24
FÚTBOL Número: 42- Ano: III - 7 de outubro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. CD Ourense, abonado ás vitorias pola mínima e a sufrir ata o pitido final [páx. 8] Defendendo as nosas cores: Zuleira Atíes, do Carmelitas [páx. 22] Becas do Consello Municipal de Deportes [páx. 2] O Ponte Ourense sitúase colíder e o Cidade As Burgas ségueo a dous puntos [páx. 12-13] FÚTBOL SALA

7 Outubro 2011 - BD Nº42

Embed Size (px)

DESCRIPTION

El número 42 del Barrios Deportivo viene con la entrega de las becas que concede el concello de Ourense a jóvenes deportistas ourensanos. En la sección Defendendo as nosas cores, Zuleira Atíes, jugadora del Codigalco Carmelitas, nos acercó a Cuba, su país natal. Siguiendo con el baloncesto, el COB inicia la liga en LEB Plata, el ABO pierde estrepitosamente en su primer partido de la copa Galicia y el Carmelitas juega la fase final de la misma competición en categoría femenina después de vencer al Pabellón Ourense.

Citation preview

Page 1: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

FÚTBOL

Número: 42- Ano: III - 7 de outubro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

CD Ourense, abonado ás vitorias pola mínima e a sufrir ata o pitido final [páx. 8]

Defendendo as nosas cores:

Zuleira Atíes, do Carmelitas [páx. 22]

Becas do Consello Municipal de Deportes [páx. 2]

O Ponte Ourense sitúase colíder e o Cidade As Burgas ségueo a dous puntos [páx. 12-13]

FÚTBOL SALA

Page 2: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

� BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

AXENDA - ACTUALIDADE

4 Axenda deportivaFútbol- Día 1�. O Couto. CD Ourense - Cerceda.- Día 1�. Estadio Miguel Anxo. -1�.00 horas-. División de honra xuvenil. Pabellón Ourense - Rácing de San-tander.- Día 16. O Couto. CD Ourense - Negreira.

Fútbol sala feminino- Día 9. Pavillón Paco Chao do Carballiño -1�.30 horas.España - Rusia.- Día 10. Pavillón municipal de Xinzo -�0.30 horas-. España - Rusia.- Día 15. Pavillón dos Remedios. -17.00 horas-. Cidade As Burgas - Universidade de Alacante.

Atletismo- Día 8. O Carballiño. -a partir das 16.00 horas-. Carrei-ra popular do Leiro.- Día 9. Ourense -1�.00 horas-. Carreira popular do ba-rrio do Couto -Circuíto “Correndo por Ourense”. - Día 9. Riós -11.00 horas-. II Media maratón de Riós.

Andaina- Día 9. Riós -11.00 horas-. Andaina en Riós.- Día 9. Leiro. -09.00 horas-. Andaina en Leiro - Día 9. Piñor -10.00 horas-. Andaina solidaria de Pi-ñor.

Baloncesto- Día 8. Pavillón IES O Pompeo. 16.00 horas-. ABO - Baiona.- Día 9. Paco Paz -19.00 horas-. COB - LAN Mobel.

Judo- Día 15 de outubro. Pavillón de Oira. IV Liga inter-nacional de judo trofeo “Cidade de Ourense”. �ª Xor-nada.

Hoquei herba- Día 8. Mariñamansa -16.00h.- Cudeiro - Albor.- Día 8. Mariñamansa -18.00h.- Barrocás B - Pabellón.- Día 9. Mariñamansa -1�.00 horas-. Ourense feminino-Jolaseta.- Día 16. Mariñamansa -1�.00 horas-. Caldaria Barrocás - Júnior.

Voleibol- Día 8. Paco Paz -11.30 horas-. CV Ourense - Zalaeta.- Día 8. Paco Paz -17.00 horas-. CV Ourense - EMEVE.

Balonmán- Día 9. Os Remedios -1�.00 horas-. Balonmán Ourense xuvenil - Tirso de Molina.

Tiro olímipico- Día �3 - Campionato Galego de Aire Comprimido - Club de Tiro Eiroás

Hípica- Día 1� - Carreiras de cabalos en Antela (Sandiás)

A Concellería de Deportes repartiu 25.000 euros en becas a deportistas

Redacción

O Auditorio de Ourense acolleu este xoves o acto de entrega das bolsas a de-portistas individuais que o Consello Municipal de Deportes vén de conceder por segundo ano consecu-tivo “como recoñecemen-to e apoio a traxectorias destacadas de deportistas individuais ourensáns”. Desta volta a tenente de alcalde, Isabel Pérez, e o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, fixeron entrega de até 5� bolsas dirixidas a atletas de dife-

rentes modalidades depor-tivas como ximnasia, nata-ción, wushu ou halterofilia. Esta modalidade de axudas ao deportes foi introducida pola Concellería de De-portes o pasado ano como “reforzo e respaldo a casos particulares de deportistas que non tiñamos posibili-dade de abordar co habi-tual sistema de axudas”. A dotación orzamentaria para esta edición ascendeu aos �5.000 euros.

A Concellaría de Depor-tes resolveu pór en marcha estas axudas “para a me-llora a perfeccionamento

de deportistas que teñan destacado en competicións oficiais de carácter indivi-dual” e estableceu ao res-pecto tres liñas diferentes de axudas “que responde-ran ás realidades indivi-duais dos beneficiarios”: de iniciación, destinadas a deportistas menores de �1 anos, cunha contía máxima de 1.200 euros; de cualifi-cación, para deportistas que presenten unha traxectoria deportiva relevante, cunha contía máxima de 1.300 euros; e de alto nivel, cun-ha contía máxima de 1.500 euros.

O Consello Municipal de Deportes beca 52 deportistas ourensáns4 Deportes apoia a traxectoria “daqueles atletas que teñen destacado polo seu potencial e méritos en competicións oficiais”.

Foto de grupo dos deportistas becados xunto ao concelleiro de Deportes, a tenente de alcalde de Ourense e o xerente do Consello Municipal de Deportes./PAULA LODEIRO.

4 Relación de deportistas becados

Reciben beca os xim-nastas Yolanda García, Yael Campelo, Diego Fei-joo, Kelly Vanessa Ruales, Laura Cristina Lecuona, Carlos Eduardo Novelle, Lucas Domouro, Néstor González, Daniel Fernán-dez, Carmen Martínez, Daniel Pérez, Antía Vidal, Laura Gaela Méndez, e Carlos Trigo; e os atletas Alba Fernández, María Cielos Cadernos, José Al-fonso Palomares.

Tamén os deportistas de wushu Sergio Parga, An-drés Piñeiro, David Cal-viño, Brais Ansia, Marta Núñez e Natalia Nolasco.

E os nadadores Aitor Rodríguez, Pablo Fer-nández, Miguel Pimentel, Laura Pimentel, Claudia Álvarez, Esther Álvarez, Uxía Gómez, Rubén Ro-dríguez, Lúa Rodríguez, Iago Rodríguez, Martín Sabuz, Pedro Díaz, Ece-quiel Quiroga, Alberto Taboada, Paula Blanco, Adrián Blanco, Laura Blanco, Estefanía Alejan-dra Lippo e Iria Álvarez.

Ademais, o Consello Municipal de Deportes becou os deportistas de raid, Felix Lorente; billar, José Francisco Movilla; o xadrecista Iván Salgado; a Eduardo López, Carmen González, Iván Darío Ra-mírez e Rubén López de halterofilia; Yago Blanco, de hípica; José Jorge Ro-dríguez, de golf; David Davite, de tiro; e Antonio González, de tenis.

Page 3: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

3ATLETISMO

Arriba: Un dos participantes chegando á meta.Abaixo: O atleta Manuel Hurtado (Academia Postal) co-mezando o seu relevo. /RAMSÉS

Redacción

Con cino anos de vida o Maratón do Miño lonxe de atoparse no parvula-rio das probas deporti-vas, semella pelexar por licenciarse coa mellor das notas das competi-cións. E precisamente a iso están a contribuir as crecentes cifras de par-ticipación que ano tras ano se rexistran na proba ourensá.

En �011 un total de 1.150 deportistas (entre atletas e sendeiristas) cruzaron a liña de meta logo de realizar as súas correspondentes probas, fronte ás 1.001 persoas que o fixeron o ano ante-rior. E, quizais, o segredo estivo no bo tempo at-mosférico que o pasado � de outubro acompañou a estes valentes, que lonxe da choiva que de xeito habitual adorna esta cita, nesta ocasión gozaron dun brillante sol e unhas temperaturas próximas aos �0 grados durante boa parte da mañá.

Fose pola climatoloxía ou pola boa organización da competición (na que os participantes sempre dispoñen de diversos puntos de avituallamento e medidas de seguridade ao longo das probas, así como duchas e masaxes ao remate das mesmas),

Récord de afluencia no V Maratón do Miño4 Un total de 1.150 deportistas (entre atletas e sendeiristas) completaron a proba.

a realidade é que o quin-to Maratón do Miño é xa unha cita consolidada no calendario deportivo da nosa península, como de-mostran as inscricións de participantes proceden-tes de todos os rincóns de España e Portugal.

Os gañadoresNa proba individual fo-

ron Hassan Lekhilli (At-letismo Academia Postal) e Pilar Mahamud (Puerto de Alicante) os flaman-tes gañadores. Mentres o marroquí era o primei-ro, con ampla diferenza, en cruzar a liña de meta, ao realizar os 4�,195 quilómetros nun tempo histórico de � horas �7 minutos e 57 segundos; das féminas Pilar Muha-mud foi a máis rápida ao cubrir este percorrido en 3:26:14. Deixando am-bos relegados á segunda posición aos vencedores da edición �010.

