52
1 GUÍA DO ALUMNADO 2º DE BACHARELATO: LINGUA GALEGA E LITERATURA MATERIAS COMÚNS Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Instituto de Ensino Secundario (IES) San Clemente Rúa San Clemente S/N 15705 Santiago de Compostela Teléfonos: 981 580496, 981 580366 Fax: 981 572190 Correo Electrónico: [email protected]

GUÍA DO ALUMNADO - edu.xunta.es · 10. Redacta unhas dez liñas sobre a ortografía galega. Unidade 2: A modernización da lingua galega: Ao rematar o estudo desta unidade deberás

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

1

GUÍA DO ALUMNADO

2º DE BACHARELATO:

LINGUA GALEGA E LITERATURA

MATERIAS COMÚNS

Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Instituto de Ensino Secundario (IES) San Clemente

Rúa San Clemente S/N 15705 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 580496, 981 580366 Fax: 981 572190

Correo Electrónico: [email protected]

2

O contido desta guía baséase no texto de: Rodríguez Alonso, Manuel. Lingua Galega e Literatura 2, SM, Madrid e as respostas ás actividades de autoavaliación están tomadas do Libro-Guía do profesor da citada editorial. A guía, para a adaptación á Educación a Distancia, foi elaborada por: Xosé Luís González Ucha e Alfonso Rey López. A MATERIA

A materia de Lingua galega e literatura de segundo de Bacharelato toma como punto de partida o que xa se traballou no primeiro curso e esta guía baséase nestes presupostos de tipo xeral:

• Escoitar, falar, ler, escribir. • A lingua, aprendizaxe continua. • Lingua e vida cotiá. • A literatura: coñecemento das persoas e historia, pero tamén gozo e

pracer. • Educación en valores. • Autoavaliación.

Presentamos nesta guía, para a mellor organización, un índice de Lingua e outro de Literatura, pero practicando en cada unidade exercicios que integren os presupostos enunciados. En resumo, cabe dicir que nesta materia o literario ofrécese como un modelo ou paradigma do lingüístico e a lingua concíbese como un potente instrumento de coñecemento do mundo e de achegamento aos demais. O LIBRO DE TEXTO Lingua Galega e Literatura 2. Rodríguez Alonso, Manuel. SM, Madrid. ISBN: 84-348-9221-9 ÍNDICE Parte 1ª: LINGUA:

Lección 1: O segundo rexurdimento da lingua. Lección 2: A modernización da lingua galega. Lección 3: Lingua da ciencia e da divulgación. Lección 4: Lingua estándar e xéneros literarios. Lección 5: A lingua oral culta. Lección 6: Nova visión do mundo e novas palabras. Lección 7: A guerra e a lingua. Lección 8: O galego, lingua urbana. Lección 9: A lingua galega na década dos sesenta. Lección 10: O progreso dos anos setenta. Lección 11: Galego e castelán, linguas de Galicia. Lección 12: As variedades dialectais do galego. Lección 13: Variedades sociais do galego. Lección 14: O futuro do galego.

Parte 2ª: LITERATURA:

Lección 1: As Irmandades da Fala. Galicia ante o século XX. A literatura entre dous séculos. Lección 2: A renovación da lingua e literatura galegas. A Xer. Nós no ronsel das Irmandades. Lección 3: Ensaio e ciencia en galego. O ensaio da Xeración Nós.

3

Lección 4: A narrativa da Xeración Nós. Lección 5: O teatro da Xeración Nós. Contemporáneos e continuadores de Nós. Lección 6: Renovación literaria. As vangardas e a literatura galega. As formas das vangardas. Lección 7: Lingua galega e literatura na posguerra. A literatura galega no exilio. Lección 8: A recuperación da literatura galega. Lección 9: Os sesenta: a poesía na rúa. A nova narrativa: temas e personaxes. Lección 10: A narrativa e ensaio dos setenta. Innovación na poesía e no teatro dos setenta. Lección 11: A nova poesía dos oitenta. Lección 12: A novela dos oitenta: os novos narradores. Achega dos consagrados. Lección 13: O teatro e o ensaio nos oitenta: Dramaturgos dos oitenta e doutras xeracións. Lección 14: A literatura galega no cambio de milenio.

DISTRIBUCIÓN

1ª AVALIACIÓN: Leccións 1 a 9 (lingua) inclusive. 2ª AVALIACIÓN: Leccións 10 a 14 (lingua) e 1 a 5 (literatura) inclusive. 3ª AVALIACIÓN: Leccións 6 a 14 (literatura) inclusive.

*Obviamente, as destrezas básicas de lingua e tamén de literatura serán sempre obxecto da avaliación. MÉTODO O método teórico-práctico seguirá estes pasos:

O alumno desenrola un tema na casa. O alumno expón o seu tema, seleccionando dúbidas para consultar ao titor. O alumno realiza os exercicios propostos na casa. O alumno, que confeccionou o tema, autoavalíase, contestando os exercicios de avaliación propostos en cada unidade.

MATERIAL O alumno debe dispoñer do seguinte material:

Libro de texto. Guía do alumno. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

Dicionario galego. Calquera. LECTURAS

Os vellos non deben de namorarse, Castelao. Primeira avaliación Merlín e familia, A. Cunqueiro. Segunda avaliación Amor de Artur, X. L. Méndez Ferrín.Terceira avaliación O alumno deberá contestar obrigatoriamente á pregunta de control de lectura do

libro respectivo para cada avaliación, que se formulará como primeira cuestión e será unha condición necesaria para corrixir o resto do exame. ACTITUDE

O alumno debe abordar esta materia coa disposición e gañas de aprender que lle son propias a quen se está formando e informando. Por iso consideraremos básicos valores como o traballo e o esforzo.

O alumno debe estar en contacto e colaborar co titor e, a ser posible , con outros compañeiros. Por iso consideraremos tamén como básicos outros valores: solidariedade, respecto,… etc.

4

ACTIVIDADES:

Actividades para enviar ao titor: estas actividades poden variar, sendo o propio titor quen selecciona e determina as máis adecuadas en cada caso. Cada dúas unidades, é dicir cada quince días, poderás remitilas ao titor. Actividades de autoavaliación: Ao rematar o estudo de cada unidade deberás contestar a estas actividades de lingua ou de literatura, segundo corresponda. O Solucionario recollido na presente Guía permitirache a autoavaliación.

LINGUA: CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ACTIVIDADES Ao rematar o apartado de lingua, deberás ser capaz de: *Analizar criticamente as circunstancias que condicionaron a evolución, o uso e a realidade social da lingua galega. *Analizar en textos de distinto tipo, transmitidos por canles diferentes, as variedades lingüísticas que se manifestan neles, así como as valoracións sociolingüísticas implícitas. *Comprender e valorar discursos de distinto tipo, transmitidos por canles diferentes, identificando a situación de comunicación en que se producen e a situación comunicativa. *Producir textos de distinto tipo con coherencia, corrección e adecuación á situación de comunicación. *Elaborar unha exposición dun tema propio do ámbito académico, un traballo monográfico, unha crítica bibliográfica, un informe utilizando procedementos de documentación e distintas estratexias que faciliten a comprensión e a expresión. *Utilizar a reflexión sobre a lingua nos planos fónico, morfosintáctico, léxico, semántico e textual, así como os conceptos e procedementos lingüísticos básicos adecuados para a comprensión e a produción de textos, para a segmentación, conmutación , análise, etc. *Explicar os apartados de estudo enunciados. PRIMEIRA AVALIACIÓN Unidade 1: O segundo rexurdimento da lingua:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Identificar unha descrición, resumila, clasificala e analizar as súas características lingüísticas. -Distinguir entre linguas maioritarias e minorizadas e coñecer a actual situación do galego dentro do conxunto das linguas de España e da Unión Europea. -Coñecer as principais achegas do substrato ao galego. -Descubrir e corrixir erros ortográficos, morfosintácticos e léxicos.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa do apartado O resumo da páxina 143. Esta lectura ten como obxectivo facilitar ao alumno un procedemento de aprendizaxe, que este pode empregar no sucesivo en todos os apartados de Estudo. Lectura dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións

1.2.- Estudo dos apartados da páxina 6. 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións.

5

1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos: *Os apartados 1.3 e 1.4, que só enunciamos nesta sesión, deben terse en conta, sen embargo, en todas as leccións e sesións.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 8, 9 e 10. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 12 e 13. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 15: apartados 1, 2 e 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema A motivación da páxina 23. Actividades de autoavaliación: 1. Redacta 15-20 liñas sobre as Irmandades da Fala e a I Asemblea das Irmandades. 2. Define lingua minorizada. Enumera as linguas minorizadas que coñezas de Europa e a política que segue con elas a Unión Europea. 3. Consideras obxectiva a clasificación que establece a Unión Europea sobre o estado destas linguas minorizadas? 4. Le o seguinte texto e indica ante que tipo de descrición estamos. Sinala as características propias da linguaxe da descrición que aparecen nel:

A Disputa era o nome da taberna do meu pai, situada nas proximidades da cidade de Pontevedra, no vello camiño que leva a ela desde Santiago de Compostela... Pontevedra non distaría media hora co cabalo ao paso, e nos días en que sopraba o vento desde o sur podíanse oír sen moito esforzo as campás da Peregrina e de Santa María chamando á misa ou tocando a morto desde a outra beira do Lérez.

A Disputa, un casarón vello e escanastrado, de grandes cachotes de granito e planta rectangular, coa maior parte dos cuartos baleiros e estragados, erguíase sobre un pequeno outeiro desde o que se divisaban os bosques tupidos que estendían terra adentro...

XOSÉ MIRANDA: Morning Star 5. Divide en lexema, morfemas derivativos e flexivos as seguintes palabras do texto: proximidades, canastrón, escanastrado, rectangular, estendían, sopraba, estragados, bosques. 6. Explica o concepto de fonema a partir da palabra do texto terra, e a serie terra- serra- berra- cerra- ferra- guerra- xerra. 7. Cita un prefixo de substrato que forma topónimos e sinónimo do outeiro do texto. 8. Explica por que consideramos o galego unha lingual indoeuropea e tipoloxicamente flexiva. 9. Escribe dez liñas sobre a normativización da ortografía galega. 10. Redacta unhas dez liñas sobre a ortografía galega. Unidade 2: A modernización da lingua galega:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer as características de descrición literaria e comentar unha descrición deste tipo.

6

-Comprender a situación do galego dentro da Romania, no Estado español e na Unión Europea. -Coñecer o sistema fonolóxico do galego. -Identificar e clasificar os distintos préstamos do galego.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 26.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 28, 29 e 30. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 32 e 33. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 35: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema Atención e concentración da páxina 43. Actividades de autoavaliación: 1. Explica os conceptos de lingua minorizada, lingua maioritaria e lingua internacional. 2. Indica propostas das Irmandades e da xeración Nós que contribuíron á modernización da lingua galega. Por que lles interesaba tanto a prosa e a linguaxe técnico- científica? 3. Explica as interferencias máis habituais do sistema fonolóxico castelán sobre o galego. 4. Escribe cinco parellas de homógrafos que se distingan só pola oposición e aberto/pechado, o aberto/pechado. Define esas palabras. 5. Comenta a seguinte descrición: tipo -topografía, etopea...?-, técnicas descritivas e linguaxe.

Eu coñecía a Lousada [Diéguez] ben antes de ser o seu amigo. Andaba polo Ateneo de Madrid, co ar que endexamais perdeu do que chega de viaxe, a tagarnina dura na boca, os xestos de humorista interrogante con bondadoso humorismo diante dos homes e das cousas... Coma ninguén sabía descubrir na política ou na economía as fibras e fíos viventes deixando as mortas... Sentía as badaladas das torres asolagadas de arte e quería ser catedrático de Teoría da Literatura e das Artes... Catedrático mozo, en Ourense, cheo de forza e entusiasmo, mestre das primeiras horas da mañá no meu querido instituto...

OTERO PEDRAYO: O libro dos amigos 6. Comenta tres ditongos e tres hiatos tomados do texto. Explica a súa acentuación gráfica. Realiza todas as posibles separacións desas palabras por guión en remate de liña. 7. Comenta e define, tomándoos do texto, un fonema consonántico oclusivo, outro fricativo e un terceiro africado. 8. Que son a sociolingüística e o Mapa sociolingüístico de Galicia? Por que son tan importantes para a fixación da norma do galego? 9. Otero emprega ar posiblemente por lusismo. Indica préstamos habituais do galego. 10. Indica para que se usa a diérese sobre o (i). Axúdate con exemplos.

7

Unidade 3: Lingua da ciencia e da divulgación:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de: -Comentar unha descrición técnico- científica e distinguir as características lingüísticas. -Identificar no texto os trazos de coherencia, cohesión e adecuación. -Coñecer os préstamos adaptados.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 46.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 48, 49 e 50. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 52 e 53. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 55: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema Os apuntamentos da páxina 63. Actividades de autoavaliación: 1. Comenta o labor do Seminario de Estudos Galegos en relación co emprego do galego. 2. Completa o seguinte cadro de diferenzas entre a descrición literaria e a científico- técnica

Literaria Cientifico-técnica Subxectiva Obxectiva ....... .......

3. Indica de que tipo é o seguinte texto, así como a súa intención e finalidade comunicativas. Que funcións da linguaxe están presentes nel?

Europa é un mosaico de linguas, onde esa vella idea escolar de "un Estado igual a unha lingua" non se corresponde coa realidade, pois só son monolingües Portugal ou Islandia.

Por iso, nun mundo cada vez máis aberto, temos que apostar polo plurilingüismo, pola tolerancia e valoración da diversidade.

Mais ese plurilingüismo debe, á forza, partir da lingua propia, para, a través dela, afirmar a identidade e integrarse, en igualdade, cos demais pobos do seu contorno.

CARME FERNÁNDEZ PÉREZ-SANJULIAN: A pluralidade lingüística na Europa 4. Analiza a relación entre os tres parágrafos do texto anterior e sinala os seus marcadores. 5. Define contexto lingüístico e situación e indica os significados que toman as seguintes palabras do texto anterior en distintos contextos e situacións: lingua, aberto, apostar, estado, tolerancia. 6. Realiza todas as posibles separacións no remate de liña das seguintes palabras: dalgunhas, solsticio, obtuso, absceso, acceso, ruptura, conspirar, intersticio, heroe, amado, carecías. 7. Explica a sinalefa e pon dous exemplos.

8

8. Indica cál é a adaptación dos seguintes anglicismos e comenta a norma seguida para adaptar os son do inglés ao galego: leader, shampoo, baseball, meeting, goal, football, beef-steak, standard. 9. Indica de forma razoada que códigos e canles poden utilizarse nun discurso. 10. Escribe os plurais correctos de póster, club, gángster, sándwich, trust, sprint. Unidade 4: Lingua estándar e xéneros literarios: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Comentar unha narración e establecer os seus elementos característicos. -Distinguir as funcións fundamentais no nivel da oración e identificar as funcións secundarias -Descubrir e corrixir interferencias, erros ortográficos e léxicos. -Identificar calcos e préstamos de luxo.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 66.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 68, 69 e 70. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 72 e 73. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 75: Apartados 1, 2 e 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema Preparación dos exames da páxina 83. Actividades de autoavaliación: 1. Define lingua estándar e relaciónaa co seu emprego en distintos rexistros: literatura, ensino, medios de comunicación, Igrexa, etc. 2. Indica os elementos narrativos do texto de Castelao que segue:

Un rapaciño pequerrechiño escacha unha botella de aceite nas pedras da rúa e o pobriño chora. Un home gordo dende a porta dunha tenda olla o rapaz e rise. Cal das dúas figuras lle interesa máis ao humorista?

CASTELAO: Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto 3. Clasifica os grupos de palabras que aparecen no texto anterior e indica o seu núcleo. 4. Indica os grupos suxeito- predicado das oracións do texto e explica como cumpren a relación de interdependencia. 5. No oración Un rapaciño escacha unha botella de aceite, explica se entre botella de aceite e escacha hai interdependencia ou coincidencia. 6. Rapaz e rapaciño aparecen no texto, un con z e outro con c. Indica outros casos en que se produza este cambio c/z en termos da mesma familia de palabras. 7. Cita castelanismos de luxo habituais na lingua coloquial e espontánea e substitúeos polos termos galegos correctos e xenuínos. 8. Escribe algúns anglicismos de luxo que lembres de anuncios publicitarios. Substitúeos polos termos galegos correctos. 9. Indica as funcións periféricas oracionais que aparecen no seguinte texto:

9

Afortunadamente, as coleccións de novela curta abríronlle o camiño á novela da xeración Nós. Desde o punto de vista da normalización, estas coleccións fan apto o galego para a expresión do mundo urbano. Sen dúbida, foron unha achega importante para a lingua e literatura galegas. 10. Escribe tres oracións en que a concordancia suxeito- predicado poida establecerse polo sentido. Unidade 5: A lingua oral culta:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer as características do diálogo e distinguir os distintos tipos de textos dialogados. -Comprender a estrutura do grupo de palabras e diferenciar núcleos e adxacentes. -Recoñecer os pronomes, clasificalos e establecer as súas funcións na oración. -Descubrir e corrixir erros e interferencias.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 86.

Segunda sesión:

- Estudo dos apartados das páxinas 88, 89 e 90. Terceira sesión:

- Estudo dos apartados das páxinas 92 e 93. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 95: apartados 1, 2 e 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema Presentación dos exames e exercicios da páxina 103. Actividades de autoavaliación: 1. Indica ocasións en que haxa que usar un rexistro oral culto ou estándar. Que xéneros literarios tentan reproducilo? 2. Comenta os trazos do diálogo que aparecen no texto de Os vellos non deben de namorarse:

Don Ramón.- Pero ti vas ir ao baile? ¡E bailarás co portugués! Micaela.- Non lle dea pena, que o portugués é un mozo coma outro calquera... Non madura esta pera para ningún merlo. Son divertida, pero teño cabeza. Don Ramón.- E onde te vexo esta noite? Déixasme entrar na casa? Micaela.- Non corra tanto, don Ramonciño. Vostede agarde por min ao pé da cancela, cando remate o baile.

3. Analiza os grupos de palabras que aparecen no texto anterior, establecendo o núcleo de cada un deles e os elementos adxacentes que determinan ou completan este núcleo. 4. Indica as funcións que realizan eses grupos, tanto no nivel da oración como no nivel doutros grupos de palabras. 5. Analiza todos os pronomes do texto. 6. Redacta oracións que permitan establecer a diferenza entre llo, lla, llos, llas, llelo, llela, llelos, llelas.

10

7. Define as seguintes parellas de parónimos: adicción-adición, acceso-aceso, ricto-rito, inflación-infracción, reación/reacción. 8. Corrixe os castelanismos:

Ninguén o pervertiu. Non transcorrira nin un minuto. Foi un éxito efímero. A diputada rebatiu as afirmacións do parlamentario. Colocaron ese traxe nun maniquí. Ese escritor ten moito enxeño. É un bo dibuxante. 9. Copia escribindo o termo que falta: Pola...........sae o fume. Os barcos constrúense nos...........Os patos son aves ........Os bérberes son un pobo..............Os modistos........ traxes 10. Define dobrete e hiperenxebrismo. Pon catro exemplos de cada un e explícaos. Unidade 6: Nova visión do mundo e novas palabras Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Distinguir as distintas clases de textos expositivos. -Recoñecer os valores estilísticos e gramaticais das diferentes clases de palabras, perífrases verbais e locucións. -Comprender e analizar os distintos procedementos de acrecentamento do léxico.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 106.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 108, 109 e 110. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 112 e 113. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 115: apartados 1, 2 e 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema A lectura, entretenemento e... información da páxina 123. Actividades de autoavaliación: 1. Comenta en 10 liñas como o progreso material e ideolóxico inflúe sobre a lingua. 2. Substitúe a perífrase verbal por outra do mesmo significado nas oracións que seguen: Estivo a punto de perder o tren. Está lavando a louza no vertedoiro. Parece que vai nevar. Ten traballado moito nesta empresa. 3. Indica os valores estilísticos dos substantivos, adxectivos e verbos do texto que segue:

Eu recréome no chan da miña terra, rico en matices do verde, que o cobren dende os máis ergueitos curutos das serras ás beiras do mar e dos ríos: e tremo de medo de que unha falla de lentura ou calquera outra cousa desfaga este tapiz vexetal, e vaia espindo primeiro os penedos e os valados, despois os montes, nos que só quedarían uns circos poboados de plantas coriáceas, iguais aos redondeis de cabelos medio mortos que se miran nas cabezas dos tiñosos.

FLORENTINO L. CUEVILLAS, Prosas galegas 4. Explica en que consiste a regra dos tres ces.

11

5. Corrixe os erros que advirtas: A hipocresía é un grave defecto. A glucosa é un azucre. Hoxe elíxense os diputados. Déronme un bo disgusto. Cómpre correxir ben os exercicios. 6. Completa coa palabra que falta: As persoas que se subscriben a un xornal son os ... A pulmonía ou ... é unha grave enfermidade. Os textos ... presentan as características de persoas, animais e cousas. O noveno mes do ano é ... 7. Explica a orixe de: apa, ovni, sida, ies, eso. 8. Explica os procesos de creación léxica que se dan nas palabras subliñadas: Seica é dono de moitos bens. O petroleiro atracou onte no porto. Beberon uns ribeiros. 9. Redacta 10 liñas sobre a modernización do galego na época das vangardas. 10. Indica a diferenza entre estas parellas: pobre muller/muller pobre, gran escritor/escritor grande, alta funcionaria/funcionaria alta. Unidade 7: A guerra e a lingua:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Identificar unha exposición e sinalar os seus trazos lingüísticos. -Analizar morfosintacticamente oracións e clasificalas atendendo á estrutura do predicado. -Descubrir e corrixir erros ortográficos e léxicos. -Comprender os procedementos que producen os cambios de significado das palabras.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 126.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 128, 129 e 130. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 132 e 133. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 135: Apartados 1, 2, 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema O resumo da páxina 143. Actividades de autoavaliación: 1. Comenta o que supoñía para a normalización da lingua galega o Estatuto de Autonomía de 1936. 2. Explica en que consiste a disposición nos textos expositivos. 3. Converte as oracións simples en comportas e indica de que clase son as compostas: Comemos un pastel moi saboroso. Fa1ei con esa amiga túa de Ourense. Sorprendeume a túa ausencia. Prométoche a miña axuda nese traballo. Verémonos ao remate da clase. 4. Redacta e analiza unha oración impersoal con haber, outra con abondar e unha terceira con se. 5. Escribe unha oración pasiva sen complemento axente e convértea en activa e pasiva reflexa. Analízaas despois.

12

6. Corrixe os erros: Xogaron con moito ímpetu. Eran uns guerreiros valerosos. Levei o traxe á tintorería. Os pobos primitivos vivían en tribus. O árbitro aplica o reglamento. Xantamos un sabroso estofado. 7. Comenta o significado das palabras subliñadas: É unha autoridade no eido da ecoloxía. Lamentamos o seu pasamento. Expresou unhas ideas resesas. Esas ideas inzaron por toda Galicia. 8. Le o seguinte texto e clasifica as súas oracións simples segundo a estrutura do predicado: E tiven un amigo. Un verdadeiro amigo. De cote nos levamos ben. Tódolos días maxinabamos diferentes andrómenas para cando fosemos grandes. Lelo quería que aprendésemos música e tocásemos o bombardino ou a trompeta. Xa estrebillaba cos dedos nun pífano e dáballe xeito. Ademais metéuselle na chola ser mariñeiro. Nunca vira un barco, pero seu pai estivera servindo en Ferrol e parolaba arreo de augas e ventos.

X. NEIRA VILAS: Memorias dun neno labrego 9. Clasifica as distintas oracións compostas que aparecen no texto. 10. Explica os significados das palabras do texto: andrómena, estrebillaba, chola, servir, parolar. Unidade 8: O galego, lingua urbana:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer os trazos característicos da argumentación e comentar e resumir textos deste tipo. -Identificar e analizar as distintas clases de oracións subordinadas substantivas e construcións de infinitivo. -Identificar e comentar casos de ultracorreccións ou hiperenxebrismos. -Coñecer os principais prefixos e os seus valores significativos.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 146.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 148, 149 e 150. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 152 e 153. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 155: Apartados 1, 2, 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema O uso do dicionario da páxina 163. Actividades de autoavaliación: 1. Indica actividades, editoriais e publicacións que marcan a recuperación do galego. 2. Define brevemente os conceptos de confirmación e refutación a propósito do texto argumentativo. 3. Analiza a función dos grupos nominais subliñados e convérteos en oracións substantivas sen que cambie o significado da oración: A miña obsesión é a túa felicidade. Recoñece o teu mal comportamento. Cómpre unha decisión túa nese tema. A médica está moi interesada na recuperación dese paciente. Mantén a opinión da

13

necesidade de cambios. 0 traballo consiste na colocación dos paquetes no almacén por nos os dous sós. 4. Redacta unha oración interrogativa directa total e catro parciais. Nas parciais non debes repetir o interrogativo introdutor. Despois analízaas. 5. Analiza a oración substantiva do texto: De seguida souben... que agardabamos unha serea grega de nome Teodora, a quen lle morrera un vizconde portugués que tiña por amigo...; viña para que mi amo [Merlín] lle tinguise as escamas da cola de loito dobrado. ÁLVARO CUNQUEIRO 6. Analiza os valores dos que/quen do texto. 7. Copia os textos colocando as letras que faltan: Aqueles ...ibeiros non lle parecían un verdadeiro viño do ...ibeiro. Un punto de embarque para ... América española era ... Coruña. 8. Copia completando coa palabra que falta: A barriga tamén se chama ... A tenda onde se venden cadernos e obxectos de papel é a ... O grao inmediatamente inferior ao de capitán é o de ... 9. Constrúe por prefixación os antónimos de convocar, moral, revolución, constitucional, posible. 10. Substitúe o subliñado por unha palabra formada por prefixación sen que cambie o significado: É un estadio para moitos usos. Mercou unha pomada contra a inflamación. Actuará un cantante moi famoso. É unha industria establecida en moitas nacións. Unidade 9: A lingua galega na década dos sesenta:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Identificar a mestura de exposición e argumentación en textos de opinión. -Analizar e construír oracións subordinadas adxectivas. -Identificar e corrixir erros e interferencias. -Distinguir os principais sufixos e establecer os seus significados.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 166.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 168, 169 e 170. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 172 e 173. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 175: Apartados 1, 2, 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema Clases de dicionarios da páxina 183. Actividades de autoavaliación: 1. Redacta e analiza unha oración que presente unha subordinada adxectiva especificativa e outra que presente unha explicativa. 2. Redacta e analiza dúas oracións adxectivas introducidas por adverbios relativos. 3. Indica de forma razoada que tipos de oracións subordinadas son as que seguen: O funcionario preguntoulle onde vivía agora. / Atopeino onde sempre o coloco. /

14

Veraneamos naquela casa onde estiveches connosco hai dous anos. / Non sei que pasará. 4. Explica por que están substantivadas estas oracións adxectivas e indica a súa función: Quen diga iso está equivocado. / Hoxe coñecín a quen tanto te axudou. / Falamos moito do que faremos nestas vacacións. / Non sei o que pasou entre eles. / El é quen leva o negocio dos pais. 5. Indica que oracións adxectivas son especificativas e cáles explicativas

A nosa casa, que ti non coñeces, está soa, debaixo. Nun lugar de toxo que chaman Socastro. Fora mi padre quen escollera ese sitio despoboado. Non precisamente porque non quixera vivir entremedias dos homes, nin sequera porque non lle gostase vivir entremedias dos homes, senón simplemente por razóns económicas.

G. RODRÍGUEZ MOURULLO: Memorias de Tains 6. Corrixe os erros: Esta é a pintora cuxas obras teñen tanto éxito. Foi a clase quen decidiu as datas dos exames. Os obxectivos polos cais loitamos están moi claros. Esta é a rapaza a cal gañou o concurso literario. 7. Redacta dúas oracións, unha cun diminutivo afectivo e outra cun aumentativo despectivo. 8. Reescribe estas oracións sen erros: Non metas na nevera froita con orugas. Din que viron un monstruo mariño con forma de eirizo no porto. O acorazado sufriu unha revisión rutineira e os mariñeiros están moi ufanos porque lle otorgaron a máxima cualificación en canto a seguridade, segundo consta no correspondiente expedente. SEGUNDA AVALIACIÓN Unidade 10: O progreso dos anos setenta:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Identificar as características da linguaxe da economía. -Analizar e clasificar oracións circunstanciais de distintas clases. -Comprender os procedementos da composición das palabras. -Descubrir e corrixir erros e interferencias.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 186.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 188, 189 e 190. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 192 e 193. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 195: Apartados 1, 2, 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema Rigor e traballo intelectual da páxina 203. Actividades de autoavaliación: 1. Que texto desta época dos setenta é precedente claro da actual Normativa?

15

2. Indica de forma razoada como a linguaxe económica mestura características propias da linguaxe das ciencias humanísticas e das naturais. 3. Le o seguinte texto e analízao sintacticamente:

Segundo afirma este folleto, que copiei integramente, don Luís Meruéndano del Campo foi un pequeno fidalgo do Ribeiro, con pazo ou casa grande no lugar de Francelos. Cando estudaba dereito en Santiago afiliouse á loxia [masónica] co nome de Publio de xeito que axiña criou fama de [liberal exaltado] terrible... Por dúas veces a Inquisición procedeu contra el, anque non houbo graves consecuencias... Pasados os anos tolos de estudante, don Luís volveu a Francelos, para mirar pola tenda que fora do seu pai. CARLOS CASARES: Os escuros soños de Clío (adaptación) 4. Corrixe os erros que advirtas nas contraccións e sinala as que sexan correctas: Falaba cun rapaz louro. Daí non obterás nada. Falou-nos con moita educación. Eses bistés son prá cea. Falamos dalguén que todos coñecemos. Iso ben dun que todos sabemos quén é. 5. Escribe o termo que falta: Un período de catro meses é un ... / Un aparello eléctrico que dá luz é unha ... / O equipo que vai en primeiro lugar ocupa o ... / O xuíz traballa no ... 6. Redacta tres oracións finais e convérteas en causais (Exemplo: Deulle bos consellos para que se portase ben > Portouse ben porque lle deu bos consellos). 7. Escribe tres oracións causais e convérteas en consecutivas (Exemplo: Empachouse porque xantou moito > Xantou tanto que se empachou). 8. Redacta catro oracións en que empregues o infinitivo conxugado con distintos valores circunstanciais. Transfórmao despois nunha circunstancial (Exemplo: Por falardes a berros, non vos farán máis caso > Non vos farán máis caso aínda que faledes a berros). Lección 11: Galego e castelán, linguas de Galicia: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer as características da linguaxe da política e identificar e clasificar os distintos xéneros deste tipo de linguaxe: discurso parlamentario, mitin, debate,etc. -Manexar con soltura e corrección os distintos tipos de estruturas comparativas. -Identificar os distintos tipos de oracións coordinadas, subordinadas e xustapostas.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 206.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 208, 209 e 210. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 212 e 213. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 215: Apartados 1, 2, 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema O comentario crítico da páxina 223.

16

Actividades de autoavaliación: 1. Redacta dez liñas sobre as características da linguaxe política actual. Compáraa coa linguaxe do parlamentarismo do século XIX. 2. Redacta dúas oracións condicionais, pero sen usar a conxunción se. 3. Establece, con exemplos, a diferenza entre senón e se non. 4. Redacta tres oracións comparativas: unha de igualdade, outra de superioridade e unha terceira de inferioridade. 5. Analiza sintacticamente o texto que segue:

Bebeu unha pouca auga; tamén comeu algo, non moito. Estaba cansa, esgotada, seca. Era moita máis a sede do que a fame, xa que tomou novos grolos de auga. Botou logo unha pouca na cunca da man e pasouna pola cara e polo pescozo. Repetiuno de novo, mais seguíalle o bafo. Sentou na palla, como puido, para tentar descansar un pouco, apoiada de costas contra as cambas do carro.

XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO: Agosto do 36 6. Cres que é correcta a oración era moito máis a sede do que a fame, que aparece no texto? Razoa a túa resposta. 7. Corrixe os erros que advirtas:

Respondéu que sí, segundo a súa vella costume. Tí non me deches a mín ningunha instrucción para facer ese análise. As alpinistas ourensanas ascenderon a unha importante cume da rexión catalá. Esa rapaza é unha especialista no arte cortesano do Renacemento. A vida aldeana adoita ser moito máis tranquila cá vida cidadá. A mel desta comarca é elaborada de acordo con vellas tradicións artesanas e é unha labor que require moita atención. Xa van desaparecendo as tradicionais tecelanas. 8. Escribe 5 neocompostos que uses habitualmente nas materias que estudas neste curso. Analiza os seus compoñentes. 9. Explica nunhas dez liñas as características da crónica parlamentaria. 10. Explica que son as Normas Ortográficas do Idioma Galego e o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega. Que é a chamada normativa de mínimos? Unidade 12: As variedades dialectais do galego:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Recoñecer os trazos da linguaxe xornalística e clasificar de forma razoada os distintos xéneros xornalísticos -Coñecer os fenómenos lingüísticos que permiten establecer os bloques e áreas lingüísticas do galego e caracterizalos. -Comprender os motivos da Normativa ao elixir e desbotar formas dialectais. -Entender o concepto de familia léxica irregular e coñecer as familias léxicas irregulares.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 226.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 228, 229 e 230. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 232 e 233.

17

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 235: Apartados 1, 2, 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema A concisión da páxina 243. Actividades de autoavaliación: 1. Por que se di que en galego non hai verdadeiros dialectos? 2. Redacta 15 liñas nas que expliques en que consiste a heteroxeneidade da linguaxe xornalística. 3. Le o texto e explica a palabra isoglosa que aparece nel. Que é o Atlas Lingüístico Galego?:

-Non, eu son de San Martín de Suarna. Dígolle o nome do sitio, anque é moi pequeno, porque vostede ben debe saber del, un pouco máis abaixo da Fonsagrada. Ben lle coñezo na fala que non é de lonxe de alí. O que non lle dou sabido é a parroquia. Debeu viaxar aínda ben, para ser así novo, que mestura xeitos de falar duns sitios e doutros.

-E logo coñece de onde é a xente en como fala? -Home claro, niso non hai mérito ningún. A fala vai variando un pouco duns

sitios a outros. É cuestión de estudalo e trazar unhas isoglosas no mapa, e xa está. O que non dou sabido é de onde vén o seu amigo, nin por aproximación. E estráñame moito, que eu diso aínda lles sei ben. É que tamén falou pouco... Se fixera algo máis de gasto na conversa, ao mellor daba...

D. XOHÁN CABANA: Fortunato de Trasmundi 4. Completa o texto e indica que isoglosas permiten distinguir os bloques do galego. Establece as características destes bloques e das súas áreas máis significativas. 5. Explica en que consisten o seseo e a gheada. Por que bloques e áreas se estenden? Que consideración normativa teñen? 6. Redacta tres oracións en que teñas que usar a coma, pero coa condición de que este uso non se produza en enumeracións. 7. Explica dúas interferencias do castelán na conxugación regular do galego. Pon exemplos. 8. Explica, con exemplos, o concepto de familia léxica regular e familia léxica irregular. Axúdate con exemplos. 9. Redacta dúas oracións con membros das familias léxicas de cor e dor que presenten l. 10. Explica os conceptos de cultismo e popularismo. Axúdate con palabras das familias léxicas irregulares de persoa e liña. Unidade 13: Variedades sociais do galego:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Identificar de xeito razoado rexistros e variedades sociais da lingua. -Recoñecer os castelanismos máis habituais no galego, especialmente no galego urbano. -Comprender os conceptos de xerga e argot e coñecer as xergas galegas máis características. -Descubrir e corrixir erros e interferencias.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 246.

18

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 248, 249 e 250. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 252 e 253. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 255: Apartados 1, 2, 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema Claridade e elegancia da páxina 263. Actividades de autoavaliación: 1. Explica, con exemplos, os procedementos que se empregan para a creación da terminoloxía da informática. Ilustra a túa exposición con exemplos. 2. Explica os seguintes vulgarismos: *Celebro por cerebro. *Descreto por discreto. *Leises por leis. *Ademitir por admitir. *Falare por falar. *Pergunta por pregunta. *Conduz por conduce. *Múseca por música. 3. Escribe un texto sobre as variantes sociais do galego condicionadas pola situación de diglosia. 4. Indica de forma razoada o rexistro ou estilo que tenta reproducir este texto:

O SAPO.- Cro, cro... Seica foi boa a peneca do teu señorito. A BESTA.- Non sei se o probe poderá erguerse... O SAPO.- Espichouna logo? Dálle un couce nos fociños a ver se aínda lle rinchan os dentes... A BESTA.- Déixate de lerias. Mi amo xa non alenta.

EULOXIO R. RUIBAL: Cousas da morte 5. Define teísmo, cheísmo e lleísmo. Pon exemplos destes fenómenos. 6. Redacta oracións que che sirvan para explicar as distintas normas que rexen a colocación do pronome persoal átono en relación co verbo. 7. Corrixe os erros: Nós non caíamos na conta. Espero que non che doa a moa. Non sinten ningún remordemento. Algúns acuden á forza. Ese coche consume moito. Non se confonde nunca. Discotes moito. 8. Escribe o termo que falta: O tempo anterior á Semana Santa é a ... / A parte dianteira dun exército chámase ... / Un avión con catro motores é un ... / O acto de recoñecer denomínase ... / O lugar onde se expoñen cadros e outros obxectos artísticos é o ... / O paralelogramo de catro lados iguais chámase ... 9. Distingue entre argot e xerga. 10. Indica os trazos característicos do código elaborado e os do código restrinxido. Por que reciben estas denominacións? Unidade 14: O futuro do galego: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Identificar os trazos característicos da linguaxe literaria. -Coñecer os datos achegados polo Mapa sociolingüístico de Galicia e a situación sociolingüística do galego. -Descubrir e corrixir castelanismos ortográficos. -Descubrir e corrixir erros e castelanismos na conxugación irregular.

Primeira sesión:

19

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as tres sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 266.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 268, 269 e 270. Terceira sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 272 e 273. Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 275: Apartados 1, 2, 3. Elabora un resumo e / ou un esquema do tema A infografía da páxina 283. Actividades de autoavaliación: 1. Define os termos desvío e desautomatización. 2. Distingue entre bilingüismo e diglosia. 3. Explica en que consiste a planificación lingüística. 4. Comenta o comportamentos e actitudes cara ao galego que amosa o Mapa Sociolingüístico de Galicia. 5. Le este decálogo e sinala en que medida o cumprides ti e os teus compañeiros:

¡QUE SE FALE E ESCRIBA EN GALEGO TAMÉN DEPENDE DE TI! 1. Fala en galego sempre que podas, coa familia, cos amigos e coñecidos. Fai o propósito de falar galego aos que sabes que te entenden, aínda que até agora lles falases en castelán. 2. Sé respectuoso con todo aquel que fale outra lingua, mais esixe que os outros sexan tamén respectuosos coa túa. 3. Diríxete en galego a todos: na rúa, por teléfono, na escola. Verás que te entenden. Síguelles falando en galego aínda que che respondan noutro idioma. 4. Se ves que alguén se esforza en falar o noso idioma, axúdalle e demóstralle que valoras o seu comportamento. 5. Respecta as diferenzas locais da lingua. Esta é a riqueza do galego, como a de todas as linguas. 6. Toma a decisión de escribir todos os apuntes, notas e cartas en galega A partir de hoxe pon sempre o teu nome en galego. 7. Lé libros, revistas, asiste a espectáculos, escoita e visiona emisións de radio e televisión na nosa lingua. 8. Non perdas o tempo en discutir cos inimigos declarados da lingua do País. Déixaos de lado. 9. Se tes como lingua familiar o castelán interésate pola nosa lingua. E intenta falalo e escribilo, sen apurarte. 10. Non te avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego pero non usalo, iso si que estraga o idioma. "TODA PERSOA QUE DEFENDA A SÚA PROPIA LINGUA SEN AGREDIR A NINGUÉN TEN A RAZÓN DA SÚA PARTE". Adaptación dun texto ideado polo Dr. Tilbert D. Stegmann da Universidade de Frankfurt.

MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA LITERATURA: CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ACTIVIDADES Ao rematar o apartado de literatura, deberás ser capaz de: *Establecer relacións entre unha obra representativa dun autor ou dunha época co contexto sociocultural en que se produciu. *Interpretar textos e obras, tendo en conta a estrutura da forma literaria á que pertencen e a técnica empregada. Facer unha análise métrica e comentar os recursos máis salientables, tendo en conta o tipo de texto.

20

*Explicar os apartados de estudo enunciados. Unidade 1: As Irmandades da Fala. Galicia ante o século XX. A literatura entre dous séculos:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer a literatura entre dous séculos e Ramón Cabanillas. -Analizar e comentar un texto literario e situalo en relación coas obras e movementos literarios máis característicos do seu tempo.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 16. 1.3.- Selección de dúbidas e demanda de explicacións. 1.4.- Comento os resultados e realizo os exercicios propostos:

*Os apartados 1.3 e 1.4, que só enunciamos nesta sesión, deben terse en conta, sen embargo, en todas as leccións e sesións.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 18. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 22

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 21: Apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Redacta unhas quince liñas sobre a poesía de Noriega. 2. Comenta elementos tradicionais e innovadores das obras de Noriega e Cabanillas. 3. Por que foi considerado Cabanillas o "poeta dos agrarios e das Irmandades"? Lembra o poema ¡En pé! 4. Moitos estudosos da literatura consideran que en 1920 comeza unha nova etapa na historia da literatura galega. Por que? 5. Le o seguinte fragmento do soneto de Noriega e indica o seu tema. Era este tema típico de Noriega?:

"Primavera" Sañudo o rostro, rudas as maneiras... Que agoirarás, montaña? Teu desvío A sangre fría o encaro; mais, ¡dá frío Ver o sol terqueando pra que o queiras! Nas follas novas das abedoeiras Tremelucen doíñas de rocío, Florescen as urces, i o bravío Cardo soña igualarse coas roseiras.

Do ermo 6. Analiza a métrica do poema. 7. Sinala e comenta as personificacións e metáforas que aparecen no texto.

21

8. Comenta as formas destes versos que non sexan normativas. 9. De acordo con entes versos, que era a montaña para Noriega? 10. Expón o tema e as partes de Na noite estrelecida. Que grande influencia ideolóxica reflicte este poema? 11. Caracteriza a lingua poética de Cabanillas. Unidade 2: A renovación da lingua e literatura galegas. A Xeración Nós no ronsel das Irmandades: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Ter conciencia da importancia do teatro e ensaio promovido polas Irmandades. -Analizar textos destes xéneros e época.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 36.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 38. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 42

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 41: Apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Caracteriza brevemente a revista Nós. 2. Describe a evolución dos escritores de Nós ata chegaren ao galeguismo. 3. Indica cáles son as obras en que os propios escritores de Nós describen a súa traxectoria ideolóxica. 4. Comenta brevemente a obra dramática de Cabanillas. Con que movemento se relacionaba? 5. Le o texto e indica as ideas que defende o autor. Relaciónaas co ideario das Irmandades e da xeración Nós.

No que toca á conservación e cultivo constante da fala galega, do ensino da xeografía, da historia, da lingua, do dereito, das artes, das industrias, das fontes de riqueza da Terra Galega, somos e hemos de ser de cote intransixentes. [...]

Non queremos que haxa máis galegos que se avergoncen de selo, que neguen o que son. Queremos que todos os que tiveron a dita de naceren na Santa Terra nosa, o confesen e proclamen con ledicia diante de todos os pobos da terra enteira. E consideramos que os que sendo galegos non empregan entre eles e nos seus escritos a lingua galega, son galegos desleigados que se avergonzan da súa Terra e dos seus pais.

VICENTE RISCO: Isto é o que é o nacionalismo galego 6. Indica como este texto, igual cá revista Nós, fai compatibles defensa da cultura galega e coñecemento doutras culturas e linguas e respecto por elas. 7. Compara as ideas expresadas no texto coas de Viqueira e Villar Ponte. 8. Comenta algunhas técnicas literarias presentes no texto: enumeración con asíndeto, derivación, repetición, etc. 9. Valora a figura de Losada Diéguez en relación coa xeración Nós.

22

10. Explica a importancia que tivo a publicación de A Nosa Terra para a literatura galega. Unidade 3: Ensaio e ciencia en galego. O ensaio da Xeración Nós: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Destacar o labor modernizador e normalizador da prosa galega levado a cabo pola Xeración Nós e o Seminario de Estudos Galegos. -Comentar textos ensaísticos da Xeración Nós e do tempo do Seminario de Estudos galegos.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 56.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 58. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 62

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 61: Apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Redacta quince liñas sobre a fundación e obxectivos do Seminario de Estudos Galegos. 2. Explica as relacións dos membros de Nós co Seminario de Estudos Galegos. 3. Explica as ideas de Losada Diéguez sobre a creación dan léxico culto e científico galego. Seguírono os seus compañeiros de xeración? 4. Comenta dous ensaios de Risco que lembres. 5. Indica cal é a idea ou tese que presenta o texto e os argumentos que usa para refutala:

O Renacemento espiritual de Galicia sorprendeu a algúns, mesmo a algúns galegos. A señora Pardo Bazán, respondendo a un cómodo e vulgar sentir, non dubidou en afirmar que a literatura rexional en lingua vernácula estaba condenada a morte polo necesario esgotamento dos temas.

Sen embargo, o renacemento espiritual galego, que adoptou a expresión literaria preferentemente, lanzouse por todos os camiños creativos da cultura integral... Rosalía, Curros e Pondal, líricos, costumistas, satíricos, novelistas, ensaian todos os temas, aquilatan a lingua, recollen a íntima facies do país galego.

Un pobo que produciu tales poetas, ben podía, xa no sécalo XIX, a pesar das aparencias, sentirse seguro do seu porvir.

R. OTERO PEDRAYO: Ensaio histórico sobre a cultura galega 6. Sinala no texto técnicas literarias propias do ensaio como adxectivación subxectiva e valoradora, metáfora, enumeracións e hipérbole. 7. Relaciona as ideas do texto sobre o galego e a cultura galega coas ideas da Xeración Nós. 8. Cita e explica algunhas das características que os ensaístas de Nós atribúen á comunidade galega e que a distinguen e individualizan como comunidade. Lembra os textos comentados na unidade.

23

9. Indica cáles son os dous ensaios que máis inflúen no pensamento galeguista, antes da 1936 e despois desta data. 10. Explica a estrutura de Sempre en Galiza. Rematou realmente Castelao esta obra? Unidade 4: A narrativa da Xeración Nós: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer o desenvolvemento da narrativa galega da época de Nós e destacar as súas características, obras e autores. -Comentar textos narrativos desta época.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 76.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 78. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 82

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 81: Apartados 1, 2 e 3 Actividades de autoavaliación: 1. Explica cál era o obxectivo das coleccións de novela curta e analiza Lar. 2. Caracteriza en dez liñas a novela da xeración Nós e cita as máis importantes desta xeración. 3. Relaciona a figura de Anxel Casal coa xeración Nós. Que opinaban del algúns dos membros de Nós? 4. Le o texto que segue e relaciónao coa novela á que pertence. Salienta a función que Otero Pedrayo lle asigna aos fidalgos e relaciónao co comportamento de Paio, o mozo fidalgo do texto.

