View
246
Download
7
Category
Preview:
DESCRIPTION
Boletín de Información Municipal con novas do Concello de Sandiás (Ourense) (Inverno 2002/2003)
Citation preview
SANDIÁSNúmero 11 Boletín informativo municipal Inverno 2002/03
Cabalos e cabalistas invadiron o noso concello por un día
Foi con motivo das rutas técnicas daIII Copa do Padroado Provincial deTurismo. Dúcias de cabalos e caba-listas, xunto cós equipos de apoio,procedentes de lugares tan distantescomo Cartelle, Maside, O Carballi-ño, Celanova, Trives, Verín, Ouren-se e outros concellos da provinciaparticiparon nunha proba que, ade-máis da práctica do deporte hípico,ía servir para dar a coñecer aíndamáis os encantos naturais e medio-ambientais do noso municipio.
Máis proxectos
O mantemento, construcción oureforma de camiños, da ilumina-ción pública, e das redes hidráu-licas ocupou boa parte do esfor-zo municipal nestes últimos me-ses. Tamén se avanzou nas obrasda Casa da Lagoa e no adecen-tamento do entorno da Casa doConcello e da praza de Sandiás.
Axudas para vivendas
O Concello de Sandiás informa so-bre as liñas de axudas do InstitutoGalego da Vivenda e Solo para res-taurar vivendas antigas, e tramitaas solicitudes. Da nova convo-catoria, valedeira ata o ano 2005,poden beneficiarse tamén os emi-grantes retornados, sempre queestean empadroados no concello.
Plan Interreg III
O acondicionamento da área daermida de San Bieito, do entornoda festa do cabalo de San Mateo ea recuperación da flora e fauna daantiga Lagoa de Antela son os pro-xectos incluídas por Sandiás noPlan Interreg III. Nesta iniciativaparticipan varios concellos deOurense e da raia portuguesa.
Beirarrúas: máis seguridade vial
A construcción de novos tramos de beirarrúas na capita-lidade municipal supón unha mellora estética e unhacontribución importante á seguridade vial dos nososveciños e veciñas. As obras centráronse na estrada N-525, nunha zona próxima á Casa do Concello, e na estra-da de Couso, no entronque coa anterior. Deste xeito,Sandiás conta con beirarrúas en toda travesía.
O outono tamén foi tempo de festa
A xente non esquece as tradicións dos nosos devancei-ros, entre as que se atopa o San Martiño. Moitos delesparticiparon no encontro gastronómico e musical organi-zado polo Concello de Sandiás, nas instalacións do cole-xio. Veciños e veciñas de tódolos pobos apostaron poresta celebración que serve tamén para estreita-los lazosde amizade e solidariedade no noso municipio .
Oportunidade laboral, co ObradoiroTrinta veciños e veciñas participarán a partir de2003, e durante doce meses, nun Obradoiro deEmprego, promovido polo Concello de Sandiás, coacolaboración do INEM e da Consellería de Familia ePromoción do Emprego.
no plano de recollida selectiva de lixoF
emprego 2003Apoio a emprendedores:
autoemprego e economía socialInformación: Técnico Local de Emprego
Casa do Concel lo de SandiásCasa do Concel lo de Sandiás
Reciclar é tarefa det o d o s
ColaColaborbora co teu concelloa co teu concello
¿Solidarios?
As doazóns de sangue experi-mentaron un importante des-censo nos últimos anos. No-vas campañas divulgativassensibilizan á nosa xente.
Entrevista
A alcaldesa, María Concep-ción Méndez Gándara, faibalance dos primeiros mildías do actual goberno muni-cipal.
Páxina 2
O Concello de Sandiás incluíu dentro
das iniciativas acollidas ó Plan Interreg
III de cooperación transfronteiriza tres
proxectos de recuperación medioam-
biental e de mellora de entornos sin-
gulares do noso municipio.
Un destes proxectos é o da recu-
peración da flora e fauna da antiga
Lagoa de Antela nas charcas areeiras
xa abandonadas. O obxectivo é facili-
ta-los hábitats ás aves, anfibios, inver-
tebrados acuáticos e flora autóctona,
coa plantación de especies arbóreas e
matorrais, como bidueiros, amieiros,
salgueiros, xuncos, espadanas, beóns
e oubas. Tamén se pretende acondi-
ciona-los sendeiros de acceso e insta-
lar valados de protección. A zona ser-
virá como aula medioambiental para
centros escolares e turistas, en xeral.
