16
Número: 82- Ano: V - 6 de setembro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 20 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. XIMNASIA Páx. 10-11 Sara e Yolanda, do Club Ximnasia Burgas, acudirán ao Europeo./ Dúas xogadoras do Cidade foron convocadas pola Selección./ Borja Valle no choque CDO-Celta B. Rubén Diz: “Espero non quitar as zapatillas nunca” [Páxs. 2-3] A ximnasia ourensá, no Europeo Ana e Iria, concentradas con España O Ourense cae ante o Celta B FÚTBOL SALA Páx. 8 FÚTBOL Páx. 5

6 Setembro 2013 - BD Nº82

Embed Size (px)

DESCRIPTION

No número 82 do Barrios Deportivo falamos co atleta Rubén Diz, recentemente homenaxeado polo concello de Ourense. Tamén entrevistamos ás ximnastas Sara Blanco e Iolanda García. Outra das entrevistas deste número é a do novo adestrador do Ponte Ourense, Jorge Vaz. Seguindo co fútbol sala, Iria Saeta e Ana López explícannos as súas experiencias na concentración coa selección española. E moitos temas máis!

Citation preview

Page 1: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

Número: 82- Ano: V - 6 de setembro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 20 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

XIMNASIA Páx. 10-11

Sara e Yolanda, do Club Ximnasia Burgas, acudirán ao Europeo./ Dúas xogadoras do Cidade foron convocadas pola Selección./ Borja Valle no choque CDO-Celta B.

Rubén Diz: “Espero non quitar as

zapatillas nunca”[Páxs. 2-3]

A ximnasia ourensá, no Europeo

Ana e Iria, concentradas

con España

O Ourense cae ante o

Celta B

FÚTBOL SALA Páx. 8 FÚTBOL Páx. 5

Page 2: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

� BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

ATLETISMO

“A miña evolución como atleta foi un proceso progresivo, a base de adestramento e esforzo”

4 Axenda deportivaFútbol- Día 7 de setembro -19.00h-. O Couto. CD Ourense - Rácing de Ferrol. �ªB.- Día 15 de setembro. Os Carrís. UD Barbadás - Arousa. 3ª División.- Día 8 de setembro. Meliás. Meliás - Atios. Rexional Preferente.- Día 15 de setembro. O Barco de Valdeorras. Barco - Meliás. Rexional Preferente.- Día 15 de setembro. Ourense. CD Ourense B - Vila-longa. Rexional Preferente.- Día 15 de setembro. Estadio Miguel Ángel. Pabellón Ourense - Atlético Perines. División de Honra xuvenil.Baloncesto- Día 6 de setembro. Pavillón dos Remedios -de 18.30 a �0.00h- I xornada de captación de xogadores de cate-gorías inferiores.- Día 7 de setembro. Verín -19.00h.- COB - Breogán de Lugo. Amigable.Hoquei- Días 6, 7 e 8 de setembro (Mariñamansa). VIII Open de Hoquei Veteranos.Tiro- Día 8 de setembro - Eiroás - Liga pistola estándar.- Día 15 de setembro - Eiroás. Liga pistola velocidade.Atletismo- Día 7 de setembro. A Rúa -18.00- Andaina Vila de Pe-tín.- Día 7 de setembro. A Rúa -18.30- Medio maratón Vila de Petín.- Día 15 de setembro. Manzaneda -08.00h- VIII Pene-dos do Lobo. Modalidades: Maratón de 4� km, Cross de �5 km, Andaina de �5 km e BTT de 45 km.Fútbol sala feminino- Día 1� de setembro. Os Remedios -�0.15 - II Torneo Cidade das Burgas. Cidade - Poio Pescamar.- Día 14 de setembro. Os Remedios -�0.00h- Copa Xun-ta. Cidade As Burgas - Funeraria Apóstol.

Ciclismo- Día 7 de setembro. A Veiga. 17.15h. I Trofeo Concello da Veiga - Río Xares de ciclismo.

Pádel- Ata o 6 de setembro. P�1 Padel Club. Padel Camp para nenos.

Rubén Diz realizou unha gran actuación no Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense 2013./RAMSÉS

S.N./R.T.

Comezou no atletismo fai �0 anos, con só 14, e neste tempo o seu currí-culo deportivo foise en-chendo de éxitos; algúns deles foron a obtención do bronce nacional e o sétimo posto de Europa da cate-goría sub-�3 en 10.000 metros, ou facerse en �01� co Campionato galego de 10.000 en pista. O limián

Rubén Diz Díaz é, sen dúbi-da, corredor de fondo, pero defínese como “un atleta por enriba de todo”. Na ac-tualidade voltou á competi-ción oficial, logo duns anos de descanso, e compaxínao coa súa faceta de adestrador de rapaces, algo que lle fai seguir profundizando día a día no deporte que ama e que vive con paixón, o que é para el o seu deporte rei.

Como foron os teus ini-

cios no atletismo?Rubén Diz: “Comecei

con 14 anos, grazas a un compañeiro de Xinzo. Eu estaba canso do fútbol e buscaba algo diferente.

Fun a varias competicións escolares, aínda que sen des-tacar particularmente”.

E como foi a túa evolu-ción como atleta?

R.D.: “Foi un proceso progresivo. Todo o que con-seguín foi a base de ades-tramento e esforzo. Por exemplo, o primeiro ano quedei entre os 10 mellores de Galicia da miña catego-ría, ao seguinte fíxenme con algunha medalla, despois clasifiqueime para algún campionato de España e así sucesivamente. Incluso al-gún ano me estanquei, algo que é moi común no mun-do do deporte, pero seguín progresando ata conseguir un dos meus maiores logros, quedar sétimo en Europa en categoría sub-�3”.

Despois de competir du-rante moitos anos decidi-ches parar unha tempada e, de novo, fai dous anos volviches á competición. Con que obxectivo o fixe-ches?

R.D.: “Só pensei en vol-ver a gozar do meu deporte. Eu son corredor de fondo,

pero son atleta por enriba de todo, e o único que bus-co agora é gozar deste de-porte. Non teño en mente ningún obxectivo claro, vou preparando carreiras a cur-to plazo, de feito agora es-toume preparando para dúas probas de acá a decembro. A primeira é unha á que lle teño maior cariño porque foi na que me estrenei, a pedes-tre de Santiago; e outra é a San Martiño, que ao ser de Ourense tamén me apetece moito”.

Agora combinas a túa faceta de atleta coa de adestrador, en que ámbito te atopas máis cómodo?

R.D.: “Sempre pensei que o meu era só ser atleta, pero estame gustando moito ades-trar, porque estou tocando outras especialidades, algo impensable como deportista. Agora adestro a rapaces que practican xavelina ou sal-to, e así fanme investigar e aprender cada día sobre este deporte. Deste xeito é como adestrar a 15 deportistas di-ferentes, porque cada disci-plina ten as súas esixencias e particulariedades”.

Como ves ao atletismo en termos xerais?

R.D.: “En canto ás carrei-ras populares, nas que hai gran participación, parece que está de moda e iso é fan-tástico. E isto acontece non só en Galicia, se non tamén fóra. Por exemplo, en New York rematan 45.000 per-soas un maratón e moitas delas sen adestrar demasia-do; e eu en cambio nunca

ENTREVISTA

Rubén Diz: “Espero non quitar as zapatillas nunca”4 O atleta limián Rubén Diz vén de recibir o recoñecemento do Concello de Xinzo pola súa extensa traxectoria deportiva.

Penedos do Lobo será unhas das actividades deportivas máis destacadas deste mes.

Page 3: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

3ATLETISMO

Un corredor nunha edición anterior de Penedos do Lobo.

Tizón (do En Xogo) xa comezou a destacar dende o primeiro encontro

fixen ningunha. Trátase dun deporte que engancha, o corpo pídeche máis.

Nembargantes, o atletis-mo en pista non atravesa un bo momento. Os rapaces teñen moitas modalidades entre as que escoller e en cambio non se animan. Qui-zais non sabemos vendernos como debemos. Hai que eli-minar o concepto de que é un deporte moi duro.

