40
C A R L O S C A S A R E S M O U R I Ñ O SEGUNDA ÉPOCA: Nº 23 L L E E T T R R A A S S G G A A L L E E G G A A S S 2 2 0 0 1 1 7 7 C C . . E E . . I I . . P P . . M M O O N N T T E E M M O O G G O O S S B B E E L L U U S S O O

Fiadeiro 2017

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Fiadeiro 2017

CARLOS

CASARES

MOURIÑO

SEGUNDA ÉPOCA: Nº 23

LLLEEETTTRRRAAASSS GGGAAALLLEEEGGGAAASSS 222000111777 CCC...EEE...III...PPP... MMMOOONNNTTTEEEMMMOOOGGGOOOSSS

BBBEEELLLUUUSSSOOO

Page 2: Fiadeiro 2017

OS NOSOS

PEQUES DE CINE

Page 3: Fiadeiro 2017

Este ano na clase de 5º Infantil decidimos inventar un conto. Deste conto saíu un guión para elaborar un pequeno

teatriño no que todos nos sentimos actores e actrices por primeira vez. Este é o título do noso conto:

Page 4: Fiadeiro 2017
Page 5: Fiadeiro 2017

Pensastes algunha vez en toda a xente que aporta o seu traballo para realizar unha película?

Son moitas persoas con funcións diferentes. Sen elas non sería posible que puidésemos

desfrutar de fermosas historias levadas ao cine.

Actrices e actores. Interpretan as

personaxes da película

Os técnicos

Ocúpanse das

cámaras e da

fotografía.

Graban as

esceas da

película.

Hai tamén

técnicos de luz

e son .

Guionistas. Escriben ou adaptan as historias e

os diálogos.

Page 6: Fiadeiro 2017

Vestiario e

maquillaxe. Hai tamén

un grupo de xente que

traballa para que o

vestiario e a

caracterización dos

actores de actrices

sexa perfecta. Co seu

traballo conseguen

que nos

transportemos a

outros tempos e a

outros lugares.

Director ou directora. O seu traballo é dirixir a

todas as persoas que traballan para conseguir

que a película se remate.

Alumnos e alumnas de 5º Infantil

Page 7: Fiadeiro 2017

3

Adiviñas de cine

1

2

4 5

PERSONAXES E TÍTULOS DE PELÍCULAS

Page 8: Fiadeiro 2017

5

6

7

8

7

9

Page 9: Fiadeiro 2017

Solucións

2

3 4

1 2

4

5 6

7

8

9 6º EDUCACIÓN

INFANTIL

Page 10: Fiadeiro 2017

QUE É O ENTROIDO

É unha festa típica do ano. É una festa popular que ten a súa orixe como

indicación da fin do inverno e comezo da primavera.

Celébrase nos meses de febreiro ou marzo. Tradicionalmente duraba

varias semanas, había:

• Domingo Fareleiro.

• Domingo Oleiro.

• Domingo Corredoiro.

• Domingo, Luns e Martes de Entroido.

Na actualidade dura menos acostuma haber Pregón de Inicio, Desfile de

Comparsas, Xuizo do Meco (durante o cal se len coplas: de xuizo, do

testamento e as Ladaiñas) ou personaxe típico e queima do mesmo ao

final das festas.

Os Entroidos Galegos máis coñecidos son:

O BOTEIRO de Viana do Bolo

En Viana os Boteiros acompañan ao Folión, uns van dando chimpos,

outros van marcando o son.

Page 11: Fiadeiro 2017

AS PANTALLAS de Xinzo de Limia

As Pantallas coas vexigas a todos queren asustar, corre, corre que te

pillo, non te deixes atrapar.

OS PELIQUEIROS de Laza

Xa resoan por Laza centos e centos de Chocas velaí van os Peliqueiros

ata a praza da Picota.

Page 12: Fiadeiro 2017

OS VOLANTES de Chantada

Os camiños da ribeira percorren os Volantes, lucindo os seus puchos

coloridos e elegantes.

0S XENERAIS do Val do Ulla

Os xenerais do Ulla montados nos seus cabalos con sombreiros de

pluma van moi engalanados.

Page 13: Fiadeiro 2017

Comidas típicas do Entroido

A gastronomía é un elemento esencial da festa, destacan: o lacón con

grelos, a cacheira, como pratos fortes, acompañados de doces como

as orellas, as flores, a bica ou as filloas.

1º de Educación Primaria

Page 14: Fiadeiro 2017

A PRENSA NA CLASE

Na semana do 6 ao 10 de marzo, os rapaces e rapazas de 2º de primaria

traballamos cos xornais na clase, xa que se celebrou a “Semana da Prensa”.

Esta foi unha boa oportunidade para deixar voar a nosa imaxinación e

transformarnos en pequenos xornalistas, analizando e comentando as

diferentes noticias dunha maneira especial.

Como o proxecto do cole está relacionado co cine, ademais da selección

de diferentes noticias de repercusión local, nacional, sociedade, deportes... non

quixemos esquecernos dalgunha relacionada coa cultura e, máis

concretamente, de cine!

Despois, escribimos un titular novidoso, impactante... e comentamos cada

noticia dende o noso punto de vista... como se foramos xornalistas de verdade!

Page 15: Fiadeiro 2017

Ademais diso, tamén quixemos traballar o xornal dende outras áreas,

deste xeito, nas clases de plástica e, coa axuda dos xornais, fixemos diferentes

debuxos de máquinas, paisaxes...

Unha vez finalizada a tarefa, soamente quedaba expoñela na clase para

que todos os compañeiros e compañeiras visen como contan cada un deles o

que acontece no mundo (dende a súa visión persoal).

Vendo o resultado, estamos

convencidos de que calquera

axencia de noticias nos podería

contratar!!!!

Page 16: Fiadeiro 2017

Carlos casares mouriño(1941-2002).

“Hai xente que fala da vida a través dos conceptos; outros tenden a facelo con imaxes e algún máis con metáforas. Sempre tiven a tendencia, mesmo nas discusións máis abstractas e volátiles, a entender o mundo baixo a especie do narrado”.

Naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941. Cando tiña tres anos seu pai

Francisco, que era mestre, foi destinado a Xinzo de Limia e alí pasou a súa infancia

xunto coa súa nai, Manuela, e os seus irmáns: Mercedes e Xavier.

Non ben feitos os once anos ingresou no Seminario de Ourense, onde viviu nun

ambiente fortemente represivo(incluíndo a prohibición estrita de falar galego). Alí

emprende a súa primeira experiencia literaria, o xornal manuscrito “El averno”, que

difundía clandestinamente.

Posteriormente, ao abandonar o Seminario, remata o bacharelato por libre no

Instituto de Ensino Medio de Ourense. Comeza a manifestar as súas inquedanzas

literarias, e coñece a Vicente Risco, líder galeguista, centro dun faladoiro artístico-

literario, que Casares frecuentaría, tomando contacto co estreito círculo intelectual do

Ourense daquel tempo.

Máis tarde continuou os estudos de Filoloxía na Universidade de Santiago de

Compostela. Alí coñece a Ramón Piñeiro, mestre co que co paso do tempo, establece

unha gran amizade. Lígase así ao núcleo da cultura galeguista e antifranquista.

Entrementres dedícase con intensidade crecente á creación literaria. Durante este

tempo publicou relatos na revista “Grial” e, en 1967, publicou na Editorial Galaxia a

súa primeira obra, “Vento ferido”, no que aparecen algúns temas que serán

recorrentes na súa narrativa: a violencia, o amor imposible e a sensibilidade fronte ao

sufrimento humano.

Page 17: Fiadeiro 2017

Casares foi un gran novelista con moitas obras editadas. Converteuse nun precursor

da literatura infantil en galego e publicou obras para nenos e nenas: “A galiña azul”,

“As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, “Lolo anda en bicicleta”, “O can Rin

e o lobo Crispín”, “Toribio ten unha idea”…En 1972 , publicouse a tradución do relato

“O principiño”, de Antoine de Saint-Exupéry, unha obra pola que mantendrá unha

especial predilección ata o final dos seus días. Ademais se inicia no xornalismo

literario. Outras obras destacadas son: ”Xoguetes para un tempo prohibido”, ”O galo

de antioquía”, “O polbo xigante”, “Os escuros soños de Clío”, “Ilustrísima”, “Os mortos

daquel verán”, “Deus sentado nun sillón azul”, e a súa derradeira obra publicada

póstumamente, “O sol do verán”.

Page 18: Fiadeiro 2017

Polo seu traballo a prol da nosa lingua ingresou na Real Academia Galega en

1978, sendo daquela o membro máis novo de todos eles.

Participou en política chegando a ser membro do primeiro Parlamento Galego, no

que traballou pola cultura e a lingua de Galicia.

Dirixiu a Editorial Galaxia (1986) e a revista “Grial”(1988), e chega a presidir o

Consello da Cultura Galega (1996).

En 1971 casa con Kristina Berg coa que tivo dous fillos: Hakan e Christian.

