36
Unidade 1. A ESPAÑA DOS REIS CATÓLICOS: A DINASTÍA DOS AUSTRIAS. ( por Dolores E.García Gómez ) ÍNDICE 1. Os Reis Católicos 2. O século XVI : do imperio de Carlos I á monarquía de Filipe II 2.1. O funcionamento do aparato administrativo 2.2. A poboación e as principais actividades económicas 2.3. Aspectos sociais 2.4. Política exterior e interior 2.5. Cultura e arte: Renacemento e Humanismo en España 3. O século XVII: a decadencia 3.1. O descenso demográfico e o afundimento económico 3.2. Unha sociedade en crise 3.3. A crise política: a perda de hexemonía europea e os pro- blemas internos. 3.4. O apoxeo cultural e artístico: o século de ouro das letras e o Barroco español 4. A América española nos séculos XVI e XVII 5. Cuestionario 6. Ampliación 7. Bibliografía 8. Obras literarias 9. Filmografía

A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Apuntes sobre la dinastía de los Austrias en España en los siglos XVI y XVII

Citation preview

Page 1: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

Unidade 1. A ESPAÑA DOS REIS CATÓLICOS: A DINASTÍA DOS AUSTRIAS.

( por Dolores E.García Gómez )

ÍNDICE 1. Os Reis Católicos 2. O século XVI : do imperio de Carlos I á monarquí a de Filipe II 2.1. O funcionamento do aparato administrativo 2.2. A poboación e as principais actividades econó micas 2.3. Aspectos sociais 2.4. Política exterior e interior 2.5. Cultura e arte: Renacemento e Humanismo en Es paña 3. O século XVII: a decadencia 3.1. O descenso demográfico e o afundimento económ ico 3.2. Unha sociedade en crise 3.3. A crise política: a perda de hexemonía europe a e os pro- blemas internos. 3.4. O apoxeo cultural e artístico: o século de ou ro das letras e o Barroco español 4. A América española nos séculos XVI e XVII 5. Cuestionario 6. Ampliación 7. Bibliografía 8. Obras literarias 9. Filmografía

Page 2: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

INTRODUCIÓN:

Con Carlos V inaugúrase a dinastía dos Austrias que gobernará España nos séculos XVI e XVII. Durante o primeiro século e cos Austrias Maiores - Carlos I e Filipe II - a Península Ibérica vivirá un período de esplendor que se traducirá na superioridade do Imperio español sobre o resto de Europa. Pola contra, o século XVII dará paso a unha época de crise baixo os Austrias Menores - Filipe III, Filipe IV e Carlos II - que provocará que se traslade á Francia de Lois XIV o título de potencia hexemónica no continente europeo.

1 OS REIS CATÓLICOS

Un dos trazos fundamentais da Idade Media foi a perda de poder do monarca fronte aos nobres. Pois ben, o derradeiro século do medievo en Castela caracterízase, a nivel político, polo esforzo constante da nobreza por controlar o poder real. Co rei Henrique IV agudízase esta loita que desembocará na guerra civil que enfrontará á súa filla, Xoana a Beltranexa, coa súa tía, Isabel, irmán do rei e muller de Fernando de Aragón dende 1469. Os nobres pretendían debilitar o poder real e apoiaron a Isabel pensando que sería unha raíña fácil de dominar. Este conflito tivo tamén unha vertente internacional xa que Portugal apoiou a Xoana e Aragón a Isabel. A paz de Alcaçovas ( 1479 ) puxo fin ao problema dinástico afianzando na coroa a Isabel que se revelará coma unha raíña que non estaba disposta a tolerar as intromisións da nobreza e que ademais encarnaba o desexo das cidades de contar cunha autoridade real forte.

A monarquía dos REIS CATÓLICOS - Isabel I de Castela e Fernando de Aragón ( 1477-1504 ) - non supuxo a unidade dos reinos pois na práctica ambos estados seguían mantendo as súas leis, institucións, moeda, lingua...Iso non quita para que o conxunto castelán-aragonés fose considerado no exterior como España ou monarquía hispánica.

POLÍTICA INTERIOR . A primeira tarefa que van a acometer é o intento de levar a cabo a unidade territorial da península. Procédese así, a través de diferentes vías, á anexión de:

• Granada ( 1492 ) que foi tomada polas armas aos musulmáns.

Page 3: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

• Rosellón e Cerdaña ( 1493 ) condados que foron devoltos por Francia grazas aos contactos diplomáticos con Aragón selados no Tratado de Barcelona.

• Canarias ocupada por Castela en 1499.

• Navarra ( 1512 ) conquistada polos exércitos do duque de Alba.

Ao mesmo tempo, os Reis Católicos levan a cabo o proceso de instauración dunha monarquía autoritaria na que o soberano realmente goberna e é fonte de poder. Os reis conseguiron este obxectivo a través de tres vías:

• Sometemento da nobreza, atraéndoa á corte con promesas de cargos.

• Control do clero e das minorías relixiosas. Lógrase o dereito de nomear as persoas que desempeñarán altos cargos eclesiásticos ( Padroado Real en Granada e Indias ). Coa creación en 1478 do Tribunal da Inquisición vixiábanse ás minorías étnicas e relixiosas, o que derivou na expulsión dos xudeus en 1492 e na conversión en masa dos mouros do antigo reino de Granada no ano 1502 senón querían verse forzados a abandonar a península. Ante a disxuntiva, a maioría converteuse, aínda que en segredo seguían a practicar a súa relixión, e foron chamados mouriscos.

• Levouse a cabo tamén unha profunda reorganización administrativa que supuxo: a introdución de letrados saídos das universidades no Consello Real que se erixiu como principal instrumento de goberno asesorando aos reis; o sometemento das Cortes; a creación de órganos de xustiza coma as Chancelerías en Valladolid e Granada; a reorganización do exército e da facenda ; e o control dos municipios coa creación da figura dos corrixidores.

POLÍTICA EXTERIOR . Mentres Castela inicia a carreira americana e ocupa prazas no norte de África ( Melilla, Orán, Arxel, Túnez e Trípoli), Fernando, en pugna con Francia, dirixe os seus esforzos á anexión do reino de Nápoles. A confrontación con Francia conducirá ao deseño dunha política matrimonial que ten como fin último a busca de alianzas ( Portugal, Inglaterra e Austria ) que garantan apoios fronte ao país veciño

O testamento de Isabel a Católica deixaba como herdeira a súa filla Xoana pero no caso de ausencia ou incapacidade de esta ( afectada por graves problemas mentais ) recaía a rexencia no seu marido Fernando ata que o fillo de Xoana e Filipe, Carlos arquiduque de Austria, cumprise os vinte anos.

Page 4: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

2 O SÉCULO XVI : DO IMPERIO DE CARLOS I Á MONARQUÍA DE FILIPE II

2.1 O FUNCIONAMENTO DO APARATO ADMINISTRATIVO

A monarquía española era unha monarquía global composta por unha variedade de reinos que pertencían ao rei por conquista ou herdanza. Durante estes séculos a monarquía dos Austrias avanzará co propósito de impoñer unha monarquía autoritaria pero atópase cunha serie de elementos que limitan as súas posibilidades de actuación. En primeiro lugar, exercía o dominio sobre un conxunto de territorios que tiñan como soberano a un rei que non residía neles. En segundo lugar, o seu goberno, como tal monarquía composta, baseábase no respecto ás propias institucións de cada un deses territorios. No fondo, a monarquía existía por un diálogo continuo entre o centro do reino e os territorios periféricos sen que ningún deles se impuxese e a súa capacidade de supervivencia suxire que estes vínculos non eran febles. Ao non posuír os reis un corpo de oficiais extenso que transmitise as súas ordes, o que farán será pactar coas elites ou grupos sociais dominantes de cada territorio. Pero ademais debían respectar os dereitos, deberes e privilexios de cada un dos estamentos ou grupos sociais - nobreza, clero, estado chan – dos que se compoñía a sociedade actuando como xuíces supremos entre eles.

Os principais organismos de goberno van a ser os seguintes:

• Os Consellos. Eran órganos consultivos que asesoraban ao monarca no exercicio das tarefas de goberno. Uns encargábanse de diversas materias ou asuntos que afectaban ao conxunto da monarquía ( Facenda ), e outros tiñan un ámbito territorial (Navarra, Italia, Portugal ).

• Os Secretarios reais ocupábanse de trasladar memoriais e consultas escritas ao monarca para, despois, devolver a resposta do rei aos Consellos. Prodúcese agora un cambio na forma na que o rei despacha os asuntos de goberno, antes de forma oral, e cada vez máis a través da consulta escrita.

• Vicerreis. Substituían a figura do rei nos territorios nos que este faltaba.

• Audiencias. Eran tribunais de xustiza e existían tanto na Coroa de Castela ( Granada, Galicia, Canarias e Sevilla ) como na de Aragón ( Zaragoza, Valencia, Barcelona, Mallorca ).