Ademais, no caso de Ourense as cousas non se están facendo ben, tal e como indica que atletas como Alfonso Palomanes e máis eu esteamos no club Ximnástica de Pontevedra e Alex Fernández estea no New Balance Team de Vigo. Iso indica que algo falla”.

Tes algunha asignatura pendente como atleta an-tes de quitar as zapatillas?

R.D.: “Espero non quitar as zapatillas nunca, agardo correr toda a miña vida. A día de hoxe adestro todos os días da semana e cando non dea seguido ese ritmo baixareino e adaptareime, pero seguirei correndo. En atletismo o nivel márcalo ti. Eu sempre fun unha persoa moi esixente e competitiva e considero que aínda me que-da moito por facer. Quizais un maratón é o que me falta,

porque é unha competición que polas miñas condicións físicas se me adapta como anel ao dedo, e gustaríame facela. Ao mellor despois dos retos que me teño mar-cado ata decembro falarei co meu adestrador e prepararei un maratón de cara á prima-vera”.

Como recibiches o re-coñecemento que vén de facerche o Concello de Xinzo?

R.D.: “Con alegría. Está claro que se pode ser críti-co, e como cidadáns temos o deber de selo. A realida-de é que en Xinzo os que nos dedicamos ao atletismo non tivemos moita axuda, nin dunha cor política nin doutra. Pero agora hai que recoñecer que están inten-tando botarnos unha man, axudarnos co material e as instalacións, e esa é a liña que deben seguir.

E cando che fan un reco-ñecemento deste tipo no teu pobo, e eu sempre estiven moi orgulloso de ser de Xin-zo, é toda unha alegría. Pero

“Sempre pensei que o meu era só ser atleta, pero estame gustando moito adestrar aos rapaces porque estou tocando outras especialidades do atletismo. Aprendo cada día”

sobre todo por quen máis me alegrei con isto foi, sen dúbida, polos meus pais”.

Que lle dirías aos ra-paces que pensan en comezar no mundo do atletismo e que teñen dúbidas?

R.D.: “Eu diríalles que se senten curiosidade polo atletismo que se quiten os prexuízos. Que non pen-sen que só é correr; po-den saltar, lanzar...o que máis lles guste. Ademais a formación que recibes en atletismo podes compaxi-nala con outros deportes. Pero que se quiten o medo de que é un deporte moi duro. É un deporte bonito que cando engancha faino de verdade”.

Lixeiro e veloz na pista, e sinceiro e cercano fóra dela, así é Rubén Diz, un dos atletas ourensáns de referencia. Un limián de corazón e un orgulloso amante do atletismo, que leva o nome de Ourense polo mundo a base de es-forzo e sacrificio.

No pleno do 29 de agosto o Concello de Xinzo entregoulle a Diz unha placa conmemo-rativa da súa extensa carreira deportiva, ademais de facerlle un expediente de honra. O alteta alégrase deste recoñecemento, principalmente, polos seus pais./R.T.

R.T.

A oitava edición do ma-ratón de montaña Penedos do Lobo chega neste �013 o vindeiro domingo 15 de setembro.

Penedos do Lobo cons-ta de catro modalidades: unha andaina e un cross de �1 quilómetros, unha BTT de 45 e o clásico maratón de 4� quilómetros.

Penedos do Lobo dis-corre polo macizo central ourensán na contorna na-tural de Cabeza de Manza-neda e os seus arredores.

Entre camiños e pis-tas forestais da Serra de Queixa que lle outorgan unha dureza desexada po-los atletas de montaña, e a beleza da paisaxe perse-

VIII Penedos do Lobo, o 15 de setembro4 O primeiro maratón de montaña celebrado en Galicia chega a súa oitava edición.

guida polos andaríns.

AutobusA organización dispón

para os participantes un servizo de autobús de Ourense a Manzaneda. A saída desde Ourense será ás seis da mañá e o regre-so está previsto para as cinco da tarde. O prezo da viaxes é de 7 euros ida e volta.

HorariosÁs oito da mañá dará

o pistoletazo de saída o maratón, para 15 minutos despois tocarlle o turno aos andaríns. Para as nove da mañá está programada a saída da BTT e os que participen no cross come-zarán ás 9.30h.

Escola de atletismo 2013-2014Redacción

O Ourense Atletismo pon en marcha a escola de atletismo para a tempada �013-�014. A escola ten unha duración moi seme-llante ao curso escolar (de outubro a maio), e admite a alumnos desde categoría prebenxamín ata xuvenil, ou incluso superiores. Distribúense aos atletas en grupos adaptados a súa idade. As clases volverán impartirse de luns a ven-res, a partir das 18 horas.

Os interesados teñen toda a información na sec-ción escola da web http://www.clubourenseatletis-mo.es/. Tamén se pode conseguir información acudindo ao módulo de atletismo do pavillón dos Remedios en horario de 18:00 a �1:00 horas.

Medio Maratón Vila de PetínRedacción

O sábado 7 de setembro a partir das 18.30 horas, celebrarase en Petín o seu cuarto medio maratón.

67 son os inscritos que deberán percorrer os �1,097 quilómetros ata chegar á meta; a distancia está homologada.

Tamén haberá unha an-daina que nesta ocasión chega a súa terceira edi-ción.

Na andaina están inscri-tas 55 persoas que deberán cubrir un percorrido de 14 quilómetros.

Despois de finalizar am-bas as dúas probas habe-rá unha cea popular para todos os participantes e acompañantes que estén anotados na mesma.

Page 4: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

4 BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

ATLETISMO

Alejandro Fernández nunha proba disputada nas pistas de atletismo das Lagoas. /ARQUIVO.

Redacción

O atleta ourensán do New Balance Team, Alejan-dro Fernández, alzouse co triunfo na carreira popular de Noia. Álex Fernández impúxose a un elenco de grandes atletas autonómi-cos das carreiras de fondo.

Fernández rematou a pro-ba de 8 km nun tempo de �3.33 minutos. Detrás do

Alejandro Fernández triunfa en Noia4 Aventaxou en máis de 30 segundo ao se-gundo, Lolo Penas.

ourensán finalizou o atleta de Arzúa, Lolo Penas (cam-pión de España na distancia de 10 km en ruta), quen venceu nun apretado sprint ao triatleta Fernando Alarza (os dous pararon o crono en �4.06 minutos na liña de meta).

Con esta nova vitoria, o atleta do NB Team dá mos-tras do seu bo estado de forma.

Yolanda GutiérrezEn categoría feminina a

vitoria foi para a atleta san-tiaguesa afincada en Ouren-se Mª Yolanda Gutiérrez. Yolanda foi quen de vencer á subcampioa de España de 3.000 metros en pista cu-berta, Solange Pereira.

RetosAlejandro Fernández es-

tase a preparar para o Cam-

pionato de España de 10 quilómetros en ruta que se celebrará en Asturias o vindeiro �1 de setembro. Pola súa banda, Yolanda Gutiérrez prepárase en Ourense para o maratón de Berlín, que se disputará nesta edición de �013 o �9 de setembro.

A próxima cita para Alejandro Fernández será o 21 de setembro en Asturias no Campionato de España de 10km en ruta

Este mes regresa o circuíto “Correndo x Ourense”4 Será o 29 de setembro na zona universita-ria. A chegada e meta estarán situadas nas pistas de atletismo.R.T.

Despois do parón do mes de agosto, o circuíto de ca-rreiras populares “Correndo x Ourense” retoma a activi-dade coa carreira da zona universitaria.

A cita terá lugar o domin-go �9 de setembro a partir das 1� da mañá, momento no que comezará a carreira dos “pitufos”. Ás 1�.10 co-rrerán os benxamíns e ale-víns; ás 1�.15h, os infantís e cadetes e ás 1�.30 horas será o turno da carreira ab-soluta. A saída e meta das catro carreiras estará ubi-cada nas pistas de atletismo da Universidade.

En cada carreira deste circuito hai un colaborador que axuda nos labores de organización; nesta ocasión

será o Club Deportivo Au-rum o que asuma dita res-ponsabilidade. A organiza-ción, como en cada carreira, corre a cargo do Consello Municipal de Deportes.

A proba absoluta ten unha distancia de 64.00 metros, polo que deberán dar dúas voltas a un circuito de 3.�00.