Coñecéronse nunha viaxe en tren destino a Coruña, convenceuna para visitar

Santiago, e xa non se separaron. Foi importante na vida de Casares por moitas

razóns, unha delas foi o contacto con Suecia, país orixinario de Kristina, que cambiará

para sempre as ideas políticas de Casares sobre o que debía ser unha sociedade

boa, xusta e libre.

Carlos Casares faleceu o 9 de marzo de 2002 en Vigo.

Este ano 2017 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas.

Page 19: Fiadeiro 2017

No presente curso o tema do proxecto do noso centro é “O

CINE” e formando parte deste proxecto, o pasado 29 de

outubro, os rapaces e rapazas de 4º de Educación Primaria,

fixemos una saída ao cine de Seixo para ver a película

“Maléfica” nunha gran pantalla. Ademais tamén puidemos

ver “unha sala de cine por dentro” vimos como é o proxector

desta sala, un proxector antiquísimo. Foi unha saída moi

divertida, entretida e instrutiva.

Maléfica é unha película de xénero fantástico e de aventura

que se estreou no ano 2014 e que narra a historia dunha belísima fada cun corazón puro e

unhas asombrosas ás negras,que vive nun reino situado nun bosque idílico limítrofe co mundo

dos humanos, e que decide protexelo cando estes ameazan a súa harmonía.

Sabedes o que é un XÉNERO CINEMATOGRÁFICO E COMO SE CLASIFICAN?

O xénero cinematográfico é o tema xeral dunha película que serve para a súa clasificación.

Clasifícanse ,sobre todo, polo sentimento que buscan provocar no espectador, polo tipo de

personaxes, escenarios e ambientes que nelas aparecen, e por como tratan as accións e

situacións que se dan na película. Actualmente non existe un acordo no que se refire a xéneros

cinematográficos, pero nós imos tentar presentarvos unha clasificación xeral dos mesmos.

DRAMA:son películas nas que o home non é o dono do seu destino e presenta

situacións nas que se mestura o cómico e o tráxico.

Un exemplo de película que pertence a este xénero é “Titanic”

UN ANO DE CINE

Page 20: Fiadeiro 2017

COMEDIA : é o xénero dramático

contrario á traxedia con elementos que divirten e fan rir, e cun desenlace feliz. Hai distintos tipos de comedias: comedia romántica, animada, de situación, musical, etc.

Exemplos de películas deste xénero son: “Los Simpson”, “El príncipe de Bel Air”, “Ocho apellidos vascos”, “Mortadelo y Filemón”

ACCIÓN: as principais características

das películas de acción son os riscos e a emoción.Os seus elementos máis frecuentes son: as persecucións, tanto a pe como con vehículos, os tiroteos, as feroces batallas entre humanos e animais, as explosións, os roubos e calquera outro elemento que xere a espectacularidade das imaxes por medio dos efectos especiais.

Exemplos de películas deste xénero son: “La jungla de cristal”, “Kong, la isla Calavera”, “Guardianes de la Galaxia”

CIENCIA FICCIÓN:unha das principais características deste xénero é que narra

feitos que non son realistas no momento no que se imaxina esta historia inventada, senón que se basea nun futuro lonxano ou cercano, con moitos efectos especiais e personaxes imaxinarios.

Exemplos de películas deste xénero son: “Monster truk”, “E. T.”, “Terminator”, “Star Wars”.

FANTASÍA: presenta elementos imaxinarios, sobrenaturais, maxia e criaturas

absolutamente irreais no seu argumento. Transforma o mundo real en mundos imaxinarios, por exemplo: cabalos que falan, persoas inmortais, etc.

Exemplos de películas deste xénero son: “El señor de los anillos”, “Harry Potter”, “La Bella Durmiente”

TERROR: provocan un sentimento de medo e nelas aparecen monstros,

pantasmas e seres malignos. Hai escenas de medo, de susto e ás veces hai mortes. Producen berros e choros á xente que ve este tipo de películas. Tamén poden

dar noxo e ás veces hai sangue.

Exemplos de películas deste xénero son: “Saw”, “Nunca apagues la luz”, “Anabel”

Page 21: Fiadeiro 2017

ROMANCE: a historia xira en torno ao amor e ao desamor, o

romance entre os protagonistas que poden ser noivos, amantes, etc. Xeralmente estas películas acostumaban ter finais felices onde a parella acababa unida, aínda que non sempre era así, por exemplo en “Romeo e Julieta” morren os dous protagonistas.