Outra das iniciativas é a do acondi-
cionamento da área ligada á ermida de
San Bieito da Uceira. Eiquí, a intención
do Concello é acondiciona-los accesos
a pé dende a estrada N-525, a cons-
trucción dun mirador no monte, o axar-
dinamento e acondicionamento da
arboreda da zona, coa plantación de
especies autóctonas, a construcción
de aparcamentos, a sinalización e a
publicación de folletos divulgativos do
entorno e das rutas de sendeirismo.
Por último, o terceiro proxecto con-
templa o adecentamento da área na
que se celebra a Festa do Cabalo de
San Mateo, en Vilariño das Poldras.
As actuacións previstas son a cons-
trucción de zonas para cuadras móbi-
les, estacionamentos para carga e
descarga de animais, unha pista de
velocidade, un picadeiro e unha festa
anual do cabalo.
O PLan Interreg III está financiado
pola Unión Europea e agrupa a 24
concellos da provincia de Ourense e a
outros portugueses, como as cámaras
municipais de Ponte da Lima e Ponte
da Barca.
A pesar da proximidade xeográfica,
Galicia e Portugal viviron moito
tempo de costas. Semella que a inte-
gración na Unión Europea, coa su-
presión aduaneira e novas políticas
de cohesión interterritorial, está a
favorecer o reencontro histórico
entre ambas comunidades. Un pulo
importante ven dado polos planes
Interreg de cooperación transfrontei-
riza. Sandiás participa nesta iniciati-
va con varios proxectos de interese.
O Plan Interreg complementa ó Lea-
der Plus en canto a iniciativas públi-
cas que deben redundar en novas
liñas de progreso e de modernidade
para o noso municipio.
O Plan Interreg abrenovas posibilidades
Empresas, particulares e institucións públicas e privadaspoden beneficiarse do Plan Leader Plus ata o ano 2006
A Asociación para o Desenvolvementodo Val do Limia-Terra de Celanova, quexestiona o Plan Leader Plus, abríu oprazo para a presentación de proxectose iniciativas que queiran acollerse a esteprograma cofinanciado pola Unión Euro-pea (as solicitudes de axudas poderánformalizarse ata o 1 de novembro de2006, aínda que a execución dos pro-xectos pode alongarse ata o 31 dedecembro de 2008).
O Plan Leader Plus ten como obxec-tivos básicos o sostemento do ecosiste-ma e garantir unha presencia demográ-fica e actividade económica no nosoterritorio, mediante a creación de empre-go, a estructuración do modelo turísticoen torno ó turismo de aldea, a valoriza-ción do patrimonio e a identidade territo-rial, a potenciación e conservación dosatractivos e recursos da zona, e o refor-zamento das avantaxes competitivasderivadas dos espacios naturais.
Beneficiarios:
Empresarios e poboación local, so-ciedades mercantís que revistan calque-ra das formas xurídicas vixentes, entida-des locais (asociacións e institucións
públicas e privadas).Tipos de axudas:
Axudas a fondo perdido para proxec-tos de carácter anual ou trianual, e boni-ficacións a xuros de préstamos.
Requisitos:
Acometer un proxecto viable dentroda zona de aplicación do programa paraunha actividade auxiliable (que poidarecibir axudas ou subvencións).
Ter un cadro de persoal non superiora 50 traballadores, unha cifra de negocioanual non superior a 7 millóns de euros eun balance xeral que non exceda de 5millóns de euros.
Estar ó corrente das obrigas tributa-rias e da Seguridade Social.
Manter o destino da inversión auxilia-ble, alomenos durante cinco anos poste-riores á certificación do remate dosinvestimentos.
Non estar iniciado o investimentoantes de solicita-la axuda.
Respeta-la lexislación vixente.
A Consellería de Industria eUnión Fenosa axudan a paliar
deficiencias eléctricas
❖
O Concello de Sandiás é un dos
destinatarios de parte dos 600 mil
euros que a Consellería de Industria
e Comercio da Xunta de Galicia e
Unión Fenosa destinan á renovación
das redes de baixa e media tensión
e dos centros transformadores de
enerxía eléctrica, así como a súa
automatización.
Esta iniciativa, destinada a me-
llora-la subministración de enerxía
eléctrica, tanto para o alumeado pú-
blico como para o uso particular,
forma parte do plano de calidade
enerxética que desenvolve a Xunta
de Galicia, a través da Consellería
de Industria, en convenio coas em-
presas eléctricas maila Federación
Galega de Municipios (FEGAMP).
A prioridade na planificación dos
traballos faise tendo en conta os
datos de interrupcións por potencia
instalada, así como as reclamacións
plantexadas por particulares debido
a problemas ou deficiencias na sub-
ministración eléctrica. Sandiás reci-
birá 61 mil euros.
Información sobre Plan Leader Plus:
Casa do Concello de Sandiás
ou no tfno: 988 434 900
Páxina 3
Devoción estivalA devoción a San Bieito
da Uceira repetíuse, un anomáis, durante o mes dexullo. Centos de persoasparticiparon na procesión ena misa solemne, consoli-dando así o fervor relixiosoque o sitúa como o máisvenerado da nosa comarca.O bo tempo axudou a recu-pera-lo costume das meren-das campestres.
▲
Á construción da Comu-
nidade de Regantes
asistiron representan-
tes públicos e veciños
de Sandiás, Xinzo, Sa-
rreaus e Xunqueira.
A ampliación das beirarrúas melloran aseguridade no tramo urbano da capitalidade
A ampliación das beirarrúas no tramo urbano de Sandiás(foto superior) completa unha nova estética e incide namaior seguridade dos viandantes. Na mesma liña, comple-touse a terceira fase das obras de construcción das beirarrú-as e da ampliación da rede de abastecemento en Vilariño,con cargo ós Planos de Obras do Concello. Obras en execu-ción, e pendentes de que se completen nas primeiras sema-nas do novo ano, son as das prazas públicas e as da renova-ción dos servicios básicos en Sandiás, no tramo comprendi-do entre a Casa da Lagoa e a Consistorial. As brigadas deobras tamén realizaron nos últimos meses traballos de man-temento e conservación dos servicios e infraestructurasmunicipais en case que tódolos pobos do concello.
Sandiás conta con tres directivos na novaComunidade de Regantes Antioquía
Coa aprobación dos estatutos, botou a anda-la primeiracomunidade de regantes de secano da comarca de A Limia, eque agrupa a 2.200 hectáreas dos concellos de Xinzo, Sarre-aus, Xunqueira de Ambía e Sandiás. Na xunta de goberno,que está presidida por Benito Rodríguez, de Xinzo, figurantres agricultores de Sandiás: Avelino Santana, como vicepre-sidente; e Luis Doval e Eligio Santana, na condición devocais.
A constitución desta comunidade de regantes foi unha dascondicións esixidas pola Consellería de Política Agroalimen-taria da Xunta de Galicia para pór en marcha o plan de rega-dío, no que está contemplado un investimento de 12 millónsde euros.
Un dos obxectivos desta planificación do noso agro é faci-litarlles ós agricultores a sementeira de productos alternativosá pataca, diversificando a producción e, como consecuencia,acadando un maior nivel de rendabilidade.
A Agrupación de Volunta-rios de Protección Civil deSandiás estreou a súa novasede, nas remodeladas insta-lacións da antiga Cruz Ver-mella. Un edificio práctico epolivalente, destinado taména albergar algúns dos servi-cios municipais, como oPunto de Información Xuve-nil. Tamén se vai destinár auso social e veciñal.
Operativo o edificio municipal de usos múltiples
Sandiás e os outros con-cellos de A Limia cons-tituirá unha Fundaciónpara impulsa-los traba-llos de recuperación daLagoa de Antela. A De-putación de Ourenseacolleu unha xuntanza, presidida polo seu titular, José Luis Bal-tar, na que tódolos alcaldes, entreles a rexedora municipal deSandiás, Mª Concepción Méndez, acordaron a creación do novoorganismo. Como paso previo, está prevista unha viaxe a Villa-fáfila (Zamora) e La Nava (Palencia) para coñece-las experien-cia de recuperación dos humedais nestas zonas.
Unha fundacióndará pulo á Lagoa
O albergue xacobeo acollerá exposicións culturaisAdemáis de servir de aloxa-mento ós peregrinos que vancara a Santiago pola Vía daPrata, o albergue de Sandiásacollerá exposicións perma-nentes de artes plásticas. Estáé a intención da Corporaciónmunicipal, interesada enobter unha maior rendabili-
dade de uso das instalacións.Máis de 300 persoas per-
noctaron no albergue duranteo ano 2002, a pesar do des-censo do número de peregri-nos fora dos Anos Santos. Aimpresión recollida é que setrata dun dos mellores alber-gues do Camiño.
A esta nova edición da romaría asisti-ron fieis devotos procedentes de toda acomarca limiana.
Páxina 4
Vilariño das Poldras recuperaa gran tradición cabalistacoa Festa de San Mateo
Varias dúcias de cabalos trans-portados en camións e nume-rosos acompañantes fixeronrevivir as grandes feiras e fes-tas do San Mateo en Vilariño.Pero a xornada transcorreu senincicentes, gracias ó labor deorganización desenvolvido po-la Agrupación de Voluntariosde Protección Civil de San-diás. Un éxito no que coincidi-ron tódolos participantes nasprobas hípicas celebradas o día21 de setembro.
O San Mateo foi un día defesta, revivindo vellos tempos.Non fallaron os cabalos, nen asbestas. Unha comida popular,compartida por veciños e caba-listas, foi o colofón a unha cele-bración que o Concello de San-diás tenta potenciar (a recupera-ción do entorno figura nos pro-xectos incluídos no Plan Inte-rreg III). Diferentes medios decomunicación fixéronse ecodesta festa equina, sen dúbida, amáis importante da comarca.
Inaugurado en Sandiás o maior hipódromo de GaliciaO Hipódromo de Antela, construído pola Deputación Provincial deOurense en terreos limítrofes entre Sandiás e Xinzo, é único en Gali-cia e figura entre os cinco primeiros de toda España. Dispón dunhapista de carreiras 1.500 metros de corda, por vinte metros deancho. Nas novas instalacións poden correr ó mesmo tempo ata 16cabalos, aínda que nas probas celebradas ata o de agora fíxose cunmáximo de doce, por cuestións de maior seguridade.
Na inauguración oficial, o pasado 6 de outubro, participaron,ademáis das autoridades e de afeccioados de toda a provincia,xinetes de Galicia, Asturias e Portugal. O xerente das instalacións,Sindo González, asegura que “a pista queda aberta a tódolos afec-cioados que a queiran usar, tendo eiquí bo firme durante todo o ano,xa que nós encargámonos de mante-lo en bo estado”. Este centroecuestre irá medrando a medida que se precisen novos servicios.
Veciños do noso munici-pio e de toda a comarcaasistiron ós diferenteseventos celebrados nohipódromo de Sandiás,con carreiras de cabalose trotóns, e probas dedoma. A Federación Gale-ga elexíu este recintopara celebrar varias com-peticións da vindeira tem-pada, sen descartar pro-bas a nivel nacional.
A Copa do Padroado Provincial de Turismo motivou odesprazamento ata Vilariño das Poldras de cabalistas detoda a provincia de Ourense. Unha boa oportunidadepara promociona-lo noso municipio e o deporte hípico,fondamente enraizado nesta terra.
Páxina 5
Mil días de goberno municipalMil días de goberno municipal
“Os esforzos da Corporación munici-
pal van encamiñados a que tódolos
veciños e veciñas dispoñan dunha
mellor calidade de vida”.
“Unha das preocupacións é a crea-ción de emprego. Iniciativas, como oObradoiro e a zona industrial, debenaxudar a asenta-la xente nesta terra”.
“Hai que seguir traballando e xene-
rando expectativas de progreso para
seguir entre os concellos con máis
iniciativas da nosa comarca”.
Despois de 23 anos á fronte da Alcaldía
de Sandiás, non pode dicirse que Mª
Concepción Méndez Gándara non
estea satisfeita do seu traballo: “cando
traballas a prol dos teus veciños e veci-
ñas -asegura-, a maior satisfacción é
ver que viven cada vez mellor e, no que
podemos, dende o Concello, tentamos
que teñan mellores servicios públicos”.
A nosa xente, aparentemente, tamén
está leda coa súa xestión, xa que neste
periodo as candidaturas que presidíu
acadaron sempre a maioría na Corpo-
ración municipal.
Pregunta.- ¿Qué salientaría como
máis relevante neste sexto mandado
como alcaldesa de Sandiás, cumpridos
xa mil días de xestión?
Mª Concepción Méndez.- Dende
o meu punto de visto foron positivos,
aínda que esta opinión non deixar de
ser interesada, e deben ser os nosos
veciños e veciñas quenes se pronun-
cien. Hoxe en día hai moitas persoas
obxectivas que aseguran que Sandiás
é un dos concellos da provincia de
Ourense que dispón dun máis que
aceptable nivel de servicios básicos,
aínda que sempre haberá algúns que
opinen que se poden mellorar. Basta
con dar unha volta polo noso municipio
e comprobar que de seguido se están
facendo obras importantes, e que inci-
den directamente na mellora da calida-
de de vida da nosa xente. Temos
exemplos dabondo, como o albergue
de peregrinos, o ensanche da estrada
de Sandiás a Vilariño, a mellora das
redes de abastecemento e de sumidoi-
ros e, por suposto, a construcción da
Casa da Lagoa, como centro de inter-
pretación, chamada a servir de esca-
parate do municipio e atractivo para
cantos nos visitan.
P.- ¿Existe unidade no grupo de Gober-
no que vostede preside?
Mª Concepción M.- O Goberno
municipal de Sandiás desenvolve a
cotío un traballo importante, aínda que
as veces non sexa perceptible. Esta-
mos moi unidos e eso é clave para
desenvolver novos proxectos e iniciati-
vas, tentando sempre evitar desequili-
brios entre os distintos pobos do muni-
cipio. Entendémonos ben e compartí-
mo-lo mesmo proxecto de concello de
cara ó futuro.
llo moi dinámico e tentamos de se-lo
máis obxectivos posibles; é dicir, que o
principal criterio de actuación sexa a
necesidade e a conveniencia en cada
momento.
P.- ¿Pensa que quedan aínda asignatu-
ras pendentes por resolver?
Mª Concepción M.- Sempre quedan
cousas por facer, por moitas obras e
proxectos que se poidan executar. O
certo é que o nivel de servicios e de
equipamentos nos nosos pobos é alto.
Quero dicir que temos completados os
servicios básicos. Pero, aínda así, xur-
den novas ideas e iniciativas, como o
Obradoiro de Emprego, que será pron-
to realidade, o acondicionamento das
travesías, a ornamentación dos pobos,
a restauración do noso patrimonio civil
e relixioso, e outras moitas.
P.- ¿A perda de poboación é tamén un
problema en Sandiás, ó igual que nos
demáis concellos rurais da provincia de
Ourense?
Mª Concepción M.- Claro que sí é
un problema grave, o mesmo que a
falla de desenvolvemento urbanístico.
Agardo que esto se poida solucionar
nun futuro próximo.
P.- ¿Existen solucións?
Mª Concepción M.- O novo Plan
Xeral de Ordenación Municipal contem-
pla a dotación dunha área industrial,
preto da autovía, que non pode axudar
a crear emprego. Tambén debemos
potencia-lo sector turístico, cos planes
de recuperación e desenvolvemento
dun turismo didáctico e ecolóxico, en
torno ás areeiras e á Lagoa de Antela,
se efectivamente se levan á práctica os
planos para a súa recuperación parcial.
P.- ¿Cómo concibe o futuro de San-
diás?
Mª Concepción M.- Penso que o
noso futuro debe estar baseado nunha
diversidade da actividade productiva,
tanto agropecuaria, de servicios ou
industrial. Estamos traballando para
que os veciños e veciñas se sintan a
gusto no lugar no que viven, con boas
infraestructuras, equipamentos e servi-
cios, e sexa, asemade, un lugar atracti-
vo para traballar e para convivir. Nos
vindeiros anos necesitamos un crece-
mento ordenado, sostible, aproveitando
tódolos recursos posibles, e co máximo
respeto ó noso entorno natural.
P.- ¿Qué criterios seguen vostedes á hora
de establecer prioridades sobre os pro-
xectos que se deben executar no noso
concello?