Pola súa banda, na pro-ba de relevos o conxun-to masculino máis veloz foi o formado por Carlos Villamor, Gustavo Platas e Manuel Hurtado, que investiron un tempo total de � horas �0 minutos e �8 segundos; mentras que Iria Castro, María Hurtado e Leticia Fer-nández, cunha marca de 2:55:52, fixeron o propio na categoría feminina.

Redacción

O domingo 9 de outu-bro en Piñor celébrase a cuarta andaina “Un paso polo voluntaria-do”, que consta de dúas rutas, unha longa de 15 quilómetros e outra curta de 10. A saída (na antiga escola de Cotelas – Piñor) terá lugar ás 10 da mañá tendo que estar media hora antes para a recollida de dorsais.

Esta andaina está en-marcada dentro do Ano Europeo do Voluntaria-do e no que se pretende que acudan voluntarios de todas as asociacións posibles (ademais de non voluntarios) para dar a coñecer os obxec-tivos e as alternativas que ofrecen as súas asociacións, así como

Andaina solidaria en Piñor4 O domingo 9 de outubro, Piñor acolle a andaina máis solidaria.

os seus deberes e derei-tos. Tamén será unha boa ocasión para convencer aquelas persoas non vo-luntarias das satisfac-cións que ten o volunta-riado.

A andaina transcorrerá por Cotelas, Mirela, Vi-lariño, A Folgosa, Freás, Guimarás e rematará no punto de saída, en Cote-las.

O sendeiro contará con varios puntos de avitua-llamento e ao rematar, os participantes degus-tarán un xantar saudable. Despois da comida cele-braránse sorteos onde se premiarán ós/as partici-pantes con varios aga-sallos, entre eles, unha estancia de fin de semana nos apartamentos As Ca-siñas da Avóa Carlota en Freás.

O 9 de outubro cita coa andaina máis solidaria. /ARQUIVO

Page 4: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

4 BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

ATLETISMO

R.T.

Este domingo, 9 de outubro, celébrase a cuarta proba da primei-ra edición do circuíto de carreiras populares “Co-rrendo por Ourense” po-las rúas do Couto.

Esta primeira edición está chegando ao seu fin (faltan as carreiras do Couto e da Carballeira) e empezan a perfilarse os gañadores. En cate-goría masculina, Pepe Márquez (ADAS O Barco) é o favorito para alzarse co título, se ben, un compañeiro de equi-po, Óscar Ramos, está detrás del a tan só dous puntos de diferenza.

Na categoría absoluta feminina, Iria Fernández (Academia Postal) vai na primeira posición cun colchón de �9 puntos so-bre a súa máxima rival,

A correr ao Couto4 O domingo 9 celébrase a cuarta proba de “Correndo por Ourense”.

Isabel López Otero. Na carreira do Couto,

de gañar Pepe Márquez non faría falla esperar á última proba para coñe-cer ao vencedor do “Co-rrendo por Ourense”. Sen embargo, Iria Fernández teno máis complicado; aínda que conseguise fa-cerse co título nesta ca-rreira é case seguro que haberá que esperar á da Carballeira para coñecer á vencedora.

Sistema de puntosO sistema de puntos

neste circuíto ourensán de carreiras populares é sinxelo. O posto que se ocupa en cada carreira son os puntos que se su-man nesa proba; é decir, se un corredor chega de 55º sumaría 55 puntos. A quen participara en to-das as carreiras descarta-ríaselle o peor resultado e sumaríanselle os catro mellores tempos.

Última carreira do circuíto “Correndo por Ourense” disputada nas Lagoas./P. LODEIRO

Irida Fdez, líder da categoría absoluta feminina./P. L.

R.T.

Desde a Concellería de Voluntariado, en colabo-ración co Consello Muni-cipal de Deportes, fan un chamamento á cidadanía en xeral para participar dun xeito distinto na Ca-rreira pedestre popular do San Martiño que este ano chega á súa 35ª edición.

Para a proba popular máis importante de toda Galicia precísase un nú-mero elevado de volunta-rios para varias tarefas nos actos organizativos da ca-rreira como son a entrega de chips ás persoas parti-

Outro xeito de participar na San Martiño4 Desde a Concellería de Voluntariado bús-canse voluntarios para axudar na carreira po-pular do San Martiño.

cipantes, o avituallamento, os postos de meta...

Unha vez captados os voluntarios manterase unha reunión con eles para con-cretar as tarefas que se van desenvolver. Todos os que se animen a participar “dou-tro xeito” na carreira do San Martiño pódense poñer en contacto coa Concellería de Voluntariado a través do correo de [email protected] ou no teléfono 988-393191.

Adiántase a carreiraEste ano a carreira do San

Martiño adiántase ao 6 de novembro.

A súa data real tiña que ser o domingo, �0 de novembro pero polas eleccións xerais que se celebran ese día a or-ganización viuse obrigada a adiantala para o primeiro do-mingo dese mes. O domingo 13 tampouco terá lugar xa que coincide coa celebración dos magostos.

Ausencia de corredores foráneos

Esta edición da histórica carreira popular podería es-tar marcada pola ausencia dos atletas semiprofesio-nais que cada ano acuden a Ourense en busca do pre-mio económico.

Os voluntarios axudan en varios momentos da proba, como na saída. /ARQUIVO.

Page 5: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

5ULTRAFONDO

Madriñán, o primeiro pola dereita, nos 100 quilómetros de Bezana.

Redacción

O pasado sábado �4 de setembro celebrouse en Santa Cruz de Beza-na (Santander) a XXVII edición do 100 km inter-nacionais de Bezana, así como os Campionato de España e Campionato de España militar da mesma distancia.

Sobre un circuíto de 10 quilómetros e cun límite de tempo de tan só once horas os 158 participan-tes inscritos debían de cruzar a meta.

A saída de tan dura proba tivo lugar ás sete da mañá e a xornada es-tivo marcada polas altas temperaturas, que provo-caron un elevado núme-ro de retiradas, polo que tan só puideron chegar a meta 5� participantes, entre os cales se atopaba o ultrafondista Antonio Madriñán. Madriñán, a un ritmo regular e cómo-do, acadou un bo resul-tado, rematando terceiro na clasificación xeral da proba militar.

“Os últimos quince quilómetros foron duros, moito. Máis psicolóxica

Os 100 qm. de Bezana, a última cita de Madriñán4 Xunto a el iniciaron a proba 157 participan-tes, pero só conseguiron rematala 52.

que fisicamente. Sabía que o remate estaba moi preto, pero ansiaba che-gar. Tan pronto se me es-capaba un sorriso como unha bágoa e en cada un deses metros víñanme á mente o recordo dos meus pais, que me deron forza para percorrer os últimos quilómetros ata a liña de meta”, confesa-ba Madriñán ao remate. “Foi unha proba durísi-ma onde o que máis xoga a favor dos corredores é a súa experiencia e non tanto a súa forza física”, sentenciaba.

Participante de luxo: José M. García Milla-riega

Entre os participantes nesta recoñecida cita santanderina atopouse un dos máximo expo-nentes do ultrafondo mundial, José Manuel García Millariega. “Era un día moi agardado para min porque co-rría, por primeira vez, ao lado do noso pai do ultrafondo, o que sempre nos está dando consellos e alento, unha lenda en activo deste deporte”, aseguraba un eufórico Madriñán.

Correndo desde Santiago ata Ourense4 Catro atletas do club de atletismo Sprintes Ourense tentarano facer nunha xornada.

Redacción

Tres corredores do club de atletismo Sprin-tes Ourense (Ángel Pumar Bóveda, Carlos Muradás Núñez e o promotor da idea, Ós-car del Campo Rodrí-guez), máis un do club Os Afiadores (Rubén Calvo Fernández), en

conmemoración do pri-meiro ano de existencia do club tentarán facer a ‘machada’ de comple-tar nunha soa xornada (concretamente en 16 horas), os 109 quilóme-tros que separan a praza do Obradoiro da capital galega coa praza Maior de Ourense, unidas polo Camiño de Santiago.

O día elexido é o sába-do �� de outubro e come-zarán este reto-desafío, que fan tanto a nivel per-soal como deportivo, a partir das catro da mañá, para tentar chegar á pra-za Maior ourensá contra as oito da tarde, onde os agardarán un gran núme-ro de familiares e ami-gos.

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Ángel Pumar, Rubén Calvo, Carlos Muradás e Óscar del Campo. /SPRINTES OURENSE

Page 6: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

6 BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

BALONCESTO

Bolívar, do Pabellón, nun bloqueo a Simmons, do Codigalco ./RAMSÉS

O Carmelitas enfróntase o 7 de outubro ao Celta na semifinal da Copa Galicia

Ramsés Torres

Segunda cita para o Co-digalco na Copa Galicia e primeira para o Pabellón que permitía aos searei-ros ourensáns gozar do primeiro derbi de balon-cesto feminino do curso antes do agardado. Foi o pasado �7 de setembro na cancha central do Pavi-llón dos Remedios.

O encontro comezou con dominio do Pabellón sobre un equipo colexial que non encontraba o seu sitio na cancha. As Bo-lonio, Ramiro, Geehan... estaban sendo claramente superiores ás Simmons, Oliva, Gullber, e cunha Aties que soa non podía. Ao remate da primeira metade, cinco arriba para o Pabellón (3�-�7).

O Codigalco Carmelitas vence ao Pabellón Ourense na Copa Galicia 54-634 Unha Aties inconmensurable dá a vitoria ás colexialas.

