1
CHARLA DE MONCHO FERRER EN AFUNDACIÓN #MONCHOEXPLICA O salón de conferencias de Afundación acolleu o pasado martes 21 de outubro de 2014 ás 20:00 horas a charla de Moncho Ferrer (fillo de Vicente Ferrer) na súa primeira visita a Galicia. O aforo estaba completo, feito que constata o gran apoio e confianza que os coruñeses/sas teñen no traballo da Fundación Vicente Ferrer. O xornalista Pablo Portabales presentou esta charla, e tras unha breve pero interesante intervención de Moncho Ferrer, comezou unha rolda de preguntas, iniciadas polo xornalista, e que posteriormente contou coa participación do público asistente. Moitas foron as intervencións para salientar a incrible labor que a Fundación Vicente Ferrer está a desenvolver en Anantapur, sempre traballando polo ben dos máis desfavorecidos. Comprobamos asimesmo que son moitas as persoas que participan no programa Apadriña a un neno/a, e que non soamente exercen un patrocinio económico, senón que é tal o grado de implicación que xa viaxaron a visitar aos seus afillados e afilladas, comprobando de primeira man a transparencia e seriedade da Fundación. O acto clausurouse coa proxección co último vídeo promocional da FVF , e acto seguido foron moitos os asistentes que se achegaron a falar con Moncho Ferrer e con Jordi Folgado Ferrer (sobriño de Vicente Ferrer). As coordinadoras de Monferosolidario tivemos a ocasión de saudar a ambos (que xa coñecéramos con anterioridade noutros eventos) e sacar algunha fotografía para o recordo. Tamén podedes ver unha simpática imaxe da nosa amiga Yolanda Ferrer (a representante da FVF en A Coruña) acompañada por a nosa profe Yolanda e un curioso boneco de Vicente Ferrer elaborado pola escola infantil Monte Alto. E xa fora de acta oficial, coincidimos de novo con Moncho e Jordi nas rúas coruñesas e despedímonos deles con bicos, abrazos, fotos, etcata a próxima vez!!!

Monchoexplica

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Monchoexplica

CHARLA DE MONCHO FERRER EN AFUNDACIÓN

#MONCHOEXPLICA

O salón de conferencias de Afundación acolleu o pasado martes 21 de outubro de

2014 ás 20:00 horas a charla de Moncho Ferrer (fillo de Vicente Ferrer) na súa primeira visita a

Galicia. O aforo estaba completo, feito que constata o gran apoio e confianza que os

coruñeses/sas teñen no traballo da Fundación Vicente Ferrer.

O xornalista Pablo Portabales presentou esta charla, e tras unha breve pero

interesante intervención de Moncho Ferrer, comezou unha rolda de preguntas, iniciadas polo

xornalista, e que posteriormente contou coa participación do público asistente. Moitas foron

as intervencións para salientar a incrible labor que a Fundación Vicente Ferrer está a

desenvolver en Anantapur, sempre traballando polo ben dos máis desfavorecidos.

Comprobamos asimesmo que son moitas as persoas que participan no programa “Apadriña a

un neno/a”, e que non soamente exercen un patrocinio económico, senón que é tal o grado de

implicación que xa viaxaron a visitar aos seus afillados e afilladas, comprobando de primeira

man a transparencia e seriedade da Fundación.

O acto clausurouse coa proxección co último vídeo promocional da FVF , e acto

seguido foron moitos os asistentes que se achegaron a falar con Moncho Ferrer e con Jordi

Folgado Ferrer (sobriño de Vicente Ferrer). As coordinadoras de Monferosolidario tivemos a

ocasión de saudar a ambos (que xa coñecéramos con anterioridade noutros eventos) e sacar

algunha fotografía para o recordo. Tamén podedes ver unha simpática imaxe da nosa amiga

Yolanda Ferrer (a representante da FVF en A Coruña) acompañada por a nosa profe Yolanda e

un curioso boneco de Vicente Ferrer elaborado pola escola infantil Monte Alto. E xa fora de

“acta oficial”, coincidimos de novo con Moncho e Jordi nas rúas coruñesas e despedímonos

deles con bicos, abrazos, fotos, etc… ata a próxima vez!!!