MEMORIA DO PROXECTO
VOZ NATURA 2010/2011
“A AUGA: OURO LÍQUIDO”
C.E.I.P. ANTONIO PEDROSA LATAS.
No C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Viveiro traballamos
este curso 2010/2011 cun obxectivo común que non era outro que a
sensibilización dos alumnos/as cara un uso responsable da auga. Este reto
foi posible gracias a concesión da subvención de Voz Natura e o esforzo de
nais e pais, mestres e mestras, alumnos e alumnas e persoal do centro
(coidadora e porteiro).
En definitiva sempre xurden mellores respostas por parte dos
alumnos/as se existe un boa colaboración entre todos o que se percibeu
en tódalas acción desenvolvidas neste curso.
Nesta ocasión leváronse a cabo unha serie de actividades puntuais
previstas na programación anual, pero tamén intentamos potenciar día a
día accións que involucraran aos alumnos/as cara a un aforro de auga
(pechar as billas a diario, tirar da cadea facendo un uso responsable da
mesma e botando no lixo o papel de secar as máns,…)
Como actividades puntuais levamos a cabo as seguintes:
1- SEMANA DA AUGA:
Polo laboratorio do centro pasaron durante unha semana tódolos
alumnos/as do centro. Cada curso estivo unha hora realizando diferentes
actividades:
- Experimentos con auga: a auga que flota, a agulla que flota, unha copa
sen fondo, o globo que non se queima,…
- Xogos con auga: a pataca Tata, pasaxeiros ao barco, imos pescar!…
Para todos eles tivemos en conta o aforro de auga e por iso non escollimos
aqueles nos que necesitabamos auga correndo.
2- PANEL DE GOTAS DE AUGA:
A continuación desta actividade e sempre tendo en
conta a auga como elemento motivador realizamos un
super-panel que enchimos de pequeñas gotas de auga
realizadas con papel e que os alumnos/as decoraron
con debuxos, poemas e diferentes frases alusivas ao
aforro de auga. Esta actividade resultou moi vistosa e
divertida e sobre todo, moi positiva no obxectivo
previsto: non malagastar a auga.
3- OBXECTOS DE AFORRO DE AUGA:
No propio edificio que ocupa o colexio
decidimos deixar a pegada deste curso en
relación ao aforro de auga e para iso
instalamos ecobolas en tódalas billas dos
baños, e introducimos botellas de área nas
cisternas dos inodoros. Como remate
elaboramos carteis alusivos ao tema que
colocamos nos baños e que os alumnos/as
poden ver a diario polo que consideramos que
a sensibilización vai ser moi positiva por ser un
reforzo de hábitos.
4- LIBRO DA AUGA
Como actividade plástica elaboramos entre
tódolos cursos un libro no que traballamos a
comparativa para concienciar aos alumnos/as
das diferentes perspectivas que viven no
mundo en relación ao uso da auga: auga limpa-
sucia, auga para un africano- europeo, aforro-
despilfarro,… e as diferentes situacións nas que
atopamos a auga: mar, ríos e augas
subterráneas.
5- A CHARCA COMO ECOSISTEMA
Como en anos anteriores os alumnos/as do centro
observan e estudian un ecosistema acuático. O feito de
contar cun espacio deste tipo no centro permítenos poder
estudiar a flora e a fauna propia deste medio. Nesta
actividade participa o alumnado do terceiro ciclo e os seus
titores máis activamente posto que realizan actividades de
limpeza, plantación,… e resulta tamén importante a loabor
que realizan o porteiro e os membros da ANPA.
6- A IMPORTANCIA DA AUGA NO NOSO CORPO
Os alumnos/as tamén viron a importancia da
auga no noso corpo e para iso realizaron varios
murais que decoraron os corredores do centro
e que serviron para ver a necesidade de beber
moita auga para o correcto funcionamento do
noso organismo.
7- VISITA GUIADA AO EUCALIPTAL DE CHAVÍN-
SOUTO DA RETORTA.
Para rematar este curso fixemos unha visita ao souto da
Retorta e que foi un día enormemente enriquecedor posto
que o lugar é de especial interese natural e no que auga
ten un valor moi positivo: canles, ríos, cascadas, presas,… e
no que a flora (eucaliptos, carballos, abeleiras,
castiñeiros,.. e fauna (mexilóns de río, zapateiros,.. son
enormemente estimulantes para o coidao do
medionatural por parte dos alumnos/as. Nesta ocasión
levabamos unha bolsa seriagrafiada para a ocasión e un
boletín con normas para o coidado do medio ambiente.
Unha vez chegamos á aula seguimos a traballar debuxando
árbores, estudiando o seu hábitat, herbarios,
Como remate final este curso levaremos a cabo unha viaxe
didáctica ao lavadoiro tradicional próximo ao centro e
posteriormente montaremos unha exposición de fotografíass
relacionadas con todo o proceso deste curso 2010/11 e con aquelas
aportadas polas familias dos alumnos/as, coa auga como centro de
interese.
Queremos por último decir que non levamos a cabo
actividades aisladas, senón que seguiremos a fomentar o aforro de
auga día a día en cursos posteriores.
En Celeiro a 27 de abril de 2011
Vº e Pr. Do Director A Coordinadora
Antonio Ferreiro Carballo Mª del Carmen Lázaro Quevedo