10
Organización Política e Territorial de España Dende 1978, coa actual Constitución Española, o Estado español organízase territorialmente en Concellos, Provincias e Comunidades Autónomas. Raíces históricas: España non sempre foi España, nin Galicia foi sempre Galicia. Vemos exemplos nestes mapas históricos: Cando a Península Ibérica era provincia de Roma: Durante a reconquista, cando gran parte da Península era musulmá: 1

Organización política e territorial de españa

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Organización política e territorial de españa

Organización Política e Territorial de España

Dende 1978, coa actual Constitución Española, o Estado español organízase territorialmente en Concellos, Provincias e Comunidades Autónomas.

Raíces históricas:

España non sempre foi España, nin Galicia foi sempre Galicia. Vemos exemplos nestes mapas históricos:

Cando a Península Ibérica era provincia de Roma:

Durante a reconquista, cando gran parte da Península era musulmá:

1

Page 2: Organización política e territorial de españa

Cos Reis Católicos se forma por primeira vez un Estado español: conquistan o reino de Granada e Fernando o Católico anexiona o Reino de Navarra. Pero a unión destes reinos foi só política, é dicir, tiñan os mesmos reis, pero diferentes normativas e organización, coma se foran países distintos. Cada un tiña os seus órganos de xustiza, leis, impostos diferentes, organismos de administración distintos, etc. Isto verémolo noutro tema.

A organización territorial:

Administración local:

Son administracións locais o municipio e a provincia.

O concello (municipio).

A organización municipal é a que máis achegada está ao cidadán e á cidadá. Os concelleiros e concelleiras elíxense mediante sufraxio universal1, libre, igual,directo e secreto pola poboación do municipio maior de 18 anos. Os concelleiros e concelleiras forman o pleno municipal, que é o órgano lexislativo do municipio. O alcalde ou a alcaldesa é elixido polos concelleiros e concelleiras.

1 Sufraxio Universal: o que inclúe a toda a poboación dun Estado. Antes de haber sufraxio universal houbo sufraxio censatario, no que só podían votar determinadas persoas incluídas nun censo (normalmente varóns cun determinado nivel de rendas). Despois houbo o sufraxio universal masculino no que podían votar todos os homes independentemente do nivel de renda ou raza. Ao final chegouse

2

Page 3: Organización política e territorial de españa

O concello lexisla e organiza os asuntos propios do municipio tales como organización urbanística, servizos públicos municipais, alumeado público, recollida de residuos, limpeza das rúas, abastecemento de auga, sumidoiros, etc.

A provincia:

É unha agrupación de municipios e cumpre actividades do Estado Español, non da Autonomía. As deputadas e deputados da Deputación Provincial elíxense de forma indirecta. Son os concelleiros e concelleiras dos municipios os que os elixen de entre eles mesmos. As deputacións coordinan servizos municipais.

En cada provincia hai tamén un Gobernador Civil ou gobernadora, que é quen representa ao Goberno Español Central na provincia.

Comunidades Autónomas:

Cada unha das Comunidades Autónomas do Estado Español ten un parlamento con poder lexislativo, un goberno, con poder executivo e un tribunal superior de Xustiza, con poder xudicial. Son os mesmos poderes que ten o Estado Español, que lle foi cedendo competencias ás Autonomías.

As Asembleas Lexislativas, Cortes o Parlamentos das Comunidades Autónomas, elíxense mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. Son elixidas nas eleccións autonómicas cada catro anos. A poboación de cada provincia elixe unha cantidade de deputados do parlamento. Os deputados e deputadas elixen ao presidente e o presidente escolle aos seus conselleiros que formarán con el ou con ela o goberno autonómico.

Administración central do Estado:

A nivel estatal tamén hai unhas cortes que son as que teñen o poder lexislativo central. Esas Cortes Xerais divídense en dúas cámaras: O Congreso dos deputados e o Senado.

Os deputados e deputadas do congreso elíxense por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto pola cidadanía de cada provincia de España.

O Senado elíxese por un sistema mixto: parte dos senadores e senadoras elíxense por sufraxio univesal, libre, igual, directo e secreto da poboación de cada Comunidade Autónoma; e otra parte elíxese de forma indirecta, xa que os elixen os parlamentos autonómicos.

ao sufraxio universal.

3

Page 4: Organización política e territorial de españa

O congreso elixe ao presidente do goberno e este nomea aos ministros e ministras que formarán o seu equipo de goberno, que será o poder executivo.

Con respecto ao poder xudicial a nivel nacional temos:

- O Tribunal Supremo.- A Audiencia Nacional.- O Tribunal Constitucional.

A organización política de España :

España é un Estado unitario pero descentralizado.