Na reanudación, as fal-tas e o cansanzo fixeron mella no equipo local, que vía como a cubana Zulei-ra Aties facíase dona dos taboleiros con Necolia Simmons de fiel escudei-ra (12 rebotes ao final do encontro). A pesar das ga-ñas de Cacheiro de frear as arremetidas visitantes, a ex pavillonista Lucía Méndez uniuse á festa e un triplo fixo recortar distancias, mentres no cadro local íanse rotando as xogadoras sen conse-guir a fluidez do primeiro tempo. Ao final do tercei-ro cuarto renda de dous puntos para as de Lisardo Rodríguez (46-4�).

Lección maxistral a cargo de Zuleira

O derradeiro cuarto foi

de dominio total das de Juan Rodríguez (parcial de 8-17) con festival ano-tador de Aties, conseguin-do ao final do encontro 31 puntos dos 63 do seu equipo.

Vitoria final por 54-63 para o Codigalco Carme-litas que mellorou a súa imaxe con respecto ao primeiro partido da Copa Galicia no que perdera co Ensino de Lugo por 5�-76.

Pola súa banda, o Pabe-llón Ourense deixou moi boas sensación na primei-ra parte do encontro pero as fozas fóronse perdendo a medida que pasaban os minutos.

O Ensino, segundo verdugo do Pabellón

Xa o 1 de outubro o

Pabellón Ourense facía fronte ao Ensino lugués nun encontro que deter-minaba a súa continuida-de na Copa Galicia.

Pero as lucenses de-mostraron unha vez máis, ao igual que o fixeron ante as colexialas, por que son un dos conxun-tos máis temidos da Liga Feminina � e venceron ás de Lisardo Rodríguez por 71-57, eliminándoas da competición e permitín-dolle ao Codigalco des-putar a repesca.

O Carmelitas, na fase final da Copa Galicia

Logo de perder contra o Ensino lugués e vencer ao Pabellón Ourense, a Copa Galicia decidíase para as de Juan Rodríguez no seu enfrontamento ao The-

trend Social de Cortega-da. Ou conseguían vencer ao actual campión desta competición autonómica ou ao Codigalco tocába-lle voltar a Ourense e pre-pararse para o comezo da liga regular.

Pero as colexialas fixe-ron os deberes e viaxaron a Vilagarcía con todas as gañas que require mirar de fronte a un dos máis grandes. E conseguírono, vencendo por 57-65 ao Thetrend Social e clasi-ficándose así para a fase final da Copa, na que se medirán co Celta o venres 7 de outubro en Ferrol.

E o pasaporte á fase fi-nal gózase aínda máis, se cabe, cando vén da man dun loitador nato como é o Cortegada, que se mos-trou no choque contra as colexialas irregular e des-concentrado, principal-mente en defensa, o que deixou a porta aberta a un

Carmelitas moito mellor coordinado tacticamente que nos partidos anterio-res e protagonizado, unha vez máis, pola cubana Zuleira Aties, que anotou un total de �7 puntos.

Con só algo de acerto durante o segundo cuarto, que permitiu ás de Pepe Vázquez chegar ao des-canso a tan só 4 puntos (30-34) de distancia das colexialas, o Cortegada tivo a última oportunidade de remontar no derradeiro período, pero o cansanzo acumulado permitiu ao Codigalco pór- fin ao seu soño de revalidar o título galego e colarse elas na fase final da Copa.

A colexiala Zuleira Aties foi a gran protagonista do en-contro. /RAMSÉS

Page 7: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

7BALONCESTO

Redacción

O Club Ourense Balon-cesto xa conta os días para a súa estrea na Leb Prata, será o próximo 9 de outu-bro ás 19.30 horas no Paco Paz, onde recibirá ao Lad Mobel Guipúzcoa.

A base dun banco reno-vado e co obxectivo de pe-lexar polo ascenso ao final de tempada, o novo COB quere comezar este curso contando co apoio dos seus sempre incondicionais sea-reiros. E por iso vén de rea-lizar un tour por diversos centros educativos nos que entregou aos máis peque-nos da casa invitacións para

que asistan de balde a este primeiro encontro ligueiro, contando ademais cun xea-do de regalo.

Así mesmo, o Ourense non se esquece tampouco dos máis maiores, polo que oferta a todos os seus socios prezos especiais na cafete-ría, así como cornetas para animar ao equipo.

Peñas escolaresPero a vinculación do

COB cos seus afeccionados máis novos non se concen-tra só na primeira xornada de campionato senón que o club xa ten en mente unha iniciativa máis coa que acompañalos o resto do

ano. Trátase da creación nos colexios de toda a pro-vincia de peñas escolares, integradas por un mínimo de oito rapaces, que reci-birán de agasallo un carné especial de peñista e unha camiseta do clube.

Andaina solidariaAdemais, o COB non

quere deixar de lado aos pequenos que menos te-ñen, por iso colaborará na andaina que o 1� de outubro organiza Unicef Ourense, de 10 quilóme-tros de percorrido con saída na Praza Maior e chegada no Campus Uni-versitario.

Redacción

O Ourense Capital Termal comezou a Copa Galicia con mal pé ao perder nos Remedios por 48-79 ante o Chantada, nun encontro claramente dominado polo conxunto visitante.

Os ex-cobistas Rubén Vila e Sony Vázquez (con 11 e 10 puntos respecti-vamente) foron os máxi-mos anotadores dun ABO claramente inferior como demostrou a abultada di-ferencia do resultado. A segunda cita dos ouren-sáns nesta competición autonómica levaraos a terras lucenses para fa-cer fronte ao Estudiantes Lugo Leyma Natura; será o vindeiro domingo 9 ás 17 horas.

Amistoso co CambadosA segunda cita da pre-

tempada para os de Fafián foi o amistoso que celebra-ron o 5 de outubro na casa

O ABO caeu ante o Chantada na Copa Galicia4 A seguinte cita desta competición será con-tra o Estudiantes Lugo o domingo 9.

O COB busca o apoio dos seus seareiros para estrearse en Leb Prata4 O conxunto ourensán comeza a liga regular o vindeiro domingo 9 de outubro recibindo no Paco Paz ao Lad Mobel Guipúzcoa.

contra o Cambados, que os ourensáns aproveitaron para ir pulindo erros de cara á súa segunda cita na Copa Galicia.

Primeiro partido do ABO na Copa Galicia./RAMSÉS.

Page 8: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

8 BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

FÚTBOL

O mércores 12, volve o fútbol ao Couto co partido da xornada entre CD Ourense - Cerceda

R. Torres

Cuarta vitoria do Ourense en liga co mesmo resultado (1-0) o que demostra o di-fícil que se lle está facendo gañar os partidos ao equipo ‘rojillo’. Nesta ocasión non ía ser menos. Tras unha pri-meira parte insulsa, na que a mellor ocasión correu a cargo dos visitantes che-garía o descanso, e con el os cambios. Patxi Salinas decidiu dar saída ao terreo de xogo a Noguerol e Amil-ton e o equipo profundizaba máis cara a área rival pero sen un perigo claro de facer gol ata que, no minuto 69, Noguerol desde a medular dá un pase a Quintairos que este remata, o porteiro logra deter o lanzamento pero queda o balón morto na área pequena para que Eder só teña que empurralo á rede; gol, pirueta e a sufrir ata o final. Antes do gol, no 57, Soares pega no travesei-ro ourensán o balón. A 19 minutos do final, expulsión de Padrón ao deter en falta ao dianteiro visitante cando quedaba só diante de Pato.

Antes do final, Eder tivo nas súas botas o �-0 nun man a man contra o cancer-beiro Macía pero o seu fallo fixo que o cadro ourensanis-ta sufrira ata o final do par-tido pedindo incluso a hora ao colexiado do encontro.

Quintos con 13 puntosNas seis xornadas dispu-

tadas, o CD Ourense leva 13 puntos, catro vitorias, un empate e unha derrota son os números dun Ourense que ocupa a quinta posición na táboa clasificatoria.

As catro vitorias dos de Salinas teñen un denomina-

4 Vitoria pola mínima de CD Ourense ante o Lalín con gol, novamente, de Eder.

dor común, o un a cero e a sufrir.

O adestrador do Lalín, Peluso, ao finalizar o encon-tro, asegurou que o Ouren-se estará a final de tempada nos postos de arriba, “xunto cos catro equipos que todos sabemos”.

Patxi Salinas, salientou o que leva dito desde o mi-nuto un: “imos sufrir moi-to durante a tempada, non vai ser un paseo” e asegu-raba que a diferenza entre os equipos “non vexo que sexa moi grande”. Tamén estrañouse de que a ban-cada estea fría co equipo, “estamos no inicio de liga e as diferenzas non poden ser moi grandes, se estivera-mos na metade da tempada e a distancia cos de arriba fora moi grande entende-ría que houbera nerviosis-mo pero agora non”. “Se a afección non apoia teremos que sacar isto nós. Estamos sós ante o perigo”, afirmaba Salinas.

Vindeiras citasO CD Ourense visita na

xornada sete, domingo 9, ao Cultural Areas, os ponte-vedreses son decimosextos con cinco puntos, os mes-mos que os catro últimos clasificados. O mércores 1�, os ‘rojillos’ regresan ao Couto para recibir ao Cer-ceda, un dos rivais directos para lograr entrar nos catro primieros postos.

Gol...

pirueta......e a sufrir

Page 9: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

9FÚTBOL

Redacción

Para os xogadores da base do CD Ourense ponse en marcha o carné por pun-tos, iniciativa que pretende fomentar o código interno dunha maneira máis ame-na.