Florecía a casa, as terras, as esperanzas. A parroquia de Trasouto lucía entre as compañeiras da bocarribeira pola limpa influencia do médico, [o fidalgo Paio Soutelo]. Xa estaban orgullosos del... Xa mediaba a noite, cando chamaron ao portón... O Estevo chegou a modiño á alcoba do médico para non espertar as señoras. Era preciso ir ao afastado lugar de Medelo: o señor Vicente da Regueiriña estaba a morrer. Inda polo serán fora coas vacas ao monte. O Paio vestiuse e pasiño a paso foi bicar as frontes da nai e da tía Ramona. Cando en compaña do fillo do doente e do Estevo, que levaba o farol, cruzaba a penascada do Vedral, o médico levaba unha cántiga nos beizos. ¡TERRA A NOSA!

OTERO PEDRAYO: Os camiños da vida. O estudante 5. Comenta a caracterización que fai Otero do protagonista do texto. 6. O texto é remate de Os camiños da vida. Por que remata coa expresión?: ¡TERRA A NOSA! 7. Pode ser Paio un trasunto autobiográfico dos propios membros da xeración Nós? 8. Relaciona a Paio co D. Celidonio de O porto de pé. 9. Comenta a orixinalidade das Cousas en relación co conto tradicional.

24

10. Explica por que se considera Arredor de si unha especie de autobiografía espiritual non só de Otero, senón de toda a xeración Nós. Unidade 5: O teatro da Xeración Nós. Contemporáneos e continuadores de Nós:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Ter coñecemento do teatro da Xeración Nós e dos continuadores. -Comentar textos teatrais desta época.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 96.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 98. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 102

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 101: Apartados 1, 2, 3 Actividades de autoavaliación: 1. Indica por que se considera Alén unha obra renovadora. 2. Explica a achega de Risco ao teatro galego. 3. Explica por que podemos considerar A lagarada e Mourenza traxedias. 4. Relaciona á viaxe de Castelao en 1921 a París co proceso de creación de Os vellos non deben de namorarse. 5. Caracteriza os tres vellos de Os vellos non deben de namorarse. Son tan ridículos como parecen? 6. Relaciona o epílogo de Os vellos non deben de namorarse con outra obra de Castelao que tamén transcorra nun cemiterio. 7. Le o seguinte fragmento do conto "Sobre a morte de Bieito", de Dos arquivos do trasno, e explica como consegue Dieste o real marabilloso.

Foi perto do camposanto cando eu sentín boligar dentro da caixa ao pobre Bieito... Sentino ou foi aprehensión miña?... Pero é que eu, meus amigos, non tiña seguranza e polo tanto... non podía dicir nada... E alá pola alta noite... funme camiño do camposanto... Cheguei... fun dereito ao sitio... Deiteime no chan [sobre a tumba de Bieito], apliquei a orella, e axiña o que *ouvín *xioume o sangue. No seo da terra unhas uñas desesperadamente rabuñaban nos táboas. Rabuñaban? Non sei, non sei... Ía dicir que o deixara enterrar sabendo que estaba vivo? E fuxín coa solapa subida, pegándome aos muros. A lúa era chea e os cans latricaban lonxe. 8. Analiza o narrador do texto anterior. É omnisciente, limitado, en primeira ou terceira persoa, protagonista ou testemuña, etc? 9. Explica o desenlace do conto anterior. Sabemos, ao remate, se Bieito está vivo ou morto na caixa? 10. Comenta nunhas dez liñas a narrativa de tipo tradicional e costumista contemporánea da xeración Nós. 11. Lembra o que estudaches e relaciona os contos de Dieste cos relatos breves de Castelao. Podes comparar Estreliña coa Marquesiña.

25

TERCEIRA AVALIACIÓN Unidade 6: Renovación literaria. As vangardas e a literatura galega. As formas das vangardas: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer o desenvolvemento das escolas de vangarda na literatura universal e na galega. -Coñecer as vangardas en Galicia e destacar as obras e autores. -Comentar textos literarios desta época

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 116.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 118. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 122

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 121: Apartados 1, 2, 3 Actividades de autoavaliación: 1. Explica quén eran os vellos e os devanceiros no manifesto Máis alá. 2. Indica como conxuga Manuel Antonio tradición e innovación. Podes apoiarte nos textos comentados na unidade. 3. Define tres escolas de vangarda. 4. Redacta 10 liñas sobre un escritor andaluz que ocupe un lugar de honra na literatura galega desta época. 5. Le estas estrofas dun poema de Bouza Brei e comenta como se mesturan nelas temas propios do hilozoísmo e do neotrobadorismo. Comenta as formas non normativas.

Naquel biduído dos bidos louzanos o páxaro Sol non pía seus raios, e morre de amor. Naquel biduído dos lanzales bidos o páxaro Sol non criba seus píos e morre de amor.

Nao senlleira 6. Analiza nestas estrofas recursos estilísticos propios dos Cancioneiros medievais: refrán, paralelismo, anáfora, etc. 7. Analiza nestas estrofas recursos propios do hilozoísmo: personificación, animación, imaxes arriscadas, etc. 8. Cita revistas que espallasen os vangardismos en Galicia. 9. Comenta a función de Risco como difusor das vangardas. 10. Redacta unhas dez liñas sobre un precursor catalán do neotrobadorismo. 11. Escribe unhas dez liñas en que caracterices De catro a catro.

26

12. Fala da achega de Álvaro Cunqueiro á poesía de vangarda. Unidade 7: Lingua galega e literatura na posguerra. A literatura galega no exilio: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer o desenvolvemento da lingua galega e literatura na posguerra e a literatura do exilio. -Comentar un texto deste período, relacionándoo coa literatura e situación histórica e cultural do seu tempo.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado das páxinas 136.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 138. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 142

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 141: Apartados 1, 2, 3 Actividades de autoavaliación: 1. Comenta en dez liñas a situación da literatura galega na Galicia da inmediata posguerra. 2. Resume a actividade editorial desenvolvida en América. Refírete a Luís Seoane. 3. Redacta dez liñas sobre o tratamento do tema da emigración e do exilio na poesía do exilio. 4. Explica en que consiste o chamado exilio interior. 5. Le o texto e trata de situalo no desenvolvemento de A esmorga:

Comimos como abades e bebimos a nos fartar do mellor da cosecha vella que o Pega ía traendo nunha canada, dun pipote, que era o dos señores. Baleirariamos unha boa media ducia de canadas, coasi sin sentilo non só porque manxamos moitísimo, senón porque tiña un labio soave e groso ao mesmo tempo, e non era coma ese viño chirlán que se bebe coma graciosa e un nunca se ve cheio. Logo voltamos ao augardente, anque esta vece queimado con zucre moreno...

E. BLANCO AMOR: A esmorga 6. Comenta o punto de vista que adopta o narrador no texto. 7. Analiza as formas non normativas do texto e indica cáles son as normativas. 8. Redacta unhas dez liñas sobre a innovación que supón A esmorga na novela galega. 9. Analiza o labor editorial na Galicia de posguerra. Podes comparalo co labor desenvolvido en América. 10. Analiza nunhas cinco ou dez liñas Memorias dun neno labrego. 11. Explica en que consiste o realismo social. 12. Compara A esmorga con Memorias dun neno labrego. Unidade 8: A recuperación da literatura galega: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

27

-Coñecer a recuperación da literatura galega, a poesía e o ensaio. -Coñecer a recuperación da literatura galega, a narrativa e o teatro. -Comentar un texto desta época, relacionándoo con outros autores e textos.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 156.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 158. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 162

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 161: Apartados 1, 2, 3 Actividades de autoavaliación: 1. Explica por que foi tan importante o cultivo do ensaio nestes anos. Cita ensaios e ensaístas desta etapa. 2. Comenta a obra coa que se considera que comezou o renacemento da literatura galega nos anos corenta. 3. Caracteriza a primeira novela publicada en Galicia trala guerra civil. 4. Redacta unhas dez liñas sobre Merlín e familia: argumento, personaxes, narrador, etc. 5. Cal é a presenza do teatro nestes anos? 6. Caracteriza a narrativa de Ánxel Fole. 7. Le o seguinte texto e comenta os elementos propios da narrativa popular que aparecen nel.

"A caixa do morto vivo" -E poderiamos deixar esta caixa aquí [no curro]. É para a filla do señor Ramón,

que morreu de parto onte... Mañá pola mañá virémola buscar. [...] -Mire, señor, [díxenlle ao administrador don Froilán] que cando fun pola leña

pareceume que algo bulía dentro da caixa... E se fora un vivo e non un defunto? Porque os cans regañan os dentes... Dito isto [don Froilán] colleu a escopeta de dous canos... e [despois contaba]:

-Tivemos boa sorte. Achegueime apuntando ao cadaleito. Apuntaba cara onda puidese ter a cabeza o que estivese alí... Un tiro... Asegundeille... Polas fendas da caixa saían pingas de sangue... Dentro había un home. Tiña un revólver nunha man, e na outra un chaveiro con ganzúas... Aventuraría que era da banda [de ladróns] do Valente.

ANXEL FOLE: Á lus do candil 8. Cántos narradores presenta o texto anterior? 9. Indica como crea o suspense o texto anterior. 10. O relato anterior foi levado ao cine hai anos. Analiza a técnica obxectiva e case de cámara que emprega Fole: os personaxes son caracterizados polo narrador ou polos feitos que vemos que realizan ou os diálogos que pronuncian? Unidade 9: Os sesenta: a poesía na rúa. A nova narrativa: temas e personaxes: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

28

-Coñecer a poesía na segunda metade dos cincuenta e nos sesenta. -Destacar a Nova Narrativa, as súas características, autores e obras. -Comentar un texto deste período, relacionándoo co conxunto da obra do seu autor e doutros autores e movementos literarios.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 176.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 178. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 182

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 181: Apartados 1, 2, 3 Actividades de autoavaliación: 1. Comenta tres características xerais da nova narrativa. 2. Explica por que a xeración poética dos anos cincuenta recibe tamén os nomes de xeración das Festas Minervais e Escola da Tebra. 3. Explica a orixe do poema Longa noite de pedra e o proceso polo que se converte en título do libro e ata nome dunha etapa histórica. 4. Cales son as grandes achegas de Díaz Castro e de Pimentel á poesía galega? Caracterízaas. 5. Analiza a obra de dúas novelistas da Nova Narrativa. 6. Comenta unha novela da Nova Narrativa que se desenvolva no ambiente da emigración á Europa dos sesenta. 7. Le o seguinte texto e establece o tipo de narrador que aparece nel. Relaciónao cos tipos de narrador que presenta a Nova Narrativa.

Chamábanlle Xudas. El non sabía por que. Andaba a pedir. Entraba nos bares polas noites e dicíanlle "Xudas baila unha rumba". Bailaba. "Xudas, canta" E cantaba Granada. Sempre cantaba Granada. Ao rematar pasaba a gorra e botábanlle unhas cadelas. Tamén sabía dous contos: o do crego e a pita e o do neno parvo. Por contar o do crego cobraba unha peseta. E polo do neno parvo pedía un peso.

CARLOS CASARES: Vento ferido 8. Como é o personaxe do texto? Relaciónao cos personaxes característicos da nova narrativa. 9. Indica as razóns do espallamento da poesía de Celso Emilio Ferreiro. 10. Comenta os precedentes da poesía social de Celso Emilio Ferreiro e tamén os precedentes da chamada Xeración ou Escola da Tebra. Unidade 10: A narrativa e ensaio dos setenta. Innovación na poesía e no teatro dos setenta: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer a narrativa e ensaio nos anos sesenta. -Destacar as principais innovacións na poesía e teatro dos sesenta.

29

-Comentar un texto literario, relacionándoo cos movementos literarios do seu tempo.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 196.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 198. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 202

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 201: Apartados 1, 2, 3 Actividades de autoavaliación: 1. Enumera e caracteriza as revistas xurdidas na década dos setenta. 2. Caracteriza en dez liñas Xente ao lonxe de Blanco Amor. 3. Sinala a contribución dos novelistas da Nova narrativa á novela dos setenta. 4. Comenta as innovacións que aparecen no ensaio dos anos setenta. 5. Valora as Mostras de Ribadavia. 6. Analiza en quince liñas a poesía dos setenta. 7. Le o texto e comenta os seus procedementos narrativos: narrador, accións, descricións, punto de vista, etc.

Desembarquei. Pasei as alfándegas. Uniformados sen afeitar, con dentes de ouro e a típica ollada dura de Terra Ancha capitaneando o rostro, abriron a miña equipaxe e interrogáronme. Faleilles en lingua azerrata e notei que contiñan a indignación. Aluguei un automóbil -un poderoso Bentely- que me deixou nunha pousada situada nos mesmos lindeiros da Grande Fraga.

Decidín entón, procurar o meu primeiro contacto, Ulm Roam, e dei os pasos necesarios.

Ulm Roam era o herdeiro do maxisterio de C. Roaç, que á súa vez érao do maxisterio de Diugo Nokao. Todos tres foran considerados, cada un no seu tempo, como príncipes da poesía azerrata, restauradores do idioma e definidores da nación oprimida. Todos tres cantaran os misterios da Grande Fraga e mailo outono nas viñas dos vales do Sul, así como a diferentes herois dos séculos XIII a XVII. En Anatí circulaban, de xeito xeralmente oral, os belísimos pensamentos de Ulm Roan: "É preciso darlle prioridade ao esprito." "Poñamos en vigor os valores da propia personalidade." "Cómpre prestixiar culturalmente o idioma: dotémolo dunha dimensión metafísica."

X. L. MÉNDEZ FERRÍN: Retorno a Tagen Ata 8. Explica o valor do texto, como testemuña de linguas e culturas sen normalizar. Unidade 11: A nova poesía dos oitenta: Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Destacar a nova poesía dos oitenta como unha década dourada para poesía galega, as súas obras e autores.

30

-Comentar un texto poético dos oitenta e situalo dentro do movemento poético desta década.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 216.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 218. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 222

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 221: Apartados 1, 2, 3 Actividades de autoavaliación: 1. Comenta o labor das xeracións de máis idade na renovación poética dos oitenta. 2. Caracteriza a poesía da xeración dos oitenta comparándoa coa poesía social dos sesenta e dos comezos dos setenta. 3. Por que se di que os oitenta son unha década dourada para a poesía galega? 4. Comenta en cinco liñas Herba aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro. Que opinan moitos críticos desta obra? 5. Le o seguinte texto, establece o seu tema e relaciónao cos temas que trata a poesía dos oitenta.

Agosto. Pasa a choiva devorando horizontes. Esfiáñase a tarde nos carreiros. Chove. Batalla o sol coa auga sen ganas. O meu cuarto, no que dorme o silencio. Sombras, corvos, un libro nunha esquina. Agardo. Os bruídos da aldea tecen a súa nostalxia no solpor estrañado. ¡Ou, señardade, soidade que atravesas o tempo e o asulagas, agosto de invernía, ou puñal de tristeza, corazón meu ferido!

PILAR PALLARÉS:Entre lusco e fusco 6. Comenta as imaxes e metáforas que utiliza a poeta para presentar o seu estado de ánimo. 7. Analiza no poema recursos como o paralelismo, a aliteración, a personificación e o encabalgamento. 8. Cita revistas da década dos oitenta e algún premio literario poético. 9. Relaciona o esplendor da poesía dos oitenta coa normalización da lingua nestes anos. 10. Lembra o que estudaches na unidade anterior e indica se, nos setenta, se anunciaba xa o esplendor poético dos oitenta. Unidade 12: A novela dos oitenta: os novos narradores. Achega dos consagrados:

31

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

-Coñecer os novos narradores dos anos oitenta. -Destacar a achega dos consagrados. -Comentar un texto narrativo dos oitenta e situalo no seu tempo.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 236.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados da páxina 238. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 242

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 241: Apartados 1, 2, 3 Actividades de autoavaliación: 1. Explica nunhas dez- quince liñas por que se considera a variedade como a principal característica da narrativa dos oitenta. 2. Fala da achega dos membros da xeración da Nova Narrativa á novela dos oitenta. 3. Escribe unhas quince liñas sobre os novos narradores que se incorporan á literatura galega na década dos oitenta. 4. Comenta a primeira novela policial da literatura galega. Que opinou dela a crítica? 5. Le o texto e sitúa o seu autor e a novela á que pertence dentro da narrativa dos oitenta:

O [profesor] de Literatura era un tipo elegante, no traxe (as perneiras do pantalón afiadas como para cortaren o aire camiñando), na clara fala castelá de que se orgullaba por propia, e no pensamento: nunha das súas constantes digresións deixou a clase sen fala ao explicarnos que o galego dos pailáns que só nos atreviamos a falar eu, o meu compa e mais un veciño da aldea do Avelino, non era un dialecto do español, senón “unha lingua con entidade propia relegada polo incientifismo político”...

As súas leccións pasaban en silencio... Eu nunca lle faltei á aula, como tampouco os meus íntimos -cada quen por diferentes motivos: o Ave polas referencias aos poetas galegos que el andaba a devorar na biblioteca municipal...; eu por saber de amores e pecados, de grandezas e vilezas dos grandes escritores; e o Luisito pola súa teima etimolóxica. XAVIER ALCALÁ: A nosa cinza 6. Explica o tipo de narrador que presenta o texto e como caracteriza os personaxes. 7. Pode considerarse o texto un documento sociolingiüstico? Razoa a túa resposta. 8. Comenta o desenvolvemento da novela histórica nos anos oitenta. 9. Comenta dúas novelas desta etapa que recreen o mito do rei Artur. 10. Fala sobre o tema da Guerra Civil na década dos oitenta. 11. Redacta unhas 20 liñas sobre o seguinte tema: A novela dos oitenta como reflexo da sociedade galega do seu tempo. Unidade 13: O teatro e o ensaio nos oitenta: Dramaturgos dos oitenta e doutras xeracións:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

32

-Coñecer o teatro dos oitenta. -Destacar a consolidación de dramaturgos doutras xeracións e o ensaio. -Comentar textos teatrais contemporáneos e relacionalos cos movementos e autores correspondentes.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 256.

Segunda sesión:

-Estudo dos apartados das páxinas 258. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 262

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 261: Apartados 1, 2, 3 Actividades de autoavaliación: 1. Sinala os fenómenos que caracterizan a dramaturxia dos oitenta: publicacións, compañías, ambiente sociopolítico, etc. 2. Redacta unhas dez liñas sobre a achega de Vidal Bolaño ao teatro galego na década dos oitenta. 3. Comenta brevemente Azos de esguello: argumento, técnicas, lingua empregada. 4. Comenta o seguinte texto: acoutacións, diálogos e técnicas dramáticas:

Niste intre descende pola escaleira FLORA. É unha muller algo inxenua e seria, semella ter máis anos dos que ten. Cando eles se decatan da súa presenza fican en silencio.

LOURENZO.- ¡Cousas estrañas dos soños! Soñei que Clara quedábase cega... FLORA.- (Que é supersticiosa.) Que se quedaba cega? LOURENZO.- Si... Rubía os escalóns dun altar e cando erguía o veo de noiva amostraba os seus ollos cegos... FLORA.- E con quen casaba? LOURENZO.- ¡Eu que sei! Era un descoñecido... FLORA.- E cega e todo queríaa? LOURENZO.- Penso que si..., mai... como o vou sabere si nese intre me despertaches?

TOMÁS BARROS: O veo de Maya 5. Explica as formas do texto que non son normativas. Sitúa o autor do texto dentro do teatro dos anos oitenta. 6. Compara a xeración dos oitenta coa xeración de Abrente. 7. Analiza o teatro histórico da década dos oitenta. 8. Analiza como aparece o tema do teatro dentro do teatro na década dos oitenta. 9. Redacta unhas dez liñas sobre o desenvolvemento do ensaio na década dos oitenta. 10. Fala brevemente do teatro de inspiración feminista na década dos oitenta. Unidade 14: A literatura galega no cambio de milenio:

Ao rematar o estudo desta unidade deberás ser capaz de:

33

-Coñecer o desenvolvemento actual da literatura galega e a nosa literatura no cambio de milenio. -Comentar textos literarios actuais.

Primeira sesión:

1.1.- Lectura previa dos apartados de estudo enunciados para as dúas sesións. 1.2.- Estudo do apartado da páxina 276.

Segunda sesión:

- Estudo dos apartados da páxina 278. Terceira sesión: (Cara á Universidade): Cuestións 1, 2, 3, 4, 5, 6 da páxina 282

Actividades para enviar ao titor: Comentario de texto da páxina 281: Apartados 1, 2, 3 Actividades de autoavaliación: 1. Explica nunhas 10-15 liñas o desenvolvemento da poesía no remate do anterior milenio. 2. Analiza a achega dos membros da nova narrativa na década dos noventa. 3. Demostra a variedade temática da novela galega na década dos noventa. 4. Cal é a obra de Manuel Rivas que acadou ata o de agora unha maior sona? Fala dela. 5. Le o texto e indica o tipo de narrador que presenta; e técnicas, como a aliteración, a hipálaxe ou mesmo a estética do feo:

O batifondo do tráfico na hora punta do venres ao anoitecer era enorme, a xente con présa por abandonar o centro da cidade e marchar aos barrios e urbanizacións dos arredores. Non podía pensar en nada, non quería pensar en nada... Motores, luces e latas por todos os lados, un fragor de fondo e un estrépito sobre el, os fumes que eran máis perceptibles no aire frío e escuro desa noite. E eu navegaba polo medio e por riba de todo iso, como algo alleo... Así xa non pensaba en nada.

SUSO DE TORO: Calzados Lola 6. Reflexiona sobre o tema do texto. Caracterízase polo seu localismo ou polo seu carácter universal? 7. Sitúa o autor do texto dentro da xeración á que pertence. Cita outros membros da súa xeración. Con que outras xeracións de narradores conviven? 8. Comenta o ensaio dos anos noventa. 9. Que caracteriza os poetas da chamada xeración dos noventa fronte á dos anos oitenta? 10. Comenta e explica o éxito en Galicia e fóra de Galicia de narradores actuais galegos. A que cres que se debe?

SOLUCIONARIO ÁS ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN

Unidade 1 Lingua 1. Resposta libre. Suxerimos que se preste atención non so ao labor cultural das Irmandades, senón aos seus proxectos sobre a normalización da lingua en consonancia cun programa de desenvolvemento e modernización de Galicia.

34

2. Linguas minorizadas son aquelas faladas por un número pequeno de persoas e que están a sufrir ou sufriron procesos diglósicos como falta de normalización e que conviven coas linguas consideradas maioritarias. Fálase dunhas 48 linguas minorizadas en Europa. A política da Unión Europea tende á conservación e potenciación destas linguas minorizadas especialmente por medio da Oficina para as Linguas Menos Difundidas e da Carta Europea das Linguas Minoritarias e Rexionais. 3. Si, pois acode a criterios estatísticos e sociolingüísticos como a transmisión interxeracional da lingua, o grao de normalización acadados polas linguas no ensino ou nas institucións, o seu emprego nos medios de comunicación de masas ou a lexislación sobre a lingua. 4. Estamos ante unha topografía, pois describe un lugar. Presenta como trazos lingüísticos da descrición a primacía do copretérito de indicativo, substantivos concretos, adxectivos que ofrecen características dos obxectos, oracións atributivas para indicar calidades, enumeración de características. 5. Proxim-idade-s; canastr-ón; es-canastr-ad-o; rectan-gul-ar, estend-ía-n; sopr-a-ba; estrag-a-dos; bosque-s. 6. Unidade mínima sen significado pero que serve para distinguir unidades con significado. 7. O sufixo celta -briga, -bre- -bra, -obe significa 'monte, outeiro, castro',: Oimbra, Lestrove. 8. Indoeuropea porque procede do latín, membro do grupo itálico das linguas indoeuropeas. É flexiva porque as palabras están formadas por morfema léxico ou lexema e morfemas desinenciais ou flexivos: rapaz-a-s. 9. Resposta libre. Sinalar a importancia do Seminario de Estudos Galegos, Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega. 10. Resposta libre. Sinalar a importancia do escritorio do conde de Barcelos, a importancia da chancelería de Afonso X, a diferenza coa ortografía portuguesa e os esforzos dos autores do Rexurdimento para crear unha ortografía para o galego. Literatura 1. Resposta libre. Sinalar a evolución da súa poesía a partir do costumismo e da liña continuista do Rexurdimento á depuración e enriquecemento conseguidos mercé ao saudosismo e ao modernismo, especialmente nos sonetos de Do ermo. 2. Tradicionais son temas como a crítica social, o amor, o costumismo, etc. Sen embargo a métrica, as imaxes, a adxectivación levan a pensar no modernismo. Con Na noite estrelecida converterase no poeta culto, difusor do mito do celtismo, que desexan Risco e o grupo Nós. 3. Noriega parte do costumismo, pero renóvase co modernismo e co saudosismo. 4. Pola súa poesía de contido social, que denuncia a penuria dos labregos. Mesmo escribiu o himno dos agrarios de Acción Gallega, En pé. 5. Pola renovación que supón a aparición da revista Nós e toda a innovación que esta revista e o grupo de escritores a eles unidos supón: con eles nacen a prosa moderna do ensaio e da narrativa do século XX. 6. Son dous cuartetos pertencentes a un soneto. 7. Personificación: A montaña ten rostro, maneiras; o sol terquea, etc. Metáforas: doíñas.

35

8. Teu desvío, sangre, terqueando, pra, rocío, florescen, i. 9. A natureza sinxela, pura, sen contaminar, sen tocar pola man do home: moi humilde, pero chea de beleza. Mesmo nela se reflectía a beleza de Deus. 10. Ao lado da reprodución da lingua popular, do enxebrismo, temos que salientar o seu esforzo por crear unha linguaxe poética culta de latinismos, helenismos, adxectivación senrorial e variada na liña modernista, etc., para producir unha sensación de nobreza e colorido, especialmente en Na noite estrelecida. É así un dos grandes continuadores da chamada escola formalista iniciada por Pondal.

Unidade 2

Lingua 1. Lingua minorizada alude a lingua falada por poucos falantes e con problemas de normalización. De ningún xeito quere dicir que non sexa unha lingua apta para calquera actividade. Lingua internacional é a que se usa universalmente, especialmente como lingua común da ciencia ou da técnica: na Idade Media, o latín; na actualidade, o inglés. 2. Especialmente a creación dunha prosa e lingua modernas para a ciencia, a Administración, o Ensino, etc., na procura da normalización do galego. 3. Desaparición da distinción entre abertas e pechadas nas vogais da serie media e, o; entoación segundo pautas castelás; incorrecta pronuncia de x fricativo prepalatal, incorrecta pronuncia de nh, yeísmo, eliminación de sinalefas, etc. 4. Vén/ven, pé/pe, ten/ten, présa/presa, vés/ves, bóla/bola, póla/pola, óso/oso, sen/sen, sede/sede. 5. Fundamentalmente é unha etopea e pode enmarcarse dentro do xénero do panexírico, ou gabanza dunha persoa. Predominio de copretérito, adxectivación rica para sinalar calidades. No panexírico mestura a vida de estudante xa coa de profesor, superpoñendo tempos, así como diferentes aspectos da súa personalidade: o amigo, o estudante, o profesor, etc. 6. Hiatos: coñecía, sabía, sentía. O acento indica que o i é tónico e non forma ditongo. Ditongos: entusiasmo, primeiras, viaxe. Seguen as normas xerais da acentuación gráfica. 7. /k/ de coñecía: oclusivo, velar, xordo. /s/ de seu: fricativo, alveolar, xordo. /ch/ de cheo, africado, palatal, xordo. 8. O Mapa estuda a situación social do galego: número de falantes, forma de transmisión da lingua, bilingüismo e diglosia, etc. Estes datos son fundamentais para facer campañas de promoción do galego, planificación, etc. 9. Galicismos: xefe, restaurante, carné, etc. Anglicismos: club, mitin, fútbol, etc. 10. Para sinalar que, aínda sendo átono, forma sílaba por si só: caïamos, saïades, etc. Literatura 1. Galeguismo conciliado con universalismo. 2. Modernismo e cosmopolitismos substituídos polo descubrimento de Galicia e do galeguismo. 3. Nós, os inadaptados, de Risco, e Dos nosos tempos, de Cuevillas.

36

4. Co labor de dignificación do galego e de concienciación dos galegos das Irmandades. A man da Santiña por iso transcorre nun ambiente de pazo e clase media alta. O Mariscal recrea a figura de Pardo de Cela como heroe da autonomía galega. 5. Defensa da lingua e cultura galegas, así como da súa normalización. 6. So é intransixente co orgullo de ser galegos e de usar para todo a lingua galega. Pero ese respecto que ten para o galego, teno para todas as demais linguas e culturas: ninguén pode respectar o galego, senón respecta tamén as outras linguas e culturas. 7. Son practicamente as mesmas. 8. Salientemos a enumeración do primeiro parágrafo, o paralelismo do segundo, a anáfora de queremos e a repetición de Terra. 9. Foi o verdadeiro iniciador no galeguismo de Risco e de Otero e impulsor de Nós. 10. Inicia o xornalismo en galego; xa que logo o galego úsase para todos os temas.

Unidade 3

Lingua 1. Cómpre destacar a creación da ortografía de 1933, a instauración da Festa da prosa galega, uso do galego como lingua das súas xuntanzas ou o emprego como lingua da ciencia na revista Arquivos do Seminario de Estados Galegas. 2. Literaria: subxectiva, connotativa, valoradora, función poética e emotiva, etc. Científico-técnica: obxectiva, denotativa, caracterizadora, función representativa, etc. 3. É un texto argumentativo que refuta a idea de que un Estado debe ter unha soa lingua. Refuta esta idea dicindo que en Europa só hai dous Estados nos que se fale unha soa lingua: Islandia e Portugal. Pola contra os países e o mundo son plurilingües e pluriculturais e na variedade está a riqueza. 4. O primeiro parágrafo expón a tese e o argumento que proba esa tese. O segundo parágrafo, iniciado por por iso, é unha consecuencia do anterior: hai que preservar a propia lingua e cultura. O terceiro parágrafo, iniciado por mais, é unha restrición á defensa da propia lingua e cultura: a defensa do propio nunca debe ser unha agresión para o alleo. 5. Contexto: Conxunto de palabras que acompañan a outra. Situación: espazo físico, temporal e calquera outra circunstancia non lingüística que acompaña á pronuncia dunha palabra. Lingua non significa o mesmo na clase de bioloxía -órgano- que na de Lingüística -idioma-. Consultar o dicionario e relacionar as acepcións das palabras con distintos contextos e situacións. 6. Lembremos que nh nunca se pode separar. Cómpre silabar palabras como sols-ti-cio, ob-tu-so, abs-ce-so, ac-ce-so, rup-tu-ra, cons-pi-rar, in-ters-ti-cio para así chegar a unha correcta separación. É necesario lembrar que nos hiatos tampouco se deben separar as vogais que van seguidas: *Hero-/e, carecí-as > he-roe, care-cías. 7. Pronuncia unidas nunha soa sílaba da vogal final e inicial de dúas palabras, especialmente se son átonas: [Ese indiscreto: esindiscreto; esa entrada: esantrada]. 8. Líder, xampú, béisbol, mitin, gol, fútbol, bisté, estándar.

37

9. Evidentemente o verbal, pero tamén os xestos do kinésico, todos os recursos da paralinguaxe desde os tons ao ritmo, recursos visuais como carteis e ata vídeos, música, etc. 10. Pósteres/pósters; clubs; gángsters/gángsteres; sándwichs; trusts; sprints. Literatura 1. Cómpre fixarse sobre todo no desexo de crear unha prosa galega para o ensaio e a ciencia. 2. De mestres. Lembremos que o propio Losada foi iniciador do Seminario coas súas xuntanzas no seu domicilio pontevedrés (Ver texto 1, páxina 57). 3. Crear metaforicamente para palabras propias do léxico rural, pero tamén encher o galego dos cultismos grecolatinos propios das terminoloxías científicas. O proxecto foi seguido por todos os membros de Nós. 4. Teoría do nacionalismo galego (1920), fixa o ideario do nacionalismo galego. Mitteleuropa (1934), exame da Europa e especialmente da Alemaña dos anos trinta. 5. Refuta a idea da Pardo Bazán de que, esgotado o costumismo, a literatura galega esgotaríase. Os argumentos son que a literatura galega, coma todas as literaturas, pode tratar absolutamente todos os temas e, como as sociedades cambian, sempre haberá temas novos e orixinais. 6. Repeticións -algúns-, adxectivación valorativa -cómodo e vulgar sentir-, metáfora- camiños creativos-, enumeración asindética -líricos, costumistas, satíricos, novelistas-, etc. 7. O galego non é so lingua da lírica, senón que debe ser vehículo de expresión dunha cultura moderna e por iso ha de estar no xornalismo, no ensaio, na ciencia ou na técnica. 8. Idioma de seu, economía propia, espazo xeográfico ben delimitado, historia propia e ata unha psicoloxía marcada polo sentimento da terra que se reflicte na saudade e na morriña. 9. Antes de 1936, Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco. Despois, Sempre en Galiza. 10. Obra sen rematar polo propio Castelao. Composto por un Adro e catro libros, na primeira edición (1944), só presentaba o Adro e os tres primeiros libros. O cuarto libro foi engadido na edición de 1961, xa morto Castelao, polos editores. Comprende textos escritos por Castelao en distintas etapas da súa vida. O máis coherente é o Libro terceiro, que analiza as características de Galicia como pobo diferenciado.

Unidade 4 Lingua 1. Lingua supradialectal e fixada por unha academia ou organismo similar que establece nela o correcto e incorrecto e que se emprega nos chamados rexistros formais como o Ensino, a Administración, os medios de comunicación social, a Igrexa, etc. 2. Os feitos: ruptura da botella e consecuencias antitéticas: o rapaz chora e o home gordo ri. Personaxes: rapaz e home gordo. Narrador- observador: o narrador, que, en canto á sensibilidade e concepción do mundo, coincide co propio autor. 3. Subliñemos o adxectivo substantivado núcleo que pasa a funcionar como núcleo substantivo e así pode realizar a función de suxeito. Indicar, probándoo coa concordancia, que o suxeito de interesa é o grupo nominal Cal das dúas figuras, que ten por núcleo un pronome interrogativo.

38

4. Cambiar o número dos suxeitos para, así, ver como cambia o número do verbo, especialmente na citada oración de interesa. 5. Só hai coincidencia, pois se unha botella, CD, cambia ao plural, o verbo permanece en singular: Unha rapaciño escacha unhas botellas de aceite. 6. Substantivos e adxectivos rematados en -z; rapaz, noz, veloz> rapaces, rapaciño, velocidade...; verbos rematados en -zar cando segue -e e substantivos en -e derivados destes verbos: enlazar, cazar... >enlace, cacei, enlacemos... 7. *Abuelo, sangre, xuez, iglesia, pestañas, rodilla... >avó, sangue, xuíz, igrexa, pestañas, xeonllo.... 8. Párking, Joans, hall, alto stánding, self-service... >aparcadoiro, vaqueiros, vestíbulo, luxo, autoservicio... 9. Atributo oracional: Afortunadamente. Tópico: Desde o punto de vista da normalización. Modalidade: Sen dúbida. 10. Unha bandada de estorniños pousaban na árbore aquela. A aterraxe é saída de avións é continua. Iso son aprehensións túas. Literatura 1. Crear un público lector amplo en galego, de clase media e urbano. 2. Debe sinalarse que unha novela urbana, superadora do ruralismo e costumismo, unha novela ensaio ou ideolóxica, os narradores e protagonistas adoitan ser alter ego do autor. Poden citarse e comentarse Arredor de si, O porco de pé e Os caminos da vida. 3. Anxel Casal creou a editorial Nós en 1927 e publicou as obras máis características da xeración do mesmo nome. Fernández del Riego dixo que esta editorial foi o principal centro de irradiación das nosas letras e Castelao que Casal fixo máis por Galicia ca todos nós. 4. Dividida en tres partes relata a decadencia da fidalguía. Sen embargo, desa fidalguía emerxe Paio, médico, que dedicará a súa vida aos labregos da súa comarca, na función de modelo e reitores morais do pobo que Otero asignaba aos fidalgos. 5. É un personaxe plano, pois só presenta características positivas. 6. O sentimento da terra era fundamental para a Xeración Nós. 7. Evidentemente. Eles pretendían ser os descendentes dos vellos fidalgos, instruídos e formados, que se converterían en modelos e guías espirituais do pobo galego na tarefa de recuperar a galeguidade. 8. D. Celidonio é a antítese de Paio. Representa o burgués enriquecido e individualista, separado do pobo, que unicamente valora o progreso material e non comprende a galeguidade. 9. Reside na mestura de debuxo ou caricatura e texto escrito. O texto e a caricatura necesítanse mutuamente. 10. Porque describe o proceso polo que Adrián, o protagonista, descobre a galeguidade e se compromete con ela despois de pasar polo modernismo, as escolas filosóficas e literarias europeas, as culturas afastadas, etc. Ese traxecto tamén o fixeron Risco, Otero, Cuevillas...

39

Unidade 5 Lingua 1. Ocasións formais como clases, conferencias, aparicións ante os medios de comunicación. Adoita ser o rexistro que priva no teatro e novela modernos. 2. Interrogacións, exclamacións, chamadas ao interlocutor, oracións breves, sintaxe sinxela na que priva a oración simple e con ausencia practicamente de subordinación, oracións truncadas porque o seu sentido se completa por medio da situación, expresións coloquiais e mesmo sentenciosas do xeito de Non madura esta pera para ningún merlo 3. Cómpre ter en conta a análise dos complementos de réxime como co portugués, agarde por min. Sinalemos tamén que para ningún merlo é complemento circunstancial de finalidade e non C.I, pois non é substituíble por lle. 4. Cómpre distinguir ben que elementos funcionan no nivel da oración e cales no grupo. No nivel da oración atopamos as funcións fundamentais de suxeito e predicado. Atopamos tamén como función secundaria a modalidade de negación, representada por non. Vostede non é vocativo, senón suxeito: a concordancia entre vostede e o verbo faise en terceira persoa. 5. Ti: suxeito. Lle: C.I. Te: C.D. Me: C.I. Vostede: Suxeito. Por min: C. de réxime. 6. O paquete deillo a teu pai. A carta deilla a teu pai. Os paquetes deillos a teu pai. As cartas deillas a teu pai. O paquete déillelo a teus pais. A carta déillela a teus pais. Os paquetes déillelos a teus pais. As cartas déillelas a teus pais. 7. Adicción: dependencia de algo, especialmente dunha droga ou mal hábito. Adición: suma. Acceso: Entrada. Aceso: Acendido. Ricto: expresión do rostro. Rito: cerimonia. Inflación: suba dos prezos. Infracción: incumprimento dunha lei ou norma. Reacio: Contrario a facer algo. Reacción: actitude que se toma ante ou contra algo. 8. Ninguén o perverteu. Non transcorrera nin un minuto. Foi un éxito efémero. A deputada rebateu as afirmacións do parlamentario. Colocaron ese traxe nun manequín. Ese escritor ten moito enxeño. É un bo debuxante. 9. Pola cheminea sae o fume. Os barcos constrúense nos estaleiros. Os patos son aves palmípedes. Os bérberes son un pobo nómade. O modistos deseñan traxes. 10. Dobrete: Existencia de dous termos/ un galego e outro castelán, de xeito que un, o castelanismo, se usa para a realidade considerada nobre e o outro, o galeguismo, para a considerada rural, peor, etc. Exemplos: Vasoira: a artesanal de xestas. / *Escoba: o obxecto industrial comprado nunha droguería. Hiperenxebrismo: Palabra que altera artificialmente a súa forma para parecer máis galega e diferenciarse do termo común co castelán. Baséase nunha falsa analoxía: como piedra cast. é galego pedra, ciencia convértese en *cencia. Literatura 1. Polo tema do espiritismo nunha sociedade moderna e industrial, porque transcorre no ámbito dunha clase media urbana e ilustrada e, especialmente, porque transcorre en Nova York. 2. A grande achega de Risco ao teatro é O bufón d'El Rei, que sitúa a acción nunha indefinida corte medieval, cunha lingua elaborada e levemente arcaizante e na que é fundamental o simbolismo: fealdade do bufón en oposición á súa intelixencia, loita ben- mal, exaltación dos valores cabaleirescos medievais, diálogos enxeñosos ao xeito do teatro de Oscar Wilde, etc.

40

3. Porque nelas aparece a morte e sobre todo polo seu desenlace. Por outra banda, nas dúas o asasinato ocupa un lugar fundamental na acción e no desenlace. Ademais, especialmente en A lagarada, moitos dos personaxes son incapaces de controlar as súas paixóns, aínda que os leven cara á destrución e a morte. 4. Castelao, como conta no seu diario de 1921, asistiu en París a espectáculos teatrais e impresionárono especialmente os espectáculos de danzas e teatro popular ruso. De aí saíu posiblemente a idea de construír unha obra na que aparecese a tradición, o baile, o colorido, os elementos parateatrais populares de festas coma o Entroido, de xeito que se conxugasen na obra a cor, a música e o baile. 5. No remate toman unha dimensión tráxica, pola súa anagnórise ou recoñecemento de culpa: namóranse de vellos por non saberen gozar da súa xuventude por diversas razóns. Esa foi a causa da súa desgraza. 6. O remate dos vellos, o diálogo xa mortos dos vellos no cemiterio, podemos relaciónalo co relato curto Un ollo de vidro, memorias dun esquelete, que tamén transcorre nun cemiterio e presenta basicamente os diálogos de varios defuntos. 7. Non sabemos se se move o corpo por unha causa natural -aínda podía estar vivo-, por aprehensión do narrador protagonista ou mesmo por algunha razón marabillosa relacionada coa vida de ultratumba. 8. Narrador protagonista, pero que non é omnisciente, senón limitado, pois non sabe se Bieito ía morto ou aínda tiña vida, se os ruídos son aprehensións súas, se pode ser debido este movemento a unha posible vida de ultratumba. Lembremos que por estes anos deuse en Galicia un terrible epidemia de gripe -no ano 1918- e corrían historias fantásticas de que moitas persoas foran enterradas aínda con vida, por temor a contaxios ou mala asistencia sanitaria. 9. Queda aberto, pois non sabemos realmente o que pasou. De aí o seu encanto e modernidade: é a hora do lector, que debe interpretar pola súa conta os feitos. 10. Cómpre citar e comentar sobre todo Néveda de Francisca Herrera Garrido e Estebo, de Lesta Meis. 11. Podemos considerar a Dieste un continuador de Castelao polo emprego nos contos do marabilloso, do lirismo, o aproveitamento de motivos populares para dar o salto cara ao culto, o uso de técnicas e temas propios da narración oral popular e, especialmente, polo emprego dunha lingua culta, que, sen embargo, non perde o seu celme coloquial, pois está enraizada na lingua popular.

Unidade 6 Lingua 1. Novos obxectos e novas ideas fan xurdir palabras novas. Para isto a lingua acode á derivación, composición, creación de novas acepcións ou mesmo ao préstamo. 2. Houbo de perder o tren. Está a lavar a louza no vertedoiro. Parece que quere nevar. Leva traballado moito nesta empresa. 3. Abundan os substantivos concretos para referirse os elementos caracterizadores da paisaxe galega. Como o texto é un texto literario que expresa a emoción ante a paisaxe galega abundan os adxectivos valoradores e afectivos, mesmo antepostos. Predomina o chamado presente habitual, porque expresa a emoción que o poeta sente de xeito cotián cando o autor contempla a paisaxe.

41

4. Unha exposición debe cativar a atención do receptor, ser clara e concisa. 5. Hipocrisía; glicosa; deputados; desgusto; corrixir. 6. Subscritores; pneumonía; descritivos; setembro. 7. Siglas: Asociación de Pais de Alumnos; Obxecto voador non identificado; Síndrome de inmunodeficiencia adquirida; Instituto de Educación Secundaria; Ensino Secundario Obrigatorio. 8. Bens: adverbio substantivado. Petroleiro: derivación por sufixación. Ribeiros: metonimia. 9. As vangardas supoñen á adaptación do galego as novas escolas literarias; pero a época das vangardas coñece tamén o desenvolvemento de Nós, A Nosa Terra ou o labor científico en galego do Seminario de Estudos Galegos. 10. O adxectivo anteposto sempre toma un significado de tipo moral ou espiritual. Literatura 1. Os vellos, os escritores que repetían sen orixinalidade temas e técnicas propias do Rexurdimento. Os devanceiros son, sen embargo, os escritores clásicos. 2. Mesturando achegas como as imaxes, técnicas e temas do vangardismo con temas tradicionais. 3. Futurismo, que canta a beleza da civilización urbana e dos novos obxectos da civilización industrial. O Surrealismo, que de acordo coas teorías de Freud, presenta o mundo do subconsciente, dos soños e dos pesadelos, e utiliza a chamada técnica da escritura automática. O creacionismo, que tenta crear un mundo novo de fantasía a partir de imaxes e metáforas moi arriscadas. 4. Federico García Lorca. Froito das súas viaxes a Galicia, así como da amizade con escritores e intelectuais galegos, coma Blanco Amor, é a súa obra Seis poemas galegos (1935). 5. Tema propio do hilozoísmo é a presentación dunha paisaxe rural de gran fermosura. Tema propio da poesía dos Cancioneiros é o do amor sen correspondencia. 6. Temos o emprego do paralelismo e o refrán. Cómpre salientar tamén a derivación bido-biduído, hipérboles coma a morte por amor e o emprego de palabras habituais nos Cancioneiros. 7. Como recurso propio do hilozoísmo os elementos da natureza, coma o sol, aparecen animados ou personificados: así, o sol morre de amor. 8. A Nosa Terra e Nós aínda que non son revistas estritamente poéticas acollen nas súas páxinas poesía vangardista ou críticas e informacións sobre estas escolas. revistas poéticas son Alfar, Ronsel, Cristal, Yunque, Resol. 9. Desde 1919 difunde os vangardismos desde A Nosa Terra e ata compón poemas vangardistas. Lembremos tamén a célebre carta que envía a Manuel Antonio (15-X-1920) sobre as vangardas. 10. Pondal ou Viqueira foron considerados precedentes do neotrobadorismo. Sen embargo, o precedente máis rechamante é o poeta catalán Carles Riba, que compuxo cantigas de amigo dedicadas á súa noiva galega Pepita Vila.

42

11. Cómpre salientar que este libro, capital na vangarda galega, está composto por 19 poemas de tema mariñeiro baseados na travesía que o poeta fixo no veleiro Constantino Candeira, aínda que Manuel Antonio, na liña vangardista, elimina toda referencia autobiográfica. O gran valor do libro é a mestura das técnicas das vangardas, especialmente creacionismo e cubismo, co tema tradicional da saudade. 12. Álvaro Cunqueiro contribúe ao neotrobadorismo con Cantiga nova que se chama riveira (1933). A súa achega ao surrealismo está marcada por Poemas do si e non (1933).

Unidade 7 Lingua 1. O artigo 4.° do título 1.° establece que o galego é lingua cooficial co castelán. Tamén sinala a obrigatoriedade de que saiban galego os funcionarios destinados en Galicia. Indica que o galego é materia de estudos no ensino primario e secundario. 2. É a ordenación do texto expositivo en introdución, desenvolvemento, conclusión. 3. Comemos un pastel que era moi saboroso (adxectiva). Falei con esa amiga túa que é de Ourense (adxectiva). Sorprendeume que estiveses ausente (substantiva de suxeito). Prométoche que te axudarei nese traballo (substantiva de CD). Verémonos cando remate a clase (Circunstancial temporal). 4. Houbo varios accidentes nesta zona da estrada. Para facer esta torta, abonda con medio quilo de azucre. Vívese moi ben nesta cidade. 5. Será construída unha nova ponte sobre o Miño. Construirán unha nova ponte sobre o Miño. Construirase unha nova ponte sobre o Miño. 6. Ímpeto; valorosos; tinturería; tribos; regulamento; saboroso estufado. 7. Eido: campo de actividade dunha ciencia. Pasamento: morte. Resesas: atrasadas. Inzaron: estendéronse, espalláronse. 8. Cómpre indicar que hai oracións co verbo elíptico como Un verdadeiro amigo. A oración De cote nos levamos ben pode considerarse recíproca ou ben intransitiva de verbo pronominal. Cómpre salientar as funcións que realizan as oracións subordinadas en relación coa principal. 9. Para cando...: final-temporal. Que aprendésemos... e tocásemos...: substantivas CD. ...é dáballe xeito...: coordinada copulativa. Ser mariñeiro: construción de infinitivo, suxeito. ... pero seu pai estivera servindo...: coordinada adversativa, ...e parolaba...: coordinada copulativa. 10. Andrómena: invención enxeñosa. Estrebillar: inventar ou facer cousas para enredar ou entreterse. Chola: cabeza. Servir, cumprir o servizo militar obrigatorio. Parolar, conversar, falar para pasar o tempo. Literatura 1. Subliñar que na inmediata posguerra a lingua e literatura galegas quedan de novo practicamente reducidas á oralidade. Desaparecidas revistas e editoriais como Nós, Logos, A Nosa Terra. Os escritores non publican en galego e ata sofren o chamado exilio interior. 2. Publicación de revistas como Galicia Emigrante, Vieiros. Estrea de Os vellos non deben de namorarse. Publicación de obras como Sempre en Galiza (1947), A esmorga (1959),

43

Memorias dun neno labrego (1961). Cómpre salientar o labor editorial de Luís Seoane coas coleccións Dorna e Hórreo, de libros galegos ou de tema galego. 3. Pódense citar e comentar Lonxe de Lorenzo Varela e Fardel de eisiliado de Luís Seoane. 4. A situación de silencio en que pola falta de liberdades políticas quedan os escritores e intelectuais que permanecen en Galicia e España trala guerra, mesmo algúns padecendo cárcere ou perda dos postos de traballo pola aplicación da Lei de Responsabilidades Políticas. 5. É unha das primeiras grandes falcatrúas que realizan nas vintecatro horas de esmorga: o pazo arderá nun incendio provocado por eles. O remate destas falcatruadas será un asasinato 6. A narración faise desde o punto de vista de Cibrán, que sempre tenta desculparse cargando as culpas sobre os outros dous compañeiros de esmorga ou mesmo sobre a súa falta de vontade, a enfermidade, etc. 7. As formas normativas son comemos, bebemos, case, sen, suave, gasosa, cheo, á augardente, vez, azucre. 8. Redución temporal, perspectivismo, voltas atrás ou flash-back, tremendismo, antiheroes. 9. Por primeira vez había en Galicia un sistema, todo o cativo que se queira, pero sistema á fin e ao cabo de editoriais, revistas, etc. como eran Nós, A Nosa Terra, Arquivos do Seminario de Estudos Galegas, etc. A guerra esfarelou este labor, que nos anos corenta e cincuenta vai ser mantido en gran medida na emigración e exilio americanos. 10. Cómpre sinalar o narrador en primeira persoa e a estrutura de memorias ou diario. 11. Literatura que ten como obxectivo principal que o lector tome conciencia das inxustizas sociais. 12. Cómpre salientar o carácter de antiheroes dos personaxes de A esmorga fronte á exemplaridade dos de Memorias dun neno labrego. A técnica de Memorias... é moito máis tradicional. Por outra banda, unha é urbana, mentres a outra é rural. Idealización do pobo en Memorias..., fronte ao tremendismo de A esmorga.

Unidade 8

Lingua 1. O suplemento cultural de La Noche, revistas como Alba ou Mensajes de Poesía ou Colección Grial, a colección de poesía Benito Soto, editoriais como Bibliófilos Galegos, Monterrey, Xistral e, especialmente, Galaxia. 2. Confirmación: apoio do afirmado na tese mediante os razoamentos e argumentos adecuados. Refutación: rexeitamento do afirmado na tese mediante os razoamentos e argumentos adecuados. 3. Atributo: A miña obsesión é que sexas feliz. C.D.: Recoñece que te comportaches mal. Suxeito: Cómpre que tomes unha decisión nese tema. C. do adxectivo: A médica está moi interesada en que se recupere ese paciente. C. do substantivo: Mantén a opinión de que se necesitan cambios. C. de réxime: O traballo consiste en que nos os dous coloquemos paquetes no almacén. 4. Non sei se chegará a tempo. Pregunteille onde vive. Non me dixo como se facía. Non sei cantos foron á voda. Indicoulle cal era o camiño correcto.

44

5. A substantiva é que abordabamos... e realiza a función de C.D. 6. O primeiro que é conxunción subordinante substantiva; o segundo que é relativo; o que de para que forma a locución conxuntiva subordinante final con para; quen é un relativo, pois ten por antecedente unha serea grega. 7. ribeiros/Ribeiro. a/A. 8. Ventre / papelería / tenente. 9. Desconvocar, inmoral, anticonstitucional, imposible. 10. Multiusos / antiinflamatoria / arquifamoso / multinacional. Literatura 1. Porque demostraba que o galego era unha lingua apta para a cultura e civilización urbanas e modernas, así como para as ciencias, tanto as naturais coma as humanísticas. Cómpre salientar os ensaios do grupo Galaxia e especialmente a tradución da obra de Heidegger Da esencia da verdade. 2. Cómaros verdes (1947), de A. Iglesia Alvariño. A obra mestura neotrobadorismo e hilozoísmo; acada unha gran categoría na presentación da paisaxe natural, de xeito que se ten comparado con Virxilio. 3. Xente da Barreira (1950) é unha novela realista, do subxénero novela de pazo, que relata a decadencia dunha familia fidalga desde a Guerra de Independencia á Primeira Guerra Mundial. 4. Filipe, narrador testemuña e criado de Merlín, relata os feitos marabillosos do seu amo, que vive retirado en Galicia. 5. Fundamentalmente O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1950), de Álvaro Cunqueiro, que recrea dun xeito intelectual e existencialista a figura de Hamlet. 6. Recupera a tradición do conto popular e hai que salientar nel a adecuada mestura de realismo e fantasía. 7. O narrador, que é personaxe secundario nos feitos, relata oralmente a un grupo de amigos un feito tipicamente popular: o ataque duns ladróns a un pazo. 8. O narrador e tamén se converte en narrador o administrador don Froilán, cando conta como disparou sobre a caixa na que se agachaba o ladrón. 9. Por medio da sospeita: é raro que deixen unha caixa de morto, os cans ao acercárense a ela regañan os dentes, por se acaso o administrador dispara sobre ela, etc. 10. É un narrador obxectivo. Os narradores só contan o que ven ou o que oen. Así a sospeita de que poida haber un ladrón dentro da caixa xorde no narrador porque lle parece que sente ruídos na caixa, coma se alguén rebulise dentro. Pero non o sabe. Xa que logo a omnisciencia aparece eliminada. Por outra banda, a caracterización psicolóxica dos personaxes coma a astucia do ladrón, do narrador personaxe secundario ou a valentía de todos eles aparece manifestada por medio dos seus feitos e nunca polas opinións ou interpretacións dos narradores.

45

Unidade 9 Lingua 1. Atopei con facilidade os libros, que estaban ben colocados. Non atopei na biblioteca os libros que me recomendaches. 2. Esta é a casa onde viviu de cativo. Fixeron todo do xeito como eu lle indicara. 3. Preguntoulle ... onde ...: interrogativa indirecta. Atopeino onde...: circunstancial de lugar. Veraneamos naquela casa onde...: adxectiva. Non sei que pasará...: adxectiva substantivada. As adxectivas sempre levan un antecedente. As interrogativas indirectas son transformables por unha interrogativa directa (Onde vive?) ou mesmo substituíbles por iso, isto, esa cousa, esas cousas, etc. (Preguntoulle iso, esa cousa...); nunca presentan antecedente. As circunstanciais poden substituírse por un adverbio: Atopeino alí. 4. Porque carecen de antecedente. As funcións que realizan son, respectivamente: suxeito, CD, C. de réxime, CD, atributo. 5. Especificativas: que chaman.... Explicativa: que ti non coñeces. Quen escollera... é unha adxectiva substantivada de atributo; repárese en que é posible Meu pai foino. 6. Cunhas obras de tanto éxito; da que as obras teñen tanto éxito. / ... a que decidiu... / ... polos cales... / ... a que gañou... 7. Resposta libre. 8. Neveira, eirugas / monstro, ourizo / acoirazado, oufanos, outorgaron, correspondente, expediente. Literatura 1. Espazos urbanos e mesmo fantásticos, en moitas ocasións non identificables cun espazo galego. Abandono do narrador omnisciente. Condutismo, antiheroes, perspectivismo. 2. O primeiro polo certame poético que se celebraba na Universidade de Santiago; o segundo, polo ton existencial pesimista da súa obra inicial. 3. A súa orixe está na prisión que o propio poeta sufriu nunha cela toda ela de pedra no convento de Celanova, habilitado como prisión durante a Guerra Civil. O título do poema gustoulle tanto ao editor do libro, Fernández del Riego, que llo asignou a toda a obra. Posteriormente converteuse en metáfora dos corenta anos de falta de liberdades, 1936-1976. 4. Díaz Castro presenta unha poesía existencial angustiada por buscarlle un sentido á vida e por superar a angustia da morte. Pimentel presenta unha sensibilidade fina ferida por un mundo exterior desagradable e duro, de xeito que a poesía se converte en refuxio para o poeta. Deste xeito Nimbos e Sombra do aire na herba son dous clásicos da poesía galega contemporánea. 5. Xohana Torres en Adiós María (1971), a través dun monólogo interior da protagonista, analiza a vida do suburbio e a condición feminina nos sesenta. María Xosé Queizán en A orella no buraco recrea o deambular sen rumbo dun vagabundo, con técnicas propias do nouveau román francés. 6. Cambio en tres, de Carlos Casares, presenta a través de distintos monólogos a vida e morte do Cachorro nun accidente de tráfico na emigración. É unha reconstrución do mundo da emigración europea dos anos sesenta.

46

7. É un narrador obxectivo, que tenta reproducir só o que ve ou oe. Este narrador é o habitual da nova narrativa, que desbota o narrador omnisciente. 8. Coma os personaxes de A orella no buraco, Arrabaldo do norte, etc., é un antiheroe. 9. A primeira edición (1962) pasou case desapercibida. O éxito veulle trala segunda edición (1966) e tras ser musicados algúns dos seus poemas por Voces Ceibes, a partir de 1968. Os textos de Celso Emilio convertéronse en símbolos na loita polas liberdades e así converteuse nun dos libros máis famosos da historia da poesía galega, xunto con Cantares gallegos ou Aires da miña terra. 10. Podemos considerar precedentes da poesía social de Celso Emilio a poesía do exilio, especialmente a de Luís Seoane; no interior, un claro precedente é Documentos persoaes (1958), de Manuel María. Os poemarios Muiñeiro de brétemas (1950), de Manuel María, e especialmente Fabulario Novo (1952), de Cuña Novás, son considerados precedentes da poesía existencial pesimista da Escola da Tebra.

Unidade 10 Lingua 1. Bases pra unificación das normas lingüísticas do galego (1976), do ILG. 2. Especialmente ao botar mans de cifras, porcentaxes e gráficas, propias das ciencias naturais, que se mesturan coa sintaxe lóxica, termos abstractos, etc., da linguaxe humanística. 3. Resaltemos que comeza cunha subordinada modal e que a consecutiva aparece marcada por de xeito. Sinalemos a construción absoluta de participio Pasados os anos tolos de estudante. 4. De aí / Falounos / para a /de alguén / de un. 5. Cuadrimestre / lámpada / liderado / xulgado. 6. Madrugou para chegar cedo > Chegou cedo porque madrugou. Falou moi claro para que o entendésemos > Entendémolo porque falou moi claro. Aforrou para ter unha boa velleza > Ten unha boa velleza porque aforrou. 7. Arrefriouse porque ía moito frío > Ía tanto frío que se arrefriou. Inundouse todo porque choveu moito > Choveu tanto que todo se inundou. Hai poucos turistas porque subiron moito os prezos dos hoteis > Subiron tanto os prezos dos hoteis que hai poucos turistas. 8. De non virdes, avisádenos > Se non vides, avisádenos. Malia serdes tantos, na casa hai sitio para todos > Aínda que sodes tantos, hai sitio para todos na casa. Por non solicitarmos a tempo esa bolsa, non nola concederon > Non nos concederon esa bolsa porque non a solicitamos a tempo. Ao saírdes, pecharei a porta > Cando saiades, pecharei a porta. Literatura 1. Teima e A Nosa Terra: información xeral; Encrucillada: pensamento Cristián; Axóuxere: xuvenil. 2. Novela social e de aprendizaxe, distintos narradores e distintos puntos de vista, protagonista individual e protagonista colectivo, frecuentes voltas atrás, redución temporal. 3. Cómpre salientar especialmente a obra de Casares -Xoguetes pra un tempo prohibido, Os escuros soños de Clío- e Méndez Ferrín -Retorno a Tagen Ata, Antón e os iñocentes.

47

4. Cómpre salientar o ensaio de tipo económico -Beiras-; o Cristián -Chao Rego-; o feminista -María Xosé Queizán. 5. Non só representan o teatro ante un público amplo, senón que dan a coñecer novas tendencias teatrais e dramaturgos novos, algúns dos cales hoxe xa son clásicos -Vidal Bolaño, M. Lourenzo, Ruibal-. Por outra banda, foron un foro de discusión sobre o teatro galego e mesmo sobre a lingua e cultura galegas. 6. Cómpre salientar a importancia de Con pólvora e magnolias, Mesteres, Seraogna e grupos vangardistas como Rompente. 7. Narrador protagonista en primeira persoa desde a subxectividade do cal se interpreta a realidade. O elemento descritivo está representado polo retrato dos gardas; o ensaístico, pola alusión aos devanceiros de Ulm Roam. O elemento narrativo é a busca de Ulm Roam, polo que o protagonista vén a Tagen Ata. 8. Algúns entenderon o texto como unha obra en clave sobre Galicia. Sen embargo, os topónimos e antropónimos sen adscrición realista a ningún país, poden facer que o texto se entenda desde calquera país ou cultura.

Unidade 11 Lingua 1. Salientar a diferenza co parlamentarismo decimonónico: abandono dos grandes temas políticos para centrarse nos problemas da vida cotiá, o acordo no fundamental e a cortesía. 2. A pouco que se esforce, gañará ese campionato. Con que veñas, eu xa me darei por contento. 3. Non é barato, senón caro. Mercaría esa camisa se non fose tan cara. 4. Non traballa tanto como din. Traballa máis do que din. Traballa menos do que din. 5. Repárese en que en do que a fame hai que sobreentender o verbo elíptico. 6. É correcta se consideramos que o verbo está elíptico, porque repite o da oración considerada principal: era moito máis a sede do que a fame (era). 7. Si, segundo o seu vello costume. / Ti, min, esa análise. / Ourensás, un importante cume, catalana. / Na arte cortesá. / Aldeá / O mel, elaborado, artesás, un labor. / Tecelás. 8. Antropónimo: nome propio de persoa (antropo: home; onoma: palabra, nome); Topónimo: nome propio de lugar (topos: lugar, onoma: nome, palabra); Morfoloxía: estudo da forma das palabras (morfo: forma; loxía: palabra). Zoomorfo: con forma de animal (zoo: animal; morfo: forma). Cefalópodo: Molusco cos pés transformados en ventosas (cefalo: cabeza, podo: pé). 9. Reproduce especialmente o debate, empregando o estilo directo para as frases máis rechamantes pronunciadas polos parlamentarios; posúe unha estrutura narrativa. 10. As primeiras fixan a ortografía e morfoloxía do galego. O segundo, as formas correctas dunhas 40.000 palabras. A Normativa de mínimos é un intento de conciliar a normativa oficial coa reintegracionista. É usada por importantes grupos como AS-PG, A Nosa Terra, etc.

48

Literatura 1. Os poetas da xeración do 36, os de enlace ou os da xeración dos cincuenta contribuíron a esta renovación. Cómpre salientar a Cunqueiro con Herba aquí e acolá, Luz Pozo con Códice calixtino ou Xohana Torres con Estacións ao mar. 2. Cómpre salientar a entrada do intimismo ou a atención posta na linguaxe e na técnica. 3. Pola cantidade e calidade dos seus poetas, pertencentes a moi diversas xeracións. 4. Caracterízase polo cultismo e sobre todo polo seu ton elexíaco e aceptación da morte como metamorfose na natureza. Sinálase que é un dos libros poéticos máis importantes do século XX. 5. Polo coidado da linguaxe, a perfección formal e polo tema intimista: a señardade ou soidade. 6. Proxección sentimental sobre unha paisaxe de chuvia, a soidade é puñal de tristeza, a choiva personificada devora metafórica e hiperbolicamente os horizontes; a tarde, que vai rematando no escurecer, é, nunha prodixiosa imaxe, unha tea que se esfiaña coa chuvia. Personificación de moitos elementos coma sol, auga, silencio, etc. 7. Os versos 2 e 3 son paralelísticos. Acumulación de eses e fricativas para suxerir o silencio e a soidade. Encabalgamentos suaves para suxerir o fluír suave do tempo. 8. Revistas salientables son Dorna, Escrita, Nó. Luzes de Galicia, Coordenadas, Tintimán... Como exemplo de premio podemos citar o Esquío, que deu a coñecer moitos poetas novos. 9. O desenvolvemento da literatura galega nos oitenta ponse por moitos historiadores en relación co proceso de normalización que experimenta o galego nesta década, de xeito que algúns consideran esta etapa como un novo rexurdimento da lingua e literatura galegas. 10. Anunciábase sobre todo no labor de Méndez Ferrín -Con pólvora e magnolias-, Pexegueiro -Seraogna-, A. López-Casanova -Mesteres- ou nos grupos de vangarda como Rompente.

Unidade 12 Lingua 1. As diferenzas que hai entre as distintas áreas xeográficas do galego non lles parecen aos especialistas suficientes para falar de dialectos do galego; pola contra, subliñan a relativa unidade do galego despois de tantos anos sen normativizar nin normalizar. 2. O xornalismo trata absolutamente todos os temas: científicos, humanísticos, de espectáculos, etc. É o maior difusor entre a poboación, xunto co Ensino, da terminoloxía das ciencias e das técnicas. Por outra banda, emprega a exposición nas noticias, bota man da argumentación nos editoriais e críticas, etc. Acolle nas súas páxinas publicidade e ata edictos dos Concellos e doutras institucións. 3. É o conxunto de mapas en que aparecen reflectidos os fenómenos lingüísticos distribuídos e situados xeograficamente. 4. O bloque occidental aparece separado do central polas isoglosas pantalóns/ pantalós e irmán/irmao. O bloque central sepárase do oriental pola isoglosa pantalóns/ pantalois. Sinalemos no bloque occidental áreas como a fisterrá, a tudense e a da Baixa Limia; no bloque central, cómpre falar da área mindoniense e da lucuauriense; no bloque oriental hai que citar a área asturiana, a área ancaresa e a área zamorana.

49

5. A gheada é a pronuncia do fonema /g/ como unha aspiración faringal, laringal ou glotal que lembra o h- inglés de house; ás veces chega a pronunciarse incluso como j castelá. O seseo é a pronuncia como /s/ de z ou de c+e,i; pode darse en posición implosiva -crus-, seseo parcial, ou en todas as posicións, total -veses, ves-. Son propios do bloque occidental. 6. Xoán mercou unha camisa; súa irmá, un pantalón. Pola falta de recursos informáticos desta empresa, o proxecto non é realizable aquí. Con esa pinta, non virás comigo. 7. *Andábamos > andabamos. *Andásemos >andasemos. *Andaríamos > andariamos. 8. A regular presenta un mesmo lexema ou raíz: falar, falador, faladuría... A irregular cambia este lexema, segundo esteamos ante cultismos ou popularismos: voar, voante, voador, voo/volante, volátil, volatizar. 9. Esa festa ten moito colorido. Foi unha decisión dolorosa para min. 10. O popularismo é unha palabra que sufriu todos os cambios propios do paso do latín ao galego. O cultismo non sufriu eses cambios, por ser propio da linguaxe culta, e mantén a súa forma moi parecida á latina. (Persona > persoa/personaxe; Linea > liña/linear). Literatura 1. Porque conviven nela autores de diferentes xeracións, temas variados e técnicas moi distintas. 2. Cómpre citar as achegas de Méndez Ferrín, Casares, Suárez-Llanos, María Xosé Queizán e Fernández Ferreiro. 3. Cómpre non esquecer a Freixanes, Alfredo Conde, Reigosa, Alcalá, Cabana, Heinze... Aínda que moitos deles xa publicaran no remate dos setenta, a súa verdadeira consagración prodúcese na década dos oitenta. 4. Contraditoria, pois uns opinan que é unha boa novela, especialmente valoran ser a primeira novela policial galega, e outros apóñenlle falta de verosemellanza, mimetismo, etc. 5. Novela de aprendizaxe que relata a formación do protagonista, un estudante de instituto. É un best-seller da novela galega. 6. Narrador protagonista en primeira persoa que caracteriza os personaxes polo que ve deles e polo que lles escoita. 7. Si, polas opinións que dá sobre o galego e pola situación en que se atopaba o galego. Repárese en que se fala de galego e de literatura galega na clase de castelán: aínda non estaba o galego no Ensino. 8. Cómpre citar a Bernárdez Villar, pero tamén a Freixanes, Queizán ou A. Conde, ou a historia próxima representada por Os mortos daquel verán e A desfeita. 9. É necesario comentar Galván en Saor e Amor de Artur. 10. Algunhas destas novelas poden ser consideradas verdadeiras novelas reportaxe coma as de Fernández Ferreiro ou Suárez Abel. Non esquezamos que a novela policial tamén é un subxénero que amosa moi ben os problemas sociais; de aí que se denomine tamén novela negra.

50

Unidade 13 Lingua 1. Emprega os procedementos habituais na linguaxe científica: derivación e composición -autoedición, impresora, portapapeis...-, calcos -palmtop computer > ordenador de peto-, anglicismos adaptados ou sen adaptar -módem, tóner...-, novas acepcións de palabras da linguaxe común especializadas no eido da informática -ordenador, disco... 2. Disimilación; asimilación; plural hipercaracterizado; síncope; paragoxe; metátese; apócope; vacilación da vogal átona. 3. Tanto o que chamamos galego oral espontáneo coma o galego urbano están condicionados pola diglosia; o primeiro sobre todo na morfoloxía e no léxico; o segundo, na fonoloxía. 4. O da lingua coloquial espontánea, como se ve polas metáforas humorísticas, o eufemismo peneca referido a borracheira, as onomatopeas burlescas -cro, cro-, o disfemismo popular para referirse á morte -espichouna- ou o eufemismo para fuxir do termo morrer -o meu amo xa non alenta. 5. Uso de te no canto de che: Xa *te > che dei o libro. Uso de che no canto de te: Seica *che > te viu. 6. Víronte no cine. Non te viron no cine. Din que te viron no cine. Víronte no cine? Quen te viu no cine? Seica te viron no cine. Algúns víronte no cine. Todos te viron no cine. Etc. 7. Caïamos / doia / senten / acoden / consome / confunde / discutes moito. 8. Coresma / vangarda / cuadrimotor / recoñecemento / museo / cuadrilátero. 9. Argot é a lingua propia dun grupo social, especialmente cando se refire a un grupo marxinado coma o da delincuencia; xerga é a lingua propia dun grupo profesional: canteiros, cesteiros, etc. 10. O código elaborado caracterízase pola corrección en todos os niveis da lingua así como pola riqueza sintáctica e léxica. O restrinxido, polas incorreccións en todos os niveis da lingua. Literatura 1. Como todos os xéneros literarios vese favorecida pola normalización que vive a lingua galega nesta época. Consolídanse os dramaturgos da xeración Abrente -Lourenzo, Vidal Bolaño, Ruibal- e aparecen novos dramaturgos como Guisán Seijas, Xesús Pisón, etc. Tamén Continúan a súa produción os membros das xeracións máis veteranas, como Tomás Barros, Agustín Magán ou Daniel Cortezón. Créase o Centro Dramático Galego e profesionalízanse compañías como Teatro do Atlántico, Uvegá Teatro, etc. 2. Cómpre comentar obras como Bailadela da morte ditosa, Agasallo de sombras ou Cochos. 3. A obra presenta a visión esperpéntica de Galisindo Lestedo -o nome xa é esperpéntico-, rico emigrante reconvertido en construtor, personaxe tipo do novo rico enriquecido e sen sensibilidade. Presenta así mesmo unha visión crítica da sociedade galega dos oitenta. 4. A acoutación refírese ao aspecto que debe ter a actriz así como os movementos que debe facer en escena. Nalgún caso a acoutación serve para caracterizar psicoloxicamente o personaxe -que era supersticiosa-. Os diálogos reproducen a lingua coloquial: exclamacións, interrogacións, oracións interrompidas, oracións breves e simples.

51

5. Dialectalismos: niste, Castelanismos: quedábase, escalóns, si. Hiperenxebrismos: rubía. Vulgarismos: amostraba, sabere. Pertence ás xeracións máis veteranas, que tamén realizan unha achega fundamental ao teatro galego nos anos oitenta. 6. A xeración dos oitenta está máis preocupada pola técnica teatral, pola lingua ou pola innovación escénica e menos pola mensaxe social e política cós dramaturgos de Abrente, pois escriben o seu teatro cando xa as institucións políticas propias dunha sociedade democrática se preocupan destes temas, cousa que non ocorría cando comezaron a escribir os de Abrente. 7. Son obras de tema histórico: Agasallo de sombras, Mesmo semellaban bruxas ou Pedro Madruga. 8. Tratan este tema obras como A raíña e o seu bufón, de Tomás Barros; O arce no xardín, de Roberto Salgueiro ou Un cenário chamado Frederico, de Joao Guisán Seijas. 9. Cómpre salientar a presenza de ensaístas de distintas xeracións. 10. Sinalemos sobre todo a obra de María Xosé Queizán e Inma Souto.

Unidade 14 Lingua 1. Desvío: utilización de metáforas, imaxes, connotacións, etc. que non adoitan aparecer na lingua habitual para dar unha visión orixinal da realidade. Desautomatización: presentación da realidade desde unha perspectiva nova para acabar coa rutina na captación da realidade, que mesmo escurece a beleza desta realidade. 2. O bilingüismo refírese basicamente ao emprego de dúas linguas diferentes pero en condicións de igualdade. A diglosia refírese ao emprego de dúas linguas, pero unha delas é considerada superior á outra porque é ou foi a lingua propia do Ensino, da Administración, da Igrexa e de todos os rexistros formais. 3. A planificación lingüística supón a realización de todas aquelas actividades que axudan a que unha lingua supere a diglosia e se normalice e van desde as campañas publicitarias a favor desa lingua, a petición ou redacción de leis que a fagan oficial ou cooficial, a redacción de instrumentos normativos como ortografías, dicionarios, gramáticas, terminoloxías técnicas, etc. 4. O Mapa Sociolingüístico de Galicia achega datos que fan ver con certa preocupación o futuro do galego. O galego segue a ser unha lingua máis falada no agro, onde o 87,2 % da poboación é galegofalante habitual, porcentaxe que nas cidades descende ao 42,7 %. É máis usada pola xente maior que polos mozos: nos maiores de 65 anos son galegofalantes o 84,7 %, mentres que na poboación entre 16 e 25 anos esta porcentaxe é so do 46,5%. Hai que ter en conta que o ensino e a normalización do galego aínda non acadou os vinte anos, pois a Lei de Normalización Lingüística é do ano 1983. Sen embargo, o efecto destes case vinte anos de ensino e bilingüismo oficial empezan a notarse nas actitudes cara ao galego: nunha puntuación do 1 ao 5 sobre a valoración do galego, os máis novos danlle unha puntuación de 3,75. Esta porcentaxe vai en aumento segundo se diminúe a idade: os de máis de 65 anos, 3,44; de 41 a 65, 3,53; de 26 a 40, 3,70. Estas actitudes favorables son a grande esperanza da lingua galega e a garantía de futuro. 5. Cómpre salientar o carácter de tolerancia cara a linguas distintas do galego que presenta este decálogo. Promover unha lingua non consiste en asoballar os dereitos das outras linguas.

52

Literatura 1. Cómpre sinalar a riqueza da poesía galega, onde hai máis de 300 poetas en activo e publicando os seus versos. Estes poetas ademais pertencen a xeracións que van desde a máis veterana, a xeración do 36, ata a xeración máis nova dos anos noventa. 2. Cómpre sinalar as achegas de Méndez Ferrín, Casares e Fernández Ferreiro, que publican nesta década obras que a crítica considera xa clásicas: Arraianos, No ventre do silencio, Deas sentado nun sillón azul, Agosto do 36. 3. Están presentes todos os xéneros da novela, desde a intelectual á policial, desde a de aventuras á feminista. A variedade é signo de riqueza e de normalidade. 4. Posiblemente sexa o conto A Lingua das bolboretas, pola versión cinematográfica que dela fixo José Luis Cuerda. Grande difusión acadou tamén O lapis do carpinteiro, que foi así mesmo un éxito en toda España traducida ao castelán. 5. Presenta un narrador protagonista que relata os feitos en primeira persoa. O texto describe a sensación de vertixe que invade ao narrador-protagonista cando contempla o tráfico de venres. O ruído deste tráfico aparece certeiramente aludido pola onomatopea batifondo. A enumeración de motores, luces, latas... contribúe tamén a producir esta sensación de mareo, que se ve acentuada polo epifonema un fragor de fondo e un estrépito sobre el. É de salientar tamén a acumulación sinestésica de sensacións: escuridade ao anoitecer, frío, ruídos, malos olores, etc. 6. Ten un carácter universal, pois presenta a contaminación, tanto atmosférica como acústica, da gran cidade, así como o estrés que produce en quen a ten que sufrir. 7. Pertence á xeración que se deu a coñecer na década dos oitenta e que confirmarán a súa mestría na década dos noventa. Xunto con Rivas, Suso de Toro é xa considerado unha das grandes figuras desta xeración e cítanse como obras de gran calidade Polaroid, Tic-Tac, Calzados Lola, Círculo ou Non volvas, premio da Crítica do ano 2001. 8. Cómpre sinalar, coma nos outros xéneros, a convivencia de varias xeracións, que van desde a xeración Galaxia ata os ensaístas que se dan a coñecer nos anos noventa, como Andrés Capelán ou Antón Baamonde. 9. A busca dunha poesía máis achegada á vida cotiá e mesmo máis conectada coa realidade e coa sociedade, menos elitista e menos culturalista. Mesmo a forma de difusión desta poesía con recitais en locais públicos, pubs, etc., fala deste desexo de conectar co público. Ten unha grande importancia a poesía feminista. 10. Son narracións que presentan historias e personaxes que, aínda que situados en Galicia, teñen unha validez universal. Iso explica, por exemplo o éxito de O lapis do carpinteiro. O tema tratado -a guerra civil, o cárcere e a persecución por motivos políticos, o exilio, o amor que vence esta situación- son temas aos que nos teñen afeitos en todos os lugares do mundo as imaxes da televisión sobre Oriente Medio, a antiga Iugoslavia, etc. O mesmo se podería aplicar a outros temas, historias e personaxes. A literatura galega superou definitivamente o localismo e partindo do propio chega ata o universal.