30
C) PROXECTO DE DIRECCIÓN Orde do 4 de febreiro de 2008 – D.O.G Nº 31 13-02-08 JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

C) PROXECTO DE DIRECCIÓN Orde do 4 de febreiro de 2008 – D.O.G Nº 31 13-02-08

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

Page 2: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

2

"Os nenos e nenas deben ser educados/as non para o presente, senon para unha

condición futura. Posiblemente mellorada, de maneira que se adapte a idea de humanidade e

ao seu destino."

Kant

Juan Luis Rivero Gallego

C.E.I.P. O Castiñeiro

R/ Castiñeiro 1, 32620 –Laza (Ourense)

Tel. – Fax.: 988 42 20 14

[email protected]

Page 3: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

3

ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN

2. XUSTIFICACIÓN

3. ANÁLISE DA SITUACIÓN DO CENTRO

4. GOBERNO DO CENTRO. LIÑA DE ACTUACIÓN

5. OBXECTIVOS

6. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA E ECONÓMICA

7. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

8. RELACIÓNS CON OUTRAS INSTITUCIÓNS

9. TEMPORALIZACIÓN

10. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

ANEXOS:

ANEXO I – CADROS RESUME

ANEXO II – PERFIL DO CANDIDATO

Page 4: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

4

Os tempos cambian, a sociedade evoluciona e cada vez pídese máis aos centros

docentes. Desta forma, o papel do director/a escolar faise máis e máis complexo. Xa non se trata

só de administrar correctamente os recursos e exercer con equidade a xefatura do persoal. Agora

hai que ser un líder pedagóxico e tamén fomentar a participación da Comunidade Educativa.

Pero aí non queda todo; á Dirección esíxeselle un equilibrio entre a estabilidade e o cambio,

pídeselle que manteña os aspectos positivos do centro e mobilíceos cara a un futuro mellor. É

máis que sabido que a dirección dun centro incide de forma clara nos resultados dos

alumnos/as.

Neste sentido, a acción do director/a no establecemento de metas claras e consensuadas,

coherentes cos fins do centro, constitúe un bo punto de partida que ten unha influencia indirecta

pero importante nos resultados escolares.

Ocorre isto cando o director/a entende as necesidades do centro, móstrase moi activo

pero é capaz de compartir a autoridade co seu equipo. Pero ademais, o liderado do director/a

non só debe diluírse no seu equipo directivo (no caso de habelo, non dándose no noso centro),

debe ser compartido co CLAUSTRO.

É neste contexto onde o funcionamento colectivo desempeña un papel de suma

importancia no concepto de calidade, onde o papel do director/a, convértese nunha función

fundamental e estratéxica para vertebrar a identidade do centro, e potenciar un proxecto

educativo coherente no que participen todos os sectores da Comunidade Educativa nunha liña

de traballo colectivo.

Por último sinalar que neste proxecto non se vai a facer en ningún momento unha crítica

nin ningunha referencia ao traballado feito pola dirección saínte, senón que se van a expor as

directrices que creo deben ser as idóneas e as adecuadas para o mellor funcionamento do centro.

1.- INTRODUCCIÓN

Page 5: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

5

En todos estes anos, ademais de ensinar, aprendín moito. Non deixei de participar en

cursos, xornadas e congresos, seminarios, etc., coordinei varios grupos de traballo,

seminarios permanentes e proxectos de innovación ademais de impartir varios cursos de novas

tecnoloxías tanto a mestres como a profesores. Fun varias veces titor, coordinador de ciclo, de

normalización lingüística e de actividades extraescolares, ademais de secretario durante tres

cursos. (Anexo II)

Actualmente desempeño o cargo de Coordinador de Normalización Lingüística. Creo

profundamente na escola pública de calidade e sobre todo ilusióname o meu traballo. A

conxunción de preparación, experiencia, tempo, e ilusión, ademais de crer profundamente no

meu pobo, nos seus nenos/as e no seu potencial, xunto coa necesidade de formalos leváronme

a presentar a miña candidatura.

Ao elaborar un proxecto de Xestión e Dirección para este centro educativo, movéronme

tres razóns básicas:

En primeiro lugar, a necesidade de impulsar un traballo en equipo con proxectos que

permitan unha nova forma de detectar problemas do centro, planificar estratexias de mellora e

avaliar as nosas accións, todo iso a partir do coñecemento que fun adquirindo ó longo destes

anos e sobre todo desde o cargo de secretario.

En segundo lugar, xestionar proxectos co fin posto na mellora da calidade do centro

educativo.

Penso que un Proxecto de Dirección débese caracterizar por ser un documento de

xestión que sirva como referencia a toda a planificación e á organización, dando vida e sentido

desde aquí ao funcionamento global do noso colexio.

2.- XUSTIFICACIÓN

Page 6: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

6

E por último as miñas crenzas persoais neste pobo e na súa xente, ao ser nado aquí,

vertebrando o centro como impulsor de cultura e formación, como un centro aberto ao pobo no

que xorden as súas raíces e se da cabida a todo tipo de proxectos que repercutan positivamente

nos nenos e nenas e nas xentes que aquí viven, participando en proxectos culturais, deportivos,

recreativos, etc. e integrando o centro na vida da xente, un centro para o pobo e un pobo para o

centro.

