22
I. Bouza Brey e o petroglifo do castro de Codeseda Na carta arqueolóxica da Estrada recóllese, como único exemplar de gravado rupestre do concello, aquel que no seu día publicou don Fermín Bouza Brey 1 , que exercera na vila o cargo de xuíz durante varios anos. Trátase dun fragmento dunha laxe recuperada da solei- ra da porta dunha casa de Codeseda, encontrada no 1938 por Jesús Romar no interior do castro das Quintas mentres realizaba labores agrícolas. A pedra foi depositada no Museo de Pontevedra, onde hoxe se conserva, sendo sobradamente coñecida e amplamente cita- da na literatura arqueolóxica como exemplo de gravado rupestre asociado a un xacemento castrexo, aínda que non temos maneira de saber se a súa ubicación orixinal se situaba no interior ou inmedia- cións do propio castro ou é un exemplar alóctono de descoñecida orixe, que ben podería ser. Trátase, en todo caso, dunha peza atípica que cómpre poñer en corentena á espera de posteriores investiga- Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días Juan Andrés Fernández Castro* Vol. 11 (2008) * Agradecementos: Andrés Fernandez, Roberto Salgueiro, Luis Sanmartín, Alfonso Sanmartín, Ignacio Diéguez, Gerardo Fernández, Antonio de la Peña, José Fuentes, Jesús Mallo, Albino Ríos, Pelayo Bergueiro, Ángel Cao. 1 BOUZA BREY, FERMÍN. “Grabados rupestres del castro de Codeseda” en BRAG T. XXIII, 1942-43, A Coruña 1943, pp.6-10.

Gravadosrupestresna Estrada;daIdadedo Bronceaosnososdíasdspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/404/1/pg_211-232... · lineais labrados con instrumento metálico puntiforme

  • Upload
    ngolien

  • View
    216

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

I. Bouza Brey e o petroglifo do castro de Codeseda

Na carta arqueolóxica da Estrada recóllese, como único exemplar degravado rupestre do concello, aquel que no seu día publicou donFermín Bouza Brey1, que exercera na vila o cargo de xuíz durantevarios anos. Trátase dun fragmento dunha laxe recuperada da solei-ra da porta dunha casa de Codeseda, encontrada no 1938 por JesúsRomar no interior do castro das Quintas mentres realizaba laboresagrícolas. A pedra foi depositada no Museo de Pontevedra, ondehoxe se conserva, sendo sobradamente coñecida e amplamente cita-da na literatura arqueolóxica como exemplo de gravado rupestreasociado a un xacemento castrexo, aínda que non temos maneira desaber se a súa ubicación orixinal se situaba no interior ou inmedia-cións do propio castro ou é un exemplar alóctono de descoñecidaorixe, que ben podería ser. Trátase, en todo caso, dunha peza atípicaque cómpre poñer en corentena á espera de posteriores investiga-

Gravados rupestres naEstrada; da Idade doBronce aos nosos días

Juan Andrés Fernández Castro*

Vol. 11 (2008)

* Agradecementos: Andrés Fernandez, Roberto Salgueiro, Luis Sanmartín, AlfonsoSanmartín, Ignacio Diéguez, Gerardo Fernández, Antonio de la Peña, José Fuentes, JesúsMallo, Albino Ríos, Pelayo Bergueiro, Ángel Cao.

1 BOUZA BREY, FERMÍN. “Grabados rupestres del castro de Codeseda” en BRAG T. XXIII,1942-43, A Coruña 1943, pp.6-10.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 209

cións que aporten algunha luz en tor-noa á súa orixe, técnica de gravado esingularidade do soporte no que seencontra. É tamén digno de salientaro feito de que a pedra fose reutilizadacomo material constructivo en fun-ción non só da súa forma –ignoramosen que momento se realizou o recorteda pedra–, senón, e fundamentalmen-te, da singularidade e valor máxico-estético dos deseños que reproduce.

Velaquí outro dos frecuentísimos casos de reutilización de materiaisarqueolóxicos (aras romanas, miliarios, laudas sepulcrais, muíños cas-trexos...) con fins constructivos nas casas do rural galego.

