1
Brucelosis humana ¿Qué e a brucelosis? A brucelosis é un conxunto de enfermidades causadas por unha bacteria pertencente ao xénero denominado Brucella. Trátase dunha enfermidade antropozoonótica, é dicir, é unha enfermidade que pode ser transmitida aos humanos por diversos animais vertebrados. Podería dicirse que o ser humano non é en realidade o obxectivo deste grupo de bacterias, senón que a súa infección é un accidente na cadea epidemiolóxica (camiño que segue o axente patóxeno dende o seu hábitat natural ata o hospedador susceptible), posto que o seu hóspede habitual adoitan ser outros mamíferos (gando ovino, bovino, caprino, porcino, cans, cetáceos, etcétera). Cómo se contrae a brucelosis O contaxio da brucelosis (tamén coñecida como febre de Malta ou mediterránea, febre ondulante ou enfermidade de Bang) adoita darse por contacto con fluídos provenientes dalgún animal infectado (sangue, ouriños, feces, fluídos vaxinais, fetos abortados, placenta) e debido ao consumo de produtos de orixe animal infectados, principalmente leite cru ou produtos lácteos elaborados con leite cru. As vías de contaxio, é dicir, o lugar por onde a bacteria penetra no organismo unha vez estableceu contacto co individuo, adoitan ser a boca, nariz, ollos e zonas lesionadas na pel (cortes, feridas, etcétera). A inxestión dun produto infectado adoita ser a forma máis común de contaxio non relacionado co ámbito laboral. Por Ainoa Ferreiro Godon

Traballo enfermedades ainoa

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Traballo enfermedades ainoa

Brucelosis humana ¿Qué e a brucelosis? A brucelosis é un conxunto de enfermidades causadas por unha bacteria pertencente ao xénero denominado Brucella. Trátase dunha enfermidade antropozoonótica, é dicir, é unha enfermidade que pode ser transmitida aos humanos por diversos animais vertebrados. Podería dicirse que o ser humano non é en realidade o obxectivo deste grupo de bacterias, senón que a súa infección é un accidente na cadea epidemiolóxica (camiño que segue o axente patóxeno dende o seu hábitat natural ata o hospedador susceptible), posto que o seu hóspede habitual adoitan ser outros mamíferos (gando ovino, bovino, caprino, porcino, cans, cetáceos, etcétera).

Cómo se contrae a brucelosis O contaxio da brucelosis (tamén coñecida como febre de Malta ou mediterránea, febre ondulante ou enfermidade de Bang) adoita darse por contacto con fluídos provenientes dalgún animal infectado (sangue, ouriños, feces, fluídos vaxinais, fetos abortados, placenta) e debido ao consumo de produtos de orixe animal infectados, principalmente leite cru ou produtos lácteos elaborados con leite cru.

As vías de contaxio, é dicir, o lugar por onde a bacteria penetra no organismo unha vez estableceu contacto co individuo, adoitan ser a boca, nariz, ollos e zonas lesionadas na pel (cortes, feridas, etcétera). A inxestión dun produto infectado adoita ser a forma máis común de contaxio non relacionado co ámbito laboral.

Por Ainoa Ferreiro Godon