24
Número: 7 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 19 de febreiro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 12 de marzo . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 Campionato de hoquei sala xuvenil: O Junior FC alzouse co campionato de España de hoquei sala nunha emocionante final contra o Complutense páx 6 e 7 ANDAINA: Presentouse a sétima edición da andaina Capital Termal páx 16 A excelencia na III Copa Galicia de Ximnasia Páx. 12 e 13

19 Feb 2010 - Nº07

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Campionato de hoquei sala xuvenil: O Junior FC alzouse co campionato de España de hoquei sala nunha emocionante final contra o Complutense páx 6 e 7 ANDAINA: BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 12 de marzo . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx 16 Número: 7 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 19 de febreiro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

Citation preview

Page 1: 19 Feb 2010 - Nº07

Número: 7 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 19 de febreiro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 12 de marzo . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Campionato de hoquei sala xuvenil:O Junior FC alzouse co campionato de España de hoquei sala nunha emocionante final contra o Complutense

páx 6 e 7

ANDAINA: Presentouse a sétima edición da andaina Capital Termal páx 16

A excelencia na III Copa Galicia de Ximnasia

Páx. 12 e 13

Page 2: 19 Feb 2010 - Nº07

2 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

FÚTBOL SALA

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos1.- Elche 46 2.- Córdoba 45 3.- Móstoles 44 4.- Burela 36 5.- Navalcarnero 34 6.- Murcia 34 7.- Valladolid 32 8.- Rioja 29 9.- Zaragoza 24 10.- Ponte Ourense 24 11- Gironella 20 12.- Logroño 19 13.- Soto del Real 18 14.- Campillos 13 15.- Castelldefels 8 16.- Telde 7 17.- Torrejón 5

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos 1.- Alcorcón 34 2.- Combarro 34 3.- Majadahonda 32 4.- Cidade As Burgas 30 5.- Leganés 24 6.- Chilieches 24 7.- Leis 21 8.- Unami 20 9.- C. Villalba 18 10.- U. de Salamanca 9 11.- Casarrubios 7 12.- Road House 0

A piques de dar a sorpresa4 O Ponte Ourense estivo a punto de sacar algo positivo da cancha do líder Elche.Ramsés Torres

O cadro adestrado por Isidro Grela estivo a pi-ques de dar a campana-da na casa das líderes, o Femesala Elche, cunha táctica defensiva para as cometidas das ilicitanas. A sobriedade en defensa aguantou ata o primeiro gol das locais no ecuador da primeira parte. Na se-gunda metade, o Ponte Ourense, cambiou de tác-tica, o que lle deu unha maior posesión do esfé-rico, grazas ao cal conse-guiu as táboas no electró-nico. Pero pouco lle durou

a ledicia ás ourensás, xa que de seguido, marcarían as líderes o dous a un, tan-teo que xa non se movería ata o final do partido. Este encontro de seguro que lle dará ánimos ao cadro di-rixido por Isidro Grela para manter a categoría e inten-tar conseguir algo importan-te na Copa da Raíña, que se disputará en abril na cidade. O Ponte Ourense, ocupa a décima praza con 24 puntos, a 22 das líderes, Femesala Elche, e 11 por enriba da sal-vación, que, aínda que está lonxe, non se poden durmir nos laureis, xa que aíndan quedan 14 encontros.

O Cidade de As Burgas non perde comba cos de arriba4 Pasou por enriba do Leganés no anexo do pavillón dos Remedios.

Ramsés Torres

O equipo ourensán de División de Prata do fútbol sala feminino, o Cidade de As Burgas, vén de acadar unha importante vitoria na xornada 17, ante o seu in-mediato perseguidor, o Le-ganés, ao que goleu por oito tantos a un. Con esta vito-ria, alonxa ao cadro madri-leño a seis puntos, colchón importante para afrontar as últimas xornadas.

Con sete partidos por dis-putar, o Cidade de As Bur-gas non perde comba cos de arriba e colócanse cuar-tas con 30 puntos a catro do líder, Ciudad de Alcorcón. Entre as primeiras, Alcor-

cón e as cuartas, Cidade de As Burgas, sitúanse o Ate-neo Combarro, de infausto recordo para as ourensás, empatadas co Alcorcón a 34 puntos e o Majadahonda con 32 puntos. Estes catro equipos, a priori, serán os que se xoguen o ascenso a División de Honra nas nove xornadas que restan para finalizar a liga (oito encontros a cada un deles), polo que nestes próximos encontros é vital non perder a estela cos postos de arri-ba. Na xornada desta fin de semana do 20 de febreiro, o conxunto ourensán me-dirase ao líder, Ciudad de Alcorcón, na súa cancha, polo que sumar algún punto

sería importantísimo para seguir na loita polo título. O seguinte partido en casa terá lugar o 27 de febreiro, e enfrontaranse ao noveno clasificado, o Collado Vi-llalba.

Unha xogadora do Cidade tirando á portería contraria. /RAMSÉS

Falta lanzada por unha xogadora do Soto del Real nos Remedios. /RAMSÉS

Page 3: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

3FÚTBOL SALA

O “coco” para o Ponte Ourense4 O Atlético de Madrid Navalcarnero será o rival das ourensás nos cuartos de final.

Redacción

Realizado o sorteo para a Copa da Raíña do fútbol sala feminino que se cele-bra no pavillón de Os Re-medios de Ourense os días 9, 10 e 11 de abril, ao Ponte Ourense tocoulle o Atlético de Madrid Navalcarnero, equipo que leva tres anos seguidos conquistando a copa , polo que lle ten to-mada a medida a este for-mato de competición a eli-minatoria única de cuartos, semis e final en tres días.

O Ponte terá as bancadas ao seu favor polo que pode nivelar a balanza durante un encontro no que as madrile-ñas son as favoritas, non só por levarse as tres últimas copas, senon porque ade-mais están actualmente en quinta posición.

O sorteo realizouse na sede da Real Federación Española de Fútbol en Las Rozas (Madrid). Os empa-rellamentos dictaminaronse despois dun sorteo direc-to entre dous bombos. Por unha banda, o bombo dos cabezas de serie (os catro primeiros equipos clasifi-cados ao termo da primeira volta e por outra banda, o Burela FS Pescados Rubén, UCAM Murcia e Diamante Rioja, xunto co anfitrión, o Ponte Ourense.

Tralo sorteo os enfron-tamentos quedan como siguen: Cajasur Córdoba – F.S.F. Diamante Rioja, Femesala Elche – Burela F.S. Pescados Rubén, F.S.F. Móstoles Cospusa – F.S.F. UCAM Murcia e 4-Ponte Ourense SAD – At. Madrid Navalcarnero.

Os cuartos de final terán lugar o venres 9 de abril. Os gañadores xogarán o sába-do 10 de abril as semifinais e ao día seguinte, o domin-go 11 de abril, disputarase a gran final, onde esperemos encontrar ao Ponte Ouren-se.

Momento no que se realizou o sorte da copa da raíña na cidade de As Rozas en Madrid.

O partido de cuartos da Copa da Raíña enfrontará ao Ponte Ourense contra o At. Madrid Navalcarnero que leva gañadas as tres últimas edicións do campionato

Plantilla do Ponte Ourense que comenzou a temporada 2009-2010. A porteira Belén e a peche Patri, no encontro disputado no pavillón dos Remedios. /ARQUIVO

Nas filas do Atlético de Madrid Navalcarnero están as internacionais coa selección española Patri e Eva Menguán, entre outras xogadoras de grande nivel

Page 4: 19 Feb 2010 - Nº07

4 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

FÚTBOL

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos1.- Depor B 53 2.- Cerceda 52 3.- Narón 48 4.- Coruxo 44 5.- Ourense 42 6.- Ordes 37 7.- Alondras 33 8.- Vilalonga 32 9.- Pontevedra B 31 10.- Vilalbés 31 11- R. de Bouzas 29 12.- C. Areas 29 13.- Lalín 28 14.- Bergantiños 28 15.- Céltiga 26 16.- Sta. Comba 23 17.- Negreira 23 18.- Somozas 15 19.- Verín 10

O derbi ourensán entre Club Deportivo Ourense e Verín C.F. terá lugar o domingo 27 de febreiro a partir das 16.45 horas no estadio de O Couto, o que será un partido importante para os dous conxuntos

Ramsés Torres

O Ourense deu un paso importante nesta liga da Terceira División para che-gar á promoción de ascen-so a Segunda División B despois de gañar a pasada xornada ao líder, o filial do Deportivo de A Coruña, Fabril. A pesar da vitoria, os ourensáns non puideron recortar ningún punto para achegarse á promoción, pero o xogo despregado e a vitoria ante o líder fai que collan confianza para o tra-mo final de liga e logren o ansiado cuarto posto (como mínimo) que o levará a xogar a promoción para o ascenso á Segunda B. Ao estadio de O Couto chegou un líder, que só puido unha hora ao Ourense, xa que os goles chegaron na segunda metade (minuto 60 e 70). O canteirán Rafa abría o mar-cador con espléndido gol despois de facer un recorte a un defensa e batir ao por-teiro de potente disparo. O segundo foi obra de Martín ao pouco de saír ao terreo de xogo. O Ourense segue na brecha e aínda dará que falar. A pesar da vitoria,

Club Deportivo Ourense vence e convence

4 Gañou ao líder Deportivo de A Coruña B por dous a cero.o Fabril segue lonxe, a 11 puntos do Ourense, polo que loitar para o primeiro posto está case descartado, igual que o segundo que ocupa o Cerceda cun punto menos que o líder, 52, e dez máis que o cadro ‘rojillo’. Polo que ao Ourense, a prio-ri, só lle queda loitar polo terceiro ou cuarto posto. O terceiro posto está ocupado polo Narón con 48 puntos, seis máis que CD Ourense, a cuarta posición é agora para o Coruxo con 44, a tiro de pedra dun partido para o equipo das Burgas que está a dous puntos (42).