Durante o mes de outubro (con intención de amplialo a toda a tempada), o CD Ourense porá en práctica unha idea sacada da canteira do Atlético Osasuna na que se premia aos que cumpran as normas internas e penaliza aos que non o fagan. Os rapaces comezarán con 10 puntos cada un e iránselle retirando cada vez que cometan unha infracción; segundo a infracción que se cometa poderáse retirar un, dous ou tres puntos. Para as infraccións tamén

Carné por puntos para os rapaces do Ourense4 Para fomentar o código interno.

contarán coa opinión dos rapaces chegando a un consenso entre xogadores e adestradores para decidir cales son as infraccións

coas que se penalizarán. As pérdidas de puntos poden ter lugar por non levar a prenda deportiva ao adestramento, non avisar da ausencia dun

adestramento, pelexarse cun compañeiro, etc.

Puntos positivosPero tamén terán puntos

Rapaces do Ourense e directivo posan con carné por puntos. /RAMSÉS

en positivo (puntos extra), que restarán aos negativos. Se durante un mes o xoga-dor non ten ningún punto negativo, automáticamente sumaráselle un punto posi-tivo.

O club tamén se plantexa sumar puntos positivos aos que acudan a ver os parti-dos do primeiro equipo no Couto. Con esta idea pre-téndese ter un control nos hábitos dos rapaces e traba-

llar sobre os valores depor-tivos e sociais mínimos para unha mellor convivencia.

Esta iniciativa estará de proba durante o mes de outubro con intención de ampliala a toda a tempada

Page 10: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

10 BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011 POLIDEPORTIVO

Campus Ourense Rugbi e Ferrol RC enfróntanse na primeira xornada da liga regular. A segunda cita dos ourensáns será contra o Santiago

Redacción

O club Balonmán Pa-bellón estreouse na Se-gunda Autonómica con vitoria aplastante ante A Cañiza (37-13). Os ourensáns dominaron o encontro durante todo o tempo cunha grande in-tensidade defensiva que lles permitía roubar moi-tos balón e saír á contra. A pesar das baixas (Fran Varela e Brais Pérez) o Pabellón sacou adiante o partido con solvencia ten-do o encontro de cara xa ao descanso (19-5).

Con este resultado, Za-rra puido dar minutos a todos os xogadores para rematar cun resultado fi-nal de 37-13, mostrando a clara superioridade dos ourensáns.

Con esta abultada vi-toria colócanse líderes provisionais empatados co Culleredo e o Porriño (este último venceu ao Carballiño). O próximo partido o Pabellón vistará Chapela para xogar con-tra o Paraxe. Mentres o Carballiño, viaxará ata A Cañiza para tentar sumar os seus dous primeiros puntos.

Equipo sénior femi-nino

O equipo sénior femi-nino do Club Balonmán Pabellón recibía no anexo dos Remedios ao Caselas. Durante todo o encontro o

R.T.

O Campus Ourense vence no seu terceiro encontro de prepara-ción para o campionato ao Pontevedra por un contundente 44-0. Des-pois de dúas derrotas anteriores, os ourensáns deixan un bo sabor de boca no seu derradeiro partido da pretempada ante un Pontevedra que pagou a súa falta de ex-periencia a pesar de que estiveron moi combati-vos durante todo o en-contro.

O dominio do parti-do correu a cargo dos ourensáns logrando moitas posesións en ataque, o que os levou a acadar oito ensaios. Con

Redacción

O primeiro equipo de Campus Ourense Rug-bi vén de rematar a súa mini xira por Londres, na que os membros do equipo puideron gozar dun gran ambiente de rugbi co partido da Aviva Premiership Harlequins - Sale Sharks como pra-to forte da fin de sema-na. A visita á tenda ofi-cial da RFU no estadio

Arranque de liga con vitoria4O Pabellón Balonmán Ourense vence e sitúase líder.

dominio era local pero, uns malos minutos finais tiraron pola borda todo o traballo realizado ata en-tón e remataron perden-do o partido 16-18 e per-dendo os dous primeiros puntos en xogo.

A porteira Blanca Vázquez foi a xogadora máis destacada das pa-bellonistas pero non foi suficiente para levarse a vitoria, en parte por unha defensa ourensá falta de peso.

A pesar dos cinco go-les da xogadora local, María Bouso, foi a vi-sitante, Iria Estévez, en parte pola súa superio-ridade física ,a que faría moverse a balanza cara ao lado visitante.

O Indomogal Pabellón de 1ª Autonómica femi-nina visita ao Narón en partido correspondente á segunda xornada.

Outros equiposO Balonmán Pabellón

de �ª Autonómica xu-venil recibe o domingo pola mañana ás 1� ho-ras nos Remedios ao lí-der Tirso de Molina. Os equipos cadetes viaxan ata Pontevedra para en-frontarse ao Teucro. O cadete masculino e o in-fantil masculino tamén rendirán visita nesta se-gunda xornada, e farano ante o Octavio Pilotes Posada e UB. Lavado-res respectivamente.

Remate da pretempada con vitoria4 Logo de dúas derrotas.

este partido rematan os encontros de pretempada e os ensaios de cara á liga. Agora soamente falta es-perar o seu comezo, o 16 de outubro, para lograr reter o título obtido a pa-sada campaña.

12 equiposDa asamblea da Fede-

ración galega de rugbi saiu a decisión de ter 1� equipos na Liga galega tras admitir aos Jabatos do Bierzo. Deste xeito a liga está formada polo equipos: Campus Ouren-se Rugbi, Santiago Rug-by Club, Muralla RC, Vigo B, CRAT B, Ferrol RC, Zalaeta RC, Lalín RC, Fendetestas As Pon-tes, Mareantes RC, Pon-tevedra RC e Jabatos do Bierzo.

O Campus Ourense Rugbi finaliza o seu tour por Londres4 Agora prepárase para o seu debut na Liga Galega o vindeiro 16 de outubro.

de Twichenham -catedral do rugbi- e a visita a un sport pub céntrico para asistir á retransmisión do Escocia - Inglaterra do Mundial de rugbi foron outras das actividades que os ourensáns realiza-ron en Londres, deixando tempo para a visita aos lu-gares turísticos da capital inglesa.

Ademais, este tour per-mitiu ao noso conxun-to establecer relacións

deportivas con varios equipos de rugbi, que xa están dando os seus froitos coa invitación que os Murphy’s Mitfits de Sofía veñen de cursar ao Campus Ourense para formalizar un encontro amigable en terras búlga-ras durante este próximo ano.

Comezo da ligaPor outra banda, esta

fin de semana deuse a

coñecer o calendario de-finitivo da Liga Galega para a tempada �011/1�, a cal, ao enfrontar a 1� conxuntos, alongarase ata abril.

O Campus Ourense Rugbi debutará o vindei-ro sábado 16 de outubro en Ferrol contra o equi-po local de Ferrol RC, e recibirá na segunda xor-nada a Santiago RC en Ourense.

Partido do Campus Ourense da pasada liga. /ARQUIVO

Page 11: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

11PUBLICIDADE

Page 12: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

1� BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011 FÚTBOL SALA

Anita superando a unha rival do Zaragoza no partido nos Remedios./RAMSÉS

4 Partidos de España- Domingo 9, ás 1�.30 horas. España - Rusia. No Carballiño.- Luns 10, ás �0.30 horas. España - Rusia. No pavillón municipal de Xinzo de Limia.

4 Xornada 5 - 15 de outubroDiamante Logroño - ValladolidLacturale Orvina - RubíCidade As Burgas - U. de AlacanteFutsi Navalcarnero - MóstolesFemesala Elche - Soto del RealGironella- Ponte OurenseZaragoza - Deportivo CórdobaBurela - Majadahonda

R. Torres

Ponte Ourense vén de vencer por un claro 6-0 ante un Zaragoza que aínda non puntuou en liga e que dista moito do da tempada pasa-da. A máxima goleadora da liga, Ampi, aos seis minutos xa daba vantaxe ás pontinas no marcador, o que facía presaxiar un partido pláci-do para as de Óscar Vivián. E así foi. No minuto 1�, Sara, a pase de Ampi, esta-blecía o dous a cero e antes do descanso, Drica, en dúas ocasións, sentenciaba o en-contro para as locais nos primeiros �0 minutos (4-0).

Ponte Ourense, colíderes4 O Ponte vence ao Zaragoza por un contundente 6-0 e sitúa-se na segunda posición.

Na reanudación, as de Vi-vián limitáronse a contem-porizar o partido ata o mi-nuto 35 no que Ampi faría a súa segunda diana. A dous minutos do final, Souza deixaría o definitivo 6-0.

Con esta vitoria, o Ponte Ourense colócase na segun-da posición con 10 puntos, os mesmos que as líderes do Córdoba; os goles a fa-vor inclinan a balanza cara as andaluzas (�5 por �0).

Gironella, o próximo rival

Nesta fin de semana non hai liga polo compromiso que a selección española

ten no Carballiño. A com-petición reanúdase o vin-deiro sábado 15 de outubro; nesa data dispútase a quinta xornada co enfrontamento entre o Gironella e o Ponte Ourense.

O Gironella será un duro rival, visto que este ano tivo un gran arranque ligueiro: dos catro encontros dispu-tados sumou tres puntos en tres deles e tan so cedeu unha derrota. As vitorias foron contra o Rubí (recén ascendido), o Universidade de Alacante (que está cha-mado a ser unha das sor-presas da tempada) e contra o campión da Copa de Es-

4 Marta coa selecciónOs días 9 e 10 de outubro no Carballiño e Xinzo res-

pectivamente, a selección española xoga dous partidos amistosos coa novidade da pontina Marta Figueiredo na convocatoria. Marta vestirá a elástica da selección por primeira vez logo de tela preselecionado o técnico na-cional na anterior cita. Xunto con Marta, estará por par-te do Ponte Ourense, Amparo Jiménez. Pola súa banda, caen da convocatoria as xogadoras Laura Fernández por lesión e Sara Moreno, por decisión técnica.

