35
VÍCTOR CAMPIO PEREIRA. Poeta de Garabás A nosa é tamén terra de poetas. Un deles é Víctor Campio Pereira González. Neste caderno poderás atopar informacións e actividades sobre o escritor garabanés. Para visualizar correctamente todo o seu contido tes que facelo cunha conexión a Internet, xa que hai ligazóns a arquivos da rede que podes consultar. Podes descargar e imprimir o caderno para facer aquelas actividades que che interesen. CPI TERRAS DE MASIDE CURSO 2014-2015

Victor_campio_pereira

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Actividades para que o alumnado de Maside se achegue ao autor de Garabás, Maside, Víctor Campio Pereira. Traballo realizado no CPI Terras de Maside. Curso 3014-2015

Citation preview

Page 1: Victor_campio_pereira

VÍCTOR CAMPIO PEREIRA.Poeta de Garabás

A nosa é tamén terra de poetas. Un deles é Víctor Campio Pereira González. Neste caderno poderás atopar informacións e actividades sobre o escritor garabanés. Para

visualizar correctamente todo o seu contido tes que facelo cunha conexión a Internet, xa que hai ligazóns a arquivos da rede que podes consultar. Podes descargar e imprimir o caderno para facer aquelas actividades que che interesen.

CPI TERRAS DE MASIDECURSO 2014-2015

Page 2: Victor_campio_pereira

“Víctor Campio Pereira González nace en Garabás, Maside, o 15 de xullo de 1928. É aquí onde cursa as primeiras letras na escola da súa nai. Estudou varios anos no Seminario de Ourense (onde leu, clandestinamente, a Curros Enríquez1 coa complicidade do seminarista e poeta Faustino Rey Romero), fíxose mestre e exerceu, como tal, en varias aldeas da provincia e, logo, na Mancha e Levante. Xa destinado en Madrid, estudou a especialidade de Filoloxía Hispánica na Facultade de Filosofía e Letras e non tardou en opositar, con éxito, a unha praza de profesor agregado de Lingua e Literatura españolas, que impartirá, primeiro, nun instituto de Madrid e, logo, no das Lagoas de Ourense, despois de exercer un curso en Ribadavia”.

Así comeza Xesús Alonso Montero o limiar de Quince sonetos e once poemas máis, unha selección de 26 poemas de Víctor Campio, editada no ano 2011 e destinada a escolares de Maside, da que podedes atopar varios exemplares na biblioteca no centro.1 Curros Enríquez foi un dos poetas máis importantes do Rexurdimento (século XIX), xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

GARABÁS Redondea a aldea onde naceu Víctor Campio Pereira neste mapa. (Se pinchas nesta ligazón poderás ver mellor o mapa desde a páxina do concello de Maside): http://www.concellodemaside.es/estaticos_rueiro_de_maside.html

Page 3: Victor_campio_pereira

Coñeces Garabás?Propoñémosche que entres nesta páxina de wikiloc:http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3570061

Nesa ligazón hai unha ruta que fixemos na escola na que puidemos ver o petróglifo do Bolo, que podes ver na imaxe da dereita.“Descrición do petróglifo do Bolo: Rocha de granito de dúas micas cunhas dimensións de 1,95 x 5 m. Presenta un gran círculo concéntrico formado por seis aneis de grandes dimensións e varias cazoletas. A combinación circular é a de maior diámetro da provincia con 2,25 m. Na zona superior pódese ver unha cruz de feitura histórica, cruz de termo posterior ao ano 1712 segundo Ferro Couselo. Outras dúas cruces de datación histórica atópanse a ambos lados”.1

1Información e imaxe tiradas de http://patrimoniogalego.net/index.php/929/2011/05/petroglifo-de-o-bolo-i/

Un petróglifo é um gravado da época prehistórica feito sobre pedras que estaban ao aire libre.

O autor garabanés ten dous nomes de pía: Víctor (Vítor en galego) e Campio. Os seus apelidos son

Pereira González. Os nomes de persoa chamánse ANTROPÓNIMOS e en galego poden derivar do latín ou

doutras linguas. O nome Campio significa en grego: Que dá alegría e en latín: Labrego, campesiño.

