53
ESPAZOS NATURAIS LIC Río Cabe

LIC Río Cabe-

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: LIC Río Cabe-

ESPAZOS NATURAISLIC Río Cabe

Page 2: LIC Río Cabe-

O espazo protexido comprende parte do curso do río Cabe (desde a confluencia co río Antiga ata a ponte da estrada vella de Canaval, onde conecta co LIC “Canón do Sil), os seus afluentes: pola dereita o Carabelos (ata Santo Estevo do Mato), o Cinsa (ata San Martiño), e o Mao (ata o encoro de Vilasouto) co seu afluente Teilán ou Penacova (ata o mazo de Penacova); pola dereita o Picarrexo, o rego de Silvela, e algúns bosques de vales do Incio. O centro urbán de Monforte, entre o Clube Fluvial e a Nosa Señora da Antiga está excluído do espazo protexido.

Page 3: LIC Río Cabe-

SITUACIÓN: No sur da provincia de Lugo, nas comarcas de Terra de Lemos e Sarria. Localidades de referencia: Sober, Monforte de Lemos, Bóveda, A Cruz do Incio e A Pobra do Brollón.SUPERFICIE: 1.787 haCONCELLOS: Bóveda, O Incio, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Pantón e Sober (Lugo)VALORES NATURAIS: bosque de ribeira, río, fragas, soutos, aves acuáticas...

Page 4: LIC Río Cabe-

Hai unha proposta de ampliación pendente de aprobar: unha pequen área en Óutara (A Pobra de Brollón) e unha zona entre Bóveda e Fornelas.

Page 5: LIC Río Cabe-

Río Picarrexo en Ferreirúa

PROTECCIÓNLugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014

Page 6: LIC Río Cabe-

XEOLOXÍAA Depresión de Monforte é unha zona case chá situada entre os ríos Miño e Sil, entre os 300 e os 400 m de altura, por riba dos canóns que a rodean. Está recuberta por arxilas terciarias e aluvións cuaternarios depositados polo río Cabe sobre unha vella chaira erosionada.

Page 7: LIC Río Cabe-

O Cabe en Monforte

CLIMAAtlántico-continental

Page 8: LIC Río Cabe-

REDE FLUVIALA rede fluvial deste espazo forma parte da cunca do Cabe

O Cabe en Monforte

Page 9: LIC Río Cabe-

O Cabe en Canabal

RÍO CABENace no Incio, na aldea de Fontes. Percorre terreos dos concellos de O Incio, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos e desemboca pola dereita do Sil na zona do Canón. No curso alto, nos vales do Incio, vai encaixado, logo ten un percorrido sinuoso pola Depresión de Lemos e volve a encaixarse nun canón rchoso antes de desembocar no Sil. Os seus afluentes pola dereita son o Tornea, Mao, Cinsa Carabelos e Ferreira, e pola esquerda o Antiga, o Acevedo e o Saa.

Page 10: LIC Río Cabe-

O Cabe en San Pedro do Incio

Page 11: LIC Río Cabe-

O Cabe nas proximidades de Pacios da Veiga (A Pobra do Brollón)

Page 12: LIC Río Cabe-

O Cabe en MonforteO Cabe Distriz (Monforte)

Page 13: LIC Río Cabe-

O Cabe en Canaval (Sober)

Page 14: LIC Río Cabe-

O Mao en Bóveda

RÍO MAONace na serra de Oribio e xúntase ao Cabe ao pouco de entrar no concello de Monforte (A Parte).

Page 15: LIC Río Cabe-

RÍO CINSANace nos montes do Couso (Bóveda) e xúntase co Cabe en Distriz, no linde entre Monforte e Pantón.

O Cinsa na Vide

Page 16: LIC Río Cabe-

RÍO CARABELOSNace na Lagoela, preto de Escairón, e xúntase co Cabe en Canabal.

Río Carabelos en Augas Santas

Page 17: LIC Río Cabe-

O espazo atópase nunha zona de transición entre as rexións Atlántica e Mediterránea.

