Upload
normalizacioniesn1ordes
View
158
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Cando petan na porta pola noite Xabier P. DoCampo
Xabier P. Docampo (Rábade, 1946) é mestre xubilado, actor de teatro,
autor e director de guións para cine, radio e vídeo. Obtivo o Premio
Nacional de Literatura Infantil en 1995 por este libro. Autor dunha
extensa obra narrativa, ten traducidos boa parte dos seus títulos nas
linguas peninsulares. Escribiu outras obras como:
- O misterio das badaladas
- Cun ollo aberto e outro sen cerrar
- A chave das noces
- O país adormentado
Cando petan na porta pola noite é un libro de relatos de medo
transmitidos oralmente de xeración en xeración.
O libro comeza cunha reflexión do autor sobre o gusto pola narración
oral, e despois cóntanse catro historias de medo para que o lector as faga
súas e as transmita de xeito oral. Estas son: ´´O espello do viaxeiro´´,
´´O Fornadas´´, ´´A loba´´ e ´´O cumpremortes´´.
´´O espello do viaxeiro´´
O primeiro relato trata dun viaxeiro perdido que ve unha casa e vai ata
ela. Alí encóntrase cun home idéntico a el fisicamente se non fose por
unha razón... O caseiro trátao moi ben pero una noite beberon moito viño
e tiveron un accidente e quedaron iguais. Despois, o viaxeiro dáse conta
de que non foi un accidente.
´´O Fornadas´´
O segundo relato trata dunha vella que era moi mala persoa. Catro homes
decidiron ir á súa casa darle una malleira e matárona. Como non querían
confesar o crime que cometeran, foron a un forno común dunha vila
cercana e queimárona. A vella xuroulle a un dos que a mataran, chamado
Teixo, que ía pagar polo que fixo, estivera viva ou morta. Despois de que
Teixo cumprira a súa condena no cárcere, a vella aparecíaselle e
arrincáballe e comíalle un órgano de cada vez. E non ía parar ata que os
dous formasen una soa persoa no inferno.
´´A loba´´
O seguinte relato conta a historia dun rapaz moi xeitoso chamado
Silvestre e acostumado a mocear con varias mozas á vez. Un día tivo que
procurar acubillo na casa dos Revoldás, que tiñan una filla moi fermosa
chamada Isaura. Silvestre comezou a mocear con ela e esta quedou en
estado, e Silvestre deulle a palabra de casar con ela. Un día marcharon os
dous cara á Coruña á mañá e xa volveron á noite. Dende esa vez non se
soubo nada máis de Silvestre por Revoldás. Despois sóubose que ía casar
con outra muller e, o día da voda, Isaura foi e díxolle a Silvestre que lle
debía un fillo. Aquela mesma noite apareceu Isaura aforcada nun
castiñeiro. Nese mesmo ano, os lobos baixaron ao cemiterio e só
deixaron as vestimentas que Isaura levaba. Un tempo despois, a muller
de Silvestre quedou en estado e tivo un fillo. Outro día pola noite, moitos
cazadores foron en busca dunha manda de lobos encabezados por unha
loba cos ollos da cor do lume. A loba foi á casa de Silvestre e colleu o
neno e agochouse nun palleiro ao que Silvestre lle prendeu lume.
´´O cumpremortes´´
E no derradeiro conto, un home recibe unha carta de loito, que o
felicitaba ese día por ser o seu cumpremortes, que quere dicir que vai
morrer ese día pero noutro ano. Este non se preocupa moito e non lle dá
importancia, pero ao seguinte ano vólvelle a chegar á casa a mesma carta
de loito e empézase a preocupar. Múdase a una vila para que non saiban
a súa dirección, pero despois de tres meses na súa nova casa o carteiro
chamou á porta e entregoulle un sobre pequeno, chamado dos de loito,
dicindo que morrería dentro de dous anos. Despois desapareceu da
cidade sen dicir nada a ninguén e trasladouse a unha gran cidade. Cando
chegou o último día da súa vida non sabía que facer e estivo vagando
pola cidade sen rumbo, ata que chegaron as doce da noite.
Como vemos, os temas dos relatos deste libro son o amor, o desamor, a
morte, amigos e inimigos, suspense, intriga, medo, sufrimento…
Canto aos protagonistas, non están especialmente marcados, pero
pódense destacar estes:
- 1º conto: o narrador (protagonista) e o home que se encontra na
casa (antagonista).
- 2º conto: o pai do autor que é o que conta a historia, o Fornadas
(protagonista) e a vella (antagonista)
- 3º conto: o narrador que é unha vella, Silvestre (protagonista),
Isaura e a loba (antagonistas, son a mesma persoa en distinto
corpo).
- 4º conto: o home que recibe as cartas (protagonista) e a muller que
llas envía e senta ao lado del cando lle di a hora(protagonista).
Neste libro de relatos úsase bastante a descrición, tanto para mostrar
aspectos de persoas, como son (o home da casa do 1º relato…)…;
como para describir o tempo que fai, os lugares, etc.
A primeira historia transcorre na casa do home idéntico ao narrador, e
nárrase en 1ª persoa.
Na segunda historia, o narrador narra a historia en terceira persoa, e
ocorre nunha vila chamada Xermar.
Na terceira historia, igual que na anterior, nárrase en 3ª persoa, e dáse
non moi lonxe da Ponte de Aranga.
E no último relato, o narrador narra a historia dun home de non se
sabe onde.
Neste libro, a linguaxe non era moi doada de entender, e tiven que
buscar algunhas palabras para comprender ben o escrito (parrumeiro,
zafras, bigornias…).
Cando petan na porta pola noite é un libro que me gustou bastante,
aínda que algunhas veces me custase comprender algúns lances da
lectura. Gustoume porque algunhas veces me empezou a xerar intriga
e suspense, incluso medo.
Samuel Villaverde Rey, 2º ESO B