Exemplos de películas deste xénero son: “Lo que el viento se llevó”, “ Romeo y Julieta”, “Love story”, “La bella y la bestia”

MUSICAL: presenta interrupcións no seu desenrolo, introducindo un breve receso

por medio dun fragmento musical cantado ou acompañado dunha coreografía.

Exemplos de películas deste xénero son: “Grease”, “La la land”

SUSPENSE: o principal obxectivo das películas de suspense é manter aos

espectadores nun estado permanente de tensión polo que pode ocorrer no desenrolo do relato e que atraen a súa curiosidade. Ten personaxes enxeñosos arrastrados ao perigo por accidente. Polo xeral son historias de misterio ou de terror.

Exemplos de películas deste xénero son: “El sexto sentido”, “Los otros”.

Alumnado de 4º de Educación Primaria

Page 22: Fiadeiro 2017

SARA E BRUNO: UNHA EXPERIENCIA DE CINE

Texto: 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

Fotos: Andamiaxe

Todos os centros educativos de Bueu, participamos este curso nun proxecto

denominado EXPRESSARTE promovido polo CIM (Centro de Información á Muller) do

noso Concello e coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Do cole de Beluso participamos 5º e 6º de Primaria. Cada aula fixo o seu guión.

Para axudarnos, guiarnos e orientarnos contamos coa dirección e asesoramento de

RAMÓN TORRENTE GARCÍA.

OOBXECTIVO do proxecto era promover a igualdade de xénero e traballar na

prevención da violencia. A idea consistía en elaborar un guión para realizar unha

curtametraxe na que se reflectise esta problemática.

O GUIÓN

Durante varias sesións Ramón Torrente formounos e reflexionou con nós sobre

cuestións de xénero, de igualdade, de tipos de violencia…. Amosounos tamén algúns

vídeos realizados en centros doutras comarcas.

A continuación tiñamos que atopar unha idea orixinal para facermos o noso guión.

Xurdiron distintas ideas: unha elección de delegada de clase, unhas animadoras de

fútbol americano…. Pero ningunha acababa de convencernos totalmente.

Finalmente optamos por dous estereotipos de xénero: as nenas fan ballet e os nenos

tocan a batería. Con esta idea elaboramos unha pequena historia.

Page 23: Fiadeiro 2017

AS ESCENAS. Tivemos que describir en que lugar ocorrían os feitos, que personaxes interviñan, que sucedía; facendo fincapé nos sentimentos e nas expresións . En canto estiveron ben definidas as escenas, pensamos os DIÁLOGOS. Cando xa concordamos con Ramón que a cousa estaba clara, demos outro paso:

O CASTING: Aínda que todo o alumnado de quinto ía participar na curta, quen faría de

Sara e de Bruno? Foron elixidos Víctor e Lucía, despois dun casting no que participou

case toda a clase. Acordamos tamén pedirlle ao profe de Inglés e á profe de Música se

querían facer de pai de Bruno e nai de Sara.

O ATREZZO: Tivemos que buscar o vestiario, os

espazos, obxectos que precisabamos. Non

necesitamos saír do cole, pero si había que facer

algunhas adaptacións: unha parte da biblioteca

converteuse na aula dunha escola de ballet.

Buscamos tamén roupa, zapatillas de ballet e

baquetas para a batería

ENSAIOS. Aprendemos a coller as baquetas e catro

pasos básicos de ballet . Representamos as escenas,

buscamos as expresións adecuadas.

A RODAXE. Por fin chegou o gran día. Alí estaba

Ramón co seu equipo (ANDAMIAXE): as

maquilladoras, a claqueta, o micrófono. Deunos

dúas instrucións ben claras: non podíamos mirar á

cámara e tiña que haber silencio absoluto. Ao

principio estábamos moi nerviosos-as, pero pronto

vimos que non pasaba nada se te equivocabas;

incluso botamos algunha que outra risa. Foi unha

experiencia interesantísima, para repetir.

A ESTREA . O día 8 de marzo fomos ao Centro Social

do Mar xunto cos outros coles de Bueu e puidemos

ver a nosa curta e as dos demais centros.

Quedamos moi satisfeitos-as e moi agradecidos-as

por poder participar neste proxecto.

Page 24: Fiadeiro 2017

POLA IGUALDADE

GUIONISTAS, ACTRICES E ACTORES

O NOSO GUIÓN DA CURTAMETRAXE

TEMA :

EN TODA OCASIÓN E SITUACIÓN: IGUALDADE SEN FIN, IGUALDADE INTERMINABLE

Lugar: Aula, sentados arredor nas cadeiras: os narradores na cabeceira e o resto de lado. Os que

dan a solución en fronte ou cerca.

No encerado da aula: estarán as palabras negativas, en cor escura, que irán desaparecendo e

pegaremos as palabras positivas escritas nas cartolinas.

Material: Cartolinas de cores para as palabras positivas e negativas que colocaremos a carón

dun camiño de tea. Ese camiño remata nun lazo.

Vestiario: Vestidos coma un día normal de clase.

Escenas

Na clase, sentados, comezamos a falar.

Narrador 1-José : Hoxe todos os desta clase podemos aportar ideas para convencer ao mundo

de que a igualdade entre homes e mulleres é posible.

Narrador 2-Raquel: Todos podemos contar casos reais que pasan no día a día ou pensar en

situacións que nos contaron ou observamos algunha vez e logo temos que buscar unha solución

para todos estes problemas.

1 Raquel:

Podo empezar eu cunha breve anécdota real:

Un home que maltrata á súa muller, cando ela o deixa, este empeza a valorala, pero xa é tarde!

Raúl: Ese home, Raquel, dana á súa muller pero todos temos que valorar ás nenas e ás

mulleres

Palabras: Danar e Valorar

2 Breixo:

Eu, na rúa escoitei que unha nena lle preguntaba a un neno se podía xogar con el aos coches

teledirixidos. El contestoulle que non podía porque era unha nena. Ao día seguinte ninguén

quería xogar con el.

Page 25: Fiadeiro 2017

Lucía: Neste caso eu opino que as nenas poden facer o mesmo que os nenos, non podemos

impedirlles que xoguen ao que elas queiran. Deámoslles liberdade.

Palabras: Impedir e liberdade

3 Eva:

A miña amiga tiña medo de subir á montaña rusa e uns nenos ríronse dela. Ela propúxolles que

subiran e admitiron que tiveran moito medo.

Fernando: Porque hai que rirse dos demais se nos pode pasar a nós. Temos que comprender aos outros sexan nenas ou nenos.

Palabras: Burlarse e comprender

4 Ramón:

Andrea, eu plantéxoche esta situación:

Se unha rapaza que tiña un robot e uns nenos o utilizaron para gravala no seu cuarto xogando ao

fútbol e aos coches, sen decatarse ela, e pasados quince días un deses nenos que a gravaba levou

os vídeos ao parque e ensinoullos aos seus amigos co fin de rirse dela. Ti que es unha nena, que

opinas?

Andrea: Que parvada! non existen xogos para nenos e xogos para nenas. Todos podemos

xogar ao que nos pete.

Palabras: Ofender e respecto

5 Sara:

José! Acórdaste daquel día que Alba e Sonia escoitaban rap no recreo, e díxolles Xurxo que

non podían escoitar rap e a profesora de música contestoulles que a música era para todo o

mundo e que ao día seguinte lles pediu perdón.

José: Si que me acordo! Estou coa profe! A música é para nenos e nenas, homes e mulleres,

cada un elixe a que máis lle gusta.

Palabras: Imposibilitar ou prohibir e arrepentimento.

6 Raúl:

Raquel, se a ti che pasara isto, que farías? Na pista de skate uns nenos non deixaban patinar as

nenas . As nenas patinaron cos monopatíns e gañaron. Ao día seguinte estaban todos e todas

patinando.

Raquel: Pois eu penso que no tempo libre nenos e nenas podemos pasalo ben xogando todos

xuntos.

Palabras: Discriminación e amizade

7. Lucía

Contáronme que un neno lle dixo a unha nena que as películas de coches son para nenos, dúas

persoas o escoitaron e dixéronlle que non tiña razón e entón el pediulle perdón á nena.

Breixo: Haberá que aprender a respectar os gustos dos demais.

Palabras: Intransixencia e Tolerancia

8 Fernando

A ver que vos parece o que vou contar? Se un adestrador de fútbol non lle deixa xogar a unha

nena ao fútbol e a nai monta un equipo de nenas. Xogan contra o equipo do adestrador que era de

nenos e ganaron as nenas.

Page 26: Fiadeiro 2017

Eva: Pois os deportes son para todos igual, senón é unha inxustiza.

Palabras: Asoballamento ou atropelo e equidade

9 Andrea

O outro día unha nena collera uns libros e uns nenos lle dicían que non podía collelos porque

eran para nenos pero cando veu un escritor ao cole e sinalou que todos e todas temos liberdade

para ler o que queiramos, os nenos déronse conta do erro.

