o día 18 de novembro do 2008,