Na próxima xornada, o Ourense visita o campo do Cultural Areas, mentres que o Coruxo recibe a visita do Céltiga. Partido complicado para o Narón que recibe a visita do segundo clasifica-do, o Cerceda, sendo unha boa ocasión, en caso de ga-ñar, para recortarlle puntos ao segundo ou situarse xa en postos de promoción. Na seguinte xornada, a do do-mingo 27 de febreiro, o der-bi provincial fará que CD Ourense e Verín se citen no estadio do Couto. Cun Ve-rín, practicamente condea-

do ao descenso, o Ourense buscará a vitoria para seguir nos posto de arriba.

Lenta agonía do VerínO Verín está sumando

puntos nestas xornadas que de seguro non lle van dar para conseguir a perma-nencia, xa que, aínda que recortou puntos aos postos de salvación, esta aínda está moi lonxe, prácticamente imposible. Na xornada 25,

o equipo está a 13 puntos da salvación e segue sendo o pechacancelas da clasifi-cación. Aínda que pode ter unha última oportunidade de amarrarse ao tren da sal-vación. O Verín ten dous partidos menos que os seus máximos rivais (un apraza-do e o outro porque xa tivo a xornada de descanso nes-ta volta), polo que de gañar eses dous partidos pode poñerse a sete puntos da

salvación e as cousas pode-rían tomar outro cariz. Para a próxima xornada o Verín reciba ao Vilalongo no que pode ser unha oprtunida-de de remotar o voo. Na seguinte xornada tócalle o derbi contra o CD Ourense.

O Pabellón nunha mala racha

O Pabellón Ourense xu-venil de división de honra está sumido nunha crise

de resultado que o levou a ocupar postos de decenso. O último varapalo, en terras lucenses contra o Lugo. O equipo adestrado por Jorge Regal perdeu por tres go-les a dous nun partido que sempre estivo a remolque no marcador e no que con-seguíu empatar a contenda por dúas veces. O Pabellón é decimocuarto con 22 pun-tos, a un da permanencia e dous por enriba dos seus in-mediatos perseguidores, o Castro e o propio Lugo.

Un xogador do Fabril despexando un balón da súa área no Couto. /RAMSÉS

Page 5: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

5FS LOCAL E EMPRESAS

Repaso ao fútbol sala local4 Comeza a decidirse as posicións dos equipos de cara ao tramo final das competicións.Miguel Rejo

Na liga provincial a loita polo título trala xornada 20 (dous tercios da liga) parece que a gaña o Feás que nesta xornada distánciase en cin-co puntos sobre o segundo, A Corna-Aceites Abril. O lider fixo os deberes e im-púxose o Beariz mentres que A Corna-Aceites Abril perdeu co Rocholl Peru-queiros. O grupo persegui-dor de catro equipos segue mergullado cada xornada por conseguir os puntos para non quedar descolga-dos deses postos. O Atléti-co Feijoo e Cortegada teñen un as na manga ao ter a súa xornada aprazada, como o

Concello de Amoeiro que ten dúas menos. Así, dende o terceiro, Atlético Feijoo, ata o oitavo, Concello de Amoeiro, o máis seguro é que haxa un baile de po-sicións de aquí ao final de tempada. Dependendo do resultado do Atlético Fei-joo e Cortegada, o Rocholl Peruqueiros gañou o segun-do, Escornaboys perdeu co Hermanos Carral que conta os seus últimos partidos por victorias e vai alonxándose da zona baixa, e Barreras de Seguridad empatou co Por-teliña. Por abaixo o Beariz vese abocado o descenso xornada tras xornada e o seu acompañante ao des-censo non está nada claro.

Avión, Porteliña, Herma-nos Carral, Retiro e Mesón Museo están a un partido de distancia. Este sábado no Carballiño as 18:00 h xo-gan os dous primeiros, Feás e A Corna-Aceites Abril.

Na primeira local o Cons-trucciones Piñeiro e o Lasi-der gañaron, mentres que o Kanal Kolor aprazou o partido que se o gaña le-varalle a empatar co lider, o Construcciones Piñeiro. O Seixalvo perdeu co Con-cello de Coles e afástase do grupo principal. Nesta xornada o Seixalvo enfron-tase co Lasider, sendo de vital importancia os puntos para os dous equipos, un para non perder o liderato

de vista e o outro para non quedar definitivamente des-colgado.

Na segunda local o lider, Mcdonalds non deu opción a Optica As caldas. O Go-mesende custoulle gañar o Bar Galicia, que levaba unha progresión impresio-nante nesta segunda volta. O Magadalena gañou nos instantes finais do partido o Recreativo Saiz, mentres que o Abellás empatou co Café Bar Samuel.

Fútbol sala empresasNo grupo I de primeira

división Almacenes Rever-ter vai lider tras gañar Ru-lete, seguido dos Avogados

que van segundo e invictos con duas xornadas menos. As ligas polo título seguen igual que antes, pero agora o Rodríguez López Auto e o Portovello van empatados a puntos, pero este último estaría fora da liguilla.

O grupo II da primeira división segue comanda-do polo Ceda O Vaso que gañou o Aquagest. O Patri Godoy perdeu contra o Pes-ka-Milanés que se lle acer-ca a dous puntos. A loita nos postos centrais é para eludir a liguilla de descen-so. Kinetika, MRF e Aqua-gest están en un punto de caer, salvándose por agora o MRF e Aquagest.

A segunda división che-gou o ecuador do campio-nato e pecha a primeira vol-ta cun lider, Anibal Blanco, que non deixou dudas de porque vai primeiro e ven-

ceu sen problemas (9-1) a Cova do Moure. O Viaxes Auria que podía aproveitar ese traspés, perdeu co Ca-dabullo e continua de ter-ceiro.

A xornada 12 do grupo I de Veteranos deparau o enfrentamento entre os ca-tro primeiros. O primerio, Merceria Musko gañou a La Ronda, abrindo un oco de cinco puntos, o Aguas de Mondariz venceu a Op-tica Samuel Eiján e colo-case terceiro a un punto de segundo. Pero podelle du-rar pouco a alegría porque nesta xornada enfróntase o lider.

No grupo II de Vetera-nos so se xogaron dous partidos. Faro AD gañou a Caixa Galicia e mete pre-sión o Euroquit, que apra-zou o partido, situándose a tres puntos deles. Un encontro da liga de fútbol sala local. /ARQUIVO

Equipo do El Faro AD, da liga veteráns.

Page 6: 19 Feb 2010 - Nº07

6 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

HOQUEI

O Junior F.C., campión de España de hoquei sala xuvenil4 O C.H. Barrocás e o C.H. Al-bor remataron satisfeitos coa súa participanción neste cam-pionato de España acabando quintos e sétimos respectiva-mente.Ramsés Torres

Un gol de ouro nos sete minutos e medio de prórro-ga deulle a vitoria ao Júnior catalán contra todo prog-nóstico ante a Complutense de Madrid. Tralos 40 minu-tos de encontro o empate foi resultado dun partido no que se adiantou o cadro

catalán na primeira parte. Na reanudación, os madri-leños conseguiron poñer as táboas no marcador, 1-1, resultado que se mantería ata o final. Logo a prórroga, con gol de ouro. Sete mi-nutos e medio por diante e o primeiro que marcara fa-cíase co Campionato de Es-paña de hoquei sala. A falta

de menos de tres minutos, un centro dende a liña de córner e empuxado á rede da portería da Complutense por un dianteiro do Júnior. Salta a ledicia no campo e nas gradas onde estaban si-tuados familiares e amigos do cadro catalán. Os madri-leños do Complutense, sub-campións.

Os dous equipos viñan do mesmo grupo no que no seu enfrontamento tivo un claro cor madrileño ao gañar o Complutense por un claro 9-3.

Na final de consolación, despois do partido e da prórroga con empate a tres tantos, Club Egara e Atlétic Terrasa chegaban á tanda de penaltis onde o Terrassa

foi máis efectivo (5-4).

O CH Barrocás quinto e o CH Albor sétimo

Meritaoria participación do CH Barrocás que conse-guiu a quinta praza despois de quedar terceiro no seu grupo por diante do Club de Campo co que empatara a tres no seu enfrontamen-to e perdera 2-7 contra o At. Terrassa e 4-3 contra o Egara. Na loita pola quinta praza, o equipo ourensán foi superior ao seu rival, o Vallés Esportiu, a que lle endosou un contundente 4-1 nun encontro cómodo para os ourensáns.

