13
VI CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO” E MAIS III CONCURSO DE DEBUXO ESTARRECEDOR “PASÁMOLO DE MEDO” CEIP A SOLAINA CURSO 2015-2016

VI concurso de contos e III de debuxos de medo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Traballos do 2015 premiados nos concursos de contos e debuxos de medo do CEIP A Solaina de Narón (A Coruña).

Citation preview

Page 1: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

VI CONCURSO DE CONTOS

“PASÁMOLO DE MEDO”

E MAIS

III CONCURSO DE DEBUXO ESTARRECEDOR

“PASÁMOLO DE MEDO”

CEIP A SOLAINA CURSO 2015-2016

Page 2: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

2

ÍNDICE

VI CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”

1º Premio na categoría de 3º e 4º de Educación Primaria Alba Grandal Paz [3ºB] A viaxe no tempo..........................................................3 Accésit na categoría de 3º e 4º de Educación Primaria Carmen Gálvez Castro [3ºB] O cole do pánico...........................................................5 1º Premio na categoría de 5º e 6º de Educación Primaria Icía Becerra González [6ºA] O burato misterioso......................................................6 Accésit na categoría de 5º e 6º de Educación Primaria Sara Fraga Alvariño [5ºA] A escuridade...............................................................8

III CONCURSO DE DEBUXO ESTARRECEDOR “PASÁMOLO DE MEDO”

1º Premio na categoría de Educación Infantil Dante, Alejandro, Martín e Álvaro [4 anos B] Caveira......................................................................9 Accésit na categoría de Educación Infantil Óscar, Manuel, Olalla, Candela, Bráis Fdez. e Íker [5 anos A] Monstros da escuridade.................................................10 1º Premio na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria Lara Díaz Fernández [2ºA] Zombiloco.................................................................11 Accésit na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria Iván Díaz Rebollo [2ºA] Tenebroso.................................................................12

Page 3: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

3

A VIAXE NO TEMPOA VIAXE NO TEMPOA VIAXE NO TEMPOA VIAXE NO TEMPO Esta é a historia que lle sucedeu a tres nenos chamados Daniel, Noel e Andrea. Como se achegaba o día de Halloween, os tres nenos decidiron reunirse para ir mercar os disfraces. Andrea, cando chegaron á tenda, viu un disfrace de bruxa no escaparate e sentiu unhas ganas estrañas de probalo. Entraron na tenda e estaba toda chea de disfraces, pero Andrea foi escopetada polo disfrace de bruxa. Os dous nenos seguírona ata o probador onde Andrea probou o disfrace. Ao ver que tardaba tanto en saír decidiron entrar. Os nenos asustáronse ao ver que desaparecera. Asustados, decidiron probar uns disfraces para ver se así encontraban á súa amiga. A súa idea funcionou e os dous nenos apareceron nun mundo moi raro. Os dous nenos estaban mortos de medo cando un vampiro dende a escuridade lles dixo: -Se queredes encontrar a Andrea teredes que seguirme. Os nenos, mortos de medo, contestáronlle: -Si, farémolo. Os nenos seguiron ao vampiro por un corredor escuro, logo subiron unhas escaleiras de caracol que rechiaban ao pisalas. Logo viron unha momia de lonxe e quedaron paralizados de medo. Entón o vampiro díxolles: -Se queredes encontrar á vosa amiga tedes que falar coa momia –e o vampiro desapareceu. Os nenos, mortos de medo, camiñaron lentamente cara a ela e dixéronlle: -Queremos recuperar a nosa amiga. -A vosa amiga ten un feitizo de BRUXA NEGRA e só se poderá romper cun bico nas meixelas de dous amigos que a queiran –di a momia. Os nenos sen pensalo dúas veces entraron na habitación e foron darlle o bico a Andrea. Logo de darlle os bicos caeron os tres de cu e apareceron na tenda de disfraces.

Page 4: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

4

Os nenos miráronse e decidiron irse á súa casa porque ese día non estaban para comprar disfraces.

Alba Grandal Paz [3ºB] 1º Premio na categoría de 3º e 4º de EP

Page 5: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

5

O COLE DO PÁNICOO COLE DO PÁNICOO COLE DO PÁNICOO COLE DO PÁNICO Era unha nena que estaba xogando no recreo. O seu nome era Carmen e era nova no cole. Estaba xogando cunha nena que se chama Cloe e que lle contou a seguinte historia. A historia chamábase O túnel do medo. Polo visto, todos os anos no cole da Solaina, polo Samaín, os alumnos de sexto curso facían un túnel do medo. Ían disfrazados de personaxes terroríficos e como te descoidases podíante secuestrar. Incluso había un rumor nos corredores de que hoxe (que era Samaín) a Diego non se lle vira dende primeira hora. Cloe dicía que ao mellor se encontrara mal e marchara, pero Carmen, desconfiada, pensou que os de sexto o secuestraron. Entón ela, que era unha nena moi curiosa, convenceu á súa amiga Cloe de ir a investigar pola súa conta ese misterio. Despois de camiñar un bo rato polos corredores, sorprendidas, encontraron o gorro vermello daquel neno chamado Diego, na porta da clase de cuarto A. Decidiron entrar naquela aula, a pesar do medo que tiñan por se as secuestraban a elas tamén. Quedaron quietas ao escoitar un ruído. Onde se meteran? Ían rematar coma Diego por seren demasiado curiosas? Para o seu alivio, o ruído procedía dun neno escondido debaixo da mesa do profesor. Pero, se era Diego! Contentas por encontralo, saíron ao recreo con el. Carmen, moi tranquila e aínda curiosa polo misterio, decidiu preguntarlle a Diego polo que sucedeu. Diego, nervioso, confesoulle que entrou só no túnel do medo desobedecendo á profe, e que viu unha sombra que, aterrándolle, chamábao. Correndo, escondeuse no primeiro sitio que viu. Ábrese outro misterio... Quen ou que sería esa sombra?

Carmen Gálvez Castro [3ºB] Accésit na categoría de 3º e 4º de EP

Page 6: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

6

O BURATO MISTERIOSOO BURATO MISTERIOSOO BURATO MISTERIOSOO BURATO MISTERIOSO Esta historia transcorre todos os venres do ano, cando unhas nenas ían a baile galego nun local un pouco temeroso. O local atópase xusto detrás dun cemiterio. As rapazas pasábano moi ben, pero cando necesitaban ir ao baño aí viña o problema...

Page 7: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

7

No teito do cuarto de baño había un burato ao que todas lle temían, por estar pegado ao cemiterio. Unha desas tardes, cando as rapazas estaban ensaiando para unha actuación que ían ter para celebrar o magosto, unha das rapazas foi ao baño e empezou a berrar cando viu sangue polas paredes. O resto do grupo e o profesor foron correndo xunto dela e viron todo o que alí había. O profesor non as daba calmado, xa que todas se puxeron moi nerviosas. Ninguén sabía de onde podía vir aquel sangue. Algunha nena dicía que podía vir dos restos das persoas mortas do cemiterio, outras dicían que era dalgún ladrón que tratara de roubar algo no local e ao querer facelo puidérase cortar con algo, pero ninguén sabía realmente o que alí sucedera. O profesor baixou a preguntar no taller de coches que había alí se vira algo sospeitoso, pero o mecánico do taller tampouco sabía nada. Ás nove e media da noite, cando os pais ían recoller as súas fillas, decatáronse do sucedido. Un dos pais empezou a rir e ninguén entendía nada. Preguntáronlle que lle facía tanta graza, foi entón cando o pai comezou a contar a historia. Resulta que el era pintor e esa mañá estivera, xunto con outro compañeiro, pintando o tellado do local. Como chovía tanto, a auga arrastrara toda a pintura e caera polo burato que quedara sen tapar no teito cando fixeron o tellado novo. Por iso, decidiron chamar a un albanel. A pintura era de cor vermella, de aí que todos pensaran que era sangue. Todo quedou nun susto e as nenas, xa máis tranquilas, puideron seguir ensaiando todos os venres.

Icía Becerra González [6ºA] 1º Premio na categoría de 5º e 6º de EP

Page 8: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

8

A ESCURIDADEA ESCURIDADEA ESCURIDADEA ESCURIDADE Érase unha vez un neno chamado Pepe. Cada noite collía a súa lanterna antes de ir para a cama, por se aparecía algún monstro. Unha noite estaba máis temeroso do habitual porque fora ver unha película de terror e tiña tanto medo que se esqueceu de coller a súa lanterna. Pero, el non se decatou ata que quedou medio durmido e asustouse moito. Cando os pais ían para a súa cama, Pepe pensaba que eran un par de vampiros famentos. Para calmarse foi á cociña a beber un vaso de leite quente. Cando baixou, colleu o leite na neveira e un vaso do lavabo. Ao botar o leite no vaso escoitou... unha pantasma! Pero, pensou que fora a súa imaxinación. Entón seguiu ao seu, pero cando foi cara ao microondas, viu un monstro reflectido no cristal! E asustouse moito. Aínda así, seguiu esperando ata que o microondas acabou e bebeu o líquido quentiño, que o reconfortou e, así, foi para a súa cama, pero presentía que alguén o estaba perseguindo. Entón, mirou para atrás, pero non viu ninguén. Foi para a súa habitación e quedou durmido. Despois dunha hora, espertou porque tivo un pesadelo e de repente viu outra vez ao monstro! Ao fixarse ben, viu que era un personaxe da película. Pero… como era posible?! Entón pensou moi rápido e igual non lle gustou o final da película! Xa sabía o que tiña que facer! Vestiuse todo de negro e intentou despistar ao monstro, que seguía como querendo comelo. Como tiña o cine ao lado da casa e aínda seguía aberto, escondeuse entre as sombras e colouse. Foi á sala onde reproducían a película, que xa case estaba a punto de rematar. Pepe colleu a pantasma e dándolle un empurrón conseguiu metela de novo na película. A partir dese momento, Pepe nunca máis tivo medo da escuridade porque xa sabía que se algún monstro saía dela, só había que devolvelo.

Sara Fraga Alvariño [5ºA] Accésit na categoría de 5º e 6º de EP

Page 9: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

9

Caveira Dante, Alejandro, Martín e Álvaro [4 anos B] 1º Premio na categoría de Educación Infantil

Page 10: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

10

Monstros da escuridade

Óscar, Manuel, Olalla, Candela, Bráis Fdez. e Íker [5 anos A] Accésit na categoría de Educación Infantil

Page 11: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

11

Zombiloco

Lara Díaz Fernández [2ºA] 1º Premio na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria

Page 12: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

12

Tenebroso

Iván Díaz Rebollo [2ºA] Accésit na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria

Page 13: VI concurso de contos e III de debuxos de medo

13

EDITA CEIP A SOLAINACEIP A SOLAINACEIP A SOLAINACEIP A SOLAINA

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA EQUIPO DE BIBLIOTECA

18 DE DECEMBRO DE 2015