2
educandonolecer.asfedro CANNABIS campaña para o consumo responsábel de drogas recreativas Presentación e composición O cannabis (cannabis Sativa) é unha planta con pro- piedades psicoactivas.O cannabis contén máis de 200 sustancias,nembargantes as máis importantes son tres: O THC, o CBD e o CBN. O THC é o composto que ten maior capacidade psicoactiva. O CBN aporta os efectos relaxantes, e O CBD contrarresta os efectos dos anteriores. Provoca se- dación e aturdimento. O haxis conten en principio maior concentración de THC que a marihuana, aínda que na actualidade, este ben bastante adulterado. Os adulterantes máis comúns do haxís adoitan ser; area, calcita, parafina, se cadra cera e resina doutras plantas coma a xena. Dose e vía de administración: Fumado: os efeitos aparecen a os poucos minutos, e duran arredor dunha hora. A súa intensidade vai a depender da profundidade da inhalación, o tempo que se mantén o fume nos pulmóns e da propia psicoactividade do cannabis. Inxerido: Se comes produtos elaborados con cannabis tales coma iogures, mantequillas ou magdalenas, é máis dificil controlar a dose., polo que debes comezar con pouca cantidade e esperar a que te suba, para coñecer os efectos no teu organismo VAITE AMODO. Os efectos comezaran a aparecer pasados os 30 minutos, e serán mais fortes que cando o fumas.

Cannabis

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Información sobre o cannabis dende unha perspectiva de redución de riscos

Citation preview

Page 1: Cannabis

educandonolecer.asfedro

CANNABIScampaña para o consumo responsábel

de drogas recreativas

Presentación e composición

O cannabis (cannabis Sativa) é unha planta con pro-piedades psicoactivas.O cannabis contén máis de 200 sustancias,nembargantes as máis importantes son tres: O THC, o CBD e o CBN.

O THC é o composto que ten maior capacidade psicoactiva.

O CBN aporta os efectos relaxantes, e

O CBD contrarresta os efectos dos anteriores. Provoca se-dación e aturdimento.

O haxis conten en principio maior concentración de THC que a marihuana, aínda que na actualidade, este ben bastante adulterado. Os adulterantes máis comúns do haxís adoitan ser; area, calcita, parafina, se cadra cera e resina doutras plantas coma a xena.

Dose e vía de administración:

Fumado: os efeitos aparecen a os poucos minutos, e duran arredor dunha hora. A súa intensidade vai a depender da profundidade da inhalación, o tempo que se mantén o fume nos pulmóns e da propia psicoactividade do cannabis.

Inxerido: Se comes produtos elaborados con cannabis tales coma iogures, mantequillas ou magdalenas, é máis dificil controlar a dose., polo que debes comezar con pouca cantidade e esperar a que te suba, para coñecer os efectos no teu organismo

VAITE AMODO. Os efectos comezaran a aparecer pasados os 30 minutos, e serán mais fortes que cando o fumas.

Page 2: Cannabis

Efetos a curto prazo.

Os efectos do cannabis varían en función da cantidade de THC que leve a dose inxerida, do contexto do consumo e do estado de ánimo da persoa consumidora, así como das súas expectativas e características persoais.

O cannabis provoca sensación de benestar, lixeira euforia e relax, nalgúns casos pode aumentar a creatividade e a sen-sibilidade aos estímulos do son, do tacto, así coma distor-sión do tempo. En determinadas persoas pode producir con máis facilidade sensación de descontrol ou nerviosismo. Non sempre son necesarias grandes doses de THC para ter malos rollos, pois hai persoas predispostas que non toleran ben este tipo de sustancias

O consumo de Cannabis pode provocar dimInución da con-centración e da memoria, polo que é preferible non consu-mir se tes que estudar ou desenvolver tarefas que requiran habilidades especiais.

Efectos a medio e longo prazo.

Nalgunhas persoas pode producir ansiedade, depresión e paranoias que adoitan desaparecen cando se abando-na o consumo.

O seu uso crónico pode reducir a produción de esperma nos homes e afectar ao ciclo menstrual nas mulleres. Se se fuma pode provocar complicacións respiratorias, como bronquite, farinxite e afeccións máis graves.

O cannabis non produce dependencia física , aínda así algunhas persoas desenvolven dependencia psicolóxi-ca, sendo esta unha dificultade para abandonar o seu consumo.

Consumo. Se vas a consumir:

- Escolle o momento axeitado.- Non tes porque consumir se che pasan un canuto.- Estaría ben que empregaras filtro de algodón, para reducir a cantidade de sustancias nocivas .

Mesturas: ten coidado se mesturas o cannabis co alcool, pois é moito máis fácil ter unha baixada de tensión (mareos e vómitos) Se isto acontecese, non deixedes á persoa sola, acompañádea a un espazo tranquilo e recordade que pron-to pasarán os efectos.

Se é preciso aconséllase deitar á persoa en posición de seguridade ou cas pernas levantadas e a cabeza de lado por se vomita.

O feito de inxerir algo doce (zume, refresco...) pode axudar a recuperar.

Despois do consumo:

- Recorda que se pode detectar entre 5 e 36 horas no san-gue dependendo do teu patrón de consumo, de 3 a 10 días na urina e ata 34 horas na saliva despois do seu consumo (estos datos son orientativos)

- A tenencia e consumo de cannabis na vía pública esta sancionada con multas de a partir dos 301 euos.

Contraindicacións. Non consumas cannabis se:

...tes complicacións psicolóxicas ou estas a tratamento.

...padeces enfermidades do aparato respiratorio, do corazón ou se tes epilepsia....se estas pasando por un período de inestabilidade emo-cional....se estas embarazada ou en período de lactancia....se vas a realizar tarefas de risco ou que precisen de toda a nosa atención coma é conducir....Se estas en idade de desenvolvemento.