Os encontros serán o domingo 9, ás 1�.30 horas no Carballiño, e o luns 10, ás �0.30 horas no pavillón mu-nicipal de Xinzo de Limia.

Marta no último encontro do Ponte Ourense. /RAMSÉS

paña, Móstoles; a derrota foi, incomprensiblemente, contra o Soto del Real. As catalás ocupan a sexta pra-za con nove puntos pero a tan só un das primeiras clasificadas.

Marta Pons (internacio-nal con España) e Berta Velasco son a dupla máis perigosa do equipo cata-lán.

O sábado 15, reanúdase a liga coa visita do Ponte Ourense ao Gironella

Page 13: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

13FÚTBOL SALA

Primeira División FSF 4ª xornadaPosto Equipo Puntos1º Córdoba - 10�º Ponte Ourense - 103º Móstoles - 94º Atl. de Madrid - 95º Femesala Elche - 96º Gironella - 97º Cidade As Burgas - 88º Orvina - 79º Soto del Real - 610º Rubí - 4 11º U. de Alacante - 31�º Burela - 313º Valladolid - 314º Majadahonda - 315º Logroño - 016º Zaragoza - 0

R. Torres

O Cidade As Burgas mantén a súa condición de invicto na Primeira Divi-sión do fútbol sala femini-no logo de catro xornadas. As de Manolo Codeso le-van dúas vitorias (Rioja e Valladolid) e dous empates contra Orvina e Rubí, este na última xornada disputa-da. O Cidade As Burgas re-gresou da súa viaxe a terras catalás cun punto na mochi-la, moi importante para ir sumando na súa loita pola permanencia.

O inicio de encontro es-tivo moi igualado pero un final de primeiro período fatídico para as de Codeso fixo que as locais marcha-ran aos vestiarios cunha vantaxe de 3-0.

Na reanudación, e coa presión das ourensáns sa-cada das súas costas, o do-

O Cidade As Burgas,nos postos de arriba4 Dous empates e dúas vitorias son a bagaxe nas catro pri-meiras xornadas.

minio pasou para o bando visitante; deste xeito, So-nia recortaba distancia. Un minuto máis tarde, Alicia, tras rematar un rechace da porteira local situaba ás franxiverdes a un gol. Peke, a tres minutos do final, ano-taba o terceiro das galegas o que sería o empate a tres definitivo.

Universidade de Ala-cante, próximo rival

Na quinta xornada da liga, o Cidade regresa aos Remedios (sábado 15 de outubro) para enfrontarse nesta ocasión ao Universi-dade de Alacante, un dos chamados a ser equipo re-velación da tempada polas súas fichaxes, aínda que de momento non está á altura que se lle esperaba. Conta con tres puntos consegui-dos na primeira xornada ao vencer a domicilio a Zara-

goza (3-7), pero logo tres derrotas consecutivas (Gi-ronella, Elche e Futsi) fan que ocupen a undécima po-sición. Unha vitoria ouren-sá faría que a distancia en-tre galegas e valenciás fóra de oito puntos a favor das primeiras.

O perigo do Alacante pasa pola súa porteira, a ex do Elche e internacional con España, Sonia Bernal, e as xogadoras, Susana Sán-chez, tamén internacional e ex do Elche e e interna-cional con Portugal e ex do Futsi, Sofía Vieira.

As novas xogadoras pi-den paso

Que o Cidade As Bur-gas contaba nas súas filas con xogadoras moi novas era un feito; pero que ago-ra son parte fundamental do esquema de Codeso é unha realidade. Ana é a

porteira que substitúe a Nati (este ano xogadora de campo) baixo os paos cun rendemento brillante. Ma-ría Arias conta con moitos máis minutos que a pasada campaña. Alicia, que non xogara na primeira metade contra o Rubí, no segundo tempo foi a xogadora deter-minante para que o Cidade lograra empatar a conten-da e conseguira un valioso punto en terras catalás; e xunta a elas, Carmen, que está empezando a sumar minutos na liga ao recupe-rarse da lesión de xeonllo que a mantivo afastada das canchas practicamente toda a pasada tempada.

As mozas piden paso no equipo e, en parte grazas ta-mén a elas, o equipo ouren-sán ocupa a sétima posición con oito puntos, a dous das líderes, Cajasur Córdoba e Ponte Ourense.

Iria tenta levarse o balón diantes de dúas xogadoras do Valladolid./RAMSÉS

Sofía Vieira (antes no Futsi) será un dos perigos do Cida-de no seu partido contra a U. de Alacante. /RAMSÉS

4 Mellor xogadora galegaO pasado venres, 30 de setembro, celebrouse en Pon-

teareas a gala do fútbol sala galego. En devandita gala entregáronse numerosos premios, entre eles, o de me-llor xogadora galega de fútbol sala, que nesta ocasión recaeu na xogadora do Cidade As Burgas, Lucía Álva-rez (Peke).

Peke nun encontro nos Remedios. /RAMSÉS

Page 14: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

14 BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

POLIDEPORTIVO

A travesía da Coruña contou con 72 nadadores participantes procedentes de diversas comunidades

Redacción

O pasado domingo � de outubro tivo lugar a segunda piraguandaina da amizade, que se desen-volveu entre os concellos de Allariz e Xunqueira de Ambia, organizada conxuntamente por ambos municipios, o club pira-güismo fluvial Allariz e a asociación xuvenil alari-cana “Amizade”.

Con 150 participantes, a andaina deu comenzo as 9:15 horas da maña dende a alameda de Allariz ata a praia fluvial de Xunqueira, e ás 11 os andaríns fixeron o camiño de volta; perco-rrido que tamén realizaron a esa mesma hora os 19 piragüistas que participa-ron na baixada polo río

II piraguandaina da amizade4 Realizouse o 2 de outubro en-tre Allariz e Xunqueira de Ambía.

Arnoia unindo Xunqueira e Allariz.

Algunha que outra inci-dencia

A pesar de que a clima-toloxía acompañou a esta proba, a nota negativa veu da man da escasa auga que levaba o río Arnoia e que obrigou aos piragüistas a facer diversos treitos do mesmo a pé, así como ir esquivando constantemen-te as pedras que afloraban polo baixo caudal. Así mes-mo, había remansos de auga onde se acumulaban moitas algas e diversas presas de gran altura que tiveron que rodear ca piragua ás costas. Pequenas dificultades que, por suposto, non lograron empañar tan “amistosa” iniciativa.

Redacción

O pasado sábado �4 de setembro celebrouse a IV edición da travesía a nado Coruña 10.000 que contou cun total de 7� participan-tes, entre os que destaca-ban os irmáns portugueses Hugo e Soraia Riveiro, a internacional do Pabellón Ourense, Laura Pimentel, e o seu compañeiro de club, Alberto Taboada, xunto con outros nadadores de Galicia e doutras comuni-dades.

Laura Pimentel, campioa da travesía da Coruña4 Alberto Taboada rematou cuar-to na categoría masculina.

O escenario foi a praia de Orzán

As boas condición me-tereolóxicas fixeron que o proba se puidera desputar na praia de Orzán, bordean-do a Torre de Hércules. O triunfo en categoría femini-na foi para Laura Pimentel por diante da súa grande ri-val, Saraia Rivero. En can-to á categoría masculina, o vitoria foi para Hugo Rive-ro, mentras que o ourensán Alberto Taboada rematou na cuarta posición.

Co triunfo de Laura en terras coruñesas, a xove na-dadora proclámase campioa da primeira Copa galega de longa distancia de natación, evento organizado pola Fe-deración galega de nata-ción.

Laura Pimentel adestrando en Ourense./ARQUIVO Un dos participantes na piraguandaina.

COPA GALiCiA FúTBOL SALA FEMininO

Ponte Ourense e Cidade As Burgas tentarán acceder á final4 Ponte - Burela e Leis - Cidade, os emparellamentos en semifinais.

Redacción

Xa se coñecen os empa-rellamentos das semifinais da XXI Copa Galicia que se disputará no Lalín Arena entre os días 11 e 1� de ou-tubro (martes e mércores).

O martes 11, ás 19.30 ho-ras, terá lugar a primeira se-mifinal co prato forte desta eliminatoria, que enfrontará ao Ponte Ourense contra o

Burela, no que pode ser a final adiantada.

O mesmo día, a partir das �1.30 horas, o Cidade ten-tará lograr o seu pase á final contra o Leis Pontevedra, equipo que milita na Se-gunda División.

A final está prevista para o día seguinte, mércores 1� de outubro, desde as 1�.00 horas, na cancha da locali-dade pontevedresa. Ponte e Cidade queren verse as caras na copa Galicia. /R.T.

Page 15: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

15PUBLICIDADE

Page 16: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

16 BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

Redacción

Os ourensáns Ricardo González e Jose Luis Gon-zález proclamáronse vence-dores do III Rali de Galicia, celebrado en Melide (A Co-ruña) nunha proba animada pola grande afluencia públi-co e que dominaron dende o inicio.

A primeira das etapas su-puxo dúas pasadas ao visto-so tramo urbán famoso de edicións anteriores; a pri-meira de recoñecemento e a segunda puntuable para a clasificación. Trala disputa desta primeira etapa, os ir-máns González deitaríanse na segunda posición.

No primeiro tramo da segunda xornada, o Ford Escort RS�000 de Ouren-se Capital Termal xa co-mezaba a dar mostrar das súas pretensións neste rali e encaramábase á primeira posición que xa non aban-donaría en toda a proba, facendo un rali sobresaínte logrando seis scratch dos 11 tramos disputados.

No podio acompañaron aos ourensáns, os actuais líderes, Breda-Alaña, e de terceiros os ourensáns Mar-cos Fernádez Adán e Víctor Carballo.

