10
Ceip Condesa de Fenosa curso 2010/2011

Contos de medo para unha noite de Samaín

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Contos de medo para unha noite de Samaín

Citation preview

Page 1: Contos de medo para unha noite de Samaín

Ceip Condesa de Fenosa curso 2010/2011

Page 2: Contos de medo para unha noite de Samaín

A casa embruxada

Unha noite un neno entrou nunha casa. Soou o teléfono, o

neno colleuno e escoitou unha voz que dicía: - Vas morrer!

O neno asustado colgou o telefono. Nese intre apareceu

un coitelo cheo de sangue cravado nun tronco de madeira.

O neno subiu as escaleiras aterrado e ao chegar á cima

atopou a cabeza dun home. O neno gritou, estaba cada

vez máis atemorizado. Baixou as escaleiras como un

raio, e atopouse coa cabeza dun paxaro. Entón,

centos de cristais cáenlle enriba.

O neno escapou e chegou ata a cociña. Abriu a cavilla,

pero o que saíu non foi auga senón sangue.

O neno saíu da casa aterrado, con tanto medo que

desmaiouse. Cando espertou e viu a súa nai respirou

aliviado.

Pero sabedes que?, contan que preto da casa dese neno

existe unha casa encantada, na que todas as noites de

Samaín as animas de todas as xentes que se atreveron

a visitala, levántanse e atormentan a xente que non sae

da súa casa disfrazada.

Pablo Neira Voces 5º B

Page 3: Contos de medo para unha noite de Samaín

Unha clase terrorífica

A clase era de cor gris, moi sucia con todos os

libros polo chan. Os nenos desa clase eran sete:

Carlos, Xavi, Xoán, Lucía, Tamara, David e

Rafael.

Eran nenos moi malos, e a profe era aínda peor. Os

nenos non compartían as cousas e non se axudaban,

nin sacaban boas notas. Á profe non lle caía ben

ningún neno, facíalles chorar e todos os días

chamaba ás súas casas.

O neno mais malo era David, pegáballe a todos os

seus compañeiros e era imposible que traballase nin

sequera un chisco. Dende o colexio avisaron aos

seus país e estes anoxáronse moito. O director

decidiu expulsalo durante unha semana.

El decidiu vingarse dos seus compañeiros e para iso

contratou os servizos dunha meiga. O brebaxe

daquela bruxa fixo que tódolos nenos do colexio se

comportaran coma el. Non pasou nin unha semana e

xa non quedaba ningún mestre na escola. Escaparon

todos e a primeira foi a súa profe.

Alberto Díaz Peña 5º B

Page 4: Contos de medo para unha noite de Samaín

No Samaín: Chuqui

Érase unha vez un boneco chamado Chuqui

que vivía nunha terrorífica casa coa súa

pequena noiva: Chuca.

Un día saliu da casa cara o bosque e veu

un neno co seu pai. Chuqui tirouse enriba

do pai e matouno sacándolle as entrañas e o

corazón. O neno foise correndo e non se

converteu no almorzo de Chuqui e da súa

noiva.

Tras durmir a sesta, os bonecos decidiron

volver ao bosque. Xa no camiño viron un

grupo de xente que se dirixía cara eles.

Chuqui intentou lanzarse enriba dun

camioneiro, pero nese intre un pequeno cuxa

cara lle era moi familiar colleu un machado

e Chuqui e Chuca morreron.

E colorín colorado, esta historia rematou.

Manuel 5º B

Page 5: Contos de medo para unha noite de Samaín

A noite de Samaín

Érase unha noite de Samaín nun pobo no que poñían no

camiño de entrada calacús con candeas dentro para que

os mortos non se levantaran da tumba.

Pero un día isto non lles serviu de nada, porque

aqueles seres terroríficos levantáronse igual e entraron

no pobo. Xa non lles daban medo as cabazas con

candeas dentro.

Un daqueles mortos entrou na casa dun pobre

pescador. O pescador, que xa o vira acercarse, fíxose

o durmido e o sinistro morto mudou o seu destino.

A súa seguinte parada foi un palacio. Entrou e

atopou un home de servizo, foi tan grande o susto que

levou o servinte que caeu desmaiado. Non espertou

ata o cambio de relevo do día seguinte.

O morto, ante tanto infortunio, decidiu regresar á

casa do pescador. O pescador cando o viu fronte a

fronte suplicoulle que non lle tocase, que el non queríaconverterse nun morto vivente. Pero antes de que o

morto puidese responderlle o pescador xa estaba

desmaiado e non espertou ata o dia seguinte, no que un

valente soldado o levou a enfermaría do pobo.

Mentres o morto desafortunado viu como xa chegaba

o alba e con moita pena regresou ao cemiterio.

David Domínguez 5ºB

Page 6: Contos de medo para unha noite de Samaín

Excursión ao bosque

Ola, chámome Noelia e este ano fun de campamento cos meus

compañeiros e profesores a un fermoso bosque.

-Xa chegamos, que ilusión! Vamos ao lago a bañarnos? –exclamamos todos en canto chegamos – Que vistas tan bonitas

hai!

Despois de pegarnos un chapuzo, puxémonos a montar as tendas

de campaña. Cansos, ceamos e fomos durmir.

Cando xa estabamos todos deitados, sentimos uns gritos … viñan

da tenda que estaba ao lado da miña. Erguémonos rapidamente e

fomos ver o que pasaba.

Os nosos compañeiros foran devorados!

Tiñamos moito medo e queriamos marchar. Fomos correndo a

coller os coches, pero estaban destronados. Volvemos ao

campamento angustiados, non podiamos crer o que estaba

acontecendo.

Ao amencer volvemos a escoitar outra vez aqueles terroríficos

gritos, viñan da tenda de campaña dos nosos profesores. Tamén

foran devorados.

Page 7: Contos de medo para unha noite de Samaín

Cada vez tiñamos máis medo, pois só

quedabamos sete nenos. Non sabiamos que

facer, non tiñamos nin teléfonos móbiles, nin

nada que nos sérvese para pedir socorro.

Foi pasando o día, sen saber o que iamos facer

e xa a media tarde, decidimos facer unha

fogueira para poder ver e para que ningún becho

se acercara a nos.

Os lobos comezaron a ouvear e o noso medo

era cada vez maior. Non puidemos durmir e

pasamos toda a noite rodeando a fogueira.

Cando chegou o amencer sentimos disparos.

asustados todos nos puxemos a gritar, a ver si

alguén nos escoitaba.

Non tardaron moito en chegar uns cazadores,

aos que contamos o que nos acontecera. Eles

tranquilizáronnos, dixéronnos que eles estaban

alí nunha cazaría de lobos, pero que primeiro nos

levarían á casa.

Nos puxémonos moi contentos, porque por fin

iamos regresar as nosas casas.

Ou quizás non …?

Continuará …Lorena Poncelas 5º B

Page 8: Contos de medo para unha noite de Samaín

A casa encantada.Unha noite de Samaín unha familia mudase a unha casa encantada.

Cando chegou a noite, o pequeno da familia viu dende a súa xanela un

montón de fantasmas que saian das tumbas do cemiterio que esta

preto da casa. O neno estaba aterrado e de súpeto, un espectro

aparece diante del.

Grita, grita e grita.

Os seus país acoden rapidamente e non atopan ao seu pequeno.

Dende aquel día so escoitan de noite os seus lamentos, ata que chega

de novo a noite de Samaín.

Aquela noite, paseando polo pobo, senten uns calafríos e as árbores

balancéanse bruscamente, aínda que o vento nin se move. Ao mesmo

tempo os farois apáganse e acéndense continuamente, ata que unha

man xeada toca ao pai e di:

-Vén comigo, vén comigo …

De súpeto o pai desaparece entre a néboa.

Xa só esta a nai. Nese intre soa o telefono e unha tétrica voz dille:

- Dentro de tres noites: morreras.

Ao chegar a terceira noite un grupo de homes e lobos perséguena sen

descanso. A muller tropeza e cae ao pozo no que habitan os espectros

da noite. Dende aquela so se escoita:

- Meu fillo, meu fillo…

Aída 5ºB

Page 9: Contos de medo para unha noite de Samaín

A casa do cemiterio

Contábase que a casa do cemiterio estaba embruxada, pero eu non

mo cría.

Un día mentres xogaba, entrei na casa e vin un rastro de sangue.

Seguino e cheguei ata unha habitación na que había un coitelo

nadando nun charco de sangue e o seu carón unha man cortada.

Escapei a correr e fun chamar os meus compañeiros. Cando

chegamos non estaba nin a man nin o coitelo. Tampouco estaba o

rastro de sangue.

Ao día seguinte volvín e o que atopei foi aínda máis terrorífico.Había un home aforcado.

Esta vez non fun buscar os meus compañeiros, senón que fun

directamente a casa. conteille o que me acontecera aos meus país e

estes castigáronme por mentireiro.

Así e todo o meu pai sempre confiara en min e decidiu ir aquela

casa. E alí estaba o rastro de sangue, o coitelo, a man e o home

aforcado. Entón o meu pai e mais eu acudimos a policía e lles

contamos toda a historia. Investigaron durante case un ano, pero

non atoparon nada.

Quizás todo foi un sono.

Pablo Rodríguez 5ºB

Page 10: Contos de medo para unha noite de Samaín

Terror na noite de Samaín

Era noite de Samaín e parecía que ia ser unha noite normal, como todas

as demais, o único de especial era que sairiamos a pedir doces.

Comezamos a noite sen moita sorte, e camiñamos seguindo un vello

sendeiro. Ao pouco tempo sentimos unha brisa, que sopraba cara a

inmensa porta do panteón dos Bylan.

Sentimos curiosidade e adentrámonos no seu interior. Todo estaba

escuro, e no medio desa escuridade sentimos choros e voces que viñan do

interior dunha habitación.

A pesar do medo venceunos a curiosidade e nos decidimos a entrar.

Canto máis cerca estabamos, máis forte sentiamos aqueles lamentos:

-Axuda, axuda ….

Fixéronse tan terroríficas que saímos correndo pero cando xa case

rozabamos a saída aquela inmensa porta pechouse dun golpe.

Decidimos prender unha candea e adentrarnos no panteón na busca

dunha saída. Camiñamos, camiñamos e camiñamos polo medio das teas

de araña, pero aquel lugar parecía non ter fin. De súpeto a miña irma

cae no chan e empeza a berrar. Eu rapidamente, pregunteille que era o que

lle acontecía, pero non contestou, parecía que xa non estaba con nos.

Nese mesmo instante sentín un arrepío, case sen darlle importancia

mirei carra arriba e alí estaba, miña irma, camiñando cara a min , chea de

sangue e dicindo:

-1,2,3.

De súpeto, atopeime saíndo do meu roupeiro, xunto coa miña prima. Na

porta poñía: “O lugar do 1, do 2 e dos 3 desexos”.

Dende entón non volvemos ver a miña irma, pero sempre ao pasar polo

seu cuarto escoitamos a súa voz dicindo:

- 1,2,3. “O lugar do 1, do 2 e dos 3 desexos”.

Tamara R. F. 5ºB