TEMA 6ORGANIZACIÓN POLÍTICA E TERRITORIAL
DE ESPAÑA E DE GALICIA
3º ESO
INTRODUCIÓN
● A Constitución española, aprobada o 6 de decembro de 1978, é a norma suprema que todos os cidadáns e cidadás e todos os gobernantes deben acatar.
● A Constitución define a nosa forma de goberno como monarquía parlamentaria.
● Coñecer a Constitución permite saber cales son os nosos dereitos e os nosos deberes.
1ESPAÑA: UNHA MONARQUÍA PARLAMENTARIA
● Segundo a Constitución, España é unha monarquía parlamentaria. O Rei de España é o Xefe de Estado, pero o Goberno é elixido polo Parlamento.
● A Coroa, na persoa do Rei é a máxima representación do Estado: é árbitro e moderador das institucións. O cargo de Rei é vitalicio e hereditario e a súa persoa inviolable.
● A nosa forma de goberno, establecida na Constitución, baséase na división de poderes: lexislativo, executivo e xudicial.
● O poder lexislativo (elaborar e aprobar as leis) corresponde ao Parlamento.
● O poder executivo (aplicar as leis) corresponde ao Goberno.
● O poder xudicial (xulgar e executar o xulgado) exérceno os xuíces e os Tribunais de xustiza.
● En España, o Parlamento denomínase Cortes Xerais. Está formado por:
– Congreso dos Deputados.
– Senado.
● As Cortes exercen dúas funcións: a lexislativa, elaborar e aprobar as leis, e o control do Goberno.
● O Congreso dos Deputados elixe o Presidente do Goberno.
● O Goberno español (poder executivo) está formado polo Presidente (elexidos polo Congreso) e os Ministros (elexidos polo Presidente).
– É o órgano que fixa os obxectivos que se deben alcanzar nos diferentes ámbitos de actuación de Estado (agricultura, industria, sanidade,...) e as estratexias que se deben seguir para conseguilos (reducir gastos, subir impostos,...).
● A aplicación das leis (poder xudicial) lévana a cabo xuíces e tribunais de xustiza.
– O máximo órgano xudicial é o Tribunal Supremo.
– O Tribunal Constitucional é a instancia xudicial que garante que as leis non vulneren a Constitución.
● Os cidadáns e cidadás españois (pobo), seguindo o principio de soberanía nacional, eliximos aos nosos representantes.
● Os partidos políticos son as canles a través das cales os cidadáns e cidadás participan na vida política. Poden ser de ámbito estatal ou autonómico.
2A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE ESPAÑA
● O Estado español organiza o territorio en municipios, provincias e Comunidades Autónomas.
● Os municipios son as unidades administrativas e territoriais máis elementais do Estado. No seu territorio exércese a administración municipal. O goberno dun municipio é responsabilidade do Concello formado polo alcalde e os concelleiros.
● As provincias son territorios constituídos pola agrupación de varios municipios:
● A división do territorio español en provincias ideouse en 1833 (Javier de Burgos).
● A división provincial ten tres funcións básicas:
– Serve de delimitación electoral do Estado.
– Serve de división territorial da administración periférica do Estado Central representado polo subdelegado do goberno.
– É a entidade local de maior rango, coa función de cooperar cos municipios a través da Deputación Provincial.
3O ESTADO DAS AUTONOMÍAS
● En 1978 a Constitución española recoñeceu o dereito das nacionalidades e das rexións que integran o Estado a constituírse en Comunidades Autónomas. O Estado español adoptou unha organización descentralizada.
● Entre 1979 e 1983 organizáronse as 17 Comunidades Autónomas actuais. Delas, sete teñen unha única provincia.
● As Comunidades Autónomas réxense polos seus Estatutos de Autonomía, onde se recollen as institucións, normas e competencias, así como os recursos económicos que lles correspondan para exercelas.
● As competencias autonómicas poden ser exclusivas ou compartidas co Estado.
● As institucións de autogoberno das Comunidades Autónomas son:
– A Asemblea ou Parlamento.
– O Presidente autonómico.