En velocidade, os locais Jesús Ferreiro - Marín Se-gade con Porsche Carrera RS foron os campións. A

Os irmáns González vencen no Rali de Melide4 no iii Rali de Galicia histórico.

parella formada por Jorge Rantur e Alex Cid a bordo dun potente Escort RS�000 púxolles as cousas difíciles ata que tiveron que abando-nar por unha desafortunada avaría.

Clasificación xeralCon esta vitoria, os ir-

máns González afiánzanse na segunda posición da xe-

ral da Copa de España de Regularidade Sport para ve-hículos históricos, logrando ampliar a súa vantaxe sobre os terceiros -Gui-Gui-, ac-tuais campións de España. Pola parte de arriba recor-tan distancias cos primeiros (Breda-Alaña) que lograron a segunda posición en Me-lide grazas ao abandono do equipo asturiano formado

por Fernández-Fernández a bordo dun Ford Fiesta 1.6.

Próxima citaA seguinte proba do ca-

lendario será o III Rali Villa de Pravia Histórico, penúl-tima do calendario, que se disputará os días 13 e 14 de outubro.

Ricardo González e Jose Luis González tentarán nes-

Os irmáns Gon-zález tentarán recortar puntos na próxima cita para xogarse o todo polo todo no costa Brava

Os irmáns González co seu Ford Scort RS2000 no rali de Melide

ta proba “recortar puntos aos líderes para así xogar-se o todo polo todo na últi-ma proba do campionato a celebrar no Costa Brava”, pero sen “descoidar aos terceiros, xa que un erro pode facer que saiamos da segunda posición”, co-mentaba José Luis Gonzá-lez.

Rali Ourense Baixa LimiaRedacción

Coa celebración do Baixa Limia tan só res-tarán dúas probas para rematar o Campionato galego de ralis de asfalto, polo que a proba ourensá é unha cita ineludible para os que optan ao triunfo fi-nal.

Iván Ares intentará ga-ñar e lograr o campiona-to galego a falta de dúas probas, pero a vitoria en Ourense será complicada, xa que participarán pilo-tos como Pedro Burgo ou Alberto Meira. Este últi-mo proclamárase campión na pasada edición.

Álex e Santi Pais do ACSM Rallye Team ten-tarán facer un bo papel nesta proba, xa que teñen opcións de optar á segun-da praza absoluta, aínda que o seu obxectivo é o de ser campións da Copa Top Ten Pirelli de Galicia. Carlos Iván Alonso co seu Mitsubishi Lancer Evo X de RMC será outro dos destacados participantes. En total serán 107 coches os que tomarán a saída no Rali Ourense Baixa Limia este sábado, 8 de outubro.

O coche do ACSM Rallye Team.

MOTOR

Page 17: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

17

Redacción

Presentouse o VIII Rali Ourense-Baixa Limia, nun acto no que estiveron pre-sentes o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fer-nández, o subdelegado do Goberno en Ourense, Ca-milo Ocampo, o delegado de Deportes da Xunta en Ourense, Mario Guede, o xerente do Consello Muni-cipal de Deportes, Manuel Rodríguez Mosquera, e o

Chega o Baixa Limia4 Presentouse a oitava edición do Rali Ouren-se - Baixa Limia.

presidente do Comité Or-ganizador da proba, Ángel Saa Hermida.

O presidente de Ouren-se Motor Sport Ángel Saa “Lito” agradeceu o apoio co que conta das institu-cións e as empresas que fan que este rali sexa posible. No meramente deportivo destacou que as novidades deste ano son a recupera-ción do tramo de Lobios ou a creación do de Her-dadiña. Salientable tamén

é o número de participan-tes que este ano chega aos 107, entre os cales están os primeiros da clasificación provisional do campionato galego, con Iván Ares que é líder, ademais de �9 pilotos ourensáns, algún deles co-rrendo por primeira vez un rali. Tamén estará Alberto Meira, campión da pasada edición.

O subdelegado do Gober-no fixo fincapé na segurida-de co apoio das forzas de

De esquerda a dereita Mario Guede, Rosendo Fernández, Lito Saa, Camilo Ocampo e Manuel Mosquera na presentación do VIII Rali Ourense - Baixa Limia. /RAMSÉS

orde pública no desenvol-vementto da proba. O dele-gado de Deportes da Xunta, Mario Guede, lembrou os inicios desta cita deporti-va, cando era concelleiro de Deportes de Ourense, véndoa crecer ata chegar ás oito edicións.

O xerente do Consello de Deportes, pola súa banda, destacou a importancia de que pilotos novos participen neste evento sendo en certa maneira un apoio ao depor-te base. O vicepresidente da Deputación Provincial quixo destacar o labor dos medios de comunicación e o excelente e incansable traballo que levan os orga-nizadores do rali.

Os tramos Catro son os tramos (Lo-

bios, Herdadiña, Muiños e Bande) dos que consta esta edición do Rali Ourense-Baixa Limia, os cales serán percorridos polos partici-pantes en dúas ocasións. Pola mañá será o turno dos dous primeiros e pola tarde dos restantes. Un total de 318 quilómetros (87 deles cronometrados) nos que os pilotos galegos se xogarán o campionato autonómi-co, xa que logo da proba ourensá (e tras suspenderse o Rali do Albariño e, con probabilidade, o do Botafu-meiro) o de Serra da Groba clausurará a competición

por este ano. “Non hai aín-da nada decidido, os pilotos xóganse todo nestas dúas probas, por iso a grande calidade dos mesmos, xun-to ao propio percorrio, fan do Ourense-Baixa Limia un rali complicado e competi-tivo”, aseguraba Saa.

Retransmisión on lineNa web www.curuxara-

llye.info poderase seguir na xornada do sábado a retransmisión do VIII Rali Ourense - Baixa Limia que realizará a emisora oficial da proba.

Toda a información da proba na web: www.ouren-semotorsport.com e os tem-pos en www.temposfga.eu.

Un dos coches participantes do rali Ourense Baixa Limia 2010. /ARQUIVO

MOTOR

Page 18: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

18 BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011 POLIDEPORTIVO

Redacción

Esta fin de semana co-meza a liga da División de Honra B de hoquei her-ba onde están os equipos ourensáns Caldaria Barro-cás e Apóstol Ourense.

O Apóstol Ourense vén dun periplo na Primeira División polo que a parti-cipación este ano nesta ca-tegoría é para afianzarse na competición para vindeiros anos, pensar en máis aló da permanencia é demasiado arriscado. Na primeira xor-nada da tempada �011-�01� visita ao Pedralbes catalán.

hOqUEi hERBA

O Caldaria Barrocás e o Apóstol Ourense, a escea4 Comeza a liga esta fin de semana.

Caldaria BarrocásPola súa banda, o Calda-

ria Barrocás xa é un clásico nesta competición polo que o seu obxectivo está en su-perar a sexta praza na que rematou a pasada campaña. Os barrocos visitan ao Va-llés, segundo equipo do At-lético Terrassa. O Caldaria aposta este ano polos xoga-dores da casa, xa que dos 16 que conforman a plantilla, tan só dous son foráneos. Miguel Castaño estará ao fronte do equipo por cuar-ta tempada consecutiva di-rixindo aos equipos do CH Barrocás.

Ourense Bule BuleO Ourense Bule Bule no

seu regreso á Primeira Di-visión xoga este domingo 9, a partir das 9.00 horas en Mariñamansa contra o Jolaseta no que é a primei-ra xornada de liga.

Primeira DivisiónEste sábado 8 de ou-

tubro dous encontros de Primeira División dispú-tanse en Mariñamansa, por unha banda o Calor y Fuego Cudeiro - Albor (ás 16.00 horas) e pola outra (ás 18.00 horas) o Barro-cás B - Pabellón.

Partido do Caldaria Barrocás da pasada tempada. /ARQUIVO

Redacción

Aínda hoxe continúa aberto o prazo de inscri-ción para participar no IV Memorial Lalo/Torneo Cruz Vermella de golf que se desenvolverá este sába-do 8 de outubro, nas ins-talacións do Montealegre Club de Golf. Co ritmo de inscrición, a organización estima que participarán ao redor de 150 deportistas.

O torneo, que dará co-mezo ás nove da mañá, disputarase na modalida-de de xogo stableford a 18 foxos. Segundo o hán-dicap de cada xogador, a competición divídese en tres categorías: Primei-ra (ata hándicap de xogo .11); Segunda (de 1� a 18); Terceira (de hándicap 19 a 30).

Os participantes pode-rán degustar un aperitivo no foxo nove do percorri-do, e participarán ademais no sorteo de agasallos ao finalizar a competición. Recibirán trofeo os dous primeiros clasificados de cada unha das tres cate-gorías. Ademais os pre-mios especiais serán para o mellor scratch, o mellor approach e o mellor drive.

Na edición do �010, na primeira categoría os 39 puntos conseguidos por Francisco Gómez ser-víronlle para acabar na primeira posición. Segun-do foi José Luís Senra con

GOLF

Cita benéfica no club Montealegre4 Cruz Vermella Ourense organiza o iV Me-morial Lalo, un torneo benéfico de golf no que haberá 150 participantes.

38 puntos. Na segunda cate-goría o gañador foi Marcos Fernández con 41 puntos seguido por Juan Mosque-ra con 40 puntos. Andrés Ylla, que ademais levou o premio ao mellor drive, foi segundo na terceira catego-ría con 4� puntos. Primeiro foi Ángel Jiménez con 51 puntos. Completaron a lis-

ta de premiados Jorge Ca-chaldora Seoane, co mellor approach, e Enrique Pazos García, co mellor scratch.

A inscrición para este tor-neo benéfico ten un custo de �5 euros e poderá forma-lizarse nas oficinas do club ou solicitando información nos teléfonos 988 �56 118 ou 988 �56 119.

