17

O substantivo e o adxectivo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O substantivo e o adxectivo

Citation preview

Page 1: O substantivo e o adxectivo
Page 2: O substantivo e o adxectivo

DEFINICIÓN

● Morfolóxica

Palabra variable formada por

L + MFXº + MFNº: liberdade-s president-a-Ø

● Semántica

Designa seres ou entidades reais (mesa,

rapaza) ou imaxinarias (saudade)

● Sintáctica

N da fr. nom.

nena alta

Page 3: O substantivo e o adxectivo

CLASIFICACIÓN SEMÁNTICA

SUBSTANTIVOS

PROPIOS COMÚNS

ABSTRACTOS COMÚNS

COLECTIVOS INDIVIDUAIS

CONTABLES INCONTABLES

Page 4: O substantivo e o adxectivo

FLEXIÓN XÉNERO

O xénero lingüístico: noción gramatical, na maioría dos casos sen relación coa realidade.

Substantivos masculinos:

● -ote: o estalote, o dote (a glote)

● -ume: o cume, o costume (a mansedume, a servidume)

● -me: o exame (a fame)

Substantivos femininos:

● -axe: a paisaxe (o balaxe, o bricolaxe, o garaxe, o paxe, o traxe)

● -se/ -ite (orixe grega): a análise, a otite

Page 5: O substantivo e o adxectivo

FLEXIÓN XÉNERO

Oposición: masculino vs. feminino só en determinados casos.

- Flexión morfemática: a oposición márcase por medio de morfemas:

lobo vs. loba

- Flexión non morfemática: realízase por medio de determinantes

e/ou modificadores: o /a personaxe, o /a pianista. (Sincretismo)

- Léxico: cada xénero se expresa por medio dun substantivo diferente

(home / muller, cabalo / egua)

- Epicenos: só se pode marcar o xénero por medio do adxectivo macho

/ femia: a águia macho / femia.

Page 6: O substantivo e o adxectivo

FLEXIÓN NÚMERO

Oposición: singular vs. plural

1 unidade + 1 unidade

carballo carballos

souto soutos

Márcase por medio de morfemas (carballo / carballos) ou

por medio de determinantes e/ou modificadores (o / os

lapis).

SINGULARIA TANTUM: substantivos que non admiten

pluralización o cénit

PLURALIA TANTUM: substantivos que non admiten

singularización as cóxegas

Page 7: O substantivo e o adxectivo

DEFINICIÓN

● Morfolóxica: palabra variable

L + MFXº + MFNº: murch-o-s murch-a-Ø

● Semántica: expresa calidades, estados, características atribuídos a obxectos denotados polo substantivo

– Explicativo / Epíteto: característica inherente xeo frío

– Especificativo: característica que o califica fronte ao resto da clase café frío / morno

● Sintáctica: N da fr. adx. café quente

Page 8: O substantivo e o adxectivo

FLEXIÓN DE XÉNERO E NÚMERO

A flexión en xénero e número do adxectivo vén determinada polo substivo ao que modifica

café frío cafés fríos

home ruín homes ruíns

mesa alta mesas altas

muller morena mulleres morenas

Non todos os adxectivos admiten flexión de xénero: ruín, feliz, alegre... (Adxectivo dunha soa terminación)

Page 9: O substantivo e o adxectivo

GRADACIÓN

GRAOS DOS ADXECTIVO

- Positivo: non engade valores de intensificación

- Comparativo: establece unha comparación de intensidade

- Superioridade

- Igualdade

- Superioridade

- Superlativo: outórgalle a máxima calidade

Page 10: O substantivo e o adxectivo

GRADACIÓN. COMPARACIÓN

- Comparativo: establece unha

comparación de intensidade

- Superioridade: máis... ca/

que / do que

- Igualdade: tan... como /

coma

- Superioridade: menos ...

ca / que / do que

As particulas “ca” e “coma”

son obrigatorias cando

despois delas hai un

pronome:

É tan alta coma ti.

Cando o segundo

termo da

comparación é unha

oración, é obrigatorio

empregar “do que” e

“como”: ´É máis lista

do que ti cres”

A partícula “ca” podemos

contraela ou non co artigo

(Gústalle máis o can ca a / cá

cadela), mais nunca coa

preposición (Gústame máis a

min ca a ti)

Page 11: O substantivo e o adxectivo

Á parte do sufixo –ísimo, existe

un máis culto: -érrimo

(paupérrimo)

GRADACIÓN. SUPERLATIVO

- Relativo. Establécese a máxima calidade

respecto a un grupo:

“É a máis coñecida do grupo”

- Absoluto. Outórgaselle a máxima calidade

“É coñecidísima”: por medio de sufixos

“É moi coñecida”: por medio dun adverbio

“É supercoñecida”: por medio de prefixos

Page 12: O substantivo e o adxectivo

O XÉNERO. MORFEMAS

Masculino Feminino

1. /Ø/ rapaz-Ø- /a/ rapaz-a-Ø

catalán-Ø catal-á-Ø

2. /o/ lob-o-Ø lob-a-Ø

3. /e/ mestr-e-Ø mestr-a-Ø

Page 13: O substantivo e o adxectivo

O XÉNERO. FORMACIÓN

Masculino Feminino

1. -ÓN -OA (campioa, patroa)

-ONA: despectivos / aumentativos

(lambona, cabezona)

2. -ÁN -Á (alemá, anciá)

-ANA: despectivos

(brutana, barullana, toleirana)

Page 14: O substantivo e o adxectivo

O NÚMERO. MORFEMAS

SINGULAR PLURAL

Ø Av-ó-Ø

Rapaz-Ø-Ø

Túnel-Ø

Animal-Ø

-S av-ó-s

-ES rapaz-Ø-es

túnel-es

-IS anima-is

Page 15: O substantivo e o adxectivo

O NÚMERO. FORMACIÓN

SINGULAR PLURAL

-S INVARIABLE (graves, esdrúxulas)

(os lapis, os mércores)

+ ES (agudas) (deuses)

- L + ES (túneles, soles)

> IS (animais, funís)

- GRUPO INVARIABLES (os fax, os bíceps)

CONSONÁNTICO

Page 16: O substantivo e o adxectivo

O NÚMERO. FORMACIÓN

PLURAL DOS COMPOSTOS

- Compostos lexicalizados: pluralízase o último elemento

Parasoles Limpacristais Vagalumes

- Compostos non lexicalizados:

- Substantivo + adxectivo: pluralízanse os dous elementos

porcos bravos gardas civís

- Substantivo + substantivo: pluralízase o primeiro elemento

sofás cama camións cisterna

- Substantivo + frase preposicional: pluralízase o primeiro elemento

arcos da vella

Page 17: O substantivo e o adxectivo

O NÚMERO. FORMACIÓN

PLURAL DOS PRÉSTAMOS / ESTRANXEIRISMOS /

CULTISMOS

- -VOGAL: engaden –S ou manteñen ou respectan a da lingua orixe.

Hippys / Hippies Sprays

- -CONSOANTE (própias do galego en posición final): seguen as

regras xerais agás as pouco integradas que poden engadir –S

dólares somieres júniors / juniores

- CONSOANTES (estraña no galego en posición final): + S

álbums pubs sláloms tics