• Corrixidores. Os monarcas intentan controlar os municipios a través de funcionarios que velan polo cumprimento dos intereses

Page 5: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

e ordes reais. Aínda así as cidades conservaron, en certa medida, a súa autonomía.

• As Cortes. Van perdendo importancia e o número de veces en que se reúnen redúcese co tempo. Deixan de ser convocadas por nobres e eclesiásticos pasando a xuntarse só o rei con cada unha das dezaoito cidades que tiñan voto en Cortes.

2.2 A POBOACIÓN E AS PRINCIPAIS ACTIVIDADES ECONÓMICAS

A Poboación . En termos xerais a poboación española ao longo do século XVI experimentou un crecemento demográfico e boa proba diso son as testemuñas de novas rompas de terras, a fundación de poboacións e a emigración de casteláns ás Indias. Así, a finais de século podemos calcular que España tería aproximadamente uns oito millóns de habitantes. As características desta poboación serían as seguintes :

• Poboación eminentemente rural ( ¾ partes da poboación ).

• Elevada taxa de natalidade ( 40 por mil ).

• Estaba afectada por fases de mortalidade catastrófica debida á suma de crises agrarias, epidemias e fames.

• A causa do crecemento foi a boa marcha da economía, o que fixo que a xente casase máis - incremento da taxa de nupcialidade - e a idades máis temperás.

A Economía . Debemos sinalar en primeiro lugar a agricultura , base da economía, que experimentou ao longo do século XV un aumento de produción basicamente extensivo, é dicir, producíase máis porque se puxeran en cultivo novas terras non porque se mellorasen os rendementos por unidade de superficie. De feito, as ferramentas era moi rudimentarias, as terras estaban mal aboadas e necesitábase unha man de obra numerosa para traballar os campos. Os cultivos fundamentais eran os cereais - trigo, centeo, cebada e avea - dedicados á subsistencia, e a vide e a oliveira destinadas á comercialización. As frecuentes crises agrarias, que provocaban un aumento dos prezos, intentáronse solucionar con pósitos ou almacéns de cereais, con importacións e fixando un prezo máximo ao que se podía vender o pan - taxa do pan -.

A Industria . A produción artesanal urbana estaba organizada en gremios nos cales se agrupaban os que se dedicaban a un oficio determinado, por exemplo, zapateiros, prateiros, acibecheiros... Entre os sectores “industriais“ máis destacados estaría o de panos de la dedicado ao consumo interno con centros en Segovia e Córdoba. Tamén destaca a sedaría localizada

Page 6: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

en Granada. O segundo ámbito de produción industrial era a elaboración de ferro en numerosas ferrerías que se estendían desde Galicia ata os Perineos e que servirían posteriormente para fabricar armas.

O Comercio . O interior era moi limitado debido á penosa estrutura viaria e de transportes, o que facía as comunicacións lentas e difíciles. Debido a iso, cada comarca víase abocada practicamente ao autoabastecemento. Destaca a importancia que tiñan algunhas feiras como as de Medina do Campo e Rioseco.

O comercio exterior peninsular pódese dicir que corresponde ao do un país atrasado industrialmente pois predominan as exportacións de materias primas e produtos agrarios en tanto que as importacións son basicamente manufacturas, deixando aparte os cereais importados polas rexións costeiras. Polo tanto, a balanza comercial era claramente deficitaria. As rutas comerciais máis destacadas son:

• A do Mediterráneo que experimenta un descenso. A Italia expórtanse la, azucre, pementa e coiros, e de alí impórtanse teas, armas, produtos manufacturados, sedas e perfumes.

• O comercio co norte de Europa, que unía os portos de Bilbao, Laredo e Santander, por onde saía la, ferro, aceite, ouro e prata, cos dos Países Baixos, de onde chegaban teas, libros, papel, cereais, estaño e peixe. Así, materias primas como a la eran exportadas en bruto e volvían a España transformadas en manufacturas - teas flamencas - a prezos elevados.

• O comercio americano foi sen dúbida o máis importante de todos. Exportábanse produtos agrarios españois - viño, trigo, gando, materias tintorias, aceite, arroz, augardente, froitos secos - e tamén estranxeiros - como teas dos Países Baixos -. As importacións consistían fundamentalmente en ouro, prata, e outras mercadorías como cacao, tabaco, tomate, millo e pataca. Asemade o comercio exterior hispano actuaba tamén de reexportador a Europa das materias primas que viñan de América - cacao, azucre, plantas colorantes - as cales non compensaban, ao igual cas exportacións nacionais, o alto valor das importacións. Este desequilibrio da balanza de pagos inténtase saldar coa saída de metais preciosos como ocorre no caso das partidas que se dirixían aos Países Baixos. En xeral, este comercio viviu unha conxuntura favorable se exceptuamos unha breve caída entre 1550 e 1562.

2.3 ASPECTOS SOCIAIS

Na sociedade hispana do século XVI a pertenza a unha familia determinaba o estamento ou grupo social, así un fillo de nobre o era por

Page 7: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

nacemento. A nobreza era un dos grupos privilexiados e ser parte integrante dela obrigaba a manter un decoro ou respecto ao estamento. Isto levaba consigo que os nobres non podían dedicarse a actividades consideradas viles - artesanía, comercio - xa que se consideraba algo indecoroso. O privilexio reportaba unha serie de vantaxes: acceso a cargos políticos, preeminencia social, beneficios económicos, exención de impostos, etc. Algúns nobres non só eran donos de extensos territorios que arrendaban en partes a campesiños, senón que tamén ostentaban ás veces sobre eles o título de señorío, incluso sobre terras das que non eran propietarios, o que supoñía para os vasalos o pago de rendas e dereitos de vasalaxe e para os nobres a designación de oficiais para o goberno e a administración de xustiza. Polo tanto, a meirande parte dos nobres eran rendeiros e a institución do morgado lles permitía conservar integro o patrimonio familiar herdándoo o fillo maior, o cal só podía dispoñer dos seus froitos, xa que non podía vendelo. Dentro da nobreza existía unha variada gama de situacións:

• Un grupo reducido de grandes títulos donos de enormes rendas e extensas terras.

• Un elevado número de cabaleiros urbanos que coparían os cargos municipais.

• Nunha escala máis baixa estarían os fidalgos.

O Clero . A entrada no estamento clerical entrañaba tamén privilexios: non pagaban impostos; tiñan a súa propia xustiza eclesiástica; gozaban de donativos, de variadas rendas - señoríos eclesiásticos - e do décimo; e os seus bens estaban amortizados, é dicir, transmitíanse indivisos e non podían ser obxecto de venda. Pódense distinguir variadas situacións:

• Alto clero: arcebispos, canónicos, abades...que constituían unha especie de aristocracia clerical. Este grupo estaba integrado polos segundóns da nobreza.

• Baixo Clero: párrocos, frades, monxes...

Terceiro Estado . Estaba composto polos seguintes grupos:

• Mundo Urbano:

� Alta burguesía urbana dedicada ao comercio de exportación e importación.

� Comerciantes ao por maior de lenzos, panos, sedas, tecidos vastos....

Page 8: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

� Burócratas - altos maxistrados, notarios, escríbanos, rexedores - e profesións liberais como médicos e cirurxiáns.

� Comerciantes polo miúdo ou regatóns agrupados en confrarías ou gremios.

� Un amplo número de marxinados sociais: pobres, delincuentes, pícaros, vagabundos, escravos, minorías étnicas e relixiosas.

• Mundo Rural:

� Na cúspide estaban os adiñeirados ou principais que compaxinaban a explotación das súas propiedades coa administración de bens da nobreza e clero e posuían as veces oficios nos concellos.

� Labradores, pequenos propietarios rurais que cultivaban algunhas parcelas da súa propiedade pero que tiñan que tomar outras en arrendo.

� Xornaleiros, campesiños que se contrataban para realizar labores agrarias e non dispoñían de ferramentas nin de animais.

2.4 A POLÍTICA EXTERIOR E INTERIOR

CARLOS I ( 1516-1556 ) recibe á morte do seu pai os territorios da casa ducal de Borgoña, dos que Filipe o Fermoso fora gobernador por herdanza da súa nai María de Borgoña, é dicir o Franco Condado e os Países Baixos. Con este último nome coñecíanse os actuais territorios de Bélxica, Holanda, Luxemburgo e unha parte do norte de Francia ( Artois, Flandes e Hainaut ). Da súa nai Xoana, herda a Coroa de Castela cos territorios americanos, o reino de Aragón coas posesións de Sicilia, Cerdeña e Nápoles e o reino de Navarra. E por último do seu avó paterno, Maximiliano de Habsburgo, adquire os territorios austríacos e o dereito ao título imperial do Sacro Imperio Romano Xermánico.