II. Un feliz redescubrimento; o xacemento rupestre daCosta dos Cabalos

Unha tarde do mes de abril de 1988, mentres paseabamos polomonte da parroquia de San Xurxo de Vea meu fillo Andrés máis eudescubrimos nunha peneda granítica o que sería o primeiro xace-mento rupestre in situ do concello da Estrada; moi próximo a esteapareceu outra rocha con gravados non prehistóricos, dos que seofrecerá cumprida información máis adiante. Tomamos fotografías,anotamos o achádego e fómonos coa intención de regresar ó poucopara levar a cabo un estudo máis de vagar do xacemento. Mais vela-quí que por diversas causas foise demorando aquel regreso e candointentei localizar a rocha fracasei no intento; certo é que no intreardera o monte e medrara despois o mato de forma desmesuradaocultando o pequeno xacemento. Intenteino outras dúas veces, peroao final perdín a esperanza de reencontrar a pequena estación rupes-tre da que eran únicos testemuños as fotografías tomadas daquela.Mais velaquí que neste verán de 2008, vinte anos máis tarde, pro-

210

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Petroglifo de Codeseda publicado porBouza Brey. Museo de Pontevedra, repro-ducido con autorización.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 210

ponme Andrés reemprender a busca do extraviado xacemento;acepto gustoso a oferta mais declino a invitación de acompañalo, bas-tante decepcionado polos meus fracasos anteriores e lembrandotamén a inmensa fatiga de percorrer con calor aqueles montes esgre-vios inzados de toxos arnais. Mais, ¡xuventude animosa!, planificarono traballo dende a casa localizando a área aproximada no SIXPAC ebotáronse ao monte. Empezaron ás nove da mañá e localizaron apedra ás tres da tarde, fatigados, suorosos e a punto de abandoar abusca pois a rocha que vinte anos antes atoparamos, e mesmo o seuentorno, cambiaran sensiblemente. Encontrábase aquela practica-mente soterrada quedando á vista menos da mitade da superficie totalda pedra; a arboreda que a rodeaba fora talada recentemente e mesmoalgún sector do xacemento foi levemente danado pola maquinariadesbrozadora; tamén se descubriron na superficie da laxe estaladurassuperficiais producidas polo lume pero que, afortunadamente, nonafectan aos motivos gravados. A outra pedra con gravados modernos,moi sobranceira do terreo, foi moi facilmente localizada.

211

Juan Andrés Fernández Castro

Vol. 11 (2008 )

A rocha da Costa dos Cabalos na primavera de 1988. Obsérvese o tamaño dospinos que medran no xacemento.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 211

II. a. Descrición do xacemento

A estación rupestre que damos a coñecer, a rentes do chan na súaparte superior e elevada uns corenta cm. no extremo inferior –dis-tancia sensiblemente inferior á de vinte anos atrás, o que indica unproceso de colmatación do entorno da pedra–, encóntrase na parro-quia de San Xurxo de Vea, Concello da Estrada, nunha paraxe deno-minada Costa dos Cabalos, inclinada cara ao NE e dende a que sedivisa unha ampla paisaxe2.

Trátase dunha afloración granítica de grao groso e de tonalidadecrara debido á abundancia de ortosa, mineral responsable da erosiónque padece a súa superficie. As diaclasas propiciaron a fragmenta-ción da rocha en catro paneis, dos que tres (1, 2 e 3) conteñen dese-

212

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

2 Tódolos xacementos arqueolóxicos mencionados neste traballo foron debidamentecomunicados no seu momento á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia

Paisaxe que se domina dende o xacemento rupestre da Costa dos Cabalos.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 212

ños rupestres. Na fenda que separa ossectores 2 e 3 medraron dous pinosrecentemente talados que na épocado descubrimento apenas sobrepasa-ban o metro de altura. Procedemos acontinuación á descrición sucinta docontido de cada un dos tres paneiscon rexistro arqueolóxico.

a) Panel 1 ou superior. Obsérvaseun só motivo situado no centrodo plano consistente en liñasconcéntricas discontinuas,rematando a máis externadelas nun engrosamento amodo de circunferencia. Osuco é ancho pero moi poucoprofundo, chegando a desapa-recer nalgúns tramos.

b) Panel 2 ou central. Está ocupa-do por unha serie de cincomotivos circulares, tres delesunidos por unha liña e osoutros dous libres. É salienta-ble a disposición espacial des-tes motivos, ocupando, en sen-tido lonxitudinal, a superficiemáis apta en virtude da súahorizontalidade e ausencia deirregularidades.

c) Panel 3 ou inferior. Nel é só per-ceptible unha serie de circunfe-rencias concéntricas de trazoincompleto, ignoramos se foi

213

Juan Andrés Fernández Castro

Vol. 11 (2008 )

O xacemento no verán de 2008; na fendavense as cachopas das árbores recéntaladas.