Esta carreira da zona uni-versitaria será a penúltima desta terceira edición do circuíto, que se pechará no mes de outubro coa carreira da Carballeira (domingo �7 de outubro).

Carreira da Ponte

Na última cita do circui-to celebrada na Ponte, os vencedores foron o atle-ta ourensán da Sociedade Ximnástica de Pontevedra,

Javier Paredes, e a atleta do Veteranos Ourense, Sonia Teijeiro. Ambos os dous deportistas son os que se manteñen á fronte da cla-sificación do circuíto. Tei-

jeiro é a líder destacada por diante de Ana María Ocampo e de Silvia Teije-iro; a súa rival máis forte -Iria Fernández- tívose que retirar na carreira da Ponte polo que xa non computa no circuíto (non rematou máis dunha proba e só se pode faltar a unha delas).

Na categoría masculina, Paredes comanda unha clasificación moi apreta-da, na que segundo é Pepe Márquez e terceiro, Luis Iglesias Raña.

Carreira do barrio da Ponte celebrada en xullo. /ARQUIVO

Chega a Milla Urbana do Barco4 Prevista para o 15 de se-tembro.Redacción

O club Adas-Proinor do Barco, a Delegación da F.G.A. en Valdeorras e a Federación Galega de At-letismo coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras organizan a XXVII Milla Urbana Festas do Cristo �013, de categoría nacional, que se desenvolverá o próximo día 15 de setembro a par-tir das 18:00 h. no circuíto do Paseo do Malecón do Barco.

A que fora o ano pasado valedeira para o Campio-nato de España de Milla é unha das probas, desta distancia, máis importan-tes da Península, e á que acuden atletas de renome no panorama atlético na-cional.

HorarioEste ano as carreiras (hai

varias categorías) come-zarán ás seis da tarde coa carreira dos benxamíns; así ata un total de 15 carreiras. Os pratos fortes serán as probas absolutas masculi-na e feminina. A feminina terá lugar ás 19.50 horas, e ás �0.05 tocaralle o turno a proba absoluta masculina. Solange Pereira (vencedora o ano pasado e Eva Arias son as máximas favoritas, en homes, Alejandro Fer-nández, Lolo Penas e Víc-tor García loitarán polo triunfo.

InscriciónsAs inscricións están aber-

tas ata o 13 de setembro. Pódense realizar na web http://www.fgatletismo.es/valdeorras/.

Page 5: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

5CD OURENSE

R. Torres

O CD Ourense perde en Barreiro por un gol a cero contra o Celta B. Os pupi-los de José Luis Míguez “Luisito” encaixaron o úni-co gol do encontro cando xogaban cun home máis pola expulsión de Kevin.

Durante a primeira me-tade os locais tiveron a posesión do balón, pero a pesar de cercar a portaría defendida por Pato, apenas crearon ocasións de cla-ro perigo. O Ourense non daba despregado un xogo

O Ourense perde contra dez4 Os de Luisito encaixaron o único gol do encontro cando xo-gaban cun home máis pola expulsión de Kevin.

directo e traballou durante os primeiros 45 minutos en favor de defender empate a cero inicial; soamente dúas aproximacións á portaría ri-val, sen consecuencias, foi o que ofreceron os ouren-sáns en ataque.

Reacción insuficienteNa reanudación, os “ro-

jillos” buscaron con máis afán o gol que lles dera a vi-toria. Sobre todo a partir do minuto 56 cando o conxun-to vigués queda cun home menos sobre o céspede. Catro minutos despois -no

60- Javi Hernández deixa o seu sitio no terreo de xogo ao dianteiro Gustavo Souto, quen se estreaba co CD Ourense na liga, nunha clara declaración de inten-cións de que Luisito quería levarse os tres puntos en disputa. Pero minutos máis tarde chegaría o xarro de auga fría. Nun contragolpe de libro dos locais chegaría o único tanto do encontro. Goldar sube ata campo contrario para pasar a Soto, este centra e o seu centro é rematado, sen oposición por Borja Iglesias.

Tralo gol, Noguerol en-trou no campo en substitu-ción de Portela en busca da remontada.

A ocasión máis clara foi un centro de Iker Alegre ao que non chegou por escasos centímetros, primeiro Gus-tavo Souto, e despois Óscar Martínez.

A ansiedade por alome-nos empatar o partido fixo que os dianteiros ourensáns incurriran varias veces en fóra de xogo.

Xa no desconto, un centro de Pinillo chega a Iker Ale-gre, pero o xogador remata

alto. Nese momento finali-zarían todas as opcións de que o equipo da cidade das Burgas sacara algo positivo da súa visita a Barreiro.

SétimosCon esta derrota e a vi-

toria na primeira xornada, o CD Ourense se mantén na sétima posición con tres puntos.

Rácing de FerrolO CD Ourense remata a

súa particular mini xira de derbis co encontro da ter-ceira xornada contra o Rá-cing de Ferrol. Con este se-rán tres derbis galegos nas tres primeiras xornadas de liga (Compostela, Celta B e Rácing de Ferrol). O encon-tro terá lugar o sábado 7 de setembro, no Couto, a partir das sete da tarde.

CéspedeOs directivos do club

mantiveron unha xuntanza co secretario xeral de De-portes, José Ramón Lete Lasa, esta semana nas de-pendencias da Xunta de Galicia en Ourense. Trala

Javi Hernández controla o balón ante a persecución dun xogador do Celta B.

reunión mantida ambas as partes confirman que foi sa-tisfactoria. A Xunta dará o visto bo ás obras no Couto segundo o orzamento pedi-do á empresa do Carballiño, Agro Estévez.

Agora falta saber cando se acometen devanditas obras, xa que o campo terá que estar inutilizado duran-te catro semanas. Desde a directiva teñen xa perfi-lada a data, que de seguro será despois do encontro contra o Burgos, 6 de ou-tubro, para así deixalo ata o 3 de novembro cando se enfronte ao Coruxo. Entre medias, tres saídas (Noja, UD Logroñés e Caudal) e un partido en casa contra o Tropezón; este encontro de-berá disputarse noutro cam-po alternativo ao estadio do Couto.

As obras para arranxar o céspede do Couto poderían ter lugar en outubro

Borja Valle zafándose de dous rivais.

Page 6: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

6 BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

ATLETISMO

Momento do partido do Barbdás contra o Grixoa.

R.T.

O Barbadás debutaba en casa esta tempada trala vi-toria da primeira xornada contra o Vilalbés por cero goles a dous.

O equipo dirixido por Jorge Regal buscou desde o minuto un de encontro o dominio do mesmo para sacar adiante os tres pun-tos contra o debutante na competición, o Grixoa.

Xa durante a primeira metade os ourensáns fixé-ronse co esférico e súas foron as ocasións máis claras, con ata tres que ben puideron decantar o elec-trónico a favor dos locais. Pero remataría a primeira metade e o cero a cero non se movería.

Se na primeira metade o control e as ocasións

foron dos azulóns, na se-gunda metade non variaría o guión, e xa nos primei-ros minutos Cristian tivo unha ocasión que repelou o pao.

Martín Pérez entraría para refrescar o ataque local e del saiu a seguin-te ocasión do Barbadás. Se isto non fora pouco, no tempo engadido, Alfredo e Hugo García mandarían ao pao e longueiro respecti-vamente, sendos remates. Pero esa non era a tarde goleadora do Barbadás e o marcador non se movería.

A pesar do empate, os de

Jorge Regal mantéñense na cuarta posición con catro puntos.

Xornada 3Na xornada número

tres da Terceira División, a UD Barbadás visita o campo do Cultural Areas, equipo que marcha na posición número 19. O equipo de Ponteareas non estreou o seu casi-lleiro de puntos no que vai de Liga. Perdeu na primeira xornada contra o Rápido de Bouzas (�-3) e na segunda contra o Deportivo B (�-1).

O Barbadás estrélase contra os postes4 Non pasou do empate a ceros contra o Grixoa, no que foi o seu debut ligueiro na casa.

R.T.

O Ourense B suma dúas vitorias noutras tan-tas xornadas que se levan gastadas no grupo sur da Rexional Preferente. Pola súa banda, o Barco aínda non puntuou, mentres que o Meliás leva unha vitoria e unha derrota.

