View
226
Download
6
Category
Preview:
DESCRIPTION
3 de agosto de 2009
Citation preview
nn oo vv aa ss dd aa xx uu ss tt ii zz aa NN úú mm ee rr oo 44 88 // 22 00 00 99
33 dd ee aa gg oo ss tt oo dd ee 22 00 00 99
Novos xulgados
Sumario
Demarcación e planta xudicial
Novas unidades xudiciais, correspondentes á programa-
ción de 2009
No Boletín Oficial do Estado número 185, do 1 de agosto
de 2009, publicouse o seguinte Real Decreto
MINISTERIO DE JUSTICIA
Demarcación y planta judicial
Real Decreto 1207/2009, de 17 de julio, por el que
se crean y constituyen 106 juzgados, se constituye
un juzgado y se crean 28 plazas de Magistrado en
Tribunales Superiores de Justicia y Audiencias Pro-
vinciales correspondientes a la programación del
año 2009.
PDF (BOE-A-2009-12747 - 30 págs. - 483 KB)
Novos xulgados ............. 1
Demarcación e planta xudicial
Oposicións ..................... 3
Xestión, promoción interna
Retribucións .................. 4
Acordo sobre produtividade
Plataforma Sindical ....... 7
Propostas da Plataforma Sin-dical Unitaria sobre os Xulga-dos do Penal
Vacacións de verán ....... 11
Autodedicatoria
Edita
CCOO de Xustiza de Galicia
2 Novas da Xustiza
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
Artículo 7. Efectividad de las plazas de Magistrado en órganos colegiados, inicio de
actividad de las nuevas Secciones en Audiencias Provinciales y entrada en funcio-
namiento de los Juzgados.
De conformidad con lo dispuesto en el artículo 20.5 de la Ley 38/1988, de 28 de di-
ciembre, las fechas de efectividad de las plazas de Magistrado y el inicio de activi-
dad de las nuevas Secciones en Audiencias Provinciales, así como la de entrada en
funcionamiento de los Juzgados, será fijada por el Ministro de Justicia, oído el Con-
sejo General del Poder Judicial, y publicadas en el «Boletín Oficial del Estado».
Prazas en Galicia
Prazas de maxistrado/a
Dúas prazas de maxistrado/a para a Sala do Contencioso-administrativo do Tri-
bunal Superior de Xustiza de Galicia
Xulgados de primeira instancia
Número 5 de Ferrol.
Número 5 de Lugo.
Xulgados de primeira instancia e instrución
Número 3 de Tui.
Xulgados do Social
Número 5 de A Coruña.
FSC-CCOO Novas da Xustiza
3
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
Oposicións
Xestión, promoción interna
Lectura do segundo exercicio da fase de oposición, celebrado o pasado 20 de xuño
Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o seguinte acordo do Tribunal para as
oposicións ao corpo de Xestión, quenda de promoción interna
Convocatoria del Tribunal Calificador Único del turno de promoción interna, para
la lectura del segundo ejercicio de la fase de oposición, celebrado el pasado 20 de
junio.
POR ERROR DE TRANSCRIPCION: MIGUEL ANGEL SESMA GARDE, ámbito Navarra,
está convocado para la lectura el día 22 de julio y no el 21.
Documentos asociados
Convocados en la semana del 20 al 25 de julio. (PDF. 94KB) (versión HTML)
Convocados lectura semana del 27 de julio al 1 de agosto de 2009 (PDF.
66KB) (versión HTML)
Convocados lectura semana del 1 al 4 de septiembre de 2009 (PDF. 59KB) (versión
HTML)
4 Novas da Xustiza
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
Retribucións
Acordo sobre produtividade
ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS PARA ESTABLE-
CER UN PROGRAMA DE ACTUACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA PA-
RA FOMENTAR A PRODUTIVIDADE
PREÁMBULO
1. De conformidade co previsto no artigo 103.3 da Constitución española e en sintonía
coa Lei orgánica 11/1985, de2 de agosto, de Liberdade Sindical, a Lei 9/1987, do 12 de
xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e partici-
pación do persoal ao servizo das administracións públicas regula a negociación colectiva
dos funcionarios públicos. A Xunta de Galicia —no exercicio das competencias sobre este
persoal transferidas á Comunidade Autónoma polo Real decreto 2397/1996, do 22 de
novembro— desenvolve a negociación colectiva e a participación na determinación das
condicións de traballo dos funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza en dito
marco legal e atendendo, ademais, as previsións específicas do Libro VI da Lei orgánica
do Poder Xudicial (LOPX).
