2
Dena, 25 de novembro de 2013. Ola mozos e mozas de Dena! Como sabedes, nun mes celébrase o Nadal, e este ano Raticonto ten ganas de decorar unha árbore de Nadal. Anda argallando con qué decoralo, e o Equipo de Biblioteca pensamos que entre todos e todas podiamos darlle unha sorpresa. Gústavos a idea? A que si! Pois ben, propoñémosvos que decoredes esta cuartilla (1 por cada titor ou titora). Podédelo facer como queirades, incluindo todo tipo de material que lle poidades pegar para que a Raticonto non lle caiga ao colgala na árbore. Ánimo! Poñede a vosa imaxinación a funcionar! Abofé que lle encantarán, iso si, gardádenos o segredo ata que teñamos todas e llas entreguemos. A través dos/das vosos/as titores/as, facédelas chegar á mestra Sila, coordinadora da Biblio. Non as botedes na caixa de correos da Biblioteca, ou xa non será sorpresa para a nosa querida mascota. Unha vez máis, grazas pola vosa colaboración.

Sorpresa.a.rati

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Sorpresa.a.rati

Dena, 25 de novembro de 2013.

Ola mozos e mozas de Dena!Como sabedes, nun mes celébrase o Nadal, e este ano

Raticonto ten ganas de decorar unha árbore de Nadal. Anda argallando con qué decoralo, e o Equipo de

Biblioteca pensamos que entre todos e todas podiamos darlle unha sorpresa. Gústavos a idea? A que si!

Pois ben, propoñémosvos que decoredes esta cuartilla (1 por cada titor ou titora). Podédelo facer como queirades, incluindo todo tipo de material que lle poidades pegar para que a Raticonto non lle caiga ao colgala na árbore.

Ánimo! Poñede a vosa imaxinación a funcionar! Abofé que lle encantarán, iso si, gardádenos o segredo ata que teñamos todas e llas entreguemos.

A través dos/das vosos/as titores/as, facédelas chegar á mestra Sila, coordinadora da Biblio. Non as botedes na caixa de correos da Biblioteca, ou xa non será sorpresa para a nosa querida mascota.

Unha vez máis, grazas pola vosa colaboración.

Atte. O Equipo de Biblioteca.