Ourense B - MeliásNa segunda xornada o

Ourense xogaba o segundo derbi provincial consecu-tivo; nesta ocasión o rival era o Meliás, que visitaba o Couto. Tres a un foi o resultado final nun partido no que os de Manel Váz-quez levaron todo o peso do mesmo. O Meliás co �-1 puxo algo de emoción ao encontro pero deseguido o filial “rojillo” puxo terra de por medio co terceiro e definitivo tanto.

Con esta vitoria e a da primeira xornada contra o Barco, o Ourense ocupa os postos de enriba.

O Meliás con esta derro-ta e a vitoria da primeira xornada (3-1 contra o La-lín) é oitavo.

CD BarcoO Barco segue sen su-

mar un punto no seu ca-silleiro. Nesta ocasión o Atios superouno por 3-�.

Redacción

Este xoves 5 de setem-bro ás �0 horas no campo de fútbol de Eiroás cele-brouse un partido amiga-ble internacional pola paz en Siria; que enfrontou á selección de Senegal de Ourense contra o equipo CF Cafetaría STOP.

O encontro serviu de presentación en socieda-de do equipo Cafetaría STOP, que esta tempa-

O Ourense B suma outra vitoria a costa do Meliás4 3-1 foi o resultado. Pola súa banda, CD Bar-co perdeu contra o Atios.

Os barquenses lograron darlle a volta ao marcador (�-1) cando comezaron perdendo por 1-0. E xa an-tes do descanso os locais volveron a adiantarse no marcador, que xa non se movería.

Esta derrota sumada á da primeira xornada con-tra o Ourense fai que con cero puntos os ourensáns ocupen a décimo sétima praza.

O Ourense B atópase no alto da taboa, o Meliás é oitavo e CD Barco décimo sétimo

Na vindeira xornada UD Barbadás visita ao Cultural Aereas, o cal aínda non coñece o sabor da vitoria. Os ourensáns ocupan o posto 4, os pontevedreses o 19

da regresa á competición provincial. Este club é un equipo atípico, global e de inclusión social xa que nel militan xogadores de até tres continentes dife-rentes, axentes de policía e persoas en risco de in-clusión social. Cidadáns do mundo da diversidade unidos no deporte.

Enfronte estivo unha selección de inmigrantes musulmáns procedentes na súa maior parte do sec-

Fútbol solidario en Eiroás4 Pola paz en Siria.

tor da venda ambulante. Xuntos uníronse nun

choque no que o impor-tante non foi o resultado senón o seu obxectivo de enviar unha mensaxe de paz cara a Siria.

Árbitro solidarioComo non podía ser do-

utra maneira este partido internacional estivo dirixi-do polo ex árbitro FIFA Bernardino González, que dunha forma voluntaria colabora nestes proxectos de inclusión desde �004.

Conxunto de xogadores, árbitro e organizadores deste encontro solidario.

O CF Cafetería Stop volta esta tempada á liga provincial

Page 7: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

7HOQUEI

Un porteiro da pasada edición lanzándose para desviar a bóla. /CD OPEN.

R. Torres

O OHF “Octopus Hockey Festival”, Open Internacio-nal de Veteranos, celebra-rase no campo de Mariña-mansa entre os días 6, 7 e 8 de setembro.

O festival do “pulpo” chega á súa oitava edición, tantas coma tentáculos ten o cefalópodo, mascota des-te evento.

O campionato constará de dúas categorías, masculina e feminina. Na masculina están inscritos seis equipos: CD Open (anfitrión), CD Open Vigo (anfitrión), Vila-novense (Vilanova de Gaia - Portugal), Atletic Terrassa Hockey Club, (Terrassa - España), Los Reserva (Ma-drid- España) e Sport Club do Porto (Porto - Portugal). Para participar neste tor-neo os xogadores deberán superar os 35 anos. O CD Open Vigo tentará revalidar o título que acadou o ano pasado

En categoría feminina os catro equipos participantes son: CD Open (anfitrión), Team Galicia (Galicia - Es-

Oito anos do “Octopus”4 O Open de hoquei de vete-ranos disputarase do 6 ao 8 de setembro no campo Mari-ñamansa.

paña), Maatjes (Oestgeest – Holanda), Oranginas (IJs-selstein - Holanda). Todas as xogadoras deberán ser maiores de 30 anos.

Este ano a categoría fe-minina dá un salto cuan-titativo xa que na pasada edición tan só participaron dous equipos. Nesta oca-sión é máis internacional ao contar con dous conxuntos de Holanda.

Os partidos disputaran-se 11 contra 11 con regras oficiais, excepto a duración dos encontros, que será máis reducida.

Non só hoqueiPero durante a fin de se-

mana non se xogará só ao hoquei. Aos equipos parti-cipantes agárdalles uns días de turismo e gastronomía autóctona, amais de reen-contrarse con vellos amigos e entablar novas amizades.

Os partidos do ano pasado estiveron cargados de emoción.

Participarán seis equipos masculinos e catro femininos

Page 8: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

8 BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

FÚTBOL SALA

S.N. / R.T.

No pavillón municipal de Ponte do Porto (Ca-mariñas), ante un cento de espectadores, o Cidade As Burgas vén de dispu-tar o seu primeiro partido da pretempada, que á súa vez foi o primeiro parti-do da Copa Xunta. Este encontro, no que se me-diu co Fisober, comenzou cun dominio do conxunto ourensán, que permitiu a Maria Romero pór o 0-1 no marcador. O Cidade segue levando as rendas do encontro e de seguido Candela, en xogada pola esquerda, anota o 0-�. A continución, Vanessa e Zaida antes do descanso poñen o 0-4 no marcador co que se chegaba ao des-canso.

A segunda metade foi un calco da primeira, co Cidade levando a voz can-

O novo banco do Cidade As Burgas para a tempada 2013-2014, ao que se incorporaron Vanessa, Noelia e Candela./RAMSÉS.

O 12 de setembro o Cidade estrénase na casa. Ás 20.15 horas nos Remedios mídese co Poio Pescamar no II Torneo Cidade das Burgas

tante e o Fisober tratando de achegarse á porteria ourensá á contra, pero fo-ron as rapazas de Manolo Codeso as que completa-ron unha ampla goleada, con novos goles de Figo e Zaida. Por último, a un minuto para o remate a xogadora do Fisiober, Patricia, anota en propia porta o 0-7 definitivo co que se chegaría ao final do encontro.

Próximas citasA pretempada continua

para o Cidade As Burgas, e o vindeiro sábado 7 de se-tembro o primeiro equipo desprázase ata Guimareas (Portugal) para disputar un torneo amigable no que

O Cidade As Burgas golea por 0-7 ao Fisober4 Nun encontro da Copa Xunta.

participan catro equipos. O xoves 1� de setem-

bro terá lugar a presen-tación oficial do equipo diante da súa afección; será no pavillón dos Re-medios a partir das �0.15 horas no II Torneo Ci-dade das Burgas, o rival será o Poio Pescamar. E para o sábdo 14 de set-embro, segundo partido da Copa Xunta; nesta ocasión será o Funeraria Apóstol de Santiago, ás oito da tarde nos Reme-dios.

O equipo da Liga Ga-lega xogan este sábado 7 de setembro un amigable contra o Olivo de Vigo, ás seis da tarde no pavi-llón municipal ourensán.

Tanto Iria como Ana esperan volver a repetir a experiencia da chamada da Selección e incluso acudir ao Mundial de Venezuela en decembro

R. Torres

O día 1 de setembro Ana López e Iria Saeta xuntábanse con outras 10 compeñeiras no que era a primeira concentración da Selección Española de fút-bol sala feminino de cara a que os técnicos puideran coñecer máis de preto ás xogadoras con posibilida-des de acudir ao mundial de Venezuela, que se cele-brará en decembro.

Para Ana López e Iria Saeta a experiencia está sendo moi satisfactoria, amais que se integraron ao grupo perfectamente.

Desde que están en Murcia (lugar da concen-tración) todas as xogado-ras adestran mañá e tarde e contrólanlles a dieta, o peso e a graxa corporal todos os días, “está moi profesionalizado”, comen-ta Iria.