Mª Concepción M.- Hai prioridades,
está claro, pero non resulta nada fácil
defini-las nun municipio extenso, xeo-
gráficamente, e con tantas entidades de
poboación como ten Sandiás. Pero pode-
mos asegurar que existe un bo equilibrio,
en canto a servicios e infraestructuras,
entre tódolos núcleos. Somos un Conce-
Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa:
“Sandiás pode presumir de que tódolos pobos teñen bos servicios”
Páxina 6
Dará ocupación e formación a 30 persoas durante un ano
O Obradoiro de emprego recuperará o noso patrimonio
O acondicionamento dasáreas recreativas e doentorno da Torre figuranno proxecto do Obradoirode Emprego de Sandiás.
¿Qué clase de formación recibirán os alumnos? Será unha formación completa,coa dobre vertente de teórica e práctica. Asemade, os alumnos e alumnas que non dispoñan de titulación, pode-rán prepararse para acada-la nova titulación académica equivalente ó antigo Graduado Escolar.
¿Cales son os principais proxectos a desenvolver? Este Obradoiro de Empre-go está xustificado para mellora-la Vía Nova, a antiga calzada romana que comunicaba Astorga e Braga a travésdo noso municipio, pero centrándose en tres zonas preferentes: o entorno da Torre de Sandiás, o núcleo próximoá igrexa de Santo Estevo e a Capela de Santa Mariña.
Entorno da igrexa de Santo Estevo: plantéxase un pavimento de adoquín no adrio, como continuación do rea-lizado dende o lavadoiro, a limpeza das xuntas das lápidas dos enterramentos arredor da igrexa, novas por-tas de acceso ó cemiterio, e limpeza do camiño lateral da igrexa que conecta coa estrada.Mellora e recuperación dos fornos de Vilariño das Poldras e Sandiás.Fontes e áreas recreativas da zona, dende Vilariño ata Piñeira de Arcos.Acondicionamento do lavadoiro de Couso, e da fonte e do lavadoiro da Mamuela.Desbroce, limpeza e plantación de árbores no entorno da Torre, para facilita-lo ascenso e visión dende a auto-vía.Reparación da estructura da cuberta e do entorno da Capela de Santa Mariña.
▲▲
O Plan Labora, unhaboa oportunidade de
emprego paraa nosa mocidade
O Concello de Sandiás cola-
bora coa Consellería de Fami-
lia e Promoción do Emprego,
Muller e Xuventude na difu-
sión do Programa “Labora-Xu-
ventude con Experiencia”. Vai
dirixido a persoas de 16 a 29
anos, que non teñan traballa-
do nos últimos cinco anos, nin
por conta propia ou allea,
durante seis ou máis meses; e
que estean inscritas actual-
mente como demandantes de
emprego cunha antigüidade
mínima de 6 meses. Os ve-
ciños e veciñas que cumplan
estes requisitos poden solicita-
la adhesión a este programa a
través do Técnico Local de
Emprego de Sandiás (Casa do
Concello, no horario das ofici-
nas municipais). As posibilida-
des que se lles ofrecen ás per-
soas interesadas inclúen
incentivos á contratación inde-
finida en empresas; apoio á
contratación en prácticas, en
empresas ou centros de in-
vestigación; escolas obra-
doiro, obradoiros de emprego
e programas de cooperación
en entidades públicas, univer-
sidades e corporacións locais.
O prazo de solicitudes estará en vigor ata o ano 2005
Novas axudas para rehabilitar vivendasO Decreto 228/2002, de 20 de xuño, publica-
do no Diario Oficial de Galicia, regula as sub-vencións a fondo perdido para rehabilitación devivendas no medio rural de Galicia, dentro doPlan de Vivenda e Solo para o período 2002/05,da Consellería de Política Territorial.
Para ser obxecto das axudas reguladas nestedecreto, as vivendas deberán ter máis de 15 anosde antigüidade e adicarse a residencia habitual epermanente do beneficiario. As actuacións refí-rense a calquera tipo de obra ou acondiciona-mento das instalacións, sexa interior ou externa-mente.
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas,
propietarias ou usufructuarias, cuns ingresosfamiliares ponderados que non excedan de 2,5veces o salario mínimo interprofesional, e queveñan residindo nos últimos cinco anos no nosomunicipio. Ós galegos residentes no exterior daComunidade Autónoma non se lles esixirá a con-dición de residencia e poderán optar ás axudassempre que cumplan os demáis requisitos. Ósretornados nos últimos cinco anos esíxeselles orequisito de residencia só dende o seu retorno.