O outro equipo ourensán, o CH Albor, reamtou o cam-pionato en sétima posición.

Clasificación final1º Junior FC2º CH Complutense3º At. Terrassa4º Club Egara5º CH Barrocás6º Vallés Esportiu7º CH Albor8º Club de Campo

Na fase de grupos quedou na última praza, perdendo todos os seus encontros (3-1 contra o Complutense, 6-3 contra o Junior e 3-7 contra o Vallés), polo que tivo que loitar polo sétimo e oitavo posto contra o Club de Campo a quen lle gañou por 3-2. Ao Albor quédalle o consuelo de que os dous finalistas desta Campionato de España xuvenil estive-ron no seu grupo e contra o Complutense estivo a pi-ques de dar a sorpresa no primeiro partido do torne-to.

Os clubs oruensáns soli-citan instalcións apropiadas para a práctica do hockei no que poderían facer moito máis se tiveran axudas.

O C.H. Barrocás alzouse coa quinta posición e o C.H. Albor se tivo que conformar coa sétima posición no campionato

Page 7: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

7HOQUEI

As gradas estiveron abarrotadas durante todo o campionato que se celebrou do 12 ao 14 de febreiro no anexo do pavillòn dos Remedios. /RAMSÉS

Un xogador do Barrocás lanzando un penalti corner. /RAMSÉS

Un xogador do Albor coa pelota baixo a mirada do árbitro. /RAMSÉS

Page 8: 19 Feb 2010 - Nº07

8 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

BALONCESTO

Codigalco Carmelitas alónxase da salvación4 En cambio o Pabellón Ourense ten cada vez máis preto a salvación na liga feminina 2.

4CLASIFICACIÓNEquipo PG-PP

1.- Burgos 16-3 2.- Cajacanarias 15-4 3.- Extrugasa 15-3 4.- Durán Ensino 14-4 5.- Bembibre 13-6 6.- Pío XII 13-5 7.- U. de Ferrol 10-9 8.- Valbusenda 10-8 9.- Aros 7-12 10.- P. Ourense 6-13 11- Badajoz 6-13 12.- ADBA 6-12 13.- Arxil 4-14 14.- Cáceres 2-16 15.- Carmelitas 2-16

Ramsés Torres

Codigalco Carmelitas su-mou unha nova derrota en casa, esta vez ante o Valbu-senda de Zamora, polo que se complica cada día máis a súa permanencia na Liga

feminina 2 do baloncesto. O pésimo inicio de encontro (10-27 no primeiro cuarto) lastrou ao equipo durante todo o partido, e nos ins-tantes finais un arreón do Carmelitas dirixido por Ta-ylor (que soamente lucíu no

final do encontro) non foi suficiente para doblegar ás zamoranas quedándose ao final a 10 puntos do Valbu-senda (67-77) cando chega-ron a perder por 21 puntos no final do terceiro cuarto.

O equipo adestrado por Tito Fernández continua na última posición con dúas vitorias e 16 derrotas, coas mesmas vitorias que o Cáceres, que polo mo-mento son os equipos que disputarán a promoción de descenso. A salvación cada día queda un pouco máis lonxe, e se fai unhas sema-nas o equipo estaba a unha vitoria de manterse, agora xa está a dúas, tres se con-tamos o basquet average (o Carmelitas perdeu os dous partidos contra o Arxil que é o equipo que ocupa o últi-mo posto da salvación), e o tempo apremia, quedando-lle ás colexialas dez parti-dos por disputar.

A promoción de descenso (promocionan dous equi-pos) vai ser, se non cam-bian as tornas, cousa de tres equipos, Arxil, catro vito-rias, Cáceres e Codigalco, dúas cada un. O Codigalco é o que peor o ten, xa que ademais de ocupar a última posición, hai que engadir-lle que o básquet average contra o Arxil o ten perdi-do e contra as extremeñas prácticamente tamén, xa que na primeira volta endo-sáronlles unha boa paliza, 64-36, polo que o encontro en Ourense ten que ser sim-Laura mirando ao balón e a canstra contraria. /RAMSÉS

plemente o de tentar sumar una nova vitoria.

Na xornada do 20 de fe-breiro, o Carmelitas enfrón-tase ao Durán Maquinaria Ensino no Pazo dos Depor-tes Ronda de Fingoi. O En-sino está loitando polos de arriba e ten a unha vitoria o primeiro posto. Os seus rivais tampouco teñen par-tidos asequibles. O Cáceres loitará contra o líder Caja-Canarias e o Arxil visitará a cancha do sempre difícil Valbusenda (oitavo clasifi-

cado).Pero se cada xornada

que resta vai ser unha fi-nal, no encontro da xornada 22 (27 de febreiro a partir das 19.15 horas) o Carme-litas xogarase media liga. Nesta xornada, o equipo que visita o polideportivo Vedruna é o Cáceres, que

de gañarlles podería subir un escalón na clasificación e polo menos ter o fac-tor cancha ao seu favor na promoción de descenso. O Arxil medirase ao Du-rán Ensino polo que cabe esperar que perda se non hai ningunha sorpresa e

Pamela Benavent controlando un balón diante dunha adversaria. /RAMSÉS

Codigalco Carmelitas visita a cancha do Ensino o 20 de febreiro e volve a xogar en casa o sábado 27 de febreiro, a partir das 19.15 horas no pavillón Vedruna de Ourense contra o Cáceres

[SEGUE NA PÁX. SEGUINTE]

Page 9: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

9BALONCESTO

volvería estar a salvación a tiro de pedra para o cadro colexial.

Pabellón segue sumandoNova vitoria do Pabellón

Ourense (e xa van seis) nes-ta ocasión contra o equipo asturiano do ADBA, o que lle permite subir á décima posición con seis vitorias, catro máis que o play off de descenso. O equipo dirixi-do por Lisardo Rodríguez ten un grande mérito, non acadou a súa primeira vito-ria ata a xornada 11 e dez xornadas despois o equipo conta con seis vitorias polo

que a permanencia está cada vez máis preto. Con-tra o ADBA, o Pabellón mantivo ao rival a raia, sen deixalle que se achegara no marcador en ningún mo-mento, grazas sobre todo ao gran acerto anotador de Laura Gil e Jennifer Harris con 17 e 15 puntos respec-tivemente.

Ao final, cómoda vitoria das visitantes e listas para o novo compromiso ligueiro que as medirá na xornada 21, contra o Aros; será o 20 de febreiro, a partir das 20 horas na cancha central do pavillón dos Remedios. Unha vitoria suporía subir

un peldaño máis na clasi-ficación e encaramarse ata a novena posición, sempre e cando gañe por máis de 3 puntos (na primeira vol-ta perdera por tres puntos contra o Aros) de diferen-za. De gañar tería cada vez máis preto a permanencia a falta de oito encontros para finalizar a liga.

O Pabellón Ourense recibe ao Aros o 20 de febreiro, ás 20 horas nos Remedios

Moito público asistiu ao partido da pasada xornada do Carmelitas disfrazados por coin-cidir co Entroido. /RAMSÉS

O ABO segundo4 De mero trámite o paso pola promoción de descenso.Redacción

De mero trámite pódese definir o paso do Ourense Ciudad Termal por esta fase de descenso da liga EBA. O conxunto dirixido por Jorge González, ocu-

O Allariz líder na liga FGB sénior mas-culina grupo sur4 O Campus Ourense é ter-ceiro e o Cruz Alta oitavo.Redacción

Trala 13ª xornada da liga FGB sénior masculina grupo sur, o Allariz postú-lase na primeira posición con 11 vitorias e dúas derrotas, seguido de Tui coas mesmas vitorias. Na

terceira posición, o Campus Ourense (cunha vitoria me-nos e 10 partidos gañados), que vén de perder contra o Baiona por un punto (69-68) na pasada xornada. Na oitava posición, o Cruz Alta leva gañados catro partidos e perdidos nove.

Para a próxima xornada, a 14 do 20 de febreiro, o derbi ourensán enfrontará ao terceiro contra primeiro ou o que é o mesmo, uni-versitario Campus Ourense contra Allariz; o partido terá lugar no pavillón universi-tario de Ourense o sábado 20, a partir das 17 horas. Pola súa banda, o Cruz Alta recibe ao Xuventude Baloncesto nun partido de gran importancia xa que de sumar a vitoria distanciaria-se deste en tres vitorias e de perder situaríase a unha dos ourensáns, a falta de catro xornadas para o fin da liga regular.

pa a segunda plaza desta fase de promoción con seis vitorias e dúas derrotas (os resultados da liga regular cos equipos do seu grupo contán para esta fase), polo que a permanencia está casi asegurada, tendo en conta

que soamente descenden dous e hai dous conxuntos con dúas vitorias (Juventud del Círculo e Universidad de Oviedo).