Tanto Saeta como López consideran ao corpo técni-co “grandes profesionais”

4 As xogadoras do Cidade As Burgas Ana Ló-pez e Iria Saeta, encantadas coa concentra-ción da selección española.

e o trato é “excepcional”, polo que a experiencia esta-lles a ser “moi positiva”.

Tanto a porteira como a xogadora de campo esperan poder repetir noutra convo-catoria e que conten con elas para o mundial de Venezue-la.

Antes de decembro haberá unha segunda concentración na que seguramente estarán a maioría das xogadoras que acudirán á cita mundialista; dequela contamos con que repitan Ana e Iria, o que lles dará moitas opcións de acu-dir a Venezuela defendendo a España.

AmigablesAna e Iria debutaron en

partido amigable coa elás-tica de España contra unha selección sub-�1 de Mur-

cia. Iria saiu de titular e non puido debutar cun gol, pero callou unha gran actuación; mentres que nos minutos que Ana defendeu a portaría de España encaixou un gol.

Unha experiencia de luxo

Iria disputando o balón ante a atenta mirada de Ana ao fondo./R.T.

Page 9: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

9FÚTBOL SALA

R. Torres

Jorge Vaz leva dez anos como adestrador, oito en categorías de base e dous en equipos sénior mas-culino. Este ano toma as rendas do Ponte Ourense de Primeira División, no que será o seu maior reto deportivo.

Como afrontas esta tempada?

Jorge Vaz: “É un reto moi importante, o máis grande como adestrador. Nunca adestrara nunha categoría tan alta”.

E que esperas dela?

JORGE VAz, ADESTRADOR DO PONTE OURENSE FSF

“Todas as xogadoras do equipo son importantes para min”

4 O adestrador ourensán toma as rendas do Ponte Ourense de Primeira División de fútbol sala.

J.V.: “Penso que con ilu-sión e traballo podemos fa-cer grandes cousas”.

Que obxectivos te mar-cas para o equipo?

J.V.: “Intentaremos loitar polo título; xogadoras hai para pelexar, pero temos que crelo. Son conscien-te de que non temos unha plantilla moi longa, pero ten moita calidade”.

Como esta sendo a pre-tempada?

J.V.: “Levamos xogados dous partidos cunha vitoria, contra Burela, e unha derro-ta, contra o Poio. Levamos poucas semanas e estámo-

nos coñecendo para facer un grupo cohesionado. Antes de que empece a liga falta-nos por xogar dous partidos da Copa Xunta. O día 7 en Ferrol contra o Valdetires e o día 14 nos Remedios con-tra o Leis; este utilizarémolo como a nosa presentación. Se superamos en puntos a Valdetires e Leis pasaremos de rolda na Copa Xunta”.

Voltando á liga. Cales consideras que serán os rivais a batir?

J.V.: “Aínda que levo pouco tempo e non coñezo ben a todos os rivais está claro que Atlético de Ma-

drid e Burela son os máis potentes. Pero hai máis equipos que seguro darán a sorpresa”.

Contarás nesta tempa-da coas xogadoras que su-biron do filial?

J.V.: “Espero contar coas xogadoras da base. Todas as xogadoras son impor-tantes para min. Ademais de Noa e Dana é posible que suban outras xogado-ras, porque como che dixen somos unha plantilla curta e necesitaremos de todas elas. Están adestrando esta tempada co primeiro equi-po Marta, Paloma e María, amais de Dana e Noa”.

Acaba de chegar ao equipo e xa foi chamada novamente pola Selección. Que vai achegar a portei-ra Vanessa ao equipo?

J.V.: “Vainos dar segu-ridade atrás e confianza ao resto de xogadoras. Ten moita experiencia e é moi seria e traballadora”.

Despois de 10 anos coma adestrador, Jorge Vaz está ante o seu reto máis importante, dirixir ao Ponte Ourense FSF

“Vanessa Barbera vainos dar segurida e confianza atrás”O novo adestrador do Ponte Ourense, Jorge Vaz.

A Copa Xunta pecha a pretempada4 Valdetires Ferrol e Leis Pon-tevedra serán os rivais.R. Torres

Pretempada intensa para o Ponte Ourense que leva xogados dous encontros e réstalle outros dous antes de que comece a liga.

Os encontros que as pu-pilas de Jorge Vaz teñen que disputar son os da fase de grupos da Copa Xunta.

Este sábado 7 de setem-bro en Ferrol, as ourensás enfróntanse ao Valdetires e o seguinte sábado (14 de setembro), no pavillón municipal dos Remedios, reciben ao Leis Ponteve-dra para pechar os encon-tros da fase de grupos.

Dos tres equipos que conforman este grupo, tan só un accederá á seguinte rolda. O primeiro encon-tro, contra o Valdetires Ferrol, será o máis impor-tante, xa que, a priori, un dos dous será o que supe-re esta eliminatoria. Unha vez superada esta fase, disputarase, con data por determinar, a fase final da Copa Xunta, que se desen-volverá xa iniciada a liga.

AmigablesPero antes destes dous

encontros, o Ponte Ouren-

4 Xornada 1 - 21 de setembroAt. de Madrid - GironellaPonte Ourense - Roldán ValladolidMóstoles - PoioLa Rioja - Lacturale OrvinaBurela - Soto del RealU. de Alacante - FerrolViaxes Amarelle - Cidade As BurgasVallirana - Ciudad de Alcorcón

se xa disputara outros dous nas primeiras sema-nas da pretempada. O pri-meiro, contra o Burela, ao que venceu por 5 goles a dous; no segundo caeu de-rrotado ante o Poio.

Vanesa BarberaA nova xogadora do

Ponte Ourense, a portei-ra Vanesa Barbera, foi convocada pola selección española para unha con-cetración que ten lugar en Murcia ata o día 6 deste mes.

Unha vez máis, Barbera acude a unha convocatoria por España, o que dá mos-tra da súa calidade; unha aposta segura do equipo pontino.

RoldánDespois de seis sema-

nas de adestramentos, o �1 de setembro dará co-mezo a liga na Primeira División de fútbol sala fe-minino. O ponte recibirá nos Remedios ao Roldán. O conxunto murciano re-matou a pasada campaña na décimo segunda posi-ción. Esta ano contan nas súas filas con dúas grandes xogadoras: Inma Sojo e Sonia Bernal.

Page 10: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

10 BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

XIMNASIA

Óscar Blanco

Sara Blanco e Iolanda García son dúas ximnas-tas do Club Ximnasia As Burgas que participarán no próximo Campionato de Europa de Ximnasia Acro-bática que se celebrará en outubro en Portugal na categoría xuvenil da Se-lección Española. Iolanda García é a ximnasta “porto-ra” máis nova da Selección Española.

Dende cando practica-des ximnasia?

Sara: “Dende os seis anos”.

Iolanda: “Dende os seis ou sete anos. Primei-ro empecei en trampo-lín e logo en acrobática”. Canto tempo adestrades?

S e I: “Dúas horas ao día de luns a venres. Os sába-dos pasamos todo o día en Pontevedra adestrando ca-tro ou cinco horas”.

Como é a vosa rutina de adestramento?

Sara: “Dedicamos ao di-námico os luns, venres e sá-bado, e traballamos o equi-librio os martes, mércores e xoves”.

Iolanda: “Si, primei-ro facemos o quecemen-to, despois practicamos as

acrobacias individuais e logo comezamos a adestrar co noso grupo. Os sábados traballamos por igual diná-mico e equilibrios”.

Tendes algunha persoa ximnasta como referen-cia?

Sara: “O trío sénior de Sara, Noelia e Carolina que foron 7º do mundo”.

Iolanda: “Si, elas foron as que lle deron un pulo para que a ximnasia gale-ga dera que falar, e grazas a elas agora podemos gozar dun tapiz”.

Tendes máis ximnastas ou deportistas na vosa fa-milia?

Sara: “O meu irmán xoga ao fútbol”.

Iolanda: “E o meu irmán fai deportes pero vai varian-do cada ano. De pequeno viña comigo ao trampolín”.

Gústanvos outros de-portes aparte da ximna-sia?

Sara: “Si, case todos”.Iolanda: “A min gús-

tanme os deportes en xeral pero destaco a escalada e o atletismo”.