Ramón: Todos e todas podemos facer e ler o que queiramos. Tanto impoñer, tanto

impoñer,...

Palabras: Impoñer ou impor e permitir ou admitir

10 José

Sabedes que? Un neno díxome que un mestre puxo un recorrido moi difícil para nenos e outro

fácil para nenas. Por iso,expulsárono unha semana e ao volver decatárase de que o que fixo

estaba mal.

Sara: As nenas e os nenos podemos facer o mesmo porque a igualdade é para todos.

Palabras: diferenza e igualdade

Page 27: Fiadeiro 2017

DA LITERATURA AO CINE

Presentámosvos unha selección de películas non animadas, baseadas en clásicos.

“Peter Pan”, “El Mago de Oz” ou “Cenicienta” son algunhas das historias de

fadas, bruxas, príncipes ou princesas, que teñen unha versión, con personaxes de

carne e óso na gran pantalla.

Grandes estrelas de Hollywood como Robin Williams, Michelle Pfeiffer, Tom

Cruise, Julia Roberts ou Robert DeNiro protagonizaron algunhas das mellores

adaptacións cinematográficas de obras literarias, dirixidas por prestixiosas figuras

como Steven Spielberg, Tim Burton ou Ridley Scott.

LA HISTORIA INTERMINABLE (1984)

POR SIEMPRE JAMÁS (1998)

Adaptación cinematográfica da novela xuvenil

“La historia Interminable”, escrita por Michael

Ende, publicada en 1979.

Dirixida por Wolfgang Petersen e interpretada

por Barret Oliver, Noah Hathaway, Tami

Stronach...

Recomendada a partir de 10 anos.

Adaptación do conto de “Cenicienta”.

Película romántica. Dirixida por Andy

Tennant e protagonizada por Drew

Barrymore.

Page 28: Fiadeiro 2017

Adaptación cinematográfica do conto clásico

de fadas “La Bella Durmiente”.

Película dirixida por Robert Stromberg.

Angelina Jolie foi a encargada de dar vida á

mítica bruxa. Non recomendada para menores

de 7 anos

MALÉFICA (2014)

ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS (2010)

LA BELLA Y LA BESTIA (2017)

Película dirixida por Bill Condon

baseada no conto de fadas escrito por

Marie Leprince de Beaumont.

Está protagonizada por Emma Watson,

Dan Stevens…

Con esta adaptación de “Alicia en el País de

las Maravillas”, escrito por Lewis Carroll en

1865, Disney iniciou a reciclaxe dos seus

clásicos.

Dirixida por Tim Burton, protagonizada por

Johnny Depp, Mia Wasikowska, Anne

Hathaway... Non recomendada para menores

de 7 anos.

Page 29: Fiadeiro 2017

EL MAGO DE OZ (1939)

CHARLIE Y LA FÁBRICA DE CHOCOLATE (2005)

EL LIBRO DE LA SELVA (2016)

.

Película de animación combinada con algún

elemento de imaxe real, dirixida por Jon

Favreau e producida por Walt Disney

Pictures. Protagonizada por Neel Sethi, Bill

Murray, Scarlett Johansson

Baseada na novela de Rudyard Kipling, “El

libro de la selva” escrita en 1894

Película baseada na novela de

L. Frank Baum: “El maravilloso

mago de Oz”.

Judy Garland interpretou a

Dorothy neste gran clásico dos

contos de fadas.

Adaptación cinematográfica da novela escrita

por Roald Dahl en 1964.

Dirixida por Tim Burton. Está protagonizada

por Johnny Depp como Willy Wonka y Freddie

Highmore como Charlie Bucket.

EQUIPO DE BIBLIOTECA

Page 30: Fiadeiro 2017

A MÚSICA NO CINE!!!

A música sempre estivo unida ao cine. Desde a súa aparición, un 28 de decembro de 1895, data na que os Irmáns Lumière presentaron o cinematógrafo no Gran Café Boulevard de Paris, ata os nosos días.

No seu inicio, cando o cine era “mudo”, as salas dispoñían dunha agrupación instrumental ou un pianista para acompañar musicalmente as películas. Hoxe en día non se concibe unha película sen apoio da música.

Á parte sonora dunha película denominámoslle “banda sonora”. Debe este nome a que nun principio, cando se inventou o cine sonoro, nunha parte da cinta gravábanse as imaxes e noutra os sons. Sendo unha banda magnética que se unía aos fotogramas e que sonaba á vez que se vía a película.