O club de campo de Montealegre será a sede do IV Me-morial Lalo.

Page 19: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

19TENIS DE MESA

Redacción

O pasado �4 de setembro os representantes ouresáns na �ª División Nacional de tenis de mesa estreáronse na liga regular fronte ao co-ruñés Club del Mar, ante o que perderon polo tanteo de � a 4.

Co obxectivo co que se enfronta a este novo curso -o de manter a categoría- o Galmédica Ourense T.M. viaxaba a Ribadumia na se-gunda xornada de competi-ción buscando compensar o mal trago da primeira, pero a sorte, de novo, non os acom-pañou e o conxunto ouren-sán volveu perder, esta vez

A cara e a cruz do tenis de mesa ourensán4 Mentres o Galmédica “A” é o pechacancelas do seu grupo, o “B” é o líder da súa categoría.

fronte ao Cafetería Lareca, polo tanteo de 4 a �.

Dúas derrotas que o si-túan, neste intre, como co-lista do Grupo 1 da clasifi-cación xeral.

Galmédica “B”, líder Pola contra, mellor lle

está a ir ao grupo “B” do clube ourensán, que esta tempada desputa a �ª Divi-sión Galega, na que, logo de vecer por un contunden-te 7 a 0 ao Cinania de Can-gas na primeira cita da liga, sitúase como flamante líder do Grupo Sur.

Próxima citaA vindeira fin de sema-

na chega a quenda de que os conxuntos ourensáns de tenis de mesa retomen a competición e mentres o Galmédica “A” buscará re-sarcirse no Paco Paz fronte ao Helios de Bembibre, o sábado 8, a partir das 17 horas, o Galmédica “B” desprazarase ao Grove para enfrontarse ao Mecos e in-tentar conservar o liderato.

O Galmédica A xoga o sábado 8, contra o he-lios Bembibre no Paco Paz

Arriba: Ramón Becerra, técnico e xogador do Galmédica A. Abaixo: O Galmédica A (dereita) e o Club do Mar, da Coruña (esquerda).

Page 20: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

�0 BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011 POLIDEPORTIVO

Redacción

Mal comezo do Marbel na Liga Internacional de Judo “Trofeo Cidade de Ourense” que tivo a súa primeira xornada o pasa-do mes de setembro, e que conta cos mellores equipos de Galicia, Asturias, Caste-la e León e Portugal.

O representante ourensán sufriu en exceso a esixen-cia deste torneo, e a maior calidade dos adversarios, ademais de lesións e a inexperiencia dalgún dos integrantes, fixo que non acadara ningunha vitoria na primeira xornada.

Os pupilos do mestre

A Liga Internacional de Judo comeza mal para o Marbel4 Perdeu todos os combates da primeira xornada.

Montero perderon contra o Tuvasa Valladolid (0-4), Judo club Lugo (0-4), Famu Vigo A (0-4) e Shiai Coru-ña (0-4), axustando máis os seus resultados contra o Jiu Jitsu Coruña (1-�) e Barce-los Portugal (1-3).

Segunda xornadaA segunda xornada terá

lugar o 15 de outubro, no pavillón de Oira e, desta xeira tentarase recuperar aos lesionados e poder contar con algunha nova fichaxe para reforzar ao equipo. Tuvasa Valladolid e Arteixo lideran as clasifica-cións masculina e feminina, respectivamente. Dous judokas nun combate da primeira xornada.

Redacción

O kick boxing, da man de Cipri Gomes chega ata Viana do Bolo, onde tivo unha grande acollida as exhibicións celebradas de kick boxing e wushu no pavillón polideportivo do Bolo asistindo un gran número de público atraído pola novidade da oferta.

O kick boxing chega a Viana do Bolo

A escola deportiva é unha realidade grazas ao conve-nio de colaboración entre a Fundación Cipri Gomes e o Concello de Viana do Bolo, para promocionar o deporte, a adquisición de hábitos saudables e de fa-cer entender o exercicio fí-sico coma unha ferramenta de saúde, xa desde curtas idades.

Exhibición de Kick boxing no Bolo.

Redacción

Sete ximnastas do Club Ximnasia Pavillón partici-parán coa selección galega de trampolín no campiona-to de España de seleccións, achegando case a metade dos compeñentes que repre-sentan a Galicia.

Grazas ao traballo de

XiMnASiA

Sete ourensáns coa selección galega de trampolín4 Participarán no Campionato de España de seleccións.

técnicos e ximnastas, o Club Ximnasia Pavillón de Ourense conta cunha ampla representación na selección galega, cando hai tan só dous anos, soamente Carlos Trigo formaba parte da se-lección de dobre minitramp. O ano pasado sumáronse Eduardo Novelle (trampo-lín e de dobre minitramp),

Iago Sousa (trampolín) e Laura Lecuona (trampolín e de dobre minitramp), e este anos ademáis dos catro ci-tados únenselles os nomes de María Salas Cid (tram-polín e dobre minitramp), Lucas Domuro Arias (tram-polín) e Marta Rodríguez Dopazo (dobre minitramp). Estes deportistas xunto cos

seus compeñeiros galegos partirán ata Albacete para medirse aos saltadores das distintas comunidades au-tónomas.

Copa de España de dobre minitramp e trampolín

Ao mesmo tempo dispu-tarase a Copa de España de

dobre minitramp e tram-polín, campionato no que participan os dez primeiros ximnastas do ránking na-cional de cada modalida-de. Carlos Trigo ocupa a terceira e cuarta posición en de dobre minitramp e trampolín respectivamente polo que poderá competir

contra os mellores ximnas-tas nacionais destas moda-lidades.

Eduardo Novelle, Laura Lecuona e Marta Rodríguez teñen opcións tamén de me-terse nas finais das súas dis-ciplinas desta competición, xa que están entre os postos décimo e décimo quinto.

Iago Sousa realizando un exercicio.

Page 21: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

�1ACTUALIDADE

nOTiCiAS DE EMPRESA

Gran éxito do talonario de outono na súa primeira semana

O comezo da campaña promocional do centro co-mercial Ponte Vella “Talo-nario Outono”, que durará ata o 5 de novembro, está a ser un gran éxito. Nestes primeiros días conseguiu-se un incremento do �0% sobre a mesma data da edición anterior.

O éxito débese á com-pleta oferta do mesmo e aos importantes descontos que ofertan os comercian-tes adheridos á mesma, destacando o 10% en Ha-ley (oferta difícil de igua-lar en alimentación), e que chega ata o 30% de des-conto noutros sectores.

Os clientes teñen até o 5 de novembro para fa-cer uso do seu talonario e aqueles que cheguen a facer uso de todo o talona-rio de cheques, acudindo aos establecementos que participan, poden aforrar un importe superior aos 1.500 euros.

Tamén participan nes-te talonario Termas de Outariz, Chavasqueira e Prexigueiro, con promo-cións que van até o 40% de desconto en sesións de baño, o sorteo de varios tratamentos de beleza e un fin de semana en Hotel Rural Casa de Mein.

Redacción

A pista deportiva aberta de baloncesto do barrio da Cruz Alta e Milagrosa re-cupera estes días a súa ac-tividade logo de que a Con-cellería de Deportes veña de rematar os traballos de mellora integral con novo pavimento filtrante nesta instalación.

A intervención, orza-mentada en �8.3�7 euros, supuxo de novo o peche da parcela para a mellora das

súas condicións de seguri-dade así como o arranxo do pavimentado da cancha.

As obras incríbense den-tro do Plan de Instalacións Deportivas que a Concelle-ría de Deportes vén desen-volvendo nos últimos anos para a actualización, posta ao día e mellora das infra-estruturas deportivas, favo-recendo a optimización dos seus usos. Esta actuación responde a unha vella de-manda dos propios veciños e contribúe a facer realida-

novas instalacións deportivas en Oira4 Con piscinas, ximnasio e pistas de pádel.

O concelleiro de Deportes, Varela, e o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, estrea-ron as instalacións deportivas./RAMSÉS

Redacción

Nesta semana abríronse ao público as novas insta-lacións deportivas de Oira, despois de cinco anos pe-chadas.

Oito pistas de pádel, das cales catro son baixo teito e un ximnasio únense ás dúas piscinas (de uso duran-te o verán) que oferta este complexo deportivo a toda a cidadanía que queira pór en marcha o seu corpo coa práctica deportiva.

Estas instalacións, xun-to co próximo polidepor-tivo das Eiroás supuxeron un investimento de máis de nove millóns de euros, segundo apuntaba Genaro Lorenzo, xerente de Ser-viocio, empresa que levará a xestión das dúas zonas deportivas.

Este recinto multiusos acompaña na zona de Oira, ás piscinas gratuítas, o cam-po de fútbol, futbol 7 e a cancha de volei praia, e o remodelado polideportivo.

A pista deportiva da Cruz Alta, aberta trala súa remodelación4 As obras baseáronse na instalación de pa-vimento filtrante.

de o compromiso central deste departamento mun-cipal coa cidadanía, que é o de favorecer e facilitar o acceso á práctica deporti-va en todos os sectores.

As instalacións deporti-vas dos barrios e a súa di-namización son parte fun-damental no cumprimento deste obxectivo, ao tempo que desde a Concellería continúase a traballar na ampliación e dotación de novas infraestruturas para a cidade.

Semana da MobilidadeO Concello de Ourense celebrou a Semana da Mo-

bilidade cunha bicicletada, a presentación dun coche eléctrico de Mitsubishi e a realización de actividades educativas nos colexios.

Coincidindo con esta data, o departamento que dirixe Susana Bayo estreou o proxecto “As dúas rodas primei-ro” que dá preferencia a motos e bicis nos semáforos.