O ABO visita o 21 de fe-breiro a cancha do Pas Pié-lagos, catro vitorias, nunha boa ocasión para refrendar a permanencia. O 28 de fe-breiro xoga en casa; será ás 17.30 horas no pavillón dos Remedios contra o Univer-sidad de Burgos, oitavo con tres vitorias.

[VÉN DA PÁX. ANTERIOR]

Page 10: 19 Feb 2010 - Nº07

10 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

BALONCESTO

O equipo de Paco García ten prácticamente asegurada a permanencia polo que agora pódese buscar o obxectivo de entrar no play off de ascenso

4CLASIFICACIÓNEquipo Gañados Perdidos 1.- Melilla 18 4 2.- CAI Zaragoza 17 6 3.- Burgos 15 8 4.- Vivemenorca 14 95.- La Laguna 14 9 6.- León 13 10 7.- Leche Río 13 10 8.- Girona 12 11 9.- Cáceres 12 11 10.- Ourense 11 10 11- La Palma 11 10 12.- Mallorca 10 13 13.- Tenerife 10 13 14.- Clínicas Rincón 9 14 15.- Cornellá 9 14 16.- Palencia 8 15 17.- Tarragona 7 16 18.- C. de Vigo 4 19

Contundente vitoria do COB4 O Palencia non foi rival para o equipo ourensán despois de dous partidos nefastos en casa.Ramsés Torres

Vitoria do COB en Pa-lencia, 62-85, contra un dos de abaixo, o Palencia, que ocupa un posto para xogar a promoción de descenso. O equipo adestrado por Paco García cambiou a imaxe mostrada no Paco Paz nos dous últimos encontros. En especial no encontro contra o Melilla, o mércores 10 de febreiro, cando o adestrador vallisoletano non auguraba nada bo para o equipo e cri-ticou aos seus xogadores, máis concretamente aos seus pívots e en especial a Howell, de quen dixo que estivo “patético” nos parti-dos contra o Melilla e con-tra o Ciudad de Vigo, “que faría este equipo cun pívot. Estou farto, decepcionado cos meus pívots”, apun-tillou. Despois da derrota

contra o Melilla, o adestra-dor estaba desperanzado co seu equipo, “o mellor base lesionado, o noso mellor anotador lesionado e a inca-pacidade do xogo interior fai que estea decepcionado”.

Pero a visita a Palencia cambiou a cara do COB, puidendo contar con Sal-va Arco, quen puido xogar 13 minutos e conseguir 11 puntos. O home no que caeron as críticas máis fe-roces do adestrador, Rolan-do Howell, en 21 minutos disputados en Palencia, acadou dous puntos, oito rebotes e dúas asistencias. Alexander Loughton foi o máis destacado dos ouren-sáns, cun 21 de valoración nos 23 minutos que estivo na cancha, con 15 puntos, cinco rebotes, catro asisten-cias e un tapón. O máximo encestador do encontro foi

outro pívot do COB, Fran-cis Koffi, 16 puntos, polo que Paco García estará un pouco máis contento cos seus pívots que en pasadas datas.

O recentemente incor-porado Flinder Boyd está empezando a adaptarse aos seus compañeiros e en Pa-lencia anotou 5 puntos en máis de 23 minutos que es-tivo na cancha.

Próxima citaO venres, 19 de febreiro,

no Paco Paz, o equipo reci-be, na xornada 24, a visita do Cornellá, 15º clasifica-do con nove vitorias, tan só dúas menos que o COB, polo que será unha boa oca-sión para seguir con paso firme cara o seu obxectivo, que é a permanencia, que xa ten prácticamente no peto. O posto de descenso

directo ten practicamente o nome do Ciudad de Vigo, con catro vitorias, a tres dos postos de promoción. E os dous postos de play off polo descenso ocúpanos o Tarragona e o Palencia, sete e oito vitorias respec-tivamente. O COB ten 11 vitorias polo que aínda terá moito que loitar nestas 10 xornadas que restan para o final da liga regular. Miran-do cara arriba, o Aguas de Sousas está a unha vitoria do play off polo ascenso.

Koffi entrando a canastra. /RAMSÉSOgirri e Flinder defendendoo un ataque do melilla. /RAMSÉS

Page 11: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

11BALONMÁN

As xuvenís do Pabellón feminino xogan o derbi contra o Viña Costeira o domingo 21 de febreiro, ás 10.30 horas no anexo dos Remedios

Os xuvenís xogan contra os líderes do Caixanova Octavio, o día 20, ás 12 horas na central dos Remedios

O equipo sénior masculino de 2ª autonómica mídese ao Agnusdei Meaño o 21 de febreiro, a partir das 12 horas no anexo dos Remedios

4CLASIFICACIÓNSéniorEquipo Puntos1.- Coia 21 2.- Conxo 18 3.- Meaño 17 4.- Pontedeume 17 5.- Peguform 15 6.- P. Ourense 14 7.- Viveiro 12 8.- Lavadores 11 9.- Poio 10 10.- Chapela 10 11- Galicia Social 9 12.- Narón 2

4CLASIFICACIÓN Xuvenil masculinoEquipo Puntos1.- Octavio 28 2.- Cisne 26 3.- Teucro 22 4.- Coia 22 5.- Novás 20 6.- Lavadores 19 7.- Xiria 14 8.- Lalín 8 9.- Rasoeiro 7 10.- Cangas 6 11- P. Ourense 6 12.- Pegurform 2

4CLASIFICACIÓN Xuvenil femininoEquipo Puntos1.- Porriño 34 2.- Rasoeiro 34 3.- Calfoncal 30 4.- S.A.R. 26 5.- Guardés 24 6.- Coia 23 7.- Teucro 17 8.- Narón 15 9.- Porriño 14 10.- P. Ourense 14 11- Lalín 13 12.- O. Vigo 513.- Ribeiro V. Costeira 4 14- Moaña 3

Paso atrás do BM Pabellón na súa loita para o ascenso4 Perderon contra o Galicia Social.Redacción

O BM Pabellón chegaba ao estadio de Balaídos para medirse, na 14ª xornada, ao Galicia Social. Os ouren-sáns acudían á contenda como favoritos, algo que non puideron refrendar so-bre a cancha. Ao final, 31-31 no luminoso.

As cousas non lle foron ben ao BM Pabellón nes-ta xornada na liga da 2ª autonómica, nun partido bastante igualado durante os 60 minutos e no que o Pabellón non puido demos-trar a súa mellor calidade diante do adversario. Na creación de xogo de ataque os ourensáns fixeron ben os

deberes pero foi na defensa onde o equipo fixo augas deixando boas opcións de lanzamento e cómodas pe-netracións na zona central onde os porteiros pabello-nistas nada puideron facer. Ao descanso 13-11 para os locais. Na segunda metade, a defensa mostrou unha me-lloría e tiveron ocasións de abrir o marcador á contra, pero as imprecisións nos pases e unha serie de erros-fixeron que os vigueses se mantiveran no marcador. Nos intres finais, o Pabe-llón puido levarse a vitoria para Ourense nunha última posesión con superiorida-de numérica pero fallaron na xogada. Resultado final

31-31 que non deixa satis-feitos aos nosos e complica as opcións de alcanzar os postos de honra neste tramo final de liga. Cos resulta-dos que se suceden xornada tras xornada, pódese decir que é unha categoría moi igualada e a distancia entre os equipos na táboa é moi estreita.

O próximo domingo, 20 de febreiro, o BM Pabellón, disputa un novo encontro a partir das 12 horas no anexo do pavillón dos Remedios, nesta ocasión o rival é o segundo clasificado, o Ag-nusdei Meaño, que leva tres puntos de diferenza sobre os nosos, así que, de quedarse a vitoria en casa, poderían

poñer a liga nun puño.

Xuvenil masculino e Fe-minino

Os equipos xuvenís mas-culino e femenino apraza-ron os seus partidos nesta xornada pasada.

O equipo feminino xo-gará o domingo 21 de fe-breiro, ás 10.30 horas no anexo dos Remedios contra o Ribeiro Viña Costeira, no derbi ourensán. As pabello-nistas son as favoritas se te-mos en conta a clasficación na que 10 puntos separan un equipo do outro. Por outra banda, os xuvenís dis-putan o seu encontro o sá-bado 20, ás 12 horas tamén nos Remedios contra o líder Octavio.

Ángel MateosO porteiro do equipo

xuvenil masculino, Ángel Mateos, foi convocado pola selección galega de balon-mán para disputar o Torneio Internacional de Andebol Cidade de Tarouca contra equipos portugueses e a pro-pia selección portuguesa.Equipo senior do Balonmán Pabellón Ourense.

Ángel Mateos, porteiro pabellonista convocado pola se-lección galega de balonmán.

Page 12: 19 Feb 2010 - Nº07

12 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

XIMNASIA

Exhibicións de gran nivel na III Copa Galicia de trampolín e acrobacia disputada en Ourense4 A federación portuguesa fixo un campionato rozando a perfección con algúns dos seus ximnastas.

Desfile de clausura da III Copa de Galicia de acrobacie e trampolín. /R.T.

Un trío acomentendo o seu exercicio. /R.T.