Estado unitario é o contrario de Estado Federal: un Estado unitario é aquel no que hai unha única unidade política que ten o poder, a soberanía, aínda que lle pode ceder competencias a outros organismos, como pasa en España coas autonomías.

Un Estado Federal está formado por estados nación, ou sexa, varias unidades políticas que

teñen o poder, a soberanía, e que lle ceden competencias ao goberno central.

Estados Federados no mundo.

Un Estado centralizado é aquel no que as institucións territoriais (concellos, provincias, departamentos), deben aplicar as decisións do poder central e teñen poucos aspectos que poidan decidir elas.

Un Estado descentralizado é aquel no que as institucións territoriais teñen competencias para decidir e resolver determinadas cuestións.

4

Page 5: Organización política e territorial de españa

Hoxe en día España é tamén unha monarquía e non unha república.

Unha monarquía é a forma de goberno na que o xefe de Estado é unha persoa que exerce o seu poder de forma vitalicia (durante toda a súa vida, non sendo que abdique). As monarquías soen ser hereditarias. En España o rei é Filipe VI dende a abdicación de Carlos I no verán do 2014. Segundo o poder que teña o/a monarca, ou as limitacións coas

que goberne, as monarquías poden ser:

- Absolutas: o rei ou a raíña concentra todos os poderes do estado sen limitación. En España era a monarquía propia do Antigo Réxime, entre os séculos XVI e XVIII. Hoxe en día aínda hai monarquías absolutas en algúns países Árabes.

- Constitucionais: o monarca está limitado pola constitución, pero aínda ten moito control sobre os poderes do Estado2. Pode ter nas súas mans o poder executivo e dereito a vetar algunhas leis, por exemplo. É a monarquía que tivo España no século XIX.

- Monarquía parlamentaria: o monarca reina pero non goberna, é representante do Estado, pero está limitado polo parlamento constitucional. É a que ten España hoxe en día. Quen goberna non é o rei senón o presidente do goberno e os seus ministros. E quen lexisla tampouco é o rei, senón o

parlamento.

Unha república é a forma de goberno na que o Xefe de Estado é unha persoa elixida polo pobo para exercer o cargo por un tempo determinado. Na república o Xefe de Estado e de Goberno poden ser persoas distintas ou a mesma persoa.

2 Poderes do Estado: - Poder lexislativo: o que fai as leis.- Poder executivo: o que goberna, o que xestiona todo o necesario para que as leis se cumpran, a

través da organización da administración, das forzas de seguridade e defensa, etc.- Poder xudicial: interpreta as leis en caso de dúbida e as fai respectar.

5

Page 6: Organización política e territorial de españa

España é unha democracia e non unha ditadura.

- Unha democracia é a forma de goberno na que a soberanía (é dicir, o poder) o ten a poboación. Para que un sistema sexa de verdade democrático ten que ter unha serie de características:

o Pluralismo político: hai diferentes partidos políticos que se crean libremente.o Eleccións democráticas:

O sufraxio ten que ser universal, igualitario e secreto. As eleccións deben celebrarse con certa periodicidade e certa

frecuencia.- A democracia soe ir asociada ao Estado de Dereito (a lei protexe os dereitos da

cidadanía). Normalmente existe unha Constitución na que figuran os principios fundamentais do Estado e outras leis que defenden os dereitos da poboación entre os que nas democracias están o dereito de opinión, de asociación, de reunión, de manifestación, etc.

- Nas democracias os tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial) deben dividirse, para que se controlen os uns aos outros.

Réximes non democráticos: ditaduras e totalitarismos.

Nos réximes non democráticos o poder o exerce unha soa persoa ou un pequeno grupo, sen contar coa opinión libre da cidadanía.

Normalmente chegan ao poder a través dun golpe de estado.

Moitas veces estes réximes xorden en situacións de crise na que o ditador se presenta como a solución a tódolos problemas, pero para o que necesita ter poderes especiais ou extraordinarios. Así que con esa escusa suspende a Constitución e o Estado de Dereito impoñendo no seu lugar a vontade do ditador ou o seu grupo político ou militar. Polo xeral preséntanse como unha solución transitoria para poñer orde e sanear o pais, prometendo o regreso á democracia cando a situación se normalice. Pero polo xeral logo perpetúanse no poder mentres poden. O exército constitúe o principal apoio do ditador que, na maioría dos casos é un militar.

Existen ditaduras de dereitas (fascismos) e de esquerdas (democracias populares).

As características que soen ter son:

- Non existe división de poderes.- Non existe control ao goberno.- Non se recoñecen os dereitos da cidadanía (especialmente os dereitos de

opinión, asociación, reunión, etc.).- Non existe pluralidade política. Pode haber eleccións pero dentro dos

candidatos dun mesmo partido, o partido legalizado do ditador.

6

Page 7: Organización política e territorial de españa

7