Para que competición vos estades preparando agora mesmo?

Sara e Iolanda: “Para o Campionato de Europa de

Ximnasia Acrobática e para a Copa de España en outu-bro”.

Que actuación agarda-des acadar no Europeo Acrobático de outubro?

Sara: “Intentaremos al-canzar un posto na metade

da táboa”.Iolanda: “Algúns dos

que van de fóra son asom-brosos. Non podemos com-pararnos. Eu espero facer unha actuación boa, mos-trando o mellor que sabe-mos facer mais non espero

acadar un posto por riba da metade da táboa”.

Iolanda, con só 14 anos es a ximnasta “portora” mais nova da selección es-pañola. É una responsabi-lidade especial?

Iolanda: “Non. Xa o fei-

to de representar ao teu país leva consigo unha respon-sabilidade especial. Estou moi contenta por lograr isto da idade a nivel internacio-nal”.

É a vosa primeira parti-cipación internacional?

Sara e Iolanda: “Non, xa participamos no mes de marzo no Maia Internatio-nal Acro Cup “MIAC” en Maia, Portugal”.

Que din as vosas amigas do que facedes?

Sara: “Sempre me apoia-ron a seguir facendo ximna-sia”.

Iolanda: “Parécelles ben que faga deporte e aníman-me moito. Ás veces protes-tan de que non teño tempo para eles porque lle dedico mais aos adestramentos e iso quítame tempo de moi-tas outras cousas”.

Queredes adicarvos a isto de maior?

Sara: “Gustaríame, pero non é fácil”.

Iolanda: “Eu quero se-guir adestrando e compe-tindo mais non espero de-dicarme profesionalmente á ximnasia, simplemente quero seguir avanzando na ximnasia”.

Cal pensade que é a dis-ciplina que tedes que me-llorar ou traballar máis?

ENTREVISTA SARA BLANCO E IOLANDA GARCíA, XIMNASTAS

“É un deporte duro. A motivación está en conseguir o que te propuxeches e en superar novos retos”

4 As dúas mozas participarán en outubro no Campionato de Europa de Ximnasia Acrobática en Portugal.

Sara e Iolanda, sobre o tapiz.

Page 11: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

11XIMNASIA

O Ximnasia Escola Pavillón ofrece formación nas modalidades de rítmica, trampolín, acrobacias para adultos, ballet apli-cado á ximnasia, ximnasia estética e danza aeróbica.

O Ximnasia Escola Pavillón forma a nenos dende os tres anos4 As súas actividades fomentan a súa capacidade psicomotora e o traballo en equipo. Redacción

Dar saída aos nenos e nenas máis pequenos que queren practicar ximna-sia e non teñen cabida no Club Ximnasia Pavi-llón (por estar dedicado á competición federada), é o obxectivo do Club Ximnasia Escola Pavillón Ourense.

Nacido no �005, o Club Ximnasia Escola acolle a rapaces desde os tres anos que queren facer ximnasia nas súas distintas moda-lidades. O grupo de 3 a 5 anos, chamado de ini-ciación á ximnasia, ten como principal obxectivo a adquisición de destrezas psicomotoras que, ade-mais de beneficiar ao seu desenvolvemento xeral, propician a práctica futura de calquera deporte.

Os seus integrantes en-trenan dúas horas á sema-na no salón da Asociación Cultural A Troya- da que o club forma parte-. As acti-vidades que realizan están

Sara: “O artístico”.Iolanda: “Eu tamén, o

artístico. O de bailar e sorrir ao xurado... Prefiro centrar-me nas acrobacias”.

Cando estades compe-tindo, que sentides?

Sara: “Antes de saír ao tapiz sento moitos nervios, pero durante o exercicio soamente penso en facelo ben”.

Iolanda: “Moitos nervios ao sentir todos os ollos da sala, ou cando pensas que algo poda saír mal. Unha vez que comeza a música desaparece todo ao redor e alégrome de estar no tapiz, mostrando á xente o noso traballo”.

Que supón a ximnasia para vós?

Sara: “Para min é unha parte moi importante da miña vida”.

Iolanda: “É unha forma de despexarme, tranquili-zarme e de divertirme a un tempo”.

É un deporte duro? Onde atopades a motiva-ción para continuar?

Sara: “Si, nos nosos compañeiros, nos adestra-

dores e nos familiares”. Iolanda: “Penso que

si. A motivación atópoa na satisfacción persoal ao conseguir o que te propuxeches e en inten-tar superar novos retos. O camiño acostuma ser moi divertido aínda que duro”.

Como se compaxina o deporte e as notas es-colares? Aprobastes to-das?

Sara: “Este ano non tiven ningún problema e non suspendín ningunha”.

Iolanda: “Pois bastante ben, despois do adestra-mento estou máis des-pexada e estudar resúlta-me máis sinxelo, aprobei todas!”

Deixade unha última mensaxe aos nosos lec-tores.

Sara: “Eu quixera ani-mar a todos os nenos e ne-nas a que practiquen xim-nasia e outros deportes”.

Iolanda: “Que non deixen o deporte que vos gusta, aínda que semelle ser duro ou vos digan que non paga a pena”.

Sara e Iolanda realizando unha acrobacia.

Iolanda: “Eu quero seguir adestrando e competindo mais non espero dedicarme profesionalmente á ximnasia”Sara: “No Europeo Acrobático intentaremos alcanzar un posto na metade da táboa”

baseadas no xogo e poten-cian tamén as capacidades psicomotoras e o gusto polo traballo en equipo.

Modalidades Entre o polideportivo

do Campo da Feira e o ximnasio dos Remedios, o club escola atende as actividades de rítmica, trampolín, acrobacias para adultos, ballet aplicado á ximnasia, ximnasia estéti-ca e danza aeróbica.

Todos os grupos están atendidos por adestrado-res titulados, moitos deles de 3º nivel ou adestrado-res nacionais, titulados en INEF ou TAFAD, buscan-do sempre que os menores estean atendidos por pro-fesionais.

Trátase dunha forma de traballo que está a dar óptimos resultados, xa que moitos dos nenos que formaron parte deste gru-po son hoxe ximnastas do Club Ximnasia Escola Pa-villón con grande proxec-ción deportiva.

Page 12: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

1� BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

BALONCESTO

Morentín substituirá a Alex Thompson4 Tralo accidente do americano que o afasta-rá varios meses das canchas, o pívot nacional é a mellor opción.R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto xa moveu ficha tralo accidente que sufriu Alex Thompson, que lle impedirá pisar unha cancha durante moito tempo e que fixo que o conxunto ourensán pres-cindira dos seus servizos. O substituto tan só se fixo agardar dous dias, o elexido foi Roberto Morentín.

Morentín é un pívot de �,04 metros que se formou nas categorías inferiores do Valladolid. Estivo xogando do �000 ao �004 na Liga universitaria de Estados Unidos (na Universidade de Florida e na San Jacinto Ju-nior College); anteriormen-te estivo unha tempada en EBA defendo ao Club Ba-loncesto Zamora; en ACB militou en Etosa Alicante

(04/05) e no Grupo Capitol Valladolid (06/07); en LEB Ouro estivo nos equipos Farho Gijón (05/06), Leche Río Breogán (07-09), Meli-lla (09/10) -co que disputou o play off-, Murcia (10/11) -co que logrou o ascenso-, Menorca (11/1�) -co que tamén ascendeu- e a pasada tempada no Cáceres Patri-monio de la Humanidad.

PolivalenciaMorentín pode xogar

de catro ou de cinco, con gran físico baixo o aro e unha boa visión de xogo. Ademais, destaca pola súa facilidade anotadora en me-dia distancia incluso de tres puntos.

Os seus numeros en Cá-ceres foron: 9,5 puntos, 5,� rebotes e 10,7 de valoración nos �5 minutos de media

que xogou.

De VitoriaO adestrador do COB

está satisfeito pola rápida xestión do problema crea-do polo accidente de Alex Thompson e mostrábase “moi contento coa che-gada de Roberto despois do pau de Thompson. Ao xogador coñézoo perfec-tamente e vainos axudar moito, é moi polivalente en ataque, con puntaría, tiro de 3 e sobre todo unha gran capacidade de pase”. Para o técnico é un xoga-dor “duro, bo tácticamen-te e cun gran coñecemento da liga”.

