Upload
ies-poeta-anon
View
281
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Guía do libro (Club de Lectura IES Poeta Añón, Outes-A Coruña)
Citation preview
5 MAIO 2014
CLUB DE LECTURA LARETAS IES POETA AÑÓN
DIARIO
ANA FRANK
Por se che interesa o tema, na biblioteca atoparás estoutras películas
PÁXINAS WEB
http://www.youtube.com/watch?v=1_Ky3DAkOxU
http://www.annefrank.org/en/Subsites/Home/
Versión cinematográfica
Novela gráfica A CASA-MUSEO DE ANA FRANK
Gustouvos o libro?
Como definiriades a Ana?
Considerades que a personalidade de Ana evoluciona
ao longo dos dous anos?
Se é así como evoluciona Ana?
Como definiriades aos demais personaxes escondi-
dos?
Que pensades dos personaxes que lles axudaron des-
de fóra?
Como vedes a relación de Ana e Peter?
Sentídesvos identificado/as con Ana?
Como vedes as relacións persoais entre os membros
do escondite?
Como vedes as relacións dos escondidos cos seus
axudantes exteriores?
Pensades que Ana exterioriza todo o que pensa e sin-
te?
Que opinades da organización da “casa de atrás”?
Que valor lle dades a este diario?
Desde o punto de vista histórico pensades que é unha
testemuña importante?
Algunhas cuestións para o debate Holocausto, tamén coñecido como Shoah
ou Shoá (catástrofe en hebreo) é o nome que de-signa o exterminio dos xudeus polos nazis durante a II Guerra Mundial. Desde a chegada de Hitler ao poder (1933) comezaron unha serie de medidas de segregación civil, moral e política e tamén de expo-liación económica do pobo xudeu, tales como foron as Leis de Nuremberg (1935, que impedían matri-monios mixtos e excluían aos xudeus da nacionali-dade alemana) e a Noite dos Cristais Rotos (1938, o asalto a negocios e sinagogas xudeas e detención de miles de xudeus).
Calcúlase que 6 millóns de xudeus morreron vítimas deste exterminio.
O Holocausto acordouse na reunión de Wan-see (1942), na que os xerarcas nazis adoptan a cha-mada “Solución Final”. Isto supuxo a deportación de millóns de xudeus cara os campos de exterminio, nos que debían morrer, ben por extenuación (eran usados como man de obra escrava) ou por execu-ción directa nas cámaras de gas.
ARGUMENTO
Ana Frank é unha nena de trece anos filla duns
comerciantes xudeus alemáns emigrados a Ams-
terdam en 1933 escapando da persecución nazi
(antisemitismo e superioridade da raza aria) que,
tras a invasión de Holanda polas tropas de Hi-
tler, ten que ocultarse da Gestapo xunto coa súa
familia nunha bufarda anexa ao edificio onde o
seu pai tiña as súas oficinas. Xunto con outras
sete persoas (os seus pais e irmá, outra familia de
tres membros e un home máis) permanece escon-
dida na «casa de atrás» do edificio situado no
canal Prinsengracht n° 263, en Ámsterdam du-
rante dous anos (5 de xullo 1942 - 4 agosto de
1944). Para sobrevivir ocultos son axudados por
antigos empregados do seu pai que continúan
traballando nas oficinas. Despois de máis de dous
anos de estar ocultos son descubertos e deporta-
dos a campos de concentración. Dos oito escondi-
dos, só o pai de Ana, Otto Frank, sobrevive á
guerra. Este diario foi atopado polos seus protec-
tores que llo entregaron ao seu pai, quen o publi-
cou despois de rematada a guerra e confirmada
xa a morte de Ana.
No colexio levabamos unha bata negra e a miña nai cosera a estrela amarela na miña. Non se podía qui-tar. Levar a estrela significaba toda unha serie de prohi-bicións: non podíamos ir á piscina, nin ao cinema, nin xogar nos parques.
Testemuña dun neno xudeu en París.