Entre as previsións da LOPX figuran as do título VI do seu Libro VI sobre o réxime retribu-
tivo que, sen prexuízo do que se dispón respecto das remuneracións en concepto de
garda, distingue entre os conceptos salariais de competencia do Estado (retribucións bá-
sicas —soldo e antigüidade— e o complemento xeral do posto) e os conceptos salariais
de competencia das Comunidades Autónomas (o complemento específico e o comple-
mento de produtividade). Este réxime retributivo foi desenvolvido polo Real decreto
1714/2004, do 23 de xullo (BOE do 12/08/2004) e polo Real decreto 1033/2007, do 20 de
xullo (BOE do 27/08/2007). Este último Rd será aplicable de xeito efectivo cando se
aproben as relacións de postos de traballo (RPT) previstas nos artigo 521 da LOPX. Men-
tres mantense un réxime transitorio no que as diferentes Comunidades Autónomas con
FSC-CCOO Novas da Xustiza
5
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
competencias, e o propio Ministerio de Justicia, estableceron melloras retributivas ben
en concepto de complemento transitorio (que se consolidaría como complemento espe-
cífico no momento de aprobación das RPT) ben en concepto de produtividade.
Dentro deste contorno, logo do proceso de negociación no ámbito da Mesa Sectorial da
Administración de Xustiza, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusti-
za e as organizacións sindicais máis representativas CSI-CSIF, CC.OO, UGT, CIG, e USO-SPJ
chegaron a un acordo nos seguintes termos:
EXPOÑEN:
O aumento cuantitativo de carga de traballo que, dentro do contexto da crise económi-
ca, está experimentado a Administración de xustiza, fai necesario proporcionar estímulos
aos funcionarios ao servizo da Administración de xustiza que fomenten a súa implicación
para responder a esta situación de sobrecarga. Con esta finalidade a Xunta de Galicia e as
organizacións sindicais consideran necesario establecer un programa de actuación orien-
tado á produtividade do conxunto da organización.
ACORDAN:
I. ÁMBITO
O ámbito deste acordo comprende o persoal ao servizo da Administración de Xustiza de-
pendentes da Comunidade Autónoma de Galicia: funcionarios dos corpos de médicos fo-
renses, xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e administrativos
e auxilio xudicial con destino en órganos xudiciais, fiscalías, rexistros civís, instituto de
medicina legal e oficinas xudiciais da comunidade autónoma galega.
Tamén comprende o persoal interino.
II. PRODUTIVIDADE
a) En aplicación do artigo 12 do Real decreto 1909/2000, polo aumento cuantitativo de
carga de traballo que se está a producir en relación co contexto de crise económica, es-
tablécese un programa de actuación aplicable a todo persoal comprendido no ámbito
deste acordo, segundo se específica no apartado anterior, en virtude do cal para estimu-
lar a súa implicación para responder a maior litixiosidade, retribuirase con 10 euros men-
suais por funcionario, dende o 1 de xullo de 2009.
b) O dereito á percepción económica da dita cantidade, ou da parte proporcional no caso
de redución de xornada, será mensual na nómina do funcionario, segundo o réxime pre-
6 Novas da Xustiza
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
visto para o complemento de produtividade, deixándose de percibirse nas situacións
previstas legalmente respecto do dito complemento.