O C.E.I.P. O Castiñeiro, situado no pobo de Laza, ten actualmente unha matrícula de 32

alumnos/as, procedentes, na súa maioría, de familias cunha situación socioeconómica que se

pode considerar de nivel medio, presenta unhas características xerais e especificas claramente

definidas, coas que viñemos traballando os titores/as e nas que temos que seguir insistindo para

lograr que os alumnos/as teñan un rendemento positivo.

A disminución do número de alumnos/as foise notando paulatinamente, fomos pasando

actualmente a ter 1 unidade de Infantil e 3 de Primaria. Introducir novos parámetros de

calidade será imprescindible para consolidalo como un centro de referencia do ensino público

para captar alumnado e evitar que os alumnos/as emigren a outros centros da comarca.

Unha particularidade do noso centro é que conta con dous edificios, afastados entre si

uns 70 metros, un, edificio principal, grupo escolar, e o outro, escolas vellas do pobo, utilizado

antigamente polos alumnos/as de infantil cando a matrícula do centro chegaba alá polos 300

alumnos/as e agora que está en desuso, pero que dado que está dentro do recinto educativo e en

mal estado non pode ser utilizado para outras labores, polo que compre negociar coas

administracións para buscar unha solución axeitada para todos/as.

O edificio principal, construído aproximadamente en 1978 é xa antigo, sométese ano

tras ano a pequenos lavados de face e a adaptacións ás novas situacións e cambios que grazas

exclusivamente as inquietudes dos titores e titoras do centro foron requiridas para outras labores

como son a bliblioteca-sala de informática (existía unha pequena biblioteca duns 15 m² en

3. ANÁLISE DA SITUACIÓN DO CENTRO

Page 7: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

7

desuso), aula de infantil, aula de música e de inglés, e que continuamente xera a nosa sociedade

actual: incorporación de alumnos/as desde os tres anos, que ademais deberían ser adaptados

para tamén realizar un amplo abanico de actividades e servizos complementarios do labor

educativo: comedor, aula matinal , actividades extraescolares, biblioteca, informática,

ximnasio, aula de preescolar na casa que deberían ser ofertados e abertos non so a toda a

comunidade educativa, senón tamén a todos os veciños do pobo ou concello, logo de rigoroso

control, e que hoxe non están dispoñibles, pero que están na mente de todos e que logo exporei

neste proxecto.

Por falta de espazos adaptados a determinadas actividades temos sempre a nosa

disposición grazas a colaboración do concello o Pavillón polideportivo municipal e o salón de

actos culturais da Casa do Concello de Laza, que é utilizado en numerosísimas ocasións polo

mestres e mestras do centro.

O colexio, como Centro organizado conta cunha serie de proxectos desactualizados e

incompletos Proxecto Educativo, cun Proxecto Curricular e o Regulamento de Réxime interno,

confeccionados de forma aberta que non están sendo actualizados continuamente pero que

compre que sexan actualizados. Estes son documentos nos que se cimenta todo o traballo que

con posterioridade se ten que efectuar.

Partindo da base da realidade do Centro, das súas estructuras, do traballo realizado, do

profesorado e contando coa colaboración dos pais e do Consello Escolar, o Proxecto que se ten

que desenvolver debe estar baseado no coñecemento das necesidades reais, problemas,

carencias, novas necesidades e amplitude de miras con respecto ao seu futuro.

Logo de moitos anos vivindo o día a día do Centro, coa súa problemática e facer diario,

co presente proxecto pretendo lograr que o Centro sexa o elemento básico e punto de apoio para

que os nosos alumnos/as atopen un lugar cómodo e agradable onde desenvolvan a

convivencia cos seus compañeiros e consigan os medios adecuados para que a súa formación

sexa o máis completa posible.

Page 8: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

8

O Centro ten que ser o primeiro paso na súa formación con vistas a lograr as metas que

cada un propóñase. Temos que lograr que os nosos alumnos/as intégrense na sociedade con

preparación e optimismo, con ganas de traballar e conseguir unha sociedade máis xusta e

equitativa.

Para conseguir que o presente proxecto póidase levar a cabo é imprescindible contar

cuns alicerces fundamentais, sen os cales todo sería pura teoría afastada da realidade. Estes

alicerces fundamentais son:

A.- Profesorado B.- Os Alumnos/as C.- Os Pais

A.- Dos profesores: o profesorado como eixo fundamental na formación dos nosos

alumnos/as, ademais da preparación que se lles supón polos estudos realizados, estarán

motivados e integrados nos diferentes proxectos, que os vexan como algo propio e transmitan

así a súa motivación e ilusión. O profesorado do Centro implicarase nas actividades e

proxectos que se realicen porque o camiño que se percorra para elixir os mellores proxectos será

a través do traballo en equipo e do consenso.