POLÍTICA INTERIOR . Destaca en primeiro lugar a Revolta das Comunidades ( 1520-21 ) que agrupaban ás clases medias urbanas ( baixa nobreza, alta burguesía urbana, pequenos mercaderes, xuristas, artesáns... ) de cidades como Toledo - o seu líder era Padilla -, Segovia - Bravo -, Salamanca - Maldonado -, Ávila ou Cuenca. Podemos resumir o seu programa político nos seguintes puntos: limitación do poder real coa institucionalización dunhas cortes máis poderosas, supresión dos corrixidores e dos cargos outorgados a estranxeiros ( Adriano de Utrecht, Gullermo de Croy...) e crítica á

Page 9: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

política imperial de Carlos I ( excesivos gastos que ocasionaba a súa elección como emperador ). Foron derrotados en Villalar polo exército real que contaba co apoio da alta nobreza alertada polas revoltas antiseñoriais que se produciran.

As sublevacións das Xermanías en Valencia e Mallorca tiveron como protagonistas a artesáns e campesiños. Na cidade de Valencia o movemento ten a súa orixe no descontento das clase baixas urbanas polo control do goberno municipal exercido por parte dos cabaleiros e do patriciado ou clases altas urbanas. No campo o movemento converteuse nun levantamento anti-señorial e antinobiliar cun forte carácter de odio aos mudéxares - antigos musulmáns - debido á protección que a nobreza lles prestaba fronte aos campesiños cristiáns.

POLÍTICA EXTERIOR . O título imperial fixo que Carlos I se considerase por riba das monarquías nacionais e que concibise a idea de crear un Imperio, unha República cristiá, non se utilizaba o concepto de Europa, unida no eido político e relixioso. O seu plan tropezou coas seguintes oposicións:

• Con Francia enfrontouse polos territorios italianos que xa foran obxecto de atención do seu avó Fernando. O Milanesado pasou a mans españolas pola victoria de Pavía ( 1525 ) e o Tratado de Madrid asinado un ano máis tarde. A oposición do Papado á presencia española en Italia desembocou na alianza entre franceses e ingleses aínda que a victoria sería para Carlos I que saqueou Roma - Paz de Cambray en 1529 -. Finalmente e pola paz de Crepy en 1544 España asumiu o control sobre a península italiana.

• Ao imperio turco venceuno en Viena e Túnez ( 1535 ) e fracasou en Arxel.

• O seu enfrontamento cos príncipes protestantes alemáns, unidos na liga de Smalkalda, saldouse cunha victoria efémera en Mühlberg e coa Paz de Augsburgo (1555 ) o Imperio alemán dividiuse entre principados protestantes e católicos. A raíz deste fracaso, será o seu irmá Fernando quen reciba o título imperial xunto cos territorios austríacos.

FILIPE II ( 1556-1598 ) Herdou os territorios de seu pai Carlos I aos que engadiu o reino de Portugal en 1580. Perdeu en cambio as antigas posesións austríacas dos Habsburgo e o título imperial que pasou a mans do seu tío Fernando I.

Page 10: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

POLÍTICA INTERIOR . Filipe II tentou manter ante todo a unidade da fe católica e utilizou para tal fin como instrumento político a Inquisición. Este tribunal vixiou e actuou contra os conversos ou cristiáns novos ( antigos xudeus e musulmáns convertidos ao cristianismo ) e perseguiu aos seguidores das herexías protestantes. Estes grupos non atoparon o seu sitio dentro da sociedade estamental e foron considerados como estranxeiros. Esta falla de integración na sociedade cristiá provocou sucesos como a dispersión dos mouriscos granadinos despois da Revolta das Alpuxarras ( 1568-70 ). Outras medidas de control encamiñadas neste caso á vixilancia dos cristiáns vellos foron: a extensión dos estatutos de limpeza de sangue, que demostraban que non se tiña ascendencia xudía, requisito indispensable para ingresar en ordes relixiosas, colexios maiores, certas profesións,....; a prohibición de estudar no estranxeiro, os índices de libros prohibidos, etc..

Debemos destacar tamén dentro do seu reinado a sublevación aragonesa dos anos 1591-92. A causa foi a fuxida a Aragón do antigo secretario real, Antonio Pérez, quen fora acusado de vender segredos de estado. Unha vez alí refuxiase nos foros aragoneses e ante a negativa da cidade a entregalo, o exército real entra en Zaragoza e os foros foron restrinxidos.

POLÍTICA EXTERIOR . O seu goberno estará máis centrado nos territorios hispánicos, en preservar a superioridade de estes en Europa e en continuar a tarefa de defensor da fe cristián. Os adversarios da súa monarquía son os mesmos que os de seu pai:

• Venceu a Francia en San Quintín e firmou con ela o tratado de Cateau-Cambrésis ( 1559 ) polo cal o país galo abandonaba toda pretensión sobre Italia.

• Os turcos otománs foron derrotados pola Santa Liga ( España, Venecia e o Papado ) na batalla de Lepanto ( 1571 ).

• O enfrontamento cós protestantes tivo agora tres novos escenarios:

� Nos Países Baixos os conflitos estenderanse dende 1566 ata 1597. Neste territorio a dura represión política e relixiosa levada a cabo polos gobernadores reais, como o duque de Alba, provocou a escisión en dúas zonas. No norte, a Unión de Utrecht, calvinista, separase de España converténdose na República das Provincias Unidas - Holanda -. No sur, católico, Bélxica e Luxemburgo conforman a Unión de Arras cuxa soberanía Filipe II entregou á súa filla Isabel Clara Eugenia.

� Os problemas con Inglaterra xorden polo apoio de Isabel II aos protestantes franceses e aos sublevados dos Países Baixos e porque os seus corsarios ameazaban o comercio coas Indias. A

Page 11: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

Armada Invencible será derrotada en 1588 pola superioridade da artillería inglesa e polas adversas condicións meteorolóxicas.

� En Francia, Filipe II apoiará aos católicos fronte aos hugonotes ( calvinistas franceses ).

2.5 CULTURA E ARTE: RENACEMENTO E HUMANISMO EN ESPAÑA.

CULTURA . En España podemos dicir que a recuperación da Antigüidade clásica é moi limitada e superficial tanto no referente ao dominio das linguas clásicas como á asunción de valores éticos, filosóficos e políticos expresados nos textos antigos. O Renacemento español é bastante tardío, importa moito de Italia e as institucións que levan a cabo a labor de mecenado son a Coroa e os nobres.A superficialidade con que se asumiu o Renacemento na Península quizás teña que ver co papel que desempeñou a Inquisición que vixiou bastante a investigación e a erudición.

É licito falar de Renacemento en aspectos como : Literatatura , onde sobresae a obra de Fernando de Rojas, A Celestina ( 1499 ) e certos estudos filolóxicos como a Gramática Castelán de Antonio de Nebrija ; en Medicina coa labor desenvolvida pola Universidade de Valencia; ou en Ciencias relacionadas coa Navegación moi directamente influenciadas polos avances ou innovacións da Casa de Contratación de Sevilla.

Arte . En Arquitectura podemos sinalar tres fases :

• Plateresco: no primeiro tercio do século XVI o influxo italiano déixase ver na riqueza decorativa a base de medallóns, temas heráldicos, grutescos, fornelas, piastras e columnas abalaustradas que ocupan as fachadas de edificios como a Universidade de Salamanca, o Mosteiro de San Marcos en León, ou o Hospital Real e o pazo Fonseca en Santiago.

• Purismo; nesta segunda etapa a exuberancia anterior deixa paso a un clasicismo de liñas puras visible nos seguintes edificios: Pazo de Carlos V en Granada ( Pedro de Machuca ), Catedral da mesma cidade ( Diego de Siloé ), fachada da Universidade de Alcalá de Henares ( Rodrigo Gil de Hontañon ) e catedral de Xaén ( Andrés de Vandelvira ) .

• Herreriano: co rei Filipe II, o último tercio do século XVI, influenciado xa pola Contrarreforma, atopará a súa máxima expresión no Pazo-Mosteiro de San Lorenzo do Escorial realizado por Juan de Herrera e Juan Bautista de Toledo, caracterizado pola austeridade na decoración.

Page 12: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

En Escultura desenvólvese sobre todo unha tendencia monumental ao gusto italiano representada por Pompeo Leoni que realiza para o Escorial os grupos funerarios de Carlos V e Filipe II en bronce.

Por último a Pintura renacentista ten o seu máis senlleiro representante na figura do Greco cun estilo pictórico caracterizado polas cores frías ( grises, verdes, azuis ), a eliminación dos fondos das paisaxes que son substituídos por ceos fantasmagóricos, o alongamento das figuras e a expresividade dos rostros. A súa obra máis emblemática será O enterro do conde de Orgaz (1586-87 ).

3 O SÉCULO XVII : A DECADENCIA

3.1 O DESCENSO DEMOGRÁFICO E O AFUNDIMENTO ECONÓMICO.

Crise Demográfica . As perdas de poboación dos reinos hispánicos durante este século foron considerables e as causas debemos buscalas en epidemias - peste, difteria, tifos - , crises agrarias, guerras, emigracións cara América, expulsión de minorías como os mouriscos, excesivo número de relixiosos, etc.....Prodúcese polo tanto con respecto ao século XVI, unha caída da natalidade, un aumento da mortalidade e un descenso da taxa de nupcialidade acompañada dun idade máis tardía de acceso ao matrimonio. Ao concluír o século, a poboación concentrábase basicamente na periferia, mentres que o centro peninsular estaba despoboado. Tamén se produciu unha paralela ruralización da poboación.