As diaclasas dividiron a rocha en catropuntos.

No panel 2 encóntrase a meirande partedos motivos gravados.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 213

214

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Detalle do panel 1.

Círculos concéntricos do panel 3.

Redescubridores do xacemento.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 214

215

Juan Andrés Fernández Castro

Vol. 11 (2008 )

Combinacions circulares dos paneis 2 e 3.

Paneis 1 e 2.

concebido orixinalmente deste modo ou parte dos trazos foronborrados pola erosión sufrida no transcurso dos anos, circuns-tancia ben probable dada a composición e estructura da pedra.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 215

III. O petroglifo da Pedra dos Cabalos

A unha distancia aproximada de 260 m. do anterior, en direcciónSE, encontramos outra pedra con figuras rupestres máis serodias,poida que medievais ou modernas, aínda que os sucos dalgunha dasfiguras presente un perfil que denota venerable antigüidade. Osmotivos gravados encóntranse repartidos entre dúas rochas, unhadelas vertical, sobranceira, elevada algo máis de dous metros sobrea superficie do chan e que contén, fundamentalmente, cruciformeslibres e outros incluidos en cadrados que, nalgún caso, apenas se per-ciben. Son tamén visibles sucos lineais de difícil adscrición e peque-nos coviños e riscos obtidos por percusión de ferramenta metálica.Aos pés desta grande laxe encontramos outra semienterrada, poucosobranceira e cunha superficie inzada de cazoletas -moitas delas

216

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

A Pedra dos Cabalos e ó seu pé a rocha con cazoletas.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 216

adxacentes ou comunicadas por unha canliña-, e piletas de deseñotendente ao rectangular ou elíptico. A feitura destes motivos -dedifícil adscrición cronolóxica-, e a superficie pulida do seu interiorsuxire o emprego de ferramenta metálica e posterior acabado porrozamento ou frotamento. Cabe a posibilidade de que se trate dunfragmento desprendido da pedra grande; as liñas de fractura, posi-ción e proximidade a aquela así parecen indicalo.

IV. A pedra da Quenlla dos Castiñeiros

Está situada a 1´7 km. aproximadamente da anterior en direcciónNO no alto dun outeiro dende o que se divisa unha fermosa paisa-xe dominada polo Castro Valente e o río Ulla que discorre mansa-mente aos seus pés atravesando as veigas de Carcacía, Herbón eBarcala. Encontramos moitas similitudes entre esta rocha e a daPedra dos Cabalos no que se refire a situación prominente, com-posición física e textura, tamaño, tipo de motivos representados eadscrición cronolóxica.

Debido precisamente á súa composición e permanente exposi-ción ás agresións meteorolóxicas a súa superficie é abondo irregulare rugosa polo que o gravador precisou aproveitar os escasos lugaresadecuados para plasmar os seus deseños, fundamentalmente cruci-formes, circunferencias e curvas abertas labrados a pico con diversas

217

Juan Andrés Fernández Castro

Vol. 11 (2008 )

A pedra inzada de cazoletas. Detalle dun deseño da Pedra dos Cabalos.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 217

técnicas; como detalle distintivo sinalamos a relación cruciforme-circunferencia, motivo alleo á pedra anterior.

V. Consideracións paisaxístico-espaciais

Dentro da arqueoloxía galega os gravados rupestres prehistóricosgozaron nas últimas décadas –aínda que con certas lagoas, carenciase inflexións–, da atención preferente de moitos arqueólogos fascina-dos por aquela personalísima manifestación cultural que labroudebuxos de misterioso e descoñecido significado en miles de pedrasdo noroeste peninsular. A superación daquela teima de antano quecifraba na pedra e no seu contido a fin última do estudo arqueolóxi-co e o recoñecemento (resignado) da imposibilidade de acceder aoseu significado orixinal propiciou a apertura de novas vías de inves-tigación. Especialmente atractiva é aquela que atribúe aos petrogli-fos o carácter de elementos organizadores e articuladores do territo-rio. Admitida a certeza de que a ubicación dos complexos rupestresnon foi en absoluto casual queda nas nosas mans o desafío de descu-brir os motivos daquelas decisións e as claves do diálogo que se esta-blece entre eles e a paisaxe que os rodea.

