View
399
Download
5
Category
Preview:
Citation preview
CHARLA DE MONCHO FERRER EN AFUNDACIÓN
#MONCHOEXPLICA
O salón de conferencias de Afundación acolleu o pasado martes 21 de outubro de
2014 ás 20:00 horas a charla de Moncho Ferrer (fillo de Vicente Ferrer) na súa primeira visita a
Galicia. O aforo estaba completo, feito que constata o gran apoio e confianza que os
coruñeses/sas teñen no traballo da Fundación Vicente Ferrer.
O xornalista Pablo Portabales presentou esta charla, e tras unha breve pero
interesante intervención de Moncho Ferrer, comezou unha rolda de preguntas, iniciadas polo
xornalista, e que posteriormente contou coa participación do público asistente. Moitas foron
as intervencións para salientar a incrible labor que a Fundación Vicente Ferrer está a
desenvolver en Anantapur, sempre traballando polo ben dos máis desfavorecidos.
Comprobamos asimesmo que son moitas as persoas que participan no programa “Apadriña a
un neno/a”, e que non soamente exercen un patrocinio económico, senón que é tal o grado de
implicación que xa viaxaron a visitar aos seus afillados e afilladas, comprobando de primeira
man a transparencia e seriedade da Fundación.
O acto clausurouse coa proxección co último vídeo promocional da FVF , e acto
seguido foron moitos os asistentes que se achegaron a falar con Moncho Ferrer e con Jordi
Folgado Ferrer (sobriño de Vicente Ferrer). As coordinadoras de Monferosolidario tivemos a
ocasión de saudar a ambos (que xa coñecéramos con anterioridade noutros eventos) e sacar
algunha fotografía para o recordo. Tamén podedes ver unha simpática imaxe da nosa amiga
Yolanda Ferrer (a representante da FVF en A Coruña) acompañada por a nosa profe Yolanda e
un curioso boneco de Vicente Ferrer elaborado pola escola infantil Monte Alto. E xa fora de
“acta oficial”, coincidimos de novo con Moncho e Jordi nas rúas coruñesas e despedímonos
deles con bicos, abrazos, fotos, etc… ata a próxima vez!!!
Recommended