III. COMISIÓN DE SEGUIMENTO
Constituirase unha Comisión de seguimento formada por un membro de cada organiza-
ción sindical asinante do Acordo, podendo ter cada un deles o correspondente substitu-
to, e un número igual de representantes da Administración, con funcións de información,
seguimento e asesoramento no que atinxe á aplicación
IV. EXECUCIÓN DO ACORDO
A Xunta de Galicia promoverá as medidas necesarias para a execución do previsto no
presente acordo, dentro dun marco retributivo que complementa as previsións do Acor-
do do 31 de xullo de 2008 sobre o importe do complemento transitorio autonómico
(CAT) dos funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (DOG do
17/12/2008) e da Resolución da Dirección Xeral de Xustiza de 12 de febreiro de 2009
(DOG do 26/02/2006) que recoñece a cada funcionario dos xulgados con competencia en
materia de violencia sobre a muller das cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compos-
tela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, en concepto de complemento autonómico tran-
sitorio (CAT), a cantidade de 20 € por riba da sinalada no dito Acordo do 31 de xullo de
2008.
O presente acordo publicarase no «Diario Oficial de Galicia».
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2007
POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA,
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,
Alfonso Rueda Valenzuela
POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS ASINANTES,
CSI-F CC OO UGT
Elena Gamazo Doval Pablo Valeiras Ríos Manuel González Carbajal
CIG SPJ-USO
Delmiro Durán Garrido Francisco Javier Álvarez Morais
FSC-CCOO Novas da Xustiza
7
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
Plataforma Sindical
Propostas da Plataforma Sindical Unitaria sobre os xulgados do penal
Presentadas na Mesa Sectorial de Xustiza celebrada o día 30 de xullo
Desde a cinco centrais sindicais vimos denunciando, desde hai moito tempo, a deteriora-
ción que veñen sufrindo os xulgados do Penal en Galicia, sobre todo como consecuencia
da acumulación de execucións sen resolver.
Segundo a Memoria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do ano 2007, na Comuni-
dade Galega había 13.000 execucións pendentes. En próximas datas publicarase a Me-
moria do ano 2008, onde por desgraza estes números non mellorarán.
O propio C.X.P.X. recoñece a grave situación na que se atopan estes xulgados, especial-
mente en fase procesual de execucións de sentenzas, no informe realizado como conse-
cuencia do Caso “Mari Luz”.
A Plataforma, a través de múltiples escritos, denuncias públicas e en Mesa Sectorial veu
denunciando a escaseza de medios materiais, orzamentarios e persoais nos xulgados en
xeral, pero moi especialmente nos xulgados do Penal.
Catro modificacións lexislativas, ante as que a Administración non tomou ningunha me-
dida, a pesar de ser demandadas sindicalmente, son as que hai que ter en conta para en-
tender o aumento das cargas de traballo que nos levaron á situación actual.
Maio de 2003, entrada en vigor dos Xuízos Rápidos
Decembro de 2004, entrada en vigor da L.Ou 1/2004 de medidas de protec-
ción integral contra a Violencia de Xénero
Decembro de 2007, entrada en vigor de parte da Reforma do Código Penal en
materia de tráfico, pasando a ser delito superar a taxa de Alcoholemia de 0,60
mg/l e a Condución Temeraria.
8 Novas da Xustiza
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
Maio de 2008, entrada en vigor do resto da Reforma do Código Penal en mate-
ria de tráfico, pasando a ser delito a Condución sen permiso de conducir.
Estas modificacións lexislativas trouxeron consigo un aumento espectacular en dous pa-
rámetros crave na dinámica dun xulgado do Penal, os Xuízos Rápidos e as executorias.
Con respecto aos primeiros, dicir que, neles englóbanse as dilixencias Urxentes (D.U.D),
onde están recollidos os delitos de malos tratos (Violencia de Xero) e os delitos de tráfi-
co. Estes por desgraza non pararon de aumentar desde o ano 2006, cos datos que temos
a día 15 de xuño de 2009, nalgún xulgado de Galicia este aumento chegará a mais do
100%.
Pola súa banda, o número de executorias, ao ser un parámetro relacionado co punto an-
terior, seguiu unha peor sorte, posto que hai que sumarlle, ademais das propias execu-
cións do xulgado do penal, a execución de todas as sentenzas ditadas de conformidade
nos Xulgados de Instrución e Xulgado de Violencia contra a Muller, e a pendencia xa exis-
tente de anos anteriores. A propia memoria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
recolle todos estes datos.