Conforme a este criterio paisaxístico poderiamos clasificar osxacementos deica agora descritos en dúas clases:

218

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

A rocha da Quenlla dos Castiñeiros no altodun outeiro.

Detalle da Quenlla dos Castiñeiros.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 218

a) Pedras para seren vistas dendelonxe –visión concéntrica oucentrípeta–: Pedra dos cabalos,Quenlla dos castiñeiros.Elixidas en virtude da súa visi-bilidade, dominando polo seugran tamaño e posición (er-gueitas, moi sobranceiras dochan e ubicadas en pequenoscumios ou no medio de chai-ras) un sector amplo de terreo. O importante nestes casos éseren vistas dende a lonxanía erixíndose como referenciavisual do entorno, circunstancia da que deriva a súa finalida-de ou sentido, lexitimado ou certificado polos signos gravadosnelas -fundamentalmente cruces-, que as dotan de persoalida-de propia e as distingue das demais pedras. Lamentablementepouco máis podemos dicir sobre elas pois, a pesar da súamodernidade, ignoramos as claves que nos permitirían hoxepenetrar o seu sentido e interpretar a mensaxe que noutrostempos foi claramente lexible para as persoas que frecuenta-ron estas paraxes montesías. Non se trata de fitos de lindeirosparroquiais, municipais nin provinciais e non delimitan, quenós sepamos, couto nin xurisdición antiga ningunha. Poidaque fosen indicadores de propiedade ou explotacion domonte, da caza, do gando silvestre que por alí pacía libremen-te ou de canteiras. E poida, en fin, que a súa virtualidade resi-dise tan só na súa sobranceira soedade no medio daquel saltusde antano; un fito destacado na paisaxe que servise de refe-rencia: “...máis arriba da Pedra dos Cabalos”; “...mesmo a carónda pedra da Quenlla dos Castiñeiros”.

b) Pedras non perceptibles na lonxanía (e actualmente difícilesde localizar, incluso dende a súa proximidade, en condiciónsadversas de luz ou cando a súa superficie se encontra parcial-

219

Juan Andrés Fernández Castro

Vol. 11 (2008 )

O xacemento rupestre desde a distancia.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 219

mente oculta) pero desde onde sería posible odominio visual dun determinado territorio, queno caso da pedra da Costa dos Cabalos com-prendía os fértiles vales dos ríos Vea e Liñares, -visión excéntrica ou centrífuga-. A selección daubicación exacta da pedra e dos motivos arepresentar, así como todo o proceso de grava-do, adxudicación de contidos simbólicos erituais en torno a eles celebrados foron sen dúbi-

da actos solemnes, profundamente meditados e restrinxidos acertas castes ou élites especializadas entre as que se encontra-rían auténticos “artistas” que plasmarían na pedra deseñosque en ocasións acadan unha extraordinaria forza expresiva.Estes feitos descartarían a aleatoriedade da elección e suxirentoda unha serie de interaccións entre a propia pedra e os moti-vos nela representados co modo de apropiación e explotacióndo territorio onde se ubica.

VI. A Pedra Santeira

Sobre unha pedra granítica moi pouco sobranceira, a carón mesmo dapista forestal que une os lugares de O Casal (S. Xurxo de Vea) e Casado Frade (S. Miguel de Barcala) encontramos un gravado de orixe cla-ramente moderna como o testifica o seu risco nidio e profundo labra-do con instrumento metálico. A pedra en cuestión formou partedunha antiga canteira, salvándose este gravado da destrucción porencontrarse nunha área marxinal. A distribución espacial dos motivosrepresentados -unha cruz de longo fuste fixada sobre basa cadrada concazoleta e dúas letras, “A” e “R” invertida, a ambos lados, todo ilorodeado dunha orla ou filete de característico deseño, denota a inten-ción do gravador de imitar un escudo heráldico. Conforme ó teste-muño de don Albino Ríos, veciño de Santa Cristina de Vea que viviuna súa xuventude nesta parroquia de San Xurxo, a pedra en cuestión

220

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

A igrexa de Frades, nasproximidades da estaciónrupestre.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 220

e o terreo onde se ubica pertenceron a don Ángel Rodríguez, cantei-ro de profesión falecido hai anos que quixo deixar perenne constanciada súa propiedade plasmando na pedra a inicial do seu nome e pri-meiro apelido. Quedaría por explicar a inusual e enigmática repro-duccion invertida da letra R.

