24
Número: 6 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 10 de febreiro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 19 de febreiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 Campionato de hoquei sala xuvenil: Os días 12, 13 e 14 de febreiro no anexo de Os Remedios páx 15 HOMENAXE: O campo de herba sintética de Os Remedios pasa a chamarse campo de fútbol Miguel Ángel páx 11 Xornada de convivencia en O Couto páx 10

10 Feb 2010 - Nº06

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Os días 12, 13 e 14 de febreiro no anexo de Os Remedios páx 15 HOMENAXE: BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 19 de febreiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx 10 páx 11 Número: 6 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 10 de febreiro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

Citation preview

Page 1: 10 Feb 2010 - Nº06

Número: 6 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 10 de febreiro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 19 de febreiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Campionato de hoquei sala xuvenil:Os días 12, 13 e 14 de febreiro no anexo de Os Remedios páx 15

HOMENAXE: O campo de herba sintética de Os Remedios pasa a chamarse campo de fútbol Miguel Ángel páx 11

Xornada de convivencia en O Couto páx 10

Page 2: 10 Feb 2010 - Nº06

2 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

A III Copa de Galicia de ximnasia, en Ourense4 Nas modalidades de acrobacia e trampolín.Redacción

Preto de 300 deportistas participarán na Copa Ga-licia de Ximnasia, que se desenvolverá os días 12, 13 e 14 de febreiro nas insta-lacións do Pavillón Polide-portivo dos Remedios.

Ourense será, un ano máis, a sede desta Copa Ga-licia Internacional de Xim-nasia, evento organizado pola Federación Galega de ximnasia e que congregará a uns 300 ximnastas de 25 clubes de toda España e do norte de Portugal. En xim-nasia acrobática esta é a súa terceira edición, mentres

que é o segundo ano na mo-dalidade de trampolín.

O concelleiro de Depor-tes, Fernando Varela, e o presidente da Federación Galega de Ximnasia, Jose Manuel Estévez Feijoo, presentaron este evento de-portivo que organiza a pro-pia federación galega (que ten sede en Ourense) en colaboración co Consello Municipal de Deportes.

Jose Manuel Estévez Fei-joo comentou na presenta-ción que sobrepasaron as expectativas en canto ao número de inscritos: “este ano sobrepasa todas os lí-mites de participación, con

máis de 25 clubes inscritos e provintes de Galicia, Ca-narias, Valencia, Castela e León, Andalucía e norte de Portugal”. Do país veciño acudirán 13 clubes, entre eles a propia selección na-cional de ximnasia.

No torneo concorren dúas modalidades deste deporte, a ximnasia acrobática e o trampolín. O xurado estará composto por 40 membros e será presidido polo vice-presidente da Federación Portuguesa de Ximnasia, considerado un dos tres mellores xuíces do mundo. O torneo, que durará tres días, arrancará o venres 12

de febreiro cos adestramen-tos libres. O sábado 13, en ximnasia acrobática, inicia-rase cos adestramentos para que despois teña lugar a competición nas categorías cadete, xuvenil, age group, júnior e sénior.

En trampolín, despois do adestramento, haberá a competición propiamente dita e cara á noite terá lugar o desfile final e a entrega de premios. Para finalizar este torneo, o domingo 14 rema-tará a competición cos de acrobática (categorías age group, júnior e sénior), pola mañá e, ao mediodía farase o desfile e a entrega de tro-feos.

A entrada á Copa de Gali-cia de ximnasia será libre.

Instalacións precariasDurante a presentación

da Copa, o edil de Depor-tes amosouse satisfeito polo crecemento deste evento, aínda que recoñeceu que as condicións para adestrar dos ximnastas ourensáns son moi precarias. Por iso anunciou que nos orza-mentos municipais para a o 2010 haberá unha parti-da asignada para as obras dun pavillón adaptado para a práctica da ximnasia que terá a súa ubicación en Ma-riñamansa.

Pola súa banda, Jose Ma-nuel Estévez quixo dedicar

unhas palabras para lem-brar a situación dos xim-nastas galegos e, en concre-to os ourensáns “os rapaces entrenan sen instalacións nin material axeitado, e aín-da así temos campións de España e Europa. Habería que ver onde chegarían se contaran cos medios sufi-cientes” e fixo fincapé “nas inquedanzas, traballo cotiá e afán de superación” destes rapaces e rapazas aos que, soamente colocar o mate-rial para adestrar, levalles media hora, que teñen que sacar ao seu adestramento.

O presidente da Federación Galega de Ximnasia e o con-celleiro de Deportes amosando o cartel da terceira Copa Galicia que se vai disputarn en Ourense. /RAMSÉS

O venres 12 de febreiro serán os adestramentos libres, e o sábado 13 e domingo 14 terá lugar a competición

A cita é no pavillón dos Remedios e a entrada será libreMembros do Club Ximnasia Pavillón. /CX PAVILLÓN

XIMNASIA

Page 3: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

3WUSHU

Galicia domina no campionato de España de Wushu4Os deportistas ourensáns aportaron 8 medallas.Redacción

A selección galega de Wushu obtivo 25 medallas (11 de ouro, 8 de prata e 6 de bronce) na 24ª edición do Campionato de España que se celebrou en Madrid en xaneiro. Oito foron pa-rar a Ourense. O Wushu galego, e por descontado, o ourensán, está demos-trando nestes últimos anos que é unha potencia a nivel nacional, tendo o mellor equipo de España na moda-lidade de Sanda (combate) na que meteu a seis compe-tidores na final, conseguin-do o ouro en catro das cinco finais e dúas pratas.

Destacada actuación dos ourensáns

A ourensá Marta Núñez, do Ximnasio Dinamic, con-seguiu o ouro na modalida-de de combate feminina de Sanda na categorìa de -65 quilos.

Na modalidade de Tao-lu Sénior (Formas), José Manuel Ferreira, de Verín, obtivo 2 ouros nas modali-dades de forma de Nangun (pau) e Nandao (sabre) e prata en puño do sur.

Na modalidade júnior os galegos tamén marca-ron a pauta, conseguindo 4 ouros, 2 pratas e 3 bronces. Entre eles os 3 ourensáns que participaron na selec-

ción junior tiveron unha boa actuación. Brais An-sia do Ximnasio Dinamic conseguiu o ouro en Nan-quan (forma de puño), Juan Melo, 3º en forma de Puño e forma de lanza, e Andrés Piñeiro, do Ximnasio Artai, prata en forma de sabre.

José Manuel Ferreira, facendo un exercicio no campiona de España de Wushu, celebrado en Madrid onde obtivo dous ouros nas modalidades de forma de sable e pau e a prata en forma de Puño. /E. TROITIÑO

Brais Ansia durante un exercicio no campionato de España. /E. TROITIÑO

Campionato de EuropaNo Campionato Europeo

de Wushu que se celebra do 7 ao 14 de marzo enTurquía, asistirán dous ourensáns, formando parte da Selec-ción Española, Rocío Salga-do, do Ximnasio Dinamic, bronce no pasado Europeo, e Jose Manuel Ferreira.

Marta Núñez, José M. Ferreira, e os júnior, Brais Ansia, Juan Melo e Andrés Piñeiro foron os ourensáns que conseguiron medalla no campionato de España de Wushu

José M. Ferreira e Rocío Salgado acudirán ao Campionato de Europa en Turquía, do 7 ao 14 de marzo

Page 4: 10 Feb 2010 - Nº06

4 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

BALONCESTO

4CLASIFICACIÓNEquipo Gañados Perdidos 1.- Melilla 16 4 2.- CAI Zaragoza 15 6 3.- Vivemenorca 14 7 4.- La Laguna 13 85.- Burgos 13 8 6.- León 12 9 7.- Leche Río 12 9 8.- Girona 11 10 9.- Cáceres 11 10 10.- Mallorca 10 11 11- Ourense 10 11 12.- La Palma 10 11 13.- Tenerife 9 12 14.- Clínicas Rincón 8 13 15.- Cornellá 8 13 16.- Palencia 7 14 17.- Tarragona 6 15 18.- C. de Vigo 4 17

Primeira vitoria do ano para o Club Ourense Baloncesto4 Despois de catro derrotas seguidas no mes de xaneiro.Ramsés Torres

Tivo que pasar máis de un mes deste ano 2010, para que o COB voltara á senda do triunfo. A vítima, o Kics Vigo, último clasificado da Adecco Ouro, que non lle puxo as cousas fáciles aos de Paco García. Nos pri-meiros intres de encontro o equipo ourensán era o do-minador do marcador máis que do xogo, tendo van-taxes de 5 e 7 puntos, pero que non souberon nin man-ter nin distanciarse máis no electrónico.

Despois, houbo unha se-gunda parte na cancha, na que o equipo vigués colleu o mando do partido e tomou vantaxe no marcador che-gando aos 11 puntos. Cando todo parecía perdido para os xogadores ourensáns, unha falta de concentración, se-gundo o adestrador do Kics, fixo que o Ourense entrase de novo no partido e chega-se aos instantes finais con opcións de que o triunfo se quedara en casa, grazas en parte ao acerto anotador de Ogirri na liña de tres. 68-66 e final do partido. O COB,

con esta vitoria, sitúase un-décimo con 10 vitorias e 11 derrotas e rompe así unha racha de catro derrotas se-guidas.