B.- O Claustro de Profesores debe exercer como órgano decisorio en todas as

cuestións pedagóxicas.

A organización xeral do Centro proporcionará actividades que permitan aos profesores

atopar satisfaccións e desenvolver as súas potencialidades de ser creativos nos seus traballos,

todo iso márcame un estilo de liderado capaz de crer nas persoas, nas súas capacidades e no seu

interese por exercelas no marco do Centro. A vida no colexio consistirá nas relacións que cada

unha das persoas que o integran establecen entre si. A cordialidade e a confianza son os eixes

nos que baseamos as interrelacións que se produce a nivel de toda a Comunidade Educativa.

Favorecendo e apoiando as iniciativas que redunden en beneficio da comunidade

educativa. En todo caso a vida do colexio é sempre algo máis que unha mera suma dos seus

integrantes, a dinámica que se xera nas interactuacións duns con outros depende de múltiples

factores que implican integramente ás persoas que forman parte do Centro.

Page 9: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

9

Desde esta perspectiva a aplicación do proxecto poden concibirse como un proceso de

profesionalidade dos profesores/as que consideran que a crecente complexidade do ensino e a

aprendizaxe require deterse a observar que sucede concretamente nas aulas e nas relacións dos

alumnos/as e os profesores entre si e dentro do grupo.

A observación polos profesores da realidade concreta do Centro, merece a todo bo

profesional docente unha opinión, unha valoración, a apreciación de, en que medida o Centro

resulta satisfactorio e útil para os alumnos/as. Na formación dun xuízo sobre como marcha o

noso Centro, aparece explícita ou implicitamente que “idea” ten cada cal da educación, a

formación e a misión da escola.

C.- Dos alumnos/as: as primeiras vivencias dos nenos/as desenvólvense na familia,

onde se establece unha estreita relación.

Esta relación proporciona ao neno seguridade o cal faille sentirse relaxado no seu

pequeno mundo familiar. Esta relación de benestar permítelle interesarse polo que lle rodea,

investigar, recoñecer, probar, etc., en definitiva: APRENDER.

Esta situación pracenteira e lúdica cambia cando se intenta incorporar ao neno a outro

mundo: a Comunidade Educativa.

O profesor coñecedor de toda a problemática infantil debe romper esas ideas

preconcibidas dos alumnos/as, ser o observador e animador, abandonando o papel directivo

para deixar aos pequenos a posibilidade de autorregular o seu comportamento.

O Centro recibe aos alumnos/as á idade de tres anos e traballaremos con eles ata os doce

anos. Á idade en que recibimos aos alumnos/as todo é novo, onde lles poderemos formar e

moldear, onde lle imos a dar unha serie de pautas e normas que lle serán fundamentais no

desenvolvemento da súa vida.

O profesor motivado e ilusionado co seu traballo ten a materia prima garantida para facer

un traballo educativo serio e reconfortante. Os alumnos/as son como esponxas que absorben

todo o que se lles ensina, tanto en sentido positivo como no negativo. Debemos pensar que

Page 10: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

10

estamos traballando coas futuras xeracións dunha sociedade que camiñará segundo as

directrices duns dirixentes que nós formamos.

Os pais son elementos básicos no traballo que se realice no Centro. Sen eles non hai

proxecto educativo que se poida levar a cabo con garantías. Son os primeiros mestres.

Os pais deben ser os primeiros colaboradores do profesor. Para lograr esta conexión

debemos ser receptivos e ter contactos permanentes, ter un centro aberto onde sentan

cómodos e participativos dun proxecto que ten como finalidade a preparación e formación dos

seus fillos.

Para conseguir a incorporación dos pais como membros activos da comunidade

escolar traballarase en tres planos:

FORMACIÓN - Información

INTERVENCIÓN - Participación

AVALIACIÓN - Reflexión

A Formación-Información realizarase a través dunha ampla información sobre todo

aquilo que se relaciona coa escola dos seus fillos. Esta información comeza desde principios do

curso, onde en reunións titoriais informaráselles sobre os plans xerais, metodoloxía, as

actividades, funcionamento, normativas, necesidades, melloras, avaliacións, etc.

O programa que se presenta é participativo, flexible e receptivo ás diversas propostas.

A nós cábenos a responsabilidade de axuntar os esforzos, limar as diferenzas e conciliar os

contrastes.

4. GOBERNO DO CENTRO: LIÑA DE ACTUACIÓN

Page 11: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

11

A liña de actuación deste proxecto será aberta, de axuda e colaboración con todo o

profesorado e impulsaranse os acordos de claustro para todos os temas da súa competencia.

Dirixirá e coordinará o centro exercendo as súas funcións sen imposicións, pero con

autoridade pedagóxica.

Ademais das funcións directivas que o director ten ten asignadas por lei, márcanse

como obxectivos prioritarios:

1. A dinamización dos órganos de goberno e coordinación docente. Impulsarase

a participación nestes órganos de todos os colectivos da comunidade educativa.

2. Xestionará os recursos humanos e materiais para proporcionar unha oferta

educativa ampla e axustada ás demandas sociais.