Crise agrícola . Experiméntase unha caída da produción agrícola no século XVII debida, entre outros factores, ao propio descenso demográfico – hai menos poboación e polo tanto consúmese menos -, ao arcaísmo dos sistemas de cultivo e ás malas colleitas provocadas pola seca, as choivas torrenciais, etc. Este baixón da produción é maior no sector cerealístico, mentres que cultivos como a oliveira e o viñedo gañan terreo. Na zona norte – Galicia, Asturias e País Vasco –asístese a unha importante transformación do réxime de cultivos coa difusión do millo, o que explica, a pesar da crise demográfica xeral, que a poboación aumentara ao longo do século XVII. En canto a gandería, mentres a transhumante mantívose estancada, a estante experimenta un descenso.

Crise industrial . Produciuse unha decadencia que podemos observar sobre todo no sector téxtil da la e da seda que obedece a varias razóns: a caída da poboación reduciu a demanda interna; a crise agraria supuxo o endebedamento do campesiñado o que contraeu aínda máis a demanda; o aumento dos impostos provocou o encarecemento dos artigos que tamén incrementaron os prezos debido ás manipulacións monetarias; detéctase tamén unha invasión de tecidos foráneos debido á política aduaneira da monarquía que non era moi proteccionista con respecto aos produtos

Page 13: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

autóctonos; e os gremios pasaron a converterse nunha rémora para o desenvolvemento industrial xa que se pechan ante novas técnicas.

Crise comercial . No comercio interior seguía sen existir un verdadeiro mercado organizado entre os distintos reinos peninsulares.

Respecto ao exterior , o comercio cos Países Baixos entra en crise a partir de 1570-75, debido a rebelión holandesa e a crise financeira de Amberes.

En canto ao americano estáncase nos anos 1610-20 e afúndese a partir de mediados de século. Varios factores inflúen neste declive: América comeza a ser autosuficiente con respecto ao exterior; aumentan os impostos polos artigos que entraban e saían da península; o sistema de flotas que se dirixía cara ao novo continente era moi custoso; e por último, nalgunhas ocasións, a coroa incautábase das remesas de prata entrantes.

3.2 UNHA SOCIEDADE EN CRISE

A nobreza viu aumentada o seu numero ao longo do século xa que se concederon títulos a aqueles que podían mercalos. A crise económica afectoulles e procuraron paliala intensificando a explotación das súas fincas, vixiando aos seus administradores e recortando gastos suntuarios.

O clero medrou tamén en efectivos, sen dúbida polos beneficios que o estado reportaba. O valor das rendas eclesiásticas tamén decaeu a causa da crise económica e da despoboación.

En canto ao Terceiro Estado a depresión económica incrementou a posibilidade de ascenso social de membros de este estamento que se enriqueceran cara outros superiores ben fora por medio de matrimonios ou outras vías. Dentro da poboación rural o número de xornaleiros aumentou xa que moitos pequenos campesiños se endebedaran para saír da crise e perderan as súas terras. Algúns emigraron ás cidades e pasaron a engrosar o grupo dos marxinados, vagabundos e pícaros.

3.3 A CRISE POLÍTICA : A PERDA DA HEXEMONÍA EUROPEA E OS PROBLEMAS INTERNOS

Durante o século XVII España continuou sendo un imperio mundial pero sen o prestixio do que gozara na centuria anterior. Dispoñía de extensos territorios, riquezas e forzas pero ao mesmo tempo os gastos eran enormes e os inimigos cada vez maiores. Esta centuria verá o ocaso do imperio e a perda da supremacía europea que pasará a mans da Francia de Lois XIV.

Page 14: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

FILIPE III ( 1598-1612 ). .

POLÍTICA INTERIOR . A monarquía católica foi gobernada en boa medida por validos, como neste reinado o duque de Lerma. Estamos nunha etapa de corrupción e desaxuste monetario. O feito máis importante foi a definitiva expulsión dos mouriscos ( 1609 ).

POLÍTICA EXTERIOR . O seu reinado foi considerado como pacifista, aínda que na época a Pax Hispánica era un sistema demasiado fráxil baseado no continuo ir e vir de diplomáticos nas chancelarías tentando evitar que calquera problema o abatese. Non convén esquecer que seguiron existindo conflitos como a continuación de hostilidades con Holanda, coa que sen embargo chegouse á Tregua dos Doce anos ( 1609 ). Asinouse tamén a paz con Inglaterra e con Francia.

FILIPE IV. ( 1621-1665 ).

POLÍTICA INTERIOR . Debemos destacar a política reformista levada a cabo polo valido do rei, o conde-duque de Olivares. Esta centrábase no intento de desviar unha parte dos impostos que recaían sobre Castela cara outros reinos da monarquía que debían ter as mesmas responsabilidades e dereitos. A súa idea de formar un exército de 140.000 soldados sufragado por cada reino denominouse Unión de Armas e provocou sendas sublevacións en Cataluña e Portugal en 1640. En Cataluña a revolta iniciouse polos abusos ocasionados polos soldados aloxados na zona que loitaban contra Francia, o que conduciu ao levantamento dos segadores o día de Corpus Christi aos que se sumaría a clase gobernante. En Portugal produciuse mais ben un golpe de estado da clase dirixente que proclama a súa independencia con respecto a España, coa axuda de Francia e Inglaterra, elixindo como novo rei a Xoán IV.

POLÍTICA EXTERIOR . Durante o seu reinado ten lugar a Guerra dos trinta anos ( 1618- 1648 ). Dende a Paz de Augsburgo, Alemaña estaba dividida en estados protestantes ( luteranos e calvinistas ) e católicos gobernados por príncipes, sete dos cales elixían o emperador, cargo que ostentaba Fernando II, pertencente a dinastía dos Austrias no poder tamén en España. A guerra comezou sendo un conflito relixioso que estourou nun recanto de Bohemia, Praga, xa que os nobres protestantes subleváronse e propuxeron como novo emperador a Federico V, príncipe calvinista do Palatinado. Fórmanse dous bandos : dun lado, os protestantes que reciben axuda de Francia - enfrontada sempre cos Austrias - , Holanda, Dinamarca e Suecia ( interesada en obter posicións privilexiadas no Báltico ); doutro, o emperador alemán apoiado por España que actuaba non só por solidariedade dinástica, senón tamén porque estaba interesada en asegurar as comunicacións entre Italia e os países Baixos e sobre todo en preservar Holanda.

A guerra conclúe coa Paz de Westfalia ( 1648 ) que supuxo a independencia de Holanda, cesións territoriais no Imperio a Francia e Suecia, e

Page 15: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

no terreo político a perda do poder do emperador que estaría sometido ás decisións que tomasen os estados alemáns na Dieta. Para España suporá o fin da hexemonía europea que pasa a mans da Francia do rei Lois XIV.

CARLOS II ( 1665-1700 ).

POLÍTICA INTERIOR . Home de escasa capacidade o poder estará en mans de camarillas palacianas. Neses anos apreciase nos ministros a vontade de levar a cabo reformas, sobre todo en materia de facenda que liberasen a poboación da agoniante presión fiscal.

POLÍTICA EXTERIOR . Acudimos ao ocaso de España como potencia Europea, xa que non foi quen de responder militarmente ao expansionismo de Lois XVI que ocupará a zona fronteiriza franco-belga e o Franco-Condado.

3.4 O APOXEO CULTURAL E ARTÍSTICO. O SÉCULO DE OURO DAS LETRAS E O BARROCO ESPAÑOL

A crise do século XVII non afectou aos aspectos culturais que viven un auténtica centuria de ouro. Estamos no século do teatro no que destacan autores como Lope de Vega - Fuenteovejuna ( 1612 -14 ) -, Tirso de Molina ou Calderón da Barca - A vida é soño ( 1634 ) -. No terreo da novela destacan Miguel de Cervantes co Quixote ( 1605-1615 ), e dentro da picaresca Quevedo, Historia da vida do Buscón ( 1626 ). En poesía sobresaen Góngora e Quevedo.

Arquitectura . O urbanismo adquire un gran protagonismo ao urbanizarse amplas zoas e configuralas como prazas. De trazado rectangular definen un espazo pechado destinado á celebración de festas e reunións de carácter popular, dende execucións públicas, procesións, vodas reais, etc. Un exemplo sería a praza Maior de Madrid de Juan Gómez de Mora.

Do mesmo xeito que o escenario é o punto principal de atención no teatro, os arquitectos acaparan a mirada do paseante coa fachada e así catedrais, conventos, concellos e outras edificacións deixan a súa marca nas cidades barrocas como Santiago.

Escultura . É de tema relixioso desenvolvéndose sobre todo os pasos procesionais realizados en madeira policromada. Debemos destacar a Escola Castelá con Gregorio Hernández e o seu Cristo xacente e a andaluza na cal sobresae Martínez Montañés.

