14
Bidueiro bido, bedolo (Betula celtiberica) abedul birch bouleau bétula

Bidueiro (Betula celtiberica)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Bidueiro (Betula celtiberica)

Bidueirobido, bedolo (Betula celtiberica)

abedulbirch

bouleaubétula

Page 3: Bidueiro (Betula celtiberica)

Árbore común en toda Europa Central e Septentrional. De crecemento rápido, prefire as zonas húmidas de media e grande altitude.

COPA cónica e estreita nos exemplares novos e máis redondeada e coas ponlas colgantes nos vellos. Pode acadar os 20 m de altura.

Page 4: Bidueiro (Betula celtiberica)

TALOO toro está cuberto por unha tona lisa de cor branca prateada con liñas horizontais grises. As ponlas novas teñen a tona de cor púrpura.

Page 5: Bidueiro (Betula celtiberica)

FOLLASSimples, caedizas, de forma romboidal ou ovo-triangular coa beira dobremente dentada. Miden de 2 a 6 cm de lonxitude e son de cor verde escura. O peciolo é cilíndrico e longo.

Page 6: Bidueiro (Betula celtiberica)

FLORESAs femininas son acios de 5 ou 6 amentos de cor verde pálida. As masculinas son amentos de cor amarela pálida de 2 a 3 cm de lonxitude.Aparecen no verán antes da caída das follas e abren en febreiro-marzo.

Page 7: Bidueiro (Betula celtiberica)

FROITOS Aquenios de pequeno tamaño, de forma oval-aplanada e con dúas ás, agrupados nunha falsa piña que se desfai no outono ao madurar.

Page 8: Bidueiro (Betula celtiberica)
Page 9: Bidueiro (Betula celtiberica)

Os bidueirais ou biduídos son bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media. As masas dunha certa entidade atópanse por riba dos 400 m. Adoitan estar acompañados de capudres, abelairas, teixos, pradairos, acivros, cerdeiras bravas e olmos de montaña. Nas zonas máis baixas atópanse mesturados con carballos. As mellores formacións de bidueiros atópanse na Serra de San Mamede (Bidueiral de Montederramo), Serra do Eixe, Os Ancares e Macizo Central.

Page 10: Bidueiro (Betula celtiberica)

Bidueiral de Montederramo, espazo declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, incluído na Rede Natura 2000. Bosque de bidueiros con gran cantidade de exemplares centenarios, situado entre os 1.000 e 1.619 m de altitude.

Page 11: Bidueiro (Betula celtiberica)

Bidueiral en Xares (Serra do Eixe)

Page 12: Bidueiro (Betula celtiberica)

Bidueiros no Courel

Page 13: Bidueiro (Betula celtiberica)

USOSÁ madeira de bidueiro é branda e lixeira. Emprégase en ebanistería, para facer zocas, culleres, aparellos, contrachapados cestos... A tona usouse para conducións de auga e recubremento de chozos e as follas e gomos en infusión como diurético, antirreumático e depurativo.

Page 14: Bidueiro (Betula celtiberica)

¡Que branca é a abidueira!¡Cara ó ceo anda a soñar!¡Feita zoca, anque non queira,moita lama ha de tripar!.

Manuel María. “Terra Chá”

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta