3
AUTOR: RoalD Dahl Roald Rahl, autor do libro que lin, naceu no 1916 no País de Gales e está considerado como o mestre da literatura infantil. Outra obra de gran importancia súa é Charlie e a fábrica de chocolate co cal acadou o número un nunha enquisa realizada polo ``Sunday Times´´ na cal se elixían os dez mellores libros para nenos de todas as idades. Matilda é unha obra dedicada a rapaces de 12 anos en diante, na cal se tratan temas relacionados coa escola e cos mestres; compañeiros, familia; coas emocións, personalidades e trato dos personaxes deste libro; así como as diferenzas sociais como, por exemplo, a señorita Honey coa familia de Matilda. A lingua utilizada é moi sinxela de entender. Axuda a poñerse no lugar de Matilda simulando estarlle ocorrendo ao lector

O meu libro é matilda

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O meu libro é matilda

AUTOR: RoalD Dahl

Roald Rahl, autor do libro que lin, naceu no 1916 no País de

Gales e está considerado como o mestre da literatura infantil.

Outra obra de gran importancia súa é Charlie e a fábrica de

chocolate co cal acadou o número un nunha enquisa realizada

polo ``Sunday Times´´ na cal se elixían os dez mellores libros

para nenos de todas as idades.

Matilda é unha obra dedicada a rapaces de 12 anos en diante, na

cal se tratan temas relacionados coa escola e cos mestres;

compañeiros, familia; coas emocións, personalidades e trato dos

personaxes deste libro; así como as diferenzas sociais como,

por exemplo, a señorita Honey coa familia de Matilda.

A lingua utilizada é moi sinxela de entender. Axuda a poñerse

no lugar de Matilda simulando estarlle ocorrendo ao lector

Page 2: O meu libro é matilda

todas aquelas aventuras que le. É unha lingua próxima e cotiá

que non dificulta en absoluto a lectura do libro.

Está escrito en terceira persoa, en presente e en prosa. Consta

de 21 capítulos nos cales se van detallando relacións entre

persoas, descricións de personaxes…

A protagonista principal é unha rapaza de cinco anos de idade,

moi intelixente ( case se podería dicir superdotada), á cal lle

encanta ler libros para maiores. O único problema seu é que na

súa casa non saben apreciar o valor que ten, algo que si observa

a señorita Honey no colexio.

Considero que dentro desta obra teñen moita importancia dous

personaxes, polo que diría que a señorita Honey e a señorita

Trunchbull son os personaxes antagonistas indiscutibles deste

libro.

Á señorita Honey, con 24 anos, asignáronlle a clase de Matilda.

Era moi guapa, cun bonito rostro ovalado e pálido, ollos azuis e

pelo castaño claro. Era delgada e fráxil, e daba a impresión de

que se caía rompería en mil anacos como unha boneca de

porcelana. Era apacible e discreta, nunca alzaba a voz, case

nunca sorría pero, non obstante, todos os nenos a querían moito.

A señorita Trunchbull era todo o contrario: un ser xigantesco,

terrorífico, un feroz monstro que aterraba a todos os alumnos e

mestres (incluída a señorita Honey). Era unha persoa que

ameazaba os alumnos se se comportaban mal. Fisicamente era

unha muller que impoñía pola súa grandeza, tiña longas

zancadas e un esaxerado balanceo de brazos.

Como protagonistas secundarios considero os pais e irmán de

Matilda (os señores Wormwood e Michael), a bibliotecaria (a

señora Phelps), os compañeiros de Matilda do colexio…

Nesta novela puiden comprobar que se utiliza a descrición non

moi detallada pero si suficiente para facerme unha idea de

como son os espazos utilizados na narración, para tamén

observar diálogos…

Page 3: O meu libro é matilda

Así, podo dicir que ó longo desta obra narran mil e unha

aventuras que lle ocorren á protagonista.Todo comeza no

primeiro capítulo onde se nos presenta a Matilda como unha

rapaza á que lle encanta ler, unha familia que non lle dá moita

importancia á educación da súa filla, e que a señora Phepls

(bibliotecaria) queda abraiada ao ver que Matilda sabe ler e

adora a lectura xa de maiores…

Paula Sánchez Basante, 1º ESO A