Pintura . O forte sentimento relixioso impulsa a sinxeleza da pintura, os temas populares, a atención ao detalle, o naturalismo realista e os retratos de personaxes da corte. A nivel formal estamos ante o dominio da cor, da luz e da perspectiva aérea. Existen tres escolas:

• A valenciana: Ribera, Ribalta.

Page 16: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

• A andaluza : Zurbarán, Murillo, Valdés Leal.

• A madrileña: Carreño, C.Coello e Velázquez que cultiva nos seus cadros variedade de temas:

� Bodegóns con figuras que representan escenas da vida cotián: Vella fritindo ovos, O augador de Sevilla.

� Mitoloxías onde humaniza aos personaxes populares: A fragua de Vulcano.

� Lenzos relixiosos de gran espiritualidade e influxo clásico: Cristo crucificado.

� Retratos onde a familia real, a Corte e os bufóns, ou ananos adquiren dignidade e comprensión.

4 A AMÉRICA ESPAÑOLA NOS SÉCULOS XVI E XVII

A organización política e administrativa das Indias realízase a dous niveis en España e América :

En España:

• A Casa da Contratación ( 1503 ), organismo reitor e fiscalizador do comercio, navegación e emigración coas Indias, ademais de escola de navegantes.

• Consello de Indias ( 1523 ) que se encarga de todos os asuntos lexislativos, administrativos, xudiciais e fiscais relativos a Indias.

En América:

• Os vicerreinados, que eran extensas demarcacións territoriais ( Nova España con capital en México e o de Perú con sede en Lima ) ao fronte das cales estaba un vicerrei que recibía os títulos de gobernador, presidente de Audiencia - atribucións xudiciais - e capitán xeral - funcións militares -.

Page 17: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

• As gobernacións ou provincias que ocupaban un territorio máis pequeno ao fronte dos cales estaba un gobernador con funcións administrativas e xudiciais.

• Os corriximentos, divisións administrativas menores cun corrixidor ao fronte do municipio, encargado da administración local.

• As Audiencias ou altos tribunais de xustiza.

Polo que se refire a economía , estaba estruturada nos seguintes sectores:

• A minería era o motor da economía colonial, sobre todo a prata cos xacementos de Potosí ( Bolivia ) e Zacatecas ( México ).

• O sector agrario . A titularidade das terras, ao igual que no caso das minas, pasou á Coroa española que recoñeceu a propiedade indíxena das terras comunais e concedeu terreos aos españois a través de doazóns, aínda que estes realizaron tamén ocupacións ilegais posteriormente recoñecidas. Introducíronse cultivos europeos como o trigo, a vide, oliveira, hortalizas, cana de azucre, etc. A agricultura de exportación a España baseouse en cinco cultivos: cacao, tabaco, cana de azucre, café e anil. A gandería era practicamente inexistente ata que a levaron os europeos: gando vacún, cabalar, mular, lanar, caprino, aves de curral, etc

• A industria non foi fomentada polos españois xa que podía supoñer unha ameaza para os produtos artesanais procedentes de España. Só podemos citar dous exemplos que son a construción naval ( estaleiros da Habana ) e a elaboración de téxtiles ( seda, algodón e la ).

• O comercio . América era explotada en beneficio exclusivo da Coroa o que implicaba o monopolio do comercio coas colonias. Para protexelo, establecéronse diversos mecanismos: control oficial ( Casa da Contratación ), porto único ( Sevilla ) e navegación protexida con escolta militar.

Coa conquista española, a poboación indíxena diminuíu de forma drástica debido ás epidemias, á violencia empregada polos españois e a súa propia desgana vital. Calcúlase que os españois emigraron a América nun número que se cifra en medio millón para a Idade Moderna. Produciuse tamén unha emigración forzada de negros. Polo tanto, a sociedade indiana presenta un carácter multirracial e estamental organizada nos seguintes grupos:

Page 18: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

• O grupo social dominante está integrado por brancos, europeos e crioulos ( fillos de españois nacidos en América ). A nobreza ( altos cargos administrativos ), o clero e os funcionarios eran na maioría dos casos españois. Os terratenentes, grandes comerciantes, e mineiros eran na súa meirande parte crioulos.

• Os brancos integraban tamén os sectores medios da sociedade, formados por medianos e pequenos propietarios de terras e minas, comerciantes polo miúdo, avogados, médicos, burocracia local, artesáns, etc.

• Os grupos inferiores incluían a mestizos ( descendentes de brancos e indíxenas ), mulatos ( de brancos e negros ), zambos ( de negros e indíxenas ), negros libres dedicados a artesáns dos gremios máis pobres, xornaleiros agrícolas, etc.

No terreo cultural , España buscou a asimilación dos indios, tarefa que foi encomendada aos relixiosos en todos os niveis educativos. Así, creáronse universidades como a de Santo Domingo ( 1538 ) e a de Lima e México (1551). O papel da Igrexa foi determinante xa que a evanxelización era indispensable para a conquista e colonización. A acción misioneira foi levada a cabo por ordes relixiosas como agostiños, dominicos, franciscanos e xesuítas. Estes últimos ensaiaron a creación de comunidades autosuficientes ( as reducións ) nas cales o traballo era colectivo e onde os xesuítas educaban e protexían aos indios manténdoos ao marxe do mundo colonial.

5 CUESTIONARIO

1. Unha árbore xenealóxica representa o esquema dos antecedentes familiares dunha personaxe histórica. Propoñémosche que fagas o de Carlos I que deberás encher cos territorios que pertencían a cada un dos seus avós maternos e paternos.

2. Realiza un mapa onde reflictas o proceso de unificación peninsular seguido polos Reis Católicos e Filipe II. Por exemplo: matrimonio - 1469 -, conquista do Reino de Granada - 1492 -...

3. Explica a seguinte frase de Richard Mackenney “ser rebelde ao rei acabará equivalendo a ser herexe contra a fe e onde ser herexe será o mesmo que rebelarse contra o rei “.

4. Lembra as funcións que desempeñaban cada unha destas institucións: Consellos, Secretarios reais, Audiencias, Casa da Contratación e Vicerreis.

Page 19: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

5. Pódense considerar as Cortes da Idade Moderna como un antecedente dos parlamentos actuais?. Razoa a resposta. Pensa en quen as convocan, que persoas se reúnen, que decisións poden tomar, etc.

6. Busca no teu libro de texto ou ben en internert o mapa da densidade de poboación en España en 1600, poderías dicir en que zonas se rexistra unha maior densidade ?

7. Realiza un mapa das principais rutas do comercio español durante o século XVI. Coloca nel os principais portos comerciais ( Bilbao, Sevilla, Santander ) e indica en cada zona os principais obxectos de exportación e importación.

8. Don Fadrique fora comendador ( titular dun señorío territorial que antes pertencera a unha Orde militar e sobre o que exercía a xurisdición e percibía ingresos ) e tivera un comportamento irreprochable para os seus súbditos ata que se namora dunha labradora, Casilda, o día da súa voda. Aproveitándose dos seus privilexios, argúe diversas trampas para conseguila, pero morre a mans do esposo dela, Peribañez. Tras dar morte a Don Fadrique, Peribañez preséntase ante o rei e este perdóalle.

Peribañez: (...) ¿Non me oirás sequera ( rei ) Henrique, pois xusticeiro chámante?

Reina: Ben di. Oídelle, señor.

( Rei ) Henrique: Ben dicides, non me lembraba que as partes téñense que oír, e máis cando son tan fracas. Prosegue.

Peribañez: Eu son un home, aínda que de vilán casta, limpo de sangue, e xamais de hebrea ou mora manchada. Fun o mellor de meus iguais, e, en cantas cousas trataba, déronme primeiro voto, e trouxen seis anos vara ( refírese a que foi alcalde ). Casei coa que ves, tamén limpa, aínda que vilán; virtuosa, se a viu a envexa asida a fama. O comendador Fadrique, da vosa vila de Ocaña señor e comendador, deu como mozo, en amala (...). Con isto tentou unha noite, que ausente de Ocaña estaba, forzar á miña muller, máis fora coa esperanza burlada (...) . Atopei ás miñas portas rompidas e á miña muller destoucada, coma cordeiriña simple que está do lobo nas garras deu voces, cheguei, saquei a mesma daga e espada que cinguín para servirte, non para tan triste fazaña, paseille o peito......

Henrique: Que vos parece ?

Raíña: Que chorei, que é a resposta que basta para ver que non é delito senón valor.

Page 20: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

Henrique: Cousa estraña! Que un labrador tan humilde estime tanto a súa fama! Vive Deus que non é razón matalo ! Eu fágolle graza da vida ....Máis que digo ? Isto xustiza chámase.

Lope de Vega, Peribañez e o comendador de Ocaña

Despois de ler atentamente o texto contesta as seguintes preguntas:

• A que grupo social pertence Peribañez? Razoa a resposta.