3. Impulsarase a posta en marcha de programas e iniciativas de innovación e de

formación que melloren o funcionamento do centro.

4. Dispoñibilidade para atender ao alumnado, familia, etc., ofrecendo información

e respostas ás súas demandas.

5. Celebración de reunións ou encontros periódicas da Dirección coa

Asociacións de Pais e Nais (ANPA).

6. Compromiso de actualización do taboleiro de anuncios, e do espazo web de

calidade.(Espazo web que se pon en marcha este ano grazas a un seminario de

formación no que participan os titores/as do centro)

7. Apoiar todas as iniciativas innovadoras, colaborando na súa programación,

desenvolvemento e avaliación.

8. Potenciar as iniciativas e decisións do Claustro de profesores.

Page 12: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

12

9. Pór todos os medios ao alcance da Dirección, realizar un contacto directo e un

seguimento coas partes interesadas para solucionar de xeito satisfactorio e

definitiva os problemas do edificio das escolas vellas.

A.- OBXECTIVOS XERAIS

1. Crear uns acenos de identidade do centro.

2. Fomento das relacións humanas.

3. Participación de todos os sectores da comunidade educativa no ámbito das súas

competencias e responsabilidades.

4. Avaliación e inspección do conxunto do Sistema Educativo do Centro, tanto no

seu deseño como na súa organización e procesos de ensino-aprendizaxe.

5. Integración de todos os sectores educativos: profesores/as, alumnos/as,

pais/nais, persoal non docente e institucións.

6. Potenciar o traballo do profesorado.

7. A equidade, para garantir a igualdade de oportunidades de calidade educativa,

para conseguir o pleno desenvolvemento da personalidade dos nosos alumnos/as

a través da educación, no respecto aos principios democráticos e aos dereitos e

liberdades fundamentais.

8. A participación dos distintos sectores da comunidade educativa, no ámbito das

súas correspondentes competencias e responsabilidades, no desenvolvemento da

actividade escolar no Centro, promovendo, especialmente, o necesario clima de

convivencia e estudo.

5. OBXECTIVOS

Page 13: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

13

9. A consideración da responsabilidade e do esforzo como elementos esenciais do

proceso educativo.

10. Fomentar o hábito da lectura como fonte de pracer, de información, de

aprendizaxe e de enriquecemento lingüístico e persoal.

11. Articular medidas de acollida e integración que eviten o bloqueo afectivo e

comunicativo dos alumnos/as emigrantes, desenvolvendo os valores como a

tolerancia.

12. Crear contextos adecuados para a socialización dos alumnos/as emigrantes.

13. Fomentar a participación das familias, como baza crave para garantir un maior

éxito nunha adecuada integración.

14. Motivación en actividades tales como: Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do libro,

etc.

B.- OBXECTIVOS DO CONTORNO E DE XESTIÓN.

1. Animar aos pais a unha maior integración co centro.

2. Colaborar coa Asociacións de pais na realización de todo o que beneficie ao

centro e ao concello.

3. Fomentar as normas de limpeza e convivencia entre os alumnos/as e veciños

do concello.

4. Intentar conseguir novos recursos que faciliten o labor pedagóxico.

5. Acondicionar o centro para o desenvolvemento de diferentes actividades

culturais.

6. Informar por medio de circulares das actividades do Centro.

Page 14: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

14

C.- OBXECTIVOS ORGANIZATIVOS

a. Potenciar o traballo de equipo mediante reunións de ciclo e nivel.

b. Elaboración dun calendario de traballo fose do aula establecendo coordinación

entre os distintos equipos de traballo.

c. Dinamizar as canles para a comunicación e información internas mediante

reunións de pais, claustros, etc.

d. Organizar semanas culturais.

e. Facilitar a realización de proxectos de mellora de funcionamento do centro por

parte de calquera sector da Comunidade Educativa.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

1. Achegar o noso traballo aos pais. Facilitar a comunicación académica.

2. Facer partícipes aos pais dos plans de avaliación.

3. Coñecer a realidade social do contorno como primeiro paso do proceso

educativo.

4. Realizar unha avaliación inicial do alumno ao comezo de curso e en función

diso elaborar a programación de aula.

5. Facer fincapé na recuperación dos alumnos/as como parte do proceso de

avaliación continua.

6. Actuación dos profesores segundo unha programación establecida.

7. Pór en práctica un plan de titorías confeccionado e executado con rigor,

solicitando a colaboración do Servizo de Orientación.

Page 15: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

15

8. Fomentar a limpeza e embelecemento do centro.

9. Revitalizar as sesións de avaliación en todos os niveis, como instrumento de

coñecemento e valoración do alumnado.

10. Prestar especial atención ao tratamento dos alumnos/as con necesidades

educativas especiais, no caso se se dar.

11. Potenciación das bibliotecas de aula e de Centro.

12. Participación en programas de fomento da lectura.

O centro administrativamente funcionará tendo como basee o Consello Escolar e o

Claustro. Outros órganos administrativos son: Equipos de Ciclo, Observatorio da Convivencia

(aínda sen facer) e Xunta Económica.