ECOLOXÍA

Page 18: LIC Río Cabe-

-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Queirogais secos europeos-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Bosques mixtos de Quercus robur, Ulmus laevis, Ulmus minor, Fraxinus excelsior ou Fraxinus angustifolia, das veigas dos grandes ríos (Ulmenion minoris)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica-Soutos

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE

Page 19: LIC Río Cabe-

FLORAOs ecosistemas protexidos neste espazo son de dous tipos: Os cursos dos ríos, coa vexetación acuática e de ribeira.Os bosques que se conservan nos vales do Incio, formados por amieiras, salgueiros, freixos, chopos, pradairos, bidueiros, carballos, e castiñeiros nas partes máis poboadas.

Bosques do Incio

Page 20: LIC Río Cabe-

Bosque de ribeira no Cabe

Page 21: LIC Río Cabe-

Souto no Incio

Page 22: LIC Río Cabe-

Vexetación de ribeira

Page 23: LIC Río Cabe-

Amieiras, lirios, xuncos, cristas de galo...

Page 24: LIC Río Cabe-

Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica). Vive na beira das augas estancadas. Lirio amarelo (Iris pseudacorus)

Page 25: LIC Río Cabe-

Allium ursinum, atópase en lugares húmidos e sombrizos na beira dos ríos

Page 26: LIC Río Cabe-

Lúpulo (Humulus lupulus). Esta herba gabeadora que vive á beira dos ríos emprégase para darlle sabor á cervexa.

Page 27: LIC Río Cabe-

Lentellas de auga (Lemna minor)

Raíña (Filipendula ulmaria)

Page 28: LIC Río Cabe-

Lira (Narcissus triandrum). Endémico da metade norde da Península Ibérica. 

Destaca a presenza de narcisos (Narcissus bulbocodium, Narcissus triandrus), xilbarbeira (Ruscus aculeatus), orquídea amarela (Orchis provincialis), violetas (Viola palustris), botón de ouro ou herba das almorráns (Ranunculus ficaria), cáncaro ou panqueixo (Primula vulgaris), mapoula silvestre (Anemone nemorosa), carriza luminosa (Schistostega pennata), Sphagnum spp. e unha grande variedade de fentos, fungos e brións ou carrizas.

Page 29: LIC Río Cabe-

Cáncaro ou panqueixo Primula vulgaris. Emprégase tradicionalmente como remedio para as dores de cabeza e como antiinflamatorio para tratar contusións ou dores musculares.

Botón de ouro, herba das almorráns (Ranunculus ficaria). 

Anemone nemorosa. Florece a comezos da primavera en zonas de sotobosque.

Page 30: LIC Río Cabe-

Fento macho (Dryopteris filix-mas). Os fentos, que gostan da sombra e da humidade, desenvólvense ben nos bosques á beira das correntes de auga.

Page 31: LIC Río Cabe-

Violetas (Viola palustris)

Page 32: LIC Río Cabe-

Carriza luminosa (Schistostega pennata)na cova das Choias.Un especime raro e en perigo (incluído no Catálogo Vermello de Especies Ameazadas), que segundo o ángulo de incidencia da luz reflíctea dunha fermosa cor verde brillante.

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADASSchistostega pennata

Page 33: LIC Río Cabe-

Peziza escarlata (Sarcoscypha coccinea). Ten preferencia por los lugares húmidos e sombrizos.

Page 34: LIC Río Cabe-

A fauna deste espazo está asociada aos ríos e os bosques das súas beiras, cunha boa representación de anfibios, aves e insectos.O río Cabe é un dos poucos ríos galegos nos que se pode atopar Macromia splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa.

FAUNA

Cabalo do demo,libeliña de cu azul

(Aesna cyanea)

Page 35: LIC Río Cabe-

Lontra

MAMÍFEROS-Lobo (Canis lupus)-Morcegos (Eptesicus serotinus, Miniopterus schreibersii, Myotis daubentonii, Myotis nattereri, Nyctalus leisleri, Pipistrellus pipistrellus, Rhinolophus euryale, Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros)-Furapresas (Galemys pyrenaicus)-Gato algario (Genetta genetta)-Lontra (Lutra lutra)-Tourón (Mustela putorius)-Armiño (Mustela erminea)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEGalemys pyrenaicusLutra lutraMiniopterus schreibersiiRhinolophus euryaleRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Furapresas

Page 36: LIC Río Cabe-

AVESAzor (Accipiter gentilis) Gabián (Accipiter nisus)Aguia albela (Circaetus gallicus)Aguia caudal (Hieraaetus pennatus)Tartaraña cincenta (Circus pygargus)Falcón peregrino (Falco peregrinus) Falcón pequeno (Falco subbuteo)Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus)Miñato (Buteo buteo)Miñato queimado (Milvus migrans)Miñato abelleiro (Pernis apivorus)Bufo pequeno (Asio otus)Moucho (Athene noctua)Moucho de orellas (Otus scops)Avelaiona (Strix aluco)Curuxa (Tyto alba)

Moucho de orellas

Falcón pequeno

Page 37: LIC Río Cabe-

Laverca (Alauda arvensis)Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus)Pica das árbores (Anthus trivialis)Xirrio común (Apus apus)Avenoiteira (Caprimulgus europaeus)Corvo viaraz (Corvus corone)Gabeador común (Certhia brachydactyla)Reiseñor da auga (Cettia cetti)Picaxuncos (Cisticola juncidis)Cuco (Cuculus canorus)Anduriña do cu branco (Delichon urbica)Escribenta riscada (Emberiza cia)Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus)Escribenta real (Emberiza citrinella)Paporrubio (Erithacus rubecula)Pega marza (Garrulus glandarius)Fulepa amarela (Hippolais polyglotta)Anduriña común (Hirundo rustica)Cotovía pequena (Lullula arborea)Bicotorto (Loxia curvirostra)Reiseñor común (Luscinia megarhynchos)Lavandeira branca (Motacilla alba)Lavandeira real (Motacilla cinerea) Lavandeira verdeal (Motacilla flava)Ouriolo (Oriolus oriolus)Pega (Pica pica)Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax) Laverca

Page 38: LIC Río Cabe-

Ferreiriño común (Parus ater)Ferreiro bacachís (Parus caeruleus)Ferreiro cristado (Parus cristatus)Ferreiro abelleiro (Parus major )Pardal chiador (Petronia petronia)Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros)Picafollas de Bonelli (Phylloscopus bonelli)Picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus)Azulenta (Prunella modularis)Anduriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris)Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula)Estreliña riscada (Regulus ignicapilla)Ferreiriño careto (Remiz pendulinus)Anduriña das barreiras (Riparia riparia)Papuxa montesa (Sylvia undata)Chasco (Saxicola torquata)Piquelo azul (Sitta europaea)Papuxa das amorias (Sylvia atricapilla)Papuxa apardazada (Sylvia borin)Papuxa común (Sylvia communis)Merlo (Turdus merula)Tordo común (Turdus philomelos)Tordo charlo (Turdus viscivorus)Carriza (Troglodytes troglodytes)

Ferreiro abelleiro

Paporrubio real

Page 39: LIC Río Cabe-

Peto real (Dendrocopos major) Peto verdeal (Picus viridis)Peto formigueiro (Jynx torquilla)Picanzo vermello (Lanius collurio)Bubela (Upupa epops)

Bubela

Page 40: LIC Río Cabe-

Picapeixes (Alcedo atthis)Lavanco (Anas platyrhynchos)Garza real (Ardea cinerea)Cegoña (Ciconia ciconia)Merlo rieiro (Cinclus cinclus)

Macho de lavanco realNiño de cegoñasen Monforte de Lemos.

Page 41: LIC Río Cabe-

Perdiz (Alectoris rufa)Paspallás (Coturnix coturnix) Pomba brava (Columba livia)Torcaza, pombo torcaz (Columba palumbus)Rula turca (Streptopelia decaocto)Rula (Streptopelia turtur)

TorcazaRula

Page 42: LIC Río Cabe-

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEECircaetus gallicusHieraaetus pennatusPernis apivorusMilvus migransCircus pygargus Falco peregrinusLanius collurioAlcedo atthisCaprimulgus europaeusLullula arboreaSylvia undataPyrrhocorax pyrrhocorax

Page 43: LIC Río Cabe-

RÉPTILESCobra lagarteira común (Coronella austriaca) Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica) Cobra viperina (Natrix maura)Serpe riscada (Rhinechis scalaris)Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)Lagarto arnao (Lacerta lepida)Lagartilla dos penedos (Podarcis hispanica) Lagarta rabuda (Psammodromus algirus) Escáncer común (Anguis fragilis)Esgonzo común (Chalcides striatus)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEELacerta monticolaLacerta schreiberi

Cobra viperina

Escáncer

Page 44: LIC Río Cabe-

ANFIBIOSSapiño comadrón (Alytes obstetricans)Sapiño pinto (Discoglossus galganoi)Sapo de esporas (Pelobates cultripes)Estroza ou rela (Hyla molleri)Ra patilonga (Rana iberica)Ra verde (Pelophylax perezi)Saramaganta (Chioglossa lusitanica)Pintafontes verde (Triturus marmoratus) Pintafontes palmado (Triturus helveticus)Pintafontes común (Lissotriton boscai)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoi

Parella de sapos comúns

Pintafontes palmado

Page 45: LIC Río Cabe-

PEIXESTroita (Salmo trutta fario)Escalo (Squalius carolitertii) Picón ou espiñento (Gasterosteus aculeatus) Chondrostoma arcasii Chondrostoma duriense ...

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEChondrostoma polylepisRutilus arcasii

Espiñento

Escalo

Page 46: LIC Río Cabe-

INVERTEBRADOSAbondan os insectos acuáticos ou que se achegan ás ribeiras: chinches, escaravellos, libeliñas e cabalos do demos, típulas, mosquitos, frigáneas, bolboretas...) e especies que habitan nos bosques de ribeira e nas fragas.Destaca a presenza da samesuga (Hirudo medicinalis), vacaloura (Lucanus cervus), e dos cabalos do demo Macromia splendens e Oxygastra curtisii.

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEECoenagrion mercurialeGomphus grasliniiLucanus cervusMacromia splendensOxygastra curtisii Patinador ou zapateiro (Gerris

lacustris). Vive na superficie da auga estancada ou de corrente lenta onde se alimenta doutros insectos.

Bolboretas (Syntarucus pirithous)

Page 47: LIC Río Cabe-

Área de lecer en Monforte

ACTIVIDADESSubministro de auga agrícola e urbán, pesca, lecer...

Page 48: LIC Río Cabe-

Ponte romana sobre o Cabe en Monforte

HISTORIA/PATRIMONIO CULTURALA zona estivo poboada desde tempos moi antigos e conserva vestixios de distintas épocas, así como un rico patrimonio cultural: pontes, muíños, minas...

Page 49: LIC Río Cabe-

Muíño no Mao en Ribas Pequenas (Bóveda)

Page 50: LIC Río Cabe-

PROBLEMASContaminación con resíduos agrícolas e urbáns, especies invasoras...

Page 51: LIC Río Cabe-

Fervenza en San Pedro do Incio

PUNTOS DE INTERESEBÓVEDA-Área recreativa no MaoO INCIO-Fervenzas de San Pedro e O Arnado-Bosques e soutosA POBRA DE BROLLÓN-Fervenza de Pacios da Veiga-Área de lecer de Ferreirúa no río PicarrexoMONFORTE DE LEMOS-Área de lecer de Ribas AltasPANTÓN-Fonte de Augas Santas nas proximidades do río CarabelosSOBER-Área de lecer de Canaval

Page 52: LIC Río Cabe-

Cova das Choias(Óutara Pobra de Brollón).Unha grande cavidade natural agrandada polas actividade de explotación mineira do ferro. Destaca a presenza do brión luminiscente Schistostega pennata.

Page 53: LIC Río Cabe-

Montaxe: Adela Leiro, Mon DaportaDebuxos: Mon Daporta

Decembro 2016