• Explica o significado da frase “ limpo de sangue “ e a importancia que tiña na España dos Austrias.

• Pertence ao mesmo estamento a súa muller Casilda? Crees que era posible o matrimonio entre persoas de distintos grupos sociais?

• En que grupo social colocarías ao comendador?

• Por que o rei estráñase de que Peribañez estime en tanto o seu honor?

• Que imaxe tiñan os súbditos do rei?

9. Por movemento social na Idade Moderna podemos entender aqueles actos colectivos encamiñados a presentar ante as autoridades, grupos ou sociedade en xeral unha demanda precisa. Presentámosche un cadro-esquema dos principais conflitos sociais en España durante os séculos XVI e XVII que debes encher coa información aportada na unidade.

Movemento social

Comunidades Xermanías Sublevación Aragonesa

Levantamento catalán

Revolta portuguesa

Cronoloxía 1520-21

Protagonistas Clases medias urbanas

Causas Autoritarismo e política imperial

Page 21: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

Formas de desenvolvemento

Explosión violenta

Explosión violenta

Explosión violenta

Explosión violenta

Explosión violenta

Estrutura organizativa

Sen organización previa.Xorde

co conflito

Sen organización previa.Xorde

co conflito

Sen organización previa.Xorde

co conflito

Sen organización previa.Xorde

co conflito

Sen organización previa.Xorde

co conflito

Solución que se pretende

Limitar o poder real

Finalidade Fracaso

10. Durante a Reforma a resposta do catolicismo romano é emprender o camiño da Contrarreforma. Que medidas contrarreformistas levará a cabo Filipe II nos seus territorios ?

11. Analiza as diferenzas existentes entre a concepción política de Carlos I e a do seu fillo Filipe II.( Son moi útiles para traballar sobre estas figuras os libros da Enciclopedia para novos da editorial Cambridge)

12. Ao redor da figura do rei Filipe II creouse toda unha lenda negra que conduciría incluso a unha célebre obra do poeta alemán Schiller “ Don Carlos “ ( 1788-89 ) e a ópera de Verdi “ Don Carlo “. Pregunta aos profesores/as de música e literatura do teu centro e busca información en internet, recomendámosche as páxinas : http://www.lector.net/verdic98/felipe4.htm , www.cliorevista.orange.es/clio/reportajes/1199_1.html.

13. Describe e xulga os seguintes acontecementos:

ACONTECEMENTO DESCRICIÓN XUIZO QUE CHE MERECEN

EXPULSIÓN DOS XUDEUS ( 1492 )

Page 22: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

AUTOS DE FÉ DE VALLADOLID NO

REINADO DE FILIPE II

14. Completa o seguinte cadro sobre a política exterior de Carlos I e Filipe II.

FRONTE DE LOITA CARLOS I FILIPE II

FRANCIA

ROMA

TURCOS OTOMÁNS

PORTUGAL

PROTESTANTES

15. En moitas ocasións tendemos a achegarnos aos acontecementos históricos só dende unha perspectiva europeística, así a batalla de Lepanto é vista por nós como un dos grandes episodios bélicos do século XVI e sen embargo os turcos lembran e magnifican a batalla naval de Prevenza que ten lugar o 28 de setembro de 1538. Busca datos sobre ela na rede e razoa a importancia que tivo para os otománs.

16. Indica as variables demográficas características dunha época de crecemento como a do século XVI español e compáraas coas da unha situación adversa tomando como exemplo o século XVII:

SÉCULO XVI SECULO XVII

Page 23: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

- Elevada taxa de natalidade - Caída da natalidade.

17. Completa o seguinte esquema:

CAUSAS DA CRISE DO SÉCULO XVII

DEMOGRÁFICAS ECONÓMICAS SOCIAIS POLÍTICAS

18. O Arbitrismo foi un conxunto de proxectos e medidas aparecidas en España entre os séculos XVI e XVII que trataban de buscar unha solución aos problemas que suscitaba a decadencia española. As solucións propostas, entre outras, foron as seguintes: abolición da deshonra legal do traballo, poñer freo á saída de metais preciosos e a venta de materias primas ao exterior, introducción de manufacturas, etc. Imaxina que es un arbitrista español do século XVII e elabora un memorial dirixido ao rei en onde aportes solucións para saír da crise que vivía España nestes momentos.

19. Fai un breve resumo sobre a evolución do problema mourisco en España .

20. Compara a imaxe de Tiziano do emperador Carlos V a cabalo coa do rei Carlos II e comenta como reflicten momentos históricos radicalmente distintos da historia de España. Fíxate como en ambos casos crease unha imaxe de poder colocando ao monarca a cabalo. ( Para poder ver e interpretar toda unha galería de retratos de monarcas españois pódese consultar a páxina web: http://www.museodelprado.es/pagina-principal/educacion/el-prado-en-el-aula/material-didactico-exposiciones-temporales/., El retrato español en el museo del Prado. Del Greco a Goya. Moi útiles son tamén as guías didácticas do Museo do Prado sobre os reis de España no museo tanto os da casa Habsburgo como a Borbón )

21. Constrúe unha liña de tempo e sitúa nela os seguintes acontecementos: tregua dos doce anos, conquista de Granada, anexión de Portugal, tratado de Cateau-Cambrésis, paz de Augsburgo, expulsión dos

Page 24: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

xudeus, revolta das comunidades, batalla de Lepanto, paz de Westfalia, sublevación aragonesa, desastre da Armada invencible.

22. Ananos, xograres e bufóns estaban de moda nas cortes europeas. Na española eran moi respectados, así os representa Velázquez, valorando a súa dignidade. Fixándote nas imaxes do “ Neno de Vallecas “ e “ As meninas “ indica:

• ¿ Que pensas ti destes personaxes ?. Compáraos cos reais.

• Elixe o que máis te chame a atención e descríbeo amplamente.

• Dentro da riquísima policromía das Meninas escolle tres cores dominantes.

• Que personaxes están representados no espello?

• Coa axuda do teu profesor/a explica como logra o autor o dominio da perspectiva aérea.

• Busca versións das “ Meninas “ de autores contemporáneos.

23. Sobre a figura de Velázquez recomendamos aos profesores/as que os alumnos, partindo ben de diapositivas ou imaxes plastificadas das principais obras do autor ben coa axuda do taboleiro electrónico, realicen os exercicios do caderno didáctico que acompañaba a exposición itinerante organizado pola xunta de Andalucía en 1999 con ocasión do IV Centenario do nacemento do pintor e que se mostrou no museo de Belas Artes de Coruña e tamén en Ourense. O caderno pódese mercar en internet na librería virtual da Xunta de Andalucía ou ben poñéndose en contacto co Museo de Belas Artes da Coruña. Outra páxina web moi interesante é http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/videos/index.html xa que nela pódese visionar tres vídeos sobre o pintor: Velázquez, pintor de pintores, As Meninas, e As Lanzas. Por último, destacar outro magnifico recurso na rede sobre Velázquez na que se poden atopar datos sobre a súa vida, obra, tempo, museos, xogos: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/concurso1999/3premio/presenta.htm

24. Busca información na rede (http://es.wikipedia.org/wiki/Sofonisba_Anguissola) sobre Sofonisba Anguisciola. Reflexiona sobre o feito de que os libros de historia silencian en moitas ocasións o papel desempeñado polas mulleres.

25. Nos estudos de historia é moi importante a duración dos fenómenos históricos:

Page 25: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

• Un acontecemento , un incendio, unha voda, a coroación dun rei, a firma dun tratado, son algo fugaz . Teñen unha duración corta .

• Temos en segundo lugar un conxunto de acontecementos que poden ser económicos, políticos, sociais e culturais. Teñen unha duración maior có acontecemento, aínda que segue sendo breve e caracterízanse polas flutuacións, os cambios constantes. Utilízase entón o concepto de tempo medio, de duración media da conxuntura . Este termo utilízase preferentemente en historia económica e nos remite aos cambios que se producen na vida económica como as alzas e baixadas na produción, as oscilacións nos prezos, etc.

• Por último, existen realidades históricas, estruturas que duran un tempo longo e que permanecen por debaixo do continuo cambio dos acontecementos e dos conxunturais. Por exemplo, e seguindo coa economía, a estrutura económica imperante nestes séculos en España caracterizada pola importancia da produción agrícola sobre a industria ou “ artesanía “, polas crises de subsistencia, a escaseza tecnolóxica, etc.

Neste exercicio estudaremos a conxuntura da chegada de metais preciosos a península para entender a estrutura económica de España nos séculos XVI e XVII.

