6
“Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcas a” Porque nos molestamos en estudar o liberalismo? O liberalismo é o que nos permitiu pasar do absolutismo á democracia 1 actual. É moi importante porque era moi difícil saír desa situación do Antigo Réxime na que se levaba tanto tempo, na que había: - Soberanía real: o rei ou a raíña eran os que tiñan o poder, tiñan a soberanía, e non había ningunha lei nin nada que os puidera frear. Por enriba do rei non había ninguén. Eran reis por dereito divino, ou sexa, porque Deus así o quería. - Concentración de poderes: o monarca tiña todo o poder, facía as leis (lexislativo), mandaba e organizaba (executivo) e xulgaba se se cumprira a lei ou non (xudicial). Evidentemente o rei ou a raíña non facían todo iso en persoa, tiñan validos que lles axudaban a gobernar, xuices que xulgaban... pero quen tomaba as decisións ou elixía a quen as tomaba no seu nome, era o rei ou a raíña. - Desigualdade dos súbditos ante a lei: había dous grupos sociais que tiñan privilexios (nobreza e clero) e outro que non os tiña (Terceiro Estado 2 ). E de onde saíu o pensamento liberal? Xurdiu así de pronto? Non xurdiu de repente no século XIX. O liberalismo pon en práctica moitas das ideas que defenderan os ilustrados e ilustradas no século XVIII. A diferenza é que no século XVIII a ilustración non tomou o poder, senón que só conseguiu que algúns reis e raíñas absolutos, sen deixar de ser absolutos, é dicir, sen darlle ningún poder ao pobo, aplicaran algunhas medidas reformistas: o que chamamos déspotas ilustrados. En cambio o liberalismo, cunha serie de revolucións que chamamos revolucións burguesas ou revolucións liberais, conseguiron facer un cambio 1 Democracia: o que temos hoxe en día en España en que o pobo é o que manda (ou sexa que temos nos a soberanía, o poder). Mandamos a través dos nosos votos, nas eleccións. Aínda que non eliximos ao rei, o rei, en realidade reina pero non goberna, así que non o contamos). 2 Lembrade que dentro do terceiro estado había xente moi rica (burguesía) e xente pobre ou moi pobre.

Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

“Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa”

Porque nos molestamos en estudar o liberalismo?

O liberalismo é o que nos permitiu pasar do absolutismo á democracia1 actual. É moi importante porque era moi difícil saír desa situación do Antigo Réxime na que se levaba tanto tempo, na que había:

- Soberanía real: o rei ou a raíña eran os que tiñan o poder, tiñan a soberanía, e non había ningunha lei nin nada que os puidera frear. Por enriba do rei non había ninguén. Eran reis por dereito divino, ou sexa, porque Deus así o quería.

- Concentración de poderes: o monarca tiña todo o poder, facía as leis (lexislativo), mandaba e organizaba (executivo) e xulgaba se se cumprira a lei ou non (xudicial). Evidentemente o rei ou a raíña non facían todo iso en persoa, tiñan validos que lles axudaban a gobernar, xuices que xulgaban... pero quen tomaba as decisións ou elixía a quen as tomaba no seu nome, era o rei ou a raíña.

- Desigualdade dos súbditos ante a lei: había dous grupos sociais que tiñan privilexios (nobreza e clero) e outro que non os tiña (Terceiro Estado2).

E de onde saíu o pensamento liberal? Xurdiu así de pronto?

Non xurdiu de repente no século XIX. O liberalismo pon en práctica moitas das ideas que defenderan os ilustrados e ilustradas no século XVIII. A diferenza é que no século XVIII a ilustración non tomou o poder, senón que só conseguiu que algúns reis e raíñas absolutos, sen deixar de ser absolutos, é dicir, sen darlle ningún poder ao pobo, aplicaran algunhas medidas reformistas: o que chamamos déspotas ilustrados. En cambio o liberalismo, cunha serie de revolucións que chamamos revolucións burguesas ou revolucións liberais, conseguiron facer un cambio espectacular: darlle o poder ao pobo, aínda que nun principio ese pobo non eran en realidade toda a poboación, senón só a burguesía (a xente rica, dona de negocios, comercio, industrias, banca...).

Que novidades introducía o liberalismo?

- Soberanía Nacional: o poder teno o pobo. O pobo exerce o seu poder a través do voto ou sufraxio.

- Igualdade ante a lei: xa non hai privilexiados e non privilexiados. Todo o mundo é igual ante a lei. Ademais consideran que hai unha serie de dereitos naturais que ten todo home ao nacer. Para defender estes dereitos escriben declaracións solemnes nas que enumeran todos eses dereitos.

- Constitucións: redactan constitucións, que son a lei mais importante do país e que está por enriba de calquera outro poder. Ninguén pode facer unha lei que vaia contra a constitución, ou gobernar en contra do que mande a constitución. A constitución serve para defender os dereitos conseguidos.

1 Democracia: o que temos hoxe en día en España en que o pobo é o que manda (ou sexa que temos nos a soberanía, o poder). Mandamos a través dos nosos votos, nas eleccións. Aínda que non eliximos ao rei, o rei, en realidade reina pero non goberna, así que non o contamos).2 Lembrade que dentro do terceiro estado había xente moi rica (burguesía) e xente pobre ou moi pobre.

Page 2: Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

- O poder está dividido entre distintos organismos ou persoas para que uns controlen aos outros:

o Lexislativo: unha cámara de representantes3 ou parlamento fai as leis. Ese parlamento é elixido pola poboación nas eleccións.

o Executivo: goberna unha ou varias persoas elixidas pola poboación4. o Xudicial: o exercen xuíces independentes.