Na actualidade, as películas en formato cinta, que xa non son todas, incorporan tres bandas sonoras: Unha coa música, outra cos efectos especiais e unha última cos diálogos, esta é a que se substitúe para cambiar o idioma orixinal. Aínda que a filmación dixital está desbancando á cinta de celuloide, ao conxunto de sons seguéselle chamando “banda sonora”.

A música xoga un papel importante e fundamental, xa que debe estar supeditada á imaxe para que a película funcione. Unha partitura ben feita e ben empregada pode contribuír a que a película se converta nunha obra de arte.

Existen moitas funcións, destacamos as seguintes:

1. Ambientar

Desde o inicio do film, o compositor marca o carácter do que se vai a desenvolver. Dependendo do xénero, así será a súa música: comedia, drama, aventuras, misterio, terror, etc.

2. Definir ás personaxes

O compositor fai uso da técnica de leitmotiv (motivo condutor). Consiste en asignar determinada melodía a unha personaxe, paisaxe ou ambiente, o que axuda a definilo. Se en cada ocasión na que a personaxe aparece e se escoita o leitmotiv, este ofrece información sobre o seu mundo interior, o seu modo de sentir…

Page 31: Fiadeiro 2017

3. Destacar situación

Un susto, un bico, unha loita, etc. A música envolve a acción transmitindo todas as sensacións.

4. Modificar o ritmo da acción dunha escena

Por exemplo, unha persecución pode resultarnos máis o menos frenética dependendo da velocidade e intensidade da música que a acompaña.

5.Presentir situacións

Para este efecto úsase a técnica denominada fóra de campo. A música pode facer que o espectador presinta algo que vai suceder, ou facer presente algo que non se ve en pantalla. Este é un dos recursos máis empregados no cine de intriga ou terror.

6. Ornar unha escena

En moitos momentos o único que fai a música é crear un fondo neutro que non ten máis función que embelecer a escena, sen ningún sentido dramático especial. Para elo, válense de melodías reiterativas ou cancións recoñecibles. En moitas escenas, a mellor música é a que non existe. Debe intervir só nos momentos xustos, sen recargar. Así terá efecto a súa aparición e integrarase no conxunto.

7. Estruturar a película encadeando escenas.

Música Integrada ou Diexética. É aquela que pertence a unha fonte de son (orquestra, cantante, radio…) que aparece na imaxe e polo tanto a súa presenza está xustificada.

Música no diexética ou incidental. É a música cuia procedencia non se reflicte na imaxe, así a súa aparición na película non se xustifica como no caso anterior. Denomínase incidental porque “incide” na ficción coma un recurso narrativo e emocional. Aplícase no cine por imitación da ópera e o teatro musical do século XIX.

Ao longo deste curso na clase de música traballamos cancións e melodías

Dcine.

Comezamos desde o inicio do curso, no apartado de “MINUTOS MUSICAIS”, coa escoita de “Bandas sonoras” destacadas ao longo da Historia do cine. Todos os días ao entrar no colexio escoitamos música de película: “Carros de fuego”, “E.T .El extraterrestre”, “El mago de Oz”, “Cinema Paradiso”, “Desayuno con diamantes”, “Lo que el viento se llevó”, “La vida es bella”, “Cantando bajo la lluvia”, “Titanic”… á vez que proxectamos na entrada do colexio o tráiler da película.

Page 32: Fiadeiro 2017

Ademais destas bandas sonoras que xa son un clásico na historia do cine, escoitamos tamén cancións de películas infantís máis recentes, como son: “ToyStory”, “Zootrópolis”, “Ballerina”, “La bella y la bestia”, “Vaiana”…

Cancións que despois traballamos na aula de música, como foi o caso de “Hay un amigo en mí” para o Día da Paz. “Try everything” para o día da muller. “Hakuna matata” y “Voy a ser el Rey” traballando as emocións, “Sonrisas y lágrimas” e “Os aristogatos” para traballar a escala musical…

Instrumentalmente, co alumnado de 5º e 6º de primaria traballamos melodías das películas “Carros de fuego”, “Los picapiedra”, “Los chicos del coro”, “Mary Poppins”…

Page 33: Fiadeiro 2017

Preparamos unha coreografía, para o festival de Nadal, cun “Mix” da película “Grease” cos nenos e nenas de 4º curso.

Con nenos e nenas “Voluntarios lectores” buscamos temas de bandas sonoras para plasmar as emocións na dramatización do conto “O monstro de cores”, estas foron as escollidas:

-Para a Alegría: “CANTINA BAND” DA PELÍCULA STAR WARS.

-Para a Tristeza: Tema da película “A LISTA DE SLINDER”.