Outras das condicións para acceder a estasaxudas é a presentación dunha memoria descrip-tiva do proxecto a realizar e a xustificación dosgastos.
Información esolicitudes:
Casa do ConcelloCasa do Concellode Sandiásde Sandiás
O Obradoiro de Emprego de Sandiásserá realidade durante o ano 2003. Oproxecto contempla a formación teó-rica e práctica de 30 veciños e veci-ñas nas especialidades de cantería (15persoas) e xardinería (outras 15).Asemade, contará con un director, unadministrativo, catro monitores e unprofesor/as de Educación Compensa-toria. Trátase dunha iniciativa doConcello de Sandiás para promove-lainserción laboral de veciños e veciñasmaiores de 25 anos que estean inscri-tos nas oficinas do INEM. Este orga-nismo estatal aportará 414.469,07euros, mentres o Concello asumirá ocuste dos materiais, estimado en90.803,97 euros.
■
■
■
■
■
■
Páxina 7
A carpa (á esquerda), acolleu a cerca de 200 veciños/as; á dereita, a alcaldesa, xunto ós “cociñeiros” do magosto.
O magosto: unha festa singularMáis dun 200 veciños e veciñas de tódolos pobos do
municipio esqueceron o frío dunha noite de novembro
para conserva-las tradicións dos nosos devanceiros. Foi
con motivo do San Martiño, na festa popular celebrada
nunha carpa, no recinto do colexio público. Unha festa
xa tradicional, que recupera folgos gracias ó pulo que
recibe dende a Corporación Municipal. Foi fermoso com-
proba-la harmonía e as gañas de troula entre os veciños
e veciñas de diferentes zonas do concello, nun xesto
que debe perdurar durante moito tempo. O San Martiño
é tempo de disfrutar tamén dos froitos da nosa fermosa
natureza, que ten na castaña un protagonista de excep-
ción ó longo de toda a nosa historia.
Música e castañasA celebración do ma-gosto, cadrando coSan Martiño, tivo un as-pecto gastronómico,coas castañas, chouri-zos, empanada e o vi-ño como protagonistas,e musical, coa actua-ción dunha charanga,encargada de caldea-loambiente e de corre-lofrío dos máis animadosdanzaríns. Unha festa,en suma, que debeperdurar no futuro.
¿Cómo lembran os nosos veciños e veciñas os magostos de antes
Irene Rodríguez Durán
“Hai oitenta anos, cando eu era unha rapaza,xuntábamonos en calquera esquina. Buscabanunhas silvas e asaban as castañas, que era otípico, máis que agora. Tamén se facía nascasas, cos tixolos, nunha xuntanza familiar eveciñal. Este costume mantívose moito tempo.Despois, foi desaparecendo, e nos últimosanos vaise recuperando, gracias ó Concello.Agora é diferente, pero eu divírtome moito,coa música e a conversación dos veciños”.Perfecto Manso De Dios
Arturo Cabrera Dacal
“Cando era rapaza, en Cardeita, facíasepouca cousa, porque eran anos difícis e nonhabía medios. Xa de maior, íamos mocear aSandiás ou a outros pobos, onde tíñamosalgunha cita. Facíamos o lume para asa-lascastañas. Despois de come-las, saltábamospor riba das lapas e chiznábamos a cara unsa outros. Daquela íase a escoite, entre todos.Agora veño tódolos anos ó magosto do Con-cello, porque me parece unha boa cousa”.
“Cando chegaba o tempo dos magostos, aprimeiros de novembro, xuntábamonos osrapaces e rapazas para pasar un día de festaco pouco que había: castañas asadas, e,poucas veces, un pouco viño. A pesar daspenalidades que se pasaban, porque erantempos complicados para todos, non fallabao bo humor e a simpatía da xente. Era unhafesta sinxela e natural, que se improvisabaen calquera aira, pola tarde”.Aurora Manso Gómez
“Daquela non había chourizos como agora. Oúnico que tíñamos eran castañas, que íamosbuscar polas fragas de Santa Ana. O magostofacíase no monte, no día de Tódolos Santos.Tocábamos a pandereta, bailábamos e contá-bamos catro contos. Lembro tamén que eracostume rezar tres rosarios. Agora é diferente,faise dende o Concello e hai máis medios. Omellor é ver a moitos veciños en harmonía,divertíndose xuntos”.