Da actual situación de sobrependencia dos xulgados do penal de Galicia, resultan dous
prexudicados:
Por unha banda os cidadáns, que asisten con resignado estupor á que quizá sexa unha
das situacións máis graves nun estado de dereito: o incumprimento de sentenzas firmes.
Polo outro os traballadores, que só co seu voluntariedade e esforzo suplen as deficien-
cias estruturais denunciadas, a costa – incluso - de sacrificar unha conquista social e sin-
dical básica como é o dereito a conciliar a vida familiar e laboral. Este dereito faise de di-
fícil exercicio cando se han de compatibilizar coas prolongacións de xornada ou cunhas
condicións de traballo tan inasumibles que provocaron a “fuxida” paulatina do persoal.
O resultado desta situación xa tivo o seu fiel reflexo nos medios de comunicación: os xul-
gados do penal atópanse na picota. E é de sabios escarmentar na cabeza allea.
Desde a PLATAFORMA propomos as seguintes medidas urxentes, no entendido de que
algunhas delas non son propiamente asumibles pola Xunta, por ser compartidas co Mi-
nisterio.
INTERCONEXIÓN INFORMATICA ENTRE OS XULGADOS E CREACIÓN BASEE DATOS
COMUN
A interconexión permitiría que cando se teña que practicar algunha dilixencia en relación
cunha persoa, o funcionario sabería se ten algunha causa ou dilixencia pendente, posibi-
litando que se lle comunicase ao xulgado correspondente. Á interconexión habería que
unirlle a creación dunha Base de datos Común a todos os xulgados de Galicia onde cons-
tasen, en relación cos imputados, os últimos domicilios facilitados nos distintos xulgados,
FSC-CCOO Novas da Xustiza
9
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
descrición do tipo de procedemento nos que están procesados, etc.
DESENVOLVEMENTO PROTOCOLO ACTUACIÓN XULGADOS-POLICIA XUDICIAL
Onde se recolla de xeito detallado o modo de actuación no traslado de información da
Policía Xudicial aos xulgados do Penal, con respecto aos detidos que teñen nas súas de-
pendencias todas as mañás. A día de hoxe este traslado de información só realízase cos
xulgados de Violencia de Xero e o Xulgado de Garda.
Desta forma, facilitaríase aos xulgados a práctica das dilixencias que tivesen pendentes
coas persoas detidas.
COBERTURA INMEDIATA DAS BAIXAS
Actualmente a Delegación non cobre as baixas de funcionarios ata que non transcorre-
ron, aproximadamente, dous meses. A situación destes xulgados non permite dilación
algunha na cobertura de prazas por funcionarios interinos
SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DO REXISTRO CENTRAL DE SENTENZAS NON FIRMES
O proceso de introdución dos datos relativos ás sentenzas non é todo o áxil que debese,
en ocasións tárdase ata 20 minutos en completalos. A isto temos que engadir que, unha
vez introducidos os datos, son constantes as mensaxes de “existe un erro de conexión co
servidor, inténteo de novo dentro duns momentos” , o que provoca que toda a informa-
ción rexistrada pérdase e haxa que volver introducila.
IMPLANTACIÓN DO PROGRAMA INFORMATICO MINERVA
É imprescindible a implantación do Minerva nos xulgados do Penal co fin de evitar a des-
coordinación actual, entre os propios xulgados do Penal, que traballan co LIBRA, e os de
Instrución, que traballan co MINERVA. Esta descoordinación implica que os asuntos que
chegan aos xulgados do Penal sen pasar pola oficina de Repartición (J.R con sentenza de
conformidade ditados polos Xulgados de Instrución en funcións de garda, que como xa
explicamos antes son os que aumentaron exponencialmente, seguridade viaria, malos
tratos, furtos, quebrantamentos de condena, etc.), a pesar de estar rexistrados, en MI-
NERVA polos xulgados de Instrución deben ser rexistrados de novo en LIBRA polos xulga-
dos do Penal, ao non ser compatible os programas.
Con respecto ao MINERVA esiximos a depuración inmediata de todos os erros denuncia-
dos tanto polos traballadores como pola PLATAFORMA, non é de recibo que se instale un
programa informático que non só non mellora o anterior senón que ata o empeora.
