1
EDITORIAL Teño a sensación de que aínda foi onte, pero xa pasou todo un curso, non foi un curso calquera, ningún o é, foi un curso cheo de contido, un curso moi importante, un curso que vai deixar moitos recordos en todos nós. Cando o día 1 de setembro do ano pasado, chegamos ao colexio Bergantiños o equipo de docentes, tiñamos as pilas ben cargadas despois das tan merecidas vacacións, e estabamos cheos de alegría por encontrarnos de novo cos compañeiros e compañeiras xa coñecidos do ano anterior e con moitas gañas de coñecer aos que se ían a estrear neste colexio. Todos moi ilusionados por emprender un novo curso, que se presentaba cargado de moitos proxectos e novas expectativas. Tamén foi un día non menos esperado por todo o profesorado o xoves 10 de setembro, pois esa era a data na que nos reencontrabamos cos antigos alumnos, iso si, un pouco máis bronceados e bastante máis altos, e ao mesmo tempo tamén nos enchía de ledicia verlles as caras aos de nova incorporación ao centro, sobre todo aos máis cativiños, que ao tempo que ían chegando, era toda una aventura para eles, para todos nós e para as súas mestras. Non podo deixar de agradecerlles a gran labor realizada por todas elas, dándolles a eses meniños e meniñas tanta confianza e conseguindo que en moi pouco tempo se sentiran completamente integrados neste colexio coma nunha gran familia. Outro día que non esqueceremos foi o inicio das actividades extraescolares, destacando o importante traballo realizado pola APA coa súa presidenta Encarna , e polo seu coordinador José Barca. Entre todos e con grande dedicación conseguiuse que un fantástico equipo de monitores e monitoras sacaran adiante un proxecto complicado dunha maneira tan doada e ben organizada. E como non, xa que de agradecementos estou a falar non quero de ningún xeito deixar de recoñecer o bo funcionamento e organización de todas as comisións que funcionaron ao longo deste curso. A dedicación , entrega e colaboración de todo o profesorado do centro, conseguindo así poder sacalo a diante e rematalo cos obxectivos cumpridos. Todo isto viuse reflectido nos dous importantes premios que nos foron outorgados , un deles acadado pola comisión de Normalización Lingüística: “Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística “Casas de aquí e de acolá”, e outro pola comisión de Consumo: “Xogando a mercar aprendemos a xantar”.

Document1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Document1

EDITORIAL

Teño a sensación de que aínda foi onte, pero xa pasou todo un curso, non foi

un curso calquera, ningún o é, foi un curso cheo de contido, un curso moi

importante, un curso que vai deixar moitos recordos en todos nós.

Cando o día 1 de setembro do ano pasado, chegamos ao colexio Bergantiños

o equipo de docentes, tiñamos as pilas ben cargadas despois das tan merecidas

vacacións, e estabamos cheos de alegría por encontrarnos de novo cos

compañeiros e compañeiras xa coñecidos do ano anterior e con moitas gañas de

coñecer aos que se ían a estrear neste colexio. Todos moi ilusionados por

emprender un novo curso, que se presentaba cargado de moitos proxectos e novas

expectativas.

Tamén foi un día non menos esperado por todo o profesorado o xoves 10

de setembro, pois esa era a data na que nos reencontrabamos cos antigos

alumnos, iso si, un pouco máis bronceados e bastante máis altos, e ao mesmo

tempo tamén nos enchía de ledicia verlles as caras aos de nova incorporación ao

centro, sobre todo aos máis cativiños, que ao tempo que ían chegando, era toda

una aventura para eles, para todos nós e para as súas mestras. Non podo deixar de

agradecerlles a gran labor realizada por todas elas, dándolles a eses meniños e

meniñas tanta confianza e conseguindo que en moi pouco tempo se sentiran

completamente integrados neste colexio coma nunha gran familia.

Outro día que non esqueceremos foi o inicio das actividades

extraescolares, destacando o importante traballo realizado pola APA coa súa

presidenta Encarna , e polo seu coordinador José Barca. Entre todos e con grande

dedicación conseguiuse que un fantástico equipo de monitores e monitoras

sacaran adiante un proxecto complicado dunha maneira tan doada e ben

organizada.

E como non, xa que de agradecementos estou a falar non quero de ningún

xeito deixar de recoñecer o bo funcionamento e organización de todas as

comisións que funcionaron ao longo deste curso. A dedicación , entrega e

colaboración de todo o profesorado do centro, conseguindo así poder sacalo a

diante e rematalo cos obxectivos cumpridos. Todo isto viuse reflectido nos dous

importantes premios que nos foron outorgados , un deles acadado pola comisión

de Normalización Lingüística: “Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística

“Casas de aquí e de acolá”, e outro pola comisión de Consumo: “Xogando a mercar

aprendemos a xantar”.