Saída da bicicletada desde a praza Maior./P.LODEIRO.

Page 22: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

�� BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011 ENTREVISTA

R. Torres

A seguinte mundourensá que coñecemos máis de pre-to é toda unha valente que cruzou o océano Atlántico para facer realidade o seu soño: xogar ao balonces-to. Zuleira Atíes, pívot do Carmelitas, aceptou a ofer-ta do conxunto ourensán a comezos de �011 buscando a gran oportunidade profe-sional que un país como Es-paña podía ofrecerlle.

Que che motivou a acep-tar a oferta do Codigalco? E a renovar este ano?

Zuleira Atíes: “Primei-ramente porque é un clube moi familiar, serio e esixen-te. Este ano, como o meu rendemento lle gustou á di-rectiva e eu estaba moi con-tenta co ambiente de acá non dubidei en renovar”.

Cres que o Carmelitas

evolucionou no tempo que levas acá?

Z.A.: “Creo que sí. En parte véxome como un mo-tor impulsor, sobre todo ao ser das máis veteranas. Teño claro que todo o que lle poida transmitir ao equi-po fareino”.

Como enfocades a nova tempada?

Z.A.: “Renovamos moito o cadro con xogadoras no-vas e adicamos moitas horas de adestramento. Desexa-mos estar o máis arriba po-sible e aínda que será a can-cha quen decida, nós temos moita disposición”.

E a Copa Galicia que estades a desputar?

Z.A.: “O noso seguinte encontro é contra o Celta, que aínda que non o coñe-zo moito sei que é un bo equipo. Cando vaiamos á cancha non dubidaremos

en saír a por todas. Nunca se pode dicir que non se pode”.

Como foi a túa adapta-ción a Ourense?

Z.A.: “Ao principio foi difícil, sobre todo porque ao cambio de horario cús-tame unha semana acostu-marme”.

Que foi o mellor e o peor de vir acá?

Z.A.: “O mellor, abrirme ao mundo do baloncesto, porque en Cuba non podería compe-tir como acá. Europa dache outras posibilidades. O peor, o clima, pero como o que me importa é xogar ao baloncesto o resto dame igual”.

Cales son as principais diferenzas entre o ba-loncesto en España e en Cuba?

Z.A.: “En Cuba hai pou-cas xogadoras, xógase máis ao contacto, mentras acá

Defendendo as nosas cores4A nova mundourensá á que entrevistamos é Zuleira Atíes, o buque insignia das Carmelitas de Liga Feminina 2. A cubana segue esta tempada no equipo colexial mo-tivada polo bo ambiente do banco e dos siareiros, “a afección é pouca pero vale por un estadio de fútbol”.

4 Máis persoal- Zuleira Atíes Isaac naceu o 9 de outubro de 1980 en

Santiago de Cuba.- Esta impresionante pívot de 1,90 metros de altura,

antes de vestir o dorsal 19 do Carmelitas, militou en conxuntos de Hungría, Budapest, Italia ou Ecuador, e foi ademais internacional coa selección do seu país.

- Amante da cociña criolla cubana (composta de arroz, polo, frijoles e plátano frito), a cervexa e a cor branca, Zuleira Atíes escaparíase sen dubidalo a Milán.

prima a defensa. En España o nivel é moi alto, é un dos mellor países para xogar ao baloncesto”.

Que opinión che merece a afección ao baloncesto que existe en Ourense?

Z.A.: “A afección acá é moi familiar. A pouca que temos vale por un estadio enteiro de fútbol e contri-buiremos co noso xogo para que cada vez haxa máis”.

A cubana nun partido da tempada pasada./ARQUIVO.

Zuleira promete dar guerra esta tempada. /ARQUIVO.

Page 23: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011

�3ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº42- Ano: III - 7 de outubro de 2011 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RinCÓn DO MESTRE

Escola de fútbol: premisas do fútbol base (V)

9.- No proceso de for-mación hai unhas normas básicas no seu funciona-mento. Unha primeira é que todos os nenos teñen que xogar o 40% dos mi-nutos da tempada, unha segunda é que todo se fai con balón, salvo raras ex-cepcións, e unha terceira, que en todas as categorías debe haber dous, tres ou catro rapaces por baixo da súa idade. Un futbolis-ta de verdade ten que ser capaz de ser cadete e xo-gar no xuvenil.

“Deus xulga á arbore polos seus froitos; non polas súas raíces”

10.- A integración do novo xogador no club ha de ser primordial e funda-mental. Para iso, o club ha de facer da mestizaxe un exemplo a seguir, res-pectando a raza e a re-lixión de todos os nenos.

“Xogar ao fútbol é fa-cer amigos”

12.- Tamén hai momen-tos desagradables. O peor é dicirlles aos nenos que se teñen que ir. Durante e ao final de ano o coordi-nador do futbol base ten entrevistas cos pais, que son os encargados de fa-cerllo entender.

“A mellor preparación para o mañá é realizar optimamente o traballo de hoxe”

13 .- Mellores servizos médicos. A mutualidade do fútbol base é moi pre-caria tanto en calidade como en recursos, cando

a saúde é o primeiro paso necesario para practicar deporte.

“Saúde e deporte son inseparables”

B.- NIVEL INFRAES-TRUCTURAL

1.- Falta de instalacións en lugares onde a necesida-de é apremiante.

2. Instalacións máis dig-nas, na maioría dos casos a anos luz doutras comuni-dades.

C.- NIVEL DEPORTIVO1.- Apostas decidido a

todos os niveis desde os Clubs, Federación e Ins-titucións públicas. Conce-llos, Deputacións, Xunta coa esixencia de proxectos serios, realistas, fiables e controlados.

2. Apostar sen paliativos por técnicos-educadores cualificados.

“Un técnico de fútbol base que gaña case todo, non traballou polo futuro dos seus mozos xogadores senón polo seu porvir”. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrena-

dor nacional de fútbol

Alfonso Vilachá.

No número anterior abríamos unha nova sección para que todos participedes de forma activa a través da nosa web mundourense.com e da nosa páxina de Facebook (mundourense.com).

Desde estas liñas lanzamos unha pregunta dando a opinión nun e noutro sentido para que vós contes-tedes o que pensades.

Cres que o equipo de Primeira División de fútbol sala feminino, Ponte Ourense, gañará a liga 2011-2012?

SI.Por que se o ano pasado

era o mellor equipo, este ano coa incorporación de Drica o equipo ten máis nivel. Ademais, o Mós-toles, adversario directo a pasada tempada, quedou sen tres das súas mello-res xogadoras e xa se lle venceu na Supercopa de España (4-1).

Se o equipo que lle facía sombra está por debaixo do ano pasado, as de Os-car Vivián teñen máis pa-peletas de ser campioas de liga.

NON.É imposible facer

unha tempada coma a do ano pasado na que tan só perderon un par-tido e empataron outro cendendo soamente cinco puntos. Este ano o Atlético de Madrid, Burela, Córdoba (co que xa empatou), Uni-versidade de Alacante e o propio Móstoles farán que a liga estea máis complicada. A isto hai que engadir a baixa (aínda que xa xogou un partido) de Bea Seijas.

4 A pregunta

4 As respostas dos nosos lectoresEntre as respostas xa recibidas, hai diversidade de

opinións: hai quen pensa que conseguir os triunfos da tempada pasada outra vez é bastante improba-ble e quen considera que, hoxe por hoxe é o mellor candidato ao triunfo ligueiro. Incluso hai quen opina que o outro equipo ourensán, o Cidade, ten posibili-dades de facerse coa liga.

Aínda estás a tempo de darnos a túa opinión: en-tra en www.mundourense.com ou na nosa páxina de Facebook e déixanos o teu comentario!

Redacción

O mércores, 1� de outu-bro terá lugar no Hipódro-mo de antela unha nova xornada de carreiras de cabalos, nas que destaca a primeira das carreiras que

é para cabalos nacidos en Ourense.

As carreiras comezarán ás 11.00 horas e reparti-ranse un total de 50.000 euros en premios. Están inscritos máis de cen caba-los, xinetes e amazonas.

Carreiras de cabalos no hipódromo de Antela

Os cabalos regresan ao hipódromo de Antela. /ARQUIVO

Redacción

Medalla de bronce para o equipo do Club de Tiro Ei-roás no Campionato galego de pistola fogo central, ce-lebrado en Pontevedra o 18 de setembro. Os tiradores ourensáns Francisco Álva-rez, Arturo Rodríguez, Ar-turo Rodríguez e Juan José Conde, obtiveron o tercei-ro posto, dun total de sete equipos, sacándolle máis de 140 puntos ao cuarto clasificado.

En canto á tirada de outubro correspondente á Copa Deputación de aire comprimido, celebrada a pasada fin de semana, Juan José Conde obtivo 553 puntos en pistola sé-nior, Nuria García e Bea-triz Pereira empataron

a 354 puntos en damas, e Francisco Javier Vilas sumou 569 puntos en ca-rabina aire. En veteráns, Guillermo Cosque fixo 553 puntos, seguido de José Antonio Cortés con 531 puntos, Pedro Berme-jo con 498 e Arturo Rodrí-guez con 49�, mentres que en veteráns sénior Miguel Valea acadou 514 puntos.

A próxima cita deporti-va destacada en Eiroás é o Campionato Galego de Aire Comprimido o �3 de outu-bro, no que participan preto dun cento de tiradores.

Antes o club ourensán acolle o día 15 a 6ª fase do Campionato de regularidade de prato; e o día 16 o Cam-pionato autonómico de fogo central e pistola damas, con entrega de trofeos.

O equipo de Eiroás, bronce no galego de pistola central

Page 24: 7 Outubro 2011 - BD Nº42

�4 BARRIOS DEPORTIVO7 de outubro de �011