13
Características xerais da escultura do Quattrocento Recuperación das obras clásicas Marcado naturalismo que ten como base ao home (recuperación do desnudo: interese pola anatomía) Búsqueda da beleza ideal baseada na proporción, na harmonía de todas as partes entre si e destas co conxunto da obra, actitude serea. Establecemento dun canon (9/10 cabezas para o tamaño do corpo). Ghiberti: recupera o relevo romano, estilo naturalista… Donatello: a súa obra vai desde un clasicismo pleno ata chegar, ao final da súa vida, a un forte expresionismo. Verrochio (posible discípulo de Donatello).

Escultura quatrocentto

Embed Size (px)

Citation preview

Características xerais da escultura do Quattrocento Recuperación das obras clásicasMarcado naturalismo que ten como base ao home (recuperación do desnudo: interese pola anatomía) Búsqueda da beleza ideal baseada na proporción, na harmonía de todas as partes entre si e destas co conxunto da obra, actitude serea. Establecemento dun canon (9/10 cabezas para o tamaño do corpo). Ghiberti: recupera o relevo romano, estilo naturalista… Donatello: a súa obra vai desde un clasicismo pleno ata chegar, ao final da súa vida, a un forte expresionismo. Verrochio (posible discípulo de Donatello).

Baptisterio de Florencia

Porta sur do baptisterio de Florencia. Andrea Pisano, século XIV

Detalle das mesmas

GhibertiGhiberti. As portas do Paraíso. Nelas, a temática relixiosa (cada unha das escenas inclúe unha historia do Antigo Testamento representada en varias pasaxes) vese xa impregnada por unha conceptualización humanista, onde o marco rectangular xa non condiciona tanto a representación como o cuadrilobulado.Destaca o volume dos corpos, a diferente profundidade do relevo (“schiacciato”) , o naturalismo na paisaxe e nos personaxes, o punto de fuga, e a exquisita atención ao detalle.

1:1: Creación de Adán e Eva. Tentación e expulsión.2:2: Adán arando. Caín e Abel traballando. Sacrificios de Caín e Abel. Morte de Abel.

GHIBERTI. “Portas do Paraíso”

3:3: O diluvio. Saída da arca. Sacrificio de Noé. Embriaguez de Noé.4:4: Abraham recibe aos tres anxos. Sara na tenda. Agar no deserto. Sacrificio de Isaac.

GHIBERTI. “Portas do Paraíso”

5:5: Esaú achégase a Isaac. Raquel e Jacob. Isaac bendice a Jacob.6:6: José e os irmáns Exipto. Achádego da copa de prata na bolsa de Benjamín.

GHIBERTI. “Portas do Paraíso”

Ghiberti. Portas do Paraíso. A creación

Fusión deVarias escenas

Movemento sosegado

Canonclásico

Perspectiva lineal

Uso de alto, medio e baixorrelevo

Efectos de “perspectivaaérea”

Donatello. David (bronce de 1,58 m.)

Un pastor mozo de Belén, repousa despois de ter vencido, coa súa astucia e rapidez, ao xigante Goliat, líder dos filisteos.

A perna dereita soporta firmemente o peso do corpo livián, mentres a esquerda descansa sobre a cabeza do adversario derrotado, Goliat. O ángulo que forma a perna libre é contrarrestado polo brazo esquerdo que o rapaz apoia sobre a cadeira.O atrevemento da súa desnudeza (so viste un sombreiro e unhas calzas de pel) realza a inclinación da cadeira e a posición case erecta do tórax, recreando a curva praxiteliana e imprimíndolle movemento e sensualidade á anatomía do pastor. A superficie pulida e case negra do bronce realza as calidades e o atractivo do corpo xuvenil.

Esta escultura representa a culminación da loita do artista por liberar a escultura das ataduras que a supeditan á arquitectura. O artista retomou nesta obra o espido de tamaño natural da Antigüidade clásica,que durante a Idade Media fora relegado ao esquencemento. Aínda así, o seu tratamento da anatomía difire da tipoloxía clásica no escaso desenvolvemento muscular.

Donatello. San Jorge

Home enplenitude

Pernasfirmes

Lixeiro xiro

EscudoReforza estabilidade

Cabeza erguida

Miradaconfiada

O xesto sinxelo é espontáneo parece tomado directamente do natural. Destaca o gran escudo que porta, cunha gran cruz esculpida, que permite ao personaxe apoiarse con naturalidade.

Donatello. Monumento a GattamelataBronce, 3,40 m. alto por 3,90 m. longo

Verrochio, monumento a Bartolomeo Colleoni. Bronce, 3,95 m.

Algunhas fontes indican que puido ser discípulo do propio Donatello. O monumento ecuestre deste condottiero veneciano destaca pola súa arrogancia e pola destreza con que están resoltos os problemas técnicos e anatómicos, como a pata dianteira levantada do cabalo ou a actitude tensa do xinete, medio xirado. Este monumento, diferenciándose do Gattamelata, preséntanos a un personaxe somerxido na acción, grazas ao dinamismo do cabalo e ao contrapposto do militar.