Todos estes órganos terán unha planificación e temporalización en cada unha das súas

actividades.

A xestión económica do centro está supeditada aos recursos económicos asignados

pola Consellería de Educación para Gastos de Funcionamento e outros gastos como:

comedor escolar, actividades extraescolares. Ademais das partidas destinadas bolsas e libros

gratuítos.

A xestión económica ademais do seguimento e da responsabilidade do director estará

supervisada polo Consello Escolar e a Xunta Económica.

Pola miña situación actual por lei se substituír ao director na súa ausencia (como xa

pasou no 1º trimestre do curso, por baixa deste) e en función do coñecemento que fun

6. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA E ECONÓMICA

Page 16: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

16

adquirindo durante os catro últimos anos estou en condicións de ofrecer unha proposta de

mellora dos recursos de que dispomos, de optimizalos para que a súa distribución chegue a

apreciarse e coñecer pola Comunidade Educativa, todo en función das necesidades que o

colectivo priorice. Para iso crearase unha Comisión de Recursos representativa de todos os

sectores que terá como misión detectar e xerarquizar as necesidades do centro e dar a súa

valoración sobre investimentos puntuais. As súas achegas serán tidas en conta polos xestores

económicos natos.

Entendendo por tales as que dan lugar ao centro como un Centro de Portas Abertas.

O comedor, que pasou de ser en moi pouco tempo un servizo que comezou como unha

proposta de calidade que deseñou a ANPA e na que para a súa aprobación polo Consello

Escolar colaborou o Claustro en animar aos pais a usalo, alcanza xa neste curso unha media

diaria de 32 alumnos/as; require unha mellora na súa planificación e consideración marcando o

valor educativo que debe ter, sempre dando prioridade ao proxecto proposto pola ANPA e coa

sua mellora na introducción de alimentos ecolóxicos.

As Actividades Extraescolares, require darlle a consideración educativa que lle

corresponde, para iso haberá que facer referencia aos seus obxectivos no Plan de Centro. Estas

actividades ademais de estar relacionadas co currículo escolar estarán encamiñadas a conseguir

a formación máis completa dos nosos alumnos/as, así como relacionarlles co contorno.

As relacións coa comunidade educativa e coa contorna serán abertas e cordiais.

Co Concello de Laza debe haber e fomentarase un dialogo fluído para solucionar os

problemas de mantemento do noso centro así como de cooperación e dispoñibilidade por parte

7. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

8. RELACIÓNS CON OUTRAS INSTITUCIÓNS

Page 17: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

17

do Centro en todas as actividades que realice tanto o Concello como diferentes colectivos do

pobo e do concello ao redor da nosoa Comunidade Escolar.

A procura da consecución dos obxectivos propostos requirirá o período completo de

lexislatura marcado pola normativa. Anualmente farase unha valoración que se fará pública

entre a comunidade educativa.

No anexo I figura de tallada esta temporalización.

Como pode observarse no cadro-resumo deste Proxecto de Dirección (ver Anexo I)

inclúese nel a temporalización do mesmo.

Este proxecto terá dúas fases. É por iso que con unha periodicidade semestral irase

vendo se eses obxectivos se acadan, para poder introducir as correccións necesarias no caso de

non ser así, e mesmo revisar os tempos se fose necesario.

Esta primeira fase sería polo tanto unha avaliación de seguimento de cada un dos

obxectivos do Proxecto e das súas propostas de actuación.

Ao final de cada curso a Memoria Xeral Anual serviranos tamén para continuar con esta

avaliación de seguimento.

Ao final do período que establece a normativa para a duración do mandato das

direccións dos centros escolares levarase a cabo unha avaliación final de cada un dos

obxectivos, así como unha valoración global do proxecto e da xestión levada a cabo no Centro

9. TEMPORALIZACIÓN

10. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

Page 18: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

18

durante ese mesmo período. A avaliación plasmarase nun informe que se ofrecerá á

comunidade educativa do centro.

Para esta avaliación deseñaranse fichas/enquisas nas que se recollan as valoracións dos

membros do Claustro e do Consello Escolar.

Page 19: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

19

ANÁLISE PREVIA OBXECTIVOS PROPOSTAS TEMPORALIZACIÓN

XER

AL

Actualidade do PEC Ter un marco de definición actualizado dos obxectivos do Centro

Actualización do PEC 1º ano

Actualidade do PCC Manter actualizado o PCC Centro Actualización do PCC 2º ano Disfuncións no funcionamento dos órganos colexiados

Acadar un funcionamento áxil dos órganos colexiados que facilite a participación dos membros da comunidade educativa

Aplicar os regulamentos de funcionamento dos órganos colexiados. Período 2008-2011

Seguimento anual

Dificultades na comunicación co/entre persoal do Centro

Conseguir unha comunicación efectiva, áxil e sinxela entre o persoal do Centro

Elaboración e distribución de informes de dirección entre todos os membros do Centro. 1º trimestre 2008/09

Actualidade da ANPA

Renovación e participación da ANPA Animar e facilitar a renovación da ANPA e fomento captación membros Período 2008-2011

