5
A L B O R A D A REVISTA ESCOLAR CEIP SAN ROQUE DE DARBO. CANGAS Nº 60 NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Alborada60_Normalizacion_linguistica

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Festival fin de curso e persoeiro das Letras Galegas 2008

Citation preview

Page 1: Alborada60_Normalizacion_linguistica

ALBORADA

REVISTA ESCOLAR CEIP SAN ROQUE DE DARBO. CANGAS

Nº 60NORMALIZACIÓNLINGÜÍSTICA

Page 2: Alborada60_Normalizacion_linguistica

ste curso celebramos unha vez máis a

nosa Semana Cultural. Pero desta vez

foi unha celebración moi especial para

nós, os alumnos e alumnas de Quinto, porque

participamos nela non só como espectadores,

senón tamén como protagonistas.

E

A Semana empezou o martes e o mércores,

3 e 4 de xuño, coa actuación de todo o

alumnado de Quinto curso do Colexio, que

participamos na actividade “Música e Poesía”.

Dramatizamos unha cantiga de berce do libro

“Roseira do teu mencer”, de Álvarez Blázquez,

autor ao que se lle dedicou este ano o Día das

Letras Galegas.

A actuación, dirixida polo noso titor, Xosé

Manuel Pazos, contou tamén co apoio do

profesor de música, Alberto Pazos, que tocou

magnificamente e en directo o violoncelllo, e da

profesora Charo que fixo o decorado. Nós

recitamos o poema entre todos, facendo

diferentes personaxes: os pais da nena que

estaban cansos porque ela non quería durmir e

os animais que ían aparecendo para asustala e

que durmise. Actuamos para todos os cursos do

Colexio, dende Infantil a Sexto, turnándonos

Quinto A e Quinto B. Foi unha experiencia moi

interesante para todos porque a maioría de nós

era a primeira vez que actuabamos diante do

público e é unha sensación moi bonita que

estamos desexando repetir. As actuacións foron

todas na Biblioteca, decorada para a ocasión.

O xoves, cinco de xullo actuou, no Ximnasio

do Colexio, o Grupo Migallas Teatro, que

representou “Un avó especial”, no que unha

nena, que é coidada polo seu avó porque os

pais traballan, vai medrando e pasa de xogar e

cantar co vello a aburrirse con el porque se fai

moi “moderna”. Ao remate, cando a nena xa é

grande, o avó colle a enfermidade do alzheimer,

que o fai perder a memoria e a rapaza cóidao

con moito cariño. Foi unha obra moi divertida,

pero con momentos máis tristes, cando se

falaba da enfermidade.

O venres, seis de xullo, foi un día completiño.

Actuaron primeiro os rapaces e rapazas do

grupo de Teatro do noso Colexio (O CEIP de

San Roque), coa obra “A verdadeira historia de

ALBORADA, nº 60. CEIP San Roque de Darbo. Cangas

CRÓNICA DA SEMANA CULTURAL 2008

Page 3: Alborada60_Normalizacion_linguistica

Carapuchiña Vermella” que presentaba o conto

máis moderno e ao revés, cunha avoa moderna

e “enrollada” e unha Carapuchiña que non

deixaba de meterse co lobo. Ao final, os

cazadores defenden ao lobo, en vez de matalo,

coma no conto, e obrigan á avoa e a

Carapuchiña a pedirlle desculpas, rematando

todos amigos. Pasámolo ben nunha obra que foi

curta e entretida.

Despois da Carapuchiña actuou o alumnado

do IES Illa de Tambo, de Marín, coa obra

“Clown” na que uns personaxes con nariz de

pallaso querían axudarlle a un escritor que non

tiña imaxinación. A obra foi entretida, aínda que,

ao ir despois da do Colexio, e sen descanso

polo medio, xa nos pillou un pouquiño cansos

de estar calados e atentos. Pero os actores e as

actrices fixérono moi ben, sobre todo os xestos.

E ao remate da mañá veu o mellor do día e de

toda a Semana Cultural: O concerto musical de

Mamá Cabra foi espectacular e fíxonos movernos,

participar, cantar e bailar durante todo o tempo

que durou. Alí pasouno ben todo o mundo, desde

os máis pequenos de Infantil ata os maiores de

Sexto, cantando, facendo palmas e movendo o

esqueleto. Foi xenial.

