18
Tema 4 Relacións tróficas Formas de nutrición e uso da materia orgánica As redes e cadeas tróficas Niveis tróficos Tipos de seres vivos segundo a súa alimentación Circulación de materia nun ecosistema Circulación de enerxía nun ecosistema Regra do 10%

2 biosfera relacionestroficas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 2 biosfera relacionestroficas

Tema 4

Relacións tróficas

• Formas de nutrición e uso da materia orgánica• As redes e cadeas tróficas• Niveis tróficos• Tipos de seres vivos segundo a súa alimentación• Circulación de materia nun ecosistema• Circulación de enerxía nun ecosistema• Regra do 10%

Page 2: 2 biosfera relacionestroficas

Os nutrientes (MATERIA ORGÁNICA) proporcionan a materia e a enerxía que necesitan os seres vivos para automanterse

ALIMENTOS

MATERIA

ENERXÍA

NUTRIENTES

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. REPASO: ¿CAL É A FONTE DOS MATERIAIS E DA ENERXÍA QUE REQUIREN OS SERES VIVOS?

Page 3: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. REPASO: ¿CAL É O PROCESO QUE TRANSFORMA A MATERIA ORGÁNICA EN ENERXÍA?

A maioría dos seres vivos obteñen a enerxía necesaria para realizar os procesos vitais, a partir da oxidación da materia orgánica (nutrientes) , proceso coñecido como RESPIRACIÓN

Materia orgánica + O2 —――→ CO2 + H2O + ENERXÍA

Page 4: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. REPASO: ¿CÓMO OBTEÑEN A MATERIA ORGÁNICA OS SERES VIVOS?

SERES VIVOS AUTÓTROFOS: conseguen a materia orgánica fabricándoa eles mesmos (a partir de sustancias inorgánicas minerais e gasosas). Son os que fabrican a materia orgánica nun ecosistema, por iso chámanse PRODUTORES.

Segundo como consigan a materia orgánica temos:

SERES VIVOS HETERÓTROFOS, é dicir, incapaces de fabricar a súa propia materia orgánica, deben conseguila consumindo as partes orgánicas doutros seres vivos, por iso chámanse CONSUMIDORES

Algúns seres vivos heterótrofos transforman os restos orgánicos en materia mineral ou inorgánica, dispoñible de novo para os produtores. Estos seres nun ecosistema son os DESCOMPOÑEDORES

Page 5: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS

Relacións entre os diferentes organismos dun ecosistema, en función de cómo se transfiren os nutrientes entre eles.

As relacións tróficas represéntanse mediante CADEAS TRÓFICAS e mediante REDES TRÓFICAS.

Page 6: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. CADEAS E REDES TRÓFICAS FORMAN OS NIVEIS TRÓFICOS

Tanto as CADEAS TRÓFICAS como as REDES TRÓFICAS unen mediante frechas aos diferentes organismos do ecosistema. Estes distribúense por eslabóns ou NIVEIS TRÓFICOS.

Page 7: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. OS PRODUTORES

OS PRODUTORES: • Son o primeiro eslabón ou nivel trófico de calquera cadea trófica ou rede trófica• Son ORGANISMOS AUTÓTROFOS, capaces de “fabricar” ou sintetizar materia orgánica a partir da

materia mineral ou inorgánica • Fabricar materia orgánica require gasto de enerxía. Dita enerxía debe conseguirse dunha fonte externa

ENERXÍA (solar ou de oxidación química)

ENERXÍA QUÍMICA(contida nos enlaces da materia orgánica)

Page 8: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. OS PRODUTORES. TIPOS DE PRODUTORES

TIPOS DE PRODUTORES:* ORGANISMOS FOTOSINTÉTICOS:

* Son as plantas verdes, as algas e as cianobacterias* Utilizan a enerxía da luz solar para fabricar materia orgánica (FOTOSÍNTESE)

* ORGANISMOS QUIMIOSINTÉTICOS: * Son bacterias que viven no solo, nas fontes sulfurosas, nalgúns volcáns, etc. * Utilizan a enerxía química de oxidación que liberan algunhas reaccións químicas exotérmicas

(compostos de ferro, de xofre, de nitróxeno, etc. ) para fabricar materia orgánica (QUIMIOSÍNTESE)

Bacterias quimiosintéticas

Page 9: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. OS PRODUTORES E OS CONSUMIDORES

A MATERIA ORGÁNICA sintetizada polos ORGANISMOS PRODUTORES: * pode consumirse mediante a RESPIRACIÓN, para obter enerxía * pode almacenarse en forma de estruturas e tecidos (materia orgánica dispoñible para os seguintes

niveis tróficos)* os PRODUTORES transfiren materia e enerxía aos CONSUMIDORES en forma de alimento

Materia orgánica

Gasto enerxético(Respiración)

Novas estruturas (almacén de materia

orgánica)