MODIFICACIÓN DOS CRITERIOS PARA A CREACIÓN XULGADOS PENAL
Sabemos que esta non é un labor da Xunta de Galicia, pero é imprescindible que nas
Conferencias Sectoriais co Ministerio de Xustiza, traslade a necesidade de valorar non só
10 Novas da Xustiza
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
o número de sentenzas ditadas, senón que tamén se deben valorar o número de execu-
cións ou calquera outro parámetro que afecte o traballo diario.
CREACIÓN DE SERVIZOS COMÚNS DE EXECUTORIAS
Creación duns servizos comúns especializados na execución das sentenzas penais. Sen
dúbida, o máis complicado de todos os procedementos é a execución das sentenzas, que
adoitan dilatarse no tempo debido a que moitas das indemnizacións e das multas que se
impón abónanse en prazos mensuais. Con este servizo un mesmo funcionario podería
tramitar todas as execucións dun mesmo penado e, con iso, reduciría e simplificaría os
trámites. Por exemplo, unha vez que se decrete a súa insolvencia nunha execución faría-
se extensible ao resto de execucións pendentes, co que se evitaría a duplicidade de trá-
mites nos diferentes xulgados, relativos a unha mesma persoa.
AUMENTO DO PERSOAL NOS XULGADOS DO PENAL
Os Cadros de persoal dos xulgados do penal de Galicia mantivéronse sen cambios desde
a súa creación. Con todo, nestes anos, o número de delitos denunciados multiplicáronse
por catro e, as modificacións lexislativas antes comentadas provocaron que a carga de
traballo de devanditos xulgados incrementouse de xeito descomunal.
O propio T.S.X.G na última Memoria recolle a necesidade de ampliar os cadros de persoal
nestes xulgados.
Asumindo que algunha das medidas propostas son máis complicadas de pór en funcio-
namento que outras, xa sexa por implicar a varias Administracións ou polo seu custo
económico, desde PLATAFORMA entendemos que a ampliación de persoal, desenvol-
vementos de protocolos, cobertura inmediata de baixas, etc. son medidas, non só asu-
mibles senón de obrigado cumprimento, para o bo funcionamento da Administración de
Xustiza en Galicia.
É por iso esiximos que o longo do mes de Setembro se amplíen os cadros persoal destes
xulgados en dúas persoas e se comece o desenvolvemento dos protocolos de actuación e
a cobertura inmediata das baixas, có fin de paliar a situación actual destes xulgados, e,
mediante este escrito, queremos manifestar á Xunta de Galicia o noso firme propósito de
conseguir as nosas reivindicacións con todos os medios de presión necesarios.
A fin de levar a cabo o relatado anteriormente, esiximos a convocatoria dentro da pri-
meira semana de setembro dunha mesa sectorial monográfica sobre reforzos e prolon-
gacións de xornada.
30 de xullo de 2009
FSC-CCOO Novas da Xustiza
11
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
Vacacións de verán
Autodedicatoria
12 Novas da Xustiza
3 d
e a
go
st
o d
e
20
09
CCOO na internet
Contacto
A nosa páxina web
Estamos na internet nas seguintes direccións:
http://ccooxustiza.blogspot.com/
http://ccoojusticia.blogspot.com/
Se queres publicar un artigo ou un comentario no
boletín, se queres realizar unha consulta ou unha
suxestión ou se queres recibir o boletín remítenos
un correo electrónico a
ccoo.xustiza@gmail.com
A CORUÑA
Raquel e Estrela
981.18.20.32
saxgccoo@gmail.com
FERROL
Manolo e Chus
981.33.73.97
mariajesusotero@gmail.com
SANTIAGO
Chus
981.54.03.63
mariajesusotero@gmail.com
OURENSE
Carlos e Justo
988.68.71.92
jclamela@yahoo.es
PONTEVEDRA
Belén
986.80.39.79
belenpontevedraccoo@gmail.com
VIGO
Mercedes e Pablo
986.81.78.35
ccoogalicia@yahoo.es
LUGO
José Antonio
982.40.21.95
ccoo.xustiza@gmail.com
Recommended