14
4 de setembro de 2016 23º Tempo ordinario – C (Lucas 14, 25-33) José Antonio Pagola Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain Música:Murmullos de esperanza

23º domingo toc 2016 bene pagola

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 23º domingo toc 2016  bene pagola

4 de setembro de 201623º Tempo ordinario – C

(Lucas 14, 25-33)

José Antonio Pagola

Presentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainMúsica:Murmullos de esperanza

Page 2: 23º domingo toc 2016  bene pagola

Os exemplos que emprega Xesús son moi diferentes, pero a súa ensinanza é a mesma: o que emprende un proxecto importante de maneira temeraria, sen examinar antes se ten medios e forzas

para lograr o que pretende, corre o risco de terminar fracasando.

Page 3: 23º domingo toc 2016  bene pagola

Ningún labrador se pon a construír unha torre para protexer as súas viñas, sen tomar antes un tempo para calcular se poderá concluíla con éxito, non

sexa que a obra quede inacabada,

provocando as burlas dos veciños.

Page 4: 23º domingo toc 2016  bene pagola

Ningún rei decide entrar en combate cun adversario poderoso, sen antes analizar se aquela

batalla pode terminar en vitoria ou será un suicidio.

Page 5: 23º domingo toc 2016  bene pagola

Á primeira vista, pode parecer que Xesús está invitando a un comportamento prudente

e precavido, moi afastado da audacia con que fala de ordinario aos seus. Nada máis lonxe da realidade.

Page 6: 23º domingo toc 2016  bene pagola

A misión que quere encomendar aos seus é tan importante que ninguén ten que comprometerse

nela de forma inconsciente, temeraria ou presuntuosa.

Page 7: 23º domingo toc 2016  bene pagola

A súa advertencia A súa advertencia cobra gran actualidade nestescobra gran actualidade nestes

momentos críticos e decisivos para o futuro da momentos críticos e decisivos para o futuro da nosa fe. Xesús chama, antes que nada, á reflexión nosa fe. Xesús chama, antes que nada, á reflexión

madura: os dous protagonistas das parábolas madura: os dous protagonistas das parábolas «sentan»«sentan» a a reflexionar. reflexionar.

Page 8: 23º domingo toc 2016  bene pagola

Sería unha grave irresponsabilidade vivir

hoxe como discípulos de Xesús, que non saben o que queren, nin a onde

pretenden chegar, nin con que medios teñen que

traballar.

Page 9: 23º domingo toc 2016  bene pagola

Cando nos imos sentar para unir forzas, reflexionar Cando nos imos sentar para unir forzas, reflexionar xuntos e buscar entre todos o camiño que temos que xuntos e buscar entre todos o camiño que temos que

seguir?seguir?

Non necesitamos dedicar máis tempo, máis escoita Non necesitamos dedicar máis tempo, máis escoita do evanxeo e máis meditación para descubrir do evanxeo e máis meditación para descubrir

chamadas, espertar carismas e cultivar un estilo chamadas, espertar carismas e cultivar un estilo renovado de renovado de

seguimento a Xesús?seguimento a Xesús?

Page 10: 23º domingo toc 2016  bene pagola

Xesús chama Xesús chama tamén ao tamén ao realismo. realismo.

Estamos vivindo Estamos vivindo un cambio un cambio

sociocultural sen sociocultural sen precedentes. precedentes.

É posible É posible contaxiar a fe contaxiar a fe neste mundo neste mundo novo que está novo que está nacendo, sen nacendo, sen

coñecelo ben e coñecelo ben e sen sen

comprenderlo comprenderlo desde dentro?desde dentro?

Page 11: 23º domingo toc 2016  bene pagola

ÉÉ posible facilitar o acceso ao posible facilitar o acceso ao Evanxeo ignorando o Evanxeo ignorando o

pensamento, os sentimentos e a pensamento, os sentimentos e a linguaxe dos homes e mulleres linguaxe dos homes e mulleres

do noso tempo?do noso tempo? Non é un erro responder aos Non é un erro responder aos

retos de hoxe con estratexias de retos de hoxe con estratexias de onte?onte?

Page 12: 23º domingo toc 2016  bene pagola

Sería unha temeridade nestes momentos actuar de maneira inconsciente e cega.

Expoñeriámonos ao fracaso, á frustración e ata ao ridículo.

Segundo a parábola, a «torre inacabada» non fai senón provocar

as burlas da xente cara ao seu construtor.

Page 13: 23º domingo toc 2016  bene pagola

Non temos que esquecer a linguaxe realista e humilde de linguaxe realista e humilde de

Xesús que invita os seus Xesús que invita os seus discípulos a ser discípulos a ser «fermento» «fermento»

no medio do pobo ou puñado no medio do pobo ou puñado de de «sal» «sal» que pon sabor novo que pon sabor novo

á vida das xentes.á vida das xentes.

Page 14: 23º domingo toc 2016  bene pagola

 REALISMO RESPONSABLE

 Os exemplos que emprega Xesús son moi diferentes, pero a súa ensinanza é a mesma: o que

emprende un proxecto importante de maneira temeraria, sen examinar antes se ten medios e forzas para lograr o que pretende, corre o risco de terminar fracasando.

Ningún labrador se pon a construír unha torre para protexer as súas viñas, sen tomar antes un tempo para calcular se poderá concluíla con éxito, non sexa que a obra quede inacabada, provocando as burlas dos veciños. Ningún rei decide entrar en combate cun adversario poderoso, sen antes analizar se aquela batalla pode terminar en vitoria ou será un suicidio.

Á primeira vista, pode parecer que Xesús está invitando a un comportamento prudente e precavido, moi afastado da audacia con que fala de ordinario aos seus. Nada máis lonxe da realidade. A misión que quere encomendar aos seus é tan importante que ninguén ten que comprometerse nela de forma inconsciente, temeraria ou presuntuosa.

A súa advertencia cobra gran actualidade nestes momentos críticos e decisivos para o futuro da nosa fe. Xesús chama, antes que nada, á reflexión madura: os dous protagonistas das parábolas «sentan» a reflexionar. Sería unha grave irresponsabilidade vivir hoxe como discípulos de Xesús, que non saben o que queren, nin a onde pretenden chegar, nin con que medios teñen que traballar

Cando nos imos sentar para unir forzas, reflexionar xuntos e buscar entre todos o camiño que temos que seguir? Non necesitamos dedicar máis tempo, máis escoita do evanxeo e máis meditación para descubrir chamadas, espertar carismas e cultivar un estilo renovado de seguimento a Xesús?

Xesús chama tamén ao realismo. Estamos vivendo un cambio sociocultural sen precedentes. É posible contaxiar a fe neste mundo novo que está nacendo, sen coñecelo ben e sen comprendelo desde dentro? É posible facilitar o acceso ao Evanxeo ignorando o pensamento, os sentimentos e a linguaxe dos homes e mulleres do noso tempo? Non é un erro responder aos retos de hoxe con estratexias de onte?

Sería unha temeridade nestes momentos actuar de maneira inconsciente e cega. Expoñeriámonos ao fracaso, á frustración e ata ao ridículo. Segundo a parábola, a «torre inacabada» non fai senón provocar as burlas da xente cara ao seu construtor. Non temos que esquecer a linguaxe realista e humilde de Xesús que invita os seus discípulos a ser «fermento» no medio do pobo ou puñado de «sal» que pon sabor novo á vida das xentes. 

José Antonio Pagola