Resto de xogadoresNesta segunda semana

de adestramentos e coa chegada inminente de Roberto Morentín (espé-rase que adestre o ven-res), ao equipo tan só lle faltan dúas pezas para que toda a plantilla aterrice en Ourense. Aziz N´Diaye, que aínda non pode recalar na cidade das Burgas por que non ten o visado (aín-da que xa está a piques de ter solución); e Jonathan Kale, que se incorporará á disciplina do equipo a vindeira semana. Estes dous xogadores teñen im-posible a súa presenza no partido que se disputará este sábado 7 de setembro en Verín contra o Breogán de Lugo.

AmigableO primeiro partido desta

tempada será no complexo da Granxa de Verín o 7 de setembro a partir das 19 horas. Con entrada de balde, esta será a primeira ocasión en que se verá ao novo COB en escea.

Morentín estivo no Cáceres a pasada tempada onde promediou 9,5 puntos e 5,2 rebotes

Roberto Morentín a pasada tempada no Paco Paz defen-dendo as cores do Cáceres./ARQUIVO

4 Xornada de captación de valores

O venres 6 de setembro, entre as 18.30 e as �0 ho-ras, celebrarase no pavillón municipal dos Remedios a I Xornada de Captación de xogadores de baloncestos.

O evento estará organi-zado pola Asociación Bas-ket Ourense e Club Ouren-se Baloncesto. Tanto o ABO coma o COB buscan xogadores para formar en categorías inferiores. Esta iniciativa está encamiña-da cara nenos nados entre 1996 e �001 (ámbolos in-clusives).

4 Campus de Maristas

O pasado � de setembro comezaba o VII Campus de Baloncesto de Maristas, como antesala do comezo do curso escolar. Nesta

EN BREVE

edición, como na anterior, o coordinador é Tony Ladra, que conta coa colaboración de Abraham Ladra, Carlos Figueiras, Jacobo de Benito e Sergio Vázquez.

Uns días no que o prota-gonista será o baloncesto e todos os valores que este deporte conleva: sacrificio, constancia, traballo en equi-po e superación.

En total participan 54 xóvenes entre 9 e 16 anos, que ademais de baloncesto gozarán doutras actividades lúdicas, como ir ás piscinas de Monterrei.

4 O ABO con-tinuará en EBA

Un ano máis a Asocia-ción de Basket de Ourense (ABO) participará na Liga EBA.

A pesar da mala campaña realizada polo equipo o ano pasado, e as insistentes no-ticias de que ía a baixar de

categoría (ou mesmo des-aparecer), o certo é que o equipo ourensán está inscri-to para participar de novo na Liga EBA.

A batuta do equipo estará de novo a cargo do ades-trador Juan Norat, que ade-mais farase cargo da base do club. A liga comezará para o Ourense Capital Termal (ABO) o �6 de outubro, na casa (Os Remedios), contra o conxunto salmantino do Aquimisa Laboratorios CB Tormes.

A mala actuación do ABO a pasada tempada fixo peri-gar a súa continuidade.

Page 13: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

13POLIDEPORTIVO

Á esquerda Breogán e Martín presumindo dos seus trofeos. Á dereita Aida e Noela mostrando os seus.

Redacción

O sábado 7 de setembro, o Concello de A Veiga aco-lle o primeiro Trofeo Con-cello da Veiga - Río Xares de ciclismo.

A Asociación Deportiva ADO-MOURE e a Funda-ción-Cipri Gomes organi-zan este xunto co Concello da Veiga.

Esta é a primeira vez que este concello acolle unha proba ciclista deste tipo.

30 km de probaA carreira comezará ás

17.15 horas e os participan-tes deberán dar �0 voltas a un circuito semi urbano de dous quilómetros e medio de distancia. Este percorri-do terá a Casa do Concello da Veiga como punto de ini-cio e remate.

Redacción

O domingo 1 de setem-bro os integrantes da Es-cola JA Hermida de Mace-da acudiron ao Mini BTT do Cambre (A Coruña).

Nesta cita na que parti-ciparon 150 rapaces e ra-pazas de toda Galicia, aca-dou unha gran actuación a escola ourensá. Xusto oo mesmo día no que Her-mida (ciclista que pon nome a escola) se facía coa medalla de bronce nos campionatos do mundo de BTT XC en Sudafrica, os xóvenes macedáns realiza-ban unha gran actuación, logrando tres vitorias e seis podios nesta proba.

Iván Feijóo vencía en infantís (este ano suma vitorias en todas as súas participacións). E, pola súa banda, Aida González facía o propio en alevíns e Breogán Diz era o vence-dor en principiantes.

Tamén cabe salientar a terceira posición de No-ela Saa en alevís, a mesma terceira posición de Mar-tín González en princi-piantes e o segundo posto de Hugo González en pre-benxamín.

BTT

Tres vitorias da Escola JA Hermida no Mini BTT de Cambre4 Corresponderon a cargo de Iván Feijóo, Aida González e Breogán Diz.

CICLISMO

A Veiga acolle o seu primeiro Trofeo de Ciclismo4 Terá lugar o sábado 7 de setembro, con saída e chegada na Casa do Concello e cun percorrido que suma os 30 quilómetros.

Cartel da edición 2013.

O I Trofeo de Ciclismo da Veiga comezará ás 17.15 h.

Page 14: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

14 BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

ACTUALIDADE

Recepción municipal aos ourensáns participantes nos Mundiais de Policías e

Bombeiros en Belfast O alcalde, Agustín Fernández, recibiu aos tres bombeiros de Ourense representantes

de Ourense nos Mundiais de Policías e Bombeiros, celebrados en Belfast entre o 1 e o 10 de agosto. Por primeira vez, tres bombeiros conductores do Servizo de Incendios e Salvamentos participaron no evento, acadando un total de sete medallas: Almudena Suárez, Ramón Casimiro e Eduardo Cabaleiro.

O alcalde felicitounos polos seus extraordinarios resultados nas distintas modalidades. Almudena Suárez acadou un ouro en carreira de montaña; plata individual e ouro por equipos en subida a torre; e dous ouros e un bronce en orientación. Ramón Quintas foi campión da modalidade de boxeo, e Eduardo Lago participou en ergómetro cun merito-rio resultado. Os bombeiros comentaron a experiencia e valoraron moi positivamente a súa participación, entre un total de 9.000 profesionais, cunha gran afluencia de público.

O alcalde recibiu a Almudena Suárez, Ramón Quintas e Eduardo Lago, representantes ourensáns que acadaron sete medallas nos Mundiais de Policías e Bombeiros de Bel-fast.

O Balonmán Pabellón viaxa a Redondela na primeira xornada de liga4 No seu debut na Primeira Estatal.Redacción

O Balonmán Pabellón Ourense comeza a súa an-dadura na Primeira Estatal o vindeiro �1 de setembro.

O equipo ourensán, que ascendeu de categoría este ano, tralo cambio nas estru-turas competitivas, ten a pa-peleta de manter a categoría nunha liga moi disputada e no que son auténticos debu-tantes.

O equipo seguirá sendo netamente conformado por xogadores ourensáns que estarán dirixidos polo ade-strador das últimas tempa-das, Alejandro Arias “Za-rra”.

PretempadaA pretempada comezou a

Redacción

O equipo senior do Cam-pus Ourense Rugbi vén de disputar un encontro prepa-ratorio de tempada ante o Club Rugbi Arcos de Val-devez, conxunto que milita na División de Honra do rugbi portugués.

Os xogadores do Ouren-se, en preparación, e levan-

RUGBI

O Arcos de Valdevez dobrega ao Campus Ourense nun encontro de pretempada4 No primeiro amigable.

do unha semana de adestra-mentos, foron visitados polo equipo que antes preparaba o agora técnico ourensán, Américo Gomes; e que, máis rodado fisicamente, pasou por enriba do equipo da cidade das Burgas.

PreparaciónEste choque, coa Liga

Galega a máis dun mes do

seu inicio, serviu para xuntar ao equipo e com-probar a evolución dos cadetes subidos á primeira plantilla.