Podes saber que significa o teu nome nesta páxina:

http://www.amesa.gal/?s=campio&post_type=onomastica&caixa=nomes

Ou nestoutra: http://chamateconxeito.webs.uvigo.es/principal.php

E se o teu nome ou apelidos non están en galego e queres galeguizalos tamén podes informarte nesta

páxina como facelo ou nas anteriores:

https://www.usc.es/gl/servizos/snl/dinamizacion/galeguiza2.html

Page 4: Victor_campio_pereira

RESPONDE

1- Onde naceu Víctor Campio Pereira e en que ano?

2- Que autor galego lía clandestinamente no Seminario? A que época da literatura galega pertence ese autor?

3- Cal foi o traballo e Víctor Campio?

4-En Garabás, no lugar do Bolo, podemos ver un petróglifo. Que é un petróglifo?

5- Segundo a súa acentuación, petróglifo é unha palabra aguda, grave ou esdrúxula?

6- Como se chama a túa aldea? Coñeces algún resto histórico que haxa cerca? (Pregunta na casa ou na escola)

7- Que é un antropónimo?

8- Cal é o nome de pía de Víctor Campio Pereira?

9- O teu nome, de que lingua provén? Que significa?

Page 5: Victor_campio_pereira

Víctor Campio é coñecido sobre todo como poeta, aínda que tamén escribiu algunha novela (Baixo o sol do Magreb, 1999), adaptou pezas teatrais (A gaivota do solpor, de Junji Kinoshira; Hércules e maila corte de Auxías, de Friedrich Dürrenmatt) e colaborou habitualmente como articulista.

Como poeta é fundamental a publicación por parte do P.E.N.-CLUBE Galicia en 2008 de O aire, a luz e o canto, co subtítulo de Poesía reunida (1987-2006). O volume contén todas as páxinas editadas desde 1987 e algunhas inéditas.

A obra de Víctor Campio Pereira

O ar que nos leva (1987).Son 42 textos polimétricos, que inclúen un poema Prólogo e outro Epílogo e que se estruturan en catro partes: «Este ar que nos leva», «Palabra amante», «Calada morte» e «No mar levado». Todas catro teñen en común a preferencia polas imaxes e metáforas propias do existencialismo e, a pesar da aparente dispersión de asuntos e temas, tamén concordan na presenza dos fragmentos da memoria.

Por esa voz (sen data), recolle 18 composicións de diferentes períodos publicadas en libros colectivos e revistas.

Perdida luz (2000), foi editado por Follas Novas na colección «libros da Frouma», ao coidado de Teresa Monteagudo e Luís Alonso Girgado, e daquela incluía moitos dos poemas do primeiro libro. Canda eles, 22 novas composicións, nas que alén dos sonetos habituais,atopamos décimas (composición pouco presente na poesía galega moderna), dísticos en alexandrinos ou tercetos encadeados, que confirman o feitío clásico de Campio á hora de escribir os seus versos.

Exilio digno (2006), parcialmente inédito, no que os «Sonetos da memoria» retoman a poética máis civil e comprometida do autor e que foron escritos para homenaxear os republicanos fusilados no alto do Furriolo.

Como antes comentabamos, no ano 2011 a Xunta de Galicia publicou unha antoloxía de 26 composicións de Víctor Campio Pereira feita por Xesús Alonso Montero e destinada a escolares.

O O aire, a luz e o canto (2008) contén as composicións das seguintes obras

Para unha análise máis completa da obra de Víctor Campio Pereira, consultar VILLAR, MIRO (2011 [2009]). “Unha poética heraclitiana”. Grial: 181, 110-111. Reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. En: http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/35

Page 6: Victor_campio_pereira

Tes a seguir dous textos:O primeiro é unha entrevista a Víctor Campio Pereira no xonal La Región do día 13 de febreiro de 2011, tirada da seguinte páxina: http://www.albergueria.es/victorcampio.htm

O segundo é un artigo que saíu publicado na nosa revista escolar O Berro 2010-2011 con motivo de que o poeta fose nome fillo predilecto de Maside.

Le os textos para responder as preguntas que encontrarás a seguir.

Page 7: Victor_campio_pereira

O primeiro nado en Bos Aires no 1900, pero de pai masidao. O segundo, garabanés que naceu no 1928 e foi catedrático de Literatura Española nun instituto de Ourense, cidade na que vive. Este último foi definido polo seu louvador, Xesús Alonso Montero, como «sinxelo, discreto e modesto». Alonso Montero sinalou que Víctor Campio é poeta pouco publicitado: «Víctor escribe e se lle gusta a alguén, moi ben. A inxustiza desta pouca publicidade é para os feridos polas letras ». Campio, dixo o seu presentador, «non é unha gloria de Maside. A súa voz poética está entre as grandes de Galicia, de España e de Europa».

O pasado 20 de novembro celebrouse en Maside un importante acto poético. A vila concedeu a distinción de Fillo Adoptivo ao poeta Francisco Luis Bernárdez Martínez e de Fillo Predilecto a Víctor Campio Pereira.

O poeta garabanés publicou dous volumes: un en verso; Perdida luz (escolma poética) e outro en prosa; Escritos en do menor, ambos os dous na colección Libros de frouma. Recentemente publicou O aire, a luz e o canto. Entre outros, ten poemas sociais de nobre feitura literaria, entre eles, Medo Foi un mencer, soneto que ben podía ser o epitafio de calquera dos paseados no verán do 36. Mais para os que non o coñezades aí vos vai a recomendación de ler a súa última publicación, unha composición para acabar co longo silencio que gardou este poeta. Co seu tema predilecto da confiscación da esperanza pola terrible aparición da morte así como a natureza e o amor. E deste xeito disfrutaredes dun dos mellores sonetistas da nosa terra.

Na súa intervención Campio salientou que "cada un conserva as raíces onde naceu", poñendo como exemplo que cando el nos seus poemas fala da "fonte", no seu pensamento está a que existe na igrexa da súa aldea, e cando fala dun "carballo" trátase do que está detrás da súa casa da infancia en Garabás.

Lorena e Jessica lendo poemas de Paco Bernárdez e Campio no acto da Casa da Cultura.

Víctor Campio o 20 de novembro na Casa da Cultura de Maside.

Maside nomea fillo predilecto a Víctor Campio

Víctor Campio co alcalde Maside e Cesáreo Sánchez, presidente da AELG. Ao acto tamén asistiron, entre outros, o presidente da RAG, Méndez Ferrín e o presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar.

Jessica Nogueira

Artigo publicado no Berro 2010-2011

Page 8: Victor_campio_pereira

RESPONDE

1- Como se chama a obra que no ano 2011 publicou o P.E.N.- CLUB Galicia na que se recollen as poesías do autor

garabanés?

2- Escribe o nome das obras poéticas que recolle esa edición.

3- Como se chama a obra que publicou a Xunta de Galicia que recolle 26 composicións de Víctor Campio e que foi

pensada para difundir esta poesía entre a comunidade escolar?

4-Na entrevista a Víctor Campio Pereira:

. De que dous nomeamentos se fala no primeiro parágrafo?

.Que importancia ten para Víctor Campio a lingua galega?

.E a aldea de Garabás?

5- No artigo do Berro aparece a información sobre o acto en que Víctor Campio foi nomeado fillo predilecto. Nese

mesmo acto foi nomeado fillo adoptivo Paco Bernárdez. Este autor está dalgunha maneira relacionado con Cortázar.

Nese mesmo artigo aparece nunha fotografía Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.

Investiga sobre Cesáreo Sánchez e sobre Cortázar.

Page 9: Victor_campio_pereira

TEXTOS

Presentámosche a continuacion unha selección de textos e actividades sobre eles para que coñezas a obra do autor garabanés.

Esta selección é do alumnado do CPI Terras de Maside e foi feita con motivo dunha homenaxe que a asociación Torre de Maside lle fixo ao autor en decembro de 2013.

Para partcipar nesa homenaxe, o alumnado escolleu algúns poemas de Víctor Campio e algunhas músicas dos grupos galegos Dous, Berrogüetto e Nova Galega de Danza para acompañar o seu recitado. Despois decidiu gravar a experiencia nun traballo para o autor.

O alumnado tamén realizou debuxos inspirados nalgúns deses poemas dos que seleccionamos algúns para este traballo.

Esperamos que che guste.

Víctor Campio Pereira en decembro de 2013 con algún alumnado do CPI Terras de Maside.

Page 10: Victor_campio_pereira

“ Se chego no solpor”

Se chego no solpor, se por degarode incanxeable luz chego a deshorae me poño a cantar coma quen chorapranto de noite pecha en día claro;

Se chego no solpor, se me declaroeivado vagaxeiro nesta horade encandecida lúa delatora,serodio corazón, triste paxaro;

Se chego, digo, no solpor, e veñomanco de luz, perdido, a este recanto,e me poño a cantar, é porque teño

no corazón a mar xa presentida.Mais non me importa que se perda o canto.Tanto me ten. A luz xa está perdida.

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-SS11ano1QkJNa00/view?usp=sharing

Fala: Íker Díaz Cid.Música: Lusco, Viaxe por Urticaria, Berrogüetto.

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

Page 11: Victor_campio_pereira

Esta composición pertence á primeira parte de O ar que nos leva (1987) e considérase un soneto antolóxico que resume a intencionalidade de render contas co pasado.

Soneto:Poema de catorce versos hendecasílabos (11 sílabas) formado por dous cuartetos e dous tercetos (ABBA, ABBA, CDC, DCD). Admite variacións nestas rimas.Cando hai adición doutro(s) terceto(s) chámase soneto con estrambote.

1- Conta as sílabas do poema e comproba se teñen 11 sílabas.

2- Como se chaman os versos de once sílabas?

3-E os de oito sílabas?

4- Comproba a rima de todas as estrofas.

5-Que son un cuarteto e un terceto?

6- Volve ler a entrevista a Víctor Campio Pereira en La Región e resume o que di sobre o soneto.

7- Escribe coas túas palabras o que se di en cada unha das estrofas.

8-Busca na rede ou na biblioteca do centro un soneto de Miro Villar.

Page 12: Victor_campio_pereira

“ Roubáronnos”

Queimáronnos os ollos e ficamos sen luz, xílgaros cegos,cantando a nosa dor engaiolados.

Roubáronnos o cantoe ficamos sen voz, cegos e mudos,en cárcere de sombras podrecidas.

Crebáronnos o cernee ficamos sen sangue, malferidos,

sen luz,sen voz,sen alma,

para erguer nesta noiteo noso chorocanto

Fala: Andrea Pérez Iglesias.Música: Dúas cores, Alento, Nova Galega de Danza

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-VEpmdy1Db1o4ZE0/view?usp=sharing

Page 13: Victor_campio_pereira

O poema “Roubáronnos” pertence ao mesmo libro e á mesma parte que “Se chego no solpor” e é unha paráfrase dun poema de Manuel Antonio, aínda que Víctor Campio non o menciona no poema.

SÓS

Fomos ficando sóso Mar o barco e mais nós Roubáronnos o SolO paquebote esmaltadoque cosía con liñas de fumeáxiles cadros sen marco

Roubáronnos o ventoAquel veleiro que se evadiupola corda frouxa do horizonte

Este océano desatracou das costase os ventos da Rosetaorientáronse ao esquenzo

As nosas soidadesveñen de tan lonxecomo as horas do reloxo

Pero tamén sabemos a manobrados navíos que fondeana sotavento dunha singradura

No cuadrante estantío das estrelasficou parada esta hora:O cadavre do Marfixo do barco un cadaleito

Fume de pipa SaudadeNoite Silenzo FríoE ficamos nós sóssen o Mar e sen o barconós

Manuel Antonio, De catro a catro.

1- Subliña todas as formas verbais de “Roubáronnos”

2- Analiza os tempos verbais en que se encontran.

3- Que significado teñen os verbos?

4- Cres que pode haber no poema unha crítica á represión franquista? Xustifica.

5- Relaciona o poema con Sós, de Manuel Antonio.

6- Busca nun dicionario o significado de “paráfrase”.

Page 14: Victor_campio_pereira
Page 15: Victor_campio_pereira
Page 16: Victor_campio_pereira
Page 17: Victor_campio_pereira

Todos estes debuxos foron feitos por alumnado de Maside para a poesía “Roubáronnos”.

Escolle un deles, descríbeo e explica que relación garda co contido do texto de Víctor Campio.

Hai outra poesía de Víctor Campio nesta mesma parte do libro que se chama “Forca alzada”. Nela fala dos fuxidos do monte. Busca a poesía na biblioteca. Le tamén “Luz acoitelada”. Nela parafraséase a Xosé Conde, un poeta de Barbantes exiliado na Arxentina.

Busca información sobre a represión franquista na túa aldea. Fala coas persoas da zona e coa escola para que che dean información.

Page 18: Victor_campio_pereira

Palabra amante, bicodo ensoño que teimarana profundeza núa,alí onde todo acaba.

Berce do vento en roldacantándonos na almapor séculos de séculoscantigas de esperanza.

Aquí, aquí, erguemosa nosa luz sen albas,aquí trepamos velloscamiños de longanzas.

Se angurias nos empuxan,amores nos recantan.cantaremos na ceifado pan que nos agarda.

Palabra amante, biconos beizos desta caraque ten un corpo: TERRAe ten un nome: PATRIA

Fala: Carla Rodríguez Corral Música: Himno do Antigo Reino de Galicia.

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-eGNyS1Z2azdrbm8/view?usp=sharing

Os dous poemas segintes pertencen á segunda parte de O ar que nos leva, Palabra amante.Nesta segunda parte amplifícanse as voces dos devanceiros, que pairan sobre varios poemas, con especial tratamento da figura da Nai e da memoria do Pai, pois Campio foi desde moi cedo orfo de pai.

Page 19: Victor_campio_pereira

“ Nai”

Aquelas mansestaban feitas para me acariñar.

Aquela voz falábamecoa rumorosa música do mar.

Aqueles ollos tiñana claridade da mañá.

Aqueles brazos eran,eran aqueles brazos un bambán.

E eu era aquel rapaz.

Fala: Daniel Chao Rodríguez.Música: Mateo, 2uS, Dous.

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-M2k1ZzN3ZHVCMk0/view?usp=sharing

Page 20: Victor_campio_pereira

1.Subliña os substantivos dos poema.

2.Redondea os verbos e analiza en que tempo están.

3.Sinala o argumento das composicións.

A foto que tes abaixo formou parte dun concurso que fixemos na escola, A Nosa Historia facémola Nós. Había que presentar fotos acompañadas de texto. E nesta foto aparecen cinco xercaións de mulleres da mesma familia.

5- Busca na túa casa fotos de cando as persoas máis vellas da túa familia eran moi novas e pide que che conten a historia que se agocha detrás delas. Escribe despois un texto co que aprendiches.

Xa dende pequena recordo o orgullosas que se poñían tanto a miña nai como a miña avoa, cando ensinaban esta foto a outros familiares ou amigos/as. Sempre dicían a mesmo: cinco xeracións de mulleres xuntas....e colocadas en orde.Empezando pola esquerda: a miña tataravoa, a miña bisavoa, a miña avoa, a miña nai e eu.Da bisavoa Isaura gardo algúns recordos, pero da tataravoa Hermesinda non, aínda que me teñen contado moitas cousas dela...non tivo unha vida moi doada pero, pese a todo...viviu 107 anos.Agrosantiño, 1982.Vanesa I.C.

Podes ver todas as fotos nesta ligazón: http://www.blogoteca.com/mollatecoalingua/index.php?cat=9462

Page 21: Victor_campio_pereira

“ Ese neno”“Repliego la mirada hacia mi honduray es un niño sin voz lo que contemplo”.

Antonio Pereira, “Ese niño que miro”

Ese neno que miro tralo murodos meus falsos espellos, asustado,ese tímido neno acovardado,tan ferido de vida de tan puro;

ese neno sosténdose inseguronunha arela de vento, nun soñado peitoril de esperanza fracasado;ese neno sen voz e sen futuro;

ese neno de antonte, neno triste,que vai e vén e vai sen que se vaiade min, neno que existe e non existe;

ese neno que chega e se retiraen pulos de marea á miña praia;ese neno que miro e que me mira...!

Fala: Graciela Gómez NovoaMúsica: Cracovia, ,10.0 Berrogüetto)

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-NkQ5bmRPSjlUQ0U/view?usp=sharing

Ao libro Por esa voz (sen data) pertecen os tres textos que presentamos a seguir, un poemario moi variado con sonetos a Rosalía, a Curros, a Otero Pedrayo, sonetos sobre a morte da inocencia da infancia (“Ese neno”),ou «Ámparome no soño», que canta a perda da súa compañeira Isabel Nolasco.

Page 22: Victor_campio_pereira

Fala: Verónica González MorgadeMúsica: Mornoambarina, Navicularia, Berrogüetto

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

Can perdido“”

Era un testán. Botouse a andar. Buscabapolos camiños unha vida antiga,unha noite de esmorga, algunha migade pan de amores que necesitaba.

Botouse a andar o can. Eu vino. Andabaentre as mestas milleiras de alta espigaxogando ó sol cunha cadela amiga,ciumenta femia que o reconfortaba.

Eu vin andar o can, mastín tourengo,perdido do seu amo por amores,e vino xa máis tarde, canso e rengo,

querendo regresar. Mais non podía.Perdera xa promesas e favores.Era un can “coma min” sen alegría.

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-N01BdUh2cG50OGM/view?usp=sharing

Page 23: Victor_campio_pereira

“ Ampárome no soño”

Xa todo se perdeu, pero aínda podoerguerme no meu soño: entrar naquelabendita casa nosa -miña e dela-onde noutrora tiven acomodo.

Xa estou de novo aquí. Apago a modoa luz do cuarto. Déitome. Ela vela,insomne, no mencer. Nada revelacambio nas cousas a pesar de todo.

Nada cambiou, amiga. Ti, deitadaneste niño de amor, falas comigo.Eu achégome e bícote na frente.

Xa nunca máis te perderei. Xa nadame privará de estar aquí contigo,no gozo desta ausencia tan presente.

Fala: Adrián Docampo Álvarez.Música: Madurando, 2uS, Dous.

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-dlYydEhCU0VVN3c/view?usp=sharing

Page 24: Victor_campio_pereira

“Ese neno”.1-Redondea todos os adxectivos do poema.2- Subliña “ese neno” sempre que apareza no poema. En que lugares se repite?3-Cal pensas que é o tema da composición?4- Imaxina como serás dentro de cincuenta anos. Escribe un texto no que recordas a túa vida.

“Can perdido”1- Explica coas túas palabras que lle sucede ao can.2- Por que pensas que a voz lírica se compara con ese can?3- “Botouse a andar” é unha perífrase verbal aspectual equivalente a outras de infinitivo como poñerse a, dar en … máis infinitivo. Que indican todas estas perífrases?Escribe outras dúas perífrases que coñezas.

“Ampárome no soño”1-A quen se dirixe Víctor Campio nesta poesía?2- Que significa para ti o último verso?3. Xustifica o título da composición.

A metáfora é un dos tropos con máis efectos expresivos e estéticos na lingua literaria. Consiste en trasladar o sentido propio dun termo real (TR) a outro co que mantén unha relación de semellanza (termo imaxinario, TI). A súa forma máis perfecta é a metáfora pura ou metáfora in absentia, na que só figura o TI e na que ten que deducirse o TR. Por outra banda, aquela na que se expresan os dous termos, a chamada metáfora impura ou metáfora in praesentia, resulta menos escura e permite máis alardes imaxinativos accesibles para o lector. Non se debe confundir a metáfora co símil, xa que a primeira non leva nexo de comparación; ademais, a relación que a metáfora indica non é comparativa, senón de identificación. (información tirada da wikipedia)

Busca en calquera dos poemas de Víctor Campio un exemplo de metáfora e outro de comparación (símil)

Recorda:Metáfora: A é B (os teus ollos son estrelas)Comparación: A é coma B (os teus ollos son coma estrelas)A relación entre A e B é sempre de semellanza.

Page 25: Victor_campio_pereira

“San Trocado”

Estou no San Trocado. Estou na pontedeste río de tempo que en arrolo á luz me leva, lévame no colo,augas arriba, cara á miña fonte.

Estou aquí, no cumio deste montede lastra en seixo, ara onde me inmolo;aquí, tribal e desandado, tolode tantas mortes como tiven onte.

Estou aquí cavándome as raíces,desenterrando testas, ollos, cruces,cadeas, medos, berros, cicatrices.

Estou aquí, aquí, no San Trocado!Estou aquí, estou aquí, de bruces,desenterrando todo o meu pasado!

Fala:Adrián Reboredo GarcíaMúsica: Alento, Alento, Nova Galega de Danza.

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-UWhiRGF4ZkZUX2M/view?usp=sharing

Page 26: Victor_campio_pereira

Este texto pertence a Perdida luz (2000). No libro, á parte de temas xa tratados anteriormente, cómpre destacar a presenza da paisaxe.

Coñeces o San Trocado?

Este debuxo é dun alumno da escola.

1- Visita o San Trocado e realiza un debuxo ou unha fotografía.

2- Intenta contar as sensacións que che produce un lugar da túa aldea que che guste moito. Podes facelo como queiras: un debuxo, un texto, un vídeo...

3- Facede unha exposición no cole con esas fotos, debuxos, textos...

Page 27: Victor_campio_pereira

“ Se chego no solpor”

Se chego no solpor, se por degarode .......... luz chego a deshorae me poño a cantar coma quen chorapranto de noite ......... en día ...........;

Se chego no solpor, se me declaro......... vagaxeiro nesta horade ............ lúa ..............,............. corazón, ............ paxaro;

Se chego, digo, no solpor, e veño......... de luz, ..........., a este recanto,e me poño a cantar, é porque teño

no corazón a mar xa ............Mais non me importa que se perda o canto.Tanto me ten. A luz xa está ...............

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-SS11ano1QkJNa00/view?usp=sharing

Fala: Íker Díaz Cid.Música: Lusco, Viaxe por Urticaria, Berrogüetto.

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

Para facer as seguintes actividades tes que escoitar os audios. En todos os textos falta algo.Debes completalos e dicir que teñen en común as palabras que faltan.

Faltan: ............................

Page 28: Victor_campio_pereira

“ Roubáronnos”

Queimáronnos os ........... e ficamos sen ......., xílgaros cegos,cantando a nosa dor engaiolados.

Roubáronnos o .........e ficamos sen ......., cegos e mudos,en cárcere de sombras podrecidas.

Crebáronnos o ..........e ficamos sen sangue, malferidos,

sen .......,sen ........,sen .........,

para erguer nesta noiteo noso chorocanto

Fala: Andrea Pérez Iglesias.Música: Dúas cores, Alento, Nova Galega de Danza

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-VEpmdy1Db1o4ZE0/view?usp=sharing

Faltan: ............................

Page 29: Victor_campio_pereira

Palabra .........., .........do .......... que teimarana profundeza núa,alí onde todo acaba.

......... do vento en roldacantándonos na almapor séculos de séculoscantigas de ..........

Aquí, aquí, erguemosa nosa luz sen albas,aquí trepamos velloscamiños de longanzas.

Se angurias nos empuxan,......... nos recantan.Cantaremos na ceifado pan que nos agarda.

Palabra amante, biconos ........ desta caraque ten un corpo: TERRAE ten un nome: PATRIA

Fala: Carla Rodríguez Corral Música: Himno do Antigo Reino de Galicia.

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-eGNyS1Z2azdrbm8/view?usp=sharing

Faltan: ............................

Page 30: Victor_campio_pereira

“ Nai”

Aquelas ...............Estaban feitas para me acariñar.

Aquela .......... falábameCoa rumorosa música do mar.

Aqueles ........... tiñanA claridade da mañá.

Aqueles .......... eran,Eran aqueles brazos un bambán.

E eu era aquel rapaz.

Fala: Daniel Chao Rodríguez.Música:(Mateo, 2uS, Dous.

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-M2k1ZzN3ZHVCMk0/view?usp=sharing

Faltan: ............................

Page 31: Victor_campio_pereira

“ Ese neno”“Repliego la mirada hacia mi honduray es un niño sin voz lo que contemplo”.

Antonio Pereira, “Ese niño que miro”

Ese neno que miro tralo murodos meus falsos espellos, ............,ese ........ neno .............,tan ............... de tan puro;

ese neno sosténdose ...........nunha arela de vento, nun soñado peitoril de esperanza fracasado;ese neno ......... e ................;

ese neno de antonte, neno .......,que ................ e vai sen que se vaiade min, neno ...................................;

ese neno que chega e se retiraen pulos de marea á miña praia;ese neno que miro e que me mira...!

Fala: Graciela Gómez NovoaMúsica(Cracovia, 10.0, Berrogüetto)

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-NkQ5bmRPSjlUQ0U/view?usp=sharing

Page 32: Victor_campio_pereira

Fala: Verónica González MorgadeMúsica: Mornoambarina, Navicularia, Berrogüetto

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

Can perdido“”

Era un testán........... a andar. ..........polos camiños unha .......... antiga,unha noite de esmorga, algunha migade pan de amores que ..............

............. a andar o can. Eu ........ ............entre as mestas milleiras de alta espigaxogando ó sol cunha cadela amiga,ciumenta femia que o ................

Eu .......... andar o can, mastín tourengo,perdido do seu amo por amores,e .......... xa máis tarde, canso e rengo,

querendo regresar. Mais non podía.Perdera xa promesas e favores.Era un can “coma min” sen alegría.

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-N01BdUh2cG50OGM/view?usp=sharing

Page 33: Victor_campio_pereira

“ Ampárome no soño”

Xa todo se perdeu, pero aínda podoerguerme no meu soño: entrar naquela.............. casa nosa -miña e dela-onde noutrora ............ acomodo.

Xa estou de ........ aquí. Apago a modoa luz do cuarto. Déitome. Ela .........,insomne, no mencer. Nada ................. nas cousas a pesar de todo.

Nada ..............., amiga. Ti, deitadaneste niño de amor, falas comigo.Eu achégome e .......... na frente.

Xa nunca máis te perderei. Xa nadame ................ de estar aquí contigo,no gozo desta ausencia tan presente.

Fala: Adrián Docampo Álvarez.Música:(Madurando, 2uS, Dous.

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-dlYydEhCU0VVN3c/view?usp=sharing

Page 34: Victor_campio_pereira

“San Trocado”

Estou no San Trocado. Estou na .........Deste .......... de tempo que en arrolo á luz me leva, lévame no colo,augas arriba, cara á miña ..........

Estou aquí, no ........ deste .........de ....... en ..........., ara onde me inmolo;aquí, tribal e desandado, tolode tantas mortes como tiven onte.

Estou aquí cavándome as raíces,desenterrando testas, ollos, cruces,cadeas, medos, berros, cicatrices.

Estou aquí, aquí, no San Trocado!Estou aquí, estou aquí, de bruces,desenterrando todo o meu pasado!

Fala:Adrián Reboredo GarcíaMúsica: Alento, Alento, Nova Galega de Danza.

Escoita a poesía recitada nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/0B1NE4oVoWaY-UWhiRGF4ZkZUX2M/view?usp=sharing

Page 35: Victor_campio_pereira

Hai moita poesía.Para todos os gustos.Haina escrita en papel, nas paredes, na pel.Ata hai poesía na rede.

Hai poesía dita e acompañada con música.

Haina con palabras e con imaxes.Foto-poemas, videopoemas.

Poesía clásica ou rompedora.De amor ou de denuncia social.Culta ou popular. Urbana ou rural.

As letras das músicas poden ser poesía.

Busca a que che gusta.E escribe ou le.Ou le e escribe.

Deixámosche unhas mostras de cousas que fixemos na escola coa poesía.

Arriba tes un fotohaiku dun concurso da escola e nesta ligazón un videopoema: https://www.youtube.com/watch?v=Bkn3ERYIX-I

BIBLIOGRAFÍAPEREIRA, V. CAMPIO, O aire a luz e o canto, P.E.N Clube de Galicia, 2008.PEREIRA, V. CAMPIO, Quince sonetos de amor e once poemas máis.VILLAR, MIRO (2011 [2009]). “Unha poética heraclitiana”. Grial: 181, 110-111. reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneasna cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/35>.LÓPEZ-CASANOVA, ARCADIO, Dicionario metodolóxico de análise literaria, Galaxia, 2001.Web albergueria: http://www.albergueria.es/victorcampio.htmPatriminono Galego: http://patrimoniogalego.net/index.php/929/2011/05/petroglifo-de-o-bolo-i/

Debuxos e gravacións realizados na escola CPI Terras de Maside, curso 2013-2014