Actualidade do Plan de Autoprotección do Centro

Actualizar e dar a coñecer o Plan de Autoprotección do Centro

Actualización, en colaboración con Protección Civil do Plan de Autoprotección Realización de simulacros de evacuación do Centro

1º ano

Inadecuada distribución de espacios

Mellor utilización das instalacións do Centro

Redistribución dos espacios, utilizando criterios pedagóxicos e de racionalización dos espazos 1º trimestre 2008/09

Renovación de vestiarios e duchas

Renovación no Centro das duchas e vestiarios

Solicitar da administración a educativa a renovación destas instalacións

Período 2008-2011

Seguimento anual

ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO

ANEXO I -CADROS RESUME

Page 20: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

20

Valado de peche do patio de altura insuficiente

Mellorar a altura do valado de peche do patio do colexio

Solicitar da administración competente a mellora do peche do patio

Período 2008-2011

Seguimento anual

ANÁLISE PREVIA OBXECTIVOS PROPOSTAS TEMPORALIZACIÓN

XER

AL

Patio cuberto non axeitado

Dotar o colexio dun espazo cuberto máis adaptado

Solicitar á administración a adaptabilidade do chan.

Período 2008-2011

Seguimento anual Inadecuado emprazamento próximo do estacionamento dos autobuses

Conseguir un estacionamento dos autobuses o mais proximo posible á entrada do colexio

Solicitar do Concello a creación dunha beirarrúa ao lado da fachada do actual patio cuberto así como a apertura dunha porta cara o mesmo ou chegar a un consenso logo de oir as propostas

Período 2008-2011

Seguimento anual

AC

AD

ÉMIC

O

Problemas de convivencia no patio

Facer do patio un espacio educativo e aproveitar as posibilidades do xogo para aprender a convivir

Organizar distintas zonas de xogos no patio adecuadas as diferentes idades dos alumnos/as 1º ano

Porcentaxe de alumnos e alumnas (10%) con dificultades de aprendizaxe

Tentar paliar, dentro do posible, as dificultades que presentan este tipo de alumnos/as

Deseño e posta en funcionamento dun plan de apoios no Centro, complementario ao traballo das aulas especificas de apoio os alumnos/as con NEE (no caso de existir)

1º trimestre 2008/09

Escaso aproveitamento dos recursos de novas tecnoloxías con que conta o Centro

Dotar aos alumnos/as e alumnas de competencias na búsqueda e tratamento da información e competencia dixital

Deseño e posta en marcha dun Plan TIC (plan de integración das tecnoloxías da información e da comunicación) Período 2008-2011

Page 21: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

21

Escasa utilización e dotación da biblioteca do Centro

Dinamizar a biblioteca do centro e facer dela un lugar de uso habitual converténdoa nun recurso didáctico de primeira orde

Deseño dun Plan Lector que potencie o uso da biblioteca como medio para fomentar a lectura e a adquisición de competencias básicas

Período 2008-2011

ANÁLISE PREVIA OBXECTIVOS PROPOSTAS TEMPORALIZACIÓN

AC

AD

ÉMIC

O

Absentismo escolar Reducir, e se é posible, acabar co absentismo escolar

Deseño e posta en marcha, en colaboración cos servicios sociais do Concello , dun protocolo de actuación ante este problema 1º ano

Falta de inventario de recursos didácticos cos que conta o Centro

Dar a coñecer ao claustro os recursos materiais de uso didáctico para un mellor aproveitamento e uso do mesmo

Elaboración e difusión entre os membros do claustro dun inventario de recursos didácticos Creación dunha aula de recursos 1º e 2º ano

Aula de audiovisuais pouco funcional

Mellorar a aula de audiovisuais Solicitar á administración competente a adecuación do local destinado á aula de audiovisuais Elaboración dun inventario dos recursos audiovisuais existentes no centro para unha posterior difusión do mesmo

1º e 2º ano

Inadecuación dos horarios ás necesidades do Centro

Dotar ao Centro duns horarios que permitan levar a cabo o plan de apoios, e mais as posibles substitucións do profesorado.

Análise de necesidades e elaboración dos horarios tendo en conta estas premisas 1ª semana do

Curso 2008 / 09

Page 22: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

22

Disrupcións nos accesos ao comedor

Mellorar as rutinas de acceso ao comedor Mellorar os hábitos de comportamento á hora de comer

Organización dos accesos dos alumnos e alumnas ao comedor escolar Introducción paulatina de normas de comportamento no comedor escolar

Período 2008-2011

Disparidade entre os cursos dun mesmo nivel

Procurar a equiparación o mais equitativa posible entre os diferentes grupos dun mesmo nivel

Aplicar criterios consensuados na adscrición de alumnos/as aos diferentes grupos de xeito que estes sexan o máis equitativos posible

1ª semana do Curso 2008 / 09

Problemas nos cambios de clase

Evitar as disrupcións nos cambios de clase

Facer uso do timbre para que os cambios de sesión se realicen de xeito máis sincronizado

1ª semana do Curso 2008 / 09

ANÁLISE PREVIA OBXECTIVOS PROPOSTAS TEMPORALIZACIÓN

DIR

ECC

IÓN

Organiza as actividades de carácter académico

Potenciar as funcións de coordinación docente. Establecer medidas para mellorar o traballo en equipo do persoal docente

Propoñer protocolos de actuación para os equipos de ciclo e as titorías: directrices para a revisión de proxectos curriculares, programacións ..