Agora seguirán cos ade-stramentos, martes e xoves ás �0 horas no campo uni-versitario, para porse en forma e prepararse para o asalto á Primeira División galega de rugbi.

Partido do Campus Ourense Rugbi contra o Arcos de Valdevez. /CAMPUS RUGBI.

finais de xullo, para chegar nas mellores condicións ao incio ligueiro (�1 de setem-bro).

A pesar de levar enriba duras sesións preparatorias (sen apenas descanso), os xogadores e corpo técnico

teñen moita ilusión en facer un papel digno nesta cate-goría.

RedondelaO primeiro rival co que

se atoparán os homes de Zarra será o S.A.R. Plastic

Omnium. O encontro terá lugar no pavillón municipal de deportes de Redondela o día �1 de setembro ás 18.30 horas.

LigaEsta liga totalmente des-

coñecida para o conxunto do Balonmán Pabellón esta conformada por un total de 14 equipos, todos eles gale-gos.

Os pavillonistas deberán ir partido a partido para tentar lograr a permanencia que é o obxectivo claro des-ta tempada.

Na casaPara ver ao Pabellón na

casa haberá que esperar á segunda xornada cando se enfronten ao conxunto pontevedrés do Mecalia At. Novás. Disputarase no pavillón o �8 de setembro a partir das 18:30h.

O Pabellón Balonmán comeza a Liga o 21 de setembro contra o Redondela

Xogadores e corpo técnico do Pabellón Balonmán da tempada 2013-2014.

Copa Deputación de pádelRedacción

Tralo torneo da Ponte disputado nas instalacións do P�1 Pádel Club, e des-pois dun mes de descanso na competición, a Copa Deputación xa quenta mo-tores.

Con varias categorías a disputar, a Copa está aber-ta a todos aqueles depor-tistas da provincia que se queiran anotar.

As eliminatorias come-zarán este mes de setem-bro e disputaranse no P�1 Pádel Club. As categorías abranguen desde partici-pantes en fase iniciación no pádel ata os federados.

Logo do P21 Padel club.

Page 15: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013

15 ARTIGOS / ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº8�- Ano: V - 6 de setembro de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 20. O grupo hu-mano

O equipo é ese estraño personaxe que vive no ves-tiario pero que ninguén o viu. Son un grupo de deportistas que van traballar xuntos ao redor dun obxectivo común, dirixidos por un adestrador e outros técnicos. Este grupo está formado por persoas moi diferentes entre si en canto á idade, educación, personali-dade, valores, crenzas, etc.

A unión entre si, a comuni-cación, a relación de amizade e un clima de cooperación son os compoñentes necesa-rios para alcanzar o obxec-tivo común. O traballo dun equipo non só é competencia do ades-trador e capitáns, se-nón de todos os membros do grupo.

Dentro da dinámica de gru-po é premisa fundamental o espírito de achegamento, de comunicación e diálogo entre os seus compoñentes. O tra-ballo dentro da dinámica de traballo é un labor recíproco. O papel de ensamblaxe do adestrador é determinante.

Os equipos constitúense no vestiario, fráguanse nas relacións persoais e no tem-po libre, e maniféstanse no terreo de xogo. Os adestra-dores somos conscientes des-ta situación. Pero, para que isto exista é necesaria unha cohesión interna entre os seus membros. Esta cohesión só existe cando todos os esforzos vaian na mesma dirección, que é o equivalente a forza colectiva. Os esforzos indivi-duais dispersos son fraxilida-

de colectiva. A cohesión leva os seguin-

tes aspectos:1º.- Aceptación dos obxec-

tivos: Os obxectivos estable-cidos deben ser aceptados polo grupo.

-2º.- Comunicación: Enri-quécese a interacción entre adestrador, xogadores, servi-zo médico, etc.

3º.- Conformidade coas normas: Acéptanse de bo gra-do aquelas pautas de conduta que organizan o traballo e a convivencia interna do equi-po.

4º.- Constancia ante as di-ficultades: Cando se traballa en equipo, os xogadores son máis perseverantes ante as dificultades ou conflitos.

5º.- Satisfacción persoal: A satisfacción persoal está directamente relacionada coa cohesión interna.

6º.- Motivación: A cohesión interna reforza e incrementa a motivación.

7º.- O rendemento aumen-ta: Cohesión e rendemento retroaliméntanse entre si. A cohesión interna aumenta o rendemento, o que á súa vez potencia a cohesión interna do equipo.

Todos os compoñentes do equipo, futbolistas, adestra-dor, e demais técnicos están chamados a traballar día a día a favor da cohesión in-terna.

Actitudes opostas ao gru-po

1º. O individualismo: - Íllase dos demais.- Encérrase en si mesmo.

Deporte e realidade (XXI)

“A cohesión só existe cando todos os esforzos vaian na mesma dirección”

- Exclúese do grupo. - Négase aos demais. - Non participa.2º.- O conformismo: - Pérdese no grupo. - Perde a súa propia iden-

tidade. - Dimite do grupo. - Nega a súa participa-

ción, a súa creatividade.3º.- Non estar de acordo

no concernente aos obxec-tivos: Desacordo ou escasa aceptación por parte dos seus compoñentes.

4º.- Problemas na comu-nicación entre os compo-ñentes do equipo ou destes co adestrador.

5º.- O enfrontamento en-tre diferentes líderes dentro do grupo: Disputas entre al-gún membro do equipo polo liderado.

6º.- A incompatibilidade de competencias entre os compoñentes do grupo.

Alfonso Vilachá, con-celleiro de Deportes de Ourense e entrenador

Alfonso Vilachá.

EN BREVE

4 Solicitude de espazos no Paco Paz

O Pazo dos Deportes Paco Paz da Deputación de Ourense informa aos clubes deportivos, fede-racións e demais usuarios que ata o vindeiro �0 de setembro está aberto o prazo para solicitar o uso dos distintos espazos da instalación para adestra-mentos e partidos oficiais para a tempada deportiva �013-�014.

Os interesados deberán cumprimentar a solicitude oficial que está a súa dis-posición nas oficinas do Pazo dos Deportes e na páxina web: www.pazopa-copaz.es. Unha vez rema-tado o prazo procederase á adxudicación das horas en función das dispoñi-bilidades existentes e das prioridades que figuran no Regulamento de Uso da instalación.

4 Eiroás prepara unha tirada benéfica

O club de tiro Eiroás prepara unha tirada bené-fica para novembro. Será a primeira fin de semana, días � e 3, con competi-ción en diferentes catego-rías e entrega de trofeos ao rematar a tirada.

O recadado nas inscri-cións será a beneficio de ASMIS, unha asociación de discapacitados que acaba de trasladarse a Ourense.

Redacción

O atleta de carreiras de longa distancia, Antonio Madrinán, vén de publi-car o seu libro “El mun-do en tus pies”, que está dispoñible para descarga gratuíta na web de Barrios Deportivo, www.mundo-urense.com.

“Son tantas e tantas as horas que levo nas miñas pernas, tantos e tantos os quilómetros percorridos, que as ideas, os pensamen-tos, as reflexións, cóntan-se por miles”, explicaba Madriñán en referencia ao contido desta obra.

“‘El mundo en tus pies’ nace da superación per-soal, da continua e ardua loita contra o esgotamen-to, contra os límites. To-dos podemos superarnos na vida cando atopamos unha fonte de motivación, eu acheina a través do de-porte, axudando a persoas que o necesitan, esa é a motivación que me per-mitiu correr durante �4 ou 48 horas seguidas sen desfalecer, este é un longo camiño, pero tan só é o comezo do mesmo”, rela-

“El mundo en tus pies” en mundourense.com4 O libro do atleta Antonio Madriñán pódese descargar na web do xornal Barrios De-portivo.

ta o atleta ourensán

150 páxinas de re-flexións persoais

Este primeiro libro de Antonio Madriñán, que consta de 150 páxinas, pó-dese xa descargar de balde en formato PDF; o prólo-go corre a cargo da xorna-lista Sheila González.

Antonio Madriñán, nunha carreira. /ARQUIVO.

Page 16: 6 Setembro 2013 - BD Nº82

BARRIOS DEPORTIVO6 de setembro de �013