Tanto o adestrador do Vigo, como Paco García e o propio presidente do COB, destacaron unha vez máis o apoio do público do Pazo, que nesta ocasión supera-rou os 4.000 afeccionados, que animaron sobre todo nos momentos que o equipo máis o necesitaba.

Agora, toca enfrontarse ao líder Melilla, na xorna-da 22, que se despraza ao

mércores 10 de febreiro. O encontro dispútase ás 21 horas no Paco Paz.

O partido, a priori, ten clara cor melillense (pri-meiro na clasificación, vén de gañar a copa Príncipe de Asturias), pero os xogado-res ourensáns van a intentar buscar as súas oportunida-des de levarse o encontro, polo que venderán cara a súa pel. Despois tocará vi-sitar a cancha do Palencia o domingo 14 de febreiro, e volven ante a súa afección o venres 19 de xaneiro para xogar contra o Cornellá.

Xornada de disfracesNa pasada xornada 21

disputada contra o Vigo, denominada do Entroido, quíxose dar a coñecer os carnavais máis salienta-bles da provincia, así, polo Pazo Paco Paz se fixeron notar as pantallas de Xin-zo, os cigarróns de Verín, as máscaras de Manzane-da, os boteiros de Viana do Bolo, os peliqueiros de Laza, as pitas de As Eiroás e a cofradía Frei Canedo de A Ponte, dando colorido ás gradas e a cancha do poli-deportivo ourensán.

Os xogadores do COB celebraan na cancha a vitoria ante o Vigo. /R. TORRES

Salto acrobático de Arco diante de dous xogadores do Vigo. /R. TORRES

Coa vitoria ante o Kics Vigo o COB sitúase undécimo con 10 vitorias e 11 derrotas a unha vitoria da promoción de ascenso

O americano con pasaporte británico Flinder Boyd, nova fichaxe do COB

Page 5: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

5BALONCESTO

4CLASIFICACIÓNEquipo Gañados Perdidos 1.- E. Otero 7 1 2.- ABO 6 2 3.- Obradoiro 4 4 4.- Deportes Ferrer 4 2 5.- E. Lugo 2 6 6.- Piélagos 3 3 7.- U. de Burgos 3 3 8.- U. de Oviedo 1 7 9.- Círculo 2 4

O ABO Ourense loitando para non descender4 Tras unha triste primeira fase.Ramsés Torres

Os malos prognósticos chegaron ao Ourense Ca-pital Termal, e despois dunha máis que “irregu-lar” fase regular, terá que xogar a fase pola perma-nencia. No último partido de nada lle servíu vencer de paliza ao Estudiantes Lugo por 90-67, xa que estaba abocado a loitar por non descender. Tralas 18 xornadas, o ABO acadou oito vitorias e dez derro-tas, a unha soa vitoria para loitar polo ascenso, pero o inicio titubeante da liga pasou factura ao final.

A fase pola permanen-cia disputarase por siste-ma de liga a dobre volta (10 xornadas) e iniciando cada equipo cos resultados rexistrados nos encontros xogados entre eles na pri-meira fase. Deste modo o Ourense Capital Termal, está segundo clasificado con seis vitorias e dúas derrotas. Descenderán á Primeira División Mas-culina os dous últimos clasificados da Fase de Permanencia, polo que os pupilos de Jorge González non deberían ter problemas para manterse xa que están catro vitorias por enriba do descenso. Como se diría nun famoso anuncio de te-levisión “maloserá”. Esta

fase conta con nove equi-pos, cinco do grupo do ABO e catro do outro grupo.

Próximos encontrosO Ourense Cidade Termal

xogará na próxima xornada en casa do Pas Piélagos (sexto con tres vitorias e tres derrotas) de Cantabria. O próximo encontro no pa-villón dos Remedios terá lugar o 28 de febreiro, ás 17.30 horas, contra o Uni-versidade de Burgos, sétimo clasificado. Estes dous par-tidos, de rematar en vitoria asegurarían practicamente a permanencia na liga EBA,

e habería que pensar na próxima tempada para que non volva pasar o desta, de non clasificarse para a fase de ascenso, obxectivo mar-cado polo club a principios de tempada.

Partido do ABO xogado nos Remedios. /ARQUIVOFlinder Boyd. /R. TORRES

No partido contra o Vigo vivuse unha xornada de liga Adecco Ouro e de Entroido. /R. TORRES

4 Flinder Boyd

O xogador que no pasado Eurobasket lle puxo as cousas difíciles á selección españo-la no encontro contra Reino Unido, Flinder Boyd, acaba de aterrar en Ourense para poñerse baixo as ordes do va-llisoletano Paco García.

O americano con pasapor-te británico, vén para suplir a baixa de Nocedal que es-tará fóra das canchas, como mínimo, tres semanas. Para o adestrador, a fichaxe era necesaria e achegará lide-razgo, porque “sen Matías sería condenar ao equipo en cada partido”. Boyd substi-túe ao alero Adrián García a quen lle deron a baixa fe-derativa.

Page 6: 10 Feb 2010 - Nº06

6 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

BALONCESTO

Este sábado 13 de febreiro o Carmelitas recibe a visita do Valbusenda a partir das 19.30h. e o Pabellón visita a cancha do ADBA de Avilés

4CLASIFICACIÓNEquipo PG-PP

1.- Extrugasa 15-3 2.- Cajacanarias 14-4 3.- Burgos 14-3 4.- Durán Ensino 12-4 5.- Pío XII 14-2 6.- Bembibre 12-5 7.- U. de Ferrol 10-8 8.- Valbusenda 9-8 9.- Aros 7-10 10.- Badajoz 6-12 11- ADBA 6-11 12.- P. Ourense 5-13 13.- Arxil 3-14 14.- Cáceres 2-16 15.- Carmelitas 2-15

O Carmelitas encoméndase aos partidos de casa4 O Pabellón perdeu contra o Burgos.Ramsés Torres

O Codigalco Carmelitas tiña unha gran oportuni-dade de sair dos postos de promoción de descenso o pasado fin de semana. Vi-sitaba a cancha do Arxil, equipo que estaba un pos-to por enriba das ouren-sás, polo que o partido se presentaba vital para as de Tito Fernández. Debido a un mal comenzo de encon-tro o equipo colexial non puido remontar, e ao final, 62-49 para o equipo local, e o Carmelitas segue no pozo da clasificación (2 vitorias e 15 derrotas), pero a tiro dunha vitoria da salvación. As novas fichaxes non de-ron, nesta ocasión, o mellor de sí, como sete días atrás, cando debutaron en casa

contra o Badajoz e encandi-laron aos afeccionados cun gran partido que, á postre, supuxo a segunda vitoria da tempada. Daquela, as dúas fichaxes abraiaron ao público que se congregou na cancha do Codigalco Carmelitas, sobre todo a base Renee Taylor, que fixo desfrutar co seu estilo de xogo.

Tras 17 encontros dispu-tados nos que tan só acadou dúas vitorias e en casa, de aquí a final de tempada as colexialas terán que enco-mendarse ao seu público e a súa cancha para salvar a categoría. Para iso, teñen outra oportunidade de su-mar unha nova vitoria o sá-bado 13 de febreiro, a partir das 19.15 horas contra o Valbusenda, oitavo clasifi-

cado.

O Pabellón Ourense perde en casa

O Pabellón Ourense vén de perder contra un dos cocos da LF2, o Burgos, terceiro na clasificación. O equipo dirixido por Lisardo Rodríguez estivo a piques de dar a sopresa e vencer ao equipo burgalés, pero nun mal último cuarto (9-18 de parcial) perdeu a opción de dar a badalada nesta xorna-da.

As ourensás teñen un colchón cos postos de pro-moción (tres vitorias de diferenza cos postos de promoción de descenso) polo que non deberían de ter problemas para salvar-se, pero non deberían dur-mirse xa que quedan moitos

partidos e como empecen a sumar os de abaixo en se-guida se poñen novamente no furgón de cola como fai

As xogadoras do Carmelitas saudando ao público despois da vitoria contra o Badajoz. /R. TORRES

As xogadoras do Pabellón coas camisetas en apoio a Ale-jandra. /R. TORRES

Renee Taylor, nova fichaxe do Carmelitas. /R. TORRES

Pirgit Püü conducindo o balón cara a canastra do Burgos. /R. TORRES

unhas xornadas.

Todos con AlejandraAs xogadoras do Pabe-

llón quixeron facerlle unha homenaxe a Alejandra, ra-paza de 11 anos que xoga ao minibasquet nas catego-rías inferiores do club e á que lle diagnosticaron unha grave enfermidade. Antes do encontro, cada unha das xogadoras mostrou unha camiseta coa lenda “Alejandra tú puedes” para transmitirlle todo o ánimo posible e que loite con to-das as súas forzas neste par-tido, o máis importante, que lle puxo a vida.

Eu non coñezo a Alejan-

dra, pero estou seguro que dentro duns anos, neste mesmo xornal falarei de Alejandra, do gran partido que fixo como xogadora do Pabellón Ourense de Liga Feminina 2. Alejandra, es-pérote, non faltes á cita.

Page 7: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

7FÚTBOL

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos1.- Depor B 53 2.- Cerceda 49 3.- Narón 47 4.- Coruxo 41 5.- Ourense 39 6.- Ordes 36 7.- Alondras 32 8.- Pontevedra B 31 9.- Vilalonga 31 10.- Lalín 28 11- Vilalbés 28 12.- C. Areas 28 13.- Bergantiños 27 14.- R. de Bouzas 26 15.- Céltiga 25 16.- Sta. Comba 23 17.- Negreira 23 18.- Somozas 15 19.- Verín 9

A montaña rusa do Club Deportivo Ourense4 Mantén a quinta posición pero a dous pun-tos da promoción.Ramsés Torres

O Club Deportivo Ouren-se este ano parece unha montaña rusa. Se fai unhas semanas en postos de pro-moción, semanas máis tar-de saía dela e se distanciaba a cinco puntos. Agora, trala vitoria como foráneo o pa-sado domingo por cero go-les a tres na casa do Negrei-ra, segue na quinta posición pero a tan só dous puntos do último posto que dá dereito a xogar a promoción de as-censo a Segunda División B, posto, o cuarto, que ocu-pa actualmente o Coruxo, que ten 41 puntos por 39 dos ourensáns. Os outros postos da promoción non se pode pensar aínda neles, posto que o terceiro, Narón, lle saca aos ‘rojillos’ oito puntos e o segundo, Cerce-da, dez. O líder, Deportivo B, está xa moi lonxe a 14 puntos.

Polo que os de Fonsi terán que ir partido a partido, sen deixar de pensar en alcanzar o cuarto posto, e unha vez logrado intentar subir algún posto máis nas 14 xornadas que restan para finalizar a tempada. Cerceda, Narón e Coruxo, segundo, terceiro e cuarto respectivamente te-

ñen un partido máis que o Ourense polo que aínda lles pode recortar distancias.

O próximo rival, vai ser moi duro de batir. O C.D. Ourense recibe a visita do líder, Deportivo B o domin-go 14 de febreiro, ás 16.45 horas. De gañar daría un puñetazo na mesa e mos-traría as súas credenciais para rematar a tempada en postos de promoción de as-censo.

Os seus directos rivais teñen partidos máis doados. Así, o Cerceda recibe ao Lalín (10º), o Narón visita ao Céltiga (15º) e o Coruxo desprázase ao campo do Santa Comba (16º).

O Verín con pe e medio na Rexional Preferente

O outro equio ourensáns da Terceira División, o Ve-rín C.F. non levanta cabeza esta tempada en en 21 en-contros tan só leva sumados nove puntos, polo que que xa case se pode despedir da categoría e empezar a planificar a próxima tempa-da na Rexional Preferente. Aínda que mentres hai vida hai esperanza, como di o refrán, e ata que matemati-camente estea descendido o equipo, o certo é que tería

que facer unha segunda volta de ensoño para man-terse na categoría. O Verín encóntrase a 14 puntos da salvación, cinco encontros polo que a misión é difícil, complicada.

O C. D. Ourense enfróntase este domingo 14 de febreiro ao filial do Deportivo de A Coruña

Rafa centrando nun encontro en O Couto. /RAMSÉS

Page 8: 10 Feb 2010 - Nº06

8 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

FÚTBOL E FS

Miguel Rejo

Na liga provincial, o At-lético Feijoo deu a cam-panada ao vencer ao lider Feás por 6 a 5 quedando a só dous puntos do segun-do, A Corna-Aceites Abril, que venceu ao Vistaher-mosa. A clasificación que-da con dous frontes aber-tos, a loita entre os dous primeiros, Feás e A Cor-na-Aceites Abril, e entre o terceiro e o sexto que se moven en tres puntos. De-les pinchou o Concello de Amoeiro contra o Herma-nos Carral e o Cortegada contra A Porteliña, que se moven no fondo da táboa pero que demostraron o seu potencial na categoría e buscan as victorias que os salven de descender. O Escornaboys segue ao seu ritmo sumando tres novos puntos para non quedar descolgados desta loita.Para esta xornada do 13 de febreiro enfrontaránse directamente o Cortegada – Atlético Feijoo por arri-ba. O Escornaboys deberá ter conta co Hermanos Carral.

En canto a primeira lo-cal os catro primeiros que gañaron os seus encontros seguen nunha diferenza de catro puntos entre eles, fa-cendo que claquera derro-ta os alonxe da loita polo título. Esta semana o par-tido máis complicado sera o do Lasider co Polar.

Na segunda local o Mcdonalds non perdoa e gañou o Barbadás B. O Gomesende afiánzase na segunda praza tras vencer o Chispas. Optica As Cal-

das e Magadalena tamén gañaron, perdendo o Re-creativo Saiz co 5 Pontes. O Abellás non disputou o seu encontro por non estar ao día nos pagos das canchas, sendo a terceira vez que acontece, levando consigo a súa expulsión da compe-tición.

Fútbol sala empresasA xornada 11 do grupo I

de primeira división depa-rou a sorpresa da derrota do cuarto clasificado, Rdguez. López Auto co derradeiro clasificado, Grupo Antolín. Os Avogados seguen invic-tos, Almacenes Reverter non perdoou o Orember, e a Taberna do Perico fixo o mesmo co Coasa. A derrota do Rdguez. López Auto fai que o Rulete e o Portovello teñan opcións de entrar na liguilla polo título de pri-meira división. No grupo II o partido entre os dous

primeiros decantouse para o Ceda o Vaso por un gol (3-4) frente o Patry Godoy, perdendo este a oportunida-de de alcanzalo.O Extinto-res Oterino e o Peska-Mi-lanés non afrouxan na sua persecución.

Na segunda división o lider Aníbal Blanco perdeu contra Unión Fenosa (9-8), co que A Cova do Moure, que gañou, e o Viajes Auria, que tamén gañou, se posi-cionan a tres e cinco puntos respectivamente, coa posi-bilidade do asalto o lidera-to por parte de A Cova do Moure que se enfronta co Aníbal Blanco.

Nesta división a loita máis apaixoante está no cuarto lugar que se disputan ata seis equipos separados por só catro puntos, a saber, Unión Fenosa, Cadabullo, Cosaga, Sport Century e Bombeiros e Dulcinea que aprazaron este partido entre

Comenzan a posicionarse os favoritos nas ligas de fútbol sala ourensáns4 Repaso as ligas locais e de veteráns.

eles, o que provocaría un troco na clasificación.

Nos veteráns do grupo I, Merceria Musko segue a liderar a clasificación. O partido entre o segundo e terceiro acabou en táboas, deixando todo como estaba, perdendo Optica Samuel Eijan a posibilidade de em-patar coa Ronda, que esta xornada xoga contra contra o líder, M. Musko, poiden-do conseguir el este posto. Outro partido atractivo é o do Augas de Mondariz contra o Optica Samuel Eijan, puidendo cambiar as posicións. O grupo II de veteráns, O Euroquit 1989 segue imbatido tras nove partidos e lidera a táboa con comodidade. Ségueo o Faro AD e o terceiro, Electr. Manuel Prol, loita por non ser alcanzado polo Mesón Bedoya e Cafetería Stop que xogan entre eles esta semana.

Un xogador de fútbol sala local co balón nos pés. /ARQUIVO

O Pabellón Ourense, en postos de descenso4 Despois de perder 0-2 co Bansander.Ramsés Torres

O equipo dirixido por Jorge Regal non puido conseguir os tres puntos no estadio Miguel Ángel do pavillón municipal dos Remedios tras caer derro-tado por 0-2 ante o equipo cántabro do Bansander. A afección pabellonista, que encheu as bancadas, saíu desilusionada co resulta-do final, xa que coloca ao equipo ourensán en postos de descenso. O gol tem-praneiro, aos oito minutos, do Bansander foi un lastre moi pesado para os pabe-llonistas que a pesar de ter ocasións claras de empatar, non souberon materializar en gol ningunha das oca-sións de perigo cara o mar-co contrario. Nos últimos

instantes, cando o Pabe-llón estaba botando toda a carne no asador, chegou o segundo gol visitante, a sous minutos do final, solapando toda reacción local de poder arañar alo menos un punto.

Con esta derrota o equi-po ourensán do Pabellón xuvenil baixa a postos de descenso a falta de nove xornadas para o remate da liga na división de honra xuvenil. A próxima fin de semana o equipo desprá-zase a Lugo para xogar contra o equipo da capital, partido que deberá gañar se non quere ver recortada a diferenza cos de abaixo e afundirse máis. En casa volve a xogar o domingo 21 de febreiro, contra o Bouzas.

Un xogador do Pabellón co balón ante un xogador do Bansander. /RAMSÉS

Page 9: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

9FÚTBOL SALA

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos1.- Elche 43 2.- Córdoba 42 3.- Móstoles 41 4.- Burela 33 5.- Navalcarnero 31 6.- Valladolid 31 7.- Murcia 31 8.- Rioja 29 9.- Ponte Ourense 24 10.- Zaragoza 24 11- Gironella 20 12.- Logroño 19 13.- Soto del Real 15 14.- Campillos 13 15.- Castelldefels 8 16.- Telde 7 17.- Torrejón 5

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos 1.- Alcorcón 31 2.- Combarro 31 3.- Majadahonda 29 4.- Cidade As Burgas 27 5.- Chiloeches 24 6.- Leis 24 7.- C. Villalba 21 8.- Unami 18 9.- Unami 17 10.- U. de Salamanca 9 11.- Casarrubios 7 12.- Road House 0

O Ponte Ourense vence tras remontar ao Soto del Real4 Con esta vitoria colócanse novenas.Redacción

As rapazas do Ponte Ourense de fútbol sala femi-nino de División de Honra tiveron que suar para doble-gar ao Soto del Real, equi-po que ocupa a 13ª posición a dous puntos do descenso. Con este triunfo rompen unha racha negativa de días derrotas consecutivas e as afianzan na zona tranquila da clasificación. O equipo dirixido por Isidro Grela comenzou perdendo e che-gou ao descanso cun claro 2-0 en contra. Xa na reanu-dación, as pontinas non so acortaron a desvantaxe, se non que ademais lograron empatar a contienda. Pero a ledicia pouco lles durou, xa que as madrileñas volve-ron a poñerse por diante no marcador. Entón, foi cando Grela sacou a porteira dian-teira e, con alternancia nas

dúas portas para marcar, as ourensás lograron o empate e marcar outro tanto que as poñía por diante. Neste mo-mento quen puxo no campo a unha porteira dianteira foi o Soto del Real, pero a bra-

sileira Catia deulles a punti-lla para rematar o encontro cun resultado de cinco go-les a tres para as locais.

O Ponte Ourense colóca-se noveno con 24 puntos e lonxe dos postos de arriba pero tamén dos de abaixo.

Na xornada 19, o Ponte Ourense visita a cancha do líder Femesala Elche, e sete días máis tarde (o 20 de febreiro) recibe a visita do Valladolid (sexto clasificado) na central dos Remedios ás 17 horas.

O Cidade de As Burgas aspira a todo4 Sitúanse cuartas a catro puntos do líder.Redacción

Coa vitoria do Cidade de As Burgas contra o Ca-sarrubios, o equipo ades-trado por Manolo Codeso sitúase en cuarta posición da División de Prata do fútbol sala feminino do grupo cuarto a catro pun-tos do líder, Ciudad de Al-corcón. Nesta liga ascen-de un equipo a División de Honra polo que a estas alturas da competición as ourensás aínda teñen todo por dicir e teñen opcións de conseguir o ascenso, difícil, por outra banda.

O Cidade de As Burgas leva desde o ano pasado sen xogar en casa (concre-tamente desde o 12 de de-cembro) polo que a afec-ción está con ganas de ver ao equipo en acción. Esta

espera chega ao seu fin o sábado 13 febreiro ás 16.30 horas, día no que o equipo ourensán xogará contra o Leganés, equipo que está xusto detrás do Cidade na clasificación con 24 pun-tos a tres das nosas, polo que sería unha boa ocasión para distanciarse dun rival directo.

Bea regateando a unha rival do Soto del Real. /R.TORRES

Page 10: 10 Feb 2010 - Nº06

10 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

DEPORTE BASE

Cada mes xógase nun barrio e reúnense máis de 100 rapaces

Redacción

De outubro a maio do curso 2009-2010 celébrase en Ourense, patrocinado pola Concellería de Educa-ción o III Torneo de convi-vencia, no que rapaces dos barrios de Vistahermosa, Carballeira, Mariñamansa, Ponte, Covadonga e San-ta Teresita disputan unha competición de futbito.

Cada mes xógase nun barrio e ao final do torneo cada participante lévase un

III TORNEO DE CONVIVENCIA DE BARRIOS4 A Concellería de Educación do Concello de Ourense patro-cina o III Torneo de futbito de convivencia entre os barrios onde hai cabida para que to-dos os rapaces practiquen este deporte.

agasallo como recordo da súa participación.

Con este torneo o que se pretende é que o deporte, en concreto o futbito, chegue o maior número de cativos sen discriminación de sexo, raza, condición física, so-cial, cultural, étnica. Tamén se lles quere ensinar aos rapaces os valores de com-petitividade, participación, respeto, solidariedade, con-vivencia, etc., ademais de mellorar o aspecto deporti-vo: técnica, táctica, físico,

hixiénico e dietético. En definitiva, formar persoas e deportistas.

Unha vez ao mesOs torneos dispútanse un

sábado ao mes nun colexio dos barrios ourensáns. Ade-mais tamén se disputa unha liga interna, na que hai dous adestramentos semanais nos barrios e na que non hai nin

clasificacións, nin máximos goleadores, nin trofeos... Simplemente, participar nun torneo no que prima o compañeirismo e no que ten cabida todo o mundo.

Un dos partido disputados no colexio de O Couto neste mes de febreiro. /RAMSÉS

Page 11: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

11HOMENAXE

Redacción

Sobrio e emocionado, así se podía definir como se encontraba o ex-garda-mallas ourensán do Real Madrid, Miguel Ángel, no día que a cidade de Ouren-se rendíalle homenaxe pola súa traxecoria. O día elexi-do, foi o venres, 29 de xa-neiro, e comenzaban os ac-tos na casa do Concello de Ourense coa entrega dunha placa e unha insignia. Alí estaban compañeiros do porteiro no Real Madrid como Amancio ou San-tillana. Logo os actos se desprazaron ata o pavillón municipal dos Remedios, onde se descubría unha pla-ca co seu nome que acredi-taba que o campo de her-

A cidade homenaxea ao ex-gardamallas Miguel Ángel4 O campo de herba sintética do pavillón dos Remedios pasa a chamarse campo Miguel Ángel.

Un emocionado Miguel Ángel diante da placa que da o seu nome ao campo de herba sintética do pavillón municipal dos Remedios. /RAMSÉS

Os ex-xogadores do R. Madrid, Amancio e Santillana quixeron estar na homenaxe a Mi-guel Angel. /RAMSÉS

ba sintética dos Remedios pasaba a chamarse estadio de fùtbol Miguel Ángel. Aos citados ex-xogadores uniuse outro xogador reti-rado, Fernando Hierro, o que fóra capitán do Real Madrid e da selección es-pañola non se quixo perder a homenaxe ao ex-porteiro ourensán.

Miguel Ángel, secunda-do polo alcalde e tenente de alcalde da cidade no descu-

Xente do fútbol ourensán non se quixo perder a homenaxe a Miguel Ángel como tampouco quixeron perdela ex-xogadores madridistas como Fernando Hierro, Santillana ou Amancio

brimento da placa, amosou a súa ledicia e mostrouse profundamente ourensán e galego. “Cando falaban ben de min as crónicas e me chamaban o galego ou o ourensán facíame feliz que recordaran de onde son”, apuntillaba o ex-gardama-llas.

Fútbol indoorOs actos remataron co

encontro de fútbol indo-or entre o Deportivo de A Coruña e o Real Madrid no que gañaron os coruñeses por 6 a 15.

O día anterior celebrárase en Ourense, na central dos Remedios, o Campionato de fútbol indoor infantil, onde se alzara coa vitoria o Ponte B, quen derrotara na final ao Ponte A por 6 goles a 7.

Page 12: 10 Feb 2010 - Nº06

12 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

FÚTBOL INDOOR

O Super Dépor xogou en Ourense a liga Indoor4 Contra o Real Madrid na terceira xornada.Ramsés Torres

Djalminha, Donato, Na-ybet, Manjarín, Fran,... fo-ron algúns dos xogadores do Super Dépor de fai uns anos que se xuntaron en Ourense para enfrontarse ao Real Madrid na xorna-da número tres da terceira tempada de fútbol indoor.

A pesar dos anos pasados, o público ourensán puido disfrutar da clase destas superestrelas da época glo-riosa do Deportivo de A Coruña cando marabillaba

co seus xogo a España e a Europa enteira.

En Ourense, na xorna-da terceira tocáballe xogar contra o Real Madrid de Jaro, Maté, Velasco, Mesas, Alfonso, Dani, Amavisca.

Ao final, resultado con-tundente do Dépor que gañou por 6 goles a 14. O público animaba aos xoga-dores ao 50% pero os que levaron a ovación máis grande foron Djalminha e Donato quen fixeron vibrar as bancadas coa súa clase (sobre todo a de Djalma).

A moitos deles parece que non pasa os anos por enri-ba deles, aínda que algúns marcaban unha barriga pro-minente (caso de Donato).

No partido, o que ao principio parecía un encon-tro amigable, tornouse a un partido moi competitivo, chegando a ser moi bronco nalgún lance, como can-do Mesas empurrou contra as vallas a Fran e se enca-raron varios xogadores, e Amavisca soltou toda a súa rabia contra as vallas do campo, feito iste que en-

Djalminha que participou no partido de fútbol Indoor disputado en Ourense, lle fai un recorte ao xogador do Real Madrid, Velasco. /RAMSÉS

crespou ao público e o des-pedíu con silbidos. A todo esto para poñer paz estaba o ex-linier máis famoso do mundo, convertido a árbitro de fútbol indoor, o sempre polémico Rafa Guerrero que tivo traballo de arreo e levou a man ao bolsillo, para amonestar aos xogado-res, máis rápido que Lucky Lucke a súa cartucheira.

O xogador do Deportivo de A Coruña, Fran se escapa

O Real Madrid de Dani, Alfonso, Mesas, Velasco non foi rival para o Deportivo de Naybet, Manja-rín, Donato, Fran e Djalminha entro outros. Ao final 6-15 para os galegos.

O partido nalgún momento se volveu bronco e Amavisca ao finalizar o en-contro meteulle unha patada as vallas protecto-ras o que supuxo que o público o increpara cando marchaba cara a vestiarios

Page 13: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

13FÚTBOL INDOOR

do xogador do Real Madrid, Dani. /RAMSÉS

Fútbol IndoorNesta terceira liga de fút-

bol indoor xogan oito equi-pos: Deportivo, Barcelona, R. Madrid, Sevilla, At. de Madrid, Betis, Valencia e Ath. de Bilbao en 18 xor-nadas (en cada xornada hai dous partidos). Nestas pri-meiras xornadas o Depor-tivo de A Coruña é o líder con seis puntos obtidos en dous partidos, seguido de Betis con catro puntos e con tres, Fútbol Club Bar-celona, Real Madrid, Sevi-lla e Athletic de Bilbao, o Atlético de Madrid ten un só punto, e pechan a cla-sificación Valencia e Real Sociedad sen ter estreado o seu casilleiros de puntos.

Os oito equipos partici-pantes neste torneo de fút-bol indoor son conxuntos que algunha vez gañaron a liga de fútbol profesio-nal pero se está a plantexar que en futuras edicións se amplíe o número de partici-pantes. Na primeira edición, o Deportivo de A Coruña foi o gañador de liga e de copa, e na segundo edición colleu o testigo o F.C. Bar-celona que foi campión das dúas competicións. Nesta edición aínda é cedo para saber que equipos serán os candidatos a levarse liga e copa. O que sí é seguro, é que o Super Dépor, despois do visto na cancha central de Os Remedios no partido contra o Madrid, estará ao final de tempada loitando polos postos de honra.

Arriba: Xogada na área do Real Madrid, onde Manuel e Amavisca saltan polo balón baixo a mirada de Geni.Abaixo: Djalminha se dispón a botar unha falta cara o marco defendido por Maté.

Os oito equipos participantes na liga indoor, gañaron algunha vez a liga de fút-bol profesional

O Dépor gañou a primeira liga Indoor

Page 14: 10 Feb 2010 - Nº06

14 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

BALONMÁN

Na próxima xornada do 14 de febreiro, os senior e os xuvenís masculino e feminino xogan lonxe dos Remedios

4CLASIFICACIÓNSéniorEquipo Puntos1.- Coia 21 2.- Meaño 16 3.- Pontedeume 15 4.- P. Ourense 15 5.- Conxo 15 6.- Viveiro 12 7.- Poio 11 8.- Peguform 11 9.- Lavadores 10 10.- Chapela 8 11- Galicia Social 8 12.- Narón 2

4 CLASIFICACIÓN Xuvenil masculinoEquipo Puntos1.- Octavio 28 2.- Cisne 26 3.- Coia 22 4.- Novás 20 5.- Teucro 20 6.- Calfoncal 19 7.- Xiria 12 8.- Lalín 8 9.- Rasoeiro 7 10.- Cangas 6 11- P. Ourense 6 12.- Pegurform 2

4 CLASIFICACIÓN Xuvenil femininoEquipo Puntos1.- Porriño 34 2.- Rasoeiro 32 3.- Calfoncal 28 4.- S.A.R. 24 5.- Coia 21 6.- Guardés 20 7.- Teucro 17 8.- P. Ourense 14 9.- Lalín 13 10.- Narón 13 11- Porriño-Salceda 12 12.- O. Vigo 513.- Ribeiro V. Costeira 4 14- Moaña 3

O Pabellón Balonmán, nos postos de arriba4 Os xuvenís masculino e feminino tamén ga-ñaron os seus partido.Redacción

Gran vitoria do Club Balonmano Pabellón ante o Lavadores.

Despois de dúas derrotas fóra de casa, os pabellonis-tas encaraban esta xornada coa necesidade de sumar os

dous puntos que lles volve-se meter na loita por todo. E así foi.

Os de Zarra recibían ao Lavadores de Vigo, que marchaban igualados na clasificación cos orensáns. Xa dende o principio saíron con moitas ganas e a in-

tensidade defensiva fíxoos roubar numerosos balóns, oque lles permitíu correr moi ben a primeira fase do contraataque, reflectíndose pronto importantes distan-cias no marcador.

Ao descanso os pabello-nistas gañaban por un claro

18-9, diferenza que soube-ron administrar moi ben ata o final do partido, podendo dar minutos tamén aos me-nos habituais. Ao final, vi-toria clara por 31-20.

Estes dous puntos, xunto cos tropezos do Conxo e do Pontedeume, deixa ao C. B. Pavillón a dous puntos do ascenso, principal obxecti-vo desta tempada.

Importante triunfo do xuvenil masculino na Di-visión de Honra

A mala situación na que está inmerso o equipo xu-venil masculino do C. B. Pabellón na clasificación, facía importante gañarlle a un rival directo por evitar o descenso de categoría. O Pabellón recibía este pasado sábado á Promalar Cangas, que estaba situado por en-riba dos orensáns con dous puntos máis. Unha derrota deixaba practicamente vis-to para sentenza o descenso de categoría, pero soube-ron loitar un partido mar-cado polos erros dos dous

conxuntos e o nerviosismo de ambos os dous coñecen-do o que estaba en xogo.

Os rapaces de Víctor fo-ron case sempre por detrás no marcador ata mediada a segunda parte, onde fo-ron capaces de inverter a situación á contra, e grazas á aportación da portería nos momentos finais. O re-sultado final de 31-28, sen dúbida, lles dará ánimos para seguir loitando por de-fender a categoría na que se atopan.

Traballado triunfo para o xuvenil femenino

Moito tiveron que loitar as rapazas para poder su-mar unha nova vitoria na categoría. Nesta primeira experiencia na máxima ca-tegoría do balonmán femi-nino xuvenil, o C. B. Pa-bellón segue mostrándose como un equipo difícil de bater, e moito máis na súa cancha. Visitou o pavillón dos Remedios o Bm. Po-rriño-Salceda este pasado sábado e nada puido levar de Ourense, aínda que esti-vo bastante preto de facelo.

As pabellonistas non pasan pola súa mellor época, no-tando moito as baixas de xogadoras importantes no seu xogo, pero a entrega fainas estar sempre con op-cións nos partidos. Isto é o que sucedeu no último en-contro, onde foron en todo momento a remolque das viguesas, con mal xogo e sobre todo con bastante des-acerto de cara a portería.

A defensa mantívoas ata os minutos finais preto no marcador e ao final puide-ron voltear a situación. Par-tido con poucos goles (19-17) e os puntos que quedan na casa, deixando as ouren-sás na zona tranquila da tá-boa.

Unha xogadora do Pabellón Balonmán se dispoñe a disparar a portería. /RAMSÉS

Page 15: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

15HOQUEI

Ourense acolle o LVI Campionato de hoquei sala xuvenil masculino4 Será no pavillón dos Remedios do 12 ao 14 de febreiro.

Redacción

Nesta fin de semana do 12 ao 14 de febreiro Ourense será a sede do LVI Campionato de hoquei sala xuvenil masculino, e máis concretamento o anexo do pavillón municipal, organi-zado polo Club Hoquei Ba-rrocás conxuntamente coa Federación Galega de Ho-quei. No torneo participan os oitos mellores equipos que formarán dous grupos. Dos oito equipos, catro son catalanes, dous madrileños e dous galegos, concre-tamente de Ourense; por unha banda o Barrocás por ser campión galego e orga-nizador e por outra banda o Albor, por quedar primeiro na fase anterior do seu sec-tor en Santander, a pesar de non ter instalacións axeita-

das para poder adestrar e xogar a competición pro-vincial e autonómica.

Os oito equipos diví-dense en dous grupos, que xogan todos contra todo, xogándose as semifinais o primeiro e segundo de cada grupo e a final os vencedo-res destes cruces.

Neste torneo pouco, ou case nada, teñen que facer os nosos xa que soamen-te as instalacións onde se exercitan os de Cataluña ou Madrid están a anos luz das nosas. Por iste motivo, Jai-me Amorín, organizador do evento, fai un chamamento ás institucións para que te-ñan en conta o deporte do hoquei, e pregúntase que outra modalidade deporti-va da nosa cidade é capaz de clasificar a dous equipos para a fase final.

O venres 12 pola mañá, xógase a primeira xornada da fase de grupos e pola tarde terá lugar a segunda;

na xornada do sábado pola mañá xogarase a terceira e última xornada na que se decidirán os equipos que se

clasifican para as semifinais e que outros xogan para o quinto e sexto posto e cales outros para o sétimo e oita-vo. Ese mesmo sábado, 13 de xaneiro, disputaranse o partido para o sétimo e oi-tavo posto e as semifinais (ás 19 horas a primeira e ás 20.30 horas a segunda). O torneo remata o domin-go coa disputa do quinto e sexto posto, o partido para

o terceiro e cuarto posto (10.30 horas) e a gran final que será ás 12 da mañá.

O Albor xogará os seus partidos na fase de grupos, o venres ás 13 horas (contra a Complutense), ás 17 horas contra o junior e o sábado ás 10 da mañá contra o Vallés. Mentres que o Barrocás se medirá ao Club de Campos ás 16 horas do venres, ao At. Terrassa ás 19 horas, e o sábado pola mañá, ás 13 horas contra o Egara. Es-peremos que teñan algo de sorte e disputen as semifi-nais do campionato.