Períodos Quilos de ouro Quilos de prata 1503-1510 4.965

1511-1520 9.153

1521-1530 4.889 148 1531-1540 14.446 86.193 1541-1550 24.957 117.573 1551-1560 42.620 303.121 1561-1570 11.530 942.858 1571-1580 9.429 1.118.592 1581-1590 12.101 2.103.027 1591-1600 19.451 2.707.626 1601-1610 11.764 2.213.631 1611-1620 8.855 2.192.255 1621-1630 3.889 2.192.255 1631-1640 1.240 2.192.255 1641-1650 1.549 2.192.255 1651-1660 469 2.192.255

Page 26: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

0

500.000

1.000.000

1.500.000

2.000.000

2.500.000

3.000.000

1503

-151

0

1521

-153

0

1541

-155

0

1561

-157

0

1581

-159

0

1601

-161

0

1621

-163

0

1641

-165

0

Quilos de ouro

Quilos de prata

No gráfico de barras que che amosamos pódese ver que basicamente recibiamos de América prata e que o ouro supoñía unha pequena cantidade no conxunto das importacións. Representa os datos referidos á prata mediante un gráfico lineal. A continuación, describe a evolución da súa chegada a España durante os séculos XVI e XVI. Que períodos rexistran unha maior arribada? Cando comeza a notarse un estancamento e unha crise?.

26. É moi aconsellable a lectura nestas idades da primeira novela que inaugura o ciclo do Capitán Alatriste de A. Pérez Reverte. É conveniente que o profesor complete a lectura coa utilización na clase dunha serie de recursos :

• Libro de A. Pérez Reverte El capitán Alatriste y la España del siglo de oro, xa que ten un carácter moi didáctico presentando de forma atractiva temas como o Madrid da época, relixión e Inquisición, a vida cotián, o honor e os duelos, deportes.....que axudan a comprender a España do XVII.

• Orientacións sobre como traballar coa película na revista Making of- Cuadernos de cine y educación ano 2007 nº 48.

• Información variada referida tamén a vida cotián na España do século de ouro en http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/vida.htm.

• Páxina web: http://www.capitanalatriste.com/index.htm

Page 27: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

• Para orientar didacticamente ao profesorado tanto dende o punto de vista literario, como histórico é moi útil a páxina web: http://www.sapiens.ya.com/bizienbiblio/recursos/alatriste.htm

6 TEMA DE AMPLIACIÓN: A GUERRA E OS SOLDADOS NA IDADE MODERNA

As fontes a partir das cales se pode obter información sobre este tema son os museos militares, castelos, murallas, libros da época sobre a guerra e as súas técnicas, gravados, pinturas, cartas, e diarios de soldados, informes oficiais de goberno, etc..

PROCEDENCIA DOS RECLUTAS

Case ningún país europeo podía permitirse manter un exército profesional permanente xa que isto supoñía pagar tamén ás tropas en época de paz. Polo tanto, cada vez que estouraba unha guerra, había que recrutar aos veteranos e alistar novos soldados. En ocasións, o número era insuficiente, polo que se recorría a mercenarios que compoñían as veces ata 1/3 ou a metade do exército. Procedían na súa meirande parte de zoas montañosas con terreos non aptos para a agricultura e cuxa poboación tiña que buscar outra forma de gañarse a vida: estados do sur de Alemaña, cantóns suízos, e os Balcáns.

Os recrutas organizábanse en escuadras de vintecinco soldados baixo o mando dun cabo. Cada escuadrón pertencía a unha compañía de 150 homes ao mando dun capitán. Por último, a compañía encadrábase nun rexemento de 1500 homes controlados por un coronel.

Os soldados rasos pertencían ás clases baixas, mentres que os oficiais eran homes saídos das clases altas da sociedade.

ASPECTO DOS SOLDADOS

Acostumaban a levar barba e bigote xa que pensaban que lles confería un aspecto máis fero, adecuado para a loita. Non levaban uniformes, como hoxe en día, senón que cada un elixía as súas propias roupas porque críase que así loitaría con máis valor e alegría. A única maneira de distinguir aos camaradas dos inimigos era un marca distintiva que levaban todos na roupa: azul para Francia, vermello para España.

Algunhas veces, os soldados loitaban practicamente nus ou vestidos con farrapos xa que a muda completa que recibían ao incorporarse ao exército desgastábase moi facilmente coa vida activa. Moitos deles presentaban un aspecto horrible: mal vestidos, deformados polas feridas de guerra, marcas...

Page 28: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

A VIDA NO EXÉRCITO

Evidentemente o modo de vida dos soldados e oficiais variaba enormemente. Así mentres os oficiais durmían en tendas de dobre teito, os soldados facíano ao raso.

Se non estaban coa compañía, os soldados aloxábanse en casas de civís en onde obtiñan cama e comida co conseguinte prexuízo para estes últimos. A paga que recibían estes soldados non era escasa, pero adoitaba atrasarse en ocasións anos.

Cando os exércitos permanecían mobilizados varios anos, non era estraño que os soldados contraesen matrimonio e que as mulleres acompañasen na marcha ao marido.

Estes exércitos perdían cada vez máis soldados por diferentes motivos. O principal eran as enfermidades - peste, varíola, disentería, malaria, tuberculose, sífilis - e as feridas producidas no campo de batalla tales como as fracturas ou lesións en pernas ou brazos, que se solucionaban amputando o membro danado. Durante os séculos XVI e XVII só España dispoñía de hospitais militares para as súas tropas. Os exércitos perdían tamén a os seus integrantes por culpa das desercións. Aqueles que lograban sobrevivir ata o remate do conflito licenciábanse entregando as súas armas e recibindo a cambio os salarios atrasados.

AS ARMAS

Os soldados de infantería usaban fundamentalmente a pica e o mosquete. A pica era un arma moi longa ( entre 4,5 e 6 m ) e difícil de manexar. O mosquete era un arma de fogo de utilización lenta, xa que era moi pesada ( uns nove quilos ) e para disparala necesitábase un pé en forma de forca e uns 28 movementos. A súa utilización foise perfeccionando co tempo.

Nos séculos da Idade Moderna a cabalería decidiu abandonar as armaduras completas conservando só os protectores de peito, lombo e coxas. A razón foi que a extensión das armas de fogo provocou que para evitalas, tivesen que aumentar a rapidez do seu ataque dificultado por armaduras que pesaban máis de trinta quilos. Como cascos utilizaron primeiro o morrión e logo a langostera. As súas armas eran as pistolas largas e sobre todo as espadas.

Durante o século XVI as tropas formábanse en ringleiras estreitas, unhas detrás doutras, coa infantería no centro e a cabalería e a artillería aos lados. O enfrontamento abríano os mosqueteiros e posteriormente comezaba o combate pica a pica. As pequenas unidades de cabalería mantíñanse ao marxe.

Na centuria seguinte, o esquema variou. Os xinetes eran máis efectivos e a cabalería crecera, así que as batallas abríronse cun ataque masivo destas.

Page 29: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

ESTEBANILLO GONZÁLEZ

O vintetrés de xuño de 1634 un exército de 19.000 soldados españois saíu de Milán, en Italia, para cruzar os Alpes camiño de Alemaña. Ao fronte do mesmo atopábase o irmán do rei Filipe IV, o príncipe Fernando, que perseguía principalmente dous obxectivos: o primeiro, localizar e destruír un exército de tropas suecas no sur de Alemaña; e segundo, derrotar aos rebeldes holandeses nos Países Baixos. No exército de Don Fernando viaxaba un soldado - cociñeiro de nome Estebanillo González que escribiu un libro sobre as súas fazañas nos Países Baixos.

Estebanillo González lembra que levaba o mosquete atado cunha corda, porque tanto o percusor como a culata estaban rotos; en vista do estado da súa arma, decidiu encher os seus frascos de pólvora con sal e pementa, pois así, segundo dicía “ xa que non podía loitar polo menos comería decentemente “. Por esta mesma razón substituíu a súa espada militar por tres coitelos de cociña, un grande, outro mediano, e outro pequeno, para poder aproveitar calquera tipo de comida que se cruzara no seu camiño.

Fixeron falla tres semanas de penalidades para chegar a Insbruck, á outra beira dos Alpes, onde recibiron a súa paga e puideron descansar. Ademais da paga, repartíronse roupas e botas novas para os que o necesitasen e impuxéronse castigos a todos os que cometeran algunha falta ou trataran de desertar polo camiño.

Despois dunha boa tempada de descanso en Insbruck, o exército chegou a Munich o vintecatro de agosto. Agora atopábanse relativamente cerca das tropas dos seus aliados, os católicos alemáns, e tamén das dos seus inimigos, os suecos e protestantes alemáns. Dende alí, foron avanzando cautelosamente ata que o dous de setembro chegaron ás aforas de Nördligen, unha cidade ao noroeste de Munich, onde se reuniron co exército dos católicos alemáns para acampar os dous xuntos e loitar contra os protestantes. Ninguén pode negar que a de Nördlingen foi para os españois unha gran victoria.

Estebanillo saíu indemne da aventura: o ruído dos primeiros disparos fora demasiado para el e como xa non aguantaba máis, meteu a súa cabeza nun burato xunto a un cabalo morto, finxindo ser o xinete do mesmo, tamén morto. Só se atreveu a saír cando oíu aos españois que celebraban a victoria. Entón púxose en pé dun salto, sacou o coitelo de cociña máis grande que levaba e uniuse a persecución contra os protestantes para “ rebañar a uns cantos suecos “ e para apuñalar e roubar canto puidese aos mortos e aos moribundos que quedaban no campo de batalla.