VII. A pedra do Monte Picáns, Parada

Depositada no Museo de Pontevedra, a onde foi transportada encarro de vacas dende a parroquia estradense de Parada a finais doséculo XIX, encóntrase unha pedra de arenisca de superficie unifor-me e lisa; presenta a particularidade de conter numerosos signoslineais labrados con instrumento metálico puntiforme no brandomaterial que a conforma; obsérvanse tamén, nalgúns ángulos dapedra, signos evidentes de ter servido para afiar ferramentas. As teo-rías en canto á súa interpretación son dispares, atribuíndolles algúnso carácter de signos protoibéricos mentres que outros, máis escépti-cos, redúcenos a simples riscos de instrumentos metálicos sen inten-ción de reproducir mensaxe.

221

Juan Andrés Fernández Castro

Vol. 11 (2008 )

Cruz de alto fuste con pedestal e letras enSan Xurxo de Vea. Pedra Santeira.

A rocha de Monte Penide, na parroquiaestradense de Parada cos seusenigmáticos signos. Museo de Pontevedra,reproducida con autorización.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:00 Página 221

IX. Linteis, xambas, portas e muros como soportede gravados

Simbolicamente na porta da casa establécese a fronteira entre oámbito privado, onde convive a familia e arde o lume do fogar, e unexterior inseguro -antítese do doméstico-, que pode devir inhóspito ehostil. Saír da casa supón o abandono do tépedo claustro maternopara exporse ós perigos e ameazas do exterior. As portas, xeralmentede madeira, protexían aos moradores da vivenda, preservaban a súaintimidade e resgardábanos contra os rigores climatolóxicos. A portaera, sen embargo, un “punto débil”, unha fenda na muralla da forta-leza familiar que era conveniente asegurar; mais existían ameazas,estas de índole espiritual, contra as que resultaban inútiles trancas efechos. Cumpría pois reforzar aquela barreira física mediante oemprego do elemento simbólico máis efectivo contra aqueles perigos:a cruz, en todo o seu amplísimo repertorio de formas e ubicacións. Épor iso que xambas e linteis de moitas das casas tradicionais, e mesmohórreos, cortes, palleiras e muíños, se encontran inzados destes dese-ños -de indudable carácter apotropaico-, que reproducen modelos demoi longa tradición, encontrándose con frecuencia nos xacementosrupestres a carón dos gravados propiamente prehistóricos.

222

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Cruciforme na xamba esquerda dunhacasa da Grela, Codeseda.

Ventás e porta no Lugar da Grela,Codeseda.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 222

Noutras ocasións vemos representados en portas e paredes moti-vos figurativos esquematizados e abstraccións de moi difícil inter-pretación. Así, no lintel da porta principal dunha casa do lugar deEscariz, na parroquia estradense de Nigoi, encontramos unha ins-crición que dá conta do nome e cargo da persoa que mandou erixiro edificio no 1683 e ó seu carón unha man apreixando unha espa-da, clara alusión á autoridade que detentaba o seu morador. E naxamba esquerda dunha pequena porta escusada traseira, tras unhacoidadosa esculca e posterior limpeza, apareceron dous curiososmotivos que representan unha figura humana moi esquemática e unxinete armado de lanza. Sorprende a similitude destes deseños coszoomorfos, antropomorfos e esceas de equitación dalgúns xacemen-tos rupestres galegos, o que nos fai pensar que o repertorio de mode-los arquetípicos, especialmente a figura humana e os animais, é moi

223

Juan Andrés Fernández Castro

Vol. 11 (2008 )

Cruciforme, antropomorfo exinete da casa de Escariz,Nigoi.

Man con espada; lintel da casade Escariz.

“Esta la hizo Benito Rodríguez da Fraga Escribanode su Magestad año de 1683”.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 223

limitado repetíndose con moi escasasvariacións ao longo do tempo, o queexplicaría a similitude entre deseñostan afastados cronoloxicamente.Dende a porta principal da casa deEscariz transmítese unha mensaxeexplícita (epigrafía) e outra simbólica(man termando da espada) que teñena súa réplica, exclusivamente simbó-lica e de menor rango icónico, naentrada secundaria.

