5
AS GAITAS Imos falar sobre un dos instrumentos máis famosos: as gaitas. Hai moitos tipos de gaitas espallados por todo o mundo: en Francia, Portugal, Marrocos, Alxeria, Croacia, Eslovenia, Bulgaria, Turquía, Hungría, Polonia, Serbia e España… A continuación imos ver un tipo en particular: as gaitas de Fol. Estos tipos de gaitas son característicos dunha zona moi concreta, Galicia, no noroeste da Península Ibérica, en España. Hai diversas clases de gaitas de fol, pero todas elas comparten características comúns. Todas as gaitas de fol galegas están compostas por un “punteiro” con oito pequenos buratos na parte dianteira e outros tres buratos na parte posterior. Estos serán cubertos ou destapados polo músico para facer soar as notas musicais. Posúe ademáis un instrumento para emitir sons, composrto por dúas láminas de madeira, denominada “palleta”. A palleta está feita con laminas de cana atadas cun fío a un pequeno tubo de metal. Este tipo consta dalgúns dos diferentes tipos de roncos: un ronco ou roncón, unha ronqueta e un chillón.

As Gaitas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: As Gaitas

AS GAITAS

Imos falar sobre un dos instrumentos máis famosos: as gaitas.Hai moitos tipos de gaitas espallados por todo o mundo: en Francia, Portugal, Marrocos, Alxeria, Croacia, Eslovenia, Bulgaria, Turquía, Hungría, Polonia, Serbia e España…

A continuación imos ver un tipo en particular: as gaitas de Fol.

Estos tipos de gaitas son característicos dunha zona moi concreta, Galicia, no noroeste da Península Ibérica, en España.

Hai diversas clases de gaitas de fol, pero todas elas comparten características comúns.

Todas as gaitas de fol galegas están compostas por un “punteiro” con oito pequenos buratos na parte dianteira e outros tres buratos na parte posterior.

Estos serán cubertos ou destapados polo músico para facer soar as notas musicais.

Posúe ademáis un instrumento para emitir sons, composrto por dúas láminas de madeira, denominada “palleta”.

A palleta está feita con laminas de cana atadas cun fío a un pequeno tubo de metal.

Este tipo consta dalgúns dos diferentes tipos de roncos: un ronco ou roncón, unha ronqueta e un chillón.

O ronco está sempre presente en todas as gaitas e mide aproximadamente entre sesenta e oitenta centímetros.

Finalmente as gaitas teñen un soprete cunha boquilla pola cal o aire se introduce no fol.

Page 2: As Gaitas

TIPOS DE GAITAS DE FOL GALEGAS

A continuación, imos ver diferentes tipos de gaitas de fol de Galicia.

Gaita Simple

Posúe unicamente un punteiro e un ronco. Este é o tipo máis antigo, aparecido no século XI. Atópase por toda Galicia, parte de Portugal e nalgunhas zonas do resto de España

A gaita de Barquín

Atopámola no sur de Galicia durante o século XX sendo o único tipo de gaitas mecánica.

Esta gaita posúe dous roncos e un fol mecánico composto por un gancho metálico en forma de C, articulado por por un fuelle e unha cadena metálica.

Nestas gaitas o aire introdúcese a través dunha peza chamada “barquín”.

Page 3: As Gaitas

Gaitas con Ronqueta

Estas gaitas posúen un punteiro e un ronco, denominado “ronquillo” de aproximadamente vinte centímetros. É típica da comarca do Carballiño e do Ribeiro.

Gaita de Catro Voces

Este é un dos tipos máis complexos de gaitas de fol debido a que posúe un punteiro, un ronco e dúas ronquetas máis no medio do fol. Aparece únicamente nas provincias galegas da Coruña e Lugo.A característica principal destas gaitas son as dúas ronquetas en forma de Y e que unha delas mide aproximadamente trinta e cinco centímetros e componse por dúas pezas.