?
Páxina 8
Edita: Concello de Sandiás - Imprime: GrafoDos - Dep. Legal: OU-227/97
No ano 1998, había 13 doantes. Agora, só cinco. O des-censo foi paulatino, pero case que constante, coa excep-ción do ano 2000, cando se producíu un lixeiro repunte.Compre agardar que este dato non represente unhamerma do noso tradicional espíritu solidario, do que sem-pre fixo gala a xente do concello de Sandiás.
Por parte do Centro de Transfusión de Galicia anún-cianse novas campañas informativas, tamén na nosacomarca, para alentar á poboación a que sexa xenerosa eaxude a salvar moitas vidas. Porque o que hoxe facemospolos demáis, o día de mañá, poden face-lo outros pornós. Fai falla, sí, máis información, pero tamén unha acti-tude máis positiva para afrontar esta situación.
¿Crise de solidariedade?
No último ano, as doazóns de sangue baixaron en Sandiás o 58 por cento
Regalar algo vermello pode salvar moitas vidas
Tódolos días do ano hai persoas nos hospitais que teñen que se operar, padecen cancro ou leucemia, tiveron un accidente de tráfico,van someterse a un transplante de órganos... e precisan da nosa colaboración. En Galicia necesítanse 450 doazóns de sangue cada día.
Con só 5 minutos do noso tempo, moitas persoas poderán resolve-lo seu problema de saúde e mesmo algúns, salva-la súa vida.Poden ser doadores tódalas persoas con saúde normal, con máis de 50 kilos de peso e unha idade comprendida entre 18 e 65 anos. Compre acodir á doazón sen almorzar ou comer, alomenos, dúas horas antes.
Tódolos concellos da comarca, agás o
de Xinzo, rexistraron durante o último
ano un significativo descenso na taxa
de doazóns de sangue. No caso de
Sandiás foi do 58%. Só se contabiliza-
ron 5 doantes, sete menos que no ano
precedente. Esto significa unha taxa de
só 3/1.000 habitantes, lonxe dos
57/1.000 de Xinzo, que segue a se-lo
concello máis solidario desta zona,
tendo en conta a estatística do Centro
de Transfusión de Galicia.
▲▲
▲▲
Máis de 200 veciños/as participaron na campaña de vacinación antigripalO Servicio Galego de Saúde agarda que os índices de prevención derivados da actualcampaña se movan entre o 30% e o 70%, evitando deste xeito moitas hospitalizaciónspor gripe e neumonías. Tamén se prevé que a vacinación reduza ata nun 80% as mortespor complicacións derivadas desas patoloxías. En canto á enfermidade pneumocócica,agárdase un 56-81% de eficacia na prevención.
Esta recomendación débese a que coa idade e coa presencia de factores de riscoauméntase as probabilidades de padece-las xa coñecidas complicacións da gripe ou desofrir outras enfermidades causadas por un xerme diferente, chamado pneumococo,que é capaz de afectar seriamente á saúde dos que a padecen.Centro de Saúde de Sandiás.
“Doar sangue é para mín unha satisfacción, pen-sando que podo facer moito ben a outras persoas.Son doante dende hai bastante tempo, e sempreque podo e teño ocasión. Animo ós demáis, porqueé sinxelo e non doe nada”.
“A primeira vez foi no servicio militar. Despois,nunha ocasión doíame moito a cabeza e dixome omédico que debía renova-lo sangue. Pensei que seera bo para min, tamén eu podía facer o mesmopolos demáis. Dende entón dono tódolos anos”.
“Fíxenme doante hai varios anos porque parécemehumanitario axudar a quen o necesita. É algo quenon custa nada e permite salvar moitas vidas. Euveño á unidade móbil do Centro de Transfusiónunhas tres veces ó ano”.
Doantes: doses de xenerosidade que compre imitar...
María JoséCampelo Fer-
nández,de Sandiás
ManuelCarnero Fer-
nández,de Couso
EncarnaFeijóoDios,
de Sandiás
Recommended