Upload
others
View
10
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
2015-16
PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. IES DE CARRAL
2
ÍNDICE
Páxina
1. INTRODUCIÓN 3
2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO 6
3. LINGUA QUE SE DEBE EMPREGAR NAS DIFERENTES MATERIAS 22
4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA QUE O ALUMNADO CON INSUFICIENTE
DOMINIO DAS LINGUAS POIDA SEGUIR CON APROVEITAMENTO AS
ENSINANZAS QUE SE LLE IMPARTEN
24
5. OBXECTIVOS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DA LINGUA
GALEGA
25
5.1. OBXECTIVOS 25
5.2. PROPOSTAS DE ACTUACIÓN PARA A DINAMIZACIÓN DA LINGUA
GALEGA
29
6. OBXECTIVOS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DAS
LINGUAS ESTRANXEIRAS
40
7. RECURSOS E MATERIAIS 42
8. AVALIACIÓN 42
9. ANEXOS 43
3
1. INTRODUCIÓN
O IES de Carral é un centro de nova creación. Comezou a funcionar en
setembro de 2015. Entre as tarefas que nos propuxemos realizar este curso
está a redacción do Proxecto Lingüístico de Centro, cumprindo o Decreto
79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Estes son
os artigos que se refiren ao PLC nos IES:
Artigo 14º.-Proxecto lingüístico de centro.
1. Cada centro, dentro do seu proxecto educativo, elaborará o seu proxecto
lingüístico cada catro cursos escolares, no cal se fará constar:
a) A decisión do centro educativo respecto da lingua en que se impartirán
as materias de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e
bacharelato.
b) En educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato,
as medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o suficiente
dominio das linguas poida seguir con aproveitamento as ensinanzas
que se lle imparten.
d) Os obxectivos xerais e as liñas de actuación deseñadas polo centro
para o fomento da lingua galega.
2. O proxecto lingüístico será redactado por unha comisión do profesorado
do centro, nomeada polo equipo directivo e oída a comisión de
coordinación pedagóxica. Formarán parte dela, como mínimo, os xefes/as
dos departamentos de linguas e o coordinador(a) do equipo de
dinamización da lingua galega. Será aprobado e avaliado polo consello
escolar do centro educativo.
3. Este proxecto remitiráselles cada catro cursos escolares aos servizos da
inspección educativa, que velarán para que o seu contido se axuste a
este decreto e ao desenvolvemento da Lei orgánica de educación.
4. Anualmente, elaborarase unha addenda do proxecto lingüístico na cal
conste:
4
2. En todos os centros en que haxa unha modificación na impartición de
materias en lingua(s) estranxeira(s), información sobre os cambios
aprobados polo centro e autorizados pola consellería competente en
materia de educación.
3. En todos os centros, información e valoración dos programas e
actividades para o fomento e dinamización da lingua galega realizados
polo centro educativo no curso anterior e información do que se vai
desenvolver no curso seguinte.
5. Sen prexuízo do previsto na epígrafe 4 deste artigo, a Administración
educativa avaliará os proxectos lingüísticos dos centros e fará o
seguimento dos resultados que se desprendan da súa aplicación coa
finalidade de adoptar, se é o caso, as medidas necesarias para garantir
que o alumnado adquira de forma oral e escrita a competencia
lingüística propia de cada nivel e etapa nas dúas linguas oficiais de
Galicia, como establece o artigo 14.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de
normalización lingüística.
Ademais, no artigo 5º sinala:
4. Cada centro educativo deberá facer constar no seu proxecto lingüístico
as actividades e estratexias de aprendizaxe empregadas para que o
alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas
linguas oficiais.
E no artigo 21º, indica:
2. Cando nun determinado curso o centro educativo aprobe a impartición
dunha ou de varias das materias a que se refiren os artigos 6, 7, 8 e 9 do
presente decreto en lingua(s) estranxeira(s), adaptará o seu proxecto
lingüístico para garantir o máximo equilibrio de horas semanais ofertadas
en galego e en castelán nese curso, segundo o procedemento establecido
no regulamento de centros.
No noso centro o Equipo Directivo nomeou unha comisión, oída a CCP,
encargada de redactar o PLC que estivo formada por:
5
Xefa do Departamento de Lingua Castelá: Luz Gómez Avilés
Xefa do Departamento de Lingua Galega: Teresa Pastor Novo
Xefa do Departamento de Lingua Francesa: Eva Parcero Souto
Xefa do Departamento de Lingua Inglesa: Helena Vilá San Claudio
Coordinador do EDLG: Anxo Gómez Sánchez
6
2. O CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO
O IES Carral é un centro de recente creación no que se imparte Educación
Secundaria Obrigatoria. Está composto polo alumnado e o profesorado de ESO
que o pasado curso pertencía ao CPI Vicente Otero Valcárcel.
Está situado na vila de Carral, no concello do mesmo nome.
O Concello de Carral está formado por oito parroquias: Tabeaio, Sergude,
Cañás, San Vicente de Vigo, Paleo, Quembre, Sumio e Beira. Limita cos
concellos de Culleredo, Cambre, Abegondo, Ordes e Cerceda. Ten unha
poboación de 6180 persoas a 1 de xaneiro de 2015 (3040 homes; 3140
mulleres). Hai 84 aldeas e lugares no concello, polo que se pode dicir que a
poboación está moi espallada, se ben unha gran parte vive na vila de Carral.
Nos últimos anos está a medrar considerablemente a poboación,
converténdose nun concello ao que vén vivir moita xente que traballa na
Coruña, debido aos prezos máis asequibles das vivendas. Se ben desde que
comezou a actual crise económica tamén se observou unha ralentización no
medre do Concello.
Segundo datos do IGE, a poboación estranxeira residente no Concello, sería
de 163 persoas. Se ben, as persoas nacidas no estranxeiro serían 503 (145 en
países da UE, 71 noutros estados europeos, 261 en América e 14 en África).
Seguramente, boa parte deles son fillos de galegos na emigración.
Estamos a realizar uns inquéritos sobre os usos lingüísticos da comunidade
educativa do IES de Carral.
Do ano pasado xa ofrecemos unha comparativa que se desprendía dos datos
fornecidos polo IGE en 2014, baseados no censo de 2011 e que comparamos
cos do 2001.
7
En tan só 10 anos, o descenso no uso do galego é alarmante: baixou un 23%
entre os que o usan sempre; aumentou considerablemente quen o usa ás
veces e o cambio é pouco significativo entre os que non o usan nunca.
Cos inquéritos que faremos este ano entre as familias do alumnado
imaxinamos que corroboraremos estes datos.
A colaboración co Concello é estreita e amosan sempre boa predisposición a
participar nas nosas actividades, tanto desde a Alcaldía, responsables das
Concellarías de Educación e da de Cultura, técnicos de Cultura, responsables
de Bibliotecas e técnico de Normalización Lingüística.
Carral é un concello con un uso aínda importante da nosa lingua, tendo en
consideración que non está moi lonxe de cidades como A Coruña ou de
concellos limítrofes bastante máis castelanizados como Cambre ou Culleredo.
É lingua de uso nas parroquias, nas familias, por parte do comercio (tanto
oralmente como por escrito).
8
2.1. A situación lingüística do centro.
O IES Carral manifesta como institución a partir da documentación do centro
unha boa predisposición para o uso da lingua galega con normalidade. A seguir
imos describir algunhas situacións en relación coa lingua galega no centro.
En xeral, as actividades e documentación que realiza o centro están
redactadas en lingua galega.
A continuación imos dar algúns datos sobre os usos lingüísticos no centro,
partindo duns inquéritos realizados aos distintos membros da comunidade
educativa. Esta foi a participación por sectores:
Persoal non docente: 6 persoas (100%)
Persoal docente: 18 (arredor do 70%)
Alumnado: 173 (82%)
Familias: 44 (arredor do 25%)
Opinión sobre a presenza do galego no centro:
Persoal non docente:
Persoal docente:
9
Alumnado:
Familias:
2.2. A situación do profesorado.
Durante o curso 2015-16 consideramos preciso realizarmos unha análise dos
usos lingüísticos de toda a comunidade escolar, por suposto, tamén do
profesorado.
Aínda que é un centro novo, a maior parte dos profesores e profesoras
proveñen do CPI Vicente Otero. Durante este curso deuse, ademais, un feito
pouco habitual pois xubilouse case unha cuarta parte da plantilla de profesores
durante o primeiro trimestre, polo cal podería darse unha diferenza substancial
de principio a mediados de curso.
10
Capacidade do profesorado para usar o galego:
En que lingua aprendeu a falar e que lingua usa?
11
Que lingua usas: na casa, cos amigos, na escola…?
12
Que lingua usa o profesorado co alumnado?
Que lingua din os alumnos que emprega o profesorado?
13
Que lingua di o profesorado que usa co persoal non docente?
Que lingua di o persoal non docente que emprega o profesorado con elas?
Que lingua emprega o profesorado coas familias?
14
E, finalmente, que lingua pensa o profesorado que falará o alumnado que
ingrese no centro no futuro?
2.3. A situación do alumnado.
Os datos reflectidos no inquérito do IGE xa advirten de que se está a producir
unha forte desgaleguización. Así o apuntaban tamén os nosos inquéritos, feitos
entre o alumnado da ESO en cursos anteriores.
En xeral, teñen unha boa predisposición cara á nosa lingua e un dominio.
bastante correcto. Curiosamente, o maior problema que se observa é na
oralidade, pois cada vez están máis castelanizados.
Usos lingüísticos do alumnado na casa, cos amigos…
15
Usos lingüísticos do alumnado na escola:
16
Linguas que o alumnado di usar co profesorado:
Linguas que os profesores din que usa o alumnado:
Lingua que o alumnado di usar co persoal non docente:
Lingua que o persoal non docente di que usa o alumnado:
17
Que lles resulta máis difícil de facer en galego?
Que pensan sobre o uso do galego no futuro?
2.4. A situación do persoal non docente
O persoal non docente do centro está formado por cinco persoas, ás que
engadimos neste estudo á persoa de cafetería. Estes son os resultados dos
inquéritos realizados:
18
Os usos lingüísticos do persoal non docente:
19
Usos lingüísticos do persoal non docente na escola:
2.5. A situación das familias.
A situación das familias que presentamos vén dada polas respostas que deron
ao cuestionario que anónima e voluntariamente cubriron e entregaron.
20
Usos lingüísticos das familias:
21
Que lingua di o persoal non docente que empregan as familias con elas?
22
3. LINGUA QUE SE DEBE EMPREGAR NAS DIFERENTES MATERIAS
A lingua utilizada nas aulas:
A lingua das materias de idiomas ha ser a propia: Castelán, Francés, Galego e
Inglés.
Restadas as linguas estranxeiras, o galego e o castelán has ser as linguas do
50% da docencia.
É obrigado impartir en galego as seguintes materias: Ciencias da Natureza,
Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. E en castelán:
Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía.
No resto das materias hai unha distribución equitativa de ambas linguas oficiais
e neste centro non se imparten materias curriculares en linguas estranxeiras.
MATERIAS 1º DA ESO
CASTELÁN H. GALEGO H. INGLÉS/FRANCÉS H.
LENGUA CASTELLANA 4 LINGUA GALEGA 4 PRIMEIRA LE 3
MATEMÁTICAS 5 XEOGRAFÍA 3 SEGUNDA LE 2
PLÁSTICA 2 BIOLOXÍA 4
L. CONFIGURACIÓN 1 E. FÍSICA 2
RELIXIÓN / V. ÉTICOS 1
MATERIAS 2º DA ESO
CASTELÁN H. GALEGO H. INGLÉS/FRANCÉS H.
LENGUA CASTELLANA 3 LINGUA GALEGA 3 PRIMEIRA LE 3
MATEMÁTICAS 5 XEOGRAFÍA 3 SEGUNDA LE 2
FÍSICA E QUÍMICA 3 E. FÍSICA 2
TECNOLOXÍA 3 RELIXIÓN / V. ÉTICOS 1
MÚSICA 2
L. CONFIGURACIÓN 1
23
MATERIAS 3º DA ESO
CASTELÁN H. GALEGO H. INGLÉS/FRANCÉS H.
LENGUA CASTELLANA 3 LINGUA GALEGA 3 PRIMEIRA LE 3
MATEMÁTICAS 4 XEOGRAFÍA 3 SEGUNDA LE 2
FÍSICA E QUÍMICA 2 E. FÍSICA 2
TECNOLOXÍA 2 RELIXIÓN / V. ÉTICOS 1
PLÁSTICA 2 CULTURA CLÁSICA 2
MÚSICA 2 BIOLOXÍA 2
MATERIAS 4º DA ESO ACADÉMICAS
CASTELÁN H. GALEGO H. INGLÉS/FRANCÉS H.
LENGUA CASTELLANA 3 LINGUA GALEGA 3 PRIMEIRA LE 3
MATEMÁTICAS 4 XEOGRAFÍA 3 SEGUNDA LE 3
FÍSICA E QUÍMICA 3 E. FÍSICA 2
PLÁSTICA 3 RELIXIÓN / V. ÉTICOS 1
MÚSICA 3 TICS 3
LATÍN 3 BIOLOXÍA 3
ECONOMÍA 3
MATERIAS 4º DA ESO APLICADAS
CASTELÁN H. GALEGO H. INGLÉS/FRANCÉS H.
LENGUA CASTELLANA 3 LINGUA GALEGA 3 PRIMEIRA LE 3
MATEMÁTICAS 4 XEOGRAFÍA 3 SEGUNDA LE 3
TECNOLOXÍA 3 E. FÍSICA 2
PLÁSTICA 3 RELIXIÓN / V. ÉTICOS 1
MÚSICA 3 TICS 3
IAE 3
CCAAP 3
24
4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA QUE O ALUMNADO CON INSUFICIENTE
DOMINIO DAS LINGUAS POIDA SEGUIR CON APROVEITAMENTO AS
ENSINANZAS QUE SE LLE IMPARTEN
Caso de haber alumnado con insuficiente dominio nalgunha das linguas oficiais
tomaremos medidas de carácter organizativo e curricular.
A coordinación entre o profesorado do grupo, o titor/a e o Departamento de
Orientación serve para que detectemos aqueles casos de alumnado con
dificultades.
Hai alumnado que está exento da segunda lingua estranxeira; noutros casos
recibe reforzo en Lingua Castelá en 1º da ESO e en Lingua Galega en 2º da
ESO.
No noso centro a maioría dos inmigrantes son de lingua castelá, procedentes
doutras comunidades autónomas españolas ou ben de Sudamérica. Isto facilita
a súa aprendizaxe do galego, por seren dúas linguas latinas. Ademais, son un
número aínda moi reducido de alumnos, o que facilita que teñan unha atención
máis individualizada. Os que teñen comolingua de orixe o portugués serán moi
beneficiosos para propiciarmos actitudes de prestixio e positivas cara ao
galego.
Medidas a tomar:
Teremos toda a documentación do centro en galego, con tradución ás
linguas de orixe dos inmigrantes.
Realizaremos unha avaliación lingüística inicial, que nos permitirá tomar
as
decisións de tipo curricular ou organizativo que consideremos oportunas.
Faremos reforzos lingüísticos, a ser posible dentro da propia aula,
naquelas
materias nas que o galego é a lingua vehicular.
Crearemos a figura do "alumno titor lingüístico", principalmente nenas e
nenos que falen sempre en galego para que se relacionen con eles tanto
dentro como fóra da aula.
25
5. OBXECTIVOS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DA
LINGUA GALEGA
Trataremos de potenciar aqueles espazos en que o Decreto de Plurilingüismo
dá pé a facelo:
Decreto de plurilingüismo. Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o
plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (DOG 97, 25-5-2010).
Artigo 11º. Potenciación da lingua galega nos centros.
Coa finalidade de promover o uso do galego nos centros, a consellería
competente en materia de educación establecerá un programa regular de
actividades de fomento da lingua en cada centro educativo, no marco do seu
proxecto lingüístico e coa participación de toda a comunidade educativa, con
especial atención ás liñas de actuación que permitan un incremento no uso do
galego nas actividades extraescolares e complementarias.
5.1. OBXECTIVOS
Entre os obxectivos principais está o de consolidar aqueles aspectos que
consideramos están a funcionar:
Continuaremos a activar dinámicas que propicien a participación do alumnado
e dos distintos membros da comunidade educativa cara á lingua galega:
mediante concursos que procuren incentivar o seu uso e eliminar prexuízos;
utilizando o idioma en actividades que sirvan de exemplo dun uso normal da
lingua; recuperando e transmitindo tradicións, feitos históricos, facendo
publicidade dos nosos creadores culturais, literarios e musicais…
Poremos a disposición do profesorado (en colaboración co Equipo de
Biblioteca, co Equipo Directivo, con outros Departamentos) recursos sobre os
diferentes eventos que queiramos realizar, para que ademais das actividades
conxuntas, poidan preparar nas súas aulas.
Algunhas das actividades que se sinalan no Proxecto de fomento do galego
non teñen unha única concreción, pois deveñen de actitudes e recursos que se
facilitan ao longo do curso: proporcionar material, enderezos web, recursos…
26
que se van facilitando periodicamente.
Seguirmos a consolidar usos lingüísticos acadados xa hai tempo como a
utilización normal do galego nos usos escritos dos distintos estamentos do
Centro.
Continuarmos a colaborar co Concello de Carral para promover e consolidar o
uso do galego, especialmente coa Técnica de Normalización Lingüística e coas
Concellarías de Educación e de Cultura. Tamén cos técnicos e responsables
das bibliotecas do Concello.
Sabemos tamén que hai moitos aspectos que temos de mellorar e neles
debemos traballar:
Conseguirmos implicar ao alumnado e ao profesorado nas diferentes
actividades, pois nalgunhas delas non chegamos á comunidade
educativa.
Mellorarmos a nosa presenza e visibilización a través das redes sociais,
blogs e todo o que ten relación coas novas tecnoloxías.
Difundir mellor as actividades que realizamos.
Colaborarmos e implicar a outras asociacións do concello: comercios,
equipos, asociacións culturais, etc.
A seguir, indicarémolos máis polo miúdo.
5.1.1. Obxectivos en relación co contorno sociolingüístico do centro.
a. Incidirmos mediante a información e a explicación argumentada e
científica, na comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal
non docente e familias) para vencer prexuízos cara ao galego e para
promover actitudes favorables á galeguización da escola.
b. Promoveremos a interacción entre a escola e o seu contorno para facer
máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos a prol da
normalización do galego: relacións co Concello, asociacións veciñais e
culturais, comercios, etc.
c. Establecer as accións de dinamización que fomenten a autoestima cara
27
á lingua galega dos pais e nais, especialmente galego-falantes, co
obxectivo de evitar a negación da propia lingua na transmisión de pais a
fillos.
d. Facermos promoción e darlle visibilidade ás actividades do EDLG a
través das redes sociais, da web do centro, do noso twitter… de maneira
que cheguen ao maior número de persoas e provocar unha participación
activa da cidadanía de Carral.
e. Fomentar actividades que favorezan o uso do galego e o coñecemento
da nosa historia e tradición cultural, colaborando co concello,
asociacións e habitantes de Carral.
5.1.2. Obxectivos en relación co profesorado.
a. Responsabilizar o profesorado no proceso de dignificación da lingua,
como modelo lingüístico diario de referencia do alumnado.
b. Facermos promoción e darlle visibilidade ás actividades do EDLG a
través das redes sociais, da web do centro … de maneira que cheguen
ao maior número de profesores e desta maneira tamén ao noso
alumnado.
c. Forneceremos ao profesorado e informarémolo de canto material
relacionado coas TICS apareza en galego, facilitando o mesmo ou os
enderezos web onde se poden buscar.
d. Axudar ao profesorado na procura de material audiovisual e relacionado
coas novas tecnoloxías en galego, de maneira que o seu
descoñecemento non impida o seu uso.
e. Informar ao profesorado das medidas que están aprobadas no noso
centro para a promoción e uso do galego, de maneira que se aproveiten
e se leven a cabo.
f. Propoñer actividades que melloren as actitudes lingüísticas da
comunidade escolar que potencien o uso do galego en contextos
diversos no centro, tamén fóra das aulas e nas actividades
extraescolares e complementarias:: conferencias, coloquios, teatro,
28
actividades deportivas, …
g. Proporcionar asesoramento lingüístico ao profesorado que o precise
para a realización dalgunha das actividades.
5.1.3. Obxectivos en relación co alumnado.
a. Manter e consolidar unha competencia lingüística plena naquel
alumnado que teña a lingua galega como código habitual.
b. Favorecer o emprego do galego por parte de aquel alumnado que
manifesta utilizalo na familia e fóra do centro.
c. Axudar ao alumnado inmigrante na incorporación á nosa lingua.
d. Promover actividades que potencien a oralidade en lingua galega
(lembremos que é a habilidade lingüística que din que lles custa máis).
e. Publicitar e dar visibilidade a aqueles traballos que haxa en galego nos
campos en que máis se move a mocidade: música, novas tecnoloxías,
redes sociais, blogs…
f. Achegar as actividades do EDLG ao alumnado.
g. Faremos campañas para que o alumnado e o profesorado demande
aquela tecnoloxía da informática que non encontra en galego.
h. Crearemos unha fonoteca e videoteca do centro, fornecéndoa de
material en galego, que se lle poida prestar ao alumnado e que o
profesorado poida utilizar nas aulas.
5.1.4. Obxectivos en relación coa situación lingüística do centro.
a. Coñecer a situación lingüística do centro para sabermos cal é a súa
realidade e poder comparala en anos sucesivos.
b. Publicitar entre o alumnado, profesorado, familias e persoal non docente
os obxectivos lingüísticos establecidos en todos os documentos do
centro.
c. Activar accións e dinámicas cara á mellora das actitudes da comunidade
educativa respecto da lingua galega.
d. Galeguizar os usos escritos do Centro que non o estean xa
29
(comunicacións internas e externas, documentación administrativa,
material didáctico, impresos, ...).
e. Favorecer a creación de espazos de uso da lingua propia desde a
escola.
f. Presentar actitudes e accións xerais favorables ao desenvolvemento e
ao progreso educativo do ensino en galego, que fagan da galeguización
un sinal de identidade e calidade educativa do centro.
5.2. PROPOSTAS DE ACTUACIÓN PARA A DINAMIZACIÓN DA LINGUA
GALEGA
5.2.1. Actividades encamiñadas a conseguir os obxectivos establecidos a
ver co contorno sociolingüístico do centro.
Actividade 1:
Título: Biblioteca de sociolingüística
Descrición: co orzamento facilitado polo centro organizaremos unha
biblioteca temática de sociolingüística, que poremos a disposición de
toda a comunidade educativa.
Temporización: todo o curso
Responsable: Equipo de Biblioteca, EDLG.
Destinatarios: toda a comunidade educativa.
Material necesario: libros, revistas, películas, pdf… e mobiliario.
Actividade 2
Título: CENlebramos (Celebrarmos o centenario das Irmandades) 100
medidas
Descrición: O EDLG quere celebrar o centenario das Irmandades da
Fala poñendo colaborando con todas os individuos e as entidades que
favorezan o uso da nosa lingua: Concello, asociacións culturais e
deportivas, comercios… Para iso faremos un repositorio con 100
30
propostas de galeguización:
- Tarxetas de convites a festas: para familias, negocios…
- Tarxetas de felicitación de aniversario
- Recordatorios de Primeira Comuñón
- Cartas de menú de restaurantes
- Carteis de sinalización, etc.
Temporización: todo o curso
Responsable: EDLG
Destinatarios: concello, asociacións culturais e deportivas, comercios…
Material necesario: fotocopias color, internet.
Actividade 3
Título: De boca en boca
Descrición: microdocumentais familiares en que pais e fillas, nais e fillos
conversan sobre a lingua que falan e sobre situacións sociolingüísticas.
Publicaríanse na revista dixital ou no blog do EDLG.
Temporización: terceiro trimestre do curso
Responsable: Departamento de Lingua Galega.
Destinatarios: comunidade educativa.
Material necesario: móbiles, tablets.
Actividade 4
Título: Piando polo galego
Descrición: despois de realizarmos os cuestionarios para os diferentes
membros da comunidade educativa, comprobamos que o labor do EDLG
é invisible para moitos e isto non pode ser. Queremos incitar á
participación e colaboración de quen o desexe. Para iso imos
achegarnos aos demais através do noso twitter e instagram.
Temporización: ao longo do curso
31
Responsable: EDLG
Destinatarios: toda a comunidade educativa
Material necesario: carteis color difundir o noso twitter e instagran,
computadoras e conexión a Internet.
Actividade 5
Título: Sempre en galego, en galego de sempre
Descrición: ás veces o que temos máis próximo é o máis descoñecido.
Temos comprobado que é máis sinxelo que os cativos e cativas saiban
unha panxoliña en inglés que unha en galego; saiban máis o que é a
Feira de Abril que o que son os maios e así poderiamos seguir. Nesta
actividade queremos englobar toda unha serie de actos e feitos que
realizamos ao longo do curso e que pretenden facer visibles as nosas
tradicións.
- O Samaín: Trivial sobre o Samaín por parellas
- O Nadal: participación con panxoliñas en galego no festival
- A Candeloria: concurso de lemas amorosos para camisetas…
Temporización: todo o curso, dependendo da tradición na súa data.
Responsable: departamentos, alumnos, EDLG...
Destinatarios: toda a comunidade educativa.
Material necesario: fotocopias color, plastificados, premios para o
alumnado gañador dos concursos.
Actividade 6
Título: Aniversario dos Mártires de Carral
Descrición: Como vén sendo habitual, vaise realizar unha viaxe a
Cacheiras (Teo), para conmemorar os sucesos da revolución
provincialista de 1846, na que tiveron especial protagonismo Cacheiras
(onde tivo lugar unha famosa batalla) e Carral (onde foron fusilados os
oficiais liberais coñecidos como “Mártires de Carral”). Alí realizaremos o
percorrido pola Ruta da Batalla de Cacheiras. O día 26 de abril o
32
alumnado de Cacheiras devólvenos a visita e facemos un percorrido
pola Ruta dos Mártires de Carral. Xa levamos máis de 10 anos de
intercambio e, ademais de coñecer a historia máis próxima, permítenos
que socialicen rapaces das dúas localidades.
Temporización: 25 e 26 de abril.
Responsable: Departamentos de Ciencias Sociais, Lingua Galega e
EDLG e IES de Cacheiras, Concello de Carral.
Destinatarios: alumnado de 2º da ESO.
Material necesario: autobús a Cacheiras
Actividade 7
Título: Das nosas letras...
Descrición: debido á desigualdade coa que parte o noso idioma en
relación ao castelán para chegar ao noso alumnado na lectura e na
escrita (ausencia de cómics case total, de promoción nas librarías a non
ser en datas concretas...) deseñaranse actividades para promover a
lectura en galego. Trátase de promover planos de lectura seguindo
técnicas de animación, aproveitando o auxe da literatura infantil e
xuvenil en galego. A biblioteca do centro será habitualmente o espazo
onde se leven a cabo: realización e proxección de videos promocionais
da lectura, recitais poéticos e lecturas dramatizadas, apartados
dedicados a unha temática determinada (medo, aventuras, ..…). Non
sempre se poden prever todas con antelación; aquí tamén aproveitamos
convites de outras institucións ou posibilidades que se nos presentan de
asistir a obras de teatro, por exemplo.
- Celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro)
Semana das Letras Galegas.
Temporización: durante todo o curso.
Responsable: Biblioteca do centro, biblioteca de Carral, Departamento
de Lingua Galega e EDLG.
33
Destinatarios: alumnado do centro.
Material necesario: fotocopias en color e material para realizar
exposicións.
5.2.2. Actividades encamiñadas á consecución dos obxectivos en relación
co profesorado.
Actividade 8
Título: Contamos con todo
Descrición: Facer unha análise das necesidades existentes entre o
colectivo do profesorado para desenvolver o seu traballo en galego.
Temporización: mes de xaneiro para facer o estudo e o resto do curso
para que o centro poña á súa disposición o que precise: programas
informáticos, dicionarios, atlas...
Responsable: departamentos, equipo directivo e EDLG.
Destinatarios: todo o profesorado.
Material necesario: correos electrónicos
Actividade 9
Título: Participamos en galego
Descrición: o EDLG, seguindo as directrices do decreto en relación coa
lingua galega, coidará e proporá aos Departamentos que organizacen
actividades extraescolares e complementarias que utilicen a nosa lingua
e que propoñan que a participación nas mesmas se faga tamén,
oralmente e por escrito, en galego. Evidentemente, a non ser que a
actividade sexa organizada en relación con outra lingua (castelán, inglés
e/ou francés).
Poñamos como exemplo desta actividade que inclúe dentro de si moitas
outras o FESTIVAL DO ENTROIDO, que no noso centro participan
varios departamentos e ciclos na súa organización: hai que preparar a
cartelaría, letras das comparsas, etc. Ou concursos que organizan a
34
ANPA ou o Concello de Carral.
Temporización: todo o curso
Responsable: departamentos de ESO, ANPA, Concello.
Destinatarios: toda a comunidade educativa
Material necesario: cartelaría, plastificado, copias en color.
Actividade 10
Título: En liña co galego
Descrición: o EDLG está a disposición de toda a comunidade educativa
para resolver calquera dúbida de tipo lingüístico que xurda para facer
unha actividade en galego. Queremos que non se poida indicar que non
se fai un documento, unha presentación na nosa lingua por cuestións de
tipo grmatical, léxico, ortográfico...
Temporización: todo o curso
Responsable: EDLG
Destinatarios: toda a comunidade educativa
5.2.3. Actividades a realizar para a consecución dos obxectivos en
relación co alumnado.
Neste apartado a maioría das actividades contribúen a acadar varios dos
obxectivos en relación co alumnado, polo que optamos a non clasificalas por
obxectivos, agás a que se comenta en primeiro lugar, que é máis específica.
Actividade 11
Título: Plan de integración do alumnado inmigrante
Descrición: Elaborar un Plan de axuda para que o alumnado inmigrante
adquira de maneira rápida uns coñecementos básicos na nosa lingua e
se familiaricen con ela de xeito natural en tódolos contextos da súa vida
Temporización: todo o curso, principalmente cando chega un alumno
novo
35
Responsable: EDLG en coordinación con Orientación e a Comisión de
Coordinación Pedagóxica.
Destinatarios: alumnado inmigrante
Material necesario: elaborado pola CCP.
Actividade 12
Título: Club de lectura “A Pedra Rosetta”
Descrición: en colaboración co Equipo de biblioteca continuamos co club
de lectura, aínda que en realidade son dous, un para 1º e 2º da ESO e
un para 3º e 4º da ESO. A intención é divulgar e fomentar a lectura.
Temporización: todo o curso.
Responsable: Equipo de Biblioteca
Destinatarios: o alumnado da ESO.
Material necesario: libros, material de papelaría, peperetadas varias.
Actividade 13
Título: Congreso da Mocidade pola lingua
Descrición: o Congreso componse de dúas partes:
Visitas de persoeiros de fóra do centro
Traballos realizados polos cativos durante o curso.
Temporización: durante o segundo trimestre preparamos todos os
traballos. Expóñense o día do Congreso.
Responsable: Departamento de Lingua Galega, EDLG, Concellarías de
Educación e Cultura do Concello de Carral, Biblioteca de Carral, persoas
e colectivos alleos á comunidade educativa.
Destinatarios: alumnado da ESO e familias que se convidan para asistir.
Material necesario: Salón de actos do Concello; sala de audiovisuais e
biblioteca do Concello. O que necesitemos para elaborar ou representar
os traballos.
36
Actividade 14
Título: O Correlingua
Descrición: participación no Correlingua, tanto nos concursos de
manifesto, banda deseñada, elaboración de pancartas, animación para o
Día da Carreira… como no propio paseo o Día da Carreira.
Temporización: o día da carreira e todos os días precedentes que
traballaron no centro na elaboración de manifestos, pancartas...
Responsable: EDLG.
Destinatarios: Alumnado da ESO.
Material necesario: Dous autobuses para desprazamento,
pinturas e tea para as pancartas, rotuladores e folios para os manifestos
e banda deseñada.
Actividade 15
Título: Exposicións orais do alumnado para os seus compañeiros de ESO,
e dos centros de Primaria e de Infantil do Concello de Carral
Descrición: aproveitando diferentes temáticas ao longo do curso:
traballos de diferentes materias de aula, tradicións galegas de datas
sinaladas (a Candeloria, o Nadal, o Samaín…) os alumnos expoñen e
presentan traballos oralmente para o resto de compañeiros. Sinalaremos
algunhas porque sería moi complexo sinalalas todas. Coidamos que son
moi importantes porque serven de modelo lingüístico para o resto do
alumnado que asiste ás presentacións e exposicións.
Responsable: Diferentes Departamentos, Biblioteca,
EDLG...
Destinatarios: o alumnado do centro.
Material necesario: plastificado de documentos, fotocopias en color,
cartolinas...
37
Actividade 16
Título: En galego si se xoga
Descrición: adaptamos xogos coñecidos por todos os rapaces ao
galego; ás veces en cartolina e outros materiais reais e outras na rede:
- Trivial do Samaín
- Pasapalabra da Candeloria
- Scatergorix
Temporización: todo o curso
Responsable: EDLG
Destinatarios: toda a comunidade educativa do CPI.
Material necesario: premios, copias.
5.2.4. Actividades a realizar para a consecución dos obxectivos en
relación coa situación lingüística do centro.
Actividade 17
Título: Cuestionarios para coñecer a realidade sociolingüística do centro
Descrición: realizaranse uns inquéritos a cubrir por todos os membros da
comunidade educativa: profesorado, alumnado, persoal non docente e
familias. Realizarase a partir das aplicacións do Google Drive.. O
programa xa nos proporciona os gráficos e as procentaxes das
respostas.
Temporización: curso 2015-2016
Responsable: EDLG
Destinatarios: toda a comunidade educativa do IES.
Material necesario: elaboración dos cuestionarios en Google Drive e o
blog do EDLG de Carral.
38
Actividade 18
Título: en galego, por principios
Descrición: Establecer o galego como lingua de contacto inicial, cando
menos, entre o persoal do centro e calquera outro membro da
comunidade educativa ou da sociedade en xeral. Faremos varias
campañas informativas e publicitarias.
Temporización: todo o curso
Responsable: EDLG
Destinatarios: toda a comunidade educativa
Material necesario: carteis en color.
Actividade 19
Título: Concurso, “En galego todos os días”
* Descrición: concurso para elaborar un calendario de peto con unha imaxe
que anime ao uso da nosa lingua. Este foi o diploma para os gañadores
deste ano:
*Temporización: primeiro trimestre
*Responsable: EDLG
*Destinatarios: alumnado da ESO
*Material necesario: impresión calendarios
Actividade 20
Título: Expoñémonos
Descrición: facer visibles no taboleiro do EDLG noticias referentes ao
galego, caricaturas de debuxantes galegos en relación co idioma,
graffitis e cartas ó director a modo de xornais onde os rapaces opinen
sobre temas diversos.
Temporización: todo o curso
Responsable: EDLG
39
Destinatarios: toda a comunidade educativa
Material necesario: fotocopias en color
Actividade 21
Título: Auditoría lingüística
Descrición: facermos unha auditoría de todos os usos lingüísticos que fai
o propio centro e a comunidade educativa, para comprobarmos o nivel
de galeguización: blogs de aulas, departamentos, ciclos, aula virtual,
taboleiros… Servirá para comprobarmos en que niveis temos un maior
uso do galego e en cales se pode potenciar.
Temporización: todo o curso
Responsable: EDLG
Destinatarios: toda a comunidade educativa
40
6. OBXECTIVOS E LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DAS
LINGUAS ESTRANXEIRAS
OBXECTIVOS
LINGÜÍSTICOS
Implantar seccións bilingües nas dúas linguas estranxeiras
a curto prazo.
Procurar o desdobre das aulas para o traballo oral da 1º/2º
lingua estranxeira.
Reforzar a lecto-escritura nas dúas linguas estranxeiras
traballando coas TICS e creando libros, comics, revistas,
guións que serán logo interpretados…
Deseñar, planificar e implantar actividades, utilizando as
novas tecnoloxías, creando un clima positivo de
participación do alumnado.
Potenciar o traballo por proxectos xunto con outros
Departamentos e favorecer a aprendizaxe cooperativa.
Reforzar a comprensión oral co visionado de películas e
documentais en versión orixinal.
CULTURAIS
Coñecer outras culturas e realidades que esperten o seu
interese e curiosidade e enriquecer, deste xeito, a súa
competencia pluricultural.
Establecer intercambios por correspondencia e de viaxe ao
estranxeiro
Potenciar o traballo en equipo, favorecendo as relacións
interpersoais e as actitudes de cooperación entre o
alumnado.
Consolidar a presenza das linguas estranxeiras na vida
académica do centro como linguas de uso (carteis,
entrevistas na lingua estranxeira aos diferentes membros
da comunidade educativa, cancións, poemas, receitas,
películas, documentais)
41
LIÑAS DE ACTUACIÓN
MELLORA DA
COMPETENCIA
LINGÜÍSTICA
Potenciar o uso oral e escrito das linguas
estranxeiras na actividade académica.
Aproveitar todos os espazos de uso para a lingua
estranxeira: publicacións, concursos, actividades
relacionadas coa oratoria, teatro, música,
gastronomía, deportes...
Colaborar coa biblioteca escolar no fomento da
lectura (intensiva e extensiva), presentación de
contacontos na lingua estranxeira realizados polo
propio alumnado do centro...
DINAMIZACIÓN DA
VIDA CULTURAL
Promover intercambios con alumnos/as dos países
cuxas linguas están a aprender.
Animar ao alumnado do centro a participar nos
programas de actividades de formación de linguas
estranxeiras convocados pola Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Participar na organización das celebracións
tradicionais: Magosto, Entroido, Nadal...
Organizar e/ou participar en concursos literarios,
musicais, gastronómicos…
Potenciar actividades culturais relacionadas co
entorno das linguas estranxeiras, creando
situacións de comunicación real co alumnado anglo
e francofalante no estranxeiro: intercambios por
correspondencia, videoconferencias ou estadías no
Reino Unido e Francia.
Realizar exposicións ao longo do curso
relacionadas cos traballos que os alumnos/as
realizan na aula, co fin de compartirlo co resto da
comunidade educativa.
42
7. RECURSOS E MATERIAIS
No centro contamos con dicionarios, gramáticas, revistas e libros en diferentes
linguas. Debido a que realizamos este ano o traslado desde o CEIP Vicente
Otero, temos que avaliar o material do que dispoñemos, para vermos cales son
as carencias.
Trataremos de colocar nas diferentes webs, páxinas dos Departamentos,
Biblioteca... acceso a correctores, diciomarios... online das distintas linguas
impartidas no centro.
Igualmente, crearemos unha sección de Sociolingüística na Biblioteca.
8. AVALIACIÓN
Neste apartado reproducimos o indicado no Decreto 79/2010 para a avaliación
do PLC (dado que ademais, como é o primeiro ano que se aproba aínda non
realizamos ningunha)
2. O proxecto lingüístico será redactado por unha comisión do profesorado
do centro, nomeada polo equipo directivo e oída a comisión de
coordinación pedagóxica. Formarán parte dela, como mínimo, os
xefes/as dos departamentos de linguas e o coordinador(a) do equipo de
dinamización da lingua galega. Será aprobado e avaliado polo consello
escolar do centro educativo.
3. Este proxecto remitiráselles cada catro cursos escolares aos servizos da
inspección educativa, que velarán para que o seu contido se axuste a
este decreto e ao desenvolvemento da Lei orgánica de educación.
Anualmente, elaborarase unha addenda do proxecto lingüístico na cal conste:
2. En todos os centros en que haxa unha modificación na impartición de
materias en lingua(s) estranxeira(s), información sobre os cambios
aprobados polo centro e autorizados pola consellería competente en
materia de educación.
43
3. En todos os centros, información e valoración dos programas e
actividades para o fomento e dinamización da lingua galega realizados
polo centro educativo no curso anterior e información do que se vai
desenvolver no curso seguinte.
5. Sen prexuízo do previsto na epígrafe 4 deste artigo, a Administración
educativa avaliará os proxectos lingüísticos dos centros e fará o
seguimento dos resultados que se desprendan da súa aplicación coa
finalidade de adoptar, se é o caso, as medidas necesarias para garantir
que o alumnado adquira de forma oral e escrita a competencia
lingüística propia de cada nivel e etapa nas dúas linguas oficiais de
Galicia, como establece o artigo 14.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de
normalización lingüística.
Ademais, como sinalamos nas actividades, realizaremos ao final de cada curso
unha auditoría lingüística que nos axude a saber as nosas fortalezas e
debilidades.
9. ANEXOS
Estes son uns enlaces aos cuestionarios realizados este curso para
coñecermos a situación sociolingüística do centro:
ALUMNADO
https://docs.google.com/forms/d/1aPUaokIpckJDyo4zy1WgIh07toZzgmbDm_cT
OKgDU9k/viewform
PERSOAL NON DOCENTE
https://docs.google.com/forms/d/1BedJzYUfZt1DUb5GLC7fMJuwt4ZRbTD5iQls
dkeM1wU/viewform
PROFESORADO
https://docs.google.com/forms/d/1LgtNPcls7vJJzw8QYd9i6RPA9q26WqzwqXu
XfJOb4vA/viewform
FAMILIAS
https://docs.google.com/forms/d/1K7IKpb4qXEleBjhCKTj7vTFUFnim60aKv68n
1p224MI/viewform