Dispoñibles para o seguinte nivel trófico

Page 10: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. OS CONSUMIDORES

Os CONSUMIDORES: * toman a materia orgánica das produtores, directa ou indirectamente. * son sempre organismos heterótrofos, incapaces de fabricar por sí mesmos a materia orgánica que

necesitan* segundo que se alimenten directa ou indirectamente dos consumidores distinguimos varios tipos

Page 11: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. OS TIPOS DE CONSUMIDORES

Os CONSUMIDORES pódense clasificar en: * HERBÍVOROS ou CONSUMIDORES PRIMARIOS: os que se nutren directamente dos seres autótrofos,

sobre todo vexetais. Por exemplo un saltón que come cereais. * CARNÍVOROS ou CONSUMIDORES SECUNDARIOS: os que se nutren de herbívoros, consumen a

materia orgánica fabricada polos productores de forma indirecta. Por exemplo un pardal (gorrión común) que come a un saltón.

* CARNÍVOROS FINAIS ou CONSUMIDORES TERCIARIOS: os que se nutren de carnívoros, como un miñato (ratonero común) que come ao gorrión.

Page 12: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. OS TIPOS DE CONSUMIDORES

Algúns casos especiais de CONSUMIDORES:

* OMNÍVOROS: aliméntanse de máis dun nivel trófico (home, xabarí)

* CARROÑEROS ou NECRÓFAGOS: aliméntanse de restos de organismos mortos (voitres, escarabellos)

* DETRITÍVOROS: consomen restos orgánicos descompostos e desmenuzados (lombrigas)

Page 13: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: RELACIÓNS TRÓFICAS. OS DESCOMPOÑEDORES

• Son un tipo especial de “detritívoros” que transforman os restos de materia orgánica en materia inorgánica ou mineral,

• A súa acción pecha o ciclo da materia (a materia mineral queda a disposición dos produtores).

• Está constituído polos organismos do solo ou do fondo oceánico (fungos, bacterias).

Page 14: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: CIRCULACIÓN DA MATERIA E DA ENERXÍA NUN ECOSISTEMA

• Os ecosistemas son capaces de automanterse no tempo (son sostibles).

• Reciclan a materia evitando que os nutrientes escapen aos outros subsistemas.

• Usan a luz solar como fonte de enerxía.

Page 15: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: CIRCULACIÓN DA MATERIA E DA ENERXÍA NUN ECOSISTEMA

• A materia segue un camiño circular e pechado: MATERIA INORGÁNICA - PRODUTORES (síntese de MATERIA ORGÁNICA) - CONSUMIDORES 1arios - CONSUMIDORES 2arios - DESCOMPOÑEDORES (obtención de MATERIA INORGÁNICA) -PRODUTORES.

• O CICLO DA MATERIA tende a ser pechado, aínda que poden existir “fugas” de materia aos outros subsistemas terrestres:

• por gasificación á atmosfera

• por lixiviado ao solo, (os minerais solubles son arrastrados pola auga)

• por transformación en turba e combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas) forman parte da xeosfera.

Page 16: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: CIRCULACIÓN DA MATERIA E DA ENERXÍA NUN ECOSISTEMA

• A enerxía que entra nos ecosistemas é transformada en enerxía química (enlaces da materia orgánica) polos produtores.

• A enerxía química pasa duns eslabóns tróficos aos outros en forma de alimento.

• O uso da enerxía química polos seres vivos en cada nivel trófico a transforma en enerxía calorífica (pouco útil e alta entropía) que non é recuperable.

• A saída de enerxía do ecosistema en forma de calor fai que a enerxía dispoñible vaia diminuíndo desde os produtores ata os últimos niveis tróficos: a enerxía non se pode reciclar, requírese un aporte continuo de enerxía exterior (solar) para o funcionamento do ecosistema.

• O FLUXO DE ENERXÍA é aberto e unidireccional.

Page 17: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: CIRCULACIÓN DA MATERIA E DA ENERXÍA NUN ECOSISTEMA. REGLA DO 10%

• O fluxo de enerxía nun ecosistema desde os niveis ou elos inferiores (produtores) ata os superiores (consumidores de 3er orde) diminúe con arreglo á REGRA DO 10% .

• Esta regra indica que a enerxía que pasa dun nivel trófico ao seguinte é aproximadamente o 10% da acumulada nel.

• Esta regra explica que o número de elos sexa tan limitado (4 ou 5 nos casos máis favorables)

Page 18: 2 biosfera relacionestroficas

SISTEMA BIOSFERA: CIRCULACIÓN DA MATERIA E DA ENERXÍA NUN ECOSISTEMA. REGLA DO 10%

• Según a regra do 10 % é máis eficiente a alimentación baseada nos vexetais (primeiro nivel trófico, productores)

• Aprovéitase mellor a enerxía diminuíndo as perdas por respiración, pódense alimentar máis individuos