-Para a Ira: “Eyes de tiger” da película ROCKY.

-Para o Medo: Tema da película “TIBURÓN”.

-Para a Calma: Tema da película “FORREST GUMP”.

-E para o Amor: “Unchained melody" da película GHOST.

DRAMATIZACIÓN DO CONTO “O monstro de cores”

na BIBLIOTECA polo alumnado de 6º de Primaria.

Page 34: Fiadeiro 2017

CLUB DE LECTURA: UN ESPAZO PARA O ENCONTRO.

Un club de lectura é un grupo de persoas que acordan ler un mesmo libro e reúnense

para comentar as súas impresións. As opinións dos membros do grupo enriquecen

moito a valoración que cada un saca lendo en solitario.

BELULECTORES é o club que, a Biblioteca do centro, propón ao alumnado de 6º de

Primaria para que expresen e compartan os seus comentarios das lecturas escollidas.

Neste curso, os libros elixidos foron “OLIVER TWIST” e “LA ISLA DE NIM” que nos

permitiron xuntar cine e literatura e reflexionar sobre a estreita relación que se pode

dar entre obras literarias e películas.

Esta primavera Iniciou unha nova andaina o club de lectura para

adultos.

Un grupo de nais e profes compartimos a lectura da obra de

Ledicia Costas “UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA”, un libro de

relatos curtos e intensos, ambientados na Segunda Guerra

Mundial.

Rematamos cunha charla-coloquio coa autora.

A experiencia foi moi gratificante. Esperamos repetila en anos

vindeiros e que cada ano se anime máis xente a compartir as

lecturas.

EQUIPO DE BIBLIOTECA

Page 35: Fiadeiro 2017

The world of English is a fun place to be. We learn by singing, dancing, drawing and playing.

Here you can see some of the crafts and activities we’ve done this year. We hope you enjoy them!

We celebrated St. Valentine’s, St. Patrick’s Day and other festivals too. Check them out in our blog!

Page 36: Fiadeiro 2017

Cinema was our central topic

this year, so some of our

activities were about films.

Here’s a poster about Charlie

and the Chocolate Factory. All

pupils from Primary Ed.

participated on it.

“Freaky”

Blue Mango Theatre

We went to Pontevedra

to watch "Freaky".

It was a musical comedy

in English about bullying

and friendship. We

laughed, sang songs and

played with the actors

and actresses.

On Carnival

we dressed

up as trolls,

from the

movie

“Trolls”

Page 37: Fiadeiro 2017

Friendship is a

very valuable

thing, but what’s

a friend for you?

This is something

that we have

very clear.

In the Christmas

Festival we danced

Can’t stop the feeling,

the soundtrack from

the movie Trolls. As

you can see in the

picture everybody

ended up dancing!

The pupils in 6º

recited the poem

Black Shadow, a

translation from

Negra Sombra by

Rosalía de Castro.

These are just some examples of how hard we worked this year. If you want to see more please

visit our blog, The world of English in www.woebeluso.blogspot.com

Page 38: Fiadeiro 2017

TITORÍA ENTRE IGUAIS

Este curso iniciamos o programa Titoría Entre Iguais (TEI), do

que é autor Andrés González Bellido (coordinador do Grupo TEI do

ICE da Universidade de Barcelona). Este programa oriéntase

a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva

e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan

máis satisfactorias.

Está dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do

centro respecto á convivencia, conflito e violencia (física, emocional

ou psicolóxica).

O alumnado de 5º de primaria é titor emocional do alumnado

de 3º de primaria.

Page 39: Fiadeiro 2017

EQUIPO DE MEDIACIÓN

Somos as mediadoras e os mediadores deste curso: Andrea, Breixo,

Eva, Fernando, José, Lucía, Ramón, Raquel, Raúl e Sara.

Encargámonos de axudar a resolver os conflitos que ocorren

durante o recreo. Por exemplo, se un neno ou unha nena se pelexa con

alguén ou non deixa xogar a outros, podemos axudarvos.

Podedes atoparnos coa pañoleta verde no patio, na biblioteca… Nós

trataremos de resolver escoitando a cada nena ou neno a versión do que

pasou e despois os nenos ou nenas que tiveron o conflito deben tratar de

atopar unha solución.

Ás veces empregaremos o “recuncho de mediación” para tratar de

resolver os conflitos e aquí, se se chega a unha solución, nos faremos un

selfie coa tablet.

“Agardamos non ter moitos casos porque hai que ser bos amigos e

amigas”.

Page 40: Fiadeiro 2017