Page 13: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

13XIMNASIA

Exhibicións de gran nivel na III Copa Galicia de trampolín e acrobacia disputada en Ourense4 A federación portuguesa fixo un campionato rozando a perfección con algúns dos seus ximnastas.

Ramsés Torres

Ourense, e concretamen-te a cancha central do Pavi-llón dos Remedios, acolleu a terceira edición da Copa Galicia de trampolín e acro-bacia, na que se congrega-ron uns 300 deportistas de 25 clubs de toda a península Ibérica, incluido Portugal, que trouxo aos seus mello-res ximnastas. Ademais do colorido na cancha central, houbo moitísimo público que non se quixo perder a ocasión de ver a algúns dos e das mellores ximnastas

do panorama internacio-nal, mención destacada da selección portuguesa que rallou a un altísimo nivel. Unha media de 700 espec-tadores acudiron cada día á Copa Galicia.

En canto á participación galega, os clubs máis desta-cados foron o Flic Flac de Vigo e o Ximnasia de Pon-tevedra. Por parte ourensá os máis destacados foron Eduardo Novelle, terceiro en doble minitramp mascu-lino nivel I; Daniel Pérez, primeiro no internacional de doble minitramp mascu-

lino absoluto nivel IV; Yael Campelo, primeira en doble minitramp feminino e Car-los Trigo, 3º autonómico en doble minitramp.

Exhibición da Federa-ción portuguesa

Se o sábado tivo lugar as probas de trampolín, o mesmo sábado e o domin-go tiveron lugar os exerci-cios de acrobacia onde os portugueses rozaron a per-fección. Exercicios estra-tosféricos no dúo formado por Felipe Norton e Marian Amorín que foron primei-

ros en all-round (consta de dous exercicios e foron os mellores en ambos). Na segunda posición, igual que os anteriores, cun gran campionato, os paisanos dos primeiros, Joao Costa e Iris Mendes. Na categoría sénior, tamén destacaron en parella masculina, os portu-gueses David Varela e Joao Assunçao.

Ourensáns destacadosYael Campelo, campio-

na no torneo internacio-nal en dobre minitramp; Daniel Pérez, campión no torneo internacional en dobre minitramp, nivel IV; Eduardo Novelle, tercei-ro en doble minitramp masculino nivel I; e Carlos Trigo, 3º autonómi-co en dobre minitramp.

Desfile de clausura da III Copa de Galicia de acrobacie e trampolín. /R.T.Máxima concentración da rapaza portuguesa. /R.T.

Page 14: 19 Feb 2010 - Nº07

14 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

ATLETISMO

Academia Postal gañador do campionato de España de cross veteráns en Ribadavia4 Na categoría masculina de maiores de 45 anos.Redacción

O Campionato de España de cross para veteráns tivo lugar no circuíto de A Ve-ronza en Ribadavia. Nesta cita deportiva os integran-tes do Academia Postal na categoría de maiores de 45 anos integrado por José An-tonio Paz, Adrián Pérez e Fausto Hernanz consguiron o primeiro posto por equi-pos. Paz entraría en meta en cuarta posición. O veterán de Ourense subiu ao tercei-ro caixón do podio en M55. José Manuel Fernández Márquez, José Nercellas e José Domínguez rozaron o podio na categoría de maio-res de 40 anos, quedando finalmente nunha meritoria cuarta posición por equi-pos. As mellores ourensás foron tamén as académicas

María Isabel Sáez (undé-cima na proba), Almudena Cordón e Silvia Teijeiro, sendo oitavas por equipos. Academia Postal, ADAS Proinor, Pabellón veterán e o Burgas representaron a provincia de Ourense.

Campionatos de EspañaEste fin de semana cele-

braranse dous Campionatos de España coa presenza de representantes do Acade-mia Postal. Por unha banda, en Haro (La Rioja) dispúta-se o Campionato de España de Cross por Clubs, ao que acudirán equipos masculi-nos júnior e sénior curto e longo, así como o júnior e sénior curto femininos.

Por outra banda, ata Za-ragoza acudirá unha repre-sentación para participar no campionato de España de

veterán de pista cuberta.

Medallas para Paloma-nes e Sola

No Campionato de Es-paña promesa de pista cu-berta, a sorpresa ourensá estivo a cargo dos acadé-micos Alfonso Palomanes que acadou a prata en triple salto e Alex Sola, bronce en pértega. Alex obtivo o bronce cun mellor salto de 4,90 metros sendo ademais mellor marca persoal. Nos 4,80 necesitou dos tres in-tentos para sobrepasalo e os 4,90 saltounos no primeiro, logo non puido sobrepasar os 5 metros.

Alfonso Palomanes pola súa banda, quedou a catro centímetros do ouro facen-do un mellor intento de 15,50 metros. Alfonso Pa-lomanes ostenta o récord

galego absoluto de triple salto cunha marca de 15,76

José A. Paz entrou na meta cuarto na categoría de M45

Palomanes acadou a prata en triple salto e Sola, bronce en pértega, no Campionato de España promesa de pista cuberta

Lorena Luaces proclamouse en A Coruña novamente campiona galega de 10 quilómetros marcha en ruta cun tempo de 48 minutos e 2 segundos. Rocío Carbia foi a primeira xuvenil

Lorena Luaces en A Coruña. /FGAPodio do campionato de España de Cross veteráns. /FGA

4 Campionato galego de marcha en ruta

Lorena Luaces refrendou unha vez máis o seu bo esta-do de forma, repetindo título autonómico nunha nova edi-ción do galego en ruta sobre unha distancia de 10 quiló-metros. Lorena empregou un tempo de 48 minutos e 2 segundos. A xuvenil Ro-cío Carbia logrou o terceiro posto da xeneral, sendo ade-mais a primeira da súa cate-goría en cruzar a meta.

4Tres campionatos galegos para Valdeorras

O pasado 13 de febreiro, celebrouse a reunión da Co-misión Delegada da Fede-ración Galega de Atletismo e a asamblea da mesma fe-deración na que se aprobou a concesión para a comarca de Valdeorras de tres Cam-pionatos Galegos. Así, o do-mingo, 9 de maio, terá lugar o campionato galego cadete na pista de estadio de Cala-bagueiros. O domingo, 5 de setembro, chegará o campio-nato galego de media mara-tón no concello de Petín de Valdeorras. E o sábado, 16 de outubro o Criterium de Outono de Lanzamentos en O Barco, tamén na pista do estadio de Calabagueiros.

metros lograda no en pista cuberta en Zaragoza.

Page 15: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

15NATACIÓN

Nova xornada da liga zonal de natación na piscina Rosario Dueñas4 Nadadores do CN Pabellón conseguiron mínimas para os próximos campionatos galegos e nacionais de natación.

4 Obtiveron mínima para o campionato de verán os nadadores:- Ecequiel Quiroga Ramos en 50 e 200 libres- Martín Sabuz Forneiro en 200 estilos e 200 bolboreta- Borja González Rodríguez en 50 libres- Pablo Fernández Prol en 200 estilos e 200 costas- Rubén Rodríguez lópez en 200 estilos e 200 costas- Pedro Díaz Castro en 200 estilos e 200 costas- Aitor Rodríguez González en 200 estilos e 200 costas- Iago Rodríguez Peña en 200 estilos- Jorge Salgado Nóvoa en 50 libres- Ana María Santiso Prado en 50 libres e 200 costas- Laura Nerea Balsa Pérez en 50 libres- Cristina Cruz Moure en 50 libres- Esther Alvarez Alvarez en 200 costas

4 Campionato de España por Comunidades Autónomas absoluto e júnior

A próxima actuación do Pabellón será no cam-pionato de España por CC.AA Absoluto e Júnior que se disputará na piscina do centro de natación M-86 de 50 metros en Madrid durante os días 19, 20 e 21 febreiro e participarán:

Equipo absoluto femenino:Laura Pimentel Pérez en 200 libresIria Alvarez Liz en 100 e 200 bolboretaSandra Presas Pérez en 200 costasNo equipo absoluto masculino:Alberto Taboada Vila en 200 e 400 estilosNo equipo júnior masculino:Noel Blanco Fernández en 50, 100 e 200 libresA selección galega intentará mellorar o cuarto

posto das últimas citas. Asistirá en calidade de técnico acompañando aos nosos nadadores con-vocados o adestrador Santiago Escudero.

Redacción

Esta xornada de carácter zonal tiña que disputarse na piscina “Rías do sur” do CN Galaico en Pontevedra, pero por motivos da folga do persoal das instalacións celebrouse en Ourense. Por esta razón, a participación nesta xornada foi maior do esperado, alcanzando a máis de 70 nadadores de sete clubs (CN Galaico Ser-coysa, CN Monforte, CN Vilagarcía, CN Sanxenxo, CN Coruña, CN Fluvial de Lugo e CN Pabellón Ourense).