Período 2008-2011

Seguimento anual

C.C

.P. Escasa incidencia no

funcionamento do Centro

Mellorar e dinamizar o funcionamento dos equipos docentes

Convocar a reunións do profesorado con periodicidade Elaborar protocolos de actuación: revisión de programacións e proxectos curriculares

Período 2008-2011

Seguimento anual

EQU

IPO

S C

ICLO

Escaso dinamismo Mellorar o funcionamento dos equipos Revisar as programacións didácticas para adecualas ao novo DCB (Deseño Curricular Base) Período 2008-2011

Seguimento anual

Page 23: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

23

TITO

RÍA

S Ocúpanse das relacións coas familias e do seguimento cos alumnos/as así como da súa orientación académica en colaboración co departamento de orientación

Mellorar, dentro do posible a función titorial

Elaboración dun PAT (plan de acción titorial)

Período 2008-2011

Seguimento anual

DEP

AR

TO.

DE

OR

IEN

TAC

IÓN

Encárgase da atención de alumnos/as con NEE (en caso de habelos)

Analizar as necesidades educativas dos nosos alumnos/as para unha mellor atención aos mesmos Tentar de incrementar as relacións co Equipo de Orientación Específico

Deseñar estratexias e elaborar plans de traballo para paliar as dificultades de aprendizaxe dos alumnos/as Período 2008-2011

Seguimento anual

ANÁLISE PREVIA OBXECTIVOS PROPOSTAS TEMPORALIZACIÓN

DPT

O. D

E N

OR

MA

LIZA

CIÓ

N Preocúpase de

fomentar o coñecemento e uso da lingua galega e do cumprimento da normativa sobre a mesma

Potenciar o uso do galego como lingua vehicular entre todos os membros da comunidade educativa Colaborar na revisión e actualización dos documentos do Centro: PEC, PCC, PAT …

Realización de concursos ao longo do curso aproveitando a celebración de datas sinaladas (magosto, entroido …) Mellora na elaboración e distribución da revista escolar en lingua Galega Colaborar na creación dunha páxina Web para o Centro

Período 2008-2011

Seguimento anual

Page 24: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

24

EQU

IPO

. AC

TIV

I. C

OM

PLEM

ENTA

RIA

S Encárgase da organización e coordinación de actividades complementarias e extraescolares.

Coordinar e dinamizar a realización das actividades complementarias e extraescolares fixadas no Plan Xeral Anual

Creación de distintas comisións que colaboren co coordinador/a nas diferentes actividades propostas polo Claustro recollidas no Plan Xeral Anual

Período 2008-2011

Seguimento anual

CO

NV

IVEN

CIA

ESC

OLA

R Creación no Centro dun grupo de traballo de formación en Centros sobre convivencia escolar

Mellorar, dentro do posible , a convivencia no Centro

Creación dun Observatorio de Convivencia no Centro, para adecuarnos á normativa que se prevé entre en vigor no vindeiro curso Elaboración dun Plan de Convivencia de acordo coas directrices da LOE (Articulo 124) Período 2008-2011

Seguimento anual

ANÁLISE PREVIA OBXECTIVOS PROPOSTAS TEMPORALIZACIÓN

PRO

GR

AM

AS O Centro esta a

participar no Plan PROA

Tratar de manter a participación do Centro neste plan cara os vindeiros anos

Solicitar, en tempo e forma, á administración educativa a concesión deste plan en cursos vindeiros

Período 2008-2011

Seguimento anual

Page 25: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

25

Participación do Centro no Plan VALORA

Tentar de conseguir a continuidade da participación neste Plan nos próximos cursos

Solicitar dos organismos correspondentes o mantemento da inclusión do colexio neste Plan

Período 2008-2011

Seguimento anual

Non existencia proxecto anticipación 1ª lingua estranxeira 2º ciclo infantil

Iniciar o alumnado no contacto temperán coa lingua inglesa, por ser esta a primeira lingua estranxeira de estudo maioritario.