Barrocás e Albor son os dous representantes ourensáns neste torneo de hoquei sala xuvenil que se disputa no anexo do pavillón de Os Remedios do 12 ao 14 de febreiroO equipo xuvenil de Barrocás que disputará o campionato de hoquei sala. /CH BARROCÁS

Page 16: 10 Feb 2010 - Nº06

16 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

NATACIÓN

Sobresaliente actuación do C.N. Pabellón no Campionato Galego Natación Júnior e Absoluto de Inverno4 33 medallas colgáronse os nadadores ourensáns.

Redacción

Excelente actuación a dos nadadores do Club Natación Pabellón que acudiron ao Campionato Galego Natación Júnior e Absoluto de Invierno, que aínda que chegaron fóra de forma debido ao retraso nas datas do cam-pionato (por unha folga dos traballadores nas piscinas no mes de dec-embro), non defraudaron e ademais obtivéronse marcar mínimas para os campionatos de España da súa categoría.

Ademais das medallas obtidas polos nadadores júnior e absolutos que

MEDALLEIRO CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR E AB-SOLUTO DE INVERNO

OUROSandra Presas Pérez - 200 ESPALDA - 2:21.42Iria Álvarez Liz - 100 MARIPOSA - 1:05.65Iria Álvarez Liz - 200 MARIPOSA - 2:21.16Daniel Caamaño Gómez - 50 BRAZA - 29.12Daniel Caamaño Gómez - 100 BRAZA - 1:03.23PLATASandra Presas Pérez- 50 ESPALDA - 31.17Sandra Presas Pérez - 100 ESPALDA - 1:05.84Estefanía Lippo de la Torre - 100 ESTILOS - 1:08.53Alberto Taboada Vila - 100 ESTILOS - 59.41Alberto Taboada Vila - 200 ESTILOS - 2:07.64Alberto Taboada Vila - 400 ESTILOS - 4:36.21BRONCEEstefanía Lippo de la Torre - 50 BRAZA - 34.21María Isabel Raña Ruíz - 100 LIBRES - 1:00.69Laura Pimentel Pérez - 100 MARIPOSA - 1:07.21Laura Pimentel Pérez - 200 ESTILOS - 2:26.75Iria Álvarez Liz - 800 LIBRES - 9:14.33Daniel Caamaño Gómez - 100 ESTILOS- 59.81RELEVO 4X50 ESTILOS MASCULINO:-Alberto Taboada Vila-Daniel Caamaño Gómez-Mario Suárez García-Noel Blanco Fernández - 1:48.60RELEVO 4X50 LIBRES MASCULINO:-Daniel Caamaño Gómez-Noel Blanco Fernández-Alberto Taboada Vila-Álvaro Rodríguez Ferro - 1:37.45RELEVO 4X100 LIBRES MASCULINO:-Daniel Caamaño Gómez-Noel Blanco Fernández-Alberto Taboada Vila-Pablo Roi Balsa Pérez - 3:35.68RELEVO 4X100 ESTILOS FEMENINO:-Sandra Presas Pérez-Estefanía Lippo de la Torre-Iria Álvarez Liz-Laura Pimentel Pérez - 4:26.43CATEGORÍA JÚNIOROURONoel Blanco Fernández- 50 LIBRES - 24.45Noel Blanco Fernández - 100 LIBRES - 54.26RELEVO 4X100 LIBRES MASCULINO:-Álvaro Rodríguez Ferro-MARIO SUAREZ GARCÍA-Noel Blanco Fernández-Alexandre Quiroga Lorenzo - 3:42.64PLATAÁlvaro Rodríguez Ferro - 100 ESPALDA - 1:02.02Noel Blanco Fernández - 50 ESPALDA - 28.84RELEVO 4X100 ESTILOS MASCULINO:-Noel Blanco Fernández-Álvaro Rodríguez Ferro -Mario Suárez García-Alexandre Quiroga LorenzoBRONCELaura Blanco Seara - 100 ESTILOS - 1:13.30Laura Blanco Seara - 200 ESTILOS - 2:27.46Álvaro Rodríguez Ferro - 50 ESPALDA - 29:13Mario Suárez García - 200 ESTILOS - 2:16:18Mario Suárez García - 400 ESTILOS - 5:00.83RELEVO 4X200 LIBRES MASCULINO:-Álvaro Rodríguez Ferro-Mario Suárez García-Alexandre Quiroga Lorenzo-Brais Quiroga Lorenzo - 8:26.34

Iria Álvarez e Daniel Caamaño acadaron dous ouros cada un

Caamaño e Taboada (o primeiro e terceriro pola esquer-da), nunha proba do absoluto de inverno. /CN PABELLÓN

disputaban o campiona-to, tamén participaron os infantís pabellonistas que obtiveron marcas mínimas da categoría absoluta, al-gún deles aproveitaron para facer as súas mínimas para participar na súa categoría no Campionato de Espa-ña correspondente. Así o fixeron: Ana María Santiso Prado que ademais da míni-ma de 200 estilos meteuse na final A absoluta, onde rematou en 6ª posición, e Ezequiel Quiroga Ramos que conseguiu a mínima nos 400 libres.

Tamén afinaron os seus tempos os restantes partici-pantes infantís, como Laura Nerea Balsa Pérez que ro-zou a mínima de España,

Cristina Cruz Moure que xa posee mínimas ao igual que Borja González Rodríguez, e Adrián Blanco Pérez que formando parte do relevo de 4x200 libres con Borja, Ezequiel e o absoluto Pablo Roi marcaron un tempo ex-celente.

Liga benxamín zonalTamén se disputou o sá-

bado 30 de xaneiro a 2ª xor-nada da liga benxamín con carácter zonal na piscinas Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios de Ourense, donde se reuniron máis de 100 nadadores de toda Ga-licia. Cunha boaa actuación por parte dos máis novos, onde Marcos García, David

González e Laura Rodrí-guez gañaron as súas res-pectivas probas.

Laura Pimentel en pleno rendimento nunha proba de espalda. /CN PABELLÓN

Page 17: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

17POLIDEPORTIVO

Imparable o Club Voleibol Ourense feminino4 Conta os seus partidos por vitorias.

Redacción

O CV Voleibol feminino da Segunda División A fe-minina da fase autonómica, gañou o pasado sábado no Pazo dos Deportes Paco Paz por un contundente 3-0 (25-20/25-17/25-11) ante o Autos Rico de A Coruña, polo que sigue imparabale para a consecución do títu-lo e do ascenso. Nos 13 en-contros disputados acadou a vitoria en todos e cada un deles, cedendo tan só dous sets en todo o que levamos de competición.

A seguinte xornada dis-putarase o sábado 20 de febreiro, e as ourensás desprazaranse ata terras santiaguesas para xogar o partido da xornada 14 con-tra o Conxo, sexto clasifica-do con 5 partidos gañados. Pero antes, o sábado 13, ás 17.00 horas, no Paco Paz o CV Voleibol Ourense xoga un partido adiantado da xornada 17, contra o Doble Imagen - Oleiros, penúl-timo clasificado. O único equipo que lle pode arre-batar o título ao Ourense, nestas catro xornadas que restan para o final do cam-pionato é o Boiro, que está a un punto das ourensás.

O Dompa Gestión ocupa a oita e penúltima posición con dúas vitorias consegui-das.

Ourense masculinoO Voleibol Ourense ocu-

pa a penultima plaza da cla-sificación, e iso que vén de

gañar na anterior xornada ante o Zalaeta, último, fóra de casa por un resultado de 2-3 (16-25/25-16/24-

26/25-14/6-15). O próximo sábado, no Paco Paz, ás 20 horas, o Ourense masculino se versase as caras contra o

Doble Imagen - Oleiros, na que será unha boa ocasión para que o equipo supere na clasificación a este equipo,

xa que están empatados a 18 puntos.

Liga zonal xuvenil femi-nina

O Dompa Gestión é o dominador da Liga zonal xuvenil feminina na que o seu inmediato perseguidor é o Divina Pastora, o Car-melitas Vedruna senior son as terceiras. Pechan a cla-sificación, Xarandeiras de Amoeiro, cuartas, e Carme-

litas Vedruna xuvenil quin-tas. Agora queda rematar a fase regular cos partidos que non se disputaron no seu momento.

Soamente o Boiro podelle arrebatar o título de liga ao CV Voleibol Ourense feminino

Partido da liga zonal xuvenil disputado en Carme-litas. /RAMSÉS

Snowboard en Manzaneda4 Será o 21 de febreiro.Redacción

Se as condicións clima-

tolóxicas e os espesores o permite, o fin de semana do domingo 21 de febreiro

terá lugar na estación de montaña de Manzaneda a primeira competición de snowboard que se fai en Galicia cun percorrido tipo boardercross. Será unha grande ocasión para que todos aqueles aos que lles guste este deporte, sexa cal sexa o seu nivel de esquí ou

snorboard, poidan achegar-se e compartir este evento e sentir o que é baixar por unha pista marcada. Aque-les que o desexen poderán gozar dunha cea de confra-ternidade o sábado 20 de febreiro no restaurante da estación de esquí de Man-zaneda.