– Goberno ou Consello.
● En 1995, os municipios de Ceuta e Melilla constituíronse tamén en Cidades Autónomas.
4A AUTONOMÍA DE GALICIA
● Galicia constituíuse en Comunidade Autónoma en 1981 coa aprobación do seu Estatuto de Autonomía. Este regula as competencias autonómicas das comunidades e establece as súas institucións de goberno.
● O goberno autonómico desenvolve as competencias e, a medida que aumentan, maior é o grao de autonomía. Entre as máis importantes están: A organización das súas institucións, a ordenación do territorio, a ensinanza da lingua galega, a asistencia social...
● As institucións da Comunidade Autónoma son:
– O Parlamento: representa ao pobo galego, controla á Xunta, aproba as leis e os orzamentos. Fórmano os deputados/as elixidos pola cidadanía.
– A Xunta: é o organo de goberno, propón as leis e fainas cumprir. Fórmana o Presidente e os conselleiros/as.
– O Presidente: elixido polo Parlamento, nomea os seus conselleiros/as e dirixe a acción de goberno.
– Outras institucións:
● O Tribunal Superior de Xustiza: é a máxima institución xudicial de Galicia.
● O Valedor do Pobo: é o encargado de protexer os dereitos dos cidadáns e cidadás da Comunidade.
5A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE GALICIA
● A Constitución e o Estatuto de Autonomía organizan o territorio galego.
● Galicia está formada por 4 provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; por 53 bisbarras ou comarcas e por numerosos concellos (315).
● Ademais, Galicia organiza o seu territorio en aldeas, parroquias, vilas e cidades.
● Espazos rurais: reduciuse moito a poboación rural (32%), pero aínda así hai multitude de núcleos de distintos tamaños, que non superan os 100 habitantes:
– A aldea: formada por varias casas agrupadas (uns 50 habitantes), é o típico asentamento galego.
– A parroquia: formada por varias aldeas, está moi arraigada por ser considerada o lugar de orixe.
● Espazos urbanos: a poboación urbana supera o 68%.
– As cidades: son grandes núcleos de poboación. As maiores sitúanse na costa (Vigo, A Coruña). No prelitoral destaca Santiago.
– As vilas: actúan de capitais de comarcas. Hainas cunha función primordial (industrial, comrcial, pesqueira ou turística).
AS COMARCAS DE GALICIA
COMARCA DOS ANCARES
● No territorio galego existen diferenzas entre:
– A Galicia interior ou rural: constituída por multitude de asentamentos esparexidos (Lugo, Ourense).
– A Galicia da zona atlántica: principal eixe de concentración de poboación, na súa maioría urbana, que vai dende Ferrol ata as Rías Baixas.
● Os desequilibrios internos en Galicia aféctanlle a:
– Poboación: na zona litoral están os núcleos máis poboados e na zona interior abundan vilas e aldeas.
– Actividades económicas: A zona de maior dinamismo económico e de maiores rendas localízase na Galicia Atlántica.
– Eixes de comunicación e infraestruturas: No litoral galego concéntranse as principais vías e infraestruturas. O relevo do interior condiciona a construción das mesmas.
6A SOCIEDADE ESPAÑOLA E GALEGA
● España e Galicia son sociedades postindustriais, nas que predomina o sector dos servizos e na que se desenvolve unha industria altamente tecnificada.
● A poboación pasou de ser na súa maioría rural a urbana.
● A incorporación da muller ao mundo laboral remunerado foi un factor importante no desenvolvemento económico, aínda que existen discriminacións.
● En España e en Galicia, a estrutura familiar actual tivo cambios: pode formarse pola familia tradicional extensa, a familia nuclear, as familias monoparenterais e os matrimonios ou parellas de feito entre persoas de diferente nacionalidade e do mesmo sexo.
● O nivel de benestar en España é elevado, en Galicia é inferior á media española:
– Neste relaciónase o crecemento económico coa calidade de vida e o nivel asistencial da poboación.
– Mídese con varios indicadores: o ensino, a sanidade, a esperanza de vida ou o consumo
FIN