Os nadadores pabellonis-tas non desaproveitaron a ocasión que lles brindaba esta xornada para lograr as mínimas para os próxi-mos campionatos galegos e nacionais, ademais de mellorar as súas marcas persoais. Así o deixou cla-ro o pabellonista Ezequiel Quiroga Ramos, que obtivo a mínima nacional na proba de 200 estilos cun tempo de 2:25.70 quedando ademais na primeira posición (esta marca é ademais mínima absoluta para os galegos de verán). O mesmo fixo Ana María Santiso Prado que obtivo a mínima para os campionatos de verán en 200 costas cun tempo de 2:39.62 co que tamén gañou a proba. Nesta mesma pro-ba, e cun tempo de 2:47.20,

Esther Alvarez Al-varez fixo a mínima absoluta xoven para o campionato de ve-rán.

Ademais mello-raron as súas mar-cas: Adrián Blanco Pérez, nas probas de 200 estilos e 50 libres, Borja Gon-zález Rodríguez en 200 estilos, Iago Ro-dríguez Peña en 200 espalda, Cristina Cruz Moure en 200 estilos, Laura Ne-rea Balsa Pérez en 200 estilos e Esther Alvarez Alvarez en 200 estilos, quedan-do preto de mínimas nacionais infantil e do galego infantil e absoluto, que segu-ramente conseguirán para os campionatos de verán.

Gañaron as súas probas ademais Ana Maria Santiso en 200 costas e 50 libres, e Ezequiel en 200 estilos e 50 libres, Cristina Cruz Moure en 200 estilos e o re-levo de 4x100 libres femenino composto por Cristina Cruz Moure, Esther Ál-varez, María Santiso Prado e Laura Ne-rea Balsa Pérez, cun tiempo de 4:30.65.

Dous nadadores disputando a liga zonal. /ARQUIVO

Ezequiel Quiroga e Ana Mª Santiso gañaron nos 200 estilos e en 200 costas respectivemente

Un nadador na piscina Rosario Dueñas disputando unha das probas do campionato zonal. /ARQUIVO

Page 16: 19 Feb 2010 - Nº07

16 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

ANDAINA

Comeza a tempada de andainas4 A primeira do ano que ten lugar nosa provincia é a da capital, a Ourense Capital Termal.Ramsés Torres

O primeiro domingo de marzo, día 7, darase o pisto-letazo de saída ás andainas que discorrerán por toda a provincia. A primeira delas é a andaina Ourense Capital Termal, que chega a súa sé-tima edición.

Por terceira vez, a saída e chegada será nas Termas de Outariz para darlle pulo ao feito de que Ourense sexa a capital termal de Galicia. A distancia que se percorre-rá será de 30 quilómetros, con cinco avituallamentos e cinco controis de paso, nun perímetro urbán po-

las ribeiras do río Miño e Loña, chegando ata lugares tan emblemáticos da nosa xeografía como son o cas-tro de San Tomé, o camiño de Santiago (Vía da Prata) ao seu paso por Cudeiro e Sartédigos. Para Willy, or-ganizador desta andaina, “o importante é participar, que os ourensáns coñezan o seu entorno. Coas andainas da-mos a posibilidade de dar a coñecer lugares emblemáti-cos de Ourense”.

As inscrición, cun máxi-mo de 500 participantes desde os 18 anos en adian-te, pódense facer desde o 22 de febreiro ata o 5 de marzo

no pavillón dos Remedios ou na tenda de deportes Redonet a un prezo de 6,30 euros. A organización dis-porá de autobuses para le-var aos participantes desde o pavillón ata Outariz e ao rematar a proba traelos de volta aos Remedios. Os au-tobuses sairán a partir das oito e ata antes das nove menos cuarto da mañá, hora na que hai que estar na saída da proba (un cuar-to de hora antes do comezo da andaina). A andaina ten unha duración máxima de sete horas polo que haberá que estar de volta en Outa-riz antes das catro da tarde.

Os participantes, como aga-sallo pola súa inscrición, poderán ir ás pozas de pago de Outariz, polo que debe-rán levar, chanclas, bañador e toalla para quen queira relaxarse, despois dunha boa camiñata, cos baños termais.

A participación, que vai desde os 18 anos ata os 75 dun home que participou fai tres anos (aínda que non hai límite de idade), ten unha grande representación de mulleres con idades de entre os 40 e os 45 anos, e algunha incluso de máis de 60 anos.

Na presentación, ademais de Willy, estiveron presen-tes o concelleiro de Depor-tes, Fernando Varela, e o tenente de alcalde, Andrés García Mata, quen quixo resaltar a labor da Conce-llería de Deportes do Con-cello de Ourense, “desde a concellería de Deportes estase a dar un impulso aos deportes con participación da cidadanía como é esta andaina Ourense Capital Termal”.

4 ConsellosWilly que ademais desta, organiza innumerables andai-

nas ao longo e ancho da provincia ourensá, pensa que exis-te unha cultura das andainas en Ourense, “na nosa provin-cia hai unha cultura das andainas -fanse unhas 30 ao longo do ano-, polo que dar consellos á xente sobre a vestimenta creo que non fai falta. O que sí lles diría é que levaran un chuvasqueiro fino e un paraugas por si chove e que non estreen o calzado ese día. Pero insisto, a xente xa sabe que vestimenta e calzado levar”.

Willy, Mata e Varela diante do cartel da VII andaina Ourense Capital Termal. /RAMSÉS

Aos participantes se lles agasallará cun polo conmemorativo da sétima edición da Andaina Capital Termal

Willy, organizador da andaina./R.T.

Page 17: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

17TENIS DE MESA

O Galmédica Ourense a

pesar da derrota contra

o líder, o Oroso Grupo Puentes

aínda ten serias opción de ascender

á segunda división

nacional do tenis de mesa

O sábado 20 de febreiro, a partir das 17 horas na

sala 3 do Paco Paz, Galmédica

Ourense - Naronense, na

última xornada da primeira volta desta

segunda fase da Terceira

División nacional

Demasiado Oroso Grupo Puentes para o Galmédica Ourense T. M.4 O líder nesta fase de ascenso a Segunda División nacional levouse os dous puntos de Ourense.Redacción

O pasado sábado, 13 de febreiro, o Galmédica Ourense caía estrepitosa-mente por un tanteo de 2 a 5 ante o líder, o Oroso Grupo Puentes. O equipo liderado polo ruso Valeri Malov foi o claro dominador do encon-tro, que demostrou, unha vez máis, un nivel de xogo superior ao da categoría na que se encontra, a Terceira División Nacional.

Aínda da derrota, o equipo ourensán mantén a terceira posición na clasi-ficación xeneral da fase de ascenso a Segunda División nacional de tenis de mesa, polo que aínda ten intac-tas as opcións de ascenso. Oito puntos xa os separan da cabeza da clasificación que a ocupa o seu verdugo na pasada xornada, o Oro-so Grupo Puentes con 18 puntos. Hai que recordar que ascenden os catro pri-meiros e o quinto, Vincios-Esypro, está a dous puntos dos ourensáns con 10.

O próximo encontro, o Galmédica Ourense volve xogar na sala 3 do Paco Paz contra o Naronense na cuarta xornada desta fase de ascenso, última desta primeira volta, a partir das cinco da tarde, nun partido importante para o devenir dos ourensáns para loitar polo ascenso. De lograr a vitoria o equipo seguiría mantendo como mínimo os dous puntos de vantaxe sobre os equipo que queren entrar en postos de ascenso e se quitaría un rival na lo-ita para subir de categoría. O Naronense ocupan ac-tualmente a sexta praza con 6 puntos a catro do cadro ourensán.

O que está practicamente decidido son dúas das catro prazas de ascenso, xa que

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos 1.- Oroso 18 2.- Gr. Barros 14 3.- Ourense 10 4.- Dez Portas Lugo 8 5.- Vincios/Esypro 8 6.- Naronense 6 7.- B. Oleiros “A” 4 8.- Ferretería Vincios 4

Partido de dobles entre o Galmédica Ourense e o Oroso Grupo Puentes.

tanto Oroso como Grupo Barros teñen unha boa mar-xe con respectos aos seus perseguidores. As outras dúas prazas teranas que lo-itar entre Ourense, Lugo, Gondomar e Narón, estan-do mellor posicionados o Lugo, o Vincios Esypro de Gondomar e o cadro ouren-sán, con oito, oito e dez puntos respectivemante.

Restan cinco xornadas para o final desta fase.

Page 18: 19 Feb 2010 - Nº07

18 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

NOVAS

O xurado que decidíu os gañadores estaba formado por Patricia Joga (diplomada en Educación Infantil)Isabel Doval Ferro (coordinadora de Programas Educativos)e Paula Carballido Romero (coordinadora do programa)

1.200 traballos presentáronse ao concurso “Debuxo deportivo”4 O alcalde, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Educación, Ana Garrido entregaron os pre-mios aos gañadores da actividade “Debuxo deportivo infantil”. O xurado valorou a orixinalidade e creatividade dos nenos nos debuxos realizados, escollidos entre os 1.200 debuxos partici-pantes. Participaron alumnos de Educación Infantil de colexios ourensáns.Redacción

O Salón de Plenos do Concello de Ourense aco-lleu a entrega de premios da actividade “Debuxo deportivo”, que forma par-te do programa educativo “Educación e deporte”, da Concellería de Educación, ao que asistiron o alcalde, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Educación, Ana Garrido.