Page 18: 10 Feb 2010 - Nº06

18 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

CAMPUS OURENSE

Redacción

O luns, día 8 de febreiro, as Escolas Deportivas abri-ron un novo período de ma-trícula para todos aqueles membros da comunidade universitaria que desexen practicar algún deporte nes-te segundo cuadrimestre do curso. A iniciativa caracte-rízase pola variada oferta de modalidades deportivas que ofrece e tamén polas instalacións que colaboran na actividade, ata 30 esco-las espalladas por toda a cidade. O obxectivo funda-mental é, segundo Eduar-do de la Fuente, técnico do Servizo de Deportes, “achegar a actividade física e o deporte á comunidade universitaria”.

As Escolas Deportivas comezaron a súa actividade no curso académico 1992-1993. Na actualidade máis de 200 persoas participan nos distintos deportes que oferta a través das 30 esco-las que non se circunscri-ben só ao campus se non que se dispersan por toda a cidade, unha estratexia que lles permite “abarcar unha gran variedade de modalidades deportivas e chegar ao maior número de usuarios posible intentan-do cubrir todas as súas ne-cesidades”, segundo sinala o técnico.

Máis de 200 persoas participaron nas Escolas Deportivas do campus no primeiro cuadrimestre4 Pilates, tenis, voleibol, aeróbic e ioga son as actividades mais demandas.

Ioga, escalada, boxeo e danzas orientais nunha oferta moi variada

Unha das características principais das Escolas De-portivas é a súa variedade, dende ioga ata escalada pasando por boxeo e dan-zas orientais. Eduardo de la Fuente explica que esta filofofía responde ao in-terese dos promotores da iniciativa por achegar o de-porte a un maior número de usuarios. Segundo as súas palabras, “sabemos que cada un ten os seus gustos, as súas necesidades e que non todos dispoñen do mes-mo horario. A variedade da nosa oferta e a amplitude

do horario permítelle a toda a comunidade universitaria practicar a actividade físi-ca e deportiva que máis lle guste e se adapte as súas ne-cesidades e características persoais”.

O Pilates é a modalida-de deportiva máis deman-dada polos usuarios

Á hora de preguntarlle pola actividade máis de-mandada o técnico non dubida na súa resposta. “O pilates, sen dúbida algun-ha. Aínda que este modelo de actividade física non chegou a nós ata finais do século pasado, a súa rápida extensión e o seu beneficio

para a saúde corporal fan desta modalidade a máis solicitada pero seguida moi de preto por escolas con máis tradición como son o tenis, o voleibol, o aeróbic e o ioga entre outras”.

As Escolas Deportivas están dirixidas tanto a estu-dantes como ao profesorado e ao persoal de administra-ción e servizos do campus. O alumnado é o colectivo que máis participa na inicia-tiva e así o subliña Eduardo de la Fuente, quen revela tamén que as preferencias deste colectivo dispérsanse por todas as escolas, “den-de as actividades aeróbicas dirixidas como o power

dundell e o boot camp ata o boxeo, karate, golf, danzas, defensa persoal, aquagim, natación, iudo, kik boxing, padel, spining, taichi, xa-drez e wu shu sanda”.

Os novos usuarios pode-rán matricularse a partir do día 8 de febreiro

No primeiro cuadrimes-tre deste ano académico o número total de participan-tes nas escolas foi de 215 sendo o pilates, o tenis, o voleibol, o aeróbic e o ioga as actividades máis deman-dadas cuns 20 inscritos en cada unha delas. O prazo de renovación das Escolas Deportivas foi do 1 ao 4 de

febreiro e, xa está aberto o período de matrícula para todas aquelas persoas que desexen inscribirse nunha escola para este segundo cuadrimestre do ano. As inscricións faranse no Edifi-cio Administrativo do cam-pus e o prezo varía segundo a actividade que se escolla. Eduardo de la Fuente con-sidera importante a existen-cia deste servizo no campus polos beneficios que lle da á comunidade universitaria. Segundo afirma “a práctica de calquera actividade física aporta unha mellor condi-ción física e saúde ademais dunha ocupación activa do tempo de ocio. Penso ta-mén que o feito de practicar un deporte é tamén un xei-to de socialización co resto de participantes nas activi-dades, desfrutando así dun momento alegre e ameno”.

O pilates foi a actividade máis demandada na primeira metade do curso

As inscricións para o segundo cuadrimestre están abertas ata o 17 de febreiro

Alumnos do Campus durante unha das clases das Escolas Deportivas. /CAMPUS

Page 19: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

19TENIS DE MESA

O Galmédica Ourense volve a xogar na sala 3 do Paco Paz, o sábado 20 de febreiro, ás 17 h. contra o Naronense

Catro equipos ascenden á 2ª división nacional e os ourensáns ocupan a terceira plaza con 10 puntos

O Ourense Tenis de Mesa, con paso firme na fase de ascenso4 Ocupa a terceira posición con dez puntos.Redacción

No primeiro encontro desta fase de ascenso á 2ª. división nacional de tenis de mesa o Galmédica Ourense

venceu ao Breogán Oleiros “A” por un tanteo de 2 a 5. Os puntos do Galmédica T.M. foron conseguidos por Juan Angel Ferreiro (2,5), Emilio Diéguez (1,5) e Jor-

ge Gamazo (1).No segundo encontro

desta fase de ascenso, os ourensáns volveron vencer, esta vez en casa, no ‘Pazito’ contra os lucenses do Dez

Portas Lugo por un apre-tado 4-3. Os do Galmédica Ourense seguen a mostrar a súa solidez e fiabilidade, subindo un peldaño máis no seu obxectivo de ascender á

2ª división nacional do tenis de mesa. O equipo de Lugo mostrou o seu poderío du-rante o encontro, demos-trando ser un equipo moi compensado e cun nivel de xogo que o avala para ser candidato ao ascenso. Con esta, o Galmédica leva dúas vitorias nos dous encon-tros disputados nesta fase e mantén a terceira posición na táboa clasificatoria. O próximo domingo o equipo desprazase a Oroso para en-frontarse ao Oroso-Grupo Puentes que encabeza a cla-sificación, nun encontro no que o equipo local, liderado polo ruso Valeri Malov é o claro favorito e ante os ca-les unha vitoria ourensá se-ría a sorpresa da xornada.

O Galmédica volta ao Paco Paz o 20 de febreiro, ás cinco da tarde para me-dirse ao Naronense, sexto clasificado con seis puntos, no que suporá o final da primeira volta. Este partido pode vislumbrar o futuro do Galmédica nesta fase de ascenso e medir as opcións reais do equipo de cara ao ascenso.

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos 1.- Oroso 16 2.- Gr. Barros 12 3.- Ourense 10 4.- Dez Portas Lugo 6 5.- Vincios/Esypro 6 6.- Naronense 6 7.- Ferretería Vincios 4 8.- B. Oleiros “A” 4

Page 20: 10 Feb 2010 - Nº06

20 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010 NOVAS

Cambio de imaxe das instalacións deportivas de Oira4 As canchas de Oira estrean novo alumeado.

Redacción

Tras varios meses (algún de retraso), Oira, e máis concretamente as súas ins-talacións deportivas, empe-zan a ter un novo aspecto, que, dito sexa de paso, boa falta lle facía.

Así, o campo de fútbol 7 e o de volei praia contan des-de este ano cun novo e com-pleto sistema de alumeado. En total, son 24 novas lu-minarias de gran formato as que se instalaron, de cara a acadar os mínimos requeri-dos polas correspondentes federacións deportivas para este recinto; 18 proxectores para o campo de fútbol e 6 para o de volei praia. O orzamento desta actuación ronda os 176.000 euros. Segundo o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, ampliarase a mellorarase este espazo moi utilizado polos ourensáns, “haberá espazo para baloncesto, fútbol sala, balonmán e ho-

quei, especialmente para os practicantes deste último, xa que moitos clubes esta-ban aquí asentados”.

Para o tenente de alcalde, Andrés García Mata, estas obras continuan a deslocali-zar as instalacións deporti-vas na cidade, un paso pre-ciso para cumplir a máxima de “deporte para todos” que marca o traballo da conce-llería que dirixe Fernando Varela. “Entendemos que todas as zonas da cidade teñen dereito a contar con instalacións deportivas dig-nas alí onde sexa preciso e que as actuais atópanse as veces saturadas, polo que é preciso continuar traballan-do para amplialas e mello-rar as existentes”, salientou o concelleiro.

As obras, tanto de alu-meado como as do pavillón, foron financiadas parcial-mente con cargo ao Fondo Estatal de Investimento e suman un investimento total de máis de 530.000

euros.

PolideportivoO polideportivo de Oira

está a piques de ter rema-tada a súa reforma e calcú-lase que no prazo dun mes xa poida estar habilitado para o seu uso. A reforma constou do pechamento to-tal do recinto, ampliación de vestiarios, melloras no acondicionamento e habi-litación de novos espazos multiusos. Para iso, tiveron que derrubar a grada sur e os vestiarios para a súa me-llora. Tamén se substituíu o pavimento e mellorouse o illamento e as condicións térmicas das instalacións, o que inclúe tamén a colo-cación de paneis solares na cuberta para aproveitamen-to enerxético e auga quente. Ademais, péchanse espazos antes abertos, polo que todo o recinto queda cuberto, e habilítase unha nova sala multiusos, na que previ-siblemente instalarase un

ximnasio. A reforma contou cun orzamento de 360.000 euros.

