8

S 1º A mochila viaxeira

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: S 1º A mochila viaxeira
Page 2: S 1º A mochila viaxeira

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

O programa das mochilas viaxeiras comeza a andar

no noso centro este curso 2011-2012 de xeito

experimental en dúas aulas, S1ºA e S3ºA e ten como

finalidade proporcionar un motivo de encontro entre

os distintos membros dunha familia ao redor do

mundo dos libros e da lectura

Page 3: S 1º A mochila viaxeira

A mochila é o soporte que

permitirá aos rapaces e

rapazas levar á súa casa, en

préstamo temporal, uns

materiais que reforcen o

vínculo entre familia e escola

no seu labor común para a

formación dos lectores máis

novos.

Page 4: S 1º A mochila viaxeira

As mochilas visitan as casas dos nosos

escolares durante dez-quince días.

Page 5: S 1º A mochila viaxeira

O contido non é exclusivamente para os nenos e

nenas. Procuramos cubrir gustos de adultos, de xoves,

de nenos e maiores para que cada quen atope

dentro da mochila algo que lle guste persoalmente. E

atendemos suxestións, se están ó noso alcance. O

obxectivo é atopar algún momento para achegarse á

lectura en familia con documentos de calidade e, en

ocasións, pouco coñecidos por non estaren nos

grandes circuitos de distribución.

Page 6: S 1º A mochila viaxeira

CONTIDO DA MOCHILA Nº 1

Cómic : Astérix en la India

Libro 1: Todas as respostas ás preguntas

que nunca te fixeches

Libro 2: El conde de Montecristo

Libro 3: Memorias dun neno labrego

Lendas : Del nacimiento de Roma

Libro para pais-nais : Por que non aprendo?

CD música : Clásicos divertidos

DVD 1 : O soño dunha noite de San Xoán

DVD 2 : Tierra

Page 7: S 1º A mochila viaxeira

INSTRUCIÓNS DE USO

Cóntase con dúas semanas para disfrutar dos contidos da mochila. Sé respetuoso e DEVÓLVEA EN PRAZO

É importantísimo COIDALA MOI BEN para que os materiais poidan chegar a todo o mundo en perfecto estado

Inclúese un caderno viaxeiro no que se convida ás familias a escribir reflexións, opinións, suxestións sobre a actividade, os materiais…

Antes de devolver a mochila, REVISA QUE ESTEA TODO O MATERIAL.

Page 8: S 1º A mochila viaxeira

QUE A DISFRUTEDES!