Que revolucións liberais houbo?

3 Pode haber dúas cámaras ou unha.4 Nas monarquías do século XIX será a raíña ou o rei quen goberne.

Page 3: Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

A Guerra da Independencia dos EE.UU.

O Reino Unido tiña colonias en América do Norte. O Reino Unido explotaba ás colonias economicamente e se reservaba o monopolio comercial, é dicir, que as colonias americanas non podían comerciar con quen quixeran. Así que a burguesía revelouse e declarou a independencia das colonias americanas. Pero o máis importante é que organizaron a nova federación de Estados que crearon cos principios do liberalismo: soberanía nacional, igualdade ante a lei, constitución, división de poderes e sufraxio. En 1789, o mesmo ano que comezou a famosa Revolución Francesa no continente europeo, en América, os Estados Unidos elixían ao primeiro presidente.

A Revolución francesa.

Os europeos dámoslle máis importancia á Revolución Francesa que a americana, porque a Revolución Francesa espallou os principios do liberalismo por Europa. Comezou en 1789 e para nós é tan importante que consideramos esta data como o comezo da Idade Contemporánea.

En Francia había unha gran crise económica. Os impostos eran moi altos e aínda así non chegaban para os gastos do Estado. O rei Luis XVI necesitaba conseguir máis cartos pero xa non podía cobrarlle máis ao Terceiro Estado (campesiñado, burguesía e resto de habitantes das cidades...). Primeiro intenta convencer á nobreza privilexiada de que paguen impostos voluntariamente, pero non o consigue. Entón convoca os Estados Xerais, que era unha reunión propia do Antigo Réxime na que se xuntaban representantes dos tres estamentos (nobreza, clero e Terceiro Estado), para intentar convencelos de que pagaran.

Porque dicimos que os Estados Xerais eran de carácter absolutista se se parecen a un parlamento?. Pois porque os parlamentos democráticos ou liberais os convoca o pobo, non o rei, e teñen o poder de facer as leis. Estes Estados Xerais non podían facer leis que o rei non quixera. Ademais notábase que non eran todos e todas iguais ante a lei porque votaban por estamento, non por persoa. Nos Estados Xerais a nobreza tiña un voto, o clero outro voto e o Terceiro Estado outro voto. O Terceiro Estado, os non privilexiados, estaban en desvantaxe.

Pero as ideas da Ilustración espalláranse e influíron para que os membros do Terceiro Estado se atreveran a solicitar o voto por persoa en vez de por Estamento e o rei os apoiaba porque nese momento preciso interesáballe, para convencer aos privilexiados de que pagaran impostos.

Estaban discutindo se votaban por persoa ou por estamento cando o Terceiro Estado decidiu reunirse e declarar que tiñan o poder da nación como seus representantes, eles e os membros da nobreza e o clero que quixeran unírselles, pero votando por persoa. O pobo facíase co poder, quitándollo ao rei. Esa reunión chamouse Asemblea Nacional e decidiron facer unha constitución.

O rei ao principio non estivo de acordo con estes cambios que lle restaban a el moito poder, pero ao final tivo que aceptalo, porque nas rúas e en toda Francia houbo revoltas e creáronse organismos revolucionarios que o obrigaron a aceptar a situación e ser un rei constitucional en lugar dun rei absoluto.

Page 4: Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

A nova asemblea, ademais de redactar unha constitución, fixo unha serie de leis que acabaron co Antigo Réxime (aboliron os señoríos, eliminaron os gremios, separaron os poderes, instauraron o sufraxio...).

A revolución foi longa e confusa, porque os liberais tiñan diferenzas entre eles: habíaos monárquicos e republicanos, conservadores e progresistas... e ademais varios países europeos declaráronlle a guerra a Francia pois non querían que a revolución se espallara aos seus territorios. O rei Luis XVI non colaboraba cos liberais, que acabaron proclamando unha república e prescindindo do rei, ao que acabaron acusando de traizón e guillotinándoo.

Houbo varias etapas, entre elas unha á que se lle chama “O Terror”, un período ditatorial liderado por Robespierre, no que perseguiron e executaron a todas as persoas sospeitosas de estar en contra da revolución.

A piques de acabar o século XVIII Napoleón deu un golpe de Estado e tomou o poder. A principios do XIX proclamouse emperador de Francia. O imperio napoleónico converteuse nunha curiosa mestura entre liberalismo e ditadura. A extensión do imperio propagou as ideas liberais, como a elaboración de constitucións. Tamén propagou o nacionalismo.

As Revolucións de 1820, 1830 e 1848.

Page 5: Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa

E dende que houbo a primeira revolución liberal nos EE.UU. xa se acabou o absolutismo?

Non. Despois da Revolución Francesa, cando as potencias absolutistas europeas venceron a Napoleón comezou o período da Restauración, no que se restaura de novo o absolutismo. As potencias absolutistas fixeron un congreso en Viena onde acordaron intervir militarmente nos países nos que houbera algunha revolución liberal. Fixeron alianzas para loitar contra as posibles revoltas liberais.

Así que na primeira metade do século XIX haberá absolutismo, pero tamén revoltas liberais en diferentes países. As máis importantes son as ondas revolucionarias que comezaron en 1820, 1830 e 1848 e que se espallaban por varios países. Eran revolucións liberais que ás veces combinaban ideas nacionalistas.