Os debuxos gañado-

res foron escollidos entre 1.200 debuxos presenta-dos, nos que se valorou a orixinalidade e creatividade dos nenos. O xurado esti-vo composto por Patricia Joga, diplomada en Educa-ción Infantil; Isabel Doval, coordinadora de Programas Educativos, e Paula Carba-llido, coordinadora desta actividade.

Participaron alumnos de Educación Infantil (entre 3 e 5 anos) dos colexios Ama-

deo Barroso, Mariñamansa, A Purísima, Padre Feijoo, Luís Vives, Concepción Arenal, Mª Auxiliadora-Sa-lesianos, Prácticas, Divina Pastora, Manuel Sueiro, CEE Miño-Velle, Mestre Vide, Sta. Teresa de Jesús-Carmelitas e Curros Enrí-quez.

Os nenos recibiron orixi-nais agasallos como un proxector para elaborar de-buxos e unha caixa de lápi-ces de cores.

O alcalde de Ourense faille entrega dun agasallo a un dos premiados no concurso “Debuxo deportivo”.

4 GañadoresCon tres anos:- Santiago Cid Rodríguez (CEIP Prácti-cas)- Lúa Cecilia Pereiro Otero (CEIP Ma-nuel Sueiro)Con catro anos:- Laura González Gómez (CPR Concep-ción Arenal)- Adriana Vidal Quintas (CPR Luis Vives)Con cinco anos:- Carlota Fernández Conde (CPR Padre Feijoo)- Ruben Chaudarcas Rodríguez (CEIP Amadeo R. Barroso)

- Martín Rodríguez Abad (CEIP Mestre Vide)- Marlén Gabarri Amaya (CEIP Mariña-mansa)- Clara Prieto Pereda (CPR Mª Auxilia-dora-Salesianos)- Natalia Veloso Díaz (CPR A purísima)- Luís Vázquez Losada (CPR Divina Pastora)- Andrea Bugallo Bóan (Sta. Teresa De Jesús-Carmelitas)- Javier López García (CEIP Curros En-ríquez)Premio Especial:- David Novoa Iglesias (CEE Miño-Velle)

Page 19: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

19NOVAS

4 Competi-ción en Eiroás

O Club de Tiro de Ei-roás acolleu a pasada fin de semana unha nova tira-da da III Copa Cidade das Burgas, na modalidade de carabina de miras abertas (modalidade non olímpi-ca). Na categoría senior foi vencedor Miguel Já-come con 591 puntos, mentres que en veteráns A gañou Pedro Bermejo (579 puntos) e en veteráns B Manuel Somoza (569 puntos).

Asamblea extraordinariaPor outra banda, este

sábado 20 de febreiro, ás 19 horas en primeira convocatoria, o Club de Tiro Eiroás celebra a súa asamblea xeral extraordi-naria. Nela abordarase a preparación de eleccións para renovar a súa xunta directiva.

TIRO

AXEDREZ

4 Campionatos Provinciais Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8

O vindeiro domingo día 21 terá lugar na Asocia-ción “El Olimpo” e orga-nizado polo Club Xadrez Ourense, celebrarase o torneo zonal individual para as categorías Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8. O torneo será clasifica-torio para o campionato Galego que se disputará en abril na coruñesa vila de Padrón.

4 Snowboard e Esquí Alpino en Manzaneda

Este domingo 21 de fe-breiro terá lugar en Man-zaneda a primeira compe-tición de snowboard que se fai en Galicia, cun per-corrido tipo boardercross, coa pista marcada. Antes, o sábado, habera unha de cea de confraternidade no restaurante da estación de esquí.

Ademáis, o seguinte do-mingo 28 de febreiro, ce-lebrarase o Campionatos Galegos de Esquí Alpino nas categorías infantil, xuvenil e sénior, que tralo éxito do ano pasado volve realizarse.

NEVE

Page 20: 19 Feb 2010 - Nº07

20 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010 EDUCACIÓN E DEPORTE

4O RINCÓN DO MESTRE

O deporte como espectáculoCando o deporte de elite

triunfa a nivel internacional nun país, os efectos máis vi-sibles dende o punto de vis-ta mercantil son “a grande sorte” que se lles atribúe a aqueles deportistas que gañan sumas cantidades de diñeiro.

Hoxe en día, o deporte como espectáculo é o opio do pobo, paixón de multitu-des e un espectáculo pleno de visceralidade dende un punto de vista obxectivo. Nada ten que ver coa reali-dade do deporte decoroso, onde a educación e a cultu-ra son os seus máis claros piares ou expoñentes.

Actitudes, valores e nor-mas son necesarios para unha boa convivencia, un-has boas relacións, para a paz, etc., pero todo este contexto de valores é unha materia pendente no depor-te como espectáculo.

Un simple do de rivali-dade entre dous grandes equipos, levanta durante a semana un aluvión e pol-voreda de declaracións de toda índole, que logo se plasman durante o desen-volvemento deste en actitu-des pouco ortodoxas e fóra de toda deportividade.

Non sei se por snobismo, por paixón, por viscerali-dade, etc., todas estas cir-cunstancias degradan e en-tristecen o deporte de elite.

Evidentemente, aos mag-nates e orondos do deporte de masas impórtalles un

bedo ou un comiño todos eses feitos. Para eles, o máis doado é pasar páxina e que Deus reparta sorte.

O deporte como espectá-culo é un artigo de consumo actual, socialmente agora alcanzou cotas inmensas debido aos poderosos me-dios de comunicación. O deporte como espectáculo é moito máis que unha sim-ple competición deportiva, e o deporte de simple feito competitivo pasa a ser un grandioso espectáculo ad-mirado por millóns de per-soas diariamente.

O deporte das grandes masas non nace na esco-la, fai a súa introdución nela como unha imitación da práctica dos adultos e do deporte espectáculo e elitista. Deste xeito distor-siónase o traballo na base e perde, ás veces, o seu verda-deiro valor educativo pola intromisión de técnicos de-portivos, que distorsionan os obxectivos educativos e só buscan resultados a cal-quera prezo.

O deporte espectáculo caracterízase pola súa con-dición de festa, de distrac-ción e diversión das persoas que asisten a el. O deporte comercial ou espectáculo é o deporte onde só interesa o diñeiro.

É un mosaico cheo de intereses económicos, po-líticos e sociais. Os éxitos deportivos dunha nación convertéronse en progreso

como país. Os medios de transporte,

sobre todo as liñas aéreas, son o mellor aval de trans-porte das grandes masas de afeccionados e deportistas.

Os medios de comunica-ción alcanzan elevadísimas cotas de audiencia e lectu-ra antes, durante e despois dos grandes eventos de-portivos. Os medios de di-fusión, debido á facilidade e rapidez das noticias, son os grandes mentores do de-porte como espectáculo.

Entre os medios de co-municación, o que máis contribuíu á difusión e po-pularización dos grandes eventos como espectáculo é a televisión, porque, aparte da información, ten unha grande capacidade de en-tretemento coas imaxes.

O deporte como espectá-culo e consumo foi cobran-do unha gran relevancia no espectáculo de masas en canto a a venda de pro-dutos e artigos deportivos. Outro dos aspectos que for-man parte no deporte como espectáculo é o patrocinio cos deportistas.

Moitos deportistas per-deron o interese no depor-te porque están máis con-centrados na cantidade de diñeiro que van gañar que no deporte, iso leva consi-go que algúns deportistas sexan protagonistas do es-pectáculo, da publicidade, da novela de rosas máis que do deporte.

O deporte como espec-táculo é unha válvula de escape en vendas para as casas comerciais. ¿Que sucede coa dopaxe? ¿Só se dopan aqueles que fan o control antidopaxe? ¿As substancias permitidas non teñen nada que ver coa dopaxe? ¿Poden os seres humanos, ás veces, aguan-tar sobreesforzos, realizar mínimas marcas, etc. só a base dunha equilibrada ali-mentación?

A resposta está no tem-po.

Como conclusión, salien-tamos entre outros, algúns acontecementos durante os últimos xogos olímpicos onde se corrobora que os grandes acontecementos deportivos están divorcia-dos da realidade decorosa do deporte como educación e cultura.

Pensamos que o COI es-queceu que os seres huma-nos están por riba de todo. O devandito organismo deixou de lado a xustiza, a solidariedade, a imparcia-lidade, a liberdade, a cul-tura, etc.

En primeiro lugar, pa-réceme detestable e inxus-to que prohiban calquera xesto de do dos deportistas españois trala traxedia de Barajas. É incualificable e bochornoso.

En segundo termo, im-pedir de xeito rotundo aos deportistas gravar videos para as súas colaboracións

cos medios e só as televi-sións autorizadas (as que pagan) poden realizar as devanditas gravacións.

É inxusto e antidemocrá-tico. Para máis inri, aos daneses vai e rómpelle o barco, soben ao barco duns amigos, chegan primeiros e gañan medalla de ouro, e

de nada valeron os recur-sos e alegacións.

É unha mofa e desprezo.O deporte como espectá-

culo non é un deporte de-coroso, senón que é unha actividade mercantil, con-sumista e materialista.