O dez de setembro o príncipe Filipe fixo formar aos seus homes en columna e púxose en marcha cara os Países Baixos ( Bruxelas ). As estradas eran malas e a paisaxe desértica: os pobos reducidos a cinzas e os poucos superviventes parecían sombras farrapentas. O exército non chegou a súa meta ata o catro de novembro de 1634.

Page 30: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

O CAPITÁN ALATRISTE

O escritor Arturo Pérez Reverte escribiu unha serie de libros de aventuras que teñen como protagonista a un soldado veterano dos tercios de Flandes, o capitán Alatriste, que vive no Madrid do século XVII e cuxas correrías son contadas por un mozo Iñigo Balboa. Na aventura titulada O sol de Breda cóntasenos o asedio a esta cidade holandesa e a posterior victoria dos españois.

“ A tales datas do negocio, o de Breda non era xa para España cuestión militar senón reputación. Estaba o mundo en suspense agardando o fracaso das armas do rei católico. Ata o sultán dos turcos - a quen malos suores dera Cristo - esperaba o desenlace para ver se o noso rei noso señor saía poderoso ou minguado do trance, e da Europa converxían os ollos de todos reis e príncipes, en especial os de Francia e a Inglaterra, sempre atento para sacar tallada das nosas desgracias e doerse dos goces españois, como ocorría tamén no Mediterráneo cos venecianos e ata co papa de Roma. Que a súa santidade, pese a ser vicario da divinizade na terra e toda a , e pese tamén a que eramos os españois os que facíamos o traballo sucio en Europa arruinándonos en defensa de Deus e María Santísima, procuraba amolarnos canto podía e aínda máis, por ceos de nosa influenza en Italia (...). Ao fin de contas e xusto un século antes do de Breda, o seu antecesor, Clemente VII, tivera que poñer pes en polvorosa, remangándose a sotana (...) cando os españois e os lansquenetes de noso emperador Carlos V - que levaban sen cobrar unha paga dende que o Cid Campeador era cabo -asaltaron as súas murallas e saquearon Roma sen respectar pazos, nin cardeais, nin mulleres, nin conventos “

ACTIVIDADES

• Nun mapa mudo de Europa marca a ruta seguida polo exército do príncipe Fernando en 1634. Así obterás o itinerario coñecido como “ Camiño español “. Calcula os meses que durou a viaxe.

• A partir da información que te presentamos e do relato de Estebanillo González, que imaxe tes dos exércitos da época? parécenche moi profesionais?

• Que famoso episodio do reinado de Carlos I lembra o paxe do capitán Alatriste ?

• Iñigo Balboa fai referencia aos inimigos que tiña a coroa española no século XVII . Enuméraos e cita as causas de tal enemizade.

• Tamén di que a política exterior seguida polos españois levábaos directamente á ruína. Estas de acordo con tal apreciación?. Razoa a resposta.

Page 31: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

• Os dous textos que che propoñemos remítenmos a dúas victorias españolas ( Breda en 1625 e Nördlinger no 1634 ) pertencentes a un conflito xeneralizado que vive Europa no século XVII. Menciónao e analiza as súas causas e consecuencias.

• Na “ Rendición de Breda “, Velázquez optou por reflectir non unha escena de loita senón o momento en que Justino de Nassau, gobernador da praza conquistada, entrega as chaves da cidade ao xeral das tropas españolas Ambrosio de Spínola. A escena é dividida en dúas partes onde se colocan a vencedores e vencidos. Con que símbolos se representan uns e outros?.

7 BIBLIOGRAFÍA

Belenguer, Ernest, El imperio hispánico 1479-1665, Barcelona 1994.

Bennassar, Bartolomé y otros, Historia moderna, Madrid 1980.

Bennassar, Bartolomé y Kucil, 1492. Un mundo nuevo, Madrid 1992.

Bouza, F., Los Austrias Mayores, Imperio y monarquía de Carlos I y Felipe II, Madrid, 1996.

Corvisier, André, Historia moderna, Barcelona, Labor, 1977.

Chaunu, Pierre, La civilización de la Europa clásica, Barcelona 1975.

Delumeau, Jean, La civilización del Renacimiento, Barcelona 1977.

Domínguez Ortiz, Antonio, Historia Universal III. Edad Moderna, Barcelona 1983.

Domínguez Ortiz, Antonio, Historia Universal III. Edad Moderna, Barcelona 1983.

Dulmen, R. Van, Los inicios de la Europa moderna ( 1550-1648 ), Madrid, 1984.

Elliot, J.H., La Europa dividida ( 1559-1598 ), Madrid 1973.

Elliot, J., Richelieu y Olivares, Barcelona, 1980.

Elliot, J.H., El Viejo Mundo y el Nuevo, 1492-1650, Madrid 1984.

Page 32: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

Evans, R.J. W. , La monarquía de los Habsburgos ( 1550-1700 ), Barcelona, 1989.

Fernández Álvarez, Manuel, Carlos V, el Caesar y el hombre, Madrid 1999.

Fernández Álvarez,M., y A. Díaz Medina, Los Austrias Mayores y la culminación del Imperio ( 1516-1598 ), Madrid, 1987.

Fernández Álvarez, Manuel, Juana la loca, la Cautiva de Tordesillas, Madrid 2000.

Fernández Álvarez, Manuel, Felipe II y su tiempo, Madrid 2004.

García Cárcel, R., La cultura del siglo de oro, Madrid, 1996.

Gerahrd, D., La Vieja Europa. Factores de continuidad en la Historia europea ( 1000-1800 ), Madrid 1991.

Hale, J.R., La Europa del Renacimiento, Madrid 1973.

Hay, Denis, La época del Renacimiento, Barcelona 1972.

Hernández Sánchez –Barba, M., La monarquía española y América, Madrid 1990.

Kamen, Henry, La sociedad europea ( 1500-1700 ), Madrid 1987.

Koenigsberg, H.G., El mundo moderno, Barcelona 1991.

Koenigsberger, H., y Mosse, G.L., El siglo XVI, Madrid 1974.

Ladero Quesada, Miguel Ángel, La España de los Reyes Católicos, Madrid 1999.

Mann, Golo, Historia Universal.VII . De la Reforma a la Revolución, 2 vols., Madrid 1988.

Maravall, José Antonio, Carlos V y el pensamiento político del Renacimiento, Madrid 1960.

Margolin, Jean C., y otros, Los inicios de la Edad Moderna, Madrid 1992

Martínez Ruiz, Enrique, y otros, Introducción a la Historia moderna, Madrid 1991.

Page 33: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

Molas Ribalta, Pere, La monarquía española ( siglos XVI-XVIII ), Madrid 1990.

Molas Ribalta, Pere y otros, Manual de historia moderna, Barcelona 1993.

Parker, Geoffrey., Felipe II, Madrid,1979.

Parker, Geoffrey, Europa en crisis ( 1598-1648 ), Madrid 1981.

Parker, Geoffrey, La guerra de los Treinta Anos, Barcelona, 1988.

Pennington, D. H., La Europa del siglo XVII, Madrid, Aguilar 1973.

Pérez, J., Isabel y Fernando. Los Reyes Católicos, Madrid 1988.

Pérez, Joseph, Carlos V, Madrid, 1999.

Pérez, Joseph, Los comuneros, Madrid 2001.

Sánchez Belén. J.A., Los Austrias Menores. La monarquía española en el siglo XVII, Madrid, 1996.

Tenenti, Alberto, La formación del mundo moderno ( siglos XIV-XVII ), Barcelona 1985.

Thomas, Hugh, El Imperio español , Barcelona, 2003.

Trevor Roper, H., La época de la expansión. Europa y el mundo desde 1559, Madrid 1988.

8 OBRAS LITERARIAS

Alí, T. A la sombra del granado.

Anónimo, El Lazarillo de Tormes.

Anónimo, Vida y hechos de Estebanillo González.

Arteaga, A. La princesa de Ebolí.

Dominguez, M. P. El diamante de la reina.

Passuth, L. Señor natural.

Page 34: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias

Passuth, L. Más perenne que el bronce.

Pérez Reverte, A. El capitán Alatriste, Limpieza de sangre, El Sol de Breda.......

Quevedo, F. El Buscón.

Sicardi, A. El castillo y el brocado.

9 FILMOGRAFÍA

Aranda, V. Juana la loca, 2001.

Cuerda, J.L. La Marrana, 1992.

Díaz Yanes, J. Alatriste, 2006.

Feyder, J. La Kermesse heroica, 1935

Miró P. E perro del hortelano, 1996

Salce L. El Greco, 1964.

Uribe, I. El rei pasmao, 1963.

Vega G. La Celestina, 1996.

Os vídeos correspondentes a esa etapa histórica da colección Memoria de España de T.V.E e da Historia no seu lugar da Nova Historia de España da editorial Planeta.

Page 35: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
Page 36: A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias