O Loureiro
Irene Leiro PradoI.E.S. Francisco Asorey, Cambados, febreiro 2014
NOMES
●Galego: loureiro●Científico: Laurus nobilis●Francés: Laurier●Alemán: Lorbeer●Italiano: Lauro
DESCRIPCIONÁrbore perenne que pode acadar de cinco a dez metros de altura.
A raíz é típica e moi profunda
TALO
Toro dereito, moi ramificado e coas ponlas erguidas. Ten a cortiza moi escura e lisa.
As ponlas novas e os chupóns son de cor púrpura.
FOLLAS Simples, de forma lanceolada, coa beira ondeada, de
cor verde escuro e de consistencia coirenta. Miden 3-9 cm de lonxitude
Son moi aromáticas.
FLORES Son moi pequenas e de cor abrancuzado. Nacen
reunidas en grupos e están unidas á base por un pedúnculo curto. Son unisexuais. As flores masculinas posúen de 8-14 estames e as femininas catro pétalos.
FROITOBaga ovoide de 10- 15 mm, de cor negra ao madurar.
CICLO DE VIDANon perde a folla.As flores saen de febreiro a abril e os froitos maduran en setembro e outubro.
UTILIDADE● FOLLAS: Condimento, uso
medicinal (para a dixestión, a fatiga), para afumar embutidos, como antiparasitario...
● As bagas en mestura con xenebreiro e viño empréganse como reconstituínte .
CRENZAS E COSTUMES
-O loureiro é o símbolo da victoria e do trunfo e úsase para honrar ás persoas destacadas (coroas).-Cando se remata de levantar unha casa ponse un ramo de loureiro no tellado.-Cando se ten o viño “abillado” (á venda nas adegas) colócase un ramo de loureiro na porta para anuncialo.-O loureiro úsase para os esconxuros, e para preservar das treboadas.
CURIOSIDADES