Moito máis difícil sería explicar asabstraccións gravadas nas paredes daCasa de Recarei, en Curantes (sécu-los XVII e XVIII), moi esvaidas pormor do chorro de area a presión quese aplicou para retirar o revoco demorteiro. É posible que este agresivométodo de limpeza borrase algunhasliñas e trazos facendo hoxe irrecoñe-

cibles na súa integridade os temas representados, mais taménpodemos pensar que os deseños responden á vontade do seu autorquen, de forma deliberada, dotou eses dibuxos de claves ocultasque os fan indescifrables.

Despois da casa, reducto do privado, o muíño, xunto coa igrexae a taberna, era o edificio de uso colectivo máis importante na socie-dade agraria por ser o lugar onde se moía o cereal, elemento básicoda dieta rural durante moitos séculos. Era percibido polo imaxinariopopular como ámbito de fascinación e misterio, escenario de amo-rosos lances e habitáculo de meigas e demos ata o punto de erixirseno locus máis mencionado no floclore e literatura tradicional gale-ga. Estaban dotados de rexas portas que protexían o prezado froito daterra contra os ladróns, mais precisaban tamén defensas simbólicas:

224

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Motivo gravado na parede da Casa deRecarei, Curantes.

Outro deseño da Casa de Recarei.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 224

velaquí a frecuentísima presencia de cruces profusamente gravadasnas xambas (case nunca nos linteis) destes singulares edificios.

A propia folla da porta dos muíños convírtese en ocasións ensoporte de gravados realizados con instrumentos cortantes, habi-tualmente a navalla. O repertorio destas figuracións redúcese anomes e letras, variacións sobre cruciformes inspirados nos modelosvisibles en petroglifos e xambas das portas e, por último, moi esque-máticas representacións da figura humana.

Outras veces un ocasional e anónimo artista pode aproveitar orevoque de certas paredes para consignar mensaxes, inscribir o pro-pio nome e incluso reproducir dibuxos, coma os que tivemos ocasión

225

Juan Andrés Fernández Castro

Vol. 11 (2008 )

Cruciformes na xamba dereita do muíñode Vilanova, Remesar.

Xamba esquera dun muíño de Figueroa,A Estrada.

Pousadoiro e cruces nun muíño daVilasusán, Remesar.

Pervivencia dos deseños cruciformes.Cruz labrada na xamba esquerda dunhacasa urbana da Estrada, construída ca.1850.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 225

226

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

Cruciformes na porta dun muíño deParadela, a carón do río Liñares.

Texto gravado na porta do Muíñodo río Liñares.

“Fumador 2”, muíño do Liñares.

Cruciformes e figura humana esquemática, “fumador 1”, muíño do Liñares.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 226

de retratar hai anos no interior da Casa e Torre de Guimarei, antesque o enlucido interior das paredes se esnaquizase definitivamentepor mor da humidade. Nalgúns sillares da propia torre encóntransetamén diversos signos lapidarios, motivos sobradamente coñecidospolo que non precisan maior comentario.

Profundamente labrados nas rochas graníticas de lugares sobran-ceiros, sen desbotar, lamentablemente, os cumios dos montes - tal éo caso do Monte Pedroso, na parroquia estradense da Somoza, quereproducimos-, algúns incívicos desaprensivos consignan para a pos-teridade mensaxes de diversa índole, fundamentalmente amorosa. Edeixamos para o final o significativo símbolo toscamente labradonunha pedra do muro que circunda o santuario da Virxe de Gua-dalupe, coñecido popularmente como A Grela, na parroquia estra-

227

Juan Andrés Fernández Castro

Vol. 11 (2008 )

Gravado na parede interior da Casa-Torrede Guimarei.

Cabaleiro da man no peito. Grafito dointerior da Casa-Torre de Guimarei.

Signos lapidarios na Torre de Guimarei.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 227

228

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

dense de Codeseda. O deseño encuestión representa o compás abertocunha escuadra superposta, símbolomasónico por excelencia, mediante oque un maçon anónimo, (desobede-cendo quizás as severas normas dairmandade), quixo deixar constancia,nas humildes pedras dun valo, da súapresencia neste lugar.

Conclusións

– Os gravados prehistóricos da Costa dos cabalos, no concello daEstrada, veñen ampliar o mapa dos complexos rupestres galegos,sendo unha continuación cara ao norte dos xacementos deCuntis e Campo Lameiro.