P.D.- Hai algúns alumnos do Colexio que seica

din que o concerto foi en “play-back”. Pois que

melloren da vista e sobre todo do oído, que non se

“enteran”. Pobriños!

A Semana Cultural rematou coa actuación do

alumnado do IES Monte Carrasco, que interpretou

unha obriña de teatro baseado no libro infantil O

Pito Cairo.

ALBORADA, nº 60. CEIP San Roque de Darbo. Cangas

Page 4: Alborada60_Normalizacion_linguistica

A figura elixida pola Academia para o Día das Letras

Galegas 2008 é unha das máis polifacéticas da nosa

literatura. Poeta, narrador, editor, historiador, arqueólogo, orador, pedagogo... A actividade de

Xosé María Álvarez Blázquez a prol da cultura abrangueu moitos e diversos campos. A súa

faceta como editor é, se cadra, aquela á que máis lle deben as nosas letras. Fundador e

animador das editoriais Monterrey e Castrelos, foi grazas a Xosé María que boa parte da obra

clásica galega ocupou o seu lugar nos andeis de moitas casas.

Xosé María Álvarez Blázquez publicou en vida tres libros de versos: Poemas de ti e de

min (1949), a medias con seu irmán Emilio pero con autorías ben diferenciadas; Roseira do

teu mencer (1950), e Canle segredo (impreso en 1976, pero escrito entre 1951 e 1953).

Deixou tamén un bo número de poemas soltos, inéditos ou publicados en revistas ou folletos.

Nos anos da posguerra, sempre á beira do que para un fillo do médico fusilado de Tui era

a pobreza material, Xosé María intentou case desesperadamente gañar diñeiro por diversos

medios; un deles foi a literatura, e concretamente a novela, para a que estaba moi ben

dotado. Así foi que escribiu varias novelas en castelán, coas que gañou diversos premios e

obtivo un mediano éxito editorial. As mellores destas novelas -Crecen las aguas, finalista do

primeiro premio Nadal en 1945, En el pueblo hay caras nuevas- fóronlle restituídas en certo

xeito á nosa literatura polo seu fillo Alfonso Álvarez Cáccamo, que as traduciu ao galego cos

títulos de Enchen as augas e Na vila hai caras novas.

Outras obras son Una cabaña en el cielo (1952), e Las estatuas no hablan (1955). En

colaboración co seu irmán Emilio escribiu as pezas teatrais El zapato de cristal e Los pazos

altivos, estreadas ambas as dúas en 1947.

ALBORADA, nº 60. CEIP San Roque de Darbo. Cangas

AS LETRAS GALEGAS

Page 5: Alborada60_Normalizacion_linguistica

A obra narrativa en galego de Xosé María Álvarez Blázquez é de menor importancia, non

por calidade, senón pola súa extrema brevidade. Os cinco relatos de Os ruíns impresos na

revista Nós, 1936 (pero non distribuídos), xunto cos cinco de A pega rabilonga (1971), son

practicamente a súa totalidade.

ALBORADA, nº 60. CEIP San Roque de Darbo. Cangas

Ise neno da rúaNon é certo que os nenos teñan fame

Non pode ser.

Ben o sabedes todos

os que andades no mundo atafagados

á percura do pan dos vosos fillos

Ises outros que vedes pola rúa

pedindo esmola,

non teñen fame, non, porque daquela

vos teríades morto de vergonza.

E ben vos vexo andar nos vosos coches

ou nos tranvías, a berrar de cousas

estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-

sen reparar naquil esfarrapado

que coa moura mauciña está petando

na porta de ferro.

Por iso penso que non é verdade

o que algún caviloso di dos nenos

que andan así petando pola vida

-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-

A xente pasa leda......¡Fora boa

que andivesen a rirse dos seus crimes¡

No rego do prado

canta a cotovía

-paxariño amado

que che ben quería-

No ramo frolido

o merlo a cantar

-paxaro belido

para o teu ollar-.

No verde loureiro

troba o reiseñor

-paxaro lixeiro

para o teu amor-.

(A cantar, espantan

os males da pena,

porque todos cantan

para a miña nena).

Ao ver que non tiñas nome

maxinamos que serías

ventureiriña do monte.

Froleciña ventureira

que –ao millor- naceu co orballo

nunha luzada de estrelas.

Como andabamos a rir

-¡ventureiriña do monte!-

chamámoste “Colorín”.

Con Pedro Díaz Álvarez, observando unachado (O Hío, 1962)