Polideportivo en As Ei-roás

Por outra banda, a Xun-ta de Goberno local vén de aprobar a adxudicación provisional da concesión de obra pública para a cons-trucción dun polideporti-vo no barrio de As Eiroás, para este ano, ademais da mellora e xestión das pis-cinas públicas de Oira, que contan que estean abertas ao público, se todo sae ben, para mediados deste verán. A adxudicación provisional

recaeu na empresa SER-VIOCIO S.L e suporá a construción e explotación destas instalacións por un prazo de 36 anos, segundo o estipulado no prego de condicións municipais. As obras requerirán un investi-mento 9,7 millóns de euros, 7.878.000 destinados ao polideportivo e 1.871.000 á reforma das piscinas. A aportación municipal será de 316.000 distribuidos en até oito anualidades.

As novas instalacións, que complementarán ás dos Remedios, incluirán un campo de fútbol de her-ba artificial con vestiarios propios, dúas piscinas, ximnasio, e sala multiusos, ademais de recepción e es-pazos comúns.

Desde Deportes prevése que a reforma do polideportivo de Oira estea lista no prazo dun mes

Pechouse todo o recinto, am-pliaronse os vestiarios e habilitáronse novos espazos multiusos

Tamén se inau-gurou o novo alumeado dos campos de fútbol 7 e volei praiaRapaces xogando ao volei praia en Oira. /RAMSÉS

Page 21: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

21POLIDEPORTIVO

O Academia Postal, campión galego absoluto de cross4 As mulleres quedaron subcampionas.Redacción

O Academia Postal pro-clamouse en Carballo, un ano máis, campión gale-go absoluto masculino de cross, ao meter nos cinco primeiros postos a cinco académicos, pleno absoluto. O gañador foi o marroquí, Hassan Lekhili, seguido de Rubén Castro, campión ga-lego; o podio pechouno Os-car Piñeiro. As féminas do Academia Postal quedaron subcampionas galegas.

Campionato provincial de campo a través

O pasado sábado, 6 de febreiro, disputouse no complexo deportivo de Monterrei, o Campionato provincial escolar de cam-po a través, no que partici-paron máis de 500 atletas entre nenos e nenas das

categorías infantil, alevín, benxamín, cadete e xuvenil.

Gala do AtletismoNoutra orde de cousas,

o Auditorio de Ourense acolleu a gala do atletis-mo autonómico, na que se entregaron os premios aos

mellores atletas de Galicia durante 2009. O premio ao mellor club galego do ano foi parar ao Ourense Aca-demia Postal.

A Gala do Atletismo foi unha “gala” para correr, para sair do Auditorio canto an-tes, a non ser que os pinchos

Comenza a Copa Deputación de JudoRedacción

O pasado domingo, 7 de febreiro, celebrouse no Pazito a primeira xornada da copa Deputación de Judo 2010, competición que reúne a nenos e xó-venes de toda a provincia de entre 6 e 18 anos, entre as categorías benxamín e xuvenil, incluíndo a cate-gortía Open, en masculino e feminino. A xornada re-uníu a 25 judokas.

Júnior galego de judoBo debut do ourensán

do Marbel, Abel Vélez, no

Campionato Galego Júnior, desenvolvido na localidade de Fene, A Coruña. Vélez, nacido en 1993, competíu na categoría de -66 quilos onde cuaxou un gran papel. Gañou no primeiro comba-te por ippon, técnica equi-valente ao K.O. no boxeo, cunha mostra de carácter e calidade. No segundo, pese a súa loita, caeu ante Pablo Marín, o posteriormente 3º clasificado, quen lle colleu á contra. En resumo, segun-do o mestre Montero, “un bo debut tendo en conta a súa inexperiencia e o nivel dos rivais”.

finais fosen motivo para quedarse. É unha pena que moitos dos deportistas alí presentes, sobradamente recoñecidos no seu eido e con historias persoais de esforzo e sufremento en prol do atletismo ourensán tivesen que aturar eses si-lencios, esa falta de músi-ca, eses ruidos de tacóns nun escenario só adornado por un triste “powerpoint”. Eles, merecedores dos máis grandes recoñece-mentos deportivos non se merecían unha gala así.

Foto de familia da Copa Deputación. /MARBEL

Campionato provincial escolar de campo a través celebrado en Monterrei.

Page 22: 10 Feb 2010 - Nº06

22 BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

DEPORTE E SAÚDE

4ARTIGO[Sección ofrecida por Saudeter]

Como ben vos dixeron no número anterior só temos unha forma sauda-ble e eficaz de eliminar a masa graxa: co exercicio físico e control nas comi-das (saber comer). Nunca por separado.

Debo aclarar-vos unha cues-tión interesante e moi importante. O 95% das miñas alumnas e amigas que me pregunta-ron por tipos de exercicios abdo-minais foron cun único obxecti-vo: perder masa graxa na cintura. E isto é un grave erro de base moi xeneralizado na sociedade actual, afeita a retocar directamente todo aquilo que non nos gusta: pes-tanas, pelo, bei-zos, etc. Non hai ningún exercicio concreto para eliminar masa graxa dunha zona específica, se a graxa se che almacena no ab-dome a solución non pasa só por facer exercicios abdomi-nais; cando fas deporte eliminas masa graxa do teu corpo en xeral. Pen-sade á inversa cando co-medes que credes que o

primeiro prato vaivos para a perna, o segundo prato para o glúteo e o postre para os brazos? Non, ver-dade, distribúensenos os nutrintes por todo o corpo;

Como soltar lastre

O noso mellor e máis efectivo

ataque sería unha combi-

nación dunha dieta baixa en calorías máis unha hora de

exercicio físico ao día

pois o mesmo cando quere-mos eliminala.

Así que, se queimamos máis calorías das que inxe-rimos ao longo do día esta-mos a baleirar os tanques de graxa (as mozas adóita-

nos ter en cadeiras, glúteos e/ou pernas e os mozos no abdome).

Así, o noso mellor e máis efectivo ataque sería unha combinación dunha die-

ta baixa en calorías máis unha hora de exercicio físi-co, só unha miserable hora ao día. Que vén saíndo: roubarlle 10 minutos á túa parella, aos teus amigos, ao teu tempo de lecer, aos

teus pensamentos impuros, o tempo que nos absorbe as intervencións da Belén Es-teban ou aos teus soños de futuros.

Se logo cando elimines

eses quiliños de máis que che sobran: vas querer ver menos á túa parella e máis ao teu amante, faraslles máis graza aos noivos das túas amigas que ás túas propias amigas, confundi-

rás lecer con pracer, terás realidades no canto de pen-samentos, darasche conta que vales máis que ningun-ha e no canto de soños im-posibles atoparás descan-

sos pracenteiros.Antes de seguir tede ben

claro, que como estades agora non vén dunha sema-na nin dun mes; pois entón non pretendades tamén que imos eliminala con goma

de borrar, ninguén dixo que ía ser fácil. A fama custa e para chegar a ela

hai que suar. Necesito a vosa atención e por Obama non vos sal-tedes as miñas for-mulacións, paciencia e boa letra como di-cía o meu profe ou a miña amante, xa non me acordo.

Nesta hora, debe-mos de dedicarlle un tempo ao exercicio aeróbico (todo tipo de exercicio constan-te que pase de 30 mi-nutos: andar, trotar, bicicleta, nadar, todo tipo de clases colecti-vas) e outro pouquiño de exercicio anaeró-bico ou tonificación muscular: exercicios localizados en bra-zos, pernas, glúteo, abdome, peito e es-palda.

Fran Baladrón Saudeter

Page 23: 10 Feb 2010 - Nº06

BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010

23

Delfín, Mari Carmen e Gabriel:

“Nalgúns sitios están deterioradas, faltan aros e redes nas canastas... Que as que existen que estean ben acondiciona-das”.

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Alberto Del Río

Nº6 - Ano: II - 10 de febreiro 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

A PREGUNTA DO MES

Que opinas das instalacións deportivas de Ourense?

Francisco Pérez:“As que hai están ben.

Habitualmente vou ao pavillón e podía ser un pouco máis barato”.

María Elena Pumar:“Eu creo que debía

haber máis instalacións pero especializadas por deportes”.

Raquel Carnero:“Pareceme demen-

cial e trístisimo que arranxen o pavillón de Oira e non as piscinas de arriba que agora só hai unha piscina no ve-rán na cidade”.

Familia Núñez Castro:“As que existen están

ben pero ten que haber máis. As instalacións dalgúns colexio deben melloralas”.

Manuel Muñoz:“Sei que as arranxa-

ron fai pouco. Sempre fan falla máis instala-cións, por exemplo no centro non as hai”.

Canolich e Sonia:“As que coñezo están

ben, como a piscina do pavillón”.

Víctor Blanco:“Escasas e mal re-

partidas na cidade. Só está o pavillón o Paco Paz, na Ponte e A Car-balleira non hai...e a da universidade a piscina é cara, o tenis e ximna-sia non”.

Page 24: 10 Feb 2010 - Nº06

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO10 de febreiro de 2010