Estudar a viabilidade de participar neste proxecto

1º ano

Outros plan de innovación educativa

Ver a posibilidade da participación do Centro noutros plans de innovación

Estudar a viabilidade de participar noutros plans e/ou proxectos de innovación educativa Período 2008-2011

Seguimento anual

AD

MIN

ISTR

AC

IÓN

Escaso ou ningúi uso dos recursos informáticos de administración e xestión que a administración pon ao alcance dos centros

Informatizar os procesos de administración e xestión do Centro

Facilitar ao claustro información sobre as posibilidades dos programas de administración e xestión facilitados pola Consellería: XADE Animar ao uso destes programas e facer emprego dos mesmos

Período 2008-2011

Seguimento anual

Page 26: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

26

REL

AC

IÓN

CO

AS

FAM

ILIA

S Escasa ou ningunha comunicación familias-Centro

Estructurar canles de comunicación axeitadas entre a escola e as familias

Establecer un calendario de reunións cos pais/nais a nivel de grupo Elaborar protocolos de intercambio de información Posta en práctica de actividades encamiñadas a favorecer e fortalecer a convivencia Ver a posibilidade de realizar xornadas/actividades de portas abertas

Período 2008-2011

Seguimento anual

ANÁLISE PREVIA OBXECTIVOS PROPOSTAS TEMPORALIZACIÓN

REL

AC

IÓN

S C

O E

NTO

RN

O

Escasa relación cos centros educativos da comarca e co IES ao que estamos adscritos.

Mellorar e intensificar as relacións cos centros adscritos

Invitar a outros centros educativos ao noso Centro a que realicen algunha visita ou actividade Facilitar a visita dos nosos alumnos/as ao IES “Castro de Baroncelli”

1º ano

Existencia na zona dun CFR (Centro de Formación e Recursos)

Contribuír a mellora da formación permanente do profesorado

Formación de Grupos de Traballo/ Seminarios/ Proxectos de formación e Asesoramento en centros que contribúan á mellora da formación permanente do profesorado. Nomeamento dun coordinador/a que se encargue de manter canles de comunicación fluídas entre o Centro e o CFR.

Período 2008-2011

Seguimento anual

Page 27: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

27

Participación en actividades coas Asociación Culturais de todo Concello

Fomento da participación dos alumnos/as en actividades organizadas polas asociación culturais existentes en todo o Concello de Laza

Creación dunha comisión que valores te apartado e o seu seguimento

1º ano

Page 28: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

28

ANEXO I I

Mestre Diplomado en Maxisterio pola especialidades de Ciencias, oposición por

Educación Física. Conta coa habilitación de Educación Física, Matemáticas e

Ciencias Naturais para o 1º Ciclo da E.S.O.

Funcionario de carreira do corpo de mestres e mestre en exercicio desde 1.997, no

CEIP “O Castiñeiro” nos cursos 1997-1998, 2.000-2.001 como provisional desde o

ano 2004 no CEIP como definitivo.

Secretario do CEIP “Vendas da Barreira” en O Ríos durante 3 cursos, dende 2001

ata 2004.

Coordinador do Normalización Lingüística no CEIP “O Castiñeiro” durante 2

cursos, incluíndo o actual.

Coordinador do Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias no CEIP

“O Castiñeiro” durante un curso.

Coordinador de Ciclo no durante catro cursos, 2 veces no CEIP “O Castiñeiro” .

Conta con habilitación da Administración Educativa para o exercicio da dirección

de conformidade co establecido no Decreto 176/1996.

Conta ademais con aproximadamente 37 cursos de formación contíua entre os cabe

destacar:

COMO COORDINADOR

o SEMINARIO PERMANENTE, “A BIBLIOTECA COMO FERRAMENTA

EDUCATIVA”

o SEMINARIO PERMANENTE, “CREACIÓN DE ACTIVIDADES CON

CLIC”

COMO PONENTE

PERFIL DO CANDIDATO A DIRECTOR

FORMACIÓN CONTÍNUA DE INTERÉS

Page 29: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

29

o Curso, “INTRODUCCIÓN Ó MANEXO DE ORDENADOR, NIVEL I”

o Curso, “INTRODUCCIÓN AO MANEXO DE ORDENADORES, NIVEL II”

o Encontros, EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA OURENSE –

GRUPO A - B

o Encontros, EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA VERÍN

COMO PARTICIPANTE

o Curso, “FORMACIÓN PARA O EXERCICIO DA DIRECCIÓN NOS

CENTROS DOCENTES NON UNIVERSITAROS”

o Curso, “XORNADA DE AUTOPROTECCIÓN ESCOLAR”

o Curso, “A XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ACADÉMICA DOS CENTROS

DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA – XADE WEB”

o Curso, “A XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ACADÉMICA DOS CENTROS

DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA – XADE CENTROS”

o Grupo de Traballo, “APLICACIÓN DIDÁCTICA DAS TECNOLOXÍAS DA

INFORMACIÓN

o Curso, “ACCIÓN TITORIAL E ORIENTACIÓN ESCOLAR”

PREMIOS

o Premios SIEGA 2003, ACCÉSIT, MODALIDADE C// CATEGORÍA 1 –

GALERÍA DE IMAXES EN CONTORNO WEB

Page 30: PROXECTO DE DIRECCIÓN CEIP O CASTIÑEIRO 2008

PROXECTO DE DIRECCIÓN – C.E.I.P. O CASTIÑEIRO

JUAN LUIS RIVERO GALLEGO

30

"Profesional non é o que obten un título, senón o que sabe valorar aos demáis polo que son."

Anónimo

Laza a 4 de Marzo de 2008-03-05

Asdo: Juan Luis Rivero Gallego