– Quedan aínda xacementos rupestres por descubrir neste concello,especialmente nos pequenos vales interiores dos ríos Vea e Umia enas ribeiras do Ulla, especialmente nas parroquias de Cora, Couso,San Xorxe de Vea, San Miguel e Santa Mariña de Barcala.

Gravados modernos (e incívicos) noCumio do Monte Pedroso, A Somoza.

Escuadra e compás; símbolo masóniconas proximidades do Santuario da Virxede Guadalupe, Codeseda.

Máis gravados na fermosa paisaxe daSomoza. Montes de Arca e na lonxanía oCádavo desde onde se albisca xa CampoLameiro, capital da arte rupestre.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 228

– Como é habitual noutros lugares de Galicia, as rochas con petro-glifos pasan absolutamente desapercibidas, incluso para as perso-as que frecuentan a súa ubicacion, e non demos localizado fol-clore relacionado con eles. Unha persoa que frecuenta e coñeceo monte e que na súa xuventude se gorecera en multitude de oca-sións a carón da Pedra dos Cabalos, aseguroume que aquelesdebuxos que eu lle mostraba non existían daquela.

– Sería desexable que todos os petroglifos galegos, incluso os nonprehistóricos, gozasen dun efectivo estatus de protección, consi-derando coidadosamente o trazado de pistas nas súas proximida-des e impedindo a limpeza do seu entorno con métodos agresi-vos como as cadeas, que rillan a súa superficie chegando a destruiro rexistro arqueolóxico. Tamén mantendo o entorno limpo demaleza para evitar o lume a carón ou sobre eles.

229

Juan Andrés Fernández Castro

Vol. 11 (2008 )

Bibliografía recomendada

CARRERA RAMÍREZ, FERNANDO; COSTAS GOBERNA,FERNANDO; DE LA PEÑA SANTOS, ANTONIO. Grabadosrupestres en Galicia: características generales y problemática de sugestión y conservación. Pontevedra 2002.

COSTAS GOBERNA, FERNANDO; HIDALGO CUÑARRO,JOSÉ MANUEL, DE LA PEÑA SANTOS, ANTONIO. “Arterupestre prehistórico” en 5000 anos de arte moderna: arte rupestreprehistórica e arte cantemporánea galega, Vigo, 1999, pp. 21-34.

CRIADO BOADO, FELIPE; FÁBREGAS VALCARCE,RAMÓN; SANTOS ESTÉVEZ, MANUEL. “Paisaje y represen-tación en la Edad del Bronce: la descodificación del arte rupestregallego”, en La Edad del Bronce: ¿primera edad de oro de España?:sociedad, economía e ideología. Ruíz-Gálvez Priego (Coord.).Barcelona 2001.

FÁBREGAS VALCARCE, RAMÓN. Los petroglifos y su contexto,un ejemplo de la Galicia Meridional. Vigo 2001.

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 229

GUITIÁN CASTROMIL, JORGE. Arte rupestre do Barbanza: aná-lise iconográfica e estilística de 99 petroglifos. Noia 2001.

HIDALGO CUÑARRO, JOSÉ MANUEL. Arte rupestre prehistóri-co no Eixo Atlántico. Vigo 2006.

DE LA PEÑA SANTOS, ANTONIO; REY GARCÍA, JOSÉMANUEL. “El espacio de la representación: el arte rupestregalaico desde una perspectiva territorial” en Pontevedra, nº10.Pontevedra 1993.

DE LA PEÑA SANTOS, ANTONIO; VÁZQUEZ VARELA,JOSÉ MANUEL. Los petroglifos gallegos: grabados rupestres prehis-tóricos al aire libre en Galicia. Sada 1996.

SANTOS ESTÉVEZ, MANUEL; TRONCOSO MELÉNDEZ,ANDRÉS. Reflexiones sobre arte rupestre; paisaje, forma y conteni-do. Santiago 2005.

VÁZQUEZ ROZAS, ROBERTO. “Los petroglifos gallegos, selec-ción de su emplazamiento y selección de las rocas grabadas” enActas del XXII Congreso Nacional de Arqueología, pp. 69-76. Vigo1993.

– “El espacio y la animación en los petroglifos gallegos” enGallaecia nº 13 (1992), pp. 51-68. Santiago 1992.

230

Gravados rupestres na Estrada; da Idade do Bronce aos nosos días

A ESTRADAmiscelánea histórica e cultural

02 A Estrada v. 11:02 A Estrada v. 11 14/3/11 21:01 Página 230