Alfonso Vilachá

4 Alfonso VilacháAlfonso Vilacha é profesor de Educación Física no

CEIP de Vistahermosa e entrenador nacional de fútbol ademais de ter publicado libros sobre o deporte base.

En próximos números publicaremos os capítulos do libro “Pensamentos e reflexións sobre o deporte base”.

Alfonso Vilachá.

Moitos deportistas perderon o interese no deporte porque están máis concentrados na cantidade de diñeiro que van gañar”

Page 21: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

21BREVES

Redacción

O Club Pádel Ourense, co seu profesor Xullo Or-lando Russelli á cabeza, pon en marcha unha escola de pádel para nenos que se desenvolverá na cancha ex-terior do Pavillón dos Re-medios os venres de 16.00 a 18.00 horas, sempre que a climatoloxía o permita. Xa conta cunha ducia de nenos e prevese que a cifra aumente a medida que nos acheguemos á primavera, polo que Orlando considera que “supoñemos que será necesario aumentar os días á semana en que desenvol-ver a actividade. Posto que utilizamos unhas horas que son máis propicias para os nenos que para os adul-tos e dado que o Consello Municipal de Deportes vén apoiando o deporte base e connosco non foi unha ex-cepción, esperamos poder

dar cabida a esa demanda que agardamos”.

A escola ten dúas moda-lidades: unha de iniciación e outra de perfeccionamen-

PÁDEL

to tanto para nenos coma para adultos e as horas para estes últimos depen-derán tamén das horas de utilización da cancha por parte dos socio do Pavi-llón Municipal dos De-portes de Ourense.

Rapaces do curso de pádel.

4 Curso de pádel en Ourense

Redacción

Os adestradores de ba-loncesto, Pablo Quintas, do equipo júnior do COB, Daniel Salles-Dulan, do equipo cadete do Xiria, e Jorge Varela, do equipo cadete do Eduardo Blan-co Amor, asistiron esta semana aos adestramen-tos do primeiro equipo do Augas de Sousas Ourense, seguindo a liña de promo-ver a formación contínua dentro do marco do Club do Adestrador.

Esta actividade en-marcouse dentro da IV Edición Semana Adestra-mentos Adecco Oro-Pla-ta, englobada dentro do convenio de colaboración subscrito entre a FEB e a AEBB que organizan conxuntamente, coa cola-boración das Federacións Autonómicas e dos Clubs

BALONCESTO

4 O Club Ourense Baloncesto acolle a semana de adestramentos Adecco Ouro

Adecco Oro e Prata.O técnico do Augas de

Sousas Club Ourense Ba-loncesto, o vallisoletán Paco García, que tamén é

profesor da Escola Nacio-nal de Adestradores dende o ano 96, acolleu de bo grao esta semana de adestramen-tos.

Paco García no Pazo dos Deportes./ARQUIVO.

Page 22: 19 Feb 2010 - Nº07

22 BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

DEPORTE E SAÚDE

4ARTIGO[Sección ofrecida por Saudeter]

A dieta sen deporte non soluciona o problema dun metabolismo que funciona mal senón que acompaña outro e máis grave proble-ma o de saúde: defensas baixas, ausencia de nutrin-tes básicos, debilidades....

Ademais, quen con pro-blemas de sobrepeso non se puxo a proba cunha dieta que leu nunha revista, ou a dieta que lle aconsellou unha amiga, ou mesmo a que nos elaborou o noso en-docrino? Pero estou total-mente segura que co tempo, tan só nos queda o recordo de perder 5 quilos despois do nadal do 2004, ou a me-llor colleita foi a do verán do 2003 en Santiago, épo-ca de estudante, co menú a xogo: froita, iogures, so-pas e tabaco. E exercicio, siiii moito exercicio! polo día, pola noite? Ben!!!. De pasar de ter unha hora de chegada a vivir nun piso con dúas amigas: “adelga-zas que te morres” .

Pero todas, todas as die-tas milagrosas sen depor-te acaban igual: buscando desesperadamente outra dieta milagrosa! Onde ade-mais de perder masa graxa perdes tamén masa muscu-lar (baixando así o metabo-lismo basal) co cal as túas carnes están igual de fláci-das e non só iso, senón que o noso corpo, mellor orde-nador que pariu nai, e su-blime previsor, organízase para deixar algo do pouco que lle metes para reserva, que simpático, non?

Mirade!, a célula obtén a súa enerxía por oxidación dos principios inmediatos: hidratos de carbono, lípi-dos ó graxas e proteínas; que se degradan até as súas correspondentes unidades estruturais: glicosa, ácidos grasos e aminoácidos (res-pectivamente)

Úsanse unha ou outra como combustible depen-dendo do tipo de tecido (as neuronas utilizan glicosa

de forma exclusiva) ou as condicións de utilización (aquí depende o tipo de exercicio ó actividade), en movemento consome glico-sa (oxidación de hidratos de carbono) pero si o exer-cicio dura máis de 30 mi-nutos utiliza ácidos graxos (produto da oxidación de lí-pidos) como combustible e en repouso tamén consome ácidos graxos.

Conclusión: 1. Exercicio aeróbi-

co para queimar ácidos graxos .

2. Exercicio anaeróbi-co para tonificar os nosos músculos (que en repouso nos axudarán a eliminar graxa) e ao mesmo tempo consumir glicosa.

3. Controlar a inxesta de calorías cunha dieta sa e equilibrada adaptada ao

propio organismo (ao de cada un).

E sobre isto último acon-sellarvos que sexa un pro-fesional na materia (endo-crino e/ou dietético) que tras os pertinentes análises previos vos indique cal é a vosa dieta ideal (propor-ción de principios inmedia-tos, vitaminas e minerais e auga) segundo obxectivos e características porque non todos somos iguais!

As dietas que lemos nun-ha revista ou saen na tele son xeneralizadas, é dicir, en base a como funciona o organismo, os alimentos, o aparello dixestivo, etc. Pero sen ter en conta as ca-racterísticas individuais do noso corpo. Cada persoa ten as súas necesidades nu-tricionais únicas, herdadas xeneticamente.

O alimento dunha persoa pode ser unha catástrofe para outra porque as dietas modernas causan enfermi-dades graves en culturas indíxenas sas? E viceversa? Por que a dieta aconsellada á veciña que tan bos resul-tados está a darlle, non me funciona? Vóuvolo a contar doutra forma: unha planta (xeráneo, cactus, tomates, leitugas, trigo...) todas ne-cesitan a mesma cantidade de auga para estar sas? Non, verdade?. Con todo, son plantas todas elas e suponse que a auga non é mala para ningunha. Proba en cinco tipos de plantas diferentes a seguir o mesmo protocolo para todas: auga, abono, luz solar, nutrintes? que cres que sucederá?

Igual que si tes un meta-

bolismo de oxidación rá-pida (velocidade á que as túas células metabolizan os hidratos de carbono en enerxía) non che van ben as dietas ricas en hidratos de carbono pois non terás a suficiente enerxía sostida; serache mellor unha dieta alta en proteínas ricas en purinas, por exemplo. E ao revés se o teu metabolismo é de oxidación lenta o teu tipo de dieta ideal debe ser rica en hidratos de carbono e en menor proporción pro-teínas e graxas.

Isto si es unha persoa sa e non padeces diabetes, colesterol, alteracións na tensión... porque senón hai que partir doutra base. Así que ninguén se aventure a seguir unha dieta específica sen ter coñecemento sobre a materia, de momento coas premisas que vos dei sobre o exercicio e unha dieta equilibrada obteremos re-sultados interesantes.

A alimentación é moi im-portante non só para per-der masa graxa senón para a saúde e non debemos de alterar gravemente a nosa dieta ideal (a de cada un) para conseguir un efecto específico porque podemos alterar o noso metabolismo e o que é peor sen conse-guir o efecto esperado. O equilibrio é saúde e a saú-de equilíbrase cunha dieta sa personalizada e exerci-cio físico adecuado.

Sira Fernández, dietista de Saudeter

A alimentación

Page 23: 19 Feb 2010 - Nº07

BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Alfonso Vilachá.

Nº7 - Ano: II - 19 de febreiro 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

A PREGUNTA DO MES

Que evento deportivo gustariache que tiveramos en Ourense?

Antonio Castaño:“Un campionato do

Mundo de Rallies, sería o que me gustaría ver”

Ricardo Gallego:“Gustaríame que se

celebrase un play-off polo título de balonces-to da Liga ACB”

Luis García:“Que se celebrara na

nosa cidade un Campiona-to do Mundo de Motos”

Maruxa Suárez:“Un Gran Slam de te-

nis, xa que me gusta o tenis”

Modesto González:“Gustaríame que se

celebrase un partido da Selección Española de Fútbol”

Alfonso Rodríguez:“Estaría ven que tive-

ramos un Gran Premio de Formula 1”

Erika Hernández:“Eu conformabame

con ter un partido de fut-bol do Barcelona”

José María Rodrí-guez:

“Que se celebrara aquí a Super Bowl”

Page 24: 19